cronoloxÍa da cultura galega entre 1903 … 457...457 anuario brigantino 2003, nº 26 cronoloxÍa...

24
457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional de Declamación fai a súa primeira aparición diante do público da Coruña, no Teatro Principal, co cadro costumista «¡Filla!», de Galo Salinas. 20 de maio: falece Marcial Valladares, autor do diccionario galego-castelán que leva o seu nome e de «Maxina, ou a filla espúrea», a primeira novela galega. 18 de xullo: estrea de «A Ponte», de Lugrís Freire, primeiro drama galego en prosa. Euxenio Carré Aldao publica «La literatura ga- llega en el siglo XIX». Nace na Coruña Emilio González López, cate- drático, deputado, autor dunha sobresaínte His- toria de Galicia, en curso de publicación, da que xa saíron once tomos. 1904 2 de maio: nace na Coruña Adolfo Torrado Estrada, prolífico autor de obras teatrais en castelán que, no seu día, gozaron do favor do público. Cronoloxía da cultura galega entre 1903 e 1956 (datas do nacemento e pasamento do artista Álvaro Cebreiro) ALFONSO POSSE ROMERO* Sumario Con motivo do centenario do nacemento do artista coruñés Álvaro Cebreiro, cuñado do autor, este dá á luz como homenaxe ao mesmo, unhas notas cronolóxicas sobre feitos relevantes na cultura e sociedade galega que abranguen o período vital do artista e que van ilustradas con caricaturas que no seu momento realizara Cebreiro, un dos grandes da Península nesta faceta. Abstract On the occasion of the centenary of the birth of the corunés artist Álvaro Cebreiro, brother-in-law of the author, and as a homage to the artist, the author brings to light some chronological notes on relevant happenings in Galician society and culture which covers a vital period of the artist, and which are illustrated by cartoons executed at the time by Cebreiro, who was one of the greatest in this field in the Peninsula. Aparecen: Montañesas, de Noriega Varela, a súa primeira obra, e Macías, O Namorado, de Hugo Albert Rennert, en traducción castelá de Carré Alvarellos. Carolina Michaelis de Vasconcellos publica o Cancioneiro da Ajuda (Halle, Max Niemeyer), e Euxenio Carré Aldao Influencia de los catalanes en el progreso de la industria pesquera en Galicia. Falece D. Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, investigador do pasado histórico de Galicia; arquiveiro do Concello de Santiago e da Deputación coruñesa e fundador da revista Galicia Diplomática; moi coñecido pola súa obra Brujos y Astrológos de la Inquisición de Galicia. 21 de outubro: coroación, en olor de multitude, de Curros Enríquez na Coruña durante un emocioante acto organizado polas sociedades culturais da cidade e presidido por Don Manuel Murguía. Fúndase a «Sociedad Filarmónica» da Coruña, a primeira de Galicia e a segunda de España en antigüidade. 3 e 4 de decembro: Andrés Gaos actúa, coa súa dona e o pianista Luna, no Teatro Principal, para a «Sociedad Filarmónica», dando a coñecer obras súas. Alfonso Posse Romero, cuñado de Álvaro Cebreiro, ven contribuindo dende hai anos con diversas aportacións a recuperar e divulgar a obra e personalidade do artista coruñés.

Upload: vannhu

Post on 28-Sep-2018

219 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

457Anuario Brigantino 2003, nº 26

CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956

1903

18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional deDeclamación fai a súa primeira aparición diantedo público da Coruña, no Teatro Principal, cocadro costumista «¡Filla!», de Galo Salinas.

20 de maio: falece Marcial Valladares, autor dodiccionario galego-castelán que leva o seu nomee de «Maxina, ou a filla espúrea», a primeiranovela galega.

18 de xullo: estrea de «A Ponte», de Lugrís Freire,primeiro drama galego en prosa.

Euxenio Carré Aldao publica «La literatura ga-llega en el siglo XIX».

Nace na Coruña Emilio González López, cate-drático, deputado, autor dunha sobresaínte His-toria de Galicia, en curso de publicación, da quexa saíron once tomos.

1904

2 de maio: nace na Coruña Adolfo TorradoEstrada, prolífico autor de obras teatrais encastelán que, no seu día, gozaron do favor dopúblico.

Cronoloxía da cultura galegaentre 1903 e 1956

(datas do nacemento e pasamentodo artista Álvaro Cebreiro)

ALFONSO POSSE ROMERO*

SumarioCon motivo do centenario do nacemento do artista coruñés Álvaro Cebreiro, cuñado do autor, este dáá luz como homenaxe ao mesmo, unhas notas cronolóxicas sobre feitos relevantes na cultura e sociedadegalega que abranguen o período vital do artista e que van ilustradas con caricaturas que no seu momentorealizara Cebreiro, un dos grandes da Península nesta faceta.

AbstractOn the occasion of the centenary of the birth of the corunés artist Álvaro Cebreiro, brother-in-lawof the author, and as a homage to the artist, the author brings to light some chronological notes onrelevant happenings in Galician society and culture which covers a vital period of the artist, andwhich are illustrated by cartoons executed at the time by Cebreiro, who was one of the greatest in thisfield in the Peninsula.

Aparecen: Montañesas, de Noriega Varela, a súaprimeira obra, e Macías, O Namorado, de HugoAlbert Rennert, en traducción castelá de CarréAlvarellos. Carolina Michaelis deVasconcellos publica o Cancioneiro da Ajuda(Halle, Max Niemeyer), e Euxenio Carré AldaoInfluencia de los catalanes en el progreso de laindustria pesquera en Galicia.

Falece D. Bernardo Barreiro de Vázquez Varela,investigador do pasado histórico de Galicia;arquiveiro do Concello de Santiago e daDeputación coruñesa e fundador da revista GaliciaDiplomática; moi coñecido pola súa obra Brujosy Astrológos de la Inquisición de Galicia.

21 de outubro: coroación, en olor de multitude, deCurros Enríquez na Coruña durante unemocioante acto organizado polas sociedadesculturais da cidade e presidido por Don ManuelMurguía.

Fúndase a «Sociedad Filarmónica» da Coruña, aprimeira de Galicia e a segunda de España enantigüidade. 3 e 4 de decembro: Andrés Gaosactúa, coa súa dona e o pianista Luna, no TeatroPrincipal, para a «Sociedad Filarmónica», dandoa coñecer obras súas.

Alfonso Posse Romero, cuñado de Álvaro Cebreiro, ven contribuindo dende hai anos condiversas aportacións a recuperar e divulgar a obra e personalidade do artista coruñés.

Page 2: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

458Anuario Brigantino 2003, nº 26

ALFONSO POSSE ROMERO

5 de decembro: Constitúese a Asociación da Pren-sa da Coruña.

1905

O 6 de xaneiro ven ao mundo na Coruña a pintoraMª Dolores Díaz Baliño, afamada profesora eacadémica; o 15 de abril Ramón Torrado Estrada,pintor e cartelista primeiramente, para pasar aafamado director de cine. Tamén nace neste anoo pintor coruñés Ricardo Camino.

E en Lugo Juan Rof Carballo, médico e ensaísta,e Álvaro Gil Varela, insigne mecenas da culturagalega.

É creada na Habana a «Asociación Iniciadora yProtectora de la Academia Gallega». O 4 desetembro lévase a cabo na Coruña a fundaciónda Academia, en reunión celebrada na Casa doConsulado, e no seu transcurso elíxese a D. Ma-nuel Murguía Presidente da mesma.

López Ferreiro publica a novela O niño de pombase Murguía o estudo Los trovadores gallegos.Deste ano data a primeira edición de La CocinaPráctica, de Manuel María Puga, Picadillo,da que ate o de agora se fixeron quince máis.

1906

20 de abril: sae o primeiro número do Boletín de laAcademia Gallega; o 25 de agosto outorgáselle aesta corporación o título de Real e o 30 desetembro fai a súa presentación oficial, nun actocelebrado no Circo de Artesanos da Coruña.

17 de xullo: nace en Lugo a pintora JuliaMinguillón.

4 de setembro: morre Valentín Lamas Carvajal.O relevante poeta cego, do que foi moi celebradoo seu Catecismo do labrego, contaba 57 anos.

Falece Pascual Veiga Iglesias, compositor, céle-bre pola música do Himno Galego e da Alboradaque leva o seu nome, sobre letra de FranciscoMaría de la Iglesias. En Valladolid tamén deixa deexistir Juan Cuveiro Piñol, autor de traballosde lingüística e de un diccionario galego-castelán,dos primeiros que aparecen en Galicia; nacera naCoruña.

Élle concedida ao pintor F. Álvarez de Sotomayora Medalla de Honor na Exposición Nacional deBellas Artes pola súa obra Los abuelos.

28 de outubro: nace en Pontevedra o erudito XoséFilgueira Valverde.

31 de outubro: expira en Lugo o destacado escritorAureliano J. Pereira.

Ven ao mundo en Tui Cristino Mallo, que no1954 obterá a Primeira Medalla de Ouro en es-cultura na Exposición Nacional de Bellas Artes.

1907

Créase na Coruña a agrupación política «Solidari-dad Gallega», que se propón fomentar oagrarismo e o rexionalismo. Durante as súasactuacións son pronunciados discursos en galego,feito insólito ate daquela.

Nacen na Coruña os pintores Jaime OzoresMarquina e José Francisco; en Viveiro MarujaMallo, tamén pintora, e en Ourense o escultorAntonio Failde Gago.

M. Lugrís Freire publica Contos de Asieumedree E. Carré Aldao o Catecismo solidario.

Lugrís Freire.

Page 3: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

459Anuario Brigantino 2003, nº 26

CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956

Nace en Ourense Xaquín Lorenzo Fernández een Verín Xesús Taboada Chivite. Ambosacadarán grande renome polos seus estudos deprehistoria, arqueoloxía e etnografía de Galicia.

Falece Arturo Vázquez Núñez, investigador, au-tor de diferentes estudos arqueolóxicos eepigráficos.

