cool carballeira! … · os baila-ríns de nova galega de dan-za farán unha perfomance vestidos...

8
Sen dúbida, unha das características principais da cultura dos nosos días é a transversalidade. Richard Wagner, aínda no século XIX, definiu a obra de arte to- tal, ou gesamtkunstwerk, como o eixo sobre o que facer real o seu universo de melodrama infinito. Na idea do mestre alemán, a música, a escena e o drama viñan formar unha unidade cara á con- secución dun espazo sublime e ideali- zado. Tamén as creacións de Gabriele D´Annunzio acadaron cumios na trans- versalidade.A súa colaboración coa bailarina Ida Rubinstein, para represen- tar o libreto O martirio de San Sebastián, con música de Debussy e coreografía de Michel Fokine,é un exemplo da com- binación de expre- sións artísticas para a invención dunha obra unívoca e ab- soluta. Un dos enderezos onde máis se apoiou a intertextualidade foi nos Ballets Rusos de Diaghilev: a com- pañía que chamaba a pintores, músicos, bailaríns, modistos... artistas poliédricos para crear uns es- pectáculos que eran o espírito dos tem- pos. Na xeiras destes ballets, outra bailarina, a libérrima Isa- dora Duncan, facía tamén grandes inno- vacións, tanto no eido coreográfico co- mo na presentación do corpo da muller. A grande iconoclasta da representación contemporánea do feminino,atopou no artista, deseñador e modisto Mariano Fortuny un aliado perfecto para se vestir nas súas actuacións e na vida privada. Ela levaba de cotío os tecidos Delfos que evocaban a antigüidade clasicista e eran, á vez, innovadores da integración de moda, escena e modernidade. Xa na segunda parte do século XX, o importante avance da moda, como eido integrador de todas as artes comezou a tomar relevancia como fío difusor do eclecticismo formal. A idea de Elsa Schiapareli, de colaborar con artistas como Salvador Dalí ou Jean Cocteau, foi visionaria do matrimonio de moda e arte. Chanel, vestiu bailaríns;Yves Saint Laurent, actrices; da súa parte,Loris Azzaro ocupouse de cantantes como Te- resa Berganza. Xa máis cerca dos nosos días, son famosas a colaboracións de Gianni Versace cos ballets de Maurice Bejar ou tamén. as“amizades perigosas” de Madonna con Jean Paul Gaultier. Situada nese mesmo contexto,a escena galega avanza cara a crea- ción e divulgación no eido intertex- tual, atopando na creación musical, na danza e na moda senlleiros re- presentantes. Así, unha das agrupa- cións que máis está a facer pola creación dun espectáculo global é Nova Galega de Danza. Este corpo de artistas, dirixido polos bailaríns e coreógrafos Vicente Colomer e Jaime Pablo Díaz,está a vivir un momento dourado, cunha axen- da repleta de compromisos na- cionais e internacionais que conta co aplauso xeral da au- diencia e da crítica. A próxima cita con intertex- tualidade en Galicia terá lugar o día 8 de xullo na galería de arte Factoría Compostela, en Santiago.Alí ,catro exposi- cións dedicadas á moda, á ar- te, á xoieiría e ao deseño in- dustrial ocuparán o espazo expositivo,creando por vez pri- meira na nosa terra unha inte- gración de todas as formas de expresión plástica nun evento único. Os bailaríns e coreógrafos de Nova Galega de Danza,Vicente e Jaime, participarán no evento.A súa presenza estará integrada na exposición de traxes de escena da deseñadora Isabel Mastache.A crea- dora galega presentará os dous mo- delos de escena que ten creado para a soprano Simone Ker- mes, baixo o título “Dous traxes musictrack”.A cantante interpre- tará, á súa vez, arias de Hän- del e Vivaldi nun con- certo no Festival Via Stellae. A oportunidade é que se exporán os tra- xes-escultura na galería compostelá baixo unha instalación integradora de música e moda. Os baila- ríns de Nova Galega de Dan- za farán unha perfomance vestidos por Isabel Mastache. Será una alegoría da arte do vestido unida á arte da dan- za, dialogando de igual a igual: dúas formas de expre- sión de fonda tradición na construción da moderni- dade. A exposición dos traxes permanecerá va- rias semanas e poderán verse na actuación da Kermes na Sala Capi- tol.Pero o evento per- formativo será úni- co, así que cómpre reservar a data na axenda. Xunto esta al- quimia de danza- moda, da man de Nova Galega de Danza e Isabel Mas- tache, haberá tamén deseño industrial e arte por parte de José Bouzas, dende Andró- mena; e haberá aínda xoiería e arte contempo- ránea en“Entre espazos”, da man de Marta Prieto. Todo iso baixo a coordi- nación dos galeristas Con- cha Fontenla e Antonio Cervera. Imos a velocida- de de escape, guiados po- la luz da estrela transver- sal. Coordina: Xose Ramón Pena Nº 338 XOVES, 1 DE XULLO DE 2010 AZULEXOS DE CARLOS SOBRINO EN PONTEVEDRA / PÁX. III ENTREVISTA CON ACISCLO MANZANO / PÁX. IV-V Cool carballeira! A nova danza galega ROMÁN PADÍN OTERO FOTO: ELI REGUEIRA MÚSICA: “XXI ”, MILENIO NOITAREGA / PÁX. VIII

Upload: others

Post on 24-Jul-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Cool carballeira! … · Os baila-ríns de Nova Galega de Dan-za farán unha perfomance vestidos por Isabel Mastache. Será una alegoría da arte do vestido unida á arte da dan-za,

Sen dúbida, unha das característicasprincipais da cultura dos nosos días é atransversalidade. Richard Wagner, aíndano século XIX, definiu a obra de arte to-tal, ou gesamtkunstwerk, como o eixosobre o que facer real o seu universo demelodrama infinito. Na idea do mestrealemán, a música, a escena e o dramaviñan formar unha unidade cara á con-secución dun espazo sublime e ideali-zado.

Tamén as creacións de GabrieleD´Annunzio acadaron cumios na trans-versalidade. A súa colaboración coabailarina Ida Rubinstein, para represen-tar o libreto O martirio de San Sebastián,con música de Debussy e coreografíade Michel Fokine,é un exemplo da com-binación de expre-sións artísticas paraa invención dunhaobra unívoca e ab-soluta.

Un dos enderezosonde máis se apoioua intertextualidadefoi nos Ballets Rusosde Diaghilev: a com-pañía que chamabaa pintores, músicos,bailaríns, modistos...artistas poliédricospara crear uns es-pectáculos que erano espírito dos tem-pos. Na xeiras destesballets, outra bailarina, a libérrima Isa-dora Duncan, facía tamén grandes inno-vacións, tanto no eido coreográfico co-mo na presentación do corpo da muller.A grande iconoclasta da representacióncontemporánea do feminino, atopou noartista, deseñador e modisto MarianoFortuny un aliado perfecto para se vestirnas súas actuacións e na vida privada.Ela levaba de cotío os tecidos Delfosque evocaban a antigüidade clasicista eeran, á vez, innovadores da integraciónde moda, escena e modernidade.

Xa na segunda parte do século XX, oimportante avance da moda,como eidointegrador de todas as artes comezou atomar relevancia como fío difusor doeclecticismo formal. A idea de ElsaSchiapareli, de colaborar con artistascomo Salvador Dalí ou Jean Cocteau,foi visionaria do matrimonio de moda earte. Chanel, vestiu bailaríns;Yves SaintLaurent, actrices; da súa parte,LorisAzzaro ocupouse de cantantes como Te-resa Berganza. Xa máis cerca dos nososdías, son famosas a colaboracións deGianni Versace cos ballets de MauriceBejar ou tamén. as“amizades perigosas”de Madonna con Jean Paul Gaultier.

