contratacións: koldobika gomila [email protected] ... nelson quinteiro orquesta...

13
Contratacións: Koldobika Gomila [email protected] TL.:886 311 513 / 615 684 769

Upload: truongminh

Post on 13-Feb-2019

225 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Contratacións: Koldobika Gomila koldobika.gomila@gmail.com ... NELSON QUINTEIRO ORQUESTA GHARBO.pdf · De Angola a Euskal Herria, ... Outeiro ou un coro de homes da charanga “Os

Contratacións: Koldobika Gomila [email protected] TL.:886 311 513 / 615 684 769

Page 2: Contratacións: Koldobika Gomila koldobika.gomila@gmail.com ... NELSON QUINTEIRO ORQUESTA GHARBO.pdf · De Angola a Euskal Herria, ... Outeiro ou un coro de homes da charanga “Os

De cativos nunca soubemos por que teimaban en regalarnos globos terráqueos.

Con cada xiro, sinalabas un punto e un día saíache Katmandú e outro as Illas Feroe, que eran sitios

rarísimos que quedaban moi lonxe.

O caso era acariñalos cos dedos e imaxinar viaxes mentres comprobabas que os cumios dos Alpes,

misteriosamente, tiñan o mesmo tacto que as estepas rusas.

Bastantes anos máis tarde, xuntándose cun feixe de colaboracións amigas, un de Cangas fixo xirar a

Orquestra Gharbo! con ese mesmo espírito de sorpresa e curiosidade porque a tradición segue a ser un

lugar que sempre nos deixa coa boca aberta.

Da súa voz e das súas mans emerxeu unha paisaxe na que cohabitan tangos, muiñeiras e pasodobles con

alalás e con jotas, atravesada por sonoridades que se arriman á sinxeleza pop e á contundencia do bravú

coa mesma naturalidade coa que se presentan a peito descuberto.

Agora que podemos percorrela, mesmo cos ollos pechados, sabemos que acolle a emoción e o

sentimento de quen se atreveu a sospeitar moitas máis viaxes que as que nos regalaban os mapas.

De Angola a Euskal Herria, pasando por Cangas ou o barrio compostelán de San Pedro, todos volvemos

dalgún lugar estraño no que a voz de Nelson Quinteiro se encarga de poñerlle brillo a todo iso que

nunca deberiamos botar en falta.

Diego Ameixeiras

Xornalista e escritor

Premio Xerais de Novela 2006

Prólogo do disco “Orquesta Gharbo!”

Vibrante, evocador, tradicional e moderno, e de tal modo fresco que a música armenia ou da parte do

mundo que fose resultaba harmoniosamente fundida en pezas de grande sensibilidade galega.

Galega e inconmesurabelmente universal."

Alfredo Ferreiro

www.blogaliza.org

Un directo xove e cheo de enerxía que acada entusiasmar ó público.

Gonzalo Núñez

Faro de Vigo

Contratacións: Koldobika Gomila [email protected] TL.:886 311 513 / 615 684 769

Page 3: Contratacións: Koldobika Gomila koldobika.gomila@gmail.com ... NELSON QUINTEIRO ORQUESTA GHARBO.pdf · De Angola a Euskal Herria, ... Outeiro ou un coro de homes da charanga “Os

Nelson Quinteiro. Joven veterano aprendiz de brujo nacido para el arte escénico. Primero desde la calle,

en contacto con el pueblo y sus inquietudes superando mil contrariedades; después, con el explosivo

cabaret bajo el brazo, rompiendo espectáculos que nos retrotraen a tiempos inalcanzables. Dedicación

exclusiva hacia las tablas y tormentas esporádicas en vasos de agua. Pues lo que vale es la capacidad de

ensayar nuevos caminos y aceptar el reto más difícil. Ahora retoma sus principios y se lanza por la

rampa musical con su primer trabajo discográfico bajo la denominación “Orquesta Gharbo!”

Sin dudarlo un mundo evasivo e inteligente. Que se justifica por su locura tímbrica. Desazón en el uso

de pedales y otras armas acústicas para crear polifonías, juegos vocales, fases de percusión, escenas

sonoras y otro tipo de recursos tecnológicos… Todo envasado en un formato y montaje teatral de

primerísima magnitud.

J.A Martínez Sevilla

Crítico teatral e columnista.

