curso 2012-2013 - portal do concello de ames-santiago-galicia · ebullición e a continuación...

53
Curso 2012-2013 1

Upload: doandiep

Post on 07-Nov-2018

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

Curso 2012-2013

1

Page 2: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

INDICE

BISCOITO DE CABAZA I

XELATINA DE LARANXA

BOLLITOS DE PERA

PURÉ DE CASTAÑAS I

BISCOITO DE CASTAÑAS

TORTA DE COCO E NOCES

TORTA DE NOCES O RON

FLAN DE CASTAÑAS

PURÉ DE CASTAÑAS II

BROCHETAS DE OUTONO I

ROSCAS DE AMÉNDOAS E ABELAS

BISCOITO DE CASTAÑAS

OSOS DE SANTO

PANTASMA DE OUTONO

BISCOITO DE CABAZA II

BUÑUELOS DE VENTO DA AVOA

CREMA DE CASTAÑAS I

TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑAS

TORTA DE NOCES

BOLAS DE CASTAÑAS

MOUCHOS DE OUTONO

TORTA DE FIGOS E PLÁTANOS

MOUSSE DE MASCARPONE CON CASTAÑAS

GRANADAS CON IOGUR

CASTAÑAS DE CHOCOLATE

2

Page 3: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

PAN DE PLÁTANO CON NOCILLA

BROCHETA DE OUTONO II

TORTA DE CÍTRICOS

BROCHETAS DE OUTONO III

TORTA DE CHOCOLATE BRANCO E GRANADA

CASTAÑAS CON LEITE

COCADAS

CREMA DE CASTAÑAS II

XEADO DE CASTAÑAS

CASTAÑA COCIDAS CON LEITE

TORTA DE CASTAÑAS E CHOCOLATE

PIZZETAS DE PAN DE MOLDE RECHEAS DE SALSA DE COGUMELOS

BISCOITO DE CASTAÑAS

MANDARINAS CON CHOCOLATE

BUÑUELOS DE VENTO

MAZÁ ASADA

PAN DE NOCES

BROCHETAS DE OUTONO IV

FALSA PIZZA DE FROITAS

PASTEL DE CABAZA

XEADO DE CASTAÑAS

COELLO CON CASTAÑAS

3

Page 4: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

BISCOITO DE CABAZA

RECEITA DE INÉS CASTRO

INGREDIENTES

• 1/2 K de cabaza cocida en anacos pequenos ( pesada en crú )

• 5 ovos

• 1 iogur natural

• 3 vasos de azucre

• 1 vaso de fariña

• Raiadura de limón

• 1 sobre de lévedo

• As medidas do vaso son a do vaso de iogur

ELABORACIÓN

Mesturar todos os ingredientes co batedor e botar a mestura nun molde untado con manteiga.

Meter ó forno quente a 200º durante 45 minutos

4

Page 5: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

XELATINA DE LARANXA

RECEITA DE GALA MARTÍNEZ

INGREDIENTES

• 2 láminas de xelatina

• zume dunha laranxa

ELABORACIÓN

Mollar ás láminas de xelatina e cando estean brandas botarlles un pouco de auga quente e remexer. Engadirlle o zume de laranxa e meter no frigorífico a refriar durante 2 horas.

5

Page 6: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

BOLIÑOS DE PERA

RECEITA DE GALA MARTÍNEZ

INGREDIENTES

• 1 pera

• 125ml de aceite vexetal

• 75 gr de azucre

• 1 ovo

• canela e azucre glass

• 150 gr de fariña

• 3 gr de lévedo( mais ou menos unha culler de café)

ELABORACIÓN

Pelar e picar a pera en anacos pequenos.

Bater nun bol o ovo co azucre e o aceite. Engadir a mestura fariña, lévedo e pera.

Remexer ben e verter en moldes de madalenas, espolvorexar con canela e azucre glass e meter o forno quente a 200ª durante 15 minutos

6

Page 7: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

PURÉ DE CASTAÑAS

RECEITA DE GALA MARTÍNEZ

INGREDIENTES

• Castañas

• Nata

• Leite

• Sal

ELABORACIÓN

Escaldar as castañas con auga temperada para poder pelalas. Unha vez peladas poñelas en auga con sal a cocer.

Cando estean cocidas pasalas polo batedor ata obter unha pasta.

Suavizar con leite e nata ó gusto ata obter un puré suave.

7

Page 8: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

TARTA DE COCO E NOCES.

RECEITA DE JULIA NIMO

INGREDIENTES

• Masa quebrada

• 2 vasos de leite

• 1 vaso de nata

• 2 ovos

• 40gr de azucre

• 1 pizca de vainilla en po

• 100 gr. de coco raiado

ELABORACIÓN

Quentar nun cazo os dous vasos de leite e o vaso de nata ata que cheguen a punto de ferver. Retirar lo lume e engadirlle os dous ovos batidos co azucre e a vainilla. Mesturalo todo moi ben.

Espolvorexar con ¾ partes do coco raiado a masa quebrada e logo botar por enriba a crema feita anteriormente e fornear 40-45 minutos. Adórnase coas noces e co resto do coco raiado por enriba.