Situada nese mesmo contexto, a

escena galega avanza cara a crea-ción e divulgación no eido intertex-tual, atopando na creación musical,na danza e na moda senlleiros re-presentantes. Así, unha das agrupa-cións que máis está a facer polacreación dun espectáculo global éNova Galega de Danza. Este corpode artistas,dirixido polos bailarínse coreógrafos Vicente Colomer eJaime Pablo Díaz, está a vivir unmomento dourado, cunha axen-da repleta de compromisos na-cionais e internacionais queconta co aplauso xeral da au-diencia e da crítica.

A próxima cita con intertex-tualidade en Galicia terá lugar

o día 8 de xullo na galeríade arte Factoría Compostela,en Santiago.Alí ,catro exposi-cións dedicadas á moda,á ar-te, á xoieiría e ao deseño in-dustrial ocuparán o espazoexpositivo,creando por vez pri-meira na nosa terra unha inte-gración de todas as formas deexpresión plástica nun eventoúnico.

Os bailaríns e coreógrafos deNova Galega de Danza,Vicente eJaime, participarán no evento. Asúa presenza estará integrada naexposición de traxes de escena dadeseñadora Isabel Mastache.A crea-dora galega presentará os dous mo-delos de escena que ten creadopara a soprano Simone Ker-mes, baixo o título “Doustraxes musictrack”. Acantante interpre-tará, á súa vez,arias deH ä n -

del e Vivaldi nun con-certo no Festival Via

Stellae.A oportunidade é

que se exporán os tra-xes-escultura na galería

compostelá baixo unhainstalación integradora de

música e moda. Os baila-ríns de Nova Galega de Dan-

za farán unha perfomancevestidos por Isabel Mastache.Será una alegoría da arte dovestido unida á arte da dan-za, dialogando de igual aigual: dúas formas de expre-sión de fonda tradición naconstrución da moderni-dade. A exposición dostraxes permanecerá va-rias semanas e poderánverse na actuación daKermes na Sala Capi-tol. Pero o evento per-formativo será úni-co, así que cómprereservar a data naaxenda.

Xunto esta al-quimia de danza-

moda, da man deNova Galega de

Danza e Isabel Mas-tache, haberá tamén

deseño industrial earte por parte de José

Bouzas, dende Andró-mena; e haberá aínda

xoiería e arte contempo-ránea en“Entre espazos”,

da man de Marta Prieto.Todo iso baixo a coordi-

nación dos galeristas Con-cha Fontenla e AntonioCervera. Imos a velocida-de de escape, guiados po-la luz da estrela transver-sal.

Coordina: Xose Ramón PenaNº 338 n XOVES, 1 DE XULLO DE 2010

AZULEXOS DE CARLOSSOBRINO EN PONTEVEDRA /PÁX. III

ENTREVISTA CON ACISCLOMANZANO /PÁX. IV-V

Coolcarballeira!

A nova danza galegaROMÁN PADÍN OTERO

FOTO: ELI REGUEIRA

MÚSICA: “XXI”, MILENIONOITAREGA /PÁX. VIII

Page 2: Cool carballeira! … · Os baila-ríns de Nova Galega de Dan-za farán unha perfomance vestidos por Isabel Mastache. Será una alegoría da arte do vestido unida á arte da dan-za,

Hoxe, as minas de pratade Potosí son imaxe dunhapobreza que semella eter-na; mais hai catro séculos,Potosí conformaba o sím-bolo dunha riqueza e dunprogreso construídos coamateria dos oito millóns depersoas mortas nas súasgalerias.Trátabase de xen-tes que traballaban nunhasituación de escravitude,indíxenas desprazadosque desenvolvían este tra-ballo para asegurar a fartu-ra doutros; poboaciónsdunha cultura decadenteque apoucaba o seu brilloao tempo que renunciabaás tradicións e á dignidadepor un incerto futuro.

Aínda que o tempo pa-sa, o poder e mais as súasconsecuencias permane-cen e renovan estratexias.Hai moitos anos,pois,Poto-sí, unha cidade protexidapolo Cerro Rico, constituíao motor económico do vi-rreinato do Perú e argalla-ba unha poboación efer-vescente máis densa que adas cidades europeas máispoboadas daquela.Co cre-cemento da urbe,a deman-da de obxectos tamén me-dradaba,e as imaxes foronunha boa estratexia dosnovos señores.Europa tiñaos mellores obradoiros,pe-ro co tempo Potosí dispuxode pintores propios e co-menzou a xerar unha boaactividade en torno da pin-tura igual que outras cida-des americanas como Qui-to e Cuzco.Nestas pinturasquedou documentado oencontro das culturas; ne-las atopamos os signos doexercicio do poder e daobedencia.

Dende o mes de marzo,o Museo Reina Sofía ofreceunha exposición quebaixo o lema Principio dePotosí : como cantar o can-to do señor en terra allea?que mostra parte deste te-souro plástico. A exposi-ción debuxa tres camiñosdiferentes para observar ofenómeno“Potosí”a travésda arte. Unha aproxima-ción está adicada a anali-zar a función pedagóxicaque ten a pintura nesta cul-tura, como ferramenta deevanxelización. Mais aperspectiva, lonxe de ser li-neal e recorrente,explora através desta linguaxe as di-ferentes formas dos atrope-los do poder, a loita pordestruír os sinais de identi-dade da cultura indíxena ea resistencia que fai a so-ciedade nativa contra o po-der ambicioso dos coloni-zadores ao tempo que pre-tende ofrecer un relato no-vo da modernidade.Lonxede presentar a Ilustracióncomo partida da moderni-dade, o proxecto enfoca áexplotación organizadanas sociedades america-nas. O proxecto conta coa

colaboración da Casa dasCulturas de Berlín e o Mu-seo de Etnografía e Folklo-re de La Paz,e ten un calen-dario itinerante entre Ma-drid,Berlín e Bolivia.

A exposición está for-mada por pezas que repre-sentan un sistema estéticoque congrega as visiónsdas dúas culturas.A nature-za aparece representadacos atributos propios domundo relixioso das cultu-ras americanas. Neste uni-verso,a terra é a“Pachama-ma”, unha das deidadesmais poderosas dos indíxe-nas; esta nai terra está pre-sente na mitoloxía de moi-tos pobos de Sudamérica,eno caso das pinturas de Po-tosí, está simbolizada naimaxe do Cerro Rico queabraza a cidade co seu po-der protector. A naturezamáxica é o marco para aiconografía do cristianis-mo.Este sincretismo foi uncamiño necesario para ato-par fíos condutores entreas ideas destes pobos e anova relixiosidade: moitasimaxes descriptivas dos re-latos do catolicismo mestu-radas cos astros e os metaispropios da iconografíaamericana.As figuras antro-pomorficas da SantísimaTrindade tamén están re-presentadas e é interesantea súa evolución xa que,ve-dadas en Europa, cando oConcilio de Trento as califi-cou como monstruosas,enAmérica a lei prohibitivanunca chegou, de tal xeitoque prosperaron xunto aimaxes sorprendentes co-mo os anxos arcabuceirosda igrexa de Calamarca,enBolivia.Os anxos aparecenvestidos como soldados es-pañois cun arcabuz que,para os indíxenas, os viñaasociar visualmente cosdeuses da chuvia,do raio edo trono da mitoloxía inca.Tamén se pode ver nalgun-has pinturas parte do fun-cionamento da sociedadeda época na distribucióndemográfica, así como asdivisións entre os espazosdos nativos e dos crioulos emais as características daarquitectura urbanística eas fomas dos mercados.

Aínda que sexa unhaobservación marxista, aacumulación da riquezapódese observar como unmovemento que sempremedra en oposición á soli-dariedade e que semellaunha lei que está moi porenriba do capitalismo edas súas particularidades.Dende esta perspectiva, amodernidade non se fun-damenta na Ilustración e oracionalismo, senón naporta que abre no séculoXVI as posibilidades da ex-plotación.

