coplas dos maios 2014 - edu.xunta.gal coplas maios 5º b cando chega a primavera ven chea de cores e...

16
COPLAS DOS MAIOS 2014 CEP CELSO EMILIO FERREIRO - VIGO

Upload: others

Post on 29-Aug-2019

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: COPLAS DOS MAIOS 2014 - edu.xunta.gal coplas maios 5º b cando chega a primavera ven chea de cores e de alegrÍa, os paxaros cantan todo o dÍa e os maios veÑen a miÑa vera. en ucraÍna

COPLAS DOS MAIOS 2014

CEP CELSO EMILIO FERREIRO - VIGO

Page 2: COPLAS DOS MAIOS 2014 - edu.xunta.gal coplas maios 5º b cando chega a primavera ven chea de cores e de alegrÍa, os paxaros cantan todo o dÍa e os maios veÑen a miÑa vera. en ucraÍna

COPLAS DOS MAIOS 1ºA

Somos os peques do cole

Celso Emilio Ferreiro

Vimos cantar os maios

Con espíritu festeiro.

Vai nacer o verde maio

Trae mil raios de sol

Cheo de apertas e bicos

Abridelle os corazóns!

Xa chegas maio

Cargado de flores

Cantámosche nenas e nenos

e os profesores.

Xa chegou o maio

cargadiño de flores

o mes mais bonito

cheo de cores.

Un maio cheo de flores

imos preparar

con fiuncho, ovos e cores

para adornar.

Levantate maio

que tanto durmiches

que chegou o cuco

e non o viches.

Page 3: COPLAS DOS MAIOS 2014 - edu.xunta.gal coplas maios 5º b cando chega a primavera ven chea de cores e de alegrÍa, os paxaros cantan todo o dÍa e os maios veÑen a miÑa vera. en ucraÍna

COPLAS DE 1ºB

XA CHEGOU O MAIO

E VEN MOI CANSADO

PARA O NOSO COLE

TRAE UN BO RECADO:

FALEMOS GALEGO

NENOS, PAIS E AVÓS

SE ALGÚNS NON O QUEREN,

QUERÉMOLO NÓS.

XA CHEGOU O MAIO

FERMOSO E FLORIDO

E AO COLE CELSO EMILIO

ENCHEUNOS DE COLORIDO.

E ASÍ REMATAMOS

ESTE PRIMEIRO MAIO

ES PEREMOS QUE O ANO QUE VEN

SEXA DE NOVO CELEBRADO.

Page 4: COPLAS DOS MAIOS 2014 - edu.xunta.gal coplas maios 5º b cando chega a primavera ven chea de cores e de alegrÍa, os paxaros cantan todo o dÍa e os maios veÑen a miÑa vera. en ucraÍna

COPLAS DOS MAIOS

2ºB

O primeiriño de maio Pedímoslle

ao Conselleiro

principiamos a cantar ao Alcalde

e a Feijoo

nesta gran cidade que

invirtan máis cartos

bañadiña polo mar. en

Educación.

Velaquí está o maio

do Celso Emilio Ferreiro

con flores, fiunchos

e pampullos de Vigo enteiro.

Do noso colexio

temos moito que contar

pois xa vai velliño

e haino que arranxar.

Page 5: COPLAS DOS MAIOS 2014 - edu.xunta.gal coplas maios 5º b cando chega a primavera ven chea de cores e de alegrÍa, os paxaros cantan todo o dÍa e os maios veÑen a miÑa vera. en ucraÍna

Con tantos recortes

en educación

non chegan os cartos

nin para a calefacción.

COPLA DOS MAIOS DE 3º A

OS NENOS E NENAS

DO CELSO EMILIÑO,

CELEBRAN O MAIO

MOI CONTENTIÑOS

CON FLORES E HERBIÑAS:

ARREDOR DO NOSO MAIO,

CANTAMOS COPLIÑAS

E BAILAMOS CON CLAVES.

ARREDOR DO NOSO MAIO,

CON VOLTAS E VOLTAS

DESPEDIMOS O INVERNO

E BENVIDA A PRIMAVERA.

ARREDOR DO NOSO MAIO,

Á RAIOLA DO SOL

O AIRE FROTA

E NOS MAIOS REBOTA.

ARREDOR DO NOSO MAIO,

PEQUENOS E MAIORES

DECORADOS DE FLORES

GOZAMOS DOS CANTARES.

ARREDOR DO NOSO MAIO,

GRAZAS A PRIMAVERA

TAMÉN PLANTAMOS SEN PARAR

PARA MOITO COLLEITAR

NO NOSO HORTO ESCOLAR.