El Ideal Gallego

Al frente de la "Orquesta Gharbo" está Nelson Quinteiro ejerciendo de "vocalista"multidisciplinar

dándole a los pedales de loop, delay , ecualizadores u otro tipo de recursos tecnológicos sobre los que

arma polifonías, juegos vocales y desde los que dispara bases de percusión sampleadas, escenas sonoras

compartidas con instrumentos como el serrucho, el zendrum, piano,saxo y traveseras que convierten

las melodías tradicionales gallegas y las músicas del mundo en un "guirigai" musical "saleroso",

completamente vigente y actual.

Nonito Pereira

Crítico musical

Contratacións: Koldobika Gomila [email protected] TL.:886 311 513 / 615 684 769

Page 4: Contratacións: Koldobika Gomila koldobika.gomila@gmail.com ... NELSON QUINTEIRO ORQUESTA GHARBO.pdf · De Angola a Euskal Herria, ... Outeiro ou un coro de homes da charanga “Os

Nelson Quinteiro.

Cangas. 1979.

Cantante, actor, bailarín, guionista e director de escena.

No ano 2012 leva adiante a co-producción GHARBO! co Centro Coreográfico Galego.

Ten creado e dirixido 7 edicións do Festival Galego de Cabaré.

Dirixe dende o ano 2006 a Compañía Femme Fatale de teatro de rúa e cabaré, creando espectáculos como “As Nenas Perdidas”, “Unha cadeira para mover o mundo”, “Cabaréncrise”, “Brancas. Itinerario escénico urbano”, Master Class Cabaret, etc... (+ Info en www.cabare3.org).

Como cantante destaca como patrón do grupo Cabesa de Pau ou grumete de grupos como Liñaceira ou Maghúa Pandereteiros.

Como vocalista crea espectáculos como "As Mans Perdidas", "Danza e Contradanza" ou "Gharbo!".

Despois dun proxecto de crowdfunding a principios do 2013 entra en fase de gravación o día 16 de setembro nos estudios da Fundación SGAE de Santiago de Compostela, da man de Gerardo Amigo e acompañado dunha serie de músicos e colaboradores de cara a gravar o que será o disco "Orquesta Gharbo!".

O disco “Orquesta Gharbo!”, editado por medio da discográfica “Inquedanzas Sonoras” é presentado no Teatro Colón da Coruña, o 7 de febreiro de 2014, despois de pasar por escenarios como o Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo ou o Auditorio Municipal de Rianxo, a modo de pre-lanzamento.

Posteriormente pasa polo Auditorio da Fundación SGAE de Santiago de Compostela ou por medios como o Programa ZIG ZAG ou Luar da TVG, chegando a fechar o Telexornal Serán da TVG do día 7 de marzo.

A súa traxectoria radiofónica segue a darnos sorpresas. Habitual de programas como “Tarataña” ou “Otras Músicas” de Radio3 RNE tamén ten aparecido nas ondas en programas como “Hoy por Hoy” de Cadena SER, “Voces de Galicia” de Radio Voz “Lume na Palleira”, “Tres Peixes Voando”, “Diario Cultural” ou “Somos Quen” de Radio Galega, e tamén en “Mestizaje” de Radio Granada, ou Mundofonías, que engloba máis de quince emisoras ao redor do globo terráqueo.

Contratacións: Koldobika Gomila [email protected] TL.:886 311 513 / 615 684 769

Page 5: Contratacións: Koldobika Gomila koldobika.gomila@gmail.com ... NELSON QUINTEIRO ORQUESTA GHARBO.pdf · De Angola a Euskal Herria, ... Outeiro ou un coro de homes da charanga “Os

Tradición, pedais, cables e mais cables

Se hai algo característico de Nelson Quinteiro á hora de arranxar os temas tradicionais é o uso de pedais de loop, delay ou ecualizadores sobre os que arma polifonías, xogos vocais ou dende os que dispara bases de percusión sampleadas, escenas sonoras ou outro tipo de recursos tecnolóxicos que convirten as melodías tradicionais en algo completamente vixente e actual.

A proposta musical, deste xeito non deixa de ser un verdadeiro espectáculo no que a composición tecnolóxica dos temas, mesturando voces ou aplicando efectos sonores consigue unha batería de sensacións e evocacións.

Os seus colaboradores tamén ofrecen o mesmo tipo de “chispa tecnolóxica” (en palabras do crítico musical Nonito Pereira).

Guitarras loopeadas ata o indescriptible, xendrum, serrucho musical, batería midi, acordeón midi ou todo tipo de recursos que aplicados á música tradicional e músicas do mundo consiguen abraiar a propios e estranos.