Principio de PotosíDesde a dor da Pachamama

M ARCELA SANTORUN

Vista da instalación “Mercado energético puro”, 2010. // FOTO: JOAQUÍN CORTÉS/ROMÁN LORES

Os comisarios da exposición ela-boran unha hipótese en torno asformas do poder e a colonializa-ción e achegan á actualidade estaproblemática,establecendo un fíoconductor coa situación de Dubai,Moscú e Pekín.Para eles,é unproceso cíclico de expropia-ción e desarticulación socialque chega a nosos días conboa saúde e eficacia.Cidadesque hoxe despois de experi-mentar un crecimento econó-mico importante a través daexplotación de mano de obrainmigrante convirtense en centrosde producción artística .Esta activi-dade que daquela foi o intrumentopara a dominación hoxe tamén ésímbolo da globalización lexiti-mando os novos sectores do poder.

Daquela tamén o reclutamentodos homes para o traballo facíase

fora.Na cidade de Manchaca ao surno actual territorio Boliviano erafrecuente o reclutamento dos in-dios aymaras que logo eran transla-dados ás minas onde moitos en lu-gar de atopar unha vida mellor ato-

paban a morte. Naturalmente asmulleres tamén eran víctimas equeda reflexado nunha pintura quedocumenta uha muller traballandocos ollos vendados nunha máquinautilizada para traballar a pratabaixo a presión do látego dunanxo.

Neste sincretismo estético os co-misarios tamén fan observaciónsde síntomas de adquisición dosconquistadores de saberes indíxe-nas como é o tema do coñecemen-to da natureza e o poder das súas

sustancias. Pode observarseen algunhas imaxes especiesutilizadas nestas culturas confins curativos que aparecenidentificadas con claridade.Así tamén relexionamos so-bre unha circunstancia pro-pia do exercicio de domina-ción que é a estratexia de

apropiación de saberes colectivospara usos non sempre axeitados.Neste caso todos lembramosexemplos de sustancias que nuncaforon problemáticas para os usua-rios naturais pero que lonxe do seuentorno e despoxadas das súas uti-lidades culturais poden ser letais.

Un contonovo

O proxecto enfoca

a explotación nas

sociedades

americanas

FARO DE VIGO

XOVES, 1 DE XULLO DE 2010 ARTE E SOCIEDADEII

Page 3: Cool carballeira! … · Os baila-ríns de Nova Galega de Dan-za farán unha perfomance vestidos por Isabel Mastache. Será una alegoría da arte do vestido unida á arte da dan-za,

O pasado 31 de maio foipresentada aos medios decomunicación e mais á ci-dadanía a restauración dosazulexos deseñados polopintor pontevedrés CarlosSobrino Buhígas (Ponteve-dra,1885-Vigo,1978) para aAlameda da súa ci-dade natal.

O proxecto, quecompletaba a deco-ración da alamedapontevedresa, forarealizado en 1927 co-mo resultado do la-bor do artista galego -unha das figuras ci-meiras do noso re-xionalismo de come-zos do século XX- edo traballo de cera-mistas sevillanos,plasmado en azule-xos de excelente ca-lidade.

A produción azu-lexística sevillana,delonguísima tradicióne merecida sona des-de a Idade Media,dácorpo ao proxectode Carlos Sobrino pa-ra a Alameda de Pon-tevedra, compostopor vinte e tres ca-dros.De feito,este tra-ballo de azulexo estárealizado por unhadas empresas máisimportantes da reco-ñecida e dinámicaazulexaría sevillana: Mensa-que Rodríguez y Cía S.A.,que tiña a súa orixe na fábri-ca fundada en 1846 por Mi-guel Mensaque e a partir daque en 1889 José e EnriqueMensaque crearan o centroazulexeiro máis importantedo sevillano barrio deTrianaao se asociaren ao industrialFernando Soto González.Es-ta empresa levara inicial-mente a cabo un produtoinspirado na tradición mu-sulmá e no labor de Nicolu-so Pisano,oleiro florentinoinstalado en Triana no sécu-lo XV,que fora un auténticorenovador da tradición au-tóctona.O traballo de Men-saque elaborábase con ba-rro de Triana e copiaba fre-cuentemente modelos anti-gos,como os do Alcázar se-villano. A súa producióniníciase nun contexto,desdemediados do século XIX,de

recuperación historicista detécnicas e repertorios conintervención de fabricantes,eruditos, coleccionistas emesmo arquitectos.

O resultado da colabora-ción con Carlos Sobrino éunha obra de grande calida-

de,cun interese por salientaro elemento popular galegoque é parte dunha preocu-pación xeneralizada da cul-tura galega de procura dasraíces.O artista recolle moti-vos paisaxistas,costumistase arqueolóxicos galegos,co-

mo os que ilustraban os fo-lletos publicitarios da épo-ca,cunha vontade non alleaao turístico.O propio artistailustra nestes anos guías deviaxes con motivos ben se-mellantes e realiza publici-dade e capas de libros con

propostas formais que co-nectan con estes presupos-tos. Na escolma de temasque presenta o pintor ponte-vedrés para a Alameda des-tacan as escenas de paisaxeda costa:“A praia da Lanzadacoa ermida”,“Ría de Vigo”,

“Ría de Pontevedra”,“Com-barro”..., aínda que taménofrece escenas rurais e mo-numentais:“Castelo de Mon-terrei”,“Muralla de Lugo”e re-cantos urbanos ou vilegos:“Praza da Leña”de Ponteve-dra...En todas combina,con

grande estilización,elementos moderni-zadores no uso dacor e na planimetríae un evidente deco-rativismo,que o pro-pio soporte precisa efavorece.

Pola calidade es-tritamente artísticacómpre salientar asescenas paisaxísticasmarítimas,dun estili-zado sintetismo conecos de estampa xa-ponesa,e achegadasás súas xilografías elinóleos desta altura,e que captan esa aé-rea delicadeza dapaisaxe das RíasBaixas que taménpintou, non moilonxe estilisticamen-te, o Castelao dosanos vinte.O certo éque a pintura de Car-los Sobrino conse-gue adaptarse á per-fección ao vocabula-rio ornamental doseu tempo: moder-nismo,art déco,conesa expresividade da

liña e con ese colorismoque acompaña o sentido es-tilizador da paisaxe tal co-mo son concibidos polo ar-tista.Tamén se percibe comoo pintor incorpora ao seutraballo a tradición gráficadas artes decorativas,tan co-mún na arte europea destaaltura.

O resultado, que tomacorpo nos azulexos da Ala-meda de Pontevedra,superaa simple produción indus-trial-decorativa,conseguin-do unha obra que ten indu-bidábel valor estético e é,aotempo, ben representativadun momento, tamén polaasunción de valores identita-rios,unha temática que vaiatinxir axiña unha rápidaevolución coa xeración pic-tórica seguinte,a dos Masi-de,Souto ou Colmeiro,quexa estaba nesta altura en ple-na eclosión.

Patrimonio recuperadoAzulexos de Carlos Sobrino en Pontevedra

CARLOS L. BERNÁRDEZ

Os azulexos de Sobrino na Alameda pontevedresa. // FOTOS: ELI REGUEIRA

Un proxecto como o rea-lizado na Alameda de Pon-tevedra tráenos tamén oecoar dun tempo no que entoda Europa e en Américacontinuaban a se realizar in-tervencións urbanas e ar-quitectónicas de fusión entre a ar-te e a industria. Foi este aspectoun factor común a todo o move-mento de fin de século: Art Nou-veau, Jugendstil, Stile Liberty, Mo-dern Style, Sezession, Stile 1900 e

Tiffany, movementos populariza-dos entre nós polas revistas ilus-tradas e a chegada de produtosindustriais,moitas veces inseridosna produción arquitectónica eque manterán a súa vixencia nun-

ha ampla cronoloxía.Cómpre, pois, felicitar ao

Concello de Pontevedra poresta recuperación patrimo-nial e aos restauradores, di-rixidos por Mercedes Ci-fuentes, polo seu complexo

e impecábel traballo que devolveao conxunto dos cidadáns unanaco da súa herdanza artística,un patrimonio que protexer e rei-vindicar pola súa singularidade ecalidade.

