curso didáctica da filosofía e tic. boletin informativo

2
nexosfilosofia nexosfilosofia.org TITORES: • MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE. Catedrático de Filosofía do IES Eduardo Pondal. Santiago de Compostela • RICARDO RODRÍGUEZ DE RÁVENA. Profesor de Filosofía no IES Xulián Magariños. Negreira • EVA GAREA TRABA Profesora de Filosofía no IES de Ames. www.filonexos.blogspot.com Didáctica da Filosofía e TIC Curso de formación do profesorado Os debates e a discusión sobre as diferentes posicións relacionadas cos temas tratados, serán centrais ao longo do curso, avaliables e xeradoras de contidos Para facilitar este traballo teremos tres auxiliares: O apocalíptico O integrado A crítica Que nos axudarán a centrar o debate, sen que as súas posicións deban impedir calquera outra intervención que queiran propor os participantes. De que falamos cando falamos de ensinar Filosofía no Ensino Medio? A didáctica non pode reducirse a un conxunto de receitas aplicables mecanicamente a calquera experiencia docente. Faise necesario que as estratexias didácticas estean contextualizadas nun proxecto educativo que tome en consideración, tanto os contidos que se queren ensinar, como as metodoloxías disciplinares específicas. No contexto actual, ademais das pers- pectivas disciplinares e didácticas de- bemos tomar en consideración as novas ferramentas que impregnan xa a totali- dade da vida cotiá e tamén das aulas. Non se poden tomar decisións obxectivas, relevantes e coherentes sobre o ensino da Filosofía sen facer unha análise destes devanditos tres aspectos. Este curso propón unha discusión en tres niveis diferentes. Así, en cada un dos seus apartados iniciaremos, na me- dida do posible, unha discusión sobre as necesidades da materia de Filosofía e os seus supostos didácticos, e rematare- mos cunha valoración do uso das TIC máis unha proposta práctica. Tentaremos solucionar os déficits de coñecementos sobre as diferentes ferramentas que haberemos utilizar nas tarefas propostas. Porén, este non é o obxectivo prioritario do curso. Máis aló das ferramentas parécenos máis importante centrarnos nas dificultades que poden aparecer cando iniciamos o traballo na aula e abordalas non dende unha perspectiva práctica e solucionadora, senón tamén dende a teoría e a crítica dos seus fundamentos. nexosfilosofia.org nexosfilosofia

Upload: nexosfilosofia

Post on 14-Jul-2015

1.151 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativo

nexosfilosofia nexosfilosofia.org

TITORES:

• MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE.

Catedrático de Filosofía do IES Eduardo Pondal. Santiago de Compostela

• RICARDO RODRÍGUEZ DE RÁVENA. Profesor de Filosofía no IES Xulián Magariños. Negreira

• EVA GAREA TRABA Profesora de Filosofía no IES de Ames. www.filonexos.blogspot.com

Didáctica da Filosofía e TIC

Curso de formación do profesorado

Os debates e a discusión sobre as

diferentes posicións

relacionadas cos

temas tratados, serán

centrais ao longo do

curso, avaliables e

xeradoras de contidos

Para facilitar este

traballo teremos tres

auxiliares:

O apocalíptico

O integrado

A crítica

Que nos axudarán a

centrar o debate, sen

que as súas posicións

deban impedir calquera

outra intervención que

queiran propor os

participantes.

De que falamos cando falamos de ensinar

Filosofía no Ensino Medio?

A didáctica non pode reducirse a un

conxunto de receitas aplicables

mecanicamente a calquera experiencia

docente.

Faise necesario que as estratexias

didácticas estean contextualizadas nun

proxecto educativo que tome en

consideración, tanto os contidos que se

queren ensinar, como as metodoloxías

disciplinares específicas.

No contexto actual, ademais das pers-

pectivas disciplinares e didácticas de-

bemos tomar en consideración as novas

ferramentas que impregnan xa a totali-

dade da vida cotiá e tamén das aulas.

Non se poden tomar decisións

obxectivas, relevantes e coherentes

sobre o ensino da Filosofía sen facer

unha análise destes devanditos tres

aspectos.

Este curso propón unha discusión en

tres niveis diferentes. Así, en cada un

dos seus apartados iniciaremos, na me-

dida do posible, unha discusión sobre as

necesidades da materia de Filosofía e os

seus supostos didácticos, e rematare-

mos cunha valoración do uso das TIC

máis unha proposta práctica.

