contos de animais - grupo anaya...xosé miranda é autor tamén da novela feitizo. de antonio...

8
1 Contos de animais XERAIS Títulos: Contos de animais I, II Máis contos de animais I, II Autores: Xosé Miranda Antonio Reigosa X. R. Cuba Ilustradores: Varios Editorial: Xerais Colección: Cabalo buligán

Upload: others

Post on 14-Jul-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Contos de animais - Grupo Anaya...Xosé Miranda é autor tamén da novela Feitizo. De Antonio Reigosa son Memorias dun raposoque acadou o premio Merlín e Resalgario que obtivo o premio

1

Contos de an imais

XERAIS

Títulos: Contos de animais I, II

Máis contos de animais I, II

Autores: Xosé Miranda

Antonio Reigosa

X. R. Cuba

Ilustradores: Varios

Editorial: Xerais

Colección: Cabalo buligán

Page 2: Contos de animais - Grupo Anaya...Xosé Miranda é autor tamén da novela Feitizo. De Antonio Reigosa son Memorias dun raposoque acadou o premio Merlín e Resalgario que obtivo o premio

2

os autoresXosé Miranda, Antonio Reigosa, Xoán Ramiro Cuba

Responsables da colección Cabalo buligán, que reúne contos da tradición oral galega, ofrecen nestasentregas contos que teñen como protagonistas animais. Moitos destes contos e fábulas, nas súas dife-rentes versións e variantes, andaban dispersos en publicacións, xeralmente pouco coñecidas, que facíanmoi difícil o encontro cos novos lectores.Cabalo buligán é un proxecto de recuperación e recreación da literatura de tradición oral galega que con-vida a lectores de todas as idades a ler e contar. Os autores fan un esforzo por catalogar e inventariar oconxunto dos contos de animais transmitidos ó longo dos tempos. Nunhas notas finais, engaden osautores datos que os sitúan no contexto do conto popular, dando conta das peculiaridades do relato, asversións nas que se basearon, as variantes que se poden atopar, a clasificación na que foron encadrados…Xosé Miranda é autor tamén da novela Feitizo.De Antonio Reigosa son Memorias dun raposo que acadou o premio Merlín e Resalgario que obtivo opremio Raíña Lupa do ano 2000.

resumo argumentalContos de animais, IReúne os contos recreados por Xosé Miranda («O lobo e os raposos pastores» e «O can e a carne»), porAntonio Reigosa («A raposa come troitas», «A pesca co rabo», «Marica arteira vai cabaleira», «Tanta cas-taña», «O lobo gasta sombreiro», «O engano no reparto da colleita», «Os bautizos da raposa», «As zocasnovas do gato», «Os dous baldes», «A vaca co lobo a rastro», «O raposo arrogante» e «Revírate, meurabo») e por Xoán Ramiro Cuba («A raposa e a aguia», «O can, o raposo e o queixo», «O raposo fai omorto», «O lobo fártase na adega» e «O lobo e a raposa van ó mel»).

Contos de animais, IIReúne os contos recreados por Xosé Miranda («O oso, o lobo e a raposa», «O rato do souto e o rato dacasa», «O lobo busca o seu almorzo», «O lobo e os coellos do raposo», «O raposo e o galo», «O lobo eos sete cabritiños» e «O carneiro e o gato»), por Antonio Reigosa («O raposo, o home e o burro», «Oraposo come o queixo», «A raposa e as uvas», «Raio, cirola», «O convite», «Volva pola roupa», «A leinova», «Como fan os raposos para desfacerse das pulgas», «Xa tiña que ir a Ourense, dixo o raposo» e«O raposo mata a fame») e por Xoán Ramiro Cuba («A lebre e os cans», «Dáme de comer ou mátameaxiña», «Tres caracois e unha empanada» e «O sapo traballador»).

