das da eas mariÑas !Ærutasornitoloxicas.gal/web/images/pdfs/guia_aves_gal.pdf · un bo observador...

35
1 ! Æ GUÍA DE CAMPO DAS AVES DA CORUÑA E AS MARIÑAS

Upload: ngokhuong

Post on 28-Sep-2018

213 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

1

GUÍA DE CAMPODAS AVES

DA CORUÑA E AS MARIÑAS

2 3

Edita: Consorcio das Mariñas

Coordenación editorial: CEIDA

Deseño de textos e contidos: Alexia del Río García

(cem,s.coop. galega)

Maquetación gráfica: cem, s.coop. galega

Ilustracións: Suso Cubeiro

Depósito legal: C 2256-2013

ISBN: ..............................

INTRODUCIÓN

4 5

Por que nos gustan as aves? A resposta é sinxela. Fascíannos polo seu colorido, polos seus curiosos comportamentos, polos seus fermosos cantos, porque se detectan facilmente e porque sentimos unha gran satisfacción ao velas voas en liberdade.

Proba desta admiración é que cada día a observación de aves é un hobby que gaña adeptos por todo o mundo. Algúns ornitólogos recorren o planeta para gozar da observación de aves. Grazas a internet comparten a información e tamén a través de asociacións, como a Sociedade Galega de Ornitoloxía e a Sociedad Española de Ornitología.

Un dos lugares de visita sumamente recomendable para observar aves constitúeo o destino As Mariñas e A Coruña, onde poden chegar a observarse máis de 400 especies diferentes. Esta sinxela guía axudarache a identificar 78 das especies de aves máis frecuentes ou fáciles de atopar.

Recorda que o benestar das aves é o primeiro. Nunca debemos molestalas mentres as observamos. Por exemplo non debemos aproximarnos demasiado coa escusa de velas máis preto ou para conseguir a mellor fotografía. Debemos ter especial coidado na época de cría e coas aves que chegan exhaustas de voar durante a migración.

A Coruña e As Mariñas

O concello da Coruña e os 9 municipios que forman o Consorcio das Mariñas: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, comprenden a comarca á que vai dedicada esta guía. Ambientes terrestres e mariños fusiónanse neste territorio creando hábitats de enorme riqueza e gran valor biolóxico.

A pesares da gran presión humana sobre esta costa, a gran diversidade de medios naturais terrestres e costeiros existentes aquí atraen a multitude de aves. Algunhas destas aves son especies moi escasas no resto da costa galega, como é o caso do andoriñón real, que cría na punta de Mera (en Dexo) e do pardal montés, que aínda conserva pequenas poboacións en Crendes e nos arredores do encoro de Meicende. Enclaves como a ría do Burgo e a de Betanzos constitúen verdadeiras estacións de repostaxe para as aves durante as súas longas viaxes migratorias. En definitiva, a comarca das Mariñas é un bo lugar para gozar da observación das aves en hábitats diversos.

Figuras de protección

Co fin de intentar preservar e conservar o gran valor natural deste territorio creáronse aquí sete espazos naturais protexidos: unha Reserva da Biosfera, un Monumento Natural, tres Lugares

de Importancia Comunitaria (en adiante LIC) e tres Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (en adiante ZEPVN).

Son os seguintes:

• A Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

• O Monumento Natural Costa de Dexo - Serantes, o LIC Costa de Dexo e a ZEPVN Costa de Dexo.

• O LIC Betanzos - Mandeo e a ZEPVN Betanzos - Mandeo• O LIC Encoro de Abegondo - Cecebre e a ZEPVN Encoro

de Abegondo - Cecebre.

Como utilizar esta guía?

Ao principio da ficha de cada especie de ave aparece o seu nome en castelán, galego e latín. Este último consta de dúas palabras e corresponde ao nome científico, o cal é idéntico en calquera idioma do planeta.

Debaixo hai unha barra con números romanos, cada un dos cales simboliza un mes do ano. Os meses sombreados de cor verde claro son aqueles nos cales se pode ver a especie e os verde escuro indican meses de maior abundancia.

A continuación encontrarás información sobre o tamaño, descrición, hábitats que utiliza e comportamento máis significativo.

= femia = macho

v. = plumaxe de verán i. = plumaxe de inverno

AS CLAVES PARA A IDENTIFICACIÓN

Para recoñecer unha especie no campo debemos fixarnos en diferentes características:

• silueta• tamaño• cor da plumaxe• forma, tamaño e cor do bico e das patas• forma e tamaño da cola• comportamento (forma de alimentarse, maneira de camiñar,

solitaria ou en grupos…)• tipo de voo (planeo, rectilíneo, ondulado…)

Moitas veces o canto danos a pista definitiva para a identificación correcta, pero soe ser difícil, polo menos ao principio, distinguir as especies polo seu canto.

6 7

TÉCNICAS DE CAMPO

Con que observar aves

Para observar mellor as aves necesitas unha serie de materiais imprescindibles:

• Unha guía de aves coma esta para consultar e identificar as especies correctamente.

• Uns prismáticos: os ideais son os de pequeno tamaño e pouco peso, de 8 x 30, 8 x 40 o 10 x 40. O primeiro número indica os aumentos (que non deben pasar de 10) e o segundo o diámetro do obxectivo (que non debe superar o 50), o cal está directamente relacionado coa cantidade de luz que poden captar as lentes. A maior diámetro de obxectivo, maior luz pero tamén maior peso. Unha boa opción, cando xa aprendiches bastante, pode ser comprar un telescopio terrestre. Este é caro polo que o mellor para decidirse por un é pedir asesoramento nunha tenda especializada.

• Un caderno de campo e un lapis para levar un rexistro do que ves en cada saída. Debes acostumarte a tomar nota mental das características do animal, logo anotalas no caderno e finalmente consultar a guía. Aprenderás moito máis! E ten a gran vantaxe de que gozarás observando a ave e evitarás que se escape mentres buscas cal é na guía.

• Roupa e calzado cómodos. Consulta previamente as predicións do tempo e se é necesario leva gorra ou chuvasqueiro. Algunha prenda de abrigo resulta imprescindible. O mellor calzado para os días húmidos son as botas de montaña xa que che permiten manter sempre os pes secos.

Cando observar aves

As mellores horas do día para observar aves son o amencer e o solpor. As aves espertan famentas e pasan as primeiras horas na busca de alimento aproveitando que os insectos permanecen case inactivos debido ao frío. Moitas reciben o novo día cantando polo que é máis doado velas. Ao solpor algunhas especies congréganse en durmidoiros ou aproveitan para cantar o que as fai máis facilmente detectables.

Ao longo do ano non sempre verás as mesmas especies. A que se debe esta variación? A resposta é sinxela, unhas especies pasan aquí todo o ano mentres que outras non. As primeiras son as coñecidas como aves sedentarias, como por exemplo o merlo común. As últimas son as aves migratorias, aquelas que recorren grandes distancias para pasar só unhas horas ou uns días aquí (aves en paso migratorio) ou incluso unha estación enteira (aves estivais como a andoriña común que ven criar aquí e aves invernantes como a gabita). Escapan do frío do inverno ou da forte calor do verán desprazándose a zonas máis tranquilas e de clima máis benigno. Logo regresan aos seus lugares de orixe e así ano tras ano.

Polo tanto, os mellores momentos do ano para observar maior variedade de especies corresponden aos meses de pasos migratorios. Isto é, primavera (paso migratorio prenupcial) e finais de verán principios de outono (paso migratorio posnupcial). Para observar grandes concentracións de aves o mellor é o inverno, pola chegada de numerosas especies invernantes. En primavera e verán verás a moitas especies en plena algarabía reprodutiva: cantando para impresionar a unha futura parella, transportando material para construír o niño ou ceba para os poliños, etc. Calquera época do ano é boa e pode converterse nun momento ideal para gozar das aves.

Como observar avesUn bo observador de aves debe cumprir 10 normas básicas de comportamento no campo:

1. Deixa o teu vehículo motorizado nos aparcamentos, non te metas con el por camiños sen asfaltar.

2. Respecta os camiños sinalizados e non tomes atallos, para así tampouco destruír a vexetación.

3. Goza do silencio e do canto das aves. O ruído moléstaas e a outros seres vivos tamén.

4. Non te acerques demasiado, nin coa escusa de tomar a mellor fotografía.

5. Observa as aves sen molestalas. Se se asustan mentres están criando incluso poden abandonar ovos ou poliños no niño, que morrerían de frío e fame.

Cella Fronte

Bico

Curuto

Fazulas, cara

CalugaLombo, dorso

Mitra

Cobertoiras caudais

Cola

Infracobertoiras caudais

PataDedas

Riscas alares

VentreCostas

Papo

Peito

Gorxa

Tamén é bo coñecer as partes dunha ave para comprender ben as descricións que nos ofrecen as guías. No seguinte esquema aparecen sinaladas as partes básicas:

8 9

6. Non toques as aves, niños, nin poliños, nin sequera aqueles que non voan. Moitos paxariños novos abandonan o niño moi cedo, a veces aínda incapaces de voar, pero non están perdidos senón que son atendidos e vixiados polos seus pais.

7. Non prendas lume.8. Separa os residuos que produzas durante a visita e deposítao

nos contedores adecuados.9. Deixa a túa mascota na casa, pode molestar a outros animais

que teñen aquí o seu refuxio e tamén a outras persoas.10. Presta atención ao teu arredor para gozar do contacto coa

natureza.

Onde observar aves

Dentro do destino formado pola Coruña e As Mariñas existen infinidade de bos lugares para gozar da observación de aves. É difícil escoller só uns poucos. Na seguinte lista aparece un breve resume dos lugares máis significativos. Encontrarás a localización de cada espazo sinalada no mapa das páxinas seguintes.

1. Costa de Arteixo (Arteixo) Este tramo de costa integrado en gran parte no LIC Costa da Morte acolle varias praias como a de Alba e a do Matadoriro que destacan pola presenza de especies de aves invernantes, sendo esta última un dos mellores lugares de Galicia para a observación de gaivota arxéntea europea. Tamén destaca a Punta Langosteira que se introduce en mar aberto polo que ofrece a posibilidade de contemplar a migración de aves mariñas como pentumeiros, mascatos, palleiras e furabuchos.

