couselo

24
COUSELO Lorena Tato e Marcos Torres (3ºB)

Upload: heladio-anxo-fernandez

Post on 24-May-2015

921 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Couselo

COUSELO

Lorena Tato e Marcos Torres (3ºB)

Page 2: Couselo

San Miguel de Couselo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cuntis. Non éuna aldea moi antiga, xa que non hai moitos anos foi anexo da parroquia de Portela. Segundo o padrón municipal do 2004 tiña 187 habitantes (99 mulleres e 88 homes), distribuídos nos lugares de: As Carballas, Constenla, Couselo, Mourigade, O Pazo e A Raxeira. Couselo limita ao Norte con Portela, ao Sur con Piñeiro, ao Leste con Arcos e o Oeste co concello de Valga.

Ás súas costas está o monte Xesteiras cunhaaltura aproximada duns 710 m. É a parroquia máis pequena do Concello de Cuntis, grazas iso convértese nun lugar moiacolledor, agradable e relaxante… É o lugar perfecto para os que van buscando tranquilidade. Na parroquia de Couselo celébrase dúas festas: a rapa das bestas e o patrón da festa que e o San Miguel de Couselo.

Na nosa aldea abundan as terras de cultivo de cereais para o mantemento do gando vacún de algunhas explotacións gandeiras.Tamén abundan as casas antigas que no seu momento foron a envexa de todos os veciños por seren as máisricas.

COUSELO

Page 3: Couselo

COUSELO: IGREXA DE SAN MIGUEL

• A igrexa de San Miguel de Couselo tivo a súa orixe noutra máis antiga, que había no monte de Masteiro. Unha a unha foron baixando polo monte as pedras para construír a nova igrexa. Tamén se baixou unha pía bautismal.

• Este ano restaurouse a sancristía, o que custou uns dous mil euros, para quedar peor do que estaba. Saíu en La Voz de Galicia co título “ chapuzada” por poñerlle unha cor azul.

Page 4: Couselo

• Hai uns 10 muiños na parroquia de Couselo, case todos conservan o rodicio e a moa onde se trituraba o millo,centeo…,

• A forza da auga que entra polo rego move o rodicio, ao chocar coas penlas, que son as que reciben o impulso da auga , facendo xirar a moa, que é a que tritura. Como o gran de trigo ou centeo ou millo baixa pola muxega remata triturado entre as pedras. O tarabelo salta sobre a pedra e fai vibrar a cornizuela para que vaia deixando caer o gran.

• Hai tres muiños na parroquia. O da foto está situada ó noroeste, e para chegar hai que ir polo medio do monte nun lugar difícil de localizar. A este muiño fáltalle o tellado e o rodicio está bastante gastado. Ó lado deste hai dous muiños máis, pero están en moi mal estado. Na actualidade o regato non pasa por debaixo de ningún dos tres muiños.

COUSELO: os muíños

Page 5: Couselo

COUSELO: a fonte

do joio

Esta é a fonte máis famosa de Couselo, xa que é a máis antiga e a calidade da súa auga é das melloresque se pode encontrar en moitos quilómetros áredonda.

A auga desta fonte nace no monte do Catadoiro e baixa polo monte pasando por varios muíños. A auga que cae da fonte vai cara os lavadoiros, ondeantes se ía lavar a roupa, pero non cae dentro da poza senón que xa vai directamente cara ó río. A carón da fonte había un gran campo de herba no que se poñían as sabas a clare Esta fonte taméndispoñía dun gran campo con herba no que se poñían as sabas a clareo.

Antes había unha placa onde poñía o ano exacto no que se puxo a fonte, pero uns seguidores de Franco sacáronlla, ninguén sabe por qué o fixeron.

É unha pena que estas cousas da arquitectura popular se deixen abandonadas e se arruínen, podendo restauralas e presumir das cousas máissignificativas que temos na aldea. Na actualidadeos lavadoiros case non se usan.

Page 6: Couselo

COUSELO: hórreos

Na nosa parroquia hai uns trinta hórreos. O hórreo de arriba é o máis grande de Couselo, con catro claros. Pertence a casa máis rica da aldea. Foi restaurado hai uns cinco anos, estando situado nun xardín a carón dunha mina de auga.