Page 6: COPLAS DOS MAIOS 2014 - edu.xunta.gal coplas maios 5º b cando chega a primavera ven chea de cores e de alegrÍa, os paxaros cantan todo o dÍa e os maios veÑen a miÑa vera. en ucraÍna

COPLAS DE 3ºB

Somos nenos de terceiro

somos, somos faladeiros

por iso a nosa profe

moito tírase dos pelos.

Este ano limos contos

e historias de medo

por iso vemos pantasmas

cando imos ao recreo.

Estes profes son moi malos

non nos paran de mandar

sempre mandando deberes

non nos deixan descansar.

Mes de maio, mes de maio

mes de amores e meigallos

nesta clase diso saben

algúns nenos e namorados.

E con isto despedímonos

esperando gustarvos

con estas coplas de maios

Page 7: COPLAS DOS MAIOS 2014 - edu.xunta.gal coplas maios 5º b cando chega a primavera ven chea de cores e de alegrÍa, os paxaros cantan todo o dÍa e os maios veÑen a miÑa vera. en ucraÍna

COPLAS 4ºA Vinde ver os maios

do Celso Emilio Ferreiro,

Que veñen con ganas,

flores, coplas e pandeiros

Os alumnos de 4ºA

Os maios festexamos,

Fixemos as coplas

E a todos as cantamos.

Xa chegou o maio

E ven moi cansado,

Para o noso cole

Trae un recado.

Falemos galego

Nenos, país e avós

Se algún o desprezan

Defendémolo nós!

É a nosa lingua

E non vai morrer

Porque se ti queres

Ímola defender.

Aínda vou á escola

heime de aplicar,

Para ser boa persoa

O día de mañá.

Penso que os deberes

Non so poden consentir,

Nós que somos alumnos

Queremos decidir.

Ain oso Cristianiño!

Mellora un pouquiño!

Que con esa lesión

Podes caer na depresión

Ai Messi Messi

Non te moves nada,

O Mundial é importante,

E a liga segue adiante.

O Real e o Atlethic

Xogan en Lisboa,

todos temos que ir alá

se queres ver cousa boa.

Tamén no país

Estamos xa fartos,

De ver aos políticos

Roubarnos os cartos.

O noso Presidente

Non nos saca da crise,

Con tanto recortar

Deixou sen traballo á xente.

Con tanta cicloxénese

Fixemos tarde o horto.

Agora hai que aplicarse

E entre todos traballar moito

Queremos froitos naturais

No noso horto escolar,

Para comer todos os días

Estar sans e medrar.

Os alumnos de 4ºA

Rematamos de recitar,

Voltamos con Pepe

De novo a estudar.

Page 8: COPLAS DOS MAIOS 2014 - edu.xunta.gal coplas maios 5º b cando chega a primavera ven chea de cores e de alegrÍa, os paxaros cantan todo o dÍa e os maios veÑen a miÑa vera. en ucraÍna

COPLAS 4ºB

Ahí vén o maio

cargado de cor

Ahí vén o maio

sen moita calor.

Nenos e nenas

bailando ó compás

desta copliña

unha vez máis.

Mozos e vellos

cantade con nós

xa chegou o maio

cheíño de son.

Canta o griliño

co seu cri cri cri

escoitamos a ra

co seu croac croac croac.

Zumban as abellas

libando na flor

e os paxariños

piando ó sol.

Ahí vé o maio

cargado de cor

Ahí ven o maio

sen moita calor.

Nenos e nenas

mociños e vellos

bailemos o maio

que xa chegou.

Ahí vén o maio

cargado de cor

Ahí vén o maio

sen moita calor

---------------------------------

Na festa dos maios

con ovos e flores

moitos maios

visten de cores.

Nos campos da aldea

ou da cidade

todos os maios

saen en liberdade.

--------------------------

Os maios son bonitos

os maios teñen flores

e van polas rúas

lucindo as cores.

Os maios na primaveira

hai que sacar

para as rúas máis grises

poder adornar

Pétalos,ovos e flores

hai que pasear

e os nenos de 4º

temos que levar.

---------------------

Page 9: COPLAS DOS MAIOS 2014 - edu.xunta.gal coplas maios 5º b cando chega a primavera ven chea de cores e de alegrÍa, os paxaros cantan todo o dÍa e os maios veÑen a miÑa vera. en ucraÍna

COPLAS DOS MAIOS -5º A

Levantádevos maios

e poñédevos a escoitar

que os nenos do Celso

queren falar.

Xa chegaron os Maios,

abriron as flores,

novos anos,

e novos amores.