1908

7 de marzo: data do tránsito de Curros Enríquez,que ocorre na Habana. O 2 de abril os seus res-tos mortais reciben sepultura na Coruña, despoisde soberbias honras fúnebres, «honores comoendexamais se dispensaron a ningún outro poetaen toda España», en frase de Euxenio Carré.

Na Exposición Nacional de Bellas Artes o pintorCarlos Sobrino recibe Mención Honorífica.

Castelao licénciase en Medicina na Universidadede Santiago. Expón en Madrid. Acude á I Expo-sición de Humoristas.

Nace Urbano Lugrís González na Coruña e XoséOtero Abeledo, Laxeiro, en Don Ramiro, Lalín;ambos pintores de sona.

É fundado en Lugo o diario El Progreso.

Dan comezo as obras de construcción do novopalacio municipal coruñés da Praza de MaríaPita, segundo proxecto do arquitecto PedroMariño.

Ven ao mundo en Viveiro Enrique Chao Espina,poeta e investigador e autor de diversas mono-grafía históricas (7 de xullo). No Barco, o poetae novelista Gabino Díaz de Herrera.

15 e 16 de agosto: Primeira Asemblea Agraria deMonforte.

Euxenio Carré Aldao dá á imprensa tres obras:Idioma y Literatura de Galicia, Guerra de laIndependencia en Galicia, e Alzamientos de LaCoruña. Pola súa parte, F. Tettamancy e Gastónfaino con La Revolución Gallega de 1846.

1909

Comeza a publicarse en Vigo a revista Vida Galle-ga.

17 de maio: nace en La Habana Manuel ChamosoLamas, infatigábel investigador e publicista so-bre Arqueoloxía e Arte.

Don Antonio López Ferreiro coroa neste ano asúa monumental Historia de la Iglesia de San-tiago, comezada en 1898, ao publicarse oderradeiro dos once tomos de que se compón.

23 de xuño: deixa de existir Salvador Golpe, autorda celebrada balada «Dous amores», á que puxomúsica o mestre Baldomir; nacera en Oza dosRíos.

Castelao doutórase en Medicina na Universidadede Madrid.

Constitúese o actual Centro Galego de Buenos Aires.

Manolo Quiroga consegue o Premio Sarasate deviolín no Conservatorio de París.

Veñen ao mundo en Santiago José Mª Castroviejoe Domingo García-Sabell, e en Seivane, doConcello de Abadín, Aquilino Iglesia Alvariño.

O Rei Alfonso XIII inaugura en Santiago, o 25 dexullo, a magna Exposición Regional Gallega, naque Castelao, Jesús Corredoyra e Carlos So-

O violinista Manuel Quiroga.

Page 4: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

460Anuario Brigantino 2003, nº 26

ALFONSO POSSE ROMERO

brino obteñen senllas Medallas de Ouro en pin-tura.

Vicente García de Diego edita en Burgos Ele-mentos de Gramática Histórica Gallega, obraúnica ate hai pouco.

1910

15 de xaneiro: aparece en Madrid a revista quince-nal «Acción Gallega», dirigida por BasilioÁlvarez, portavoz do movimento agrario.

20 de marzo: chórase a perda do ilustre coengocompostelán D. Antonio López Ferreiro, exi-mio historiador e arqueólogo e novelista en linguagalega.

Ramón Cabanillas emigra a Cuba.

Morre D. José Villa-Amil e Castro, quenpublicou diversas monografías sobre temas his-tóricos e arqueolóxiocos de Galicia.

Nace en Ferrol Gonzalo Torrente Ballester; enBuenos Aires o pintor Luis Seoane; en Noia, o27 de outubro, Francisco Creo Rodríguez,pintor, debuxante e ceramista, e o 30 de outubroven ao mundo o poeta, novelista, dramaturgo ehistoriador da literatura galega Ricardo CarballoCalero en Ferrol.

Organízase a Escola Rexional de Declamación.

Axitación campesiña e eleitoral en Galicia.

A Segunda Asemblea Agraria de Monfortecelébrase o 13, 14 e 15 de agosto.

F. Tettamancy e Gastón publica na Coruña«Britanos y Galos (Páginas de la Guerra de laIndependencia)» e Xesús Rodríguez López enMadrid «Supersticiones de Galicia y preocupa-ciones vulgares», na súa segunda edición, queinclúe o decreto bispal de prohibición.

Morre o 6 de outubro, en Ferrol, D. LeandroSaralegui e Medina, autor de importantesestudos sobre temas históricos referentes aGalicia. Nacera en Tui.

1911

Coincide en Mondoñedo neste ano o nacementode Álvaro Cunqueiro Mora e a publicaciónpor Leiras Pulpeiro dos seus Cantares Gallegos.

Nace na Coruña Álvaro Paradela Criado, o po-pular médico escritor «Amaro Orzán».

Carlos Sobrino consegue Segunda Medalla deOuro na Exposición Universal de Panamá.

Leandro Carré Alvarellos iniciase na vida litera-ria coa comedia Noite de ruada.

Dirixida por Euxenio López Aydillo aparece enOurense, o 1 de xullo, a revista ilustrada Mi Tie-rra, quincenal.

Falece en Pontevedra o poeta e dramaturgo EmilioÁlvarez Giménez, e en Lantañón, Meis, naceo pintor Manuel Pesqueira.

En agosto efectúase no ceo coruñés o primeiro voaéreo; a exhibición faina un aviador francés edura tan só un minuto.

Na Coruña constrúese o edificio de Escolas daFundación Labaca, obra do arquitecto LeoncioBescansa.

1912

Basilio Álvarez e outros publican en Ourense omanifesto da «Liga de Acción Gallega».

Leandro Carré.

Page 5: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

461Anuario Brigantino 2003, nº 26

CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956

Falece en Madrid, o 15 de marzo, D. JuanFernández Latorre, fundador do diario «La Vozde Galicia», aparecido en dous de xaneiro de 1882.

Nace Celso Emilio Ferreiro onde o mundo sechama Celanova.

Organízase en Madrid, ao amparo do Centro Ga-llego e dirixida a súa instalación polo arquitectoPalacios, a «Primera Exposición de Arte Galle-go». O seu sonado éxito serviu para que, dousmeses despois, a Comisión de Festas e a Liga deAmigos organizase outra na Coruña. Concorrirona ela os principais artistas españoles, polo quenon foi exclusivamente galega. Por este caráctermixto o seu título tan só foi o de «Primera Expo-sición de Arte». Reuniou 236 obras de pintura,doce de escultura e sete de arquitectura.

Iniciase na Coruña, por Dª María Barbeito, a«Fiesta de la Flor», cuestación pública a benefi-cio dos desvalidos, que de aquí extenderiase atoda España.

F. Tettamancy e Gastón publica o poema en galegoBoicentril, con apuntes sobre o druidismo e oceltismo galegos e a epopeia irlandesa.

Nace en Ferrol José Leyra Domínguez, pintor eescritor, e falece no seu Mondoñedo natal Ma-nuel Leiras Pulpeiro.

Dan comezo as obras de construcción do KioskoAlfonso nos coruñeses Xardíns de MéndezNúñez, obra do arquitecto Rafael GonzálezVillar.

1913

No primeiro mes do ano ven ao mundo, en Vilanovade Lourenzá, Francisco Fernández del Riego.

Ramón Cabanillas publica en La Habana, onderesidía, No desterro, a súa primeira obra. Taméno fai Basilio Álvarez coa sua Abriendo el sur-co.

Morre en Madrid Prudencio Canitrot, pintor,debuxante, ilustrador, mais foi na literatura encastelán onde destacou. Naceu en Pontevedra,en 1882.

José Piñeiro leva a cabo en Ferrol, o 6 de maio, asúa primeira acrobacia aérea; é o primeiro pilotoacrobático de España e coñecéselle como o Homepáxaro galego.

Castelao: Algo acerca de la caricatura, e S.Portela Pazos: O cañón de pau.

Falece Rafael Balsa de la Vega, crítico de arte eautor dun importante traballo sobre a orfebreríagalega.

22 de decembro: nace en Elviña o popular pintorcoruñés José Fernández Sánchez.

1914

Celso García de la Riega publica o seu libroColón Español, no que expón a súa tese sobre asúa natureza pontevedresa, logo tan discutida.Falece este mesmo ano.

7 de xullo: falece prematuramente Víctor SaidArmesto, primeiro catedrático de Lingua e Lite-ratura Galaico-portuguesa. Tamén deixa de exis-tir o célebre político Eugenio Montero Ríos.

O pintor Manuel Abelenda viaxa a Italia, pensio-nado polo Concello coruñés.

O 12 de novembro nace na Coruña Fernando MonRodríguez, quen destacará como escritor e crí-tico de arte. E o 26 falece, tamén na Coruña,

Abelenda.

Page 6: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

462Anuario Brigantino 2003, nº 26

ALFONSO POSSE ROMERO

Isidoro Brocos, un dos escultores máis impor-tantes do arte moderno en Galicia.

1915

Ramón Cabanillas publica en La Habana Ventomareiro; regresa a Galicia neste ano.

Castelao obtén terceira medalla na ExposiciónNacional de Bellas Artes co cadro Cuento deciegos.

Aurelio Ribalta funda en Madrid a revista Estu-dios Gallegos.

Nace en Pontevedra, o 3 de marzo, Ramón Sobri-no Lorenzo-Ruza, gran investigador dospetroglifos galegos, labor no que continuará aobra levada a cabo polo seu pai. E o 17 de xuño,en Ribadavia, Manuel Rubén García Álvarez,o mellor especialista na historia de Galicia doalto medievo.

É creada en Vigo a «Sociedad Filarmónica» e enFerrol o Coro «Toxos e Froles».

A Coruña rende homenaxe a Concepción Arenalerguéndolle un monumento nos xardíns deMéndez Núñez, obra do arquitecto RafaelGonzález Villar.