8

Page 9: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

TARTA DE NOCES E RON

RECEITA DE JULIA NIMO

INGREDIENTES

• 150 gr de fariña

• 150 gr azucre

• 5 ovos

• 150gr manteiga

• 100 gr noces

• 2 copiñas de ron

Glass:

• 100 gr azucre

• 1 cullerada de ron

• 1 cullerada de zume de limón

ELABORACIÓN

Moer lixeiramente as noces co azucre. Amasar esta mestura coa manteiga branda e os ovos ata obter unha masa branda.

Engadir a fariña e o ron. Untar un molde con manteiga e enchelo coa masa. Meter ao forno durante 45 minutos.

Glasa:

Mezclar o azucre con 3 culleradas de auga morna ata formar unha papilla. Engadir o ron e o zume de limón e remover ben. Bañar a tarta co glass, estendéndoo ben para que quede uniforme. Deixar secar antes de servir.

9

Page 10: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

FLAN DE CASTAÑAS

RECEITA DE ANGEL NIETO

INGREDIENTES

• 1/2 Kg de castañas

• 1/2 l de leite

• 4 ovos

• 6 culleradas de azucre

ELABORACIÓN

Cocer e limpamos ás castañas

Poñer nun recipiente o leite, os ovos, o azucre , engadir as castañas e pasar todo polo batedor

Botar a mestura nun molde caramelizado e cocer ó baño de maría uns 40 minutos no forno suave.

10

Page 11: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

COMPOTA DE CASTAÑAS.

RECEITA DE ANGEL NIETO

INGREDIENTES

• 1Kg de castañas

• 1Kg de azucre

• 200 ml de auga

• 1 rama de vainilla

• 2 culleradas de anises ou unha rama da pranta

ELABORACIÓN

Cocer ás castañas cos anises durante 5 minutos, depois triturar ata facer un puré moi fino.

Durante 5 minutos cocer o azucre coa auga e engadirlle a vainilla.

Cocer todo a lume forte durante 20 minutos sin deixar de remexer.

11

Page 12: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

BROCHETAS DE OUTONO I

RECEITA DE NOA MARTÍNEZ

**RECEITA ELABORADA NA AULA DE 1 A 2 -B

INGREDIENTES

• 1 rodaxa de piña

• 1 plátano maduro

• 20 gr de uvas

• 1/2 mazá vermella

• 1 granada

• 2 iogures

• raiadura dun limón e laranxa

ELABORACIÓN

Lavar a froita e cortala en dadiños. A piña e o plátano en rodaxas

Nun recipiente bater os iogures coa raiadura e a pulpa da granada

Intercalar os trozos da froita nos paos da brocheta e acompañar co iogur batido para mollar

12

Page 13: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

ROSCAS DE AMÉNDOAS E ABELÁS

RECEITA DE TANIA VÁZQUEZ

**RECEITA ELABORADA NA AULA DE 1 A 2 - C

INGREDIENTES

• 100 r de azucre

• 100 gr de améndoas tostadas

• 100 gr de abelás tostadas

• 4 ovos

• fariña

• aceite

ELABORACIÓN

Machacar nun mortero as améndoas e as abelás sen a pel e despois mesturar co azucre e as 4 xemas de ovos

Espolvorexar a mesa con farina e traballar a mestura para darlle a forma dás rosquillas .

Colocalas na placa untada con aceite e metelas ó forno moi quente

13

Page 14: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

BISCOITO DE CASTAÑAS

RECEITA DE TANIA VÁZQUEZ

INGREDIENTES

• 600 gr de castañas

• 1/4l de leite

• 100 gr de azucre

• 40 gr de manteiga

• 1 pao de vainilla

• chocolate fundido

Para o biscoito:

• 180 gr de fariña

• 180 gr de manteiga

• 3 ovos

• 2 culleradiñas de levedo

• raiadura dun limón

• aceite ou manteiga

ELABORACIÓN

Bater a margarina e mesturar coa fariña, ovos , levedo e raiadura de limón. Forrar un molde con papel e engrasalo. Verter a masa e meter a forno medio durante 1/2 hora.

Deixar repousar 3 minutos , desmoldar e deixar arrefriar.

Para facer o recheo cocer as castañas en auga a lume suave, escorrelas e pelalas.

Poñelas nun cazo con auga,leite, vainilla, azucre , cocelas durante 10 minutos, despois pasar polo batedor.

Retirar do lume , engadir a manteiga e volver a remexer.Cortar o biscoito en tres capas e enchelo coa crema . Por ultimo decorar cun baño de chocolate.

14

Page 15: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

OSOS DE SANTO.

RECEITA DE TANIA VÁZQUEZ

INGREDIENTES

• 250 gr de améndoas tostadas

• 250 gr de azucre

• 1 vaso pequeno de auga

• 2 claras de ovos

• 3 culleres de azucre glass

• 1 limón

• mel

ELABORACIÓN

Exprimir o limón e reservar o zume

Pelar as améndoas e machacalas no mortero ata que se faga unha fariña.

Nun cazo con auga , azucre e unhas gotas de limón facer un almibar, engadirlle a fariña de améndoas,ás claras de ovo e deixar a lume lento durante 5 minutos removendo continuamente.

Espolvorexar a mesa con azucre glass, verter a masa deixala arrefriar e cortala en tiras duns 6 cm de largo por 4 de ancho.