Neste día fermoso de maio,

todo o mundo goza da troula

Neste día fermoso de maio,

todo o mundo baila,canta e chouta.

Xa comezou a primavera

e con ela a felicidade

aínda que a crise non se vai

non tes que perder a dignidade.

Este ano o maio

fala galego.

Quéixase do seu galego mal falado

pero non e tan malo.

Parece que en Galicia quérennos liar falando tres linguas para nos modernizar.

Na actualidade

o Barça non vai ben

o Madrid aínda tira

e no “Atleti” nin o creen

Hoxe en día

o Madrid ten a copa

pero Sergio Ramos

este ano non fixo a broma

O Tata Martino

non da pé con bola

e ao Cholo Simeone

fánlle moito a ola.

Chegaron os Maios,

abriron as flores,

cantan os paxaros,

hai novos amores.

Page 10: COPLAS DOS MAIOS 2014 - edu.xunta.gal coplas maios 5º b cando chega a primavera ven chea de cores e de alegrÍa, os paxaros cantan todo o dÍa e os maios veÑen a miÑa vera. en ucraÍna

Este ano os maios

veñen moi mollados

se non para de chover

non poderemos pasealos.

Faga o favor, isto é un espanto!

se non queres maios que che parta un raio!

Xa chegaron os maios

e imos facer unha festa para celebralo.

Con adornos como ovos,flores e froitas

dando voltas e xogando.

Viñeron os Maios

tan frescos e lindos

viñeron os Maios

e queremos traballos.

Page 11: COPLAS DOS MAIOS 2014 - edu.xunta.gal coplas maios 5º b cando chega a primavera ven chea de cores e de alegrÍa, os paxaros cantan todo o dÍa e os maios veÑen a miÑa vera. en ucraÍna

COPLAS MAIOS 5º B

CANDO CHEGA A PRIMAVERA

VEN CHEA DE CORES E DE ALEGRÍA,

OS PAXAROS CANTAN TODO O DÍA

E OS MAIOS VEÑEN A MIÑA VERA.

EN UCRAÍNA CON TANTOS TIROS

TAMÉN PARECEN QUE ESTÁN TOLOS,

POÑEN MINAS POR AQUÍ E POR ALÁ

EN RUSIA NIN SEQUERA QUEREN PARAR.

COA GRANDE CRISE

E ESTE PRESIDENTE,

ESTE GRAN PAÍS

VAISE AO GARETE.

HAI POUCO DIÑEIRO

E HAI POUCO TRABALLO,

SE RAXOI DIMITIRA

A MENTIRA ACABARÍA.

GRAZAS AO PROXECTO,

UN ORDENADOR TEÑO,

O USAMOS CADA DÍA,

PARA APRENDER CON TECNOLOXÍA.

Page 12: COPLAS DOS MAIOS 2014 - edu.xunta.gal coplas maios 5º b cando chega a primavera ven chea de cores e de alegrÍa, os paxaros cantan todo o dÍa e os maios veÑen a miÑa vera. en ucraÍna

COPLAS 6ºA

Maio, este é o primeiro ano

que vas a estar no noso colexio,

por iso queremos celebrar

como nunca este gran festexo.

Os nenos do Celso Emilio

clase 6ºA,

realizan un maio

con flores e mais.

Todo cheo

de alegría e amor,

o maio vístese

cheo de cor.

Os nenos traballan sen cesar,

poñendo carteis sen parar

só para poder invitar,

as persoas de Coia a celebrar.

Maio florido e fermoso,

que inundas de flores o campo noso,

revolotean os paxaros gozosos,

e os coellos xantan moi silenciosos.

Maio soleado e caloroso,

cos teus animaliños gozosos,

ímosche dar moito amor,

alegría, felicidade, amizade e cor.

Os nosos políticos

non cambian as leis,

creen que son os supremos

e viven coma reis.

O noso gran Celtiña,

non vai descender,

pero os deportivistas

seguro que van ascender.

Os de sexto do Celso Emilio

este maio imos cantar,

con moita pena e tristeza

porque nós, imos marchar.

Con flores e froitos

con follas e prantas

uns Maios fermosos

facemos gozosos.

Este é un Maio

Page 13: COPLAS DOS MAIOS 2014 - edu.xunta.gal coplas maios 5º b cando chega a primavera ven chea de cores e de alegrÍa, os paxaros cantan todo o dÍa e os maios veÑen a miÑa vera. en ucraÍna

alegre e floreado,

este é un Maio

contento e animado.

Que estas festas

quere xogar e divertir,

para a vostede

facer rir.