O pintor Roberto González del Blanco obténSegunda Medalla na Exposición Nacional.

Eugenio Carré Aldao publica en Madrid Influen-cias de la Literatura Gallega en la Castellana.

Nace na Coruña Juan Naya Pérez; en Armeá,Láncara, Ramón Piñeiro López; en LugoCelestino Fernández de la Vega, o filósofogalego autor de O segredo do humor, e en TuiXosé Mª Álvarez Blázquez, poeta, novelista,dramaturgo.

Falece o escritor coruñés Leopoldo Pedreira Taibo,autor de El regionalismo gallego, moi debatidonos días da súa publicación (12 de novembro).

1916

21 de marzo: aparece Nuestra afirmación regio-nal, de Antón Vilar Ponte, da que inmediata-mente se fará outra edición. Leva en sí o xermolofundacional da Irmandade da Fala, acto celebra-do o 18 de maio no local que, na rúa Rego de

Auga, da Coruña, ocupaba por aquel entón aReal Academia Galega.

Nace en Iria o escritor Camilo José Cela; enOurense o pintor Manuel Prego de Oliver; naCoruña o igualmente pintor Antonio Lago Ri-vera. Tamén Miguel González Garcés e Ma-rino Dónega Rozas.

Á Academia Provincial de Bellas Artes da Coruña,creada en 1849, élle concedido o título de Real.

Outubro: primeiro contacto con Galicia de Fede-rico García Lorca, estudante en viaxe artísticocultural.

15 de outubro: A Coruña inaugura o monumentoque lle dedica á súa ilustre filla Dª Emilia PardoBazán, celebrándose con tal motivo unha granfesta homenaxe.

14 de novembro: aparece o primeiro número de ANosa Terra, órgano das Irmandades da Fala.

Falece o xornalista e poeta Alfredo Vicenti. Taménen Valladolid deixa de existir o famoso pintorgalego Serafín Avendaño; nacera en Vigo en 1838.

Antón Vilar Ponte.

Page 7: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

463Anuario Brigantino 2003, nº 26

CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956

Baixo a presidencia de Eladio RodríguezGonzález e a dirección musical de MauricioFarto, autor do celebrado Quer que lle quer, éfundada na Coruña a agrupación folklórica«Cántigas da Terra». Fará a súa presentaciónpública o 12 de xullo de 1917, no Teatro RosalíaCastro.

1917

27 de xaneiro: falece en La Habana o popular mú-sico José Castro González, Chané. Os seusrestos foron trasladados á Coruña e recibiu se-pultura o 5 de marzo. Nacera en Santiago, no 1856.

8 de marzo: apágase para sempre a voz do bardoPondal e no cemiterio da Coruña xacen os seusrestos, segundo a súa vontade, expresada na estrofa

Se non for na Ponte Ceso sepultádeme na Cruña...

1 de abril: chega ao público o primeiro número doperiódico coruñés «El Ideal Gallego».

Nace en O Barco de Valdeorras o 30 de abril Anto-nio Meijide Pardo, infatigable esclarecedor donoso pasado coas súas investigacións históricas.

3 de xuño: falece en Vigo o docto xesuíta P. BaltasarMerino, autor de Flora descriptiva e ilustradade Galicia, en tres tomos.

Xullo: aparece en Ourense, da man de VicenteRisco, a revista La Centuria.

Ve a luz na Coruña por vez primeira FernandoCasado Arambillet, máis coñecido como Fer-nando Rey, afamado actor de cine.

En Vilagarcía sae da imprensa «Da Terraasoballada», de Ramón Cabanillas.

Rey Soto estrea na Coruña e Madrid, con grandeéxito, a súa obra teatral Amor que vence al amor.

Aparece Escolma de Poesías de Rosalía de Cas-tro, ordeadas e prologadas por Aurelio Ribalta.«Libro feito polos coidados da Liga rexionalistana zibdá de Barcelona». Na transcripciónemprega a ortografía fonética.

Celébrase na Coruña a gran «Exposición de ArteGallego». Tivo especial relevo e constituíu ungrandioso éxito. A el contribuíu a asistencia da

Condesa de Pardo Bazán, que presidíu o actode inaugaración, en nome do ministro de Ins-trucción Pública.

6 de outubro: falece en Mondariz D. Enrique Pei-nador, descubridor do manantial de Gándara efundador do célebre balneario.

1918

Créase na Coruña, por D. Manuel Casás e outros,o «Instituto de Estudios Gallegos», antecedentedo Seminario de Estudos Galegos.

Febreiro: Vicente Risco e Otero Pedrayoincorporanse ao galeguismo e participan activa-mente na campaña electoral dos rexionalistas.

Falece D. Eladio Oviedo e Arce, autor de impor-tantes traballos sobre a historia medieval galega.

Xesús San Luis Romero estrea en Santiago o seutan celebrado drama O Fidalgo.

17 de agosto: coincidindo cos festexos en honor deSan Roque, celebraronse en Betanzos uns XogosFroraes, organizados pola Irmandade da Fala,sendo mantenedor D. Juan Vázquez de Me-lla. Resultaron premiados Ángel del Castillo,pola súa reseña histórica; L. Peña Novo, polasúa disertación sobre O probrema agrario; E.Carré Aldao, pola súa Infruenza da Linguagalega na formazón do Castelán, e C. AmorNeveiro, por Eisixenzas ferroviarias de Galicia.

10 de setembro: aparece o suplemento semanal«Páxinas gallegas do diario da Cruña El No-roeste. Á semana seguinte disponse baixo o epí-grafe de «Nós», en cabeceira deseñada porCastelao.

27 de outubro: falece prematuramente LoisPorteiro Garea, e o día 30 D. José Pérez Ba-llesteros, autor do Cancionero popular galle-go, no que acadou reunir más de tres mil cantares.

17 e 18 de novembro: ten lugar en Lugo a primeiraAsemblea Nacionalista Galega.

Falece o pintor José Mª Fenollera quen, aindaque valenciano de nacemento, formou axiña en-tre os membros do movimento rexionalista. NaExposición de 1909 obtivo Diploma de Honor eMedalla de Ouro.

Page 8: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

464Anuario Brigantino 2003, nº 26

ALFONSO POSSE ROMERO

1 de decembro: nace na Coruña o xornalista Pedrode Llano López, máis coñecido polo seudóni-mo que adoptou de Bocelo.

1919

14 de febreiro: morre prematuramente o pintorcoruñés Germán Taibo González. Contaba 30anos.

23 de marzo: Ramón Otero Pedrayo toma pose-sión da cátedra de Geografía e Historia do Insti-tuto de Burgos.

22 de abril: Ramón Cabanillas estrea no Pabe-llón Lino, da Coruña, a súa obra A man de Santiña,farsada en dous pasos.

Gonzalo López Abente dá a coñecer a súa novelaO diputado por Veiramar.

Falece en Madrid, o 4 de xuño, Augusto González-Besada, destacado político, orador e escritor. Ásúa influenza débese a creación da cátedra deLiteratura medieval Galaico-portuguesa naFacultade de Letras da Universidade de Madrid.Era natural de Tui.

Nace na Coruña Luis Monteagudo García, des-tacado investigador da Prehistoria galega.

Deixa de existir na Habana, onde residía, XoséFontenla Leal, activo impulsor da creación daAcademia Galega.

1920

Febreiro: Lois Peña Novo é elexido Concelleiro doAxuntamento herculino, sendo así o primeiroque accede a un cargo público en representacióndo nacionalismo galego.

Decláranse monumentos nacionais a Capelamozárabe do Mosteiro de Celanova e o Mosteirode San Esteban de Ribas de Sil.

17 de xullo: a Real Academia Galega contará nosucesivo entre os seus membros a RamónCabanillas Enríquez, ao ser eleito compoñenteda mesma. O 31 de agosto tomou posesión dosillón nº 31.

22 de agosto: nace en Santiago Isaac Díaz Pardo.

Castelao expón en Santiago os debuxos do seuálbum Nós.

Publicacións: Teoría do nacionalismo galego, deVicente Risco; Do Ermo, de Noriega Varela;Néveda, de Francisca Herrera Garrido; A sau-dade nos poetas galegos, de R. Cabanillas, queé o seu discurso de ingreso na Academia.

O edificio de madeira «La Terraza», dos anos 1905-10, é trasladado a Sada dende A Coruña esustitúese pola obra que hoxe se ve, debido aoarquitecto Antonio de Mesa.

1921

O 12 de maio deixa de existir en Madrid a eximiaescritora coruñesa Dª Emilia Pardo Bazán, e odía 15 na Coruña Don Francisco Tettamancye Gastón.

É declarado monumento nacional a igrexa de SantaComba de Bande, que data da época visigótica,século VII.

Angel del Castillo publica Riqueza monumentaly artística de Galicia; Ramón Villar Ponte Doc-trina Nazonalista, e Ángel Lázaro El remansogris, revelándose como poeta; cultivou tamén oteatro; naceu en Ourense en 1900. Nas páxinasde Nós ven aparecendo Do meu diario, deCastelao.

Constitúese en Buenos Aires a Federación de So-ciedades Galegas, que agrupa a máis de cincoenta.

Falece na Coruña D. José Rodríguez Martínez,máis coñecido polo Médico Rodríguez. A súacidade ergueulle en 1933 un monumento na Prazade Ourense, debido ao escultor coruñésMadariaga.

O 27 de outubro nace en Isorna, Rianxo, FaustinoRey Romero, sacerdote, poeta e escritor; unhadas súas obras é Escolanía de merlos.

1922

Sotomayor, Director do Museo do Prado e SánchezCantón, Subdirector. Francisco Lloréns, Me-dalla de Honor na Exposición Nacional de BellasArtes polo seu lenzo Rías Baixas. XesúsCorredoira expón en Buenos Aires.

Nace na Coruña a actriz teatral María Casares.