Enrollar os rectángulos de masa en canutos de pastelería, colocalos nunha fonte e levar ó forno durante uns minutos ata que queden compactos e tostados.

Unha vez frios encher con unha pasta feita cun pouco de mel .

15

Page 16: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

PANTASMAS DE PLÁTANO

RECEITA DE HUGO LEIS

**RECEITA ELABORADA NA AULA DE 1 A 2 - A

INGREDIENTES

• 1 plátano

• coco raiado

• pepitas de chocolate

• iogur natural

• palitos de brocheta

ELABORACIÓN

Congelar un par de plátanos pelados .

Unha vez congelados partilos en tres anacos iguais

Poñer en cada brocheta un anaco de plátano e despois bañalo con iogur e pasalo pola raiadura de coco.

Por ultimo colocar as pepitas de chocolate para que parezcan ós ollos

16

Page 17: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

BISCOITO DE CABAZA II

RECEITA DE HUGO LEIS

**RECEITA ELABORADA NA AULA DE 2 A 3 -B

INGREDIENTES

• 300 gr de cabaza sen pel

• 4 ovos

• 200 gr de azucre

• 250 gr de fariña

• 1 sobre de lévedo

• 1 vaso de aceite

• 1 culler de canela

ELABORACIÓN

Trocear a cabaza nun prato e poñer o microondas para que se guise durante uns 5 minutos. Sacar e esmagar cun garfo.

Separar as xemas das claras e montar estas a punto de neve e reservar.

Mesturar as xemas con azucre , a cabaza, o aceite , a canela ,a fariña e o lévedo. Engadir ás claras a punto de neve e remexer ata que quenden ben ligadas a masa.

Engrasar o molde , verter a mestura e meter o forno a 180º durante 40-45 minutos

17

Page 18: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

BUÑUELOS DE VENTO DA AVOA.

RECEITA DE AITOR TUÑAS

INGREDIENTES

• 6 ovos

• 250 gr de fariña de trigo

• 1/2 litro de leite

• 50 gr de azucre

• 1 copiña de anis

• aceite e canela

ELABORACIÓN

Poñer nun bol ós ovos, a fariña , o leite , o azucre e o anís, e mesturar todo

Cando esté todo mesturado, amasar e deixar repousar 1 hora. Pasado ese tempo, coa axuda dunha culler , moldear pequenas boliñas e fritilas en abundante aceite a lume suave.

Cando se doren por un lado ,darlle a volta e retiralas sobre papel absorvente.

Enseguida pasalos por unha mestura de azucre e canela

**Consello : Os buñuelos podense servir templados ou frios, sos ou recheos de crema ou chocolate

18

Page 19: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

CREMA DE CASTAÑAS I

RECEITA DE IVAN BARREAL

INGREDIENTES

• 400 gr de castañs

• 400ml de leite

• 180 gr de azucre

• sal

• 1/2 vaina de vainilla

ELABORACIÓN

Lavar ás castañas e darlle un corte como cando se van a asar

Poñer a ferver auga e escaldar as castañas durante 5 minutos aproximadamente ,retiralas cando se podan manipular ( sen deixalas arrefriar ) e pelalas.

Poñer nun cazo as castañas,o leite, o azucre, o sal e a vainilla, levar a ebullición e a continuación baixar o lume e deixar cocer durante 20 minutos ata que as castañas estean tenrras.

Retirar a vainilla e triturar para obter unha crema fina. Se se quere a crema mais lixeira engadir leite

Unha vez obtida a crema, pasala a un tarro de cristal, deixar arrefriar e conservar no frigorifico ben tapada para ir consumindo cando se desexe.

19

Page 20: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS.

RECEITA DE IVAN BARREAL

INGREDIENTES

• 500 gr de crema de castañas doce

• 3 ovos

• 100 gr de chocolate 70 %

• 100 gr de manteiga

• 20 gr de fariña

• azucre moido

ELABORACIÓN

Untar un molde cun pouco de manteiga, prequentar o forno a 180º.

Poñer a crema de castañas nunha cunca ampla, engadir os ovos e a fariña.

Fundir a manteiga no microondas e estando quente, engadir o chocolate fondant troceado, mesturar ben para que se funda todo.

Unha vez se teña unha crema de chocolate fina, verter sobre a crema de castañas e o resto dos ingredientes. Mesturar ben ata obter unha masa homoxénes e encher con ela o molde.

Fornear a torta de chocolate e crema de castañas durante 40 minutos aproximadamente. Retirar do forno e deixar arrefriar antes de desmoldar.

Antes de servir desmoldar e espolvorexar con azucre moido.

20

Page 21: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

GALLETAS DE MAZÁ.

RECEITA DA IVAN BARREAL

INGREDIENTES

Puré de mazá:

• 200 gr de mazá golden cortada e pelada

• 40 gr de azucre

Masa das galletas:

• 475 gr de fariña

• 200 gr de manteiga a temperatura ambiente

• 115 gr de azucre

• 1 ovo

• o puré da mazá

ELABORACIÓN

Primeiro preparamos o puré, para iso poñemos nun cazo o azucre coa mazá troceada moi pequena e pelada. Cociñamos ata que se faga un puré que podamos esmagar cun garfo. Deixamos temperar e reservamos.

