día da biblioteca - edu.xunta.gal · “o bosque encantado” de enid blyton, a famosa escritora...
TRANSCRIPT
![Page 1: Día da Biblioteca - edu.xunta.gal · “O bosque encantado” de Enid Blyton, a famosa escritora de libros infantiles. A colección de libros que contén é de temática verde, tendo](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022071603/613db27bd6303f41db6f13d9/html5/thumbnails/1.jpg)
Para alumnado de 1º a 3º de Primaria
Día da Biblioteca
O día 24 de outubro pasado, foi o día adicado ás bibliotecas, dende
o Equipo de Coordinación de Biblioteca queremos sumarnos a esta
celebración amosando 8 bibliotecas infantiles moi interesantes.
As bibliotecas son lugares máxicos onde se gardan montóns de
sonos en cada estante que poderás levar para casa e disfrutalos coa túa
familia.
Agora imos coñecer unha selección moi especial:
My Tree House (Singapur)
Esta biblioteca infantil preciase de ser a primeira biblioteca sostible.
A árbore pola que se accede a esta biblioteca está inspirado no libro de
“O bosque encantado” de Enid Blyton, a famosa escritora de libros
infantiles. A colección de libros que contén é de temática verde, tendo
por obxectivo promover o amor e coidado do medio ambente nos nenos e
nenas.
![Page 2: Día da Biblioteca - edu.xunta.gal · “O bosque encantado” de Enid Blyton, a famosa escritora de libros infantiles. A colección de libros que contén é de temática verde, tendo](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022071603/613db27bd6303f41db6f13d9/html5/thumbnails/2.jpg)
Biblio Toyen (Oslo)
Este innovador espazo rompeu as normas de catalogación
tradicional e etiqueta os libros con frases “curto, pero bó” o “sobre
robots”.
Niños Conarte (Monterrey, México)
O ambente é aberto, luminoso e moi colorido. Destaca o seu toque
industrial, acorde ca cidade na que se ubica. As estanterías son montañas
que sirven de parque para os nenos e as nenas.
![Page 3: Día da Biblioteca - edu.xunta.gal · “O bosque encantado” de Enid Blyton, a famosa escritora de libros infantiles. A colección de libros que contén é de temática verde, tendo](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022071603/613db27bd6303f41db6f13d9/html5/thumbnails/3.jpg)
Safe Haven Library Myanmar (Sur de Asia)
Dentre as bibliotecas, ésta é unha das máis especiáis. Non é luxosa
nin enorme, pero ten detrás unha filosofía de solidaridade.
Este diseño noruego provee de libros e materiáis educativos a nenos
e nenas orfos/as. Diseñada cun ambente aberto e cun exterior de cañas de
bambú que se integra co entorno.
O Biblioburro de Luis Soriano (Colombia)
Este é o caso dunha biblioteca móvil, que non ten ningún tipo de
estructura máis que dous burros: Alfa e Beto, axudan a Luis Soriano a
chegar a zonas ruráis de complicado acceso. O encargado desta tarea é un
maestro de
Primaria.
![Page 4: Día da Biblioteca - edu.xunta.gal · “O bosque encantado” de Enid Blyton, a famosa escritora de libros infantiles. A colección de libros que contén é de temática verde, tendo](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022071603/613db27bd6303f41db6f13d9/html5/thumbnails/4.jpg)
Biblioteca de Iwaki (Japón)
A biblioteca de Iwaki é unha entidade privada aunque está aberta ó
público para turistas e curiosos. Ó principio era a biblioteca para tres
escolas, pero agora se concibe coma un museo dos libros ilustrados.
![Page 5: Día da Biblioteca - edu.xunta.gal · “O bosque encantado” de Enid Blyton, a famosa escritora de libros infantiles. A colección de libros que contén é de temática verde, tendo](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022071603/613db27bd6303f41db6f13d9/html5/thumbnails/5.jpg)
Bibliobus da Escola Highfield (Reino Unido)
Aquí temos outro caso de bibliotecas móviles. Este bibliobús está
aparcado no patio da escola comunitaria de Highfield e funciona coma un
espazo mais da escola.
Biblioteca Moisés Gómez del CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández
Flórez ( A Coruña)
É a biblioteca do noso centro, nela vive Fantasmón, a mascota. Ten
![Page 6: Día da Biblioteca - edu.xunta.gal · “O bosque encantado” de Enid Blyton, a famosa escritora de libros infantiles. A colección de libros que contén é de temática verde, tendo](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022071603/613db27bd6303f41db6f13d9/html5/thumbnails/6.jpg)
un tren cheo de libros de animáis, prantas, nenos, nenas...e témola moi
cerquiña. Leva o nome dun mestre que estivo no noso colexio fai anos e
axudou a creala: Moisés Gómez.