Contratacións: Koldobika Gomila [email protected] TL.:886 311 513 / 615 684 769

Page 6: Contratacións: Koldobika Gomila koldobika.gomila@gmail.com ... NELSON QUINTEIRO ORQUESTA GHARBO.pdf · De Angola a Euskal Herria, ... Outeiro ou un coro de homes da charanga “Os

O DISCO

O disco “Orquesta Gharbo!” traza un punto de inflexión na carreira artística de Nelson Quinteiro.

Despois dunha carreira musical e teatral de fondo agarda á madureza para botar a andar o seu primeiro traballo discográfico.

Proxectado grazas a unha campaña de crowdfunding a través das plataformas www.verkami.org e www.gharbo.org/crowdfunding o proxecto fai das redes sociais e das novas tendencias de xestión cultural a súa pedra angular, cunha páxina web de referencia e de paraugas (www.gharbo.org)

Alén desta novidosa fórmula de finanzamento, a proposta musical non deixa de ser tamén innovadora.

Música tradicional galega con influencias de todo o mundo; onde non hai gaitas nen pandeiretas pero sí serrucho, zendrum, pedais de loops, delay, piano, saxo, traveseira, guitarras, e onde as polifonías, ben na voz de Quinteiro ou

complementadas por colaboradores tan contundentes como Silvia Penide, María López, Xandre Outeiro ou un coro de homes da charanga “Os Estalotes” ou da coral “Cantigas e Agarimos” enchen o disco dun sinfín de matices e melodías que van dende A Marola até Angola pasando polo Golfo de Bizkaia ou os xardíns da Alhambra. Todas estas viaxes nun disco no que a sensibilidade artística de Nelson Quinteiro impregna todo, nunha homenaxe ás voces das persoas anónimas que enchen a nosa intra-historia e que aquí cobran protagonismo.

Un disco composto por nove temas que van dende o pop ao bravú pasando por temas con arranxos de música mediterránea, tango, música trovadoresca, Angola ou Cabo Verde, Portugal, Euskadi. O barrio de San Pedro en Santiago de Compostela, Cangas do Morrazo, A Coruña, o Mar do Orzán.

1) CANTO DE ANDAR O CAMIÑO

2) BALDAIO

3) MUIÑEIRA DE SOFÁN

4) MAROLA

5) AS MANS PERDIDAS

6) DONA AUSENDA

7) HAIZE EGOA

8) TANGO DA ILLA DE ONS

9) SOFRIMENTO

Contratacións: Koldobika Gomila [email protected] TL.:886 311 513 / 615 684 769

Page 7: Contratacións: Koldobika Gomila koldobika.gomila@gmail.com ... NELSON QUINTEIRO ORQUESTA GHARBO.pdf · De Angola a Euskal Herria, ... Outeiro ou un coro de homes da charanga “Os

A BANDA

Quizais un dos aspectos máis orixinais da Banda Gharbo! Sexa a súa formación musical, en canto a que se abordan temas tradicionais e músicas do mundo dende unha perspectiva moi actual, empregando recursos tecnolóxicos como pedaleiras de loop e delay, zendrum (batería midi), gaita midi, serrucho, samplers, guitarra española e eléctrica, teclado, baixo, saxo ou traveseira.

O resultado é un son moi versátil e orixinal que se convirte nun espectáculo xa simplemente pola execución e desenvolvemento destes instrumentos en directo, empregados dende unha perspectiva escénica e que acadan momentos de grande evocación escénica.

PULPIÑO VIASCÓNHome orquesta, multiinstrumentista, clown e personaxe en sí mesmo ten formado parte das mellores bandas do rock galego, como “Os Diplomáticos de Monte Alto” ou “O Jarbanzo Negro”. Colabora regularmente con un cento de músicos que van dende Manu Chao a Xoel López, Iván Ferreiro, Silvia Penide ou outros, e ten participado de propostas escénicas de calado como a Carpa de Nunca Mais ou a Cultura Circula da Xunta de Galicia xunto coa compañía teatral “Chévere”. Entre os seus éxitos máis recentes contan a súa participación no grupo BONOVO ou o premio A POLO GHIT da Radio Galega co videoclip “In the Ocean”, a participación na presentación oficial do libro "Os libros arden mal" de Manolo Rivas, etc... Actualmente, ademais de mover un espectáculo de serrucho e acordeón con proxeccións participa da Banda de Tonhito de Poi e como non, na Banda Gharbo! de Nelson Quinteiro!