O único defecto que ten este hórreo son os muros de ladrillos e cemento que, os donos da casa lletiveron que poñer, por mor do seu derrubamento, xa que este hórreo é moi antigo.

Ao hórreo de abaixo fáltalle a cruz do tellado que rompeu. Os ladrillos que ten debaixo quédanllemoi mal porque non se lle ven os pés. Os tornarratos serven para que os ratos non poidanentrar dentro a comer. O hórreo utilízase (ouutilizábase) para gardar o gran ou outrosprodutos agrarios. As portas do horreo sitúansecase sempre cara o Norte. Na actualidade moitaxente restaura antigos hórreos como simples adornos.

Page 7: Couselo

COUSELO: o carro das vacas

• O carro de vacas era moi utilizado fai uns anos na agricultura como transporte de carga. Este carro era tirado por dúas vacas xunguidas ao carro cos xugos. Ten dúas rodas de madeira co borde de ferro para poder andar máis facilmente polos camiños, que soían ser de pedra e terra. Aos lados levaba dúas ladras (madeiras) ou estadullos (paos) para suxeitar o que levara dentro.

• Coa chegada da mecanización ó campo ( aparición dos tractores) foron quedando abandonados no curral, nas airas ou nas palleiras.

Page 8: Couselo

COUSELO: O POMBAL

• Este é o único pombal que hai na parroquia, en Mourigade de Arriba. Está bastante conservado aínda que lle falta o tellado, que xa fai tempo que lle caeu. Tiña forma de pico cunhas ventaniñas. Os pombáis na antigüidade estaban nos pazos ou casas ricas, pero neste caso está nunha casa común da aldea.

Por dentro ten unhas especies de mesas onde se lle poñía a comida ás pombas, ten dúas “mesas” pero a unha fáltalle o prato de arriva; e ten numerosos ocos que serían o lugar onde se acubillaban as pombas.

Page 9: Couselo

COUSELO: río da pena

Éste é o chamado “Río da Pena”. Nace no monte do Mosteiro e desemboca na ponte da Anlladano río Gallo.

Máis cun río é un regato porque seca no verán, aínda que non faifalla que chova moito para que vaiaa tope. Cando o río vai cheoséntese o ruído que fai a auga aochocar coas rochas, a moitadistancia, xa que o desnivel que presenta o seu curso é moi alto.

Éste río foi vítima dos xogos de moitos rapaces xa que era o lugar elixido por todos para pasalo ben.

Agora, este río só é vítima dos humanos xa que non hai que buscar moito para encontrar todo tipo de residuos, os cales non deberían estar alí.

Page 10: Couselo

Éste é o río do Masteiro . Éste río forma unha gran fervenza duns 20 metros de altura. Ata non hai moitoeste salto víase perfectamente, pero agora non se ve nada, por culpa de árbores , silvas, toxos e outros arbustos que a tapan.

Éste río é un dos máis fermosos de Couselo polas súas fervenzas e cuncas. Pero tamén é un “vertedoiropúblico” xa que moitas persoasveñen verten alí desperdicios como rodas, e incluso hai latas de gasolina.

Cando verdadeiramente a este río se lle apreza ben a súa fermosura é en outono, porque vai cheo de auga e toda a carriza está verde, mentresdestacan o laranxa e o amarelo das follas dos carballos. En inverno, cando fai moito frío, das rochas e dalgunhas árbores pequenas, penduran pequenos carambelos de xeo, o que fai todo máis fermoso.

COUSELO: río do masteiro

Page 11: Couselo

Gústame porque é un lugar ó que non vai ninguén, polo que é o sitio perfecto para pensar, estar soa…

O peor é que este río pasa ao lado dunha casa e os donos botan alí todo tipo de desperdicios, como plásticos, rodas, cadeiras, animais mortos…

Un grupo de amigos e eu intentamos varias veces limpalo e algunha vez conseguímolo, pero se nos despistábamos uns días xa volvía a estar igual. E incluso algunhas veces os donos da casa berráronnos por estar alí limpándoo. Non teñen razón porque o río non é da súapropiedade. Ó contrario, teríamosque ser nós os que os demandáramos por contaminar o río.