Batemos a manteiga a temperatura ambiente xunto co azucre, engadimos o puré de mazá. Cando esta todo integrado , engadimos o ovo e seguimos batendo. En ultimo lugar engadimos a fariña

Estiramos a masa entre dúas follas de papel de fornear con axuda dun rodelo e refrixeramos durante unha hora. Cortamos co cortador escollido.

Fornear durante 7-8 minutos.

21

Page 22: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

TORTA DE NOCES

RECEITA DE HUGO LEIS

INGREDIENTES

• 2 ovos• 80 gr de manteiga• 250 gr de azucre• 250 gr de fariña• 4 cullereradiñas de levedo• 1 copa de coñac• 200 gr de pasas• 200 gr de noces• sal

ELABORACIÓN

Batense ben os ovos co azucre, engadeselle a manteiga e seguese batendo.

Incorporase oleite , a fariña mesturada co lévedo, o sal , o coñac,ás pasas e ás noces enfariñadas

Botase todo nun molde ( previamente untado con mateiga e fariña) e métese o forno medio durante 20-25 minutos.

22

Page 23: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

BOLAS DE CASTAÑAS

RECEITA DE IRIS MARTÍNEZ

INGREDIENTES

• 500 gr de castañas peladas

• 100 gr de azucre

• 1/4 l de leite

• 1/4 l de auga

• 75 gr de manteiga

• 3 xemas de ovo

• vainilla en pó

ELABORACIÓN

Nun cazo cócense ás castañas , a lume medio, con leite , auga e vainilla ata que estean tenras ( como unha hora).

Unha vez estean cocidas ás castañas , triturar co batedor ata conseguir un puré. Engadir o azucre, ás xemas de ovo, a manteiga e amasar todo.

Poñer a masa o lume un momento, ata que se endurezca un pouco( só un pouco, pois despois hai que manipulala)

Extender a masa nunha superficie lisa e deixar arrefriar

Cando estea fría, facer boliñas que se rebozarán con ovo batido e pan raiado

Ás bolas friénse nunha tixola baixa con abundante aceite quente, escórrense e sérvense.

23

Page 24: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

MOUCHOS DE OUTONO

RECEITA DE SARA SOUTO

**RECEITA ELABORADA NA AULA DE 2 A 3 -C

INGREDIENTES

• Galletas oreo

• Lacasitos

• Chocolate para fundir

• Froitas variadas

ELABORACIÓN

1º Sacamos a tapa das galletas oreo

2º Cortamos a tapa pola metade

3º Unimos as pezas con chocolate fundido

4º Decoramos con lacasitos e froitas ao gusto,facendo ollos,boca, póls dás árbores...

24

Page 25: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

GALLETAS DE OUTONO.

RECEITA DA VICTOR ABASCAL

**RECEITA ELABORADA NA AULA DE 2 A 3 -C

INGREDIENTES

• 300 gr de fariña de biscoitos

• 145 gr de azucre

• 145 gr de manteiga

• 1 ovo

Para decorar: froitos secos de outono como noces , abelás, pepitas de chocolate,etc

ELABORACIÓN

Nun bol mesturar moi ben o ovo e o azucre ata ter unha mestura homoxénea

Tamizar a fariña e seguir remexendo ben.

Sacar do bol e amasar, no centro da masa facer un burato e introducir a manteiga rebrandecida( non hai que derreter só que estea branda).

Amasar ben para distribuir a manteiga por toda a masa

Facer unha bola coa masa , envolvela nun film transparente e deixala repousar no frigorífico 1 hora para que endureza

Enfariñar a mesa e estirar a masa cun rodillo,cortar ás galletas con formas otoñais .

Podense engadir anacos de froitos secos a masa antes de metela no frigorífico ou decoralas xa cortadas.

Cociñar a 180º durante 20-25 minutos.Se decorades despois de cocer, pegar a decoración cun pouco de ovo batido.

25

Page 26: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

TORTA DE FIGOS E PLÁTANOS.

RECEITA DE MENCÍA LUEIRO

INGREDIENTES

• 1 lámina de masa de hojalde

• 1/2 kg de figos

• 3 xemas de ovos

• 2 plátanos maduros

• 1 bote pequeno de leite condensada

• 1 cullerada de fariña de maíz

ELABORACIÓN

Desenrolar a lámina de masa e forrar con ela un molde de torta, pinchar o fondo varias veces e cobrir internamente co papel de aluminio presionado ás paredes para que no baixe o cocer

Cocer a forno medio durante 10 minutos, retirar o papel de aluminio e cocer 5 minutos mais.

Disolver o leite condensada en 2 vasos de auga, engadir as xemas e a fariña de maíz disolta nun pouco de auga fría e cocer o baño de maría, sen deixar de remexer, ata que espese a crema.

Engadir plátanos esmagados e mesturar. Verter a crema na torta, colocar enriba os figos cortados en cuartos e cocer no forno 10 minutos.