FRAN CASTROPianista, baixista, cantante. Coñecido pola súa participación en bandas como Strauss (vocalista) ou Mr Dixie Jazz Band (Dixieland) a Rumba Oeste (Rumba) ou Pulpiño Viascón (nestes tres como pianista). Agora mesmo toca o piano con Silvia Penide (Cantautora), Turma Caipira (Música do Brasil) e é baixista e unha das voces en Los Mecánicos. Estudiou Son na Escola de Imaxe e Son da Coruña facendo o son e compoñendo a música para curtametraxes. Estudou piano, voz, harmonía e arranxos e composición en Estudio Escola de Música (Santiago) e tamén clásico no Conservatorio coruñés e logo no Superior de Jazz da Coruña.

ÁLEX LORENZOMúsico, arranxista e compositor nado en Vilanova de Arousa. Estudou o Grao Elemental na Escola Municipal de Música Bernardo Del Río, de Vilagarcía de Arousa, e o Grado Medio no Conservatorio Profesional da mesma localidade, graduándose na especialidade de guitarra.Obtivo a diplomatura en Maxisterio Musical pola Universidade de Vigo na Escola de Formación do Profesorado de E.X.B. de Pontevedra.

Cursou ademáis estudos de Composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo, e estudos de jazz na Escola de Música Estudio de Santiago de Compostela e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.

Durante anos traballou tocando en varias orquestas da verbena galega. Ó longo dos últimos anos ven compaxinando a súa función docente como mestre de primaria con actuacións con diversas formacións musicais: A Tarantela Rabuda, El Verasón, J.I.T., A Tuna Ratafari, etc.

Ten publicados varios traballos discográficos con algunhas destas formacións e con outras anteriores.

Contratacións: Koldobika Gomila [email protected] TL.:886 311 513 / 615 684 769

Page 8: Contratacións: Koldobika Gomila koldobika.gomila@gmail.com ... NELSON QUINTEIRO ORQUESTA GHARBO.pdf · De Angola a Euskal Herria, ... Outeiro ou un coro de homes da charanga “Os

EDUARDO MÉNDEZ “DUBI”

Dende 1998, traballa como coordinador da Área de Música Tradicional e mestre de gaita na Escola de Música da Coruña, onde entra en contacto coa música moderna e jazz. Comeza co saxofón en 2004.

Participa en master class de saxofón con John Cennet Jhonson, Jean Toussaint, Martin Hathaway, e harmonía moderna, composición e arranxo con José Antonio Acuña, Scot Stroman e Nikki Iles. Entra como alumno de saxo na primeira promoción da especialidade de jazz: a teoría e práctica da improvisación no Conservatorio de Música da Coruña; baixo a dirección de Roberto Somoza.

Participa de varios proxectos dirixidos e compostos por Scot Stroman como a Jazz Masa, co trompetista Kenny Wheeler, ou o proxecto baseado na música tradicional galega no que coopera activamente. Nos últimos tempos frecuenta varios cursos con Xefa Alonso e continúa o seu adestramento.

COLABORADORES/AS

Silvia PenideVoz principal no tema “As Mans

Perdidas”

Xandre OuteiroVoz principal no tema “Sofán” e

zanfona en “Dona Ausenda”

María Faltriqueira

Voz principal en “Dona Ausenda” e

coros en “Baldaio” e “Canto de andar o

camiño”

Os EstalotesCoral Cantigas e

AgarimosCoros no tema

“Tango da Illa de Ons”

Miguel SoteloDanza tradicional galega na posta en

escena do espectáculo “grande Orquesta Gharbo!”

Iván VillarDanza

contemporánea e tradicional galega na posta en escena

do espectáculo “grande Orquesta

Gharbo!”

Tanto o disco “Orquesta Gharbo” como o seu reflexo en directo conta coa participación dun grupo de profesionais da voz, da danza ou da escena que fan deste traballo unha aposta coral e un certo manifesto xeracional.Artistas que foron pasando polo camiño de Nelson Quinteiro ao longo destes últimos 15 anos de traxectoria profesional e cos que ten trazado un vencello máis especial.Todos eles conforman un son e unha posta en escena contundente; aberta ás máis dispersas sensibilidades e que de seguro dará moito que falar.