Hugo Obermaier ofrece unha síntese da Prehis-toria galega en Impresiones de un viaje prehistó-

Page 9: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

465Anuario Brigantino 2003, nº 26

CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956

rico por Galicia. Aparece a Gramática do idio-ma galego, de M. Lugrís Freire, e tamén Unollo de vidro, memorias d´un esquelete, coa quecon pé firme se incia Castelao na narrativa.Cabanillas publica O cabaleiro do Sant Grial een Madrid dirixe a publicación infantil AsRoladas, follas dos rapaciños galegos.

Na Coruña constrúese o edificio do Banco Pastor,obra de Tenreiro e Estellés, e o do Banco deEspaña e dá comezo a urbanización da CidadeXardín por E. Rodríguez Losada.

O 25 de xullo comeza a súa andadura en Vigo odiario Galicia, da man de V. Paz Andrade.

En Nebra (Porto do Son) nace José López Calo,musicólogo de recoñecida sona, o 4 de febreiro, een Ourense, onde residía, falece o 10 de decembroo notable músico coruñés Ricardo Courtier,autor de orixinais muiñeiras.

Armando Cotarelo publica Trebón; VictorianoTaibo Abrente; Amado Carballo Maliaxe; A.Villar Ponte Almas mortas, novela dialogadacómico tráxica; L. Peña Novo La Mancomuni-dad Gallega. Portela Valladares dá á imprensaa súa conferencia Momentos de Galicia eEugenio Montes inserta en Nós a súa Estéticada muiñeira. Manoel-Antonio e ÁlvaroCebreiro asinan a folla ¡Máis Alá!, manifestoestético-literario que provoca polémicas.

1923

O 2 de febreiro, á avanzada idade de 90 anos,extínguese a vida do venerado patriarca D. Ma-nuel Murguía.

Do 17 ao 19 de marzo ten lugar na Coruña a quintaAsemblea Nacionalista Galega.

O Dr. Lago González é nomeado Arcebispo deSantiago.

Expón Imeldo Corral os seus cadros en Santiago,cidade que celebra en xullo a «Exposición Regio-nal Gallega de Bellas Artes», mentres que ACoruña é sé da «Terceira Exposición de ArteGallego» en agosto-setembro.

Morre D. Andrés Martínez Salazar, investiga-dor e editor. Nace Antonio Tenreiro Brochón,pintor e arquitecto.

O pintor Sotomayor.

Ramón Villar Ponte.

Page 10: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

466Anuario Brigantino 2003, nº 26

ALFONSO POSSE ROMERO

Julio Sigüenza publica na Habana De los agrosceltas, poemas; Vicente Risco O lobo da xente;Armando Cotarelo Sinxebra, e LisardoBarreiro Escumas e brétemas galegas. Taménse edita, en Tui, o Onomástico etimológico de lalengua gallega, de Frei Martín Sarmiento.

Leandro Carré estrea no Teatro Rosalía, repre-sentado pola Escola Dramática Galega, O peca-do alleo, drama en tres actos.

Finalizan na Coruña as obras do edificio do BancoPastor e dan comezo as da Casa Barrié, debidasaos arquitectos Estellés e Tenreiro.

12 de outubro: na Casa Grande do Castro de Ortoño,onde Rosalía Castro pasou os primeiros anos dasúa vida, reúnese un grupo de mozos universita-rios compostelanos e crean o «Seminario deEstudos Galegos», na percura dun totaldesenvolvimento das manifestacións culturais deGalicia e a reivindicación da súa personalidade.

1924

Parga Pondal e Pérez Bustamante descubrenneste ano o castro de Borneiro.

Gonzalo López Abente dá a coñecer a súa colec-ción de sonetos reunidos co título de D´Outono;Jesús Bal e Gay o ensaio Hacia el ballet galle-

go; Correa Calderón a novela El Milano y laRosa, e Armando Cotarelo Lubicán, Contodramático de lobos e de amores.

En maio aparece en Lugo a importante Revista deArte Ronsel, dirixida por E. Correa-Calderón eÁlvaro Cebreiro, que durou ata novembro sa-cando 6 números.

O 23 de xuño nace na Coruña o arquitecto AndrésFernández-Albalat Lois.

Leandro Carré inaugura a colección «Lar» coa pu-blicación de A miña muller, de W. FernándezFlórez, autor que tamén saca á luz Visiones deneurastenia.

29 de agosto: prematuramente, cando aínda noncumprira os 38 anos, morre na Lagoa, Bergondo,Xoán Vicente Viqueira, poeta e ensaísta enlingua galega, moi vencellado ás Irmandades daFala, presidindo algún tempo a da Coruña. Eracatedrático de Psicoloxía no Instituto e autor devarios libros sobre a súa especialidade.

Na Habana aparece unha Historia de Galicia (com-pendio), debida a Ramón Marcote. AugustoMª Casas edita Alma triste, colección de sonetos,e Fernando Osorio Desourentación, bocetoteatralizado e analítico de ideas. Manuel VidalRodríguez presta un excelente servizo de di-vulgación con La tumba del Apóstol Santiago.O poeta López Abente.

O pintor Imeldo Corral.

Page 11: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

467Anuario Brigantino 2003, nº 26

CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956

1925

30 de xaneiro Vicente Risco é elexido membro daReal Academia Galega, e non tomará posesiónate o 23 de febreiro de 1929.

E Armando Cotarelo Valledor éo da Real Aca-demia Española de la Lengua, en representaciónde Galicia.

Ramón Otero Pedrayo comeza a súa carreira lite-raria coa publicación da novela breve «Pantelas,home libre», na editorial «Lar». E Ángel delCastillo con «A dona das Torres, lenda galega».

O 18 de marzo falece o arcebispo compostelanoD. Manuel Lago, quen foi tamén poeta engalego. E o 13 de maio perece traxicamente enBarcelona o poeta festivo Enrique LabartaPosse, a consecuencia das feridas recibidas nundescarrilamento ferroviario. Nacera en Baio.

Castelao publica Cincuenta homes por dez reás;Correa Calderón Conceición singela do ceo eEl arte racial de Suárez Couto, notas de estéticagallega; Aurelio Ribalta O pastor de DonaSilvia e R. Cabanillas O bendito San Amaro,con deseños de Castelao.

Deixa de existir no seu Vigo natal, o 7 de agosto,Ricardo Mella, teórico do anarquismo.

Xoán Vicente Viqueira.

Luis Quintas Goyanes concorre á ExposiciónNacional de Belas Artes co retrato de ÁlvaroCebreiro.

José García Acuña, diplomático e escritorbrigantino, dá á imprensa Idearium Regionalis-ta, esquema sintético de la evolución regionalis-ta ibérica.

7, 8 e 9 de outubro: celébrase en Lugo o Congresode Economía Gallega, primeiro da súa clase en-tre nós.

19 de outubro: no momento en que daba lectura ásúa novela Anxélica, que remataba de escribir,fenece Florencio Vaamonde Lores; a obra seráeditada por Lar en decembro.

9 de decembro: o Partido Socialista chora a perdado seu fundador, Pablo Iglesias Posse, nado noFerrol no 1850.

1926

Xaneiro: Castro Gil expón en París os seusaugafortes, colleitando un grande éxito de críticae público.

O 27 de febreiro deixa de existir na súa casa deMoruxo, Bergondo, a poetisa ourensá Filome-

Wenceslao Fernández Flórez.

Page 12: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

468Anuario Brigantino 2003, nº 26

ALFONSO POSSE ROMERO

na Dato Muruais; e o 10 de maio, en Madrid, oilustre musicógrafo galego Xosé Mª VarelaSilvari, nado na Coruña, en 1848. Tamén nesteano morren D. Galo Salinas e D. Xoán BarciaCaballero.

O día 13 de maio toman terra en Manila JoaquínLoriga e Gallarza no vó Madrid-Manila.

1 de xuño: ven ao mundo en Pontevedra o poetaManuel Cuña Novás.

Ano destacable na historia da literatura galega:Ramón Cabanillas, Na noite estrelecida e, encolaboración con A. Vilar Ponte, O Mariscal,teatro; Castelao, Cousas; Cotarelo Valledor,Hostia; Rafael Dieste, Dos arquivos do trasno;Lesta Meis, Manecho o da rúa; V. Risco, Obufón del Rei, a súa única obra dramática; LópezAbente, Nemancos; Filgueira Valverde, Osnenos; Otero Pedrayo, O purgatorio de DonRamiro e, ademais, a Guía de Galicia e SínteseXeográfica de Galicia.

26 de xullo: inauguración da Biblioteca América naUniversidade de Santiago.

En Cambridge, na Harvard University Press, apa-rece o estudo de Kenneth John Conant TheEarly Architectural History of the Cathedral ofSantiago de Compostela.

Francisco Asorey obtén Primeira Medalla na Ex-posición Nacional de Belas Artes coa súa escul-tura de San Francisco.

1927

Ramón Cabanillas é nomeado Cronista Xeral deGalicia e dá á imprensa A rosa de cen follas;outros tamén o fan e así aparecen: OteroPedrayo, Escrito na néboa; Cotarelo Valledor,Contos de Nadal; Eladio Rodríguez González,Oracións campesiñas; Lesta Meis, Estebo,primeira novela galega sobre a emigración; Ra-fael Dieste, A fiestra valdeira. Tamén RamónVilar Ponte publica unha Historia sintética deGalicia, que merecerá axiña unha segunda edi-ción, e Victoriano García Martí Una punta deEuropa.

Ven ao mundo en Ribadeo, o 6 de febreiro, DanielCortezón, novelista e dramaturgo, e o 5 de

O gravador Castro Gil.

Risco.

Page 13: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

469Anuario Brigantino 2003, nº 26

CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956

outubro en Viveiro, Xosé Ramón Vilar Chao,«O pintor dos nenos».

Salvador de Madariaga ocupa a cátedra de Linguae Literatura Española na Universidade de Oxford.

Créase o Museo de Pontevedra pola DeputaciónProvincial.