Alí tamén está o carballo máis vello de todo Couselo e o río , no outono, sempre está cheo de landras, e isoaínda o fai todo máis fermoso.

COUSELO: río do joio

Page 12: Couselo

• A corticeira ten unha altura duns 20 metros. Esta árbore está dentro da miña horta, en Constenla. Ten máis dun século e pode superar os 150 anos. A cortiza sácase da capa externa da e serve para protexer a capa interna da árbore. A cortiza externa é unha masa elástica e homoxénea que está formada por células mortas, o quea fai case impermeable para a auga e os gases.

COUSELO: a corticeira

Page 13: Couselo

COUSELO: a pedra

da aguia

Ésta é a famosa Pedra da Aguia, éun conxunto de aproximadamente catro pedras montadas de forma que aguantan de pé. Hai un oco no centro, polo que se pode subir ácima. Outros, en cambio, prefirenescalar xa que aínda que non se apreza na foto, ten unha gran altura.

Dende arriba da Pedra vese unhapanorámica que en moi poucoslugares de aquí se pode mirar, aíndaque moitas veces a néboa non o permite.

Ao subirse á Pedra pódense ver os danos que a erosión do vento e a auga ten producido nela, con varias cuncas e fendas.

En tempos foi o acubillo de moitoshomes cando empezou a Guerra por temor ao terrible “paseo”.

Page 14: Couselo

COUSELO: o xesteiras

O monte Xesteiras cunha altura de uns 710 m e a súa cima domina paisaxes de gran beleza. Dese o cume divísanseó norte as localidades coruñesas de Padrón e IriaFlavia situadas nasproximidades do río Ulla. Ó sur vemos as vilas de Caldas de Reis e Cuntis.

Este tamén foi un dos poucosmontes da zona que carece de un parque eólico, aínda que está planificado facer un. Istocreo que vai a estragarr toda a fermosura da que agorapresume o noso monte.

Tamén é famoso pola caza e por terse convertirse nuncircuíto para os moteiros. Non terán outro sitio!

Page 15: Couselo

COUSELO: A RAPA DAS BESTAS

A rapa das bestas celébrase aolongo dun fin de semana de agosto, durante tres días seguidos, venres, sábado e domingo. O primeiro día pola noite faise unha degustación gratuita do poldro, o segundo día é a festa do cabalo e o terceiro día a rapa, que consiste en reunir os cabalos nun curro para marcalos e cortarlle as crinas. Tódolos anos habilítase unha zona de acampada. Cada ano sortean un poldro.

Page 16: Couselo

COUSELO: A economía

• Na parroquia só hai tres veciños que teñan vacas para vender o leite. As crías véndenas ou déixanas para o seu consumo. Nesta granxa teñen 10 vacas. Está feita de bloques e uralita para conservar o fresco de verán e a calor no inverno. As vacas están separadas por uns ferros curvados e están atadas con cadeas. Cada dúas vacas hai bebedoiro. Diante delas esta o presebe onde comen herba, millo… Detrás delas hai unha canaleta por donde pasan os excrementos que van para un pozo onde se almacenan os residuos, para despois utilizalos como abono.

Page 17: Couselo

COUSELO: A economía

• En Couselo destacan os invernadoiros de Enanflor, adicados ao cultivo de plantas e árbores de adorno, e froiteiras. Ten cinco invernadoiros de ferro e plástico. O interior é de cemento e teñen unhas pozas onde están as prantas. Ó lado teñen unha parcela de terreo onde plantan directamente na terra algunhas árbores de adorno e froiteiras. Estes invernadoiros están situados nunha zona despexada ao Norte de Couselo ó lado da estrada xeral. De noite podemos velos grazas aos tubos fluorescentes.

Page 18: Couselo

COUSELO: AS CASAS

Ésta casa foi unha das máisimportantes e ricas de Couselo. Chamada “A casa do panadeiro”. Os donos da casa eran dunha familia rica de Santiago de Compostela, e un panadeiro da aldea mercoulla. A ela acudían antes tódolosrapaces da aldea a recibir a ensinanza imposta polos profesores.

Ademais de ser unha casa de pedra moi antiga e grande, esta casa tamén destaca por teren o hórreo máis grande e antigo de Couselo, de catro claros, unhapalleira de pedra, onde aíndaestán gardados algúns antigosutensilios de labranza e o máisimportante, unha antiga mina de auga, que era de onde se sacaba a auga para o uso dos habitantes da propia casa.