Ecos duntempo

FARO DE VIGO

XOVES, 1 DE XULLO DE 2010ARTE III

Page 4: Cool carballeira! … · Os baila-ríns de Nova Galega de Dan-za farán unha perfomance vestidos por Isabel Mastache. Será una alegoría da arte do vestido unida á arte da dan-za,

FARO DE VIGO

XOVES, 1 DE XULLO DE 2010 ENTREVISTAIV

Paisaxes dun artista que amasa terra eauga é o título da última exposición deAcisclo Manzano, recén clausurada n’AGuarda.Véndolle as mans, fortes e sóli-das,non cabe fórmula máis axeitada.Por-que as do escultor ourensán están afeitasa agarimar a terra até convertela en arte.

O desexábel sería poder fotografalo acarón dalgunha das súas esculturas. Po-rén,Vigo é a única cidade galega quenon ten obra pública de Acisclo nas rúas.Houbo un proxecto en tempos de CarlosPríncipe,pero non chegou a fraguar.Que-damos logo na Escola de Arte Dramática,onde seu fillo se está a matricular.A con-versa salpícase de risos e chanzas, perocando chega o tempo de falar do seu tra-ballo,o aceno cambia.Non é seriedade;érespecto e amor polo que nace das súasmans dende hai medio sé-culo.

–Segue a afirmar Vde. que todo este tempo foi só unha aprendizaxe...

–Sigo a aprender, non re-matei aínda. E o medo queteño é ao día en que apren-da, porque entón farei tra-palladas [ri]. Pero polo mo-mento copio a todos,rouboa todos. Hai moitos artistasque din:“Eu son autodidac-ta. Eu non me parezo a nin-guén”. Entón é que ti nontes pais! Aquí todos os de-mais temos pai: Goya tivopai,Picasso tivo pai,eu teñopai, avós, curmáns, os ami-gos de meus curmáns... Euaprendo de todos.Todos osdías estás a aprender algoda vida, da luz, da rúa, domonte, do mar...Agora mes-mo,por exemplo,estou ven-do aí unha árbore. Podoaprender dela, pero non a vou reprodu-cir. Porque eu son escultor; non fago es-culturas. Igual que o que toca o pianonon é pianista.E tampouco son artista;ar-tistas son outros.Eu son escultor.

–É Fidias o seu avó e o Mestre Mateo seu pai?

–Ah,o Mestre Mateo! Até non sei se eufun el... teño aí unha nebulosa...polo me-nos estiven no seu taller,iso sí.Por iso nonfago pedra; éme un material tan familiarporque me fartei de traballalo no tallerdo Mestre Mateo [ri] E si: para min, é undos mellores escultores, o mellor do me-llor, igual que Fidias.

–Preguntáballe por estes dous en par-ticular xa que Vde. sempre estivo entre o Atlántico e o Mediterráneo, non é?

–Pois non; eu son máis do río Miño,son miñoto [ri] Mira, o Atlántico é unmar... non sei, no Atlántico hai que ir aAmérica, hai que tirar para alá. É tan an-cho, tan amplo, que te perdes. O Medite-rráneo non; é máis recollido, está todocondensado. E hai arte, hai vida, hai luz.No Atlántico...hai mar.

–Vde. comezou esa relación tan es-treita co Mediterráneo cando estivo a vi-vir en Ibiza. Que recordos ten da illa?

–Levo uns anos sen ir, pero sei que sevou e me atopo coa xente pola rúa, sau-daranme como se me viran o día ante-rior. Estou na enciclopedia balear como

escultor non balear que representa a Ba-leares e,de feito,hai pouco que estivo unfillo alí e atopou un póster meu do ano70,nun escaparate.Quero dicir que eu es-tou vivo alí,e que o estou a vivir,como ta-mén vivo Galiza, ou Castela... É como naToscana:alí nacen e viven dentro da arte,con Rafael e tantos outros. E aquí, en Ga-liza, pasa un pouco iso tamén: o MestreMateo,os pintores...

–Ese estar todos xuntos vivindo a arte experimentouno Vde. neses anos do “Volter.”

–Co “Volter” demostrouse que calque-ra lugar podía ser o o centro do mundo.

“Onde o mundo se chama Celanova”, di-cía Celso Emilio,e o mundo chámase Ou-rense, tamén chámase Galiza.

–Ourense era o centro. –Era.E ti ías andando pola rúa e atopa-

bas a Vicente Risco, falabas con el e se-guías e dabas con Blanco Amor, e unpouquiño más adiante con Casares emáis adiante con Otero Pedrayo,con Cel-so Emilio...Era o habitual,o normal.Pasa-ba o mesmo en Vigo; ías ao “Eligio” e sa-bías que alguén ías atopar alí. Como enOurense;alguén sempre aparecía no“Vol-ter.” O que pasa é que, tal como naceu,morreu.

–Pensa que se perdeu ese ambiente de colectividade entre os artistas?

–Hoxe atópanse por Internet [ri]–Vde. ten traballado a madeira, a te-

rracota, o bronce... Como sente cada un destes materiais?

–Ao final decidin-me pola terra,que é avida, é o que pisas, oque sentes, é o natu-ral; o que fas quedaaí. No bronce xa par-ticipa máis xente; nobarro participo só eu.Tamén depende dolugar ao que vaia apeza, ou do tamaño.Por exemplo,se é moigrande, con terracotaé moi difícil, non haivolume para iso. Aín-da que atura as tem-peraturas igual. Defeito, en Santiago te-ño nun parque 13 pe-zas miñas en terraco-ta dende o ano 70 eestán perfectas.

–Ultimamente ta-mén está a traballar a cerámica...

–É o mesmo. Son un escultor que tra-balla terras: a cerámica, o gres, a terraco-ta...

–As formas femininas seguen a prota-gonizar a súa obra.

–Sempre, sempre, porque todo é femi-nino. En Galiza, as paisaxes son femini-nas. Porén, os vascos fan formas máis ca-dradas, máis industriais. Que están moiben, claro. Aí tes ao gran Chillida e aogrande Oteiza.Pero aquí non,esas formasun galego nunca as fai. Son como o ca-rácter dos vascos, moi duras. Nós somosmáis agarimosos, máis doces... Eu teñoque redondear,abrazar...

–Moitas das súas últimas esculturas son horizontais. É algo curioso, cando menos.

–Son alfombras. É o cotián: vas polacasa e pisas a alfombra. Entón, por quenon facer unha? Alfombras,manteis...

–Ou pezas que se poden cambiar de posición...

–Dicíame un canteiro que as pedrasteñen sete lados. Unha obra destas podeter sete... ou cen. Na exposición que secelebrou en Ourense [”As paisaxes deAcisclo”,o pasado abril no Centro SocialCaixanova], cada obra tiña dez formasdistintas de vela.Pero pode haber moitasmáis da mesma peza.

–Cando está a concibir a obra, está xa

a ver esas diferentes posicións? –Descúbroo despois. Fíxate que teño

unha peza, unha obra pequeniña en te-rracota, que leva trinta anos conmigo,sempre bailando dun sitio para outro.Ben: pois un día collín un buda que tiña

Alumno de Liste, fillo do

Mestre Mateo, neto de Fidias...

O escultor ourensán Acisclo

Manzano fala de si mesmo

como dun eterno aprendiz

que nunca deixa de descubrir

cousas novas no mundo que

o rodea: as rúas e as xentes,

os montes e o mar, as

paisaxes e as cidades... Da

observación e o sentimento

xorden “anatomías da terra e

xeoloxías do corpo”, en

palabras de Santiago Lamas

Crego; esculturas modeladas

como modela a natureza:

erosionando, puíndo,

amolecendo.