Sae o número un de Arquivos, publicación periódi-ca do Seminario de Estudos Galegos.

Lois Amado Carballo, que neste ano publica Proel,falece prematuramente o 3 de setembro enPontevedra, onde nacera en 1900.

José Luis Bugallal publica El coloso de Rande, aprimeira novela deportiva de Galicia.

Rematando este ano un incendio destrúe o edificiodo Museo Arqueolóxico de Ourense; perdéronsemoitos obxectos e os dezaoito mil volumes quecompuñan a súa biblioteca.

1928

Comeza na Coruña a construcción do Palacio deXustiza, obra dos arquitectos Galán e Boán.

A Coruña perde dous ilustres fillos: o poetaEvaristo Martelo Paumán, que fora marquésde Almeiras e vizconde de Andeiro (31 de mar-zo); e pintor D. Román Navarro (10 denovembro); ao ano seguinte a súa cidade natalrenderalle homenaxe póstuma efectuando unhaexposición das súas obras.

En edición preparada polos seus amigos, e en sinalde admiración, sae O Galo, de Luis AmadoCarballo, falecido o ano anterior.

O Teatro da Zarzuela, de Madrid, é escenario esteano de dous acontecementos musicais relaciona-dos con Galicia: a estrea da ópera Cantuxa, unhadas tres óperas galegas importantes, letra deAdolfo Torrado, música de Gregorio Baudot,e o da zarzuela ambientada en Galicia La Meiga,música de Jesús Guridi, con libreto de Romeroe Fernández Shaw.

Eduardo Blanco Amor estréase como poeta con«Romances galegos». Pola súa parte, XulioSigüenza publica Cántigas e verbas ao ar, conprólogo de Juana de Ibarbourou; Vicente Ris-co a novela O porco de pe; Otero Pedrayo

comeza a publicación de Os camiños da vida;Manoel-Antonio o seu único libro, De catro acatro, follas sen data dun diario d´abordo; Ca-milo Díaz Baliño, Conto de Guerra. PlácidoR. Castro dá a coñecer o seu estudo sobre Lasaudade y el arte en los pueblos célticos.

Maruja Mallo expón nos salóns da Revista deOccidente, invitada por Ortega y Gasset, cau-sando sorpresa á crítica. Tamén ManuelColmeiro faino por primeira vez en Galicia,en Vigo.

Nace Xosé Neira Vilas en Gres, Vila de Cruces, een Santiago o escultor Castor Lata.

1929

Vicente Risco toma posesión como membro daAcademia Galega, para a que fora electo en 1925;o discurso lido na súa recepción, que tivo lugar o23 de febreiro, versou sobre Un caso delycantropía (O home-lobo). E o 9 de novembrofaino R. Otero Pedrayo, elexido en 1927; o seudiscurso de ingreso leva por título Romantismo,saudade, sentimento da Raza e da Terra en Pas-tor Díaz, Rosalía de Castro e Pondal. Neste anotamén publica A lagarada e Pelerinaxes.

Manoel-Antonio.

Page 14: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

470Anuario Brigantino 2003, nº 26

ALFONSO POSSE ROMERO

Castelao trasládase a Bretaña para estudar as súascruces de pedra, publicándose os resultados dasúa investigación en 1930.

Falece Antón Losada Diéguez, activo membrodas Irmandades da Fala, autor de fermososcontos galegos.

Creación de ORGA, Organización RepublicanaGallega Autónoma, presidida por CasaresQuiroga.

Aparecen «Señardá», de Iglesia Alvariño;Orballo da media noite de Blanco Torres.Cuevillas, en colaboración con Bouza Breypresenta Os Oestrimnios, os Saefes e a Ofiolatríaen Galiza.

Na Biblioteca de Estudos Galegos, editada enMadrid e dirixida por Álvaro das Casas, Co-rrea-Calderón agrupa os seus ensaios co títulode Índice de utopías gallegas.

Pola súa relación, convén destacar: RodriguesLapa, Das origens da poesia lírica em Portugalna Idade-Média, tesis doutoral, considerada obraclásica para o estudo desta materia.

1930

19 de xaneiro: o que será nomeado O poeta doCaurel, Uxío Novoneyra, ve por primeira vez aluz en Parada de Moreda.

28 de xaneiro: en Asados, Rianxo, lugar do seunacemento, falece o poeta Manoel-Antonio, deenfermidade consecuente a unha insolaciónsofrida a bordo dun pesqueiro, cando faenaba enaugas de Cabo Branco (África).

Castro Gil obtén cos seus gravados PrimeiraMedalla de Ouro na Exposición Nacional deBelas Artes. E Manuel Abelenda unha bolsa parainvestigacións de Arte en España, Italia, Suiza eFrancia.

Otero Pedrayo presenta Arredor de sí; Risco, Elproblema político de Galicia; Euxenio Mon-tes, Versos a tres cás o neto; Xulio Sigüenza,en Montevideo, Galicia, cara y cruz. En traduc-ción de Avelino Gómez Ledo aparecen Aséglogas de Virxilio, e en edición póstuma, Ensaiosy poesías, de X. Vicente Viqueira. Libro desta-cado deste ano é Arte gallego, de E. Estévez Orte-ga, publicado pola Editorial Lux, de Barcelona.

O 4 de novembro falece D. Angel Amor Ruibal,filólogo, teólogo e filósofo, aos 61 anos. E o 22de decembro, en Eirís, da parroquia de SantaMaría de Oza, da Coruña, onde nacera, o escri-tor Xosé Lesta Meis, quen neste ano dera áimprensa Abellas de ouro.

1931

O Seminario de Estudos Galegos redacta oanteproxecto do Estatuto de Galicia.

Castelao publica o álbum Nós; Blanco Amor Poe-ma en catro tempos; Cotarelo Valledor oCancioneiro da agulla e Beiramar, drama, e R.Otero Pedrayo difunde o seu discurso de ingre-so na Academia Galega; Carballo CaleroVieiros, poesías.

Falece a cantante coruñesa Ofelia Nieto. TaménD. Juan Ciórraga, arquitecto municipal coru-ñés durante moitos anos, entusiasta continua-dor da galería nos edificios coruñeses (8 de xuño).Nacera en Vitoria.

Castelao, Risco, Otero Pedrayo, Paz Andrade,Peña Novo, González Salgado, elexidosdeputados.

Aparece en Pontevedra Logos, boletín católicomensual en lingua galega, de tendencia naciona-lista.

O escritor Lesta Meis.

Page 15: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

471Anuario Brigantino 2003, nº 26

CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956

Manuel Torres, o pintor de Marín, é becado polasúa Deputación para viaxar a París, o que repe-tirá no 1932.

O 5 de outubro nace Alfonso Abelenda Escuderona Coruña e o 22 de novembro Xohana Torresen Santiago, poetisa e novelista.

A finais de ano fúndase o Partido Galeguista.

1932

En maio, estadía de Federico García Lorca enVigo, A Coruña e Santiago; pronuncia a súa con-ferencia sobre La arquitectura del cante jondo.En agosto acompaña, como director artístico, áagrupación de teatro universitario «La Barraca»,en viaxe por Galicia. O poeta voltará, ennovembro, a Pontevedra e Lugo, convidado poloComité de Cooperación Intelectual.

Fúndase en Pontevedra a revista literaria Cristal.

Julio Prieto Nespereira obtén Medalla de Ourona Exposición Nacional de Belas Artes, na Sec-ción de Gravado.

En Barcelona, en edición de E. Carreras y Candi,aparece a Geografía General del Reino de Galicia,en cinco volumes. En Coimbra, en edición críticade José Joaquim Nunes, Cántigas d´amor dostrovadores galego-portugueses.

A Deputación de Lugo crea o Museo Provincial

Cunqueiro, Mar ao norde, poesías; OteroPedrayo, Contos do camiño e da rúa; AugustoMª Casas, O vento segrel, e Bouza Brey, Naosenlleira.

30 de agosto: falece o heroico capitán da marinamercante D. Manuel Deschamps. Foi burla-dor do bloqueo ianqui sobre Cuba por variasveces. Realizou oitenta viaxes á Arxentina, nosque transportou a máis de setenta mil persoas.Nacera en Sigrás.

28 de outubro: en Madrid, onde residía, extínguesea vida do director e compositor musicalReveriano Soutullo Otero, autor de celebra-das zarzuelas, entre elas La leyenda del beso, Ladel Soto del Parral, etc. Era natural de Ponteareas.

18 de decembro: o renacemento cultural galego perdeneste día a inqueda e dinámica figura de D.Euxenio Carré Aldao.

1933

Leandro Pita Romero, de Ortigueira, é nomeadoMinistro de Mariña, en 1934 sérao de Estado esen carteira e o primeiro embaixador da Repúbli-ca no Vaticano.

O Seminario de Estudos Galegos reúne no volumeTerra de Melide os diferentes estudos einvestigacións alí realizados. Cunqueiro dá acoñecer os seus Poemas do sí e do non e a Cántiganova que chaman riveira, e Iglesia AlvariñoCorazón ao vento. Pola súa banda, V. Risco ca-racteriza aos homes do seu tempo, preocupadospolas cousas do espíritu, en Nós, os inadaptados,e Otero Pedrayo ofrece aos degustadores dasúa prosa, ainda que excepcionalmente encastelán, o Ensayo histórico sobre la culturagallega.

O 10 de xuño falece na Coruña José García Acu-ña, autor de Idearium regionalista e da novelacostumista La Mariñana. Nacera en Betanzos,en 1873. E o 9 de decembro, en Santiago, o escla-recido médico coruñés Roberto Novoa Santos,

Castelao.

Page 16: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

472Anuario Brigantino 2003, nº 26

ALFONSO POSSE ROMERO

cando contaba 48 anos. No mesmo día, en Lugo,outro coruñés, D. Manuel Amor Meilán,tamén deixa de existir; era poeta e dramaturgo, ecolaborador da «Geografía de Galicia», de Ca-rreras Candi.