26

Page 27: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

MOUSSE DE MASCARPONE CON CASTAÑAS

RECEITA DE MERCEDES TAMES

INGREDIENTES

• 2 xemas de ovo

• 40 gr de azucre

• 1 culleradiña de café soluble

• 250 gr de queixo Mascarpone

• 3 culleradas de azucre moreno

• anis estrelado

• 2 culleradas de manteiga

• 200 gr de castañas cocidas e peladas

• 2 culleradas de brandy

• 1 cunca de nata montada

ELABORACIÓN

Bater ás xemas co azucre e o café ata que estean cremosos

Engadir o Mascarpone pasado por un tamíz e mesturar ben

Nun cazo derreter a manteiga co anis Fundir o azucre moreno nunha tixola engadir a manteiga e ás castañas trituradas non moi finas. Cocer durante 1 minuto sen deixar de remexer. Regar co brandy e flambear

Verter o mousse en copas, distribuir ás castañas enriba e reservar no frigorífico durante 2 horas.

Decorar con nata montada e servir.

27

Page 28: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

GRANADAS CON IOGUR

RECEITA DE MARIO CERNADAS

INGREDIENTES

• 2 grandas

• 1 cullerada de azucre

• 2 iogures griegos

• unhas virutas de chocolate

ELABORACIÓN

Cortar ás granadas pola metade e golpealas polo dorso sobre un bol para que caigan os graos.

Colocar os graos nun recipiente grande , co azucre e mesturalo. Nun vaso ancho e baixo poñemos capa de granada,capa de iogur, sucesivamente e rematar con capa de iogur.

Servir decorado con virutas de chocolate.

28

Page 29: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

CASTAÑAS DE CHOCOLATE

RECEITA DE OSCAR CERNADAS

INGREDIENTES

• 200 gr de améndoas moida

• Aroma de vainilla

• 150 gr de azucre

• 100 gr de patacas

ELABORACIÓN

Pelar as patacas trocealas e fervelas durante aproximadamente 15 minutos ata que estean brandas . Deixar arrefríar.

Amasar ar améndoas co azucre, 3 gots de aroma de vainilla e a as patacas ata obter unha masa homoxénea.

Formar boliñas redondas e acabadas en punta duns 3 cm coma se foran castañas.

Colocalas nunha bandexa sobre papel de forno e fornear durante 10 minutos a 220º e deixar arrefriar antes de decorar.

Quentar a cobertura de chocolate no microondas e mollar con ela mais da midade de cada castaña. Deixar endurecer no frigorífico antes de comer.

29

Page 30: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

PAN DE PLÁTANO CON NOCILLA

RECEITA DE MARIO E OSCAR CERNADAS

INGREDIENTES

• 1 paquete de masa quebrada

• 3 plátanos enteiros

• 6 culleradas de nocilla

• canela en pó

• coco raiado

ELABORACIÓN

Precalentar o forno a 180º

Sacar a masa quebrada do frigorífico , desenrolala e deixala repousar uns 5-10 minutos a temperatura ambiente.

Cortar 3 rectángulos de masa duns 10-15 cm( depende do tamaño do plátano). Pinchar a masa cun garfo e colocar o plátano no medio de cada rectángulo. Untar o plátano con 2 cucharadas de Nocilla e envolvelos coa masa para que queden ben cubertos

Colocalos na bandexa do forno cuberta con papel e fornialos durante 20 minutos ata que empecen a estar dourados.

Partir cada pan de plátano en 4 anacos, esplovorexar con canela e coco raiado

30

Page 31: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

BROCHETAS DE OUTONO II

RECEITA DE AARON GARCÍA

INGREDIENTES

• 2 rebandas de biscoito

• 8 uvas brancas

• 8 uvas negras

• queixo de cabra

• 100gr de queixo emental

• 4 pao de brocheta

ELABORACIÓN

Cortar cada rebanada de biscoito en catro daditos. Cortar o queixo de cabra en 4 anacos. Facer o mesmo co outro queixo. Lavar as uvas

Pinchar en cada pao os ingredientes neste orden: Unha uva branca,un anaco de queixo emental,un dado de biscoito, unha uva negra,un anaco de queixo de cabra, un dado de biscoito.

**Podese servir a brocheta cunha ensalada de noces

31

Page 32: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

TORTA DE CÍTRICOS

RECEITA DE NOA MARTÍNEZ

INGREDIENTES

• 1 base de pasta quebrada

• 1 brick de natillas

• 1 laranxe e 1 limón

• 2 ó 3 mandarinas

• 1 bote de caramelo líquido

• canela en pó

ELABORACIÓN

Preparar unha crema coas natillas, un pouco de canela en pó e a raidura do limón e a laranxa.

Estirar a masa quebrada nun molde e rellenar esta base coa crema

Pelar a laranxa e as mandarinas , escurrilas ben e unha vez pasados uns minutos colocamolas sobre a crema

Regar co caramelo e meter o forno

32

Page 33: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

BROCHETAS DE OUTONO III

RECEITA DE HECTOR PÉREZ

INGREDIENTES

• Uvas blancas

• Uvas tintas

• Unha mazá

• Palos de pincho

• Ojitos originales

ELABORACIÓN

Pinchar todos os ingredientes no pao da brocheta e decorar.