Máis contos de animais, IReúne os contos recreados por Xosé Miranda («A guerra dos cans», «Por que os cans se olen uns ósoutros», «O lobo prefire a liberdade», «O merlo e a formiga», «O ourizo cacho», «A araña», «A cobra eo neno», «Longa-longa e pende-pende», «A cobra introdúcese no estómago do home», «A serpe xigan-te», «Debate entre os pés e a cabeza», «O trigo e a liñaza», «Febreiro e a vella» e «Marzo e o pastor»), epor Antonio reigosa («A única maña do gato», «Caer, hanche caer», «O primeiro en ver saír o sol», «Olobo e a ovella pacedora», «O raposo e o zoqueiro», «O burro e o porco», «O porco e a vaca», «Vodas noceo», «O loro escarmentado», «O corvo presumido», «Consellos do gorrión ós fillos», «A carriza», «Ocarrizo e o carneiro» e «A carreira da lebre e a tartaruga»).

Máis contos de animais, IIReúne os contos recreados por Xosé Miranda («O tío das calzas vermellas», «O home, o lobo, a raposa,o burro e o corvo», «O home, o lobo e o raposo», «Os animais vanse quentar ó lume», «Os tres avoga-dos», «O mozo e a cobra» e «O loro valente») e por Antonio Reigosa («Epístola do lobo», «Os animaisna pousada», «As verdades do barqueiro», «O loro e o grilo», «A carreira do sapo e o raposo»).

Page 3: Contos de animais - Grupo Anaya...Xosé Miranda é autor tamén da novela Feitizo. De Antonio Reigosa son Memorias dun raposoque acadou o premio Merlín e Resalgario que obtivo o premio

3

ilustraciónContos de animais, I está ilustrado por Manuel Uhía. Nun estilo absolutamente recoñecible, faiseun tratamento moi específico dos animais, personalizándoos no senso de proporcionarlles moitaexpresividade, ata o punto de que parece que falan tal e como dicía o dito.Do mesmo xeito, pódense recoñecer o tipo de liques dunha pedra ou a raza da ovella representada.Os fondos das ilustracións vanse aproximando á obra pictórica deste artista polifacético.Outros libros ilustrados por Uhía son Cuco, cuquelo ¿que tes no fardelo?, Pimpin e dona Gata… e,tamén escrito por el, Piratas na buguina.

Contos de animais, II está ilustrado por Xosé Cobas, introducindo unha distribución innovado-ra dos debuxos ó longo das páxinas. Achega calidades cromáticas así coma variedade de texturas.A utilización das cores quentes, o predominio da liña curva, a tendencia á ocupación do espacio,un certo surrealismo e algún que outro elemento decorativo fan do libro un obxecto interesantede ver con toques preciosistas.Este ilustrador, nado en 1953, compaxina debuxo, pintura, ilustración e deseño gráfico. No 1999foi seleccionado para a Fiera del Libro per Ragazzi di Bologna.Outros libros ilustrados por el son A nena de auga e o príncipe de lume, Cando petan á porta polanoite, O pazo baleiro, Caderno de lume, A pousada do sétimo día, O home que inventou unha manei-ra de andar…

Máis contos de animais, I está ilustrado por Xan López Domínguez coa calidade e estilo propios.A austeridade de cores achégalle unha delicadeza aínda maior ó libro. A escaseza de liñas e as coresplanas fan que o lector se centre nos encadres, a expresividade, a estilización das figuras e o esque-matismo que nos obrigará a deconstruír, a ter que interpretar os debuxos do mesmo xeito que sefai co texto.O ilustrador economiza recursos traducindo o mundo ó seu propio sistema iconográfico que secaracteriza pola amabilidade e unha certa dose de humorismo.Algúns dos debuxos lémbrannos traballos anteriores do ilustrador, nunha especie de referencia aoutros personaxes.El é o máis galardoado e prolífico dos nosos ilustradores; conta, entre outros cos premios Curuxado Humor, UNICEF e Placa da Bienal de Bratislava; a súa obra foi seleccionada para aExposición da Fiera dei Libri per Ragazzi di Bologna e libros seus formaron parte da Lista deHonor do IBBY (Gago por merenda, 1990) e na lista de White Ravens (O Grande Tronante).Outros libros ilustrados por este autor son Fafarraios, Teatro feroz, A galiña azul… e da súa auto-ría completa Voces na lagoa do espantallo, Teodomiro soña con dragóns, A princesa e o dragón…