2. Humedal de Sisalde (Arteixo)A zona húmida de Sisalde está asociada ao curso baixo deste río e inclúe formacións de canavais salpicadas de salgueiros e prados enchoupados. Nel crían varias especies de aves ligadas a medios acuáticos e a formacións de vexetación palustre, como é o rascón, tendo especial interese a pequena poboación da escribenta das canaveiras, que constitúe un dos escasos enclaves de cría da subespecie lusitanica nesta área.

3. Encoros de Rexidoiro e Meicende (Arteixo)O encoro de Rexidoiro, a pesares de enmarcarse nunha contorna industrial, alberga unha comunidade avifaunística salientable. Destacan as aves acuáticas invernantes, como o pato frisado, o pato cristado e a cerceta común, entre outras moitas. Nos ameneiros da cola dormen os corvos mariños grandes. No outono, os lamazais que quedan ao descuberto atraen gran variedade de limícolas, algunhas delas raras.Nun contorno humanizado tamén se atopa o encoro de Meicende, o cal nos permite observar de cerca aves acuáticas reprodutoras e unha das poucas colonias de pardal montés da comarca. Ambos encoros contan con formacións de vexetación palustre na cola que atraen a paseriformes como o rousinol bravo e a escribenta das canaveiras.

4.- Costa da Coruña (A Coruña)O tramo costeiro do Concello da Coruña conta con numerosos puntos interesantes para a observación de aves, como son o monte de San Pedro, a zona da Torre de Hércules e punta Herminia e a explanada das Esclavas. Esta última constitúe o único lugar da comarca no que podemos observar pilro escuro, no inverno, alimentándose cos virapedras na costa rochosa. Para observar pequenos paseriformes en paso migratorio a área axardinada do parque de Bens é un lugar óptimo, alí ademais hai posibilidade de ver a escasa pica de Richard en inverno e contemplar as choias ao longo de todo o ano.

5. Ría do Burgo (Culleredo e Oleiros)A ría do Burgo e a parte interior da barra de Santa Cristina, a pesar do seu alto grao de urbanización , son lugares privilexiados para observar aves, xa que nos permiten observalas moi de cerca desde o paseo marítimo do Burgo ou o paseo litoral interior de Santa Cristina. Ao longo do ano acollen unha gran diversidade, sobre todo porque os lamazais que se descobren coa marea baixa atraen a moitas limícolas e aves mariñas. Podemos ver cullereiros, garzas, garzotas, variedade de gaivotas e limícolas, como por exemplo varias especies de biluricos e pilros, sedimentacións de carráns, ocasionalmente mergo cristado entre a ponte Pasaxe e Santa Cristina,…

6. Costa oeste de Oleiros (Oleiros)A costa oeste do Concello de Oleiros dentro do interior da Ría da Coruña é unha costa recortada onde se alternan areais como Bastiagueiro, Santa Cruz, o Naval ou Mera con pequenos entrantes rochosos no mar como o de Breixo e Canido e pequenas illas e illotes como o de Santa Cruz ou Santa Cristina. Por exemplo, cunha ollada ao mar no verán podemos contemplar as pequenas balsas de furabuchos baleares e corvos mariños cristados que se forman na ría da Coruña. Tamén gozaremos doutras moitas aves, como as mobellas e os pentumeiros.

7. Costa de Dexo - Serantes (Oleiros)Esta área do norte do concello de Oleiros é sen dúbida un dos espazos naturais de maior valor que se conserva na altamente urbanizada comarca das Mariñas. Conta con cantís mariños e illas, cubertos de matogueiras e herbazais costeiros. Foi declarada Monumento Natural, Lugar de Importancia Comunitaria e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. Máis da cuarta parte da súa extensión acolle hábitats naturais de interese comunitario. Neste espazo localízanse as colonias máis grandes de cría do territorio galego de corvo mariño cristado (arredor das 90 parellas) e andoriñón real (sobre 10 parellas).

8. Costa e brañas de Sada (Sada)O extenso areal da praia de Sada e a enseada que forma son escollidos por numerosas gaivotas (patiamarelas, escuras, choronas…) e anátidas para invernar (pato asubiador, pato frisado…). No seu extremo conecta coas Brañas de Sada, unha antiga lagoa litoral que debido ao proceso de colmatación se acabou convertendo en braña, hoxe en día moi alterada. Nela cría o lavanco, e no inverno chegan visitantes como o cullerete e a cerceta.

10 11

Ría da Coruña

7. Costa de Dexo-Serantes(Oleiros)

6. Costa oeste de Oleiros(Oleiros)

LIC Costa da Morte

Río Barcés

AG-53

A-6

AP

-9

LIC

LENDA

Estrada convencionalFerrocarril

Autoestrada/Auto-vía/Vía rápida

Áreas observación de avesCentro de visitantes/Aula de natureza

Observatorio de aves

AP-9

Río Mero

Río Mandeo

Ría de Betanzos

LIC Costa de DexoMonumento Natural Costa de Dexo-Serantes

LIC Encoro de Abegondo - Cecebre

LIC Ría de Betanzos - Mandeo

!Æ10. Encoro de Abegondo - Cecebre

(Abegondo, Betanzos, Cambre e Carral)

!Æ9. Ría de Betanzos

(Bergondo e Betanzos)

!Æ8. Costa e brañas de Sada

(Sada)

!Æ11. Monte Xalo(Carral, Culleredo)

!Æ1. Costa de Arteixo

(Arteixo)

!Æ3. Encoros de Rexidoiro

e Meicende (Arteixo)

!Æ2. Humedal de Sisalde (Arteixo)

!Æ5. Ría do Burgo

(Culleredo e Oleiros)

!Æ4.- Costa da Coruña

(A Coruña)

12 13

Aves dAs

MAriñAs eA CoruñA

9. Ría de Betanzos (Bergondo e Betanzos)O río Mandeo desemboca na ría de Betanzos formando unha gran extensión de xunqueiras e pradarías halófitas recorridas por multitude de canais que conforman unha das maiores extensións de marisma litoral de Galicia. A desembocadura e boa parte do río están incluídos dentro do LIC Ría de Betanzos-Mandeo e son ZEPVN. Este enclave atrae a infinidade de aves. Trátase dunha importante área de invernada de anátidas, garzas e limícolas, e tamén destaca pola presenza habitual de tartaraña das xunqueiras e aguia pescadora e pola recalada de cullereiros nas migracións.

10. Encoro de Abegondo - Cecebre (Abegondo, Betanzos, Cambre e Carral)Desde a súa construción no 1976 este encoro converteuse co paso do tempo nun dos mellores lugares para observar aves na comarca das Mariñas. Ao longo das estacións preséntanse nel multitude de patos, garzas, aves que se alimentan no limo... Máis de duascentas especies de aves comparten fogar con vinte e catro especies doutros vertebrados. Debido a esta riqueza o encoro conta con dúas figuras de protección: LIC e ZEPVN.

11. Monte Xalo (Carral, Culleredo)O espectacular macizo granítico do monte Xalo, elévase ata os 513 metros de altitude resaltando impoñente sobre o suave relevo da comarca das Mariñas. Entre as masas de piñeirais que o rodean consérvase algún retallo de bosque autóctono. Estes arboredos constitúen un lugar especialmente acaído na comarca para a observación de multitude de aves forestais, como os ferreiriños (cristado, azul, negro e real) e os petos (peto real e peto verde), entre outras moitas especies.

14 15

Asubiador, Silbón europeoAnas penelope

Características xerais. 46 cm. Macho moi distintivo, coa cabeza e pescozo castaños cunha destacada banda ocre desde o peteiro ao curuto. Resto do corpo cincento, co ventre branco e o rabo negro. A femia é de cor parda con pencas e co ventre branco.Hábitat. Rías, encoros e lagoas próximos ao litoral.Comportamento. Aliméntase case exclusivamente de vexetación.

Pato frisado, Ánade friso,Anas strepera

Características xerais. 51 cm. Ambos sexos teñen unha mancha branca e negra, o espellete, na parte final das ás. O macho é agrisado co extremo traseiro do corpo de cor negra e o peteiro cincento. A femia é de cor marrón e agrisada, moi parecida á de lavanco pero co peteiro amarelo e non moi laranxa.Hábitat. Rías, esteiros, lagoas e encoros.Comportamento. Nada nas augas pouco profundas alimentándose de vexetación acuática, e en moita menor cantidade de vermes e insectos acuáticos.

Cerceta, Cerceta común,Anas crecca

Características xerais. 35 cm. É o pato máis pequeno de Europa. Ten o peteiro curto e unha marca nas ás branca e negra. O macho ten a cabeza vermella escura cunha banda verde bordeada cunha fina lista crema que se estende cubrindo o ollo ata o lombo. O papo é crema finamente apencado. O lombo e as costas cincentos e a parte traseira crema cun borde negro. A femia é de cor parda agrisada con moitas pencas e co borde do rabo branco.Hábitat. Rías, esteiros, encoros e lagoas interiores.Comportamento. Nervioso. Voa baixo e rápido. Nada nas augas fondas e aliméntase nas beiras de plantas acuáticas, caracois, ras, insectos e cangrexos.

Asuniador

Pato frisado

Cerceta

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

16 17

Lavanco, Ánade azulón,Anas platyrhynchos

Características: 58 cm. Macho coa cabeza verde escura, colar branco e peito pardo, corpo gris e cola branca e negra con dúas plumas negras reviradas cara arriba. A femia é ocre e parda apencada de manchas pardo escuro e ten a cola bordeada de branco.Hábitat. Zonas húmidas: lagoas, brañas, ríos, etc.Comportamento. Para alimentarse da vexetación acuática, cágados, larvas de insectos acuáticos e cangrexos só mergulla a parte dianteira do corpo quedando coa parte traseira ao aire en vertical. Dúas curiosidades: é o antepasado do pato doméstico e só a femia emite o “cuac-cuac” característico.