33

Page 34: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

TORTA DE CHOCOLATE BRANCO E GRANADAS

RECEITA DE NOA MARTÍNEZ

INGREDIENTES

• 200 gr de chocolate branco

• 350 ml de nata líquida

• 250 gr de galletas tipo maría

• 1 granada

• 3 follas de xelatina

ELABORACIÓN

Facer a basa da torta moendo as galletas e mesturar coa manteiga derretida ata que quede unha masa compacta e con isto cubrir a base e os laterais dun molde . Refrixerar

Fundir nunha cazola a lume lento o chocolate con 75 ml de nata. Untar a base de galletas con dúas culleradas da mestura e refrixerar

Reblandecer ás láminas de xelatina durante uns minutos en auga fría, escorrer e mesturar co sobrante da crema de chocolate todavía quente.

A esta mestura engadirlle ós graos da granada e bater todo ata que quede unha masa homxénea

Montar o resto da nata e cando estea no seu punto mesturar coa crema e a froita

Verter a crema no molde coa base de galleta e deixar arrefríar ata que calle a torta.

34

Page 35: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

PASTEL DE CASTAÑAS

RECEITA DE MERCEDES TAMES

INGREDIENTES

• 1Kg de castañas

• 1l de leite

• Auga

ELABORACIÓN

Ás castañas cocidas poñese a cocer uns minutos. Retirar e quitar a segunda pel.

Poñense o lume con auga, sal e fiuncho ; a media cocción retirar e deixar arrefriar un pouco, escorrer e botar enriba leite quente e deixar cocer ata que estean tenras, pero non demasiado pois conven que queden enteiras.

Unha vez cocidas poñer nunha fonte e espolvorexar con azucre . Vaille moi ben a canela e o chocolate raiado.

35

Page 36: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

COCADAS

RECEITA DE MERCEDES TAMES

INGREDIENTES

• 300 gr de coco raiado

• 150 gr de azucre

• 6 claras de ovo

• 12 pingas de zume de limón

• Manteiga

ELABORACIÓN

Ás claras de ovo botarlle un chorrito de limón e bater , cando estean a punto de neve incorporar, pouco a pouco, o azucre e seguir batendo. Por ultimo agregar o coco, movendo a mestura o imprescindible para que non se baixen ás claras.

Nunha placa de forno untada con manteiga formar montonciños coa pasta e metér ó forno forte uns 25-30 minutos.

36

Page 37: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

CREMA DE CASTAÑAS

RECEITA DE CAROLINA GUERRA

INGREDIENTES

• 24 castañas

• 1/2 litro de leite

• vainilla

• 4 xemas de ovo

• 4 culleradas azucre

• 1 pizca de fariña

• 12 melindres ou biscoitos

ELABORACIÓN

Pelar ás castañas e cocelas en auga. Retirar pel interior e pasar por un pasapuré. Cocer o leite coa vainilla. Retirar do lume e deixar repousar tapada uns minutos.

Retirar a vainilla e agregar o leite eo puré de castañas. Botar nunha cazola ás 4 xemas, o azucre e a fariña. Mesturar ben a engadirlle o leite co puré (xa mesturar anteriormente).

Cocer o conxunto lentamente sen deixar de remexer para que non se pegue e faga gromos. Cando empece a espesar, esté a punto de ferver, retirar do lume e encher seis pratiños. Deixar arrefriar. Á hora de servir, acompañar con 2 biscoitos.

37

Page 38: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

XEADO DE CASTAÑAS

RECEITA DE CAROLINA GUERRA

INGREDIENTES

• 1/2 litro nata

• 300gr de puré de castaña doce

• améndoas garrapiñadas

• nata montada (opcional)

ELABORACIÓN

Mesturar coas varillas 1/2 litro de nata con 300 gr de puré de castañas doces. Botar a mezcla nunha xeladeira e meter no frigorífico 20 minutos. Espolvorexar con améndoas garrapiñadas picadas. Para servilo pódese engadir nata montada.

38

Page 39: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

CASTAÑAS COCIDAS CON LEITE

RECEITA DE ANTÓN MORENO

INGREDIENTES

• castañas

• leite

• azucre

• mel

ELABORACIÓN

Pelar ás castañas e darlle unha fervedura en auga para poder quitarlle a pel interior con maior facilidade. A continuación, cocelas no leite co azucre.

Servir quentes acompañadas de mel.

39

Page 40: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

TARTA DE CASTAÑAS E CHOCOLATE

RECEITA DE ANTÓN MORENO

INGREDIENTES

Para a tarta:

• 1 kg castañas

• 1 tableta de chocolate con leite

• 3/4 l leite enteira

• 200g azucre

• 200 gr manteiga

• un molde redondo e moi fondo

Para o baño de chocolate:

• 8 onzas de chocolate

• 2 culleradas sopeiras de azucre

• 1/2 cullerada sopeira de manteiga

ELABORACIÓN

Para a tarta:

Pelar ás castañas e cocer en leite. Cando estean feitas e ben tenras, quitar a pel (en quente é máis fácil). Ainda quentes, pasar polo pasapuré. Mesturar o puré de castañas con 200 gr manteiga, o chocolate raiado e o azucre, ata que quede unha masa fina.

Untar un molde con manteiga e bótar o puré que fixemos apertándoo ben para que quede ben repartido. Logo meter no frigorífico toda a noite ou varias horas.