Tentaremos solucionar os déficits de

coñecementos sobre as diferentes

ferramentas que haberemos utilizar nas

tarefas propostas.

Porén, este non é o obxectivo prioritario

do curso. Máis aló das ferramentas

parécenos máis importante centrarnos

nas dificultades que poden aparecer

cando iniciamos o traballo na aula e

abordalas non só dende unha

perspectiva práctica e solucionadora,

senón tamén dende a teoría e a crítica

dos seus fundamentos.

nexosfilosofia.org nexosfilosofia

Page 2: curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativo

MODÚLO 1: PRIMERIOS PASOS

Debater sobre a introdución das TIC na docencia e a súa utilidade

Iniciarse no uso dunha aula virtual Moodle

Coñecer as principais licen-cias e como aplicalas aos contidos dixitais educativos

Principais debates que poden afectar ao ensino da filosofía hoxe

OBXECTIVOS:

Gustaríanos que este

curso fose unha

plataforma para

intercambiar opinións

tanto sobre o que se

ensina na clase de

filosofía, como sobre o

xeito no que eses

coñecementos se

imparten.

Cremos que as

tecnoloxías non son

nunca neutras e

cómpre reflexionar

sobre as

consecuencias que

ten a súa aplicación

no contexto educativo.

Porén, será necesario

comprender o seu

manexo e as súas

posibilidades antes de

xulgalas.

Coma ningún xuízo se

fai no baleiro,

traeremos tamén a

este curso as

principais voces ,

apocalípticas e

integradas, tentando

achegármonos a

posicións críticas a

través dos debates

nos foros.

Un curso para integrar as TIC na

dinámica da aula de Filosofía

UNNA OLLADA ás principais estratexias para a usar na aula

Adaptar as ferramentas

TIC aos requirimentos

do ensino da filosofía, á

procura dunha efectiva

integración coas

competencias

filosóficas.

INTERCAMBIO de opinións sobre a función da Filosofía no Bacharelato Debater sobre o

estatuto epistemolóxico

das novas ferramentas

TIC e sobre as

consecuencias da súa

utilización no ensino.

REQUIRIMENTOS

Conta en: edu.xunta.es

Ordenador Aceso a

internet Ganas de

traballar e debater

Suxestións prácticas – Foros e debates – Traballo colaborativo

Suscitar discusións sobre

problemas que afectan

directamente á docencia da

filosofía e que están na mente de

todos os profesores.

Construír entre todos un

documento que faga explícitas as

competencias que a Filosofía

achega á educación secundaria e

que son propias desta disciplina.

.

Pretendemos que o curso

abranga:

Aprendizaxe de algunhas

ferramentas útiles para axilizar a aula

de filosofía e adaptala a unha

educación con apoio TIC.

Resolver as dúbidas que poidan

xurdir no uso das ferramentas e

proporcionar solucións aos

diferentes proxectos que se

propoñan.

MÓDULO 2: RECURSOS TIC PARA FILOSOFÍA

Reflexionar sobre as achegas das TIC ao ensino da Filosofía e as ciencias sociais

Coñecer algúns dos recursos existentes na Web para o ensino da Filosofía

Aprender a clasificar os recursos atopados e a integralos na nosa aula

MÓDULO 3: IMAXES E EMOCIÓNS

Debate sobre a dualidade ra-zón/emoción na Filosofía á luz das neurociencias

Aprender a elaborar recursos multimedia sinxelos

Principios dunha síntese de coñecemento eficaz nos no-vos contextos multimedia

MÓDULO 4: FILOSOFÍA E FERRAMENTAS 2.0.

Valorar o uso das diferentes ferramentas 2.0 na aula de filosofía

Aprender a usar esas ferramentas no contexto dunha aula Moodle

Coñecer as principais formas de xerar recursos educativos propios

MÓDULO 5: TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

Repensar a actividade na au-la de filosofía

Coñecer as principais estra-texias de investigación na Rede

Aprender a traballar por pro-xectos e a formular traballos de investigación co alumna-do

MÓDULO 6: COMPETENCIAS FILOSÓFICAS

Coñecer as competencias básicas e a súa relación coa materia de Filosofía

Elaborar cooperativamente un documento sobre as competencias filosóficas a desenvolver no Bacharelato.