1934

1 de marzo: fundación da Asociación de Artistasda Coruña, que en abril celebra a primeira expo-sición de pintura.

Constitúese a Federación de MocedadesGaleguistas, póla xuvenil do Partido Galeguista.

20 de maio: falece D. Salvador Cabeza de León,quen fora Presidente do Seminario de EstudosGalegos e académico fundador da AcademiaGalega.

O 24 de xullo toma posesión do sillón nº 12 daAcademia Galega Antón Vilar Ponte; o discur-so lido no acto da súa recepción pública versasobre O sentimento liberal na Galiza. Ao díaseguinte, 25, faino Castelao, disertando sobreAs cruces de pedra na Galiza. Este mesmo anopublica o libro de narracións Retrincos e a novelaOs dous de sempre; en novembro é desterrado aBadajoz.

11 de agosto: inaugúrase o monumento que A Co-ruña dedica a Curros Enríquez; acto solemne, aoque asiste o Presidente da República. É o seuautor Francisco Asorey.

Fórmase un Comité de Misiones Pedagógicas paraGalicia. Recibe apoio do rector da Universidadee do Inspector Díaz Rozas.

Entre as publicacións deste ano cómpre destacarMitteleuropa, de Vicente Risco; A romeiría deXelmírez e a narración breve Fra Vernero, deOtero Pedrayo; O silenzo axionllado, deCarballo Calero; a edición crítica do Cancio-nero de Payo Gómez Chariño, almirante y poe-ta, por Cotarelo Valledor, e Os Evanxeos darisa absoluta (anunciación do Antiquixote), deAntón Vilar Ponte.

1935

Na Editorial Nós, de Santiago, aparecen os Seispoemas galegos, de García Lorca. CouceiroFreijomil publica en Barcelona El idioma ga-

llego. A Academia lanza a súa edición deQueixumes dos pinos e poesías inéditas, dePondal. Juan G. del Valle edita unha selecciónde Poesías de Lamas Carvajal, á que pón prólogo.

O 30 de maio falece en Santiago D. ConstanteAmor Neveiro, sacerdote, autor de importan-tes traballos encol de temas sociais e penalistas;nacera en Ames, en 1862. En Río de Janeiro,onde residía, o pintor Modesto Brocos, naturalde Santiago (1852). E na súa Pontevedra natal,D. Perfecto Feijóo Poncet, fundador dos corosgalegos, creador en 1883 do coro «Aires da Terra».

Plácido R. Castro e os irmáns Vilar Ponte tradu-cen e editan en Santiago Dous Folk-dramas deW.B. Yeats.

1936

5 de xaneiro: ás dúas da tarde falece nunha clínicade Santiago D. Ramón del Valle-Inclán. Aodía seguinte celébrase o enterro civil no cemiteriode Boisaca.

José García Acuña.

Page 17: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

473Anuario Brigantino 2003, nº 26

CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956

4 de marzo: tamén falece o infatigábel apóstol donacionalismo galego Antón Vilar Ponte, quennon acada a ver o trunfo obtido polo Estatuto noplebiscito que se celebrará o 28 de xuño.

Maside obtén un premio en gravado na Exposi-ción Nacional de Belas Artes, de Madrid.

Manuel Casás Fernández imprime en MoretConcepción Arenal. Su vida y su obra. ApareceRechouchío, de Álvaro de las Casas.

Falece o pintor Víctor Morelli.

O 18 de xullo...

1937

Este ano ve desaparecer a ilustres personalidadespertencentes ao ámbito cultural e artístico galego,como son D. Fernando Martínez Morás, au-tor de diversos traballos de investigación histó-rica sobre Galicia; D. Casto Sampedro Folgar,fundador da Sociedade Arqueolóxica dePontevedra, cronista da súa cidade e autor doCancionero que leva o seu nome, e D. ArturoFernández Cersa, pintor, nado na Coruña en1866.

En Ourense, o 14 de xullo, ven ao mundo XaimeQuessada, pintor, gravador, ilustrador.

1938

Falece D. Manuel Linares Rivas,autor de obras de teatro encastelán. Comezou estreando, o6 de agosto de 1903, Aires deguerra.

Jenne Vielliard publica enMaçón Le Guide du Pèlerin deSaint-Jacques de Compostelle.

7 de setembro: nace en OurenseXosé Luis Méndez Ferrín,destacada figura da actual lite-ratura galega.

Falece D. Félix Estrada Catoira,autor de diversas monografíashistóricas relacionadas conGalicia.

10 de decembro: ven ao mundoManuel García Vázquez, es-cultor, máis coñecido porBuciños, nome que se corres-ponde co lugar do seunacemento, no concello deCarballedo.

1939

22 de abril: Antonio NoriegaVarela, O Poeta da Montaña,membro da Academia Galega,na que ocupa o sillón nº 5.

Gonzalo Torrente Ballester,Premio Nacional de Literatura.

O arquitecto Santiago ReyPedreira proxecta na Coruña oEstadio Municipal de Riazor.

Falece o pintor lucense XesúsCorredoyra.

Isidoro Millán: A la sombra delApóstol. Once siglos de vidacompostelana.

1940

15 de febreiro: falece na CoruñaD. Manuel Lugrís Freire,

ValleInclán.

Federico García Lorca.

Page 18: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

474Anuario Brigantino 2003, nº 26

ALFONSO POSSE ROMERO

poeta, dramaturgo, incansable propagandista doidioma galego, que foi o primeiro en utilizar comoorador nun acto político. Era membro do Semi-nario de Estudos Galegos e da Academia Galega,que chegou a presidir. Nacera en Sada.

6 de maio: nace en Ourense Acisclo Manzano,Premio Nacional de Escultura en 1962 e 1968. Eo 28, en Aguiño, Riveira, Andrés TorresQueiruga, filósofo, teólogo.

Falece o pintor coruñés Alfredo Souto Cuero,pai do tamén pintor Arturo Souto Feijóo. TaménJaime Solá Mestre, fundador da revista VidaGallega.

Gerardo Diego publica a primeira versión do seulibro de poemas Ángeles de Compostela.

Francisco Vales Villamarín é nomeado CronistaOficial do seu Betanzos natal, do que chegará arecibir a Medalla de Plata e a ser nomeado FilloPredilecto. Tamén será secretario da AcademiaGalega ata a súa morte en 1982.

Aparece en Buenos Aires De cuatro a cuatro. Hojassin fecha de un diario de a bordo, de Manoel-Antonio, traducción de Rafael Dieste, deseñosde Manuel Colmeiro.

O 7 de setembro falece na localidade madrileña deChozas de la Sierra Aurelio Ribalta Copete,fundador da revista Estudios Gallegos e inspira-do poeta e excelente narrador.

1941

Falece en Ferrol (sete de xaneiro) o destacadodebuxante e pintor Vicente Díaz González.Na Coruña o arquitecto Rafael GonzálezVillar; era Presidente da Academia P. de BellasArtes. En Ourense, o sete de marzo, D. MarceloMacías, aos 98 anos, autor de importantesaportacións á historia de Galicia.

Julia Minguillón obtén Medalla de Ouro na Ex-posición Nacional con La escuela de Doloriñas.

27 de xullo: solemne sesión da Academia Galegano Paraninfo da Universidade de Santiago, du-rante a que toman posesión dos seus cargos 19novos académicos.

En Buenos Aires, Castelao estrea a súa farsa dra-mática Os vellos non debe de namorarse.

O pintor Seijo Rubio ingresa na Orde de AlfonsoX el Sabio.

Nace en Xinzo da Limia o destacado novelistaCarlos Casares.

Do 10 ao 30 de novembro, Castro Gil celebra asúa primeira exposición de augafortes na Coru-ña, en número de cincoenta.

1942

Aparece o Cancionero musical de Galicia, recollidopor D. Casto Sampedro Folgar; en Santiagoedítase a Historia de Puentedeume y su comar-ca, de A. Couceiro Freijomil; e en BuenosAires a obra de Alicia Santaella Rosalía Cas-tro. Vida poética y ambiente.

O 1 de xuño deixa de existir na Coruña, D. CésarVaamonde Lores, bibliotecario da AcademiaGalega e cronista oficial da cidade, historiador eautor de importantes monografías esclarecedorasdo pasado histórico de Galicia. O 15 denovembro, en Pedrouzos, Castro Caldelas, Cán-dido Fernández Mazas, renovador da pinturagalega, e o 26 de decembro Xavier PradoRodríguez, máis coñecido polo seu seudónimode Lameiro, prolífico autor de pezas teatraisgalegas.

1943

O 25 de xaneiro morre en Ortigueira D. FedericoMaciñeira e Pardo de Lama, ilustre cultivadorda prehistoria.

Iglesias de Souza crea na Coruña a AgrupaciónArtística «La Farándula».

Sebastián Martínez-Risco publica Trébol poéti-co (Recuerdo de Compostela e La Tanza negra,novela; Francisco Leal Insua, Pastor Díaz,príncipe del romanticismo.

Morre no Hospital de Tampa (Florida) o líderagrarista Basilio Álvarez.

O pintor Juan Luis é primeira medalla na Exposi-ción Nacional de Belas Artes.

W. Fernández Flórez edita a súa novela «El bos-que animado», obra ambientada na fraga deCecebre, e Otero Pedrayo «Vida del Doctor D.Marcelo Macías».

Page 19: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

475Anuario Brigantino 2003, nº 26

CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956

O 30 de novembro créase o Instituto Padre Sar-miento de Estudios Galegos polo Consello Su-perior de Investigacións Científicas, que sustitúee continúa en parte o labor do Seminario deEstudos Galegos.

En Buenos Aires saen da imprensa: Estudio sobreel origen y formación de la lengua gallega, do P.Sarmiento; Siervo libre de Amor, de JuanRodríguez del Padrón, e Cinco cartas político-literarias de Diego Sarmiento de Acuña, Con-de de Gondomar.