Cullerete, Cuchara común,Anas clypeata

Características. 51 cm. Inconfundible grazas ao seu peteiro grande e ancho en forma de culler, de aí o seu nome. O macho ten a cabeza verde moi escura, o papo e a parte traseira do corpo antes da cola de cor branco e os laterais e ventre castaños. A femia recorda á de lavanco pero cun peteiro moito maior.Hábitat. Rías, esteiros, encoros e lagoas interiores.Comportamento. Filtra a auga para alimentarse de plantas acuáticas e pequenos insectos e caracois. É raro velo só, prefire estar en parella ou en pequenos grupos.

Pato chupón, Porrón europeo,Aythya ferina

Características. 46 cm. Macho de cor gris cinza co peito e a parte traseira do corpo negros. Cabeza castaña. Ollo avermellado. Pico mouro cunha banda gris pálida cerca do extremo. Femia de tons máis apagados e grises, coa cabeza parda.Hábitat. Fondos de ría, lagoas e encoros.Comportamento. Mergulla nas augas abertas para alimentarse de plantas acuáticas, sementes, caracois e cangrexos. Soe formar bandos cos patos cristados.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Lavanco

Cullerete

Pato chupón

18 19

Pato cristado, Porrón moñudo,Aythya fuligula

Características: 43 cm. Macho negro coas costas e o ventre brancos. Na cabeza ten unhas largas plumas negras caídas cara atrás a modo de crista, de aí o seu nome. Femia parda, máis escura polo lombo e con crista curta. Ambos con ollos amarelos e peteiro gris con ancha punta negra.Hábitat. Esteiros, augas litorais, lagoas e encoros.Comportamento. Aliméntase de plantas acuáticas e tamén mergulla nas augas profundas para capturar caracois, cangrexos, pequenas ameixas, insectos e peixes.

Pentumeiro, Negrón común,Melanitta nigra

Características. 48 cm. Macho completamente negro agás a parte central superior do peteiro que é amarela alaranxada. Na base do peteiro destácalle unha prominencia negra. A femia é parda escura, incluído o peteiro, coas fazulas e lados do pescozo máis claros.Hábitat. Mariño e costeiro.Comportamento. Soen nadar en grupos, simulando boias, coa cola algo levantada. Voo potente, xeralmente en liñas ou grupiños ondulantes.

Mobella grande, Colimbo grande,Gavia immer

Características. 73 cm. Máis esvelto que o corvo mariño grande e máis mariño. Co peteiro e o pescozo delgados, a fronte marcada, a gorxa escura e as comisuras do peteiro estreitas e amarelas. Cando cría ten unha pequena crista de plumas tamén negras. Os novos son marróns, máis pálidos por debaixo.Hábitat. Mariño: costas rochosas e acantiladas.Comportamento. Mergúllase para capturar peixes e logo sécase ao sol sobre unha rocha, preferentemente. Cría en acantilados, furnas e illas, de feito a maior colonia de cría de Europa está cerca de aquí nas illas Cíes.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Pato cristado

Mobella grande

v.

Pentumeiro

20 21

Mergullón pequeno, Zampullín común,Tachybaptus ruficollis

Características: 27 cm. Recorda a un patiño de xoguete repoludo, con peteiro curto e parte traseira do corpo parecida ao algodón. No verán é escuro, con fazulas e gorxa castañas e unha comisura amarela na base do peteiro. No inverno é máis claro, ocre, só escuro por enriba e coa gorxa moi pálida.Hábitat. Lagoas, charcas, encoros e marismas.Comportamento. É un experto nadador que pasa case todo o tempo na auga mergullando moi a miúdo. Soe pasar desapercibido porque é tímido e escóndese na vexetación de ribeira, na cal amarra o seu niño flotante.

Furabuchos balear, Pardela balear,Puffinus mauretanicus

Características. 48 cm. Macho completamente negro agás a parte central superior do peteiro que é amarela alaranxada. Na base do peteiro destácalle unha prominencia negra. A femia é parda escura, incluído o peteiro, coas fazulas e lados do pescozo máis claros.Hábitat. Mariño e costeiro.Comportamento. Soen nadar en grupos, simulando boias, coa cola algo levantada. Voo potente, xeralmente en liñas ou grupiños ondulantes.

Mascato, Alcatraz atlántico,Morus bassanus

Características. 90 cm. Macho e femia son iguais. Cola en cuña e peteiro apuntado. Os novos son pardos escuros apencados de branco. Co paso dos anos van adquirindo máis plumas brancas ata que no quinto acadan a plumaxe definitiva adulta, completamente branca cos extremos das ás negros e a cabeza amarela. Hábitat. Peláxico.Comportamento. Pescan cefalópodos e peixes deixándose caer desde o alto en vertical e mergullan totalmente. Soen pescar en grupos. Mentres voan alternan batidos de ás con planar.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Mergullón pequeno

Furabuchos balear

Mascato

22 23

Corvo mariño grande, Cormorán grande,Phalacrocorax carbo

Características: 85 cm. Robusto. Pescozo groso e cabeza grande. Peteiro longo, forte e de extremo ganchudo, coa base amarela núa de plumas. Os adultos son negros coa gorxa clara e en primavera teñen unha mancha branca sobre cada pata. Os novos son marróns, máis claros por debaixo. Hábitat. Zonas costeiras, lagoas, esteiros e encoros interiores.Comportamento. Pasa gran parte do tempo mergullando para capturar peixes. Carece de graxa nas plumas polo que se molla e logo debe secarse estendendo e axitando as ás ao sol sobre unha rocha ou na póla dunha árbore seca.

Corvo mariño cristado, Cormorán moñudo,Phalacrocorax aristotelis

Características. 73 cm. Máis esvelto que o corvo mariño grande e máis mariño. Co peteiro e o pescozo delgados, a fronte marcada, a gorxa escura e as comisuras do peteiro estreitas e amarelas. Cando cría ten unha pequena crista de plumas tamén negras. Os novos son marróns, máis pálidos por debaixo.Hábitat. Mariño: costas rochosas e acantiladas.Comportamento. Mergulla para capturar peixes e logo sécase ao sol sobre unha rocha, preferentemente. Cría en acantilados, furnas e illas. Na costa de Oleiros localízase a maior colonia continental de cría da península Ibérica (arredor das 100 parellas no 2013).

Garzota, Garceta común,Egretta garzetta

Características. 55 cm. Estilizada. Branca, con patas e peteiro negros, e ollos e pés amarelos. Na época de cría presenta unhas largas plumas brancas na cabeza que lle colgan cara atrás.. Hábitat. Beiras de lagoas, rías, marismas e encoros.Comportamento. Soe descansar cerca da auga, con frecuencia sobre unha rama. Para alimentarse a veces espera inmóbil a chegada dun despistado peixe, ra, caracol, cangrexo ou insecto que pase aos seus pés cerca da beira. Outras veces camiña por augas pouco profundas e axita a auga cunha pata para espantar ás presas e capturalas.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Corvo mariño grande

Garzota

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Corvo mariño cristado

24 25

Garza real, Garza realArdea cinerea

Características. 92 cm. Branca, con lombo gris e ás grises cunha ancha banda terminal negra que se estende desde a punta da á a axila. Sobre cada ollo ten una liña negra que se prolonga nunha larga crista que cae cara atrás. Pico amarelo longo e forte. Patas longas e amarelas. Os novos son máis agrisados e carecen de lista negra na caluga.Hábitat. Lagoas, ríos, regatos, beiras de ría, esteiros, marismas e terras de labor con humidade.Comportamento. Agarda inmóbil aos peixes nas augas pouco profundas para logo arpoalos co seu forte pico. Tamén consume ras, pequenos ratos, insectos e incluso polos de outras aves. Distínguese facilmente en voo polas ás arqueadas, as patas que sobresaen trala cola e polo pescozo encollido e repregado.

Cullereiro, Espátula comúnPlatalea leucorodia

Características. 86 cm. Completamente branca. Con pico negro e longo, de extremo amarelo e aplanado de aí o seu nome. Patas longas e negras. Cando cría ten unha larga crista de plumas brancas e unha mancha ocre no peito.Hábitat. Praias, esteiros e lagoas, principalmente litorais.Comportamento. É fácil vela alimentándose en augas pouco profundas, para iso move o pico entreaberto dun lado a outro dentro da auga e así detecta pequenos caracois, insectos, ras e peixes, que logo come.

Tartaraña das xunqueirasAguilucho lagunero occidental, Circus aeruginosus

Características: 48 cm. Macho fundamentalmente de tres cores: marrón no dorso e zona interna das ás, cinza na cola e nas ás coas puntas negras, e castaño claro na cabeza e partes inferiores con ventre pardo. Femia e novo marrón chocolate con cabeza crema. Ambos adultos teñen plumas claras no borde dianteiro da á.Hábitat. Zonas palustres ricas en vexetaciónComportamento. Soe planear lentamente a baixa altura sobre a auga para cazar aves, sobre todo poliños, e tamén ras, pequenos réptiles e ratos nas beiras.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Garza real

Cullereiro

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Tartaraña das xunqueiras

26 27

Miñato, Busardo ratoneroButeo buteo

Características. 54 cm. Cor parda moi variable, sempre máis escura nas partes superiores que inferiores. A cola é barrada de escuro. Mentres planea recoñécese pola zona clara da á que contrasta coa punta moi escura e pola súa cola aberta en forma de abanico.Hábitat. Lugares arborados en alternancia con campos e prados.Comportamento. É fácil velo pousado nun poste do tendido eléctrico ou planeando sobre os campos coas ás en forma de “V” suave. Caza insectos, aves e pequenos mamíferos.

Aguia pescadora, Águila pescadora,Pandion haliaetus

Características: 52-60 cm. Parda escura nas partes superiores, cabeza branca cunha lista escura que se estende desde o peteiro, a nivel do ollo, e continúa ata o lombo. Partes inferiores brancas, con marcas pardas escuras por debaixo das ás. Lixeira franxa marrón no peito, máis marcada no macho. Ollo amarelo. En voo obsérvase o perfil típico con ás arqueadas como unha letra “M” moi estendida.Hábitat. Marismas, rías, esteiros e masas de auga interiores.Comportamento. Guíndase desde certa altura coas poutas por diante para capturalos peixes, mergullando o corpo parcialmente. Aínda que escasea, hai lugares nos que sempre se ve algún individuo no inverno e/ou nos pasos migratorios.