Page 19: Couselo

COUSELO: AS CASAS

Ésta foi a casa máis importante de Couseloe a que tivo máis que ver no desenvolvemento da nosa aldea. Era a casa dun médico chamado Don Gabriel Porto Neira, que faleceu o 1 de xullo de 1951 ós 72 anos e a súa muller Dª Consuelo GontadRey, que faleceu o 15 de Agosto de 1940.

Nesta casa o prestixioso médico pasaba consulta a todos os veciños con algunhadoenza e a veciños de aldeas próximas. Tamén pasaba consulta en Cuntis.

Foi a primeira casa de Couselo en ter unhatelevisión, e isto revolucionou o mundo da tecnoloxía nesta pequena aldea.

Esta casa está reformada, xa que tiña unhapedra moi fina e cambiáronlla por unha máisgrosa sobre o ano 1941.

Tamén foi a primeira casa en utilizar un pequeno terreo para un xardín, para o cal tiñan o seu propio xardiñeiro.

Page 20: Couselo

COUSELO: AS CASAS

Ésta é a casa que menos me gusta de todo Couselo, chamada a “casa do CamiñoNovo”. Non é porque sexa a máis pobre, o cal, non é certo; senón porque os donos destacasa, intentando restauralaesnaquizárona aínda máis.

Os donos desta casa estiveronen Suíza durante uns anos, e isto supuxo que gañaran máiscartos e que quixeran reformar a casa. Antes era unha casa como calquera outra, non moi grande, de cor branca… Pero empezaron a aumentarlleanacos, e cada vez se fixo máisgrande, o cal xa a fai máis fea, e como remate pintárona desa cortan chamativa.

Page 21: Couselo

COUSELO: AS CASAS

• A casa esta é unha das máis bonitas da parroquia, porque foi restaurada fai pouco tempo. Nela podemos aprezar as características da casa típica do rural galego, xa que ten as fiestras pequenas, os muros son grosos o tellado a dúas augas, utilizando a tella do pais.

• Ten un alpendre no fondo para gardar os animais e os apeiros de labranza. Tamén ten un hórreo, ainda que non aparezca na foto, onde se gardaba os cereais durante o inverno. Os elementos máis novos son o xardín e máis o cerramento.

Page 22: Couselo

• E outra das casas que me gustan da parroquia. Esta casa foi construída xa fai moitos anos por uns veciños que emigraran a Andorra. Por iso permanece pechada durante todo o ano, agás nas vacacións, que as veñen pasar aquí coa súa familia.

• O que lle queda bastante mal é a entrada, porque o portal é máis alto que a parede, e as columnas de ladrillo quédalle mal coa pedra. Destaca como elementos típicos do rural e a utilización da pedra do país. A diferenza da anterior casa, non ten alpendre nin hórreo.

COUSELO: AS CASAS

Page 23: Couselo

COUSELO: AS CASAS

• Nesta diapositiva móstrase unha casa de recente construción, a cal non me gusta porque é moi moderna, e non se integra no medio, polos elementos que a conforman e pola súa arquitectura en xeral.

• A casa está situada no medio dunhas leiras, sin agruparse nunha aldea. Esto supón uns gastos dos servizos públicos, como a recollida de lixo, alumeado … Ademais está a beira dun río, o que supón durante moitos días do ano néboa, e ao mesmo tempo é unha zona onde sopra moito o vento do norte.

Page 24: Couselo

COUSELO: o campo da festa

O edificio de cor branca que aparece por detrás do palco é a antiga escola, a que aínda fun ata os cinco anos, e aomarchar os rapaces para o colexio, esta tivo que pechar. Agora úsase como “estudo de música” para algúns e obradoiro de manualidades para outros.

Aquí tamén estaba o patio da escola, onde había un gran xardín e xogoscomo os columpios, pero como un ano un camión dun grupo musical se enterrou na lama tiveron que botarlleformigón para que non volvese a suceder.

Este campo tamén o utilizamos algúnsrapaces como parada do autobús xaque se chove podémonos resgardar da choiva no palco,