damos a benvida ao rorama scool to scool...damos a benvida ao rorama scool to scool ciclo inicial: 3...

4
Damos a benvida ao programa School to School Ciclo inicial: 3.º e 4.º de Primaria (8-10 anos) Programa School to School Actividades Actividade 1 OS MEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE CLASE E EU Duración Unha sesión de 1 hora. Obxectivos: Desenvolver a capacidade de explicarse e coñecerse mellor. Involucrar o alumnado no programa a nivel persoal, xa que van establecer lazos con nenos e nenas da India. Material necesario: Folios ou cartolinas grandes, lapis de cores ou rotuladores, fotos, tesoiras, pegamento. Desenvolvemento da actividade: Os nenos e as nenas da India non nos coñecen, así que temos que presentarnos. Imos describir os nosos compañeiros e compañeiras, o mestre ou a mestra, a nosoutros e nosoutras (LO7)e a escola. Para iso, imos dividir a clase en tres grupos, cada un dos cales se encargará de preparar un dos tres murais seguintes: Un mural sobre a escola: Nel iremos pegando fotos, debuxos e pequenos textos nos que explique- mos quen somos, e que se ve en cada imaxe: «Esta é a miña escola», «Este ou esta son eu», «Esta- mos a xogar no recreo»? Un mural sobre as nosas casas e familias: Aquí irán imaxes e textos nos que expliquemos máis acerca de como vivimos, con que membros das nosas familias nos relacionamos máis, que facemos con eles, etc. Un mural sobre a nosa vila ou cidade: Pode conter todo tipo de debuxos dos lugares máis bonitos ou máis interesantes da cidade e, sobre todo, daqueles aos que máis nos guste ir: parques, monu- mentos, edificios, etc. Tamén é interesante que neste mural peguemos unha ficha con todos os datos importantes para coñecer a vila ou a cidade: o seu nome, onde se atopa e tamén unha pequena descrición. Para organizar o traballo, convén que cada grupo faga unha listaxe previa con ideas dos contidos que poden incluír no mural, e se repartan as tarefas entre todos e todas, de modo que o resultado sexa va- riado e tamén abarque aspectos distintos. Nese sentido, o profesor ou profesora pode alternarse para ir supervisando o traballo de cada grupo en paralelo. Ao final da clase, cada grupo exporá o seu mural ao resto da clase.

Upload: others

Post on 26-Feb-2021

10 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: damos a benvida ao rorama scool to scool...damos a benvida ao rorama scool to scool ciclo inicial: 3 e 4 de primaria 1 anos Programa School to School Actividades Actividade 4 Os cOntOs

Damos a benvida ao programa

School to SchoolCiclo inicial: 3.º e 4.º de Primaria (8-10 anos)

Programa School to School

ActividadesActividade 1 Os meus cOmpAñeirOs e cOmpAñeirAs de clAse e eu

duraciónUnha sesión de 1 hora.

Obxectivos: • Desenvolver a capacidade de explicarse e coñecerse mellor.• Involucrar o alumnado no programa a nivel persoal, xa que van establecer lazos con nenos e nenas

da India.

material necesario: Folios ou cartolinas grandes, lapis de cores ou rotuladores, fotos, tesoiras, pegamento.

desenvolvemento da actividade:Os nenos e as nenas da India non nos coñecen, así que temos que presentarnos. Imos describir os nosos compañeiros e compañeiras, o mestre ou a mestra, a nosoutros e nosoutras (LO7)e a escola.

Para iso, imos dividir a clase en tres grupos, cada un dos cales se encargará de preparar un dos tres murais seguintes:• Un mural sobre a escola: Nel iremos pegando fotos, debuxos e pequenos textos nos que explique-

mos quen somos, e que se ve en cada imaxe: «Esta é a miña escola», «Este ou esta son eu», «Esta-mos a xogar no recreo»?

• Un mural sobre as nosas casas e familias: Aquí irán imaxes e textos nos que expliquemos máis acerca de como vivimos, con que membros das nosas familias nos relacionamos máis, que facemos con eles, etc.

• Un mural sobre a nosa vila ou cidade: Pode conter todo tipo de debuxos dos lugares máis bonitos ou máis interesantes da cidade e, sobre todo, daqueles aos que máis nos guste ir: parques, monu-mentos, edificios, etc. Tamén é interesante que neste mural peguemos unha ficha con todos os datos importantes para coñecer a vila ou a cidade: o seu nome, onde se atopa e tamén unha pequena descrición.

Para organizar o traballo, convén que cada grupo faga unha listaxe previa con ideas dos contidos que poden incluír no mural, e se repartan as tarefas entre todos e todas, de modo que o resultado sexa va-riado e tamén abarque aspectos distintos. Nese sentido, o profesor ou profesora pode alternarse para ir supervisando o traballo de cada grupo en paralelo.

Ao final da clase, cada grupo exporá o seu mural ao resto da clase.

Page 2: damos a benvida ao rorama scool to scool...damos a benvida ao rorama scool to scool ciclo inicial: 3 e 4 de primaria 1 anos Programa School to School Actividades Actividade 4 Os cOntOs

Damos a benvida ao programa

School to SchoolCiclo inicial: 3.º e 4.º de Primaria (8-10 anos)

Programa School to School

ActividadesActividade 2 A que nOs gustA xOgAr?

duraciónUnha sesión de 1 hora.

Obxectivos: • Reflexionar sobre as afeccións e a forma de divertirse de nenos e nenas.• Involucrar o alumnado no programa a nivel persoal, compartindo esas afeccións con nenos e nenas

de cultura diferente, pero da súa mesma idade.

material necesario: Folios ou cartolinas grandes, lapis de cores ou rotuladores, fotos, tesoiras, pegamento.

desenvolvemento da actividade:Entre toda a clase imos facer unha listaxe de xogos tradicionais aos que nos gusta xogar no recreo ou na casa. Poden ser xogos de mesa, deportes, xogos onde haxa que correr ou que esconderse... cal-quera xogo onde poidan participar varios nenos e nenas.