Para o baño de chocolate:

Poñer nun cazo a manteiga, o chocolate e unha cunca pequena de auga ata que o chocolate se desfaga. Unha vez desfeito, debe seguir fervendo a fogo lento, sen deixar de remexer e ata que quede ben líquido.

Desmoldar sobre unha bandexa. Preparar o baño de chocolate e cubrir a torta. Meter no frigorífico e servir posteriormente moi frio.

40

Page 41: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

PIZZETAS DE PAN DE MOLDE CON SALSA DE COGOMELOS

RECEITA DE ANTÓN MORENO

INGREDIENTES

• 8 rebandas de pan de molde

• 12 cogumelos

• 1 ceboleta

• 1 pemento vermello

• 1 xema

• nata

• sal, pimenta, perexil picado

• queixo mozzarella raiado

• queixo parmesano raiado

ELABORACIÓN

Refogar o pemento e a ceboleta picados finos ata que estean dourados. Incorporar os cogomelos. Cando estea todo tenro retirar e botar a xema, 6 culleradas de nata, o perexil e 5 culleradas de mozzarella. Por outro lado, cortar a corteza do pan de molde e botar aceite, salgar e colocar sobre a parrilla do forno, que previamente quentamos a temperatura media. Cando emprece a dourarse por un dos lados retiramos do forno.

Cubrimos cada unha delas co recheo de cogomelos, espoldrexar con queixo parmesano e gratinar ata dourar.

41

Page 42: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

BISCOITO DE CASTAÑAS

RECEITA DE LAURA SOUTO

INGREDIENTES

• 6 ovos

• 1/2 kg castañas peladas e cocidas

• 1 sobre de lévedo

• 12 culleradas de fariña

• 12 culleradas de azucre

• 1 pizca de sal

• 1 cullerada sopera de aceita

ELABORACIÓN

Poñer nun recipiente o aceite mesturado co azucre, engadir ós ovos un a un batendo todo uns minutos, engadir agora ás castañas pasándoas antes polo pasapuré. Bater todo e engadir a fariña tamizada co levedo. Verter nun molde e meter ao forno a 170º.

42

Page 43: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

MANDARINAS CON CHOCOLATE

RECEITA DE CIBRAN LOPEZ

INGREDIENTES

• mandarinas (pódese facer con uvas)

• chocolate de cobertura

• chisquiño de leite

• fideos de cores ( para decocar)

• 12 culleradas de azucre

• Papel de forno ou similar

ELABORACIÓN

Separar ós anacos da mandarina (quitámoslle os fíos brancos, pero non a pel). Derretemos o chocolate de cobertura cun chisquiño de leite (que non quede moi líquido). Para traballar cos nenos deixamos temperar un pouco. Mollar a metade dos anaquiños de mandarina no chocolate, ou ben pinchamos cun palillo e mollamos os anacos enteiros. Podemos decorar con fideos de chocolate (opcional). Colocamos enriba de papel de forno e metemos no frigorífico a arrefriar ( polo menos 2 horas)

43

Page 44: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

BUÑUELOS DE VENTO

RECEITA DE ALBA TAJES

INGREDIENTES

• 6 ovos

• 200 gr fariña trigo

• 1/2 litro leite

• 50 gr azucre

• 1 copiña de anís

• Aceite e canela

Consello: os buñuelos poden ser servidos mornos ou fríos, solos ou recheos de crema pasteleira ou de chocolate.

ELABORACIÓN

Nun bol mesturar a fariña, os ovos, o leite e o anís.

Cando estea todo mesturado, amasar e deixar repousar unha hora. Pasado ese tempo, coa axuda dunha culler, moldear pequenas boliñas e fritilas en moito aceite a fogo suave. Cando se douren por un lado, hai que darlles a volta. Retirar e poñer sobre papel absorbente para eliminar o aceite. Pasar os buñuelos por unha mestura de azucre e canela.

44

Page 45: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

MAZÁS ASADAS

RECEITA DE ALBA TAJES

INGREDIENTES

• Mazás ( preferiblemente golden maduras que son doces)

• azucre moreno

• canela

ELABORACIÓN

Lavar ás mazás e, coa axuda dun pelador quitarlle as sementes interiores. Colocar nunha bandexa e metemos no forno a 200º durante 20-30 minutos. Unha vez lista espolvorexar azucre e canela.

45

Page 46: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

PAN DE NOCES

RECEITA DE MERCEDES TAMES

INGREDIENTES

• 500gr de noces

• 2 ovos

• 6 culleradas azucre

• 6 culleradas de leite

• 3 culleradas de levedo en po

• 100 gr de pasas

• Fariña( sobre uns 300 gr)

ELABORACIÓN

Cascar ás noces e picalas moi finas e quitar ós rabos e ás pasas. Bater ós ovos co azucre e logo engadir as pasas, as noces, o leite e levedo mesturado coa fariña. Amasamos un pouco, facemos unha barra e deixamos repousar durante vinte minutos ao lado do lume. Meter no forno moderado durante case unha hora. Deixar arrefriar antes de cortalo en rebandas.