NATALIA ÁLVAREZ

“Non fagoesculturas.

Eu sonescultor”

Terracotas, cerámicas, terras... formas e espazos: a escultura de Acisclo Manzano.

“Decidinme pola

terra porque é a

vida: é o que

pisas, o que

sentes, o

natural”

Acisclo Manzano

Page 5: Cool carballeira! … · Os baila-ríns de Nova Galega de Dan-za farán unha perfomance vestidos por Isabel Mastache. Será una alegoría da arte do vestido unida á arte da dan-za,

FARO DE VIGO

XOVES, 1 DE XULLO DE 2010ENTREVISTA V

na casa,collín a peza,deille a volta e voi-lá, é un buda! E paseime trinta anos sensabelo. E trinta anos despois ocupou oseu lugar. Outras veces sáeme unha pai-saxe, aínda que eu non pretendo facerpaisaxes.... Quero dicirche que sigo

asombrándome e sigo a descubrir.Iso é obo. Iso é o que te converte en escultor.

–Logo semella que, aínda despois de tantos anos, non lle resulta difícil non ca-er na repetición ou na rutina.

–Non, porque sempre vas elaborando

e saen outros movementos, outras vidas,outras formas.Aínda que eu non poderíafacer unha cousa hermética, lisa, do esti-lo de Chillida ou Oteiza.Admíroos moito,iso si, e trateinos, quíxenos, quéroos. So-bre todo a Oteiza.Un día colleu unha pe-

za miña e díxome:“Acisclo, ti es un ca-brón... Fasme viaxar... As túas esculturasson xeografía!” É o mellor piropo que re-cordo.

–Hai alguna escultura da que se sinta máis orgulloso, algunha á que lle teña un cariño especial?

–Non,non...aínda que despois de moi-tos anos, hai unha que quero moito. É“ElFlautista”, un tronco de madeira do ano60, que está nunha casa particular. Ou aDeusa Briga d’A Coruña.Logo,cada obraten o seu lugar.Cando me din se podo fa-cer algo para algún sitio, eu teño que es-tar alí.Se agora me dixeran: “Faime unha

escultura para este espazo”, eu tería queestar días ou meses para ver algo.Até quechega o día no que aparece... Outras ve-ces xa estaba feita.Hai unha obra que es-tivo nun sitio polo que pasaban máis dedúascentas persoas diarias. Agora está

nun lugar onde só pasan dúas outres, pero é vista. Antes non avían.Non era o seu sitio.

–Vde. é académico da Real Academia de Belas Artes de Gali-cia “Nosa Señora do Rosario”, e como tal ten que denunciar a destrución do patrimonio. No campo escultórico, urxe unha especial protección?

–A Real Academia de BelasArtes non é vinculante, pero de-núncianse moitas cousas. Porexemplo, temos en curso unhadenuncia sobre como se está arestaurar o Pórtico da Gloria. Apalabra é criminal. E logo edifi-cios, lugares, camiños, obras dearte... E máis que vandalismo, é adeixadez dos organismos. O van-dalismo existe porque estes esta-mentos miran para outro lado.

–Este ano está a vivir moitas homenaxes. A vindeira será en xullo, nesa cea que organizan os Amigos do Cine Clásico de Ou-rense...

–E iso que o único cine queme gustou sempre foi o de FuManchú [ri]...

–Pero estas mostras de cariño sempre se agradecen...

–Por suposto.Ademais,é un re-coñecemento á escultura. E euteño moito que agradecerlle á es-cultura. Mira, eu por ser escultor,non puiden estudar. Pero a mingustaríame ser hoxe avogado, oumédico,ou enxeñeiro...

–De verdade? –Si, gustaríame ter unha ca-

rreira, ter un título, pero non pui-den. Por iso loitei para que osmeus fillos o teñan. Porque é unrecoñecemento polo que loita-ches.O título é o de menos,o im-portante é o feito de ter alcanza-do algo. Eu iso non o puiden ter,pero ao final deumo a escultura.Por exemplo,o título de Bacharelde Honra, ou ser académico deBelas Artes. Iso deumo a escultu-ra,que é moi agradecida.

–Pídenlle consello os novos escultores?

–Ai, non! Os xoves escultoresnunca che piden consello –ex-

clama irónico–! Eles son artistas! Mírantepor riba do ombro,case [ri]

–Pero que consello lles daría? –Que vivan a vida,que vivan o seu tra-

ballo e que sigan a aprender.Lembro queun amigo meu contaba sempre que Go-ya, cando xa tiña 80 anos, dicía:“Agoraque empezo a pintar,morro”.E eu morre-rei sen ter rematado. Estes poucos anosque creo que me quedan teñen que ser acondensación de todos os anteriores.Atéagora estiven aprendendo a facer lagar-tixas, bechos, cans, galiñas, cabeciñas...cousiñas.Agora xa sei facelas, e agora xapodo facer escultura.

FOTO: ELI REGUEIRA

“Co Volter

demostrouse que

calquera lugar

podía ser o

centro do

mundo”

Terracotas, cerámicas, terras... formas e espazos: a escultura de Acisclo Manzano.

“Dicíame un

canteiro que as

pedras teñen sete

lados. Unha obra

miña pode ter

sete... ou cen”

Page 6: Cool carballeira! … · Os baila-ríns de Nova Galega de Dan-za farán unha perfomance vestidos por Isabel Mastache. Será una alegoría da arte do vestido unida á arte da dan-za,

Dentro da colección“deRelatia” de Edicións ANosa Terra podemos lerestes ocorrentes, diverti-dos e ben contados rela-tos ennovelados -que le-van un título tan acertadocomo Hai que ir morrendo-de Xavier López Rodrí-guez, autor doutras obrascomo Brumoso,Cacaborroou Amigo medo (taménen Edicións A Nosa Terra).Este é,sen dúbida,un libroque recomendo para o ve-rán, para afastar o tediodas tardes de calor ou pa-ra gozar dos días de chu-via, narrado con destrezae que nos sitúa nun futurono que o narrador se nospode facer próximo,se co-ñecemos ao autor que asi-na,porque o narrador- per-sonaxe non é outro que oautor de O anano enreda-dor, A citación ou Palabrade Aldrabón: un xornalistaque traballou nun velloxornal, Diario de Galicia, eque no tempo presente danarración vive rodeado deteleparedes, conduce unflamante Castelao, é fun-dador do Partido Gris -que

propuxera que a Segurida-de Social puxera a disposi-ción das persoas maiores“un escapulario laico do-tado de tele alarma eGPS”- e que,coma reliquiado pasado, conserva nasúa cociña o gas, nunmundo no que os fogos doApóstolo se reparten entre“o tradicional escenariodo Obradoiro e o moder-no da Cidade da Cultura”,lugar que precisa de ideaspara encher o resto dos dí-

as do ano. No capítulo ourelato“Gabriela”, nome dasúa neta, podemos ler:“Amin nunca se ocorrerapensar que podía pasar otempo imaxinando mor-tes propias pero, ben pen-sado, semella o máis natu-ral do mundo”. Disto trataeste libro: de vivir moitasmortes e contalas,dun xei-to redondo, con ese finalacertado que tanto lle ha-bería de gustar a Dieste, eque nos fai sorrir a María,acompañeira de vida doprotagonista e mais a nós.Hai que ir morrendo émáis que un himno canta-do coa música da Guanta-nemera; é a metáfora dun-ha necesidade vital, por-que se cando un ten“todaa vida por vivir”o normal é“soñar amores” entre ou-

tras cousas,cando un “se vai

achegando á fin da vi-da, a principal incógnita

por resolver vén sendo aforma de morrer”. Este é o

tema:“Soñar posibles mor-tes parece ser o destinonatural para un soñadorde seu”. E velaí se podemorrer estrombado con-tra a poula coa aparenciade ter botado unha sone-ca, desaparecer para sem-pre no Miño,quizais comi-do polos peixes, afogadopolo fume cando se pen-saba en volver fumar,ente-rrado entre trastes vellos,atropelado ou perdido emorto para a familia outer unha morte breveadormecido polo gas,mo-rrer e regresar. Nobelo, nodicir oteriano, ao redor damorte e da vida, á que sepode tamén seguir enchu-fado artificialmente,e noné o caso desta obra, naque dándolle a volta aodicir de Oscar Wilde, dequen se bota man no ini-cio,quen morre máis dun-ha morte, ha de vivir ta-mén máis dunha vida. Ehai que vivir para contaloe así de ben.LÓPEZ RODRÍGUEZ,Xavier,Hai que irmorrendo,Ed.A NosaTerra,Vigo,2010,PVP.10 €

Co subtítulo de De Betanzos a Nápoles en 1898,Memorias dunha viaxe improvisada conforma un do-cumento publicado por Rogelio Borondo na súa te-rra natal en 1900.