Lagarteiro, Cernícalo vulgar,Falco tinnunculus

Características. 32-37 cm. Ás e cola longas. Dorso pardo avermellado e partes inferiores crema con pequenas pencas escuras e redondeadas. Mancha escura baixo o ollo (bigote). Sexos distintos. Macho coa cabeza, mitra e rabo cincentos azulados, cunha moi fina banda branca terminal seguida doutra grosa e escura neste último. Femia coa cabeza, mitra e rabo pardos finamente barrados de escuro, tamén con banda branca terminal seguida dunha negra grosa no rabo.Hábitat. Terreos abertos, monte baixo e cultivos con arboredos intercalados.Comportamento. Soe peneirar coa cola colgando como un abano, mentres escudriña o chan na busca dun pequeno mamífero, dun réptil ou mesmo dun insecto, como un saltón ou grilo.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Milñato

Aguia pescadora

Lagarteiro

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

28 29

Falcón peregrino, Halcón peregrino,Falco peregrinus

Características. 38-50 cm. Ambos sexos difiren moito en tamaño, sendo maior a femia (46-50 cm.) que o macho (38-45 cm,). Macho gris lousa polas partes superiores, coa mitra pálida, e branco polas inferiores con barrado escuro excepto na gorxa e fazulas, que son brancas. Capucha negra con ancha bigoteira negra. Femia algo máis parda e máis densamente listada. Novo pardo escuro por enriba e cremoso con riscas verticais por debaixo.Hábitat. Cortados rochosos da beiramar e da montaña, cidades e campo aberto con penedías.Comportamento. Captura aves a unha velocidade impresionante tras persecución horizontal ou lanzándose sobre en picado coas ás cerradas. Cría nas repisas rochosas e en edificios.

Rascón, Rascón europeo,Rallus aquaticus

Características: 25 cm. Partes superiores pardas oliváceas apencadas de negro. Cara e peito cincentos. Costas e ventre barrados de branco e negro. Destacan sobre estes tons escuros as infracoberteiras caudais branco crema mentres camiña co rabo erguido. Peteiro longo e vermello. Hábitat. Vexetación mesta de ribeiras de ríos, lagoas e brañas.Comportamento. Permanece agochado na vexetación palustre pero é fácil descubrilo polo seu característico reclamo, o cal recorda a un porquiño. Móvese lentamente e de repente moi rápido. Voa baixo e a pouca distancia, coas patas colgando.

Galiñola negra, Focha comúnFulica atra

Características. 38 cm. Inconfundible, repoluda, coa cabeza pequena e a cola curta. Completamente negra excepto o peteiro e o escudo sobre este, os cales son brancos. Ollo vermello. Os novos son máis pardos.Hábitat. Lagoas litorais e do interior, marismas, ríos lentos e encoros.Comportamento. Cando cría cada parella defende efusivamente o seu territorio, en cambio no inverno forman grandes bandadas. Aliméntase na beira e na superficie da auga de plantas acuáticas, insectos, pequenos cangrexos e caracois.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Falcón peregrino

Rascón

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Galiñola negra

30 31

Gabita, Ostrero euroasiáticoHaematopus ostralegus

Características. 42 cm. Grande e compacto. Inconfundible, de cor branca e negra, con ollos, peteiro e patas vermellos no verán. No inverno con un medio colar branco e patas rosadas. En voo amosa ancha franxa branca na á, cuña branca no dorso e a punta da cola negra. Hábitat. Esteiros e praias con lagoas intermareais.Comportamento. Co seu longo peteiro aplanado verticalmente e de extremo romo abre as cunchas das ameixas, mexillóns e berberechos. Tamén consume vermes e pequenos cangrexos. É moi sociable polo que soe verse en grupos.

Píllara real, Chorlitejo grandeCharadrius hiaticula

Características. 18 cm. Compacto. De tres cores: partes superiores castañas ata a fronte que é branca, partes inferiores brancas e colar e careta negros. No verán presenta unha banda negra sobre a fronte, como unha diadema, o peteiro laranxa coa punta negra e as patas laranxas. No inverno perde a diadema, o peteiro e as patas escurécense e o colar tende a partir polo centro.Hábitat. Praias, dunas e esteiros.Comportamento. Xeralmente pasa desapercibido porque se camufla ben coa area e encántalle descansar agochado en pequenos ocos que se forman ao baixar a marea. Consume pequenos crustáceos, insectos e miñocas.

Píldora cincenta, Chorlito grisPluvialis squatarola

Características. 28 cm. Plumas das axilas negras. No inverno é agrisado, con manchas escuras nas partes superiores e partes inferiores moi claras, con peito lixeiramente cremoso con pecas de cor cinza. En plumaxe de verán ten fazulas, peito e ventre negros.Hábitat. Esteiros, areais e marismas.Comportamento. Soe camiñar uns pasos rápidos alternando con paradas curtas para capturar un insecto, un cangrexo ou unha miñoca. É máis de area que unha especie similar, a píldora dourada, de cor moito máis dourado que cinza e coas plumas brancas en vez de negras.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Gabita

Píllara real

v.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Píldora cincenta

i.v.

32 33

Pilro común, Correlimos comúnCalidris alpina

Características: 19 cm. Pequeno, de patas negras e pico negro, longo e lixeiramente curvado cara abaixo. Ten dedo gordo. Sobre todo aquí obsérvase coa plumaxe de inverno, que é agrisada por enriba e branca por debaixo co peito cinza con finas pencas. A plumaxe de verán destaca polo parche negro do ventre, en contraste coas partes superiores castañas con manchas negras e o peito branco con raias.Hábitat. Chairas intermareais e lagoas.Comportamento. Cría na tundra ártica. A veces forma bandadas moi grandes durante as migracións xa que é moi sociable. É moi inquedo e corre dun lado para outro peteirando o limo na busca de cangrexos, ameixas, vermes e insectos.

Mazarico rabinegro, Aguja colinegraLimosa limosa

Características. 40 cm. Alta, con patas e pico longos, este recto ou lixeiramente levantado na punta. Verémola principalmente coa plumaxe de inverno: gris uniforme, excepto o ventre e a cella que son brancas. En verán ten máis cores e presenta a cara, o pescozo e o peito avermellados, e as costas barradas. En voo é inconfundible pola banda branca nas ás e a franxa negra do final da cola (de aí o de rabinegro).Hábitat. Ambientes litorais de auga doce, marismas, esteiros e praias lamacentas.Comportamento. É sociable, polo que é frecuente vela en bandos. Soe alimentarse coa auga ata o ventre extraendo co seu longo pico da lama, miñocas e tamén ameixas e pequenos cangrexos.

Mazarico rubio, Aguja colipintaLimosa laponica

Características. 38 cm. Moi parecido ao mazarico rabinegro, pero distínguese facilmente en voo xa que carece de franxas na á e o extremo da cola non é negro, senón que ten un barrado moi finiño; é máis paticurta. No inverno é máis pardo gris. No verán ten as partes superiores máis intensamente marcadas, o macho ten ademais o ventre avermellado e non barrado e a femia é de cor ante ou canela.Hábitat. Rías, marismas, esteiros e areais.Comportamento. É moito máis mariño que o rabinegro e tamén forma bandos durante o inverno xa que se leva moi ben con outros mazaricos.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Pilro común

Mazarico rabinegro

Mazarico rubio

v.

34 35

Mazarico chiador, Zarapito trinadorNumenius phaeopus

Características: 41 cm. Cor crema con pencas escuras nas partes superiores, pescozo e peito riscados. Ventre branco. Pode confundirse co mazarico real pero é máis paticurto e pequeno, de peteiro máis curto e ten dúas anchas franxas escuras cara atrás no curuto.Hábitat. Marismas, praias, zonas húmidas costeiras, campos de cultivo (barbeitos) e prados.Comportamento. En voo emite sete ou oito sons asubiantes seguidos e rápidos, coa mesma nota: “püppüppüppüppüppüppüp”. Aliméntase de miñocas, insectos, moluscos e materia vexetal.

Mazarico real, Zarapito realNumenius arquata

Características: 52 cm. Grande. Con pico moi longo e curvado cara abaixo. É uniformemente barrado e listado de pardo gris sobre fondo crema-branco claro.Hábitat. Esteiros, praias e marismas.Comportamento. Polo seu modo de voar lento recorda a unha gaivota grande e é frecuente que emita un “curlíí-curlíí” característico e inconfundible. Unha curiosidade: as femias son un pouco máis grandes e teñen o pico maior que os machos.

Bilurico das rochas, Andarríos chicoActitis hypoleucos

Características. 20 cm. É todo de cor parda excepto no ventre e debaixo da cola, que é branco. O branco do ventre ascende cara a á formando unha cuña característica. Ten patas verdosas e peteiro curtos. Hábitat. Praias e rochas do litoral, ribeiras de ríos e encoros.Comportamento. En voo alterna rápidos batidos con curtos pairos. Camiña pola beira, como se fora coa parte dianteira do corpo agachada, para capturar insectos, vermes, caracois e restos vexetais. É moi fácil recoñecelo porque move continuamente a parte de atrás do corpo arriba e abaixo, como un balancín.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Mazarico chiador

Bilurico das rochas

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Mazarico real

36 37

Bilurico alinegro, Andarríos grande,Tringa ochropus

Características. 22 cm. Partes superiores moi escuras con finas pencas brancas. Peito tamén escuro, claramente delimitado das partes inferiores brancas. En voo destacan as ás de tons negros, a mitra branca e a cola con anchas franxas negras no extremo.Hábitat. Encoros, lagoas e ribeiras fluviais..Comportamento. Non é raro descubrilo cando levanta repentinamente o voo mentres emite o seu reclamo: “tluiit-uit-uit”. Seguramente se atopaba na beira buscando insectos, vermes e pequenos caracois. Cría na taiga. Aquí é escaso e só pode verse nos pasos migratorios e no inverno.

