cultivos en auga - usc...introducimos auga no vaso de maneira que a parte inferior da nosa verdura...

3
www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc MATERIAIS Collemos unha cebola e cortamos a cobertura da parte superior (contraria á zona onde saen as raíces) con moito coidado de non danar a zona central, que é de onde brotarán as follas. Collemos un vaso e colocamos o bulbo da cebola dentro, sosténdoo coa man de maneira que a base non toque o fondo. Entón marcamos a altura á que ten que estar para manterse nesa posición, para o que pincharemos cun palillo a cada lado do bulbo. Introducimos os palillos onde deixamos as marcas. Se ves que o bulbo ou talo queda moi inclinado, pínchalle outros dous palillos, cada un entre os anteriores e en caras opostas, procurando que estean á mesma altura para que o peso do bulbo quede equilibrado. Introducimos auga no vaso de maneira que a parte inferior da nosa verdura quede mergullada. Poñemos o vaso nun lugar onde teña luz varias horas ao día e imos vixiando o nivel da auga cada dous días e reenchendo o vaso, xa que poderás comprobar que vai diminuíndo, sobre todo se fai calor (por evaporación). Ao cabo dunha semana aproximadamente verás como o bulbo desenvolveu raíces e tras uns 15 días terás os primeiros brotes das follas! cultivos en auga auga vaso cebola palillos de dentes

Upload: others

Post on 02-Feb-2021

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

    MATERIAIS

    Collemos unha cebola e cortamos a cobertura da parte superior (contraria á zona onde saen as raíces) con moito coidado de non danar a zona central, que é de onde brotarán as follas.

    Collemos un vaso e colocamos o bulbo da cebola dentro, sosténdoo coa man de maneira que a base non toque o fondo. Entón marcamos a altura á que ten que estar para manterse nesa posición, para o que pincharemos cun palillo a cada lado do bulbo.

    Introducimos os palillos onde deixamos as marcas. Se ves que o bulbo ou talo queda moi inclinado, pínchalle outros dous palillos, cada un entre os anteriores e en caras opostas, procurando que estean á mesma altura para que o peso do bulbo quede equilibrado.

    Introducimos auga no vaso de maneira que a parte inferior da nosa verdura quede mergullada. Poñemos o vaso nun lugar onde teña luz varias horas ao día e imos vixiando o nivel da auga cada dous días e reenchendo o vaso, xa que poderás comprobar que vai diminuíndo, sobre todo se fai calor (por evaporación). Ao cabo dunha semana aproximadamente verás como o bulbo desenvolveu raíces e tras uns 15 días terás os primeiros brotes das follas!

    cultivosen auga

    auga vaso

    cebola

    palillos de dentes

  • www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

    que é unha horta

    ecolóxica?Un cultivo considérase ecolóxico cando se fai de maneira sostible cos recursos do espazo e o solo onde se fai a plantación e dunha maneira natural, sen uso de produtos químicos nin técnicas artificiais. Esta forma de cultivar pon no centro a vida, e permite a coexistencia entre os cultivos e a biodiversidade, obtendo plantas sans das que se obteñen alimentos saudables.

    Os cultivos en auga, tamén chamados hidropónicos, que fixemos no obradoiro teñen as súas limitacións. As raíces cultivadas na auga son diferentes das raíces que crecen na terra. A auga non proporciona todos os nutrientes polo que o crecemento é máis lento, as follas son menos frondosas e a miúdo de sabor menos intenso. A terra, a primeira capa dos solos, é moi importante para producir os nosos alimentos. Con todo, os solos tamén estanse degradando polo mal uso que facemos deles os seres humanos, polo que necesitan que os coidemos. Unha forma de coidalos é producindo os nosos alimentos en ecolóxico, abandonando así a agricultura intensiva.

    Por que é relevante?As hortas ecolóxicas son moi importantes non só porque nos dan alimentos de elevada calidade e libres de substancias químicas artificiais derivadas dos pesticidas e fertilizantes, senon tamén porque pasamos tempo na natureza, o noso fogar. Esta natureza está chea de ensinanzas, e nela aprenderemos como consegue manterse en equilibrio e como funciona cada pequeno detalle.

    O solo tamén é esencial para todas as especies que habitamos este mundo. Nela están os descompoñedores (como as miñocas, escaravellos...) que se encargarán de descompoñer os nutrientes que foron subtraídos polos distintos vexetais ao longo do seu crecemento en forma de follas, paus, sementes que volverán a ela para seguir co ciclo.

    Os cultivos ecolóxicos aportan grandes beneficios, algúns deles:

    Polo tanto, as hortas ecolóxicas protexen o solo da degradación, da contaminación por fertilizantes e pesticidas, da perda de solo por labranza intensiva e permiten a vida dos organismos que habitan na contorna.

    Saber un pouquiño máis...Nunha horta orgánica, para evitar que pragas e enfermidades arruínen os nosos cultivos temos que buscar un ambiente equilibrado. As nosas plantas teñen que estar fortes para resistir o ataque de insectos e enfermidades e o noso ambiente temos que tender a unha diversidade de organismos vivos o máis grande posible. Neste sentido, as herbas silvestres e as aromáticas (romeiro, tomiño...) teñen moitos papeis importantes, entre eles está o de confundir ou repeler os insectos que comen os nosos alimentos mediante o seu olor moi forte. Ademais as súas flores van atraer os insectos polinizadores tan importantes na natureza.

    Fomentan a biodiversidade, permitindo a supervivencia de especies de flora e fauna, xa que moitas poboacións de seres vivos diminúen por non soportaren os niveis de fertilizantes e pesticidas.Axudan á descontaminación da auga, aire e solo.Axudan a retención da auga de choiva e a que non se perdan os solos coas chuvias fortes.

  • www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

    QUE APRENDEMOS sobre os cultivos ecolóxicos

    Subliña a intrusa que se agocha nestas listas de palabras

    horta

    solo

    sostible

    herbassilvestres

    equilibrio

    pesticida

    ecolóxico

    terra

    contaminación

    vida

    retenciónde auga

    saudable

    fauna

    alimentos

    aprender

    biodiversidade

    fauna

    agriculturaintensiva

    descontaminación

    natureza

    supervivencia