Máis contos de animais, II está ilustrado por Federico Fernández. Estas ilustracións parecen gra-vados en madeira, un tanto primitivos que poden lembrar por un lado láminas de plásticos lati-noamericanos empeñados na divulgación da arte e por outra ilustracións de épocas anteriores.Ambas premisas son interesantes á hora de traballar con textos de tradición oral e de tanta raiga-me popular coma os contos de animais. Uns fondos de cores quentes en suaves nubes que tiraná horizontalidade enmarcan a maioría das láminas nas que os animais fan o posible por falar eque se lles entendan. Son curiosas as perspectivas e o traballo cos conxuntos de figuras. Resultainteresante a distribución dos elementos na ilustración. Na última, introduce o colaxe. Outro libro tamén ilustrado por el é ¿Onde perdeu Lúa a risa?

Page 4: Contos de animais - Grupo Anaya...Xosé Miranda é autor tamén da novela Feitizo. De Antonio Reigosa son Memorias dun raposoque acadou o premio Merlín e Resalgario que obtivo o premio

4

temáticaCada animal ten un rol na tradición popular

As características psicolóxicas que se atribúen a cada un dos animais queandan polo imaxinario popular: o astuto raposo, o lobo burlado…

As ensinanzas dos contos populares

Os relatos que se ían pasando de boca en boca, de vellos a novos, tiñanmoitas veces unha finalidade didáctica: non deixarse enganar…Os finais veñen sendo a conclusión, a ensinanza aprendida.

As fábulas

Un tipo de conto, protagonizado por animais e do que se desprendeunha ensinanza, que adoita aparecer ó final, condensada nun pareado.

A cultura propia

Ata hai pouco tempo a rapazada galega non tiña acceso a libros nos quese recollera a súa propia literatura de tradición oral, polo que coñecíaoutras tradicións pero descoñecía a propia.

Este tipo de textos de divulgación colaboran ó reencontro destas historias cos desti-natarios para os que foron creadas e transmitidas ó longo dos tempos.

Xogar coas palabras

Unha boa maneira de recordar é a rimada, ademais é divertida.Do mesmo xeito, dáselle moita importancia ós textos nos que se utilizao estilo directo, porque igual que nos chistes (tamén de tradición oral)

débese lembrar a fórmula exacta para lograr o resultado máis eficaz.As diferentes fórmulas dos finais dos contos.

Page 5: Contos de animais - Grupo Anaya...Xosé Miranda é autor tamén da novela Feitizo. De Antonio Reigosa son Memorias dun raposoque acadou o premio Merlín e Resalgario que obtivo o premio

5

temáticaTransmisión de valores

De base hai unha valoración do pasado, da tradición, e incluso daque-la parte da tradición menos estimada como pode ser a popular. Nestestempos de sobrevaloración da última tecnoloxía, apreciar a tradición

oral, ese modo de cultura menos oficial e ó que tiñan acceso todos, e aínda máis osmenos escolarizados, parece fundamental.Á parte deste valor básico, hai outros a ter en conta como pode ser o feito de darlleimportancia ós animais e facer que nos poñamos na súa pel, facéndoos protagonis-tas; vendo ós homes e mulleres a través dos seus ollos.Outros valores estarían recollidos xa conto a conto, como poden ser aqueles nos quese fai ver que non por ser máis grande se ten máis valor ou se gana sempre, ou nonpor ser máis rápido se chega primeiro…No libro Máis contos de animais,II aparece o conto «Os animais na pousada». Este éun conto moi especial no senso de que nel vanse unindo unha serie de animais(burro, can, gato, galo) ós que os amos tratan mal e, baseándose nesa unidade, pode-rán sobrevivir e estar a gusto. Hai unha crítica da relación do home co animal etamén unha defensa da unión dos débiles para poder facer fronte ós fortes; ademais,algún deses animais poderían considerarse inimigos (coma o can e o gato) senembargo son capaces de pasar sobre as súas diferencias e colaborar entre eles. A ilus-tración, colocando a uns animais sobre os outros fai máis evidente aínda esta solida-riedade.