NOTA: As posibilidades de contratación van dende o formato dúo (Nelson Quinteiro -voz, percusión, pedais de loop, delay- e Álex Lorenzo -guitarras, pedais e efectos-) formato trío (acompañados ben de Silvia Penide ou de María López -Faltriqueira-), formato banda (voz, guitarras, teclados, baixo, percusión, traveseira e saxo) ou formato orquesta (espectáculo multidisciplinar con artistas convidados e danza)

Contratacións: Koldobika Gomila [email protected] TL.:886 311 513 / 615 684 769

Page 9: Contratacións: Koldobika Gomila koldobika.gomila@gmail.com ... NELSON QUINTEIRO ORQUESTA GHARBO.pdf · De Angola a Euskal Herria, ... Outeiro ou un coro de homes da charanga “Os

CATÁLOGO AECID 2014

O proxecto "Nelson Quinteiro e a Banda Gharbo!" foi seleccionado por un comité de expertos nomeado pola Axencia Española de Cooperación e Desenvolvemento para formar parte do seu catálogo artístico que ano tras ano ofrece ás embaixadas e Centros de España no estranxeiro.

De entre as diferentes categorías ofertadas dende este organismo, o noso proxecto entrou na categoría "Fusión", sendo integrante desta sección con outros catro grupos do resto do Estado.

O funcionamento desta rede sitúase dentro dos convenios que a axencia ten con estes organismos no estranxeiro; podendo estes solicitar ó artista cunhas condicións de co-producción moi ventaxosas.

Agardamos que esta sorte de ser escollidos para este catálogo nos poida abrir as portas de cara a cruzar o charco e presentar o noso disco "Orquesta Gharbo!"

Xa de partida é unha inmensa honra, tendo en conta tamén o bagaxe e talla dos personaxes que formaron parte dese tribunal de selección.

Para estes organismos ofrécese a posibilidade de mobilizar diferentes combos dos que ofrecemos para presentar o disco "Orquesta Gharbo!", dende o formato solista, no que Nelson Quinteiro ofrece o repertorio do disco empregando os medios ofrecidos polas pedaleiras de loops, escenas sonoras, samplers, o formato dúo, no que pode ser acompañado ben por un guitarrista, pianista ou multiinstrumentista, ou o formato banda, ofrecendo a formación ao completo (voz, guitarra, teclado, percusións, saxo, etc.

Paralelamente, e tamén a través da AECID ofrécense ás ambaixadas a posibilidade de complementar a súa oferta mediante os talleres "A Voz e a Emoción" ou "Laboratorio de Cabaré Contemporáneo" que impartiría o propio Quinteiro.

Contratacións: Koldobika Gomila [email protected] TL.:886 311 513 / 615 684 769

Page 10: Contratacións: Koldobika Gomila koldobika.gomila@gmail.com ... NELSON QUINTEIRO ORQUESTA GHARBO.pdf · De Angola a Euskal Herria, ... Outeiro ou un coro de homes da charanga “Os

CROWDFUNDING

Tamén coñecido como micromecenazgo ou microfinanciación consiste nunha innovadora fórmula de financiación de proxectos sociais ou culturais na que os impulsores poñen a disposición dos amigos/as ou colaboradores/as diferentes vías de colaboración asociadas a diferentes recompensas.

Realmente o que se adquire é un producto que de non ser por ese apoio probablemente non vira a luz.

O crowdfunding convírtese así nunha arma moi interesante; democrática en canto son os individuos quenes deciden se apoian ou non, e en que medida, e subversiva en canto a que serve para que proxectos que ou ben non teñen padriños, ou non seguen as imposicións do mercado ou son políticamente incómodos poidan ver a luz dun xeito colectivo e participativo.

Grazas a esta ferramenta foi posible levar adiante o proxecto “Orquesta Gharbo!”, facendo deste disco e deste proxecto algo colectivo e compartido no que entran en xogo os mecenas que contribuiron a facer este sono posible.

Contratacións: Koldobika Gomila [email protected] TL.:886 311 513 / 615 684 769

Page 11: Contratacións: Koldobika Gomila koldobika.gomila@gmail.com ... NELSON QUINTEIRO ORQUESTA GHARBO.pdf · De Angola a Euskal Herria, ... Outeiro ou un coro de homes da charanga “Os

LIGAZÓNS

O proxecto “Orquesta Gharbo!” de Nelson Quinteiro fai das novas tecnoloxías e das redes sociais o seu particular cabalo de troia, e tanto é así que o traballo de difusión e de promoción de Nelson Quinteiro na rede, tanto neste proxecto como outros da súa autoría como o Festival Galego de Cabaré ou a Compañía Femme Fatale teñen sido posto de exemplo en varios cursos de Tecnoloxías 2.0.