Rogelio Borondo foi un betanceiro que triunfouna emigración americana e que no seu retorno vivíade rendas.Borondo e os irmáns García Naveira coñe-cíanse de vello e levaran vidas ata certo punto para-lelas.No libro o autor simula partir cos dous filántro-pos dun xeito casual e declara non escribir o texto

con pretensións literarias. En calquera caso, otexto serve de acta notarial dos refina-

dos e artísticos lugares que vi-sitan e que nos permi-

te relacionar des-cubrimentos daviaxe con algúnslugares do Pasa-tempo, o “parquee n c i cl o p é d i c o ”que os García Na-veira crearon enBetanzos.

Sorprende naspáxinas o afán pordetallar numerica-mente un monu-mento, os prezos decomidas, despraza-mentos, hoteis... A

prosa é sinxela, peroviva. Observamos co-

mo os dous indianos e oseu cronista non renuncian a asistir a teatros e ca-barés, a recibir as bendicións do papa nin a coñe-cer os cemiterios,aos que acoden cunha fidelidadesospeitosa.

O volume acompáñase dun pequeño bosquexobiográfico do autor, feito por Xoel Ben Ramos, e dunlimiar contextualizador de Xesús Fraga. Para comple-taar o retrato, cumpriría agora investigar a relacióndos irmáns García Naveira coa masonería.BORONDO,Rogelio,Memorias dunha viaxeimprovisada,De Betanzos a Nápoles en 1899,Ed.Morgante,Cangas,2010,PVP.12 €

Viaxeirosde outroraProcuras enciclopédicas

ESTRO MONTAÑA

FARO DE VIGO

XOVES, 1 DE XULLO DE 2010 LIBROSVI

Trátase da

metáfora dunha

necesidade vital

Entre o 26- 27 de setembro de 1982 celebrábase noFrontón de Riazor (A Coruña) a xuntanza fundacio-nal do BNG.Atrás quedaba unha longa andaina pro-tagonizada por diferentes organizacións nacionalis-tas: o PSG (1963); a UPG (1964); a AN-PG (1976); oPOG (1977) - logo Esquerda Galega (1980)-ou GalizaCeibe-OLN (1979).

Por diante quedaba, non obstante,“un longo e tor-tuoso camiño”,ao que se refire X.R.Quintana Garridono libro que comentamos,galardoado co Premio Ra-món Piñeiro 2008. Nese vieiro, a organización transi-

tou por cinco diferentes fases, determinadaspor unha determinada xerarqui-

zación dos obxec-tivos e das prefe-rencias,entendidoscomo voto-políti-cas-cargos.

Ao longo desesanos, o BNG conver-teuse na forza agluti-nadora do naciona-lismo galego; porén,cando semellaba queo pasado quedaraatrás, a perda deapoios nas elecciónsde marzo de 2009 veuabrir unha nova fase,que tamén se adiviñatortuosa, cando menos

debido a intensa activi-dade política interna, fun-

damentalmente pola acción de tres forzas principais:a UPG, os posquintanistas de + BNG e o Encontro Ir-mandiño.

Eis o momento actual do BNG: o dunha “encruci-llada crítica”na que ten que resolver problemas de li-derado, de discurso e de organización. Evidentemen-te, da resposta que dea a eses desafíos dependerá ofuturo do BNG, que só pode ser de retroceso, de con-solidación ou mesmo de progreso electoral, pero ta-mén de unidade ou de fragmentación certa.QUINTANA GARRIDO,X.R.,Un longo e tortuosocamiño,Ed.Galaxia,Vigo,2010,PVP.29 €

Xeiras doNacionalismo

Unidade/FrgmentaciónALFREDO IGLESIAS DIÉGUEZ

Morgante Editora vén de publicar Literatura en ga-lego no alborexar do século, da autoría de Héitor Me-ra,colaborador habitual destas páxinas,nas que vironas luz moitas das súas críticas literarias.

A idea, tanto do autor como do autor, é acertada:dar a coñecer a opinión crítica dun dos nosos espe-cialistas máis activos arredor da creación en galegonestes primeiros anos do século XXI. En efecto: Merapersegue a fiabilidade e o rigor, aceptando poderequivocarse; procura afastarse de toda loanza siste-mática; foxe das condescendencias innecesarias e da

crítica anestesiada, en aras de normalizar o la-bor cultural; intenta opinar desde a

honestidade e a humil-dade, procurandoa mellor e máisapurada funciónsocial que poidaacaerlle ao seu tra-ballo…

En fin, que, á pardas críticas quepoidan parecer des-piadadas, aparecetamén a emocióndas descubertas eachados de interese,pasando polas páxi-nas de autores consa-grados coma MéndezFerrín ou Bernardino

Graña, e, como non, ta-mén falando de autores

consolidados e aínda nonben ponderados como é o caso de Cid Cabido.Igualmente, outros nomes máis novos -tal aconte-ce con Iolanda Zúñiga, Elías Portela ou Baldo Ro-mas- desfilan polas páxinas da obra de Mera, e asípoderiamos seguir para diante; mais o mellor éque o lector lle dea un bo repaso ao libro, e pon-dere, co crítico, boa parte do que se leva editadoen galego nestes primeiros anos do século. Merecea pena.MERA,Héitor,Literatura en galego no alborexar doséculo,Ed.Morgante,Cangas,2010,PVP.12 €

Opinióncrítica

Fiabilidade e rigorXOSÉ FEIXÓ

Contado para vivirPara afastarmos o tedio

MARGA ROMERO

Page 7: Cool carballeira! … · Os baila-ríns de Nova Galega de Dan-za farán unha perfomance vestidos por Isabel Mastache. Será una alegoría da arte do vestido unida á arte da dan-za,

Da man de Everest Ga-licia unha nova serie aca-ba de irrpmper no panora-ma da literatura galega pa-ra que os primeiros lecto-res poidan disfrutar dasmil inquedanzas do prota-gonista,un científico orixi-nario das pradarías deVër-dia,unha das rexións doPlaneta Mincha.

O seu lugar de nace-mento na pequena aldeade Hirflä chamadaVirdüña, xunto cos seuscostumes constitúen os as-pectos máis atractivosdunha das primeiras en-tregas que baixo o títuloDiario de Pichük dá a co-ñecer Quen é Pichük? Oseu autor,Manel Cráneo,recrea un mundo imaxi-nario con habitantes aosque lles gusta reflexionar efacer as cousas con cal-ma, por iso entre outrosdetalles,tardan un ano enpoñerlle nome aoa seus fi-llos.Tamén sabemos quesó comen unha vez aomes, día que aproveitanpara celebrar algo e queaos rapaces amósanllesdende pequenos todo oque está ao seu redor paraque eles despois poidanelixir o que queren facer.