Bilurico claro, Archibebe claroTringa nebularia

Características. 32 cm. Patas verdosas. Pico largo, groso comparado con outras limícolas e lixeiramente curvado cara arriba. No inverno plumaxe cinza escura con escamas claras polo dorso, e branco polas partes inferiores, cos laterais do peito finamente apencados. Plumaxe máis contrastada no verán. En voo apréciase unha larga cuña branca na mitra. Hábitat. Areais e marismas.Comportamento. Soe verse en solitario. Consume insectos e vermes e persigue axilmente pequenos peixes en augas pouco profundas mentres camiña co corpo estirado co peteiro case tocando a superficie da auga.

Virapedras, Vuelvepiedras comúnArenaria interpres

Características: 22 cm. Repoludo, con patas laranxas e peteiro negro de punta aguda en forma de cuña. Pardo escuro por enriba e branco por debaixo no inverno, co peito e cara en parte negros. En cambio no verán ten moitas plumas pardas alaranxadas nas partes superiores e a cabeza máis branca e negra. En voo vese moi contrastado en branco e negro.Hábitat. Litoral rochoso, illotes e areais pedregosos.Comportamento. Ten unha forma curiosa de alimentarse: voltea as pedras ou algas co seu peteiro e a veces empúrraas coa cabeza para obter as súas presas que están debaixo, como son pulgas, insectos, pequenas ameixas e cangrexos. É moi frecuente velo en pequenos grupos.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Bilurico alinegro

Bilurico claro

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Virapedras

i.

38 39

Gaivota chorona, Gaviota reidoraLarus ridibundus

Características. 37 cm. Branca, con ás grises coas puntas negras e co borde branco. Patas e peteiro vermellos. No verán ten a cabeza parda escura mentres que no inverno a ten branca cunha mancha escura tralos ollos. Unha especie semellante é a gaivota cabecinegra, na cal os adultos teñen as ás máis pálidas e coas puntas brancas, a cabeza negra co peteiro vermello sangue no verán e branca cunha mancha escura tralo ollo, que semella como se o fregase e se lle correra o “rímmel” cara atrás, no inverno. Esta última é moito máis rara no interior.Hábitat. Zonas litorais, lagoas e encoros do interior.Comportamento. Recoñécese facilmente polo seu característico reclamo, un áspero grito que recorda a unha risa ou a un choro, de aí o seu nome común. Consume insectos e vermes en terra e nas beiras aliméntase de preas, peixes, moluscos e cangrexos.

Gaivota escura, Gaviota sombríaLarus fuscus

Características. 53 cm. Os adultos teñen as partes superiores do corpo gris escuro e o resto branco, co peteiro e as patas amarelos. As ás son grises, de puntas negras con pequenas manchas brancas nos extremos das plumas. Os novos teñen o peteiro escuro e as plumas con pencas pardas. Unha especie moi similar é o gaivotón, pero diferéncianse sobre todo porque este é moito maior (68 cm.), ten as patas rosadas e grandes pintas brancas nos extremos das plumas da á.Hábitat. Zonas litorais e encoros do interior.Comportamento. Adoita formar bandos con outras gaivotas escuras e patiamarelas. Aliméntase de preas e de animais diversos.

Gaivota arxéntea, Gaviota argéntea europeaLarus argentatus

Características. 55-67 cm. No verán os adultos teñen as partes superiores corporais grises claro pálido e peteiro amarelo. No inverno teñen a cabeza e pescozo riscados. Puntas das ás negras con grandes pintas brancas nos extremos. Os novos teñen plumas con pencas pardas e o peteiro escuro. Hábitat. Costas, esteiros, augas litorais, baías e encoros.Comportamento. No inverno e nos pasos migratorios pódese atopar algún individuo nos bandos de gaivotas patiamarelas. Poderemos distinguilo destas pola cor rosa pálido das patas e as partes superiores corporais máis pálidas aínda que non é doado. É oportunista e omnívora pero consume sobre todo peixes e moluscos.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Gaivota chorona

Gaivota escura

v.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Gaivota arxéntea

40 41

Gaivota patiamarela, Gaviota patiamarillaLarus michahellis

Características: 60 cm. Recorda moito a unha gaivota escura, de feito só os expertos en gaivotas distinguen os seus novos. A diferenza desta, o adulto ten as ás de cor gris máis clara e as pintas brancas das plumas da á maiores. Diferénciase da gaivota arxéntea por ter: patas amarelas, partes superiores dun gris lixeiramente máis escuro e pintas brancas das ás máis pequenas.Hábitat. Ribeiras, illas, praias, rochedos do litoral, vertedoiros e encoros do interior.Comportamento. É a gaivota máis abundante de Galicia. É frecuente vela perseguindo barcos de pesca, pousada sobre os tellados ou descansando na area ou sobre as rochas. Consume desperdicios, captura pequenos animais e ata espolia niños doutras aves.

Gaivotón, Gavión atlántico,Larus marinus

Características. 68 cm. Recorda a unha gaivota escura, pero é moito maior, coas patas rosadas, o peteiro grande e forte e con grandes pintas brancas nos extremos das plumas da á.Hábitat. Praias, rías, esteiros, portos, cantís e illotes costeiros.Comportamento. Con frecuencia pode verse perseguindo a pentumeiros ou corvos mariños para roubarlles peixes. Tamén consume desperdicios e aves, mesmo xa emplumadas. É invernante común en pequenas cantidades e ata pode verse algún exemplar, aínda que raramente, no verán.

Carrán cristado, Charrán patinegroSterna sandvicensis

Características. 40 cm. Moi estilizado, de patas e peteiro negros, este último con punta amarela. Partes superiores cinzas moi claras e partes inferiores brancas. Ten a metade superior da cabeza negra terminada nunha crista cara atrás, con fronte branca só no inverno.Hábitat. Costeiro.Comportamento. Patrulla o mar voando co peteiro apuntando á auga, cando ve unha presa (peixe, molusco ou crustáceo) lánzase veloz en picado desde certa altura e mergulla para capturala.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Gaivota patiamarela

Carrán cristado

v.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Gaivotón

42 43

Carolo, Alca comúnAlca torda

Características. 40 cm. É robusta e cabezuda, con peteiro ancho e romo que ten unha liña branca vertical nos adultos. A plumaxe é negra polas partes superiores e branca polas inferiores. No verán o negro esténdese polas fazulas e a gorxa ata o comezo do peitoHábitat. Peláxico, pero tamén en esteiros, baías e portos.Comportamento. Aliméntase principalmente de peixes, pero tamén de crustáceos, moluscos e algas. Durante o inverno acostuma verse soa ou en pequenos grupos pousada na auga, o resto do ano pode verse en paso, voando lonxe sobre o mar.

Pombo torcaz, Paloma torcazColumba palumbus

Características: 41 cm. Grande. Gris azulado cunha mancha branca no pescozo, o peito lixeiramente rosado e o extremo da larga cola negro. A ambos lados da caluga ten unha mancha verde con brillo púrpura. Pico avermellado, amarelo na punta e cunha mancha branca na base. Ollos amarelos e patas granates.Hábitat. Fragas, piñeirais con cultivos intercalados, parques urbanos e alamedas.Comportamento. Soe pousarse en pequenos grupos nos cables eléctricos. No inverno forma grandes bandadas que comen sementes, miñocas, landras, caracois e insectos nos prados. O macho exhíbese na primavera para impresionar á femia, bate unha á contra outra elevándose de forma ondulada e logo déixase como caer pairando.

Avelaiona, Cárabo común,Strix aluco

Características. 38 cm. Parda, con manchas escuras ou agrisadas. Destaca a súa cabeza grande con ollos negros. En voo distínguese por ter as ás redondeadas, a cola curta e non ser tan branca polas partes inferiores como outra das nosas rapinas nocturnas, a curuxa. Hábitat. Bosques, prados e matogueiras.Comportamento. O seu longo canto, un “huu, hu, huhuhuhuuu” que se repite cada 8-10 segundos, permite descubrir o seu pousadeiro, como pode ser un farol do alumeado público. Pasa o día no oco dunha árbore ou pousado nunha póla e ao chegar a noite sae de caza na busca de pequenos ratos, musgaños, aves, ras e insectos.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Pombo torcaz

Carolo

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Avelaiona

44 45

Avenoiteira cincenta, Chotacabras europeo,Caprimulgus europaeus

Características. 26 cm. Parda cincenta, con pencas brancas ocres, grises e negras. O macho ten unha mancha branca cerca do extremo de cada á, a ámbolos dous vértices da cola, ausentes na femia. Hábitat. Monte baixo e áreas abertas con árbores espalladas.Comportamento. Pola noite caza insectos alados e emite o seu característico canto, como en dúas marchas con breves pausas: “errrrrr-rrurrrrrrr-urrrrerrrrrrrrrrr…”, audible ata 1 km. Pasa o día inactiva, camuflada no chan ou sobre unha póla. Confía tanto na súa camuflaxe que a veces espera a que un coche se aproxime demasiado na estrada, antes de levantar o voo, polo que é vítima de frecuentes atropelos.

Andoriñón real, Vencejo real,Apus melba

Características: 22 cm. Vencello grande. É todo pardo escuro, agás a gorxa e o ventre os cales son brancos e están separados por unha franxa pectoral tamén escura.Hábitat. Cantís rochosos e cortados fluviaisComportamento. É unha das xoias das aves das Mariñas xa que é escasa e aparece só en lugares moi localizados, como como a punta de Mera na costa de Dexo. Emparella de por vida e cría nas fisuras dos rochedos. Voa máis lento que outros cirrios menores e fai profundos pairos mentres persegue incansable insectos alados.

