consello de goberno - usc...2010/07/27  · 2 23. asuntos de trámite 24. rogos e preguntas 1....

25
1 CONSELLO DE GOBERNO Acta resumo da reunión do 27 xullo de 2010 elaborado pola Secretaría Xeral NOTA: recóllense con iniciais os nomes propios que non forman parte dos acordos ou informes agás os de aqueles membros do Consello que solicitaron expresamente que aparecera o seu nome completo Ás dez horas e dez minutos do día vintesete de xullo de dous mil dez, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do. Sr. Reitor Magfco., reúnense no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago de Compostela), os membros do Consello de Goberno da Universidade indicados a continuación, para tratar os asuntos da orde do día enviada a todos eles coa convocatoria da reunión do Consello de Goberno. Orde do día: 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión 2. Informe do Sr. Reitor 3. Informes dos Vicerreitores, Xerente y Secretaria Xeral 4. Adaptación da Composición do Consello de Goberno á LOMLOU 5. Elección de membros das comisións delegadas do Consello de Goberno 6. Estado de execución do Orzamento 7. Elección de representantes do Consello de Goberno no Consello Social 8. Proposta de nomeamento de profesor/investigador ad honorem 9. Actualización de tarifas académicas para o curso 2010-2011 10. Adhesión da USC á Asociación Clúster Alimentario de Galicia 11. Prazas de PDI 12. Prórroga de Comisión de Servizos 13. Acordo sobre promoción de Titulares de Universidade acreditados para Catedráticos/as de Universidade 14. Validación das resolucións que corrixen o acordo do CG do 27 de maio polo que se aprobaron os límites de prazas e requisitos de admisión nos másteres universitarios para o curso 2010-2011 15. Incorporación da Université de Rennes na organización do Máster en Industria e Economía Leiteira (máster interuniversitario conxunto Agrocampus Ouest) 16. Períodos hábiles para convocar órganos colexiados 17. Solicitude de acción especiais 18. Modificacións na RPT do Persoal de Administración e Servizos 19. Sistema de Garantía interna de Calidade da Escola de Relacións Laborais de Lugo 20. Cursos de posgrao propio 21. Asuntos económicos 22. Convenios

Upload: others

Post on 15-Jul-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

1

CONSELLO DE GOBERNO Acta resumo da reunión do 27 xullo de 2010 elaborado pola

Secretaría Xeral

NOTA: recóllense con iniciais os nomes propios que non forman parte dos acordos ou informes agás os de aqueles membros do Consello que solicitaron expresamente que aparecera o seu

nome completo

Ás dez horas e dez minutos do día vintesete de xullo de dous mil dez, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do. Sr. Reitor Magfco., reúnense no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago de Compostela), os membros do Consello de Goberno da Universidade indicados a continuación, para tratar os asuntos da orde do día enviada a todos eles coa convocatoria da reunión do Consello de Goberno.

Orde do día: 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión 2. Informe do Sr. Reitor 3. Informes dos Vicerreitores, Xerente y Secretaria Xeral 4. Adaptación da Composición do Consello de Goberno á LOMLOU 5. Elección de membros das comisións delegadas do Consello de

Goberno 6. Estado de execución do Orzamento 7. Elección de representantes do Consello de Goberno no Consello

Social 8. Proposta de nomeamento de profesor/investigador ad honorem 9. Actualización de tarifas académicas para o curso 2010-2011 10. Adhesión da USC á Asociación Clúster Alimentario de Galicia 11. Prazas de PDI 12. Prórroga de Comisión de Servizos 13. Acordo sobre promoción de Titulares de Universidade acreditados

para Catedráticos/as de Universidade 14. Validación das resolucións que corrixen o acordo do CG do 27 de

maio polo que se aprobaron os límites de prazas e requisitos de admisión nos másteres universitarios para o curso 2010-2011

15. Incorporación da Université de Rennes na organización do Máster en Industria e Economía Leiteira (máster interuniversitario conxunto Agrocampus Ouest)

16. Períodos hábiles para convocar órganos colexiados 17. Solicitude de acción especiais 18. Modificacións na RPT do Persoal de Administración e Servizos 19. Sistema de Garantía interna de Calidade da Escola de Relacións