O protagonista,que re-coñece non ter entendidoaos seus pais cando erapequeno,elixe adicarse áinvestigación e visitandodistintas rexións do seuplaneta descobre que conesforzo e tesón todo é po-sible,reflexión á que che-ga tras coñecer e estar co

seu avó na Lúa de Hirflös,feito que lle permitiu ver oseu planeta dende fóra.Eé que ás veces saír da órbi-ta individual permite visio-nar a realidade de formadiferente. A perspectivaque temos dende o outrolado é tan rica e real que oafastamento convértesenun camiño para atopar-se.

A fantasía,a ciencia-fic-ción e os valores da cons-tancia e da firmeza son al-gúns dos

aspectos que salientanneste texto breve,pero decontido profundo;sinxelo,pero ben artellado; ilusio-nante,pero do que que seextraen ensinanzas reaisque poden ser trasladadasá vida cotiá. Convérteseneste sentido nunha na-rración que cautiva a aten-ción dos nenos que come-zan a ler.Ademais a utiliza-ción das maiúsculas en to-do o texto,

unido ás ilustraciónscheas de colorido e expre-sividade,facilitan a recep-ción e deixan un doce sa-bor a curiosidade que de-manda máis aventuras,máis anécdotas,máis da-tos dun planeta que ago-cha interesantes segredos.

Digamos aínda que oautor do texto é o debu-xante e ilustrador MiguelCráneo (A Coruña,19973),alguén que vén amosan-do unha ampla actividadedesde mediados dos anosnoventa,cando promoveunumerosos fanzines.Asímesmo,Cráneo participounas dúas etapas da revistaGolfiño -realizando a serie“A fraga Milmañas” conguións de Carlos Amil.-asemade que traballosseus viron a luz en cabe-ceiras colectivas como BDBanda,Barsowia ou Sub-terfuge. Ex presidente daAsociación Galega de Pro-fesionais da Ilustración(AGPI),liderou a súa prác-tica refundación en 2003.Nesa xeira foi tamén oprincipal promotor, conKike Benlloch,do Colecti-vo Chapapote,resposta aodesastre do Prestige coaparticipación de duciasde ilustradores.Ademaisdunha longa experienciaen cartelismo e publicida-de,Cráneo é o responsa-ble do storyboard de diver-sos filmes e curtametra-xes.CRÁNEO,Manel,Diario dePichük,Ed.Everest,ACoruña 2010,PVP.7 €

O valor daconstancia

Breve, pero profundoMARÍA NAVARRO

Da man da escritora eilustradora arxentina Ceci-lia Afonso Esteves (Bos Ai-res,1977),chega onde FA-RO DA CULTURA esta ho-menaxe para todas as mu-lleres que verque á nosa li-gua Manuela Rodríguez:unha homenaxe, entón,con forma de poemario,onde predomina a descri-ción polo que resulta facil-mente asimilable cun con-to que emprega os parale-lismos estruturais paraachegarse máis e mellor aquen le,xoga a loar as vir-tudes do xénero femininoevidenciando a súa pre-sencia en todos os ámbi-tos. Un exercicio, coidoque, necesario á vez quecargado de beleza e cali-dade que foi quen de aca-dar a Mención do Xuradono II Premio InternacionalCompostela de ÁlbumsIlustrados.

Nun principio fálaseanonimamente de ELAS,que son as que están en to-dos lados,para contar des-pois que cada unha ten onome do que leva,curiosa-mente o nome dos catroelementos:Auga,Terra,Lu-me e Aire,o que explica odon da ubicuidade que selles atribúe a ELAS no co-mezo.A seguir enuméran-se algunhas das activida-des que realizan,e tamén otraballo desenvolvido entodo o proceso,comézanoe remátano sen axuda en

todas as estacións do anoe sen excepción.Xa cho-ren, arrolen ou berren...elas sempre levan.

É fermoso o feito de re-lacionar o xénero femini-no cos elementos, unhametáfora moi ilustrativa pa-ra que as crianzas enten-dan o papel fundamen-tal da muller. E sobretodo nos resulta cu-rioso o feito deque a ediciónen castelán lé-vase o títulode Lasque lle-v a n ,p a -

rece unha tradución moilibre entendible polo signi-ficado máis violento dal-gunha acepción do verbolevar,que se ben referen-ciaría un problema graveque tamén atinxe a este xé-nero restaríalle importan-cia ao ese papel de porta-doras que teñen no texto,exa que logo á importancia

capital que tivo para ahistoria e o desen-

volvementoda hu-

mani-

dade.Sen dúbida unha ho-

menaxe ao traballo levadoa cabo polas mulleres aolongo da historia,ás que sefacían cargo do traballo dacasa ou ao de fóra dela sendescanso,así como reco-ñecía Rosalía no seu acer-tado poema no cal era“Xan”o que tiña que facertodas as tarefas da casa edo campo.

Todo o que acontece égrazas a elas, tal e comonos conta Cecilia Afonso–diremos dela que os seustraballos fueron publica-dos en editoriais do seupaís,de España de Portu-gal,e que recibiu,como xaindicamos máis arriba, aMención Especial no IIPremio InternacionalCompostela de ÁlbumsIlustrados, polo volume(do que é autora e ilustra-dora) que na versión orixi-nal levaba o título de Lasque llevan;así mesmo,Ceci-lia Afonso é unha artistaque traballado no eido dametalistería e mais da xoie-ría contemporánea - naspáxinas deste fermoso li-bro adobiado polas súasilustracións,evocadoras daarte da colaxe e posuido-ras dunha exquisitez cro-mática que reflicte conexactitude o enunciadono texto.AFONSO ESTEVES,Cecilia,Elas,Ed.Kalandraka,Pontevedra,2010,PVP.10 €

En femininoFermoso volume

PAULA FERNÁNDEZ

ANDEL DE NOVIDADES

M. BLANCO RIVAS

A literatura galega no mundoJonathan Dunne

Xerais/Editorial Galaxia. 25 euros

Durante anos,JonathanDunne,un dos nosos máisprestixiosos tradutores in-ternacionais, dirixiu unproxecto que agora se ma-terializa: 40 au-tores, 55 textosdiversos, tradu-cidos por 22 es-pecialistas e es-colmados pormedio cento decríticos litera-rios e profeso-res.Trátase dun-ha primeira en-

trega, que vai dende asorixes da nosa literaturana Idade Media ata o ano1981 (Estatuto de Autono-mía).O volume nace para

espallar a crea-ción literaria enlingua galegapolos ámbitosonde as letrascirculan: univer-sidades, lectora-dos de linguagalega, mediosde comunica-ción...

Por que non aprendoSilvia Caride López

Editorial Galaxia. 12 euros

Cun estilo claramentedidáctico, procurando asinxeleza e evitando a ter-minoloxía especializada,a autora explícanos comopodemos axu-dar aos nosos fi-llos/as en todoo que teña quever coa súaaprendizaxe. Aautora recorre acasos concretose á súa expe-riencia profe-sional para mer-

gullarnos nun camiñoque conduce directamen-te ao fin que moitos pais enais perseguen: axudaraos seus nenos e nenas

no camiño lon-go da educa-ción. Porquecando hai unhadificultade dea p r e n d i z a x enon hai que de-sesperarse, se-nón atopar osvieiros para asúa solución.

Todo benManuel Rivas

Edicións Xerais. 9,80 euros

Vinte e cinco anos des-pois da súa publicación,Todo ben renace cunhasegunda vida tras unhacompleta revisión do au-tor. A novelaábrese coa noti-cia do asasina-to de AndrésFingoy, un ricoemigrante gale-go aspirante ápresidencia doFlamengo. Nanoticia incúlpa-se como sospei-

toso ao xornalista MarcosAndrade, un poeta namo-rado do fútbol, que cola-bora no xornal“O Globo”.A obra mantén a cerna

dunha historiaque se move en“serie negra”cunha singularubicación noBrasil e coa co-rrupción no fút-bol e na políti-ca como coor-denadas temáti-cas principais.