1944

Pura Vázquez dáse a coñecer co seu libro de ver-sos Márgenes veladas.

O 3 de abril falece no Convento franciscano deSantiago o P. Atanasio López, estudioso do pa-sado de Galicia. Nacera en Boñar (León), en1876.

Edición das Obras completas de Rosalía Castro,dirixida por Victoriano García Martí, pola Edi-torial Aguilar, de Madrid. Tamén dende MadridVicente Risco dá a coñecer a súa Historia de losjudíos desde la destrucción del Templo, e omesmo fai Francisco Elías de Tejada con Latradición gallega.

Castelao publica en Buenos Aires o seu Sempreen Galiza, capital na que tamén sae Adolescen-cia, de Otero Pedrayo. E en Santiago aparece oLiber Sancti Jacobi. Codex Calixtinus, en trans-cripción de Walter Muir Whitehill, con estu-dios e índices. Música por Dom Germán Prado.

1945

O 2 de xaneiro, Azorín é nomeado Académico deHonor pola Xunta de Goberno da Real Acade-mia Galega, en atención aos seus admirablesestudos de exaltación da terra e dos seus valoresliterarios.

Fermín Bouza Brey obtén a Flor Natural nosXogos Florais de Santiago. E o pintor coruñésLuis Mosquera a Primeira Medalla na ExposciónNacional de Belas Artes.

Aparece en Ourense a revista Posío, e en BuenosAires faise unha edición da obra de Vasco deAponte Relación de algunas Casas y Linajesdel Reino de Galicia.

Falecen o Padre franciscano Samuel Eiján Lo-renzo, historiador de Ribadavia, autor de obrasde teatro e poesía, e o xenial arquitecto AntonioPalacios Ramilo, nado en Porriño, autor, entreoutras moitas obras, do templo da Vera Cruz, noCarballiño, e do Palacio de Comunicacións ma-drileño.

1946

O 19 de agosto Betanzos celebra uns Xogos Florais,nos que actúa de mantedor o Marqués de Lozoyae obtén a Flor natural o poeta Xosé María DíazCastro.

En traducción de Augusto Casas, en Barcelonaaparecen Las mejores poesías de Rosalía Castro.

1947

1 de febreiro: falece na Coruña, onde nacera, o ilus-tre compositor José Baldomir Rodríguez; émoi coñecida a súa balada Meus amores. O 27de marzo, en Viveiro, o gran poeta lírico Anto-nio Noriega Varela, o Poeta da Montaña.

É inaugurado o Museo Provincial de Belas Artesda Coruña (a súa fundación data de 1922).

O pintor Juan Luis.

Page 20: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

476Anuario Brigantino 2003, nº 26

ALFONSO POSSE ROMERO

Creanse as Sociedades Filarmónicas lucense eourensana, e constitúese o Patronato RosalíaCastro.

Carlos Martínez Barbeito publica a súa novela«El bosque de Ancines», inspirada no caso deManuel Blanco Romasanta, «O Home-lobo»,condeado a morte pola Audiencia Territorial daCoruña no ano 1854; Aquilino Iglesia Alvariñofaino de Cómaros verdes e M. GonzálezGarcés de Vibraciones.

Lago Rivera participa como invitado na Exposi-ción Bienal de Venecia.

A Real Academia Provincial de Belas Artes realizaunha Exposición-homenaxe a Germán Taibo.

É editada a Historia de la Universidad de Santia-go, de Salvador Cabeza de León; tamén o é otraballo de Fritz Krüger sobre Léxico rural delNoroeste Ibérico; en publicación póstuma, Bares,Puerto hispánico de la primitiva navegación occi-dental, de Federico Maciñeira. Outra publicacióné Nuevos estudios crítico-históricos acerca deGalicia, do P. Atanasio López, franciscano.

En París, Pierre David dá a coñecer os seus Étudeshistoriques sur la Galice et le Portugal du VIe auXIIe siècle.

1948

O 6 de febreiro falece en Madrid Francisco Cam-ba, ilustre escritor, colaborador de diversaspublicacións e autor de varios libros en castelán.Nacera en Vilanova de Arousa.

Aparece na Coruña a revista Alba, hojas de poesía,publicación sen periodicidade.

Falecen: D. Alejandro Barreiro Noya, Secretarioda Academia Galega, autor de diversos traballosde investigación histórica; en Segovia, JoséCrecente Vega, sacerdote, que en 1933 publicouo libro de versos Codeseira; nacera en Castro deRei (Lugo).

O Día de Galicia pronuncia Castelao o seuderradeiro discurso, que leva por título Alba deGroria; un folleto recolleu posteriormente estefermoso texto.

Finaliza a impresión de Las peregrinaciones a San-tiago de Compostela, de Vázquez de Parga,Lacarra e Uría, premiada oficialmente en 1945,

e da que se ten dito que é, con seguridade, un dosmáis importantes fitos na investigación sobre asociedade medieval. Pola súa parte, a EditoraNacional presenta El libro de Santiago.

A Real Academia Provincial de Belas Artes pre-senta unha Exposición das obras de FranciscoLloréns, como homenaxe ao pintor falecido o11 de febreiro deste ano, ano que ve tamén des-aparecer aos pintores Virxilio Blanco e Fer-nando Cortés Bugía.

Mariano Tudela dá a coñecer La linterna mágica(narraciones), a súa primeira obra. Javier RuizAlmansa publica La población de Galicia(1500-1945).

Nace no Carballiño (Ourense) Felipe Senén, di-rector do Museo Arqueolóxico e Histórico daCoruña ate hai pouco.

1949

19 de febreiro: data de fundación da Cerámica doCastro, dirixida por Isaac Díaz Pardo.

25 de febreiro: falece en Madrid o pintor, debuxantee gravador Máximo Ramos López, nado en Ferrol.

Rey de Viana funda na Coruña o ballet galego queleva o seu nome.

Miguel González Garcés.

Page 21: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

477Anuario Brigantino 2003, nº 26

CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956

O 4 de xuño D. Fernando Quiroga Palacios édesignado para ocupar a cadeira arcebispal deSantiago de Compostela.

É publicado en Washington D.C., polo P. AnselmGordon Bigs: Diego Gelmírez, First Archbishopof Compostela, e en Buenos Aires: As cruces depedra na Galiza, texto, ilustracións e láminas deAlfonso R. Castelao. Na mesma capital arxentinaaparece: Poesía inglesa e francesa vertida aogalego, de Plácido R. Castro, Lois Tobío eFlorencio Delgado Gurriarán, e Cos ollos donoso esprito (ensaios breves), de F. Fernándezdel Riego.

Constitúese en Santiago a Sociedad de los Bibliófi-los Gallegos por Filgueira Valverde, SánchezCantón e outros que, neste ano, saca á luz: ElPórtico de la Gloria, de Ángel del Castillo, eCamiños no tempo, de Ramón Cabanillas.

Falece na Coruña D. Eladio RodríguezGonzález, xornalista, poeta e autor dun impor-tante Diccionario enciclopédico gallego-caste-llano.

O Goberno nomea comendador da Orde de Alfon-so X el Sabio a Eduardo Lence Santar, pre-miando así o seu infatigábel labor de investiga-ción histórica, especialmente do seu Mondoñedonatal.

Aparece o primeiro libro de Luz Pozo Garza,Ánfora. Enrique Chao Espina dá a coñecerPastor Díaz dentro del romanticismo; VíctorLis Quibén, La medicina popular en Galicia;Antonio Rey Soto, Galicia venera y venero deEspaña. Escritores desconocidos y olvidados, eR. Otero Pedrayo La vocación de Adrián Sil-va, novela.

Comezan as primeiras publicacións en galego daposguerra, na Colección de poesía Benito Soto,editorial fundada o ano anterior por Celso Emi-lio Ferreiro e outros, en Pontevedra.

1950

O sete de xaneiro é o día en que Galicia perde aCastelao.

8 de marzo: falece Álvaro de las Casas, autor dediversos ensaios dramáticos en galego.

É creada en Vigo a Editorial Galaxia.

Publícase en Santiago a versión en castelán da His-toria Compostelana. Hechos de Don DiegoGelmírez, en traducción do latín por Fr. Ma-nuel Suárez e introducción e notas do Fr. J.Campelo. Pola mesma editora sácase á luz Lapintura gallega de José Couselo Bouzas.

Fórmase en París a «Societé des Amis de SaintJacques de Compostelle». E na Coruña aSociedade «Amigos de la Ópera», primeira enEspaña.

Elena Quiroga obtén o Premio Nadal coa súanovela Viento del Norte. No primeiro concursoconvocado pola Editorial Bibliófilos Gallegos re-sulta premiada a novela de Ricardo CarballoCalero A xente da Barreira, autor que este anopublica Anxo de terra, versos. Libro de versos étamén Muiñeiro de brétemas co que incicia assúas publicacións Manuel María, o Poeta daTerra Chá. Outra primeira publicación é a deTriscos, de Luis Pimentel.

O coruñés P. José Rubinos dá a coñecer en LaHabana o poema épico galego Covadonga; F.Fernández del Riego edita en Buenos AiresDanzas populares galegas e Victoriano García,en Madrid, Tres narraciones gallegas.Cunqueiro ofrece a súa traducción da Poesíade Holderlin e, da súa inspiración, Dona de corpodelgado.

O Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos edi-ta o Viaje a Galicia de Fray Martín Sarmiento(1754-1755), manuscrito da Abadía de Silostranscrito por Fr. M. del Álamo e Fr. J. Pérezde Urbel, edición e notas de Sánchez Cantóne Pita Andrade.

1951

Comeza unha década florida en publicación demateria galaica, onde o galego vai tomandoposicións: Ramón Cabanillas, Antífona da can-tiga, primeiro libro debido á Editorial Galaxia,que en 12 de abril saca a Colección «Grial», conPresencia de Galicia, e tamén o Manual de His-toria de la Literatura Gallega, de F. Fernándezdel Riego.