Picapeixe, Martín pescador comúnAlcedo atthis

Características: 16 cm. É inconfundible grazas ao seu fermoso colorido. As partes superiores son azuis e verdosas con manchas de cor azul máis clara. Por debaixo é laranxa coa gorxa branca. Ten ademais unha ancha mancha laranxa tralos ollos que se prolonga nunha lista branca a ambos lados do pescozo. Cabeza grande e peteiro negro, grande e forte. Cola curta. Patas vermellas moi pequenas.Hábitat. Costas, ribeiras fluviais e de lagoas e encoros. . Comportamento. Voa rápido moi preto da auga en liña recta. Póusase nunha pequena póla observando a auga e ao avistar un peixiño ou algún insecto acuático lánzase veloz mergullándose para capturalo co seu pico.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Andoriñón real

Avenoiteira cincenta

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Picapeixe

46 47

Peto verde, Pito realPicus viridis

Características. 32 cm. Verde por enriba, coa mitra amarela intensa, e amarelo claro por debaixo. As plumas maiores das ás son negras e pardas barradas de crema. Ten a fronte e parte superior da cabeza vermellas. O macho distínguese pola mancha vermella e negra nas fazulas, a cal é completamente negra na femia. Hábitat. Bosques, cultivos e espazos abertos con árbores intercaladas. Comportamento. Aliméntase no chan, principalmente de formigas. Emite un son que recorda a un relincho ou unha risa. Voo moi ondulado, característico, que fai destacar a cor amarela da mitra e o lombo verde.

Peto real, Pico picapinos,Dendrocopos major

Características. 23 cm. Negro e branco. En cada á destaca a gran mancha branca e as raias brancas sobre fondo negro. É vermello entre as patas e a cola. O macho presenta ademais unha mancha vermella na parte posterior do curuto, a cal se estende ata a fronte nos novos de ambos sexos. Hábitat. Todo tipo de medios forestais, incluso grandes parques e xardíns.Comportamento. Fai buratos nas árbores, sobre todo nas vellas, para capturar larvas e construír o seu niño. Tamén consume piñóns, abelás, arañas, abellas e bolboretas. Tamborila na madeira.

Andoriña, Golondrina comúnHirundo rustica

Características. 19 cm. Pico e patas negros e pequenos. Negra azulada por enriba e branca por debaixo, cun colar negro. A fronte e a gorxa son vermellas, de cores máis vivas no macho. Cola gallada con pequenas manchas brancas. O macho ten as plumas maiores da cola máis longas e finas que a femia, mentres que nos novos son máis curtas. Estes últimos teñen ademais a fronte e a gorxa amarelas alaranxadas pálidas.Hábitat. Zonas urbanizadas do medio rural. Comportamento. Frecuentemente vese capturando insectos en voo en grupo ou póusase nos cables do tendido eléctrico. Emite un canto moi bonito, doce e suave. Soe construír o niño, unha cazola de barro e pallas, en cuadras ou outras construcións.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Andoriña

Peto verde

Peto real

48 49

Pica dos prados, Bisbita pratense,Anthus pratensis

Características. 15 cm. Pardo oliva polas partes superiores. Branco crema polas inferiores, con riscas verticais curtas e escuras no papo, peito e laterais do ventre. Unlla posterior longa e algo curvada. Peteiro coa base inferior amarela. No estío visítanos unha especie similar, a pica das árbores (Anthus trivialis), que se diferenza sobre todo por ter as riscas dos laterais do ventre máis finiñas, a unlla posterior recta e a cara máis marcada. Esta última é máis arbórea e soe facer un voo de canto “en paracaídas” característico: elévase y déixase caer, bandeando e cantando, coas patas colgando e as ás ríxidas. Hábitat. Prados e campo aberto. Comportamento. É moi sociable, aliméntase en grupiños entre a herba de arañas, insectos e vermes. Ao asustarse voa desde o chan e emite un “tist” típico, que soe repetir.

Lavandeira marela, Lavandera boyera,Motacilla flava

Características. 17 cm. Existen varias subespecies diferenciables pola cor da cabeza. Aquí descríbese a reprodutora na comarca (M. f. iberiae). Dorso pardo oliva e partes inferiores amarelas, máis brillantes no macho que na femia e novos. Macho coa cabeza cinza escuro, con cella e gorxa brancas e fazula negra. A femia e os novos téñena parda oliva, coa gorxa clara. Outra especie semellante, que se ve todo o ano, é a lavandeira real (Motacilla cinerea), de dorso gris e gorxa escura, e a cola máis longa e fina.Hábitat. Prados, labradíos e dunas, sempre cerca da auga. Comportamento. Soe descubrirse mentres emite o seu sinxelo canto para marcar o territorio: “tsiigrr-tsiigrr-tsiigrr”, ou reclama para comunicarse ou avisar dun perigo: “tsuiip”. Aniña nas matas de herba preto do chan. Encántanlle os mosquitos e saltóns, ademais de vermes e pequenos caracois.

Lavandeira branca, Lavandera blancaMotacilla alba

Características. 18 cm. Dorso gris, ás e cola negras cos bordes brancos, partes inferiores brancas, patas e peteiro negros. O macho no verán ten a parte superior da cabeza, a caluga, a gorxa e o peito negros. No inverno só conserva negra unha media lúa no peito. A femia ten menos negro e a caluga cinza. Hábitat. Praias, campos de labor, estradas, lugares habitados... Comportamento. Camiña e persegue insectos á carreira polo campo. Menea constantemente a cola de arriba abaixo. No inverno soe agruparse para durmir, a veces en gran número, en árbores de parques e xardíns.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Pica dos prados

Lavandeira marela

Lavandeira branca

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

50 51

Carriza, Chochín comúnTroglodytes troglodytes

Características. 9 cm. É de cor parda avermellada, máis escuro por enriba, e cun barrado fino. Ten dúas marcas cor crema sobre os ollos a modo de cellas. O seu peteiro é pequeno, longo e fino, lixeiramente curvado cara abaixo.Hábitat. Vexetación mesta e baixa de bosques, xardíns e cultivos.Comportamento. Recorda a un ratiño que se move moi inquedo entre a vexetación na busca de arañas, insectos e vermes. Canta sobre un lugar elevado coa cola levantada e sacódea a miúdo. O seu fermoso canto sorprende por ser moi enérxico se consideramos o seu pequeno tamaño.

Paporrubio, Petirrojo europeoErithacus rubecula

Características. 14 cm. É inconfundible, de corpo regordete e postura erguida. Pardo oliva por encima, co peito e a gorxa alaranxados. As partes inferiores son claras, grises tirando a brancas. Os seus ollos negros e grandes danlle aspecto de ser bo.Hábitat. Cosmopolita aínda que prefire campos de cultivo, xardíns e parques.Comportamento. Solitario e territorial, sobre todo na época de cría. Soe entoar o seu melodioso canto pousado no alto dunha rama ou dun poste. É frecuente velo no chan coas ás caídas dando saltiños na busca de alimento: insectos, vermes, y tamén froitos.

Rabirrubio, Colirrojo tizónPhoenicurus ochruros

Características. 14 cm. O macho é negro agrisado cunha gran mancha nas ás branca e ten o ventre case branco. A femia é parda gris. Ambos posúen a cola avermellada, á que deben o seu nome. Teñen as patas, o pico e os ollos negros. Hábitat. Núcleos habitados, canteiras, cantís, cortados fluviais, etc.Comportamento. É bastante tímido e nervioso e a miúdo voa dun lado para outro. Desde un pousadeiro ao descuberto, como pode ser unha rocha ou un tellado, emite o seu reclamo e axexa aos insectos para capturalos. Pousa erguido e fai vibrar constantemente a súa cola.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Carriza

Paporrubio

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Rabirrubio

52 53

Chasco común, Tarabilla europeaSaxicola rubicola

Características. 13 cm. Patas e pico finos e moi escuros. O macho ten a cabeza e a gorxa pardas moi escuras, cunha marca branca a cada lado do pescozo e nas ás. Ten o peito alaranxado e as partes superiores pardas escuras. A femia presenta cores máis claras.Hábitat. Cultivos, monte baixo e beiras de camiños ou estradas.Comportamento. Unha mata, unha estaca ou un cable constitúen os seus pousadeiros para a caza de insectos e arañas. Póusase ergueito e sacode as ás e a cola. Emite un reclamo que recorda a dúas rochas que se chocan (“chac-chac, uit-chac-chac”).

Merlo, Mirlo comúnTurdus merula

Características. 25 cm. O macho é completamente negro, excepto o peteiro que é amarelo alaranxado e o delgado anel que rodea aos ollos que tamén é amarelo. A femia é parda e ten a gorxa agrisada con pencas máis escuras. É fácil distinguilo dos estorniños porque non forma bandos, a súa cola é longa e parece máis tranquilo alimentándose.Hábitat. Cosmopolita: campos de cultivo, xardíns, parques, bosques e matogueiras.Comportamento. Camiña a saltos cos pés xuntos polo chan e ladea a cabeza para escoitar as miñocas que se moven baixo terra, desentérraas e cómeas. Tamén consume bagas e insectos. Diferéncianse dos estorniños porque dan saltos en vez de andar.

Tordo común, Zorzal comúnTurdus philomelos

Características. 23 cm. Partes superiores marróns, co peito e costas cremosos con pintas en punta de frecha pardas moi escuras e ventre branco menos pintado. Patas de cor carne pálida.Hábitat. Arboredos intercalados con prados.Comportamento. Nun paseo polo campo podes atopar a rocha escollida polo tordo para romperlle a cuncha aos caracois golpeándoos contra ela. Distinguirala polos anaquiños de cuncha que a rodean. Son o seu manxar preferido. Como é discreto non é fácil de ver pero si de detectar grazas ao seu fermoso e variado canto de longo alcance, forte e musical, con pequeniñas pausas breves.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Chasco común

Merlo

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Tordo común

54 55

Rousinol bravo, Cetia ruiseñorCettia cetti

Características. 13 cm. Partes superiores pardas avermelladas e inferiores grises abrancazadas coas costas e laterais do ventre lixeiramente máis escuros e apardazados. Cella pálida, fazulas grises e gorxa gris clara. Cola longa, ancha e redondeada. Ás curtas e redondeadas.Hábitat. Espesuras vexetais próximas a zonas húmidas: ríos, regatos, lagoas e encoros. Comportamento. Ergue a cola espasmodicamente. Soe permanecer oculto entre a vexetación mesta e detéctase facilmente polo seu cando ruidoso e explosivo. Aliméntase de insectos e sementes.