Cando teñamos a listaxe, elixiremos cinco xogos. A clase dividirase entón en cinco grupos, e cada un deles fará unha ficha sobre un deses xogos, para explicar aos nenos e ás nenas da India en que con-siste e como se desenvolve.

Cada ficha debe conter:• O título do xogo.• Un ou varios debuxos de nenos e nenas xogando a ese xogo, para que vexamos como se desen-

volve.• Debuxos de todas as cousas que fan falta para xogar (unha pelota, un taboleiro, cartas, dados...).• Un texto que inclúa as instrucións do xogo, e explique cantas persoas poden xogar, onde se xoga

(en casa, na rúa, nun xardín, nunha mesa...).• Se existen variantes, ou regras diferentes.

Page 3: damos a benvida ao rorama scool to scool...damos a benvida ao rorama scool to scool ciclo inicial: 3 e 4 de primaria 1 anos Programa School to School Actividades Actividade 4 Os cOntOs

Damos a benvida ao programa

School to SchoolCiclo inicial: 3.º e 4.º de Primaria (8-10 anos)

Programa School to School

ActividadesActividade 3 que fAcemOs AO lOngO dO díA e nO nOsO tempO libre?

duraciónUnha sesión de 1 hora.

Obxectivos: • Reflexionar sobre os nosos hábitos diarios, e sobre a forma en que investimos o noso tempo.• Identificar elementos propios da nosa cultura.

material necesario: Folios ou cartolinas, lapis de cores ou rotuladores, revistas, tesoiras e pegamento.

desenvolvemento da actividade:Entre toda a clase imos facer unha listaxe coas cousas que facemos dentro e fóra da escola, separán-doas en dous grupos:• Na primeira podemos incluír as distintas actividades que realizamos ao longo dun día de clase nor-

mal: tomar o almorzo, vestirnos e asearnos, dar unha clase, facer un exame, facer ximnasia, xogar no recreo...

• Na segunda listaxe poremos as actividades que realizamos no noso tempo libre, xa sexa polas tardes ao saír da escola, as fins de semana ou durante as vacacións de verán ou de Nadal. Por exemplo: xogar, facer os deberes, dar un paseo, asistir a clases de deportes ou de música, ler, ver a televisión, comer coa familia, ir á praia, ver os avós e as avoas...

A clase dividirase en grupos de catro. Cada grupo haberá de facer dous murais: un que inclúa un horario coas actividades dun día de clase, e outro coas actividades dun día de vacacións. Para iso, terán que elixir unha selección de 8 ou 10 actividades das listas anteriores, e representalas mediante fichas que irán pegando sobre o mural, por orde. Por exemplo, o día de clase terá máis actividades de estudo e relacionadas coa escola, pero tamén pode reservarse un oco para os xogos de pola tarde. As fichas deben incluír:

• Unha viñeta cun debuxo que reflicta a actividade.• A hora do día ou a época do ano en que se realiza.• Unha breve descrición que explique en que consiste, con quen se fai, se nos gusta ou non, etc.

Despois, conxuntamente imos imaxinar como é un día normal para un neno ou unha nena da India, e como un día de vacacións. O mestre ou a mestra vainos axudar a ver as diferenzas entre o que facemos aquí e o que fan alí.

Page 4: damos a benvida ao rorama scool to scool...damos a benvida ao rorama scool to scool ciclo inicial: 3 e 4 de primaria 1 anos Programa School to School Actividades Actividade 4 Os cOntOs

Damos a benvida ao programa

School to SchoolCiclo inicial: 3.º e 4.º de Primaria (8-10 anos)

Programa School to School

ActividadesActividade 4 Os cOntOs trAdiciOnAis

duraciónDúas sesións de 1 hora.

Obxectivos: • Identificar elementos propios da nosa cultura.• Desenvolver a competencia verbal e plástica, a creatividade e o traballo en equipo.

material necesario: Folios ou cartolinas, lapis de cores ou rotuladores, revistas, tesoiras e pegamento.

desenvolvemento da actividade:Unha das vías polas que podemos coñecer unha cultura é a través da súa tradición de contos popula-res. Sabías, por exemplo, que o conto da leiteira vén directamente da India?. Hai relatos que se coñecen en todos os países do mundo, pero tamén hai outros que forman parte da cultura de cada un. Non sería bonito enviarlles os nosos contos aos nenos e nenas da escola da India?

En primeiro lugar, imos facer unha lista de todos os contos que coñecemos: Blancanieves, Os tres por-quiños, Pulgarcito, Cincenta, A leiteira, Hansel e Gretel, etc.

A continuación, dividiremos a clase en tantos grupos como contos teñamos. O labor de cada grupo será preparar un mural ou un caderno pequeno para contar un deses contos. Pero ai! Os nenos e nenas da India non saben ler en español. Que tal se lles facemos chegar os contos en forma de viñetas de cómic, cunha chea de debuxos?

En cada conto incluiremos:• O título do conto.• Antes de empezar, faremos un debuxo de todos os personaxes principais que aparecen, co seu

nome escrito debaixo, e unha aclaración sobre se son protagonistas, viláns, etc.• Logo dividiremos o conto en 8 ou 10 escenas principais, para cada unha das cales faremos un

debuxo, e engadiremos debaixo un breve texto explicativo. Podemos usar bocadillos para os diá-logos, igual que se fai nos cómics.

Ao final da clase, cada grupo ensinará ao resto o conto que preparou.