Laborais de Lugo 20. Cursos de posgrao propio 21. Asuntos económicos 22. Convenios

Page 2: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

2

23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación do Consello a acta da reunión

ordinaria do día 27 de maio de 2010, e da sesión extraordinaria do día 21 de xuño de 2010, a disposición dos membros do Consello de Goberno dende o momento da convocatoria, informando que non se presentaron alegacións. Non obstante, faise constar que na acta do 21 de xuño, hai un erro na data xa que figura o 21 de xullo, e que tamén hai outro erro na numeración dos asistentes ao Consello. O Sr. D.L.C precisa que a felicitación ao Reitor pola súa elección é como membro do Consello Social, ademais de a título particular. Sometida a acta ao acordo do Consello de Goberno é aprobada por asentimento.

2. Informe do Sr. Reitor

O Sr. Reitor informa ao Consello sobre os seguintes puntos:

1- Nomeamento da xerenta da USC, Dona Lourdes Batán Aira con data 15 de xullo de 2010.

2- Reunión da CRUE e o Consejo de Universidades detallando os principias temas tratados como son o problema sobre o acceso á avogacía, o decreto sobre a titulación de Arquitectura, a problemática sobre o peso da cualificación académica no acceso ao MIR, e a recuperación da mención (de calidade) para másters e programas de doutoramento.

3- Concesión á USC de subvencións no programa Campus de Excelencia Internacional (CEI) 2010 para as seguintes actuacións:

i. Plan de captación de talento (100.000 €) ii. Plan de adaptación ao Espazo Europeo de Educación

Superior (EEES) (300.000 €) iii. Plan de mellora da accesibilidade (50.000 €)

4- Concesión con data 13 de xullo de 2010 dun proxecto (CENTAURI) no programa ERASMUS-MUNDUS EXTERNAL COOPERATION WINDOW (Lote 9). Programa entre oito universidades europeas e once universidades de países de Asia Central, que moven oitenta e oito persoas e teñen un orzamento global de 1.939.975 € (coordina a USC).

5- Celebración do acto dos mellores expedientes con data 9 de xullo no Auditorio de Galicia. Asistiron douscentos trinta e cinco alumnos dun total de douscentos noventa e tres con nota de sobresaliente, en representación de cento tres Centros. No acto fíxose entrega dun diploma, en recoñecemento ao esforzo realizado, e de diverso material relacionado coa USC.

Page 3: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

3

6- Reunión da Comisión mixta USC-SERGAS con data 23 de xullo. Os acordos tomados foron os seguintes:

i. Aprobación da convocatoria de dúas vinculacións en Anatomía Patolóxica e Cirurxía Cardíaca.

ii. Traslado á Subcomisión de Planificación da vinculación dunha praza de Odontoloxía.

iii. Remisión á Subcomisión de Planificación da revisión e renovación do concerto USC-SERGAS actual (vencido no ano 2006 e prorrogado anualmente ata este momento).

iv. Aprobación do cambio de dedicación do profesor Martínez Vázquez.

v. Aprobación do ano sabático solicitado polo Dr. Tato Herrero, concedido ao CHUS por seis meses de permiso sen soldo.

vi. O SERGAS acepta o cambio de localización da vinculación do profesor José Ramón Fernández Lorenzo do CHUS ao CHUVI.

vii. Aceptación por parte do SERGAS do cambio de área de coñecemento e categoría do profesor Brenlla no ámbito universitario.

7- Informe sobre a matricula de ingreso en titulacións universitarias con límite de prazas. O reitor informa do peche de seis titulacións no Campus de Santiago e de 1 titulación no Campus de Lugo, así como das notas de corte.

O Decano da Facultade de Dereito, Profesor Míguez Macho que facer constar que a posición da Facultade de Dereito no relativo ao Acceso a Abogacía e Procuraduría é que se xestione como un Máster Universitario, defendendo o equilibrio entre o mundo universitario e o práctico.

O Profesor J.M.C.P. pregunta como se vai a regular o acceso ao doutoramento no grao en Mediciña, respondendo o Sr. Reitor que non se entrou nese tema.