Aí ven o Maio,

qué mes máis xeitoso!

É o máis festeiro,

florido e fermoso.

Aí ven o Maio,

collámolas xestas,

adornemos con elas

portas e fiestras.

Despois dun inverno

tan maliño,

ven a primavera

con sol e cariño.

Maio , Malliño ,

mándanos recoller flores,

froitos e demais

para logo ti,

poñer no teu corpiño.

Ai Maio…

hoxe temos para ti

unha cunca de flores.

Este ano vas estar cheo de cores.

OOss nneennooss ddee 66ººAA,,

oo MMaaiioo lleevvaannttaammooss,,

ee ppoorr iissoo ccoonn ffoorrzzaa

ttooddooss bbeerrrraammooss::

MMaaiioo,, cchheeggaa rrááppiiddoo

ee nnoonn nnooss ffaaggaass aaggaarrddaarr,,

ppoorrqquuee sseennóónn mmooiittoo rruuííddoo

vvaass eessccooiittaarr!!!!!!!!!!..

Page 14: COPLAS DOS MAIOS 2014 - edu.xunta.gal coplas maios 5º b cando chega a primavera ven chea de cores e de alegrÍa, os paxaros cantan todo o dÍa e os maios veÑen a miÑa vera. en ucraÍna

COPLAS 6ºB

A primavera xa pasamos

e unha festa celebramos

con flores e agasaios

celebramos o día dos maios .

Vinde ver o Maio

do CEP Celso Emilio

que este ano aparece

con ganas de alegrar.

Xa chegan e nós

ímoslles recitar,

unha boa copla

para poder festexar.

Os maios xa chegaron

e nós celebrámolos

a pesar de todo o que chove

a ver se hoxe damos!

Xa chegan os maios

vestidiños de flores

veñen tan grandes e

de tan belas cores!

Todo o día imos festexar

ao son da música bailar.

Neste día alegre

non estaremos depres.

A primavera vai amencer

Con moito traballo, e ganas de saír

Aínda que no outono todo se vai desfacer,

con cantidade de flores estivemos a construír.

Page 15: COPLAS DOS MAIOS 2014 - edu.xunta.gal coplas maios 5º b cando chega a primavera ven chea de cores e de alegrÍa, os paxaros cantan todo o dÍa e os maios veÑen a miÑa vera. en ucraÍna

Por fin a primavera chegou

e ímolo celebrar, como non!

con bailes e cancións alegres

xa o veredes!

Todos xuntos celebramos

sen odios nen rencores

como verdadeiros compañeiros

neste mes das flores!

Para Rajoy, Señor Presidente

eres coma un meco que non sinte

coma un marciano en nave espacial

coma palomitas sen sal!

Vaites dunha vez

ao teu lugar infernal

non danes ao sistema

alá vai o meu poema!

Este ano, desexamos celebrar

unha festa sen penas

con todo o mundo sen guerras

e que así sexa todas as primaveras.

Rajoy non me quites o verán

todos os días veño a traballar

pero as miñas vacacións

non mas podes recortar.

Xa basta de paro!

E do pouco soldo tamén!

Xa estou farta!

Que Rajoy desperte dunha vez!

Nestes partidos que lle quedan ao Celta

estaremos felices,

outra vez en primeira división,

todos o dicen.

Na animada liga española

hai varios equipos que molan

o Atlético en primeiro lugar

sen xogo bonito pero eficaz.

O Madrid vai atrás

con Pepe repartindo tris-tras

e, o mellor de Galicia

o Celta que a permanencia acaricia!

Para rematar imos falar

do Barça e o terceiro lugar,

quen aínda sen gañar

moito dá para comentar.

Page 16: COPLAS DOS MAIOS 2014 - edu.xunta.gal coplas maios 5º b cando chega a primavera ven chea de cores e de alegrÍa, os paxaros cantan todo o dÍa e os maios veÑen a miÑa vera. en ucraÍna

Pepe, para xa de lesionar,

os xogadores fartos están.

Telo que superar.

Se sigues así a carcel irás.

Para os de sexto

É o primeiro e último maio

Imos para o instituto

Xa imos medrando.

Levamos moitos deberes,

non vos sorprenderedes.

Pois somos os maiores,

menudos honores!!

Dende terceiro estamos coa teacher Elena

e agora nos vamos, ai que pena!

Da pena dicir adeus despois de tantos anos

pero é que ao instituto xa marchamos.

Da nosa mestra Charo témonos que despedir,

pois xa chega o novo curso ao que temos que

asistir.

Adeus Celso Emilio e os teus profesores,

vámonos ao instituto a facernos maiores.