Folosa das canaveiras, Carricero común,Acrocephalus scirpaceus

Características. 13 cm. Por enriba é pardo oliva avermellado coa mitra más arrubiada e por debaixo ocre suave abrancazado. Ten unha fina cella clara. Peteiro longo e fino.Hábitat. Vexetación densa de carrizos, espadanas e xuncos, en zonas húmidas como lagoas, marismas, ríos e encoros.Comportamento. É fácil de identificar pola súa voz, un “chac-chac-chirruc-chirruc” que repite dúas ou tres veces. Une varios talos de canaveira con herbas para facer o seu niño en forma de canastra.

Papuxa do mato, Curruca rabilargaSylvia undata

Características. 12 cm. Pequena e repoluda, coa cola moi longa e escura. Macho gris cinza escuro por enriba e vermello viño intenso por debaixo, con finas pencas brancas na gorxa. Femia gris apardazada por enriba e vermello viño rosáceo, apagado, por debaixo. Ambos teñen anel ocular vermello e patas pardas amarelentas. Hábitat. Matogueiras densas.Comportamento. Acostuma a levar a cola ergueita e a miúdo ergue as plumas do curuto. É esquiva, o máis doado é descubrila pola súa voz de alarma: un “tec” ou “chuii” repetidos, que emite movéndose entre a vexetación.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Rousinol bravo

Folosa das canaveiras

Papuxa do mato

56 57

Papuxa das amoras, Curruca capirotadaSylvia atricapilla

Características. 14 cm. Gris escura por enriba e gris oliva por debaixo. O macho ten unha capucha negra no curuto que inclúe a fronte e chega ata a metade superior do ollo. Esta capucha é castaña clara na femia e novos.Hábitat. Arbustos, silveiras e outras espesuras en bosques e zonas habitadas.Comportamento. Busca activamente insectos e vermes nas copas das árbores. Ademais encántanlle os froitos, como as moras e os figos. É fácil descubrila polo seu canto melódico e agudo, que emite mentres se move entre a vexetación.

Picafollas ibérico, Mosquitero ibéricoPhylloscopus ibericus

Características. 11 cm. É oliva por enriba e amarelento por debaixo, co ventre branco. Ten as patas escuras. No campo é case imposible de distinguir doutra especie de picafollas máis pardo, o picafollas común, que pasa aquí o outono e inverno, en cambio o picafollas ibérico pasa a primavera e o verán. Esta confusión sucede sobre todo cando coinciden, a principios de primavera e no outono. Hábitat. Bosques, matogueiras e ribeiras acuáticas.Comportamento. Polo seu canto, un “suit-seut-suit-suit-bit-bit-bit”, diferénciase do picafollas común, o cal emite un “chiff-chaff” ou “sib-sab” repetido. Come insectos e arañas, e ás veces pequenos caracois, sementes e vagas.

Ferreiriño negro, Carbonero garrapinosPeriparus ater

Características. 11 cm. Ten as partes superiores de cor cinza azulado, coa cabeza e a gorxa negras, e unha gran mancha branca na caluga e nas fazulas. As partes inferiores son ocres rosadas, máis claras no peito. Peteiro negro e fino e patas de cor azul agrisada escura. Outra especie frecuente da familia dos ferreiriños é o ferreiriño cristado, inconfundible pola súa crista e o deseño branco e negro da cabeza.Hábitat. Bosques, piñeirais, parques, xardíns, campos e cultivos arborados.Comportamento. Como o resto de ferreiriños cólgase boca abaixo nas pólas para alimentarse de pequenos insectos e arañas que se esconden baixo as follas.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Picafollas ibérico

Papuxa das amoras

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Ferreiriño negro

58 59

Ferreiriño azul, Herrerillo comúnCyanistes caeruleus

Características. 11 cm. É amarelo por debaixo e verde amarelento por enriba, cunha fina raia vertical negra no peito. Ten as ás e a cola azuis escuras. A cabeza é branca cunha especie de boina azul brillante bordeada de branco que o fai inconfundible, ademais ten unha liña azul escura desde o pico que atravesa o ollo e se volve ancha na caluga ademais de bordear as fazulas brancas. O pico é negro e curto e as patas grises azuladas escuras.Hábitat. Fragas, piñeirais, hortas, xardíns, arboredos en parques urbanos e ribeiras fluviais.Comportamento. Con frecuencia levanta as plumas azuis da cabeza como formando unha pequena crista. Encántalle alimentarse no alto das árbores, alí busca insectos, arañas, froitos, vermes e sementes.

Ferreiriño real, Carbonero comúnParus major

Características. 14 cm. Recorda un pouco ao ferreiriño azul pero é máis grande, máis azul agrisado que azulado e ten a metade superior da cabeza, desde a base do ollo, completamente negra e a liña que rodea a branca fazula é negra e non azul. A liña vertical do peito é moito máis ancha, sobre todo nos machos. Ten a parte inferior traseira do corpo branca. Polo demais parécense.Hábitat. Carballeiras, piñeirais, ribeiras fluviais, hortas, xardíns, etc.Comportamento. Ao igual que os outros ferreiriños constrúe o niño nunha cavidade, como pode ser un oco dunha rama, un muro ou nunha caixa niño. É pouco asustadizo e moi curioso. Come abellas, avespas, arañas, miñocas, froitos e sementes.

Pega, Urraca comúnPica pica

Características. 46 cm. De cor branca e negra contrastadas. Costas e ventre brancos. Ás negras azuladas cunha mancha branca nas plumas externas. A cola é moi longa, con reflexos verdes, azuis e morados, negra cara a punta. Ten o peteiro e as patas negros e fortes.Hábitat. Campos abertos con árbores dispersas, terras de cultivo, parques e xardíns. Comportamento. Voa de forma ondulada. No chan camiña ou salta e con frecuencia sobe e baixa a cola repentinamente. Pode verse en solitario, en parella ou en pequenos grupos. Aliméntase de insectos, froitos, sementes, preas e desperdicios.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Ferreiriño azul

Ferreiriño real

Pega

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

60 61

Choia, Chova piquirrojaPyrrhocorax pyrrhocorax

Características. 39 cm. Totalmente negra lustrosa. Ten o peteiro vermello (alaranxado nos novos), longo e curvado. As patas tamén son vermellas. En voo aprécianse as plumas dos extremos das ás moi separadas.Hábitat. Penedías da beiramar e das montañas interiores. Comportamento. Fai voos acrobáticos moi vistosos: paira e déixase caer en picado con viradas espectaculares. O seu reclamo, un “quiiá-quiiá” e un “choá-choá”, é moi característico. É frecuente vela en pequenos grupos, xa que é moi sociable, mentres se alimenta polo chan de insectos, vermes, pequenos vertebrados e mesmo sementes e caracois.

Corvo pequeno, Corneja comúnCorvus corone

Características. 47 cm. Completamente negro. Ten as ás anchas e curtas e o peteiro forte, con plumas na base. A súa cola en voo ten forma redondeada o que, xunto co menor tamaño, nos permite distinguilo do corvo grande, que é moito maior e coa cola en forma de cuña.Hábitat. Terras de cultivo con árbores, bosques e esteiros. Comportamento. Voa dando batidos lentos e regulares. Agrúpase en grandes bandadas trala cría que vagan polos campos na busca de alimento. Encántanlle os cereais polo que a veces causan estragos nos cultivos de millo. Tamén comen miñocas, insectos, preas, ratos, sementes, ovos e poliños.

Corvo grande, Cuervo grandeCorvus corax

Características. 64 cm. Grande. Completamente negro. Coas ás largas que se estreitan cara o extremo. Peteiro moito máis robusto que no corvo pequeno. Cola larga e con forma de cuña apuntada, a diferenza do corvo pequeno, o cal a ten redondeada.Hábitat. Medios abertos con rochedos, como cantís litorais e cortados rochosos interiores. Comportamento. Soe andar solitario ou en parellas, aínda que fóra da época de cría pode formar bandos de varias decenas de exemplares. Voo potente e directo, ás veces con pairos, remontes e xiros sobre si mesmo. Consume preas, pequenos vertebrados, peixes, sementes e froitas.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Choia

Corvo pequeno

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Corvo grande

62 63

Estorniño negro, Estornino negroSturnus unicolor

Características. 21 cm. Completamente negro, con brillos morados e patas avermelladas. Peteiro fino e negro no inverno, no verán é amarelo coa base azulada nos machos e rosada nas femias. Cola e ás curtas. Mouro con finas pintas no inverno, que pronto perde. Nesa estación tamén se ven estorniños pintos, que teñen moitas pintas grandes. Os novos de ambos son marróns, sen pintas.Hábitat. Zonas de cultivo, campos, parques e xardíns urbanos. Comportamento. É moi cantor. Soen formar bandos enormes, mesturados con estorniños pintos, que se alimentan en cultivos e pasteiros. Soe pousar erguido nos cables.

Pardal, Gorrión comúnPasser domesticus

Características. 15 cm. Partes superiores pardas con listas negras e partes inferiores grises. O macho é máis castaño por enriba. Ten a caluga castaña, un babeiro negro, fazulas grises e a metade superior da cabeza gris. A femia é máis apagada, máis gris e con cella clara. Non se debe confundir co escaso pardal montés (Passer montanus), do que aínda se conservan pequenas colonias no encoro de Meicende e en Orto-Crendes. Este semella máis delicado, ten o curuto pardo e a cara branca cunha mancha negra nas fazulas. Ambos sexos son iguais.Hábitat. Asentamentos humanos: aldeas, pobos, cidades.... Comportamento. É unha das aves máis coñecidas. Ás veces xúntase en grandes bandadas ruidosas. Soen construír os niños de palla moi cerca uns de outros, baixo os saíntes do tellado ou nas árbores. Comen sementes, grans, sobras de alimentos, restos de pensos e insectos.