Outra Historia de la Literatura Gallega aparece enSantiago e débeselle ao Profesor Varela Jácome.

Page 22: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

478Anuario Brigantino 2003, nº 26

ALFONSO POSSE ROMERO

Bibliófilos Gallegos publica o Diccionario Bio-Bibliográfico de escritores gallegos de A.Couceiro Freijomil (tres tomos), Macías elEnamorado y Juan Rodríguez del Padrón, deCarlos Martínez Barbeito, e Ribadavia, deChamoso Lamas. O Instituto P. Sarmiento: oLiber Sancti Jacobi: Codex Calixtinus, traduc-ción de A. Moralejo, C. Torres e J. Feo; aCoronica de Santa María de Iria, códice galegodo século XV, edición de J. Carro García, eCarmina, de Q. Horatii Flacii, en traducción deAquilino Iglesia Alvariño.

Outras edicións aparecen: Las joyas castreñas, deFlorentino L. Cuevillas; Sargadelos, deFilgueira Valverde; El buho gallego con lasdemás aves de España haciendo Cortes, porPedro Fernández de Castro, VII Conde deLemos; La Mística de la Saudade. Estudio de lapoesía de Rosalía Castro, por Sister MaryPierre Tyreel.

O 20 de xullo falece na Coruña, onde nacera, D.Narciso Correal e Freire de Andrade.

É creado en Santiago o «Museo de las Peregrina-ciones».

Ramón Vilar Ponte ingresa na Real AcademiaGalega o 16 de xuño; no seu discurso falou sobreo movimento intelectual iniciado en 1916 enGalicia.

1952

Sofía Casanova é nomeada, por acordo unánime,Membro de Honra da Real Academia Galega.

3 de febreiro: falece na Coruña, onde residía,Indalecio Díaz Baliño, escultor varias vecespremiado. Era natural de Ferrol.

Edítase o Cancioeiro da poesía céltiga, de JuliusPokorny, traducción de Celestino F. de la Vegae Ramón Piñeiro, a primeira feita en linguaromance.

En Galaxia aparece o trascendental libro colectivo7 ensayos sobre Rosalía, editorial na que taménsaen: o Manual de Historia de Galicia, de Vi-cente Risco, e Por os vieiros da Saudade.Lembranzas e crónicas de un viaxe a BuenosAires», de Otero Pedrayo; do mesmo autor é ElDoctor Varela de Montes.

Falece o extraordinario debuxante, pintor e ilustra-dor vigués Federico Ribas Montenegro.

Créase en Lugo, baixo a dirección de FaustinoSantalices, o primeiro Taller-Escola de instru-mentos musicais galegos.

Iníciase en Ferrol a publicación da revista de poe-sía Aturuxo.

María Luisa Caturla edita o seu esclarecedortraballo: Un pintor gallego en la Corte de FelipeIV, Antonio Puga; Domingo Quiroga, o seu,titulado Padre Maestro; Sánchez Cantón,Sotomayor; Luis Viñas Cortegoso Vida y via-jes literarios del Rvdmo. P. M. Fray Martín Sar-miento, e, en Buenos Aires, Luis Seoane, Far-del do eisiliado.

O 5 de outubro morre en Santiago o músico e com-positor Bernardo del Río, fundador do coro«Queixumes dos pinos», e o 9 de decembro, enFranza-O Seixo, no concello de Mugardos, opintor Felipe Bello Piñeiro, aos 65 anos.

1953

Neste ano cumpre Faro de Vigo un século de exis-tencia.

A edición de Á lus do candil, contos a carón dolume, de Anxel Fole, é a revelación dun contistade extraordinario valor. Igualmente é a revelaciónde Castelao como dramaturgo a de Os vellosnon deben de namorarse, obra póstuma xa re-presentada. Ambos libros son de Galaxia que,ademais, saca o colectivo La Saudade.

Outros libros a resaltar son: La civilización célticaen Galicia, de F. López Cuevillas, Inéditos deRosalía, de Juan Naya Pérez, e La puerta depaja, de Vicente Risco, novela finalista do Pre-mio Nadal. Tamén aparecen Orígenes del cultoal Apóstol Santiago, de S. Portela Pazos; LaEscuadra de Galicia, de Fernández Villaamil,e o Entremés famoso sobre da pesca do Miño,de Gabriel Feixóo de Arauxo.

O 18 de abril ingresa Sebastián Martínez-Riscona Academia Galega, da que, andando o tempo,será esclarecido Presidente; no acto da súa re-cepción fala sobre O sentimento da Xustiza naliteratura galega.

Page 23: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

479Anuario Brigantino 2003, nº 26

CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956

O lanzamento de títulos literarios dende BuenosAires é sobresaínte: O libro dos amigos, de OteroPedrayo; Dos mil nombres gallegos, de F. Lan-za Álvarez; os dous traballos sobre Curros pre-miados en 1951, ao cumprirse o seu centenario:Manuel Curros Enríquez. Sua vida e sua obra(ensaio bio-bibliográfico), de Luis CarréAlvarellos, o mellor en lingua galega, e Vida yObra de Manuel Curros Enríquez, de AlbertoVilanova; La artesanía en Galicia, de FilgueiraValverde; De la Guerra de la Independencia enGalicia, de Martínez Salazar; Episodios Ga-llegos, de Manuel Casás, e Discurso encol doidioma galego, de Francisco Luis Bernárdez.

1954

Cúmprese o centenario da morte de Xenaro PérezVillaamil (1807-1854) e o do nacemento deRomán Navarro (1854-1928) e a AcademiaProvincial de Belas Artes conmemóraos reali-zando unha exposición da obra de ambos pinto-res.

Comeza a editarse na Coruña a revista Atlántida.Nesta capital tamén aparecen: La Peña y la peña,de Julio R. Yordi, e Poema del imposible sosie-go, de Miguel González Garcés. En Vigo, Ma-nuel Colmeiro, en estudo de Antonio Bonet, eCarlos Maside, no de Álvaro Cunqueiro e Ri-cardo García Suárez.

Falece na Arxentina, en 22 de xuño, o pintor edebuxante Manuel Bujados, nado en Viveiroen 1889; en Montevideo, lugar do seunacemento, Julio J. Casal, fundador da revistaAlfar, que editaba na Coruña cando era Cónsulxeral da República Oriental do Uruguai.

Ramón Cabanillas publica, en Lugo, Da miñazanfona; Leandro Carré, en Braga, Nos picoutosde Antoím; e E. González López e F. Fernándezdel Riego, en Buenos Aires, Galicia, su alma ysu cultura e Galicia no espello, respectivamente.

O 24 de novembro, cando contaba 57 anos, faleceo pintor ferrolano Carmelo F. González.

Borobó fai unha excepción no cotián labor e editaXan Po´reás, burlador de diablos (leyendafáustica). Libro de especial significación na na-rrativa galega é Nasce un árbore, de Gonzalo

Rodríguez Mourullo. Outros libros relevantesson Estudios jacobeos, de J. Carro García; Mo-nasterios cistercienses de Galicia, de L. TorresBalbás, e La construcción de la catedral deOrense, debido a J. M. Pita Andrade.

1955

9 de maio: falece en Santiago Antonio CouceiroFreijomil, erudito autor dun Diccionario Bio-Bibliográfico de escritores gallegos, entre outrasobras. Nacera en Pontedeume, no ano 1888.

Uxío Novoneyra saca á luz o seu primeiro libro deversos, Os eidos. Álvaro Cunqueiro deleitaaos seus leitores con Merlín e familia, e RamónCabanillas aos seus con Versos de alleas terrase de tempos idos (Paráfrasis galegas).

Inaugúrase na Coruña a Casa da Cultura, que com-prende o Arquivo Rexional de Galicia e Biblio-teca pública. O edificio é obra do arquitecto An-tonio Tenreiro Rodríguez.

Primeira actuación pública do Ballet Galego «Reyde Viana».

Ramón Cabanillas.

Page 24: CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 … 457...457 Anuario Brigantino 2003, nº 26 CRONOLOXÍA DA CULTURA GALEGA ENTRE 1903 E 1956 1903 18 de xaneiro: a recén creada Escola Rexional

480Anuario Brigantino 2003, nº 26

ALFONSO POSSE ROMERO

V. Cobas Pazos dá a coñecer o seu estudo sobreLa gaita gallega, Chamoso Lamas o seu referi-do a La arquitectura barroca en Galicia, e M.Vázquez Seijas os que fixo en relación coasFortalezas de Lugo y su provincia.

Falece na Coruña o pintor Jesús GonzálezConcheiro.

Isaac Díaz Pardo.

O 29 e 30 de outubro celébrase en Braga a I Asam-blea Luistano Galega, por iniciativa da Acade-mia Galega.

Fernando Mon, Gente conocida; José MªCastroviejo, Apariciones en Galicia; F. BouzaBrey, Seitura, son títulos aparecidos neste ano,aos que cómpre engadir a edición, en BuenosAires, de Galería de gallegos ilustres, deTeodosio Vesteiro Torres.

1956

Consolídase a presencia do galego na literaturagrazas á actividade da Editorial Galaxia, que nesteano saca á luz: Da esencia da verdade, deHeidegger, en versión de Celestino F. de laVega; Terra brava, o segundo libro de contos deÁnxel Fole; As crónicas do Sochantre, deCunqueiro, e As covas do Rei Cintolo, de Da-niel Cortezón.

Nas Festas Minervales da UniversidadeCompostelá acadou o primeiro premio denarracións galegas Gonzalo R. Mourullo con«Carta a un irmán», que xuntamente con outrasdirixidas a distintos destinatarios, dá á estampaen Ediciones Monterrey formando o volume Me-morias de Tains.

En Buenos Aires, aparece Unha presa de dibuxosfeitos por Isaac Díaz Pardo de xente do seurueiro. E, en Río de Xaneiro, O Cancioneiro deMartín Códax, por Celso Ferreira da Cunha.

Autorretrato deCebreiro.