conto en galego tristura
TRANSCRIPT
A DESPEDIDA
UN MAR DE EMOCIÓNS María Carballo Tubío
2011-2012 CEIP: VIRXE DO ROCÍO
OLA AMIGOS Esta historia que vos vou contar,
é TRISTE, querédela escoitar???
Fala de despedidas, bágoas e
silencios;
Apertas, bicos e amigos sinceros.
Se escoitas a miña historia
vasme entender,
porque todos nenos,
séntense tristes algunha vez!!!
O lib
ro d
as e
mo
ció
ns
Sentistes algunha vez moita tristura????
A TRISTURA Aquel día me parecía que todas as
cores esvaeceran. Todo estaba gris,
escuro e tristeiro.
Aquilo no podía estar a pasar… Troy
veu pola tarde á biblioteca do cole e
atopoume lendo unha das miñas
historias favoritas. Entón díxome
que marchaba!!. Os seus pais
conseguiran un traballo novo
noutro país e mañá marchaban.
O lib
ro d
as e
mo
ció
ns
BAGÓAS Eu sempre estaba con Troy, era o
meu mellor amigo e agora non
podería xogar con el!!
Mentres Troy estivo comigo
aguantei as ganas de chorar
pero no momento que pechou a
porta non puiden conter as
ganas e comecei a chorar e
chorar e chorar e chorar…
Tanto que podería encher os
mares!! Sentíame moi ….TRISTE
O lib
ro d
as e
mo
ció
ns
Chorades cando vos sentides tristes??
A SOIDADE Cando cheguei á casa
atopábame moi canso e
non tiña ganas de facer
nada. Só quería
meterme na cama e
tapar a cabeza… Quería
quedar alí ata que a
tristura desaparecera.
O lib
ro d
as e
mo
ció
ns
Qué facedes vós para tranquilizarvos cando
estades moi tristes?
OS MOTIVOS E aí, dentro da cama, todas as
lembranzas tristes
apareceron na miña cabeza
facéndome chorar e chorar
máis…
Sentíame igual que cando os
meus pais discuten ou coma
cando estou enfermo e dóeme
o corpo. Sentíame igual que
cando o meu can Sampo
morreu.
O lib
ro d
as e
mo
ció
ns
Que vos fai sentir tristes?
FALALO Despois dun tempo, a miña nai chamou á porta.
Achegouse a darme un bico e entre saloucos
conteille todo o que sentía, o triste que estaba e o
moito que botaría a faltar ao meu amigo Troy.
Falar coa miña nai dos meus sentimentos non
conseguiu que Troy quedase na nosa cidade pero
fixo que me sentira moito mellor.
O lib
ro d
as e
mo
ció
ns
Falades dos vosos sentimentos coa vosa
familia ou amig@s cando vos sentides tristes?
QUE FAGO? Cando me sinto triste gústame que
me coiden e me dean mecos. A
miña nai preparoume un baño
quente e un chocolate delicioso!!
Quería estar só no meu cuarto
escoitando cancións bonitas.
O lib
ro d
as e
mo
ció
ns
Que vos gusta facer cando vos sentides tristes?
O ADEUS Soou o timbre da casa. Troy
viña despedirse. Ía pasar
moito tempo sen volver ver
ao meu mellor amigo!!
El tamén se sentía triste.
Seino porque os seus ollos
estaban cheos de bágoas,
saloucaba e non sorría como
facía sempre. Démonos unha
grande aperta e marchou
camiñando coa cabeza baixa.
O lib
ro d
as e
mo
ció
ns
O TEMPO Non tiña ganas de falar con
ninguén!! Pero estar coa miña
familia fixo que me sentira un
pouco mellor!! O meu pai
achegouse, doume un bico e
díxome: “Todo vai ir ben”…
Despois dun tempo a tristeza
foise esvaecendo. O día que
volvín ver o meu amigo Troy foi
marabilloso!! Naquel momento,
a tristura daquela despedida
parecía tan lonxe…
O lib
ro d
as e
mo
ció
ns