Verderolo, Verderón comúnChloris chloris

Características. 15 cm. Cabeza grande con pico cor carne. É case todo verde, excepto as ás e a cola que son grises e negras con manchas amarelas nas plumas externas. Ten branco nas infracobertoiras caudais. O macho ten cores máis vivas, sobre todo o amarelo no verán. Hábitat. Campiñas arboradas, zonas de cultivo con árbores dispersas, hortas e xardíns. Comportamento. No inverno forma bandos numerosos con outras especies de aves, como por exemplo con pimpíns, e vagan xuntos polos campos con restrollos na busca de sementes. Ademais comen insectos, brotes de plantas e bagas.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Pardal

Estorniño negro

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Verderolo

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

64 65

Xílgaro, Jilguero europeoCarduelis carduelis

Características. 12 cm. Partes superiores ocres. Cabeza branca e negra, marrón nos novos. Cara vermella, con maior extensión de vermello nos machos. Partes inferiores brancas cos costados ocres. Os adultos teñen dúas medias lúas ocres no peito. Ás negras, con puntas brancas e unha gran banda amarela. Mitra branca e cola negra con pintas brancas e unha estreita franxa branca no extremo. Peteiro cor marfil, de punta fina.Hábitat. Zonas de cultivo e campos baldíos con cardos. Comportamento. Ten un canto moi agradable. Encántanlle as sementes dos cardos. Forma pequenas bandadas despois da época de cría, a veces con outros frinxílidos (verderolos, liñaceiros, etc.). Ao alzar o voo destacan polo fermoso contraste amarelo, negro e ocre das súas ás.

Liñaceiro, Pardillo comúnCarduelis cannabina

Características. 13 cm. Pardo, máis claro por debaixo e con estrías escuras. Cabeza gris. As plumas maiores da á son negras con bordes brancos. O macho é máis contrastado que a femia, sobre todo na primavera e verán, que é cando por desgaste das plumas este adquire unha fermosa cor carmín no peito e na fronte. Teñen o peteiro curto e escuro.Hábitat. Dunas, campos de labor e baldíos con matogueiras. Comportamento. É moi sociable e forma grandes bandos no inverno que se desprazan polos campos e dunas na busca de sementes para alimentarse. Ten un canto melodioso e moi agradable.

Escribenta das canaveiras, Escribano palustreEmberiza schoeniclus

Características. 15 cm. Dorso ocre avermellado con moitas estrías escuras. Branco agrisado por debaixo con estrías escuras nas costas. Cola negra e castaña coas plumas externas brancas. O macho no inverno ten a cabeza e o peito pardos. A femia é similar pero coa cabeza parda, fazulas bordeadas de cor crema, bigote negro e mitra castaña raiada. O macho no verán ten a cabeza e o peito negros con bigote branco que se estende pola caluga formando un colar branco, a mitra é agrisada.Hábitat. Zonas de vexetación alta nas desembocaduras de ríos e lagoas, tamén en campos, cultivos, xunqueiras e outras áreas abertas arbustivas.Comportamento. Axita e abre a cola con frecuencia. No inverno forman pequenos bandos nas carriceiras e cultivos. Aliméntase de sementes, insectos e vermes.

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Xílgaro

Liñaceiro

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII

Escribenta das canaveiras

66 67

Índice de especiesNomes en galegoAguia pescadora 26Andoriña 46Andoriñón real 44Asubiador 14Avelaiona 42Avenoiteira cincenta 44Bilurico alinegro 36Bilurico claro 36Bilurico das rochas 34Carolo 42Carrán cristado 40Carriza 50Cerceta 14Corvo grande 60Corvo mariño cristado 22Corvo mariño grande 22Corvo pequeno 60Cullereiro 24Cullerete 16Chasco común 52Choia 60Escribenta das canaveiras 64Estorniño negro 62Falcón peregrino 28Ferreiriño azul 58Ferreiriño negro 56Ferreiriño real 58Folosa das canaveiras 54Furabuchos balear 20Gabita 30Gaivota arxéntea 38Gaivota chorona 38Gaivota escura 38Gaivota patiamarela 40Gaivotón 40Galiñola negra 28Garza real 24Garzota 22Lagarteiro 26Lavanco 16Lavandeira branca 48Lavandeira marela 48Liñaceiro 64Mascato 20Mazarico chiador 34Mazarico rabinegro 32Mazarico real 34Mazarico rubio 32Mergullón pequeno 20Merlo 52Miñato 26Mobella grande 18Paporrubio 50Papuxa das amoras 56Papuxa do mato 54Pardal 62Pato cristado 18

Pato chupón 16Pato frisado 14Pega 58Pentumeiro 18Peto real 46Peto verde 46Pica dos prados 48Picafollas ibérico 56Picapeixe 44Píldora cincenta 30Pilro común 32Píllara real 30Pombo torcaz 42Rabirrubio 50Rascón 28Rousinol bravo 54Tartaraña das xunqueiras 24Tordo común 52Verderolo 62Virapedras 36Xílgaro 64Nombres en castellanoÁguila pescadora, 26Aguilucho lagunero occidental 24Aguja colinegra 32Aguja colipinta 32Alca común 42Alcatraz atlántico, 20Ánade azulón, 16Ánade friso, 14Andarríos chico 34Andarríos grande, 36Archibebe claro 36Bisbita pratense, 48Busardo ratonero 26Cárabo común, 42Carbonero común 58Carbonero garrapinos 56Carricero común, 54Cerceta común, 14Cernícalo vulgar, 26Cetia ruiseñor 54Colimbo grande, 18Colirrojo tizón 50Cormorán grande, 22Cormorán moñudo, 22Corneja común 60Correlimos común 32Cuchara común 16Cuervo grande 60Curruca capirotada 56Curruca rabilarga 54Charrán patinegro 40Chochín común 50Chorlitejo grande 30Chorlito gris 30Chotacabras europeo 44Chova piquirroja 60Escribano palustre 64

Espátula común 24Estornino negro 62Focha común 28Garceta común, 22Garza real 24Gavión atlántico, 40Gaviota argéntea europea 38Gaviota patiamarilla 40Gaviota reidora 38Gaviota sombría 38Golondrina común 46Gorrión común 62Halcón peregrino, 28Herrerillo común 58Jilguero europeo 64Lavandera blanca 48Lavandera boyera, 48Martín pescador común 44Mirlo común 52Mosquitero ibérico 56Negrón común 18Ostrero euroasiático 30Paloma torcaz 42Pardela balear 20Pardillo común 64Petirrojo europeo 50Pico picapinos 46Pito real 46Porrón europeo, 16Porrón moñudo, 18Rascón europeo, 28Silbón europeo 14Tarabilla europea 52Urraca común 58Vencejo real, 44Verderón común 62Vuelvepiedras común 36Zampullín común, 20Zarapito real 34Zarapito trinador 34Zorzal común 52

NomecientíficoAcrocephalus scirpaceus 54Actitis hypoleucos 34Circus aeruginosus 24Alca torda 42Alcedo atthis 44Anas clypeata 16Anas crecca 14Anas penelope 14Anas platyrhynchos 16Anas strepera 14Anthus pratensis 48Apus melba 44Ardea cinerea 24Arenaria interpres 36Aythya ferina 16Aythya fuligula 18Buteo buteo 26

Calidris alpina 32Caprimulgus europaeus 44Carduelis cannabina 64Carduelis carduelis 64Cettia cetti 54Charadrius hiaticula 30Chloris chloris 62Columba palumbus 42Corvus corax 60Corvus corone 60Cyanistes caeruleus 58Dendrocopos major 46Egretta garzetta 22Emberiza schoeniclus 64Erithacus rubecula 50Falco peregrinus 28Falco tinnunculus 26Gavia immer 18Haematopus ostralegus 30Hirundo rustica 46Larus argentatus 38Larus fuscus 38Larus marinus 40Larus michahellis 40Larus ridibundus 38Limosa laponica 32Limosa limosa 32Melanitta nigra 18Morus bassanus 20Motacilla alba 48Motacilla flava 48Numenius arquata 34Numenius phaeopus 34Pandion haliaetus 26Parus major 58Passer domesticus 62Periparus ater 56Phalacrocorax aristotelis 22Phalacrocorax carbo 22Phoenicurus ochruros 50Phylloscopus ibericus 56Pica pica 58Picus viridis 46Platalea leucorodia 24Pluvialis squatarola 30Puffinus mauretanicus 20Pyrrhocorax pyrrhocorax 60Rallus aquaticus 28Saxicola rubicola 52Sterna sandvicensis 40Strix aluco 42Sturnus unicolor 62Sylvia atricapilla 56Sylvia undata 54Tachybaptus ruficollis 20Tringa nebularia 36Tringa ochropus 36Troglodytes troglodytes 50Turdus merula 52Turdus philomelos 52

68

Direccións de intereseConsorcio As MariñasLugar de Bos. Naves O Carballal 4, Guísamo, 15640 BergondoT.: 981 784 704; Fax: 981 784 721Web: www.consorcioam.org / Correo-e: [email protected]

CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)Castelo de Santa Cruz, s/n, 15179 Liáns, Oleiros (A Coruña)T.: 981 630 618; Fax: 981 614 443Web: www.ceida.org / Correo-e:[email protected]

Monumento Natural Costa de Dexo-SerantesCentro de visitantes Faro de Mera - Aula do MarCelso Emilio Ferreiro, s/n, Oleiros (A Coruña)T.: 981 618 154

Aula de natureza de AbegondoVilar, nº 86, Crendes, Abegondo (A Coruña)T.: 981 647 916; Fax: 981 673 050Correo-e: [email protected] Web: www.abegondo.es/?id=1048

Centro de recuperación de fauna salvaxe de Santa CruzSanta Cruz de Liáns - Oleiros (A Coruña)T.: 981 626 241 / 690 634 708 / 686 252 554

CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños)Aptdo.de correos núm. 15 - 36380 Gondomar- PontevedraUnidade móbil: 686 989 008Web: www.cemma.orgCorreo electrónico: [email protected] Sociedad Española de Ornitología (SEO)Web: www.seo.org

Sociedade Galega de OrnitoloxíaWeb: www.sgosgo.org

SEPRONA(Servizo de Protección da Natureza da Gardia Civil)T.: 062

Incendios080

Emerxencias-Emergencias112

Urxencias- Urgencias061