Aquí tedes só un exemplo de espazos nos que podedes ver parte do noso traballo:

www.gharbo.org

www.gharbo.org/crowdfunding

http://www.galiciantunes.com/web/New/Artista/465

https://soundcloud.com/nelson_quinteiro

http://www.youtube.com/user/cantareiro

https://www.facebook.com/nelson.quinteiro

https://twitter.com/orquestagharbo

http://www.bandeed.com/artist/gharbo

https://myspace.com/317976776

Contratacións: Koldobika Gomila [email protected] TL.:886 311 513 / 615 684 769

Page 12: Contratacións: Koldobika Gomila koldobika.gomila@gmail.com ... NELSON QUINTEIRO ORQUESTA GHARBO.pdf · De Angola a Euskal Herria, ... Outeiro ou un coro de homes da charanga “Os

DOSSIER DE MEDIOS

Radio3 RNE

Programa Tarataña 08/02/2014 Tiempo de inicio 27:50http://www.rtve.es/alacarta/audios/taratana/taratana-recuerdo-pete-seeger-08-02-14/2385292/

Programa Tarataña 09/03/2014 De Pirineos y acordeones 49:00http://www.rtve.es/alacarta/audios/taratana/taratana-pirineos-acordeones-09-03-14/2435911/Programa Tarataña 23/02/2014 Trio de trikitixas 25:00http://www.rtve.es/alacarta/audios/taratana/taratana-trio-trikitixas-23-02-14/2412522/

Programa Musicas Posibles 10/03/2014 Sabor a sal http://www.rtve.es/alacarta/audios/musicas-posibles/musicas-posibles-sabor-sal-10-03-14/2429180/

Programa Músicas Posibles 14/03/2014 Tradición y Parra 49:00www.rtve.es/alacarta/audios/musicas-posibles/musicas-posibles-tradicion-parra-14-03-14/2439847/

Radio Galega

Programa Lume na Palleira 26/01/2014 Tiempo de inicio 01:05:01http://www.crtvg.es/rg/podcast/lume-na-palleira-lume-na-palleira-do-dia-26-01-2014-740763 el momento de la entrevista empieza en

Programa Somos Quen 01/12/2013 Entrevista a lo largo de toda la hora de programa.Presentación del disco, como avance antes de su publicación y puesta a la ventahttp://www.crtvg.es/rg/podcast/somos-quen-somos-quen-do-dia-01-12-2013-708287

Programa Somos Quen 02/02/2014 minuto 35:35http://www.crtvg.es/rg/podcast/somos-quen-somos-quen-do-dia-02-02-2014-744756

Cadena Ser

Programa Hoy por hoyhttps://soundcloud.com/nelson_quinteiro/nelson-quinteiro-en-hoy-por

Radio Voz

Programa Voces de Galicia 06/02/2014http://www.ivoox.com/nelson-quinteiro-presenta-mana-o-seu-disco-orquesta-audios-mp3_rf_2807768_1.html

Contratacións: Koldobika Gomila [email protected] TL.:886 311 513 / 615 684 769

Page 13: Contratacións: Koldobika Gomila koldobika.gomila@gmail.com ... NELSON QUINTEIRO ORQUESTA GHARBO.pdf · De Angola a Euskal Herria, ... Outeiro ou un coro de homes da charanga “Os

El Ideal Gallego

Articulo de J.A. Martínez Sevilla, Crítico Teatral 06/02/2014http://www.elidealgallego.com/opinion/j-martinez-sevilla/nelson-quinteiro/20140206002516172318.html

La Opinión de La Coruña 07/02/2014

http://ocio.laopinioncoruna.es/cine/noticias/nws-269689-el-primer-disco-nelson-quinteiro-mucho-mas-alla-lo-musical.html

Gazeta Musical

http://www.gzmusica.com/novas/discos/498-orquesta-gharbo.htmlIncluye comentarios propios de ellos sobre los temas señalados.

Todo Música & Más

Artículo de Nonito Pereira, Crítico Musical.http://nitope.blogspot.com.es/2014/02/nelson-quinteiro-y-orquesta-gharbo.html

Televisión Galega

Programa A Revista 02/02/2014http://www.crtvg.es/informativos/o-actor-nelson-quinteiro-presenta-o-seu-primeiro-disco-744818

Telexornal Serán 12/03/2014 Feche de Informativoshttp://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-seran-770140

Música en Galego

musicaengalego.blogspot.com.es/2014/01/nelson-quintero-orqueta-gharbo.html

Contratacións: Koldobika Gomila [email protected] TL.:886 311 513 / 615 684 769