Page 6: Contos de animais - Grupo Anaya...Xosé Miranda é autor tamén da novela Feitizo. De Antonio Reigosa son Memorias dun raposoque acadou o premio Merlín e Resalgario que obtivo o premio

6

actividadesLer e contar

Cada alumno/a ha de elixir o conto que máis lle gustou para poder lerllo ou contárllelo ós demais.Sempre é preferible a opción de contar, pero para os máis tímidos pode resultar difícil contar e pode-mos aceptarlle que lea o texto. Nun e outro caso debe prepararase, utilizando incluso o espello para quepoidan observarse mentres o fan. Cando contan tamén poden apoiarse no libro, mostrando as ilustra-cións, ou facelo só co seu corpo.Pódese comezar elixindo, cada un deles, un conto para ler e posteriormente facer unha segunda elec-ción, agora xa para contar.

Escoitar

Pedirlle ós avós e avoas, ós máis vellos, que lles conten os contos de animais que recorden. Escoitalos,gravar aqueles que resulten máis interesantes ou menos coñecidos, para poder achegalos á aula.Aprender a escoitar pode ser máis importante aínda que aprender a contar. A este efecto pódense orga-nizar sesións de contacontos con diferentes contadores: mestres, familiares do alumnado, actores, maio-res dun centro da terceira idade que nos queira colaborar… esta última opción fará que se relacionendiferentes xeracións e que os máis novos escoiten o que os maiores teñen que contarlles, nesta escoitapodemos ir introducindo valores coma o do respecto, a sabedoría daqueles que teñen vivido máis…De consideralo conveniente veríase a posibilidade de facer recollidas de literatura de tradición oral.Neste aspecto, pódese contar coa documentación que a tal efecto ten o Museo do Pobo Galego enSantiago.

Facer teatro

Por grupos preparar un conto para facer teatro lido, de forma que cada alumno/a asume a voz dunhapersonaxe e outro a do narrador omnisciente. Dependendo da preparación do grupo, podemos pedir-lle que tente imitar ó animal que representa ou buscar unha característica persoal para diferencialo. Narealización do teatro lido, teremos en conta tamén a parte plástica, de forma que se hai alumnado quenon actúe poida ser el quen elabore o tarxetón identificativo de cada personaxe e poida realizalo en basea letras, debuxos ou ambos caracteres.Do mesmo xeito, podemos preparar a dramatización dun conto, agora xa utilizando todos os recursosnecesarios: escenario, decorados, vestiario, maquillaxe… e sobre todo a capacidade para representar dosnenos e nenas. É interesante que observen qué pode definir a cada personaxe (vestiario, maquillaxe,forma de falar ou camiñar…) para poder representalo mellor. Outra actividade pode ser facer a representación con títeres, estes pódense realizar moi doadamente congomaespuma, dándolle a cada un a forma da cabeza dun animal e montando o escenario tamén dunhamaneira sinxela. Os monicreques, xa de por si esaxerados facilitarán a representación deste tipo de obras.Tanto no teatro representado coma no de títeres é necesario realizar o paso do texto narrativo ó guión,para facilitar a comprensión, sen necesidade de narrador.Á hora de escoller os contos para representar, podemos ter en conta que aqueles nos que falan en versoou se repiten as fórmulas, poden ser os máis atraentes.

Debuxar

A realización dos decorados do teatro.A anticipación ó guión, do que falabamos antes cando nos referiamos ó teatro, pode ser a realizacióndun cómic no que maioritariamente se traballa o diálogo, a acción, anque non se abandonen total-mente as cartelas que poderían recordar a voz narrativa.Ilustrar os contos que recolleramos da tradición oral.

Page 7: Contos de animais - Grupo Anaya...Xosé Miranda é autor tamén da novela Feitizo. De Antonio Reigosa son Memorias dun raposoque acadou o premio Merlín e Resalgario que obtivo o premio

7

actividadesIlustrar a idea recollida no conto «Os animais na pousada» do libro Máis contos de animais, II.Colocaranse os pequenos sobre os grandes facendo unha especie de torre solidaria para lograr salvarsetodos. Neste caso pídeselles que tenten facer esa torre o máis alta posible para que recolla cantos máisanimais mellor.