O Sr. Reitor quere facer constar o seu agradecemento á Xerente en funcións Dona Dulce García Mella pola súa colaboración e axuda durante estes días.

3. Informes dos Vicerreitores, Xerente y Secretaria Xeral

No primeiro lugar informa o Vicerreitor de Investigación e Innovación sobre os seguintes puntos:

1.- Instituto de Ortopedia e Banco de Tecidos Musculoesqueléticos.

Este Instituto encóntrase nunha situación irregular, xa que dende setembro de 2009 non ten Director, estaba sen Certificacións, e ademais pasaba por dificultades económicas. Sen embargo, dado que o Instituto ten unhas instalacións excepcionais creemos que a USC debe facer o posible por

Page 4: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

4

mantelo. Por isto o Consello Reitor do Instituto reuniuse fai uns días, e decidiu rexeitar os seus estatutos para facilitar o nomeamento dun Director en funcións que proceda a regularizar a situación.

2.- Campus de Excelencia: A USC solicitou fai uns meses dous tipos de

axudas ao Ministerio de Educación e Ciencia en relación co Campus de Excelencia:

A) Recalificación do Campus de Excelencia Internacional Rexional que

permita convertelo en Campus de Excelencia Internacional. Teremos que facer unha presentación diante dunha Comisión Internacional no próximo mes de outubro.

B) Fortalecemento do Campus de Excelencia, que como xa dixo o Sr.

Reitor conseguiu: -100.000 € para captación de talento. -300.000 € para adaptación ao Espazo Europeo de Ensino

Superior -50.000 € para mellora de accesibilidade (ONCE) 3.- Innocampus. Proximamente abrirase unha convocatoria para o

Campus de Excelencia que permite solicitar axudas por un importe mínimo de catro millóns de euros. Sen embargo debemos ter claro se estamos ante unha subvención ou un anticipo reembolsable, xa que neste último caso habería que devolvelo.

4.- Rede de Campus de Excelencia. Fai unha semana, o 14 de xullo en

Segovia, o Campus de Excelencia da USC (Campus Vida) pasou a formar parte dunha rede Nacional de Campus de Excelencia.

De seguido informa a Vicerreitora de Estudos de Grao e Posgrao sobre

os másteres ofertados na USC para o curso 2010/2011, cuio número ascende a setenta e seis. Catorce deles son novas propostas, todas elas xa con informe favorable da ANECA. Se informa tamén de que tralo primeiro chamamento de matrícula nos novos graos, xa están pechadas algunas titulacións: Comunicación Audiovisual, Mestre en Educación Infantil, Dereito, Enxeñaría Informática, Historia e Xornalismo en Compostela; Enxeñaría Civil e Mestre en Educación primaria e Veterinaria en Lugo.

En terceiro lugar informa a Vicerreitora Adxunta de Grao e Posgrao

para o Campus de Lugo, sobre o grao en Comercialización e Lóxistica do Campus de Lugo. Informa que comunicouse á ANECA, ao Consello de Universidades e á AGSUG a retirada da solicitude de verificación da memoria deste grao. Esta decisión foi adoptada dacordo coa comisión redactora da Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo, para iniciar unha nova tramitación reformulando a solicitude, na que xa se está a traballar en coordinación co centro.

Page 5: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

5

O Vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade informa sobre os seguintes puntos:

Os cursos ofertados na Universidade de Verán, acadaron este ano o

número de 1.304 matrículas, o que tendo en conta o seu menor número, polos recortes orzamentais que experimentáronse, indica que manténse o nivel de matrícula de anos anteriores. Na primeira tanda dos mesmos, desenvolvéronse con notable éxito un total de dezanove cursos, quedando para setembro outros doce. Como ven sendo habitual, estes cursos celebráronse nos campus de Santiago e de Lugo, pero tamén trasladáronse a outros concellos como, Caldas de Reis, Guitiriz, Lalín, Muros, Ordes, Sarria, Foz ou Vilagarcía entre outros

No presente mes de xullo téñense celebrado na Universidade sete

concertos, cinco no Paraninfo e dous no claustro de Fonseca. A partires de hoxe a casa Grenzigh, constructora do órgano da

Universidade, procedera as labores de afinación e pequenas correccións estructurais que precisa o instrumento.

