crónica iv encontro da rede solidaria da mocidade entreculturas

6
IV ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS GUADARRAMA, FEBREIRO 2014 Por terceira vez consecutiva, o CPI Virxe da Cela participa no Encontro da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas que se celebra bianualmente en Guadarrama (Madrid). Neste xa IV Encontro da Rede, que leva por lema Remóvete e actúa pola educación e os dereitos humanos, bateuse o record de asistencia: casi 300 persoas, entre alumnos/as, profes, técnicos/as e voluntarios/as de Entreculturas. Outra das trazas que poderían definir este último encontro é a diversidade, xa que nesta ocasión contamos coa presenza de mozos/as e docentes de diferentes países (Ecuador, Colombia, Portugal, Malta, Italia, etc), que aportaron grande riqueza na fala, na cultura, e na maneira de entender o mundo. A pesares do madrugón do venres 14 e a tensión dunha longa viaxe en bus loitando coas adversidades atmosféricas (digamos que as rachas de vento se percibían como auténticas turbulencias), chegamos ao noso destino ao final desa mesma tarde, e a partires de aí sucedéronse unha tras outra as diferentes actividades programadas. Como podedes ver nas fotos, Rocío, Laura, Iago e Adrián comportáronse como uns perfectos embaxadores/as do noso centro, amosando a súa boa disposición, don de xentes, participación activa, e outras moitas virtudesSabemos que foi para eles unha experiencia inesquecible, e proba disto foron as bágoas que se verteron no autobús o domingo ao mediodía, no momento da volta a casaAs profes Yolanda e Verónica tiveron a oportunidade de reencontrarse con outros/as docentes galegos/as que tamén pertencen á Rede, ampliaron a súa formación a través de charlas e dinámicas eaínda que os anos pasan facturaestiveron á altura das circunstancias dándoo todo na sesión disco da noite do sábado

Upload: satelite1

Post on 16-Apr-2017

605 views

Category:

Documents


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Crónica iv encontro da rede solidaria da mocidade entreculturas

IV ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS

GUADARRAMA, FEBREIRO 2014

Por terceira vez consecutiva, o CPI Virxe da Cela participa no Encontro da Rede

Solidaria da Mocidade de Entreculturas que se celebra bianualmente en Guadarrama

(Madrid). Neste xa IV Encontro da Rede, que leva por lema “Remóvete e actúa pola

educación e os dereitos humanos”, bateuse o record de asistencia: casi 300 persoas,

entre alumnos/as, profes, técnicos/as e voluntarios/as de Entreculturas. Outra das

trazas que poderían definir este último encontro é a “diversidade”, xa que nesta

ocasión contamos coa presenza de mozos/as e docentes de diferentes países (Ecuador,

Colombia, Portugal, Malta, Italia, etc), que aportaron grande riqueza na fala, na

cultura, e na maneira de entender o mundo.

A pesares do madrugón do venres 14 e a tensión dunha longa viaxe en bus

loitando coas adversidades atmosféricas (digamos que as rachas de vento se percibían

como auténticas “turbulencias”), chegamos ao noso destino ao final desa mesma

tarde, e a partires de aí sucedéronse unha tras outra as diferentes actividades

programadas. Como podedes ver nas fotos, Rocío, Laura, Iago e Adrián comportáronse

como uns perfectos embaxadores/as do noso centro, amosando a súa boa disposición,

don de xentes, participación activa, e outras moitas virtudes… Sabemos que foi para

eles unha experiencia inesquecible, e proba disto foron as bágoas que se verteron no

autobús o domingo ao mediodía, no momento da volta a casa… As profes Yolanda e

Verónica tiveron a oportunidade de reencontrarse con outros/as docentes galegos/as

que tamén pertencen á Rede, ampliaron a súa formación a través de charlas e

dinámicas e… aínda que os anos pasan factura… estiveron á altura das circunstancias

dándoo todo na sesión disco da noite do sábado…

Page 2: Crónica iv encontro da rede solidaria da mocidade entreculturas
Page 3: Crónica iv encontro da rede solidaria da mocidade entreculturas
Page 4: Crónica iv encontro da rede solidaria da mocidade entreculturas
Page 5: Crónica iv encontro da rede solidaria da mocidade entreculturas
Page 6: Crónica iv encontro da rede solidaria da mocidade entreculturas