46

Page 47: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

BROCHETAS DE OUTONO IV

RECEITA DE DOA BLANCO

**RECEITA ELABORADA NA AULA DE 2 A 3 -A

INGREDIENTES

• Queixo fresco

• Kiwi

• Uvas

• Mandarinas

• Noces

• Caramelo líquido

• Paos para brochetas

ELABORACIÓN

Cortar ós ingredientes en anacos e colocar nos paos das brochetas no orden que se queira.

Rociar cun pouco de caramelo

47

Page 48: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

FALSA PIZZA DE FROITAS

RECEITA DE NOA MARTÍNEZ

INGREDIENTES

• 1/2 paquete de galletas tipo maría

• 200 ml manteiga fundida

• marmelada froitos do bosque

• 1 tableta de chocolate branco

• 1 mazá

• 1 pera

• 1 puñado de uvas brancas

• 1 puñado uvas negras

• 2 ó 3 mandarinas

ELABORACIÓN

Triturar as galletas e mesturar coa manteiga derretida para formar unha masa compacta; esparcir a mestura nun molde redondo e refrixerar uns 30 minutos.

Esparcir sobre a masa a marmelada simulando salsa de tomate.

Cortar as froitas en rodaxas finas e distribuilas sobre a marmelada

Raiar por enriba da froita o chocolate branco a modo de mozzarella

En vez da masa de galleta,como base , podese empregar tamen unha lámina de biscoito.

48

Page 49: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

PASTEL DE CABAZA

RECEITA DE AROA CACHEIRO

INGREDIENTES

• 500 gr de cabaza ( cocida ou asada)

• 250 gr de fariña

• 4 ovos

• 1 sobre de lévedo

• 200 gr de azucre

• 2 culleradas de manteiga

ELABORACIÓN

Nun recipiente batemos os ovos enteiros xunto co azucre e a manteiga derretida ata que a mestura adquira unha cor branquecina.

Engadir a cabaza ben triturada , e por ultimo, a fariña tamizada xunto co lévedo. Mesturar todo ben e botar no molde.

Meter o forno quente a 180º durante 40 minutos aproximadamente.

49

Page 50: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

BISCOITO DE IOGUR E AMÉNDOAS CON MAZÁS ASADAS

RECEITA DE ARO CACHEIRO

INGREDIENTES

• 6 ovos

• 2 iogures

• 3 vasos de azucre

• 4 vasos de fariña

• 1 sobre de lévedo

• 2 vasos de amédoas moidas

• 1 vaso de aceite de xirasol

• raiadura de medio limón

• sal

• un puñado de pasa e piñóns

• 6 mazás

• 6 ramas de canela

• 6 anacos de manteiga

ELABORACIÓN

Colocar nun bol, os ovos ,os iogures, o aceite e o azucre.

Unha vez todo ben batido, tamizamos a fariña, a améndoa, o sal a raidura do limón e o lévedo, e engadir a mesturar Remexer ben.

Untar un molde con manteiga e espolvorexar fariña , botamos a mestura nel .

Lavar ás mazás e quitarlle o corazón. Encher con pasas e piñóns, e colocar un anaco de manteiga no centro cunha rama de canela.

Colocar ás mazás de forma ordenada na masa do biscoito.

Levar ó forno durante uns 35-40 minutos a 180º

Para servir cortar cadrados cunha mazá por ración

50

Page 51: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

XEADO DE CASTAÑAS

RECEITA DE ALESSANDRA CAPEÁNS

INGREDIENTES

• 1 kg de castaña

• 300 gr de azucre

• 200 gr de manteiga

• améndoas

• abelás o noces

• fiuncho

• laurel

ELABORACIÓN

Mondar e cocer ás castañas co fiuncho e o laurel. Quitar a pel interior e esmagas cun garfo, engadir a manteiga sen derreter e o azucre . Mesturar todo ben.

Engadir o chocolate ata que endureza. Decorar con nata, abelás e améndoas.

51

Page 52: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

COELLO CON CASTAÑAS

RECEITA DE ALESSANDRA CAPEÁNS

INGREDIENTES

• 2 coellos

• 1/2 kg de castañas

• 250 gr de xamón

• 2 dentes de allo

• 1 cebola

• 2 cenoiras

• 1 copa de coñac

• 1 copa de xerez seco

• azafrán en rama

• caldo

• maicena

• sal e aceite

ELABORACIÓN

Limpar , trocear e salar o coello. Nunha cazola con aceite , engadir o coello troceado e os dentes de allo picados. Deixar dorar o coello e logo engadir o xamón troceado en anacos pequenos. , a cebola as cenoiras e o azafrán. Mantero o lume baixo para que coza lentamente.

Engadir o coñac, o xerez, o caldo e un pouco de maicena para que espese a salsa. Deixar cocer xunto durante 40 minutos.

Na cazola aparte deixar a cocer as castañas; unha vez feitas pelalas.

Cando xa case esté rematada a coción engadir as castañas peladas e cocidas.

52

Page 53: Curso 2012-2013 - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia · ebullición e a continuación baixar o ... TORTA DE CHOCOLATE E CREMA DE CASTAÑS. RECEITA ... Fundir a manteiga no

Dende a Escola Infantil Municipal “ O Bosque” agradecémoslles a todas as familias , un ano mais , a súa colaboración na elaboración deste receitario de outono.

O receitario podédelo descargar na páxina web do concello.

www. concellodeames.org

53