Atrapado na torreXoán Babarro/Ana María Fernández/Marta Rivera

Everest/Galicia. 7,75 euros

Esta é unha historia deaventuras onde o lectorpode aprender as clavesfundamentais para che-gar a acadar calqueraobxectivo quese propoña: es-forzo, traballo,c o n s t a n c i a ,amizade e ilu-sión. En clave li-teraria, a obranarra a viaxeiniciática deChrystyan Ma-gic para chegar

a se converter nun autén-tico mago.Nesta obra nonfalta o humor,nin a intriganin a acción, elementosque fan que os lectores e

lectoras mozosse enganchen álectura desdeas primeiras pá-xinas. O volu-me, editado nacolección Ler évivir, está adica-do a rapaces apartir dos dezanos.

FARO DE VIGO

XOVES, 1 DE XULLO DE 2010INFANTIL / XUVENIL VII

Page 8: Cool carballeira! … · Os baila-ríns de Nova Galega de Dan-za farán unha perfomance vestidos por Isabel Mastache. Será una alegoría da arte do vestido unida á arte da dan-za,

O Fórum Metropolita-no da cidade da Coruñafoi o lugar escolleito o pa-sado venres 25 de xuñopolos Noitarega para fa-cer a apresentación “ofi-cial”do seu novo traballo,(XXI, Autoeditado, 2010).Gravado nos Muu! Estu-dios por Pedro Feijoo edistribuído por Lonxa Cul-tural, XXI supuxo rachardez anos de silencio dis-cográfico, os que pasarondende a publicación dasúa achega á colección“Os Nosos Gaiteiros” deedicións do Cumio, o seuanterior traballo. Porén, osilencio foi dende logo“relativo”, pois se ben osNoitarega non pasarandende aquela polo estu-dio de gravación,calados,o que se di calados nuncaestiveron; neste tempo se-guiron a subir nos escena-rios de innumerables festi-vais, tanto no país comofóra, e non hai torreiro, se-rán ou foliada que noncoñecesen xa o oficiodeste quinteto tradicio-nal.

Iso si, ao contrario doque lle aconteceu a moi-tos grupos, Noitarega nonentrou nunca na dinámi-ca da produción indus-trial que obriga a visitascíclicas ao estudio de gra-vación para tirar materialnovo, facer xiras, etc. Noné ese o estilo desta forma-ción que,para alén de cir-cunstancias persoais eproxectos alternativos dosseus membros,entra a gra-var só cando llo pide ocorpo. E claro, iso nótase.Porque a volta ao estudiodeu un froito excelente.Vinte pezas, vinte alfaiasque beben do repertoriotradicional do sur da pro-vincia de Pontevedra, bis-barras de sempre senllei-ras no número e calidadede formacións tradicio-nais que aló nacen. Destexeito, vellas melodías quea gaita de Henrique Oteroou a de Moxenas popula-rizaron, hai xa trinta, co-renta anos, son reinterpre-tadas por Noitarega.E aín-da que a presenza das pe-zas de Moxenas e Oteroocupan, como sempre, unlugar predominante no re-pertorio, non só os únicosaos que acoden os Noita-rega para se fornecer denovos temas; así, nos cré-ditos podemos atopar pe-zas tradicionais recollidasnos repertorios dos More-nos de Lavadores, de Ri-cardo Portela ou de Riqueo Salueira acarón doutraspezas de autor, asinadaspor nomes coñecidos noeido tradicional comoLuis Correa“O Caruncho”,Juanjo Fernández,ErnestoCampos ou Carlos Justo.En definitiva, unha coida-da escolma da música tra-dicional que se toca e sebaila no sur do país, queagradará aos seareiros,pe-ro que tamén pode suporunha magnífica porta deentrada para quen queiraafondar no coñecementodo que bole nos fervedoi-

ros musicais de Vigo emais das comarcas do seuredor.

Musicalmente, o pri-meiro que rechama nestenovo traballo de Noitare-ga é a mestura de gaitasafinadas en distintas tona-lidades nunha mesma pe-za. Xeito de tocar poucoempregado dentro da mú-sica tradicional, -nalgúntraballo de Muxicas,na es-trea dos propios Noitare-ga ou no histórico dosalumnos de Corral na Es-cola de Artes e Oficios deVigo-, o resultado de em-patar cornamusas en Re,Do e Sol, a carón de re-quintas e pitos, tamén endiferentes tonalidades,permite acadar sonorida-des novidosas. Por riba, apercusión tamén é coida-da con esmero. Ademaisda habitual mestría deManuel Alonso, ao tam-bor, e Xosé María Gutié-rrez, ao bombo, unha dasparellas percutivas máiscompenetradas do país,salientan o protagonismoque lles conceden aosinstrumentos de percu-sión menor que levan opeso do acompañamentoen varios temas, nomea-damente nas muiñeirasque enfían no segundocorte do disco, levadas enexclusiva por cunchas,cu-lleres e pandeiretas, sobreas que camiñan gaitas enSol e Dó.

Na alínea rítmica, XXInon depara moitas sorpre-sas. Malia abriren coasrumbas do Salueiro, logovolven ao rego máis denoso e é de muiñeiras ede xotas do que se nosvan enchendo os ouvi-dos, -e o corazón-, a medi-da que imos debullandoas cancións que compo-ñen o disco, sen apenasdeixar oco para outras es-truturas rítmicas: unha al-borada, -a de Veiga- acó,un pasacorredoiras acolá,pero realmente só a ver-sión do “Valseadiño”, apiano e gaita, racha co at-mosfera que percorre opresente traballo e que faique, de pecharmos unmomento os ollos, nostransportemos con facili-dade á sombra dun carba-llo en calquera das mil eunha romaxes do verángalego, na que descansa-mos o longo xantar men-tres os gaiteiros tocan etocan para o noso lecer.

Quedou dito que unha dasfontes principais á hora de os Noi-tarega escolleren os temas para osseus discos é o repertorio do gai-teiro do Fragoso,Henrique Otero,que con dúascentas composi-cións propias,ao quehai que engadir unnúmero incalculablede temas tradicio-nais,é un dos máis ex-tensos do país.Mestre de moitosdos gaiteiros que trunfan hoxe endía,o gaiteiro nado en 1930 en La-vadores,Vigo,vén de recibir o pa-sado 19 de xuño unha merecidahomenaxe co gallo do seu octo-

séximo aniversario.Homenaxe ce-lebrada no auditorio Martín Co-dax do Conservatorio Superior deVigo e onde,ademais dos propiosNoitarega,estiveron moitos outrosnomes importantes da música tra-

dicional como Luís o Caruncho,Juanjo Fernández, Ernesto Cam-pos ou Xaime Estévez entre moi-tos outros,por citarmos só os queestán presentes tamén dun xeitoou doutro no novo disco de Noita-

rega.Otero foi membro fundador do

grupo Os Cruceiros, e en 1971converteuse no primeiro mestregaita no Conservatorio de Vigo,despois de acadar que o ministe-

rio de Educación recoñecese oestudo da gaita galega.Foi taméno primeiro gaiteiro que publicouun método para aprender gaita,Leccións de Gaita.Porén,e dalgúnxeito igual ca acontece con Noita-

rega, non podemos mensurar aimportancia deste grande mestreollando para a súa carreira disco-gráfica.Otero publicou apenas undisco de longa duración e algúnsingle na súa época cos Cruceiros

e despois un en so-litario editado porBOA en 2001.Maisquen queira sabero peso deste ho-

me na música de noso,só ten quebuscalo por algunha das foliadas,en Gondomar, no val do Frago-so,...,onde é posible velo tocar acarón dos seus alumnos, algúnsdeles gaiteiros consagrados hoxe.

Homenaxe a Henrique Otero

Milenio NoitaregaAlfaias do repertorio tradicional

DANIEL LAVESEDO

FARO DE VIGO

XOVES, 1 DE XULLO DE 2010 MÚSICAVIII