conto reciclado concepción justo lópez
TRANSCRIPT
CONTO RECICLADO
Concepción Justo López
- O paxariño de pedra- A pizarra máxica
- “Debuxa e colorea comigo”
MATERIAIS
Como podemos ver na imaxe para a realización do meu conto utilicei materiais que tiña na casa como:-Lana-Rotuladores-Témperas de cores-Cartolina-Anacos de papeis de cores-Folios escritos xa por unha parte-Celo-Algodón
MATERIAIStamén usei:-Cola branca-Papeis dos caramelos que me sobraran de facer o marco-Pegamento de barra-Follas de abeto-Herba seca ou palla- Anacos de papel de aluminio-Palillos-Cartón-Tesoiras-E como non, un catálogo de roupa dunha tenda.
PROCEDEMENTO
Como podemos ver na imaxe, partín dun simple folleto, ao cal lle fun pegando folios para poder escribir enriba e logo, unha vez que tiven todo o folleto cuberto con folios, o que fixen foi debuxar as portadas do meu conto.
PROCEDEMENTO
Logo de ter feitas as portadas e distribuído o espazo dos meus contos, escribín en anacos de folio os contos e
logo funos pegando da maneira que máis me gustou.
PROCEDEMENTO
Unha vez que tiven pegados no folleto os anacos de conto, o que fixen foi colorear con moito
coidado as portadas dos contos, ao igual que pegarlle algúns detalles que me pareceron
axeitados.
PROCEDEMENTO
Despois de ter as portadas rematadas,
decorei as páxinas con debuxos relacionados cos fragmentos dos
contos, algúns exemplos son os das imaxes…
PROCEDEMENTODespois de ter os contos
rematados, decidín introducir unha novidade, e esta é unha sección denominada “debuxa e colorea comigo”, na que se atopan catro debuxos para
colorear, e un cadro no que os nen@s teñen que deixar voar a súa imaxinación e debuxar unha paisaxe do seu pobo…
que máis lle gustase, lle chamase a atención…
RESULTADO FINAL
Ao final de todo o que fixen foi forrar as portadas con cartolina para que estivesen máis duras e
protexidas, logo disto, decoreinas, e por último para
que non se estropeasen forreinas con plástico. Como o libro quedaba moi gordo, cun
anaquiño de lana, fixen un cierre como o que vemos na imaxe para que así estivese
máis seguro.
¿COMO NOS QUEDOU?Como resultado de todo este
proceso obtiven o que podemos ver nas imaxes.Decidín meter dous contos
para empregar todas as páxinas do catálogo, ao igual
que tamén decidín por a sección “debuxa e colorea”
porque me parece importante e divertido que os nenos,
despois de ler un determinado conto, fagan actividades relacionadas con el e que poidan deixar voar a súa imaxinación, que nestas
idades é moita.