Observar

Fixarse en como comezan e rematan os contos de animais para descubrir se hai fórmulas que se repi-tan. Quedarse coa que máis guste para poder utilizar nas creacións propias.Reparar en que as fórmulas de entrada facilitan o paso do tempo actual a un pasado irreal e atemporalno que os animais eran protagonistas. As fórmulas de saída serven para devolver ós receptores do rela-to ás coordenadas espacio-temporais reais, traéndonos ó aquí e agora.Buscar as fábulas e apuntar a rima na que se recolle a sentencia.Dun conto dado inventar un final rimado no que se recolla a ensinanza ou conclusión que se podeextraer.No conto «Epístola do lobo» do libro Máis contos de animais, II faise unha imitación do latín e das fór-mulas relixiosas. Tentar continualo imitando esta linguaxe.Hai contos que son parecidos, pero aínda así non sempre rematan igual. Buscar algúns no que suceda esto.Nalgún caso, cando non pode conseguir o que quere, o raposo dá a entender que lle perdeu o intere-se. ¿Serías quen de buscar algún deses contos?

Xogar

Lido un dos libros, poderemos cuestionarnos o traballalo de diferentes maneiras:Xogar ás adiviñanzas por equipos:¿E que pasou cando…? (…o raposo lle fixo unhas zocas ó gato) ¿E que pasou aquela vez que…? (…a raposa e a aguia eran amigas…)¿Cal é o conto que se titula Vodas no ceo?¿Cal é o conto no que o xefe lle di ó operario «Aínda que non traballaches moito, págoche igual por-que fixeches o que puideches e eso é o que vale”. Vede si esto ten relación coa realidade.A ver se acertas cal é o conto que comeza «Foi naquel tempo en que os animais falaban e vivían domesmo xeito cós homes…”Realizar unha táboa para ir vendo que animais aparecen nos contos e cales son os que máis se repiten.Podemos facelo por equipos, de forma que cada grupo se encargue dun dos libros. Exemplo:

Contos nos que aparecenRaposo A raposa come troitas A raposa e a aguia A pesca co rabo

Animais

Fai cadeas de inimigos, do estilo de rato – gato, gato – can, can – raposo, raposo – galiña… e ilústraas.Hai contos que producen risa. Buscádeos entre todos e ide contándovolos coma se foran chistes.Aprenderse de memoria «Longa-longa e Pende-pende» e crear algún outro xogo parecido.

Contestar

Hai un animal que sae ganador en case todos os contos. ¿Cal é?. Buscar algún conto no que perdera.O raposo recoñécese con varios nomes distintos ¿Es quen de acertalos?

Page 8: Contos de animais - Grupo Anaya...Xosé Miranda é autor tamén da novela Feitizo. De Antonio Reigosa son Memorias dun raposoque acadou o premio Merlín e Resalgario que obtivo o premio

8

actividades¿Quen engana a quen na maioría dos contos?No Contos de animais, II hai dous contos nos que lobo e raposo din nun momento (dirixíndose aDeus): “¡Raio, que para o malo ben oes!”. ¿De cales se trata?¿Como se titulan os contos nos que os animais se queixan do trato que lles dá o home?Tamén hai varios contos nos que os animais fan carreiras entre eles ¿Sabes a cales nos estamos referindo?¿Atopastes algún conto no que se manifeste o enfrontamento entre animais grandes e pequenos? ¿Cal?¿Hai algún conto no que os humanos sexan os enganados? ¿ Cal?¿Por qué os cans cando atopan outro no seu camiño, vanlle mirar o cu? Podes atopar a resposta nunconto.Tamén a esta pregunta lle atoparás a resposta nun conto ¿Por qué os cans se cheiran o rabo?¿Podes atopar contos en verso?

Opinar

¿Será que os animais tiveron sempre o mesmo valor na sociedade?Os animais ¿son igual de importantes para todos os membros da sociedade?En varios contos os animais dan as queixas do trato que reciben do home. ¿Que opinas ó respecto?Ler o conto «Tres caracois e unha empanada» do libro Contos de animais, II, opinar sobre o que oco-rre, tratar de ver se na realidade se dan situacións así, sacar conclusións.No conto «O ourizo cacho» de Máis contos de animais, I aparecen un par de sentencias «De bo facer,mal haber» e «¿De ben facer, ben haber?». Opinar sobre esto.

Crear

Comeza un conto: «Daquela, cando os animais falaban…»Crear fórmulas propias para entrar e saír dun conto.

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /