consellos para unha boa lectura en voz alta

2
CONSELLOS PARA UNHA BOA LECTURA EN VOZ ALTA PREPARACIÓN LECTURAS AXEITADAS Debes escoller ben os textos. Teñen que ser adecuados á idade do público en canto a vocabulario, ilustracións , lonxitude das frases e os parágrafos. Tamén debes ter en conta os seus gustos COMPRENSIÓN. Para poder ler ben é necesario entender correctamente o texto: o seu vocabulario, expresións, sentido... Buscar no dicionario, pregunta. Se non comprendes o texto dun modo global nin coñeces o significado das súas palabras clave, non poderás facer unha boa lectura ENTOACIÓN E RITMO. Ao ler tes que ter en conta os signos ortográficos: puntos, comas, signos de admiración e interrogación… Le frases completas. Se son curtas, dende o principio ata que apareza un punto. Se as frases son longas, incorporar pausas oportunas nas comas. Introduce inflexións de voz nos puntos. Interpretar ben os signos de admiración e interrogación, e os guións para separar o que din distintos personaxes nos diálogos. Non só debes ter en conta a entoación lingüística (marcada polos signos ortográficos, por exemplo, as consultas e exclamacións) senón tamén a entoación emocional (as frases entóanse sobre todo en función do que queren dicir). Resalta nas palabras pouco comúns. Cada texto require un ton, unha modulación, unhas inflexións. Non se len de igual xeito unha historia tétrica, un relato irónico, un poema, un ensaio, unha noticia, etc. Os cambios de ritmo e algunhas pausas son recursos ideais para manter o interese do público: se a acción pasa por un momento acelerado, lerase con maior velocidade; se se retarda o tempo narrativo, o lector reducirá a vivacidade. Busca un LUGAR axeitado para practicar a lectura en voz alta; apaga a tele, o ordenador, non poñas música...Los primeiro ensaios debes facelos soa ou cunhas poucas persoas que non te poñan nerviosa. Antes da posta en escena da lectura realizaranse varios ensaios ante un pequeno público de confianza que (esperamos) saberá escoitar con calidez e que criticará construtivamente. Pode ser unha boa idea gravar os ensaios para analizar fallos de pronunciación, entoación, ritmo, etc.

Upload: biblio-diaz-castro

Post on 29-Mar-2016

227 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Consellos para unha boa lectura en voz alta

CONSELLOS PARA UNHA BOA LECTURA EN VOZ ALTA

PREPARACIÓNLECTURAS AXEITADAS

Debes escoller ben os textos. Teñen que ser adecuados á idade do público encanto a vocabulario, ilustracións , lonxitude das frases e os parágrafos.Tamén debes ter en conta os seus gustos

COMPRENSIÓN. Para poder ler ben é necesario entender correctamente o texto: o seu

vocabulario, expresións, sentido... Buscar no dicionario, pregunta. Se noncomprendes o texto dun modo global nin coñeces o significado das súaspalabras clave, non poderás facer unha boa lectura

ENTOACIÓN E RITMO. Ao ler tes que ter en conta os signos ortográficos: puntos, comas, signos de

admiración e interrogación… Le frases completas. Se son curtas, dende o principio ata que apareza un

punto. Se as frases son longas, incorporar pausas oportunas nas comas. Introduce inflexións de voz nos puntos. Interpretar ben os signos de admiración e interrogación, e os guións para

separar o que din distintos personaxes nos diálogos. Non só debes ter en conta a entoación lingüística (marcada polos signos

ortográficos, por exemplo, as consultas e exclamacións) senón tamén aentoación emocional (as frases entóanse sobre todo en función do que querendicir).

Resalta nas palabras pouco comúns. Cada texto require un ton, unha modulación, unhas inflexións. Non se len de

igual xeito unha historia tétrica, un relato irónico, un poema, un ensaio, unhanoticia, etc.

Os cambios de ritmo e algunhas pausas son recursos ideais para manter ointerese do público: se a acción pasa por un momento acelerado, lerase conmaior velocidade; se se retarda o tempo narrativo, o lector reducirá avivacidade.

Busca un LUGAR axeitado para practicar a lectura en voz alta; apaga a tele, oordenador, non poñas música...Los primeiro ensaios debes facelos soa oucunhas poucas persoas que non te poñan nerviosa. Antes da posta en escenada lectura realizaranse varios ensaios ante un pequeno público de confianzaque (esperamos) saberá escoitar con calidez e que criticaráconstrutivamente. Pode ser unha boa idea gravar os ensaios para analizarfallos de pronunciación, entoación, ritmo, etc.

Page 2: Consellos para unha boa lectura en voz alta

REALIZACIÓN

COLOCACIÓN. Asegúrate de que te ven e te escoitan ben e adopta unha postura cómoda. Suxeita o libro de maneira que non te tape a cara. Non o poñas demasiado

baixo, pois fará ao inclinar a cabeza para ler a túa voz salga peor. Se ten ilustracións procura que o público poida velas e seguir a lectura con

elas: sinalalas ó ritmo do que vas contando Se estas de pé podes moverte dun lado para outro, pero sen bailar

demasiado, para atraer a atención

ATRAER Ó PÚBLICO Podes facer unha pequena introdución con preguntas ou destacando o

interese, graza, importancia, etc do que vas a ler Se dominas ben o texto podes levantar os ollos con máis frecuencia e mirar

os oíntes Captaras mellor a súa atención, pois se sentirán aludidos Poderás observar se te atenden e ter en conta as súas reaccións Fai preguntas tipo " Que vai pasar agora? " Aos nenos encántalles que lles

pregunten o que pensan que vai pasar nun conto.

LECTURA Le sen présa, saboreando, degustando o texto. Recorda o que fixeches na fase de preparación: cada texto require un ton,

unha modulación, unhas inflexións. Non se len de igual xeito unha historiatétrica, un relato irónico, un poema, un ensaio, unha noticia.

Ao ler para nenos pequenos tes que interpretar os personaxes, ás vecesesaxerando, cambiando a voz

Axúdate de xestos para resaltar algunhas pasaxes, palabras etc Recorda que cambios de ritmo, algunhas pausas son recursos ideais para

manter o interese do público Dá tempo aos oíntes para reaccionar se o texto lles provoca respostas

espontáneas (medo, repulsa, risa, sorpresa...). Debes gozar co texto, se non o fas a lectura resultará pouco espontánea. O

público percibirao e sentirase incómodo e acabará desconectando.

AO FINALIZAR, debes establecer un diálogo para comprobar se o texto gustou, sese entendeu, que suxeriu, etc. Debemos ter presente que o obxectivo é establecerun contacto emocional con cada un dos oíntes

Reelaborado a partir dun texto de Kepa Osorio enhttp://www.plec.es/documentos.php?id_seccion=5&id_documento=23&nivel=Primaria