Entre as exposicións que se van a innaugurar nas nosas salas destacan

as seguintes: no mes de agosto, en Fonseca poderá visitarse a exposición de reproducións de instrumentos musicais da idade media: Cantos de pedra e música de peregrinación en colaboración co Xacobeo e as Bodegas Martín Códax. Na Igrexa da Universidade o 17 de agosto, ábrese a exposición Santiago. A viaxe continúa.

Recibíronse nesta Vicerreitoria os estatutos modificados -a suxestión

da nosa asesoría xurídica- da Fundación Gonzalo López Abente, polo que a invitación do Concello de Muxía que no seu día recibiu a Universidade para integrarse no Padroado da mesma, e que xa pasou por Consello de Goberno, segue o seu curso normal.

Feitas as correcións oportunas enviáronse a Oficina de convenios para

a súa formalización os de Lugo Cultural, entre a Consellería de Cultura e o Xacobeo, e outro máis co Concello de Triacastela, para a celebración dun curso da Universidade de verán que terá lugar alí en Setembro.

No día de Santiago, a petición da Directora do Centro Interdisciplinario

de Estudos Americanistas Dra. Dª Pilar Cagiao, o Reitor recibiu no Salón Nobre de Fonseca aos trescentos mozos e mozas integrantes da Ruta Quetzal que de seguido disfrutaron dunha visita guiada á Biblioteca América.

Estanse a desenvolver con graden éxito e normalidade as actividades do

CampUSC 2010, que é o noso campus de Verán, quedando a nosa oferta curta con respecto das solicitudes de matrículas de houbo.

Page 6: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

6

Dentro das actividades da Vicerreitoria de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade no Campus de Lugo, informar da celebración neste mes dos recitáis da cantante Uxía Senelle e de Ivan Ferreiro, dento do ciclo de actuacións Entre Lusco e Fusco, que forma parte das actividades que se fan a carón de Lugo Cultural. Igualmente colaborando coa Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, abriuse xa a matrícula para o curso de formación teatral TEATEATRE que vai xa pola sua cuarta edición.

Por último informar que iniciamos as conversas co Consello da Cultura

Galega para participar na programación dos acontecementos que terán lugar no 2011, ano Cunqueiro.

A Vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade informa que o

pasado 19 de xullo, a USC asinou o Pacto Local Pola Conciliación do Concello de Santiago. Este pacto é fruto dun proxecto levado a cabo polo concello, con financiamento ao 50% da Consellería de Traballo, no que se fixo un estudo do uso do tempo dos cidadans de Santiago, e a partir de ahí deseñaronse unhas grandes liñas de actuación.

O máis salientable é a idea de crear un observatorio local para facer una

análise e seguimento das políticas de conciliación existentes no termo municipal de Santiago. O Pacto foi asinado ademais de polo Concello e a USC, pola Cámara de Comercio, polo presidente de Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, representantes de UGT e CCOO, representantes de asociacións veciñais e polo grupo municipal do BNG.

A Vicerreitora de PDI informa sobre a renuncia do Profesor Elias X.

Torres Feijoo a parte do ano sabático que lle foi concedido. O Vicerreitor de Estudantes e Formación Continua informa sobre as

convocatorias do sistema SUR e da Escola Infantil Breogán, que discorren do xeito previsto. De acordo coa normativa vixente reuniuse a Comisión de Garantías, como paso previo á publicación das listas provisorias de estudantado que solicitou prazas no sistema de aloxamento para o vindeiro curso. En relación coas obras que se están a realizar no Colexio Maior Rodríguez Cardarso, informa que non se executaron nos prazos previstos pola aparición de problemas na cuberta do edificio.Neste momento estase a reforzar o cabalete do tellado. Segundo as previsións do arquitecto, poderase abrir ao alumando no segundo cuadrimestre.

O Vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo

informa sobre os danos ocasionados no Campus pola tormenta de auga, vento e granizo do pasado 25 de xuño, que afectaron a numerosos edificios (Facultades de Humanidades e Veterinaria, á Escola Politécnica Superior, á biblioteca e á residencia Bal y Gay), os viais e ás zonas axardinadas. A valoración dos devanditos danos ascende a algo máis de 33.000 €, cantidade que será asumida polo seguro salvo a franquicia do 7%".

Page 7: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

7

A Vicerreitora de Asuntos Económicos e Infraestruturas informa sobre o Plan de Financiamento: O día 16 de xullo asístese a unha reunión sobre o Plan de Financiamento celebrada na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia. Neste momento estase a traballar sobre o documento de traballo “PLAN DE FINANCIAMENTO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA. 2011-2015”. V 2.0

Neste documento establécense os antecedentes e os principios do novo plan de financiamento (estabilidade financeira, suficiencia, eficiencia, equidade institucional) e unha breve diagnose do sistema universitario de Galicia, para a continuación definir cales son os obxectivos do plan e a súa estrutura, diferenciando:

1. FINANCIAMENTO ESTRUTURAL

a. Subvención fixa e extraordinaria do SUG b. Subvención por capacidade investigadora c. Subvención para a compensación dos custos inducidos pola

normativa estatal e autonómica 2. FINANCIAMENTO POR RESULTADOS

a. Subvención por resultados docentes b. Subvención por resultados de investigación c. Subvención por resultados de transferencia tecnolóxica

3. FINANCIAMENTO POR MELLORA DA CALIDADE A continuación establécese cales van a ser as áreas de acción que na

versión 1.1 incluía 25 indicadores relativos a: 1. Necesidades sociais 2. Docencia 3. Investigación 4. Proxección internacional 5. Responsabilidade social 6. Xestión 7. Consolidación de campus periféricos

Ademais incorporouse unha proposta de contido mínimo dos plans de

sostibilidade financeira das universidades integradas no devandito plan, trátase en en realidade dun plan de austeridade para o periodo 2010-2013

O principal problema que atopamos é coñecer o importe das achegas, a

porcentaxe de cada un dos financiamentos, e o contido de cada epígrafe. A próxima reunión será o 28 de xullo, no que se presentará o primeiro borrador (unha síntese). En torno ao 10-15 de setembro coñeceremos o importe das achegas (que facilitará facenda). Ata o 10 de outubro establécese un prazo de negociación para mellorar as cifras, e sobre o 15 de novembro ten que estar aprobado o plan no Consello da Xunta, e elaborarase un documento final reducido para asinar.

Page 8: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

8

Intervén o Profesor J.L.R preguntando sobre a baixada do orzamento, respóndelle o Sr. Reitor que non se ten constancia concreta, pero que é unha impresión xeral.

Intervén o Sr. A.P.V. propoñendo unha fronte común entre todas as

Universidades galegas cara a obter unha mellora no orzamento. Respóndelle o Sr. Reitor que o discurso das tres Universidade foi moi semellante, pero que nós temos más servizos que manter e polo tanto as nosas necesidades tamén son maiores.

Informa a Sra. Xerente sobre a Instrucción VII/2010 de xerencia,

relativa a aplicación das medidas previstas no RD Lei 10/2010, de 16 de xuño, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo. Infórmase do contido da Instrucción, elaborada co obxecto de xestionar adecuadamente as contratación laborais. Infórmase tamén da Circular da Xerencia de 22 de xullo de 2010 relativa ao disfrute das vacacións do persoal vinculado temporalmente á USC. Esta circular foi cursada aos responsables dos centros, servizos ou unidades coa finalidade de facer efectivo o goce das vacacións ante de producirse o cese na prestación de servizos. En terceiro lugar infórmase sobre as contratacións administrativas efectuadas no período comprendido entre o 19 de maio e o 27 de xuño de 2010.

Pregunta a Sra. M.I.G.R sobre a contratación de servizos de protección

alleos e se foron consultados os delegados de prevención. Respóndelle a Sra. Xerente que houbo unha reunión co Servizo de Prevención pero que non ten constancia do contido, pero que se informará.

Intervén o Sr. A.P.V. chamando a atención sobre a situación do persoal

contratado fora do Capítulo I, que supón un grave problema para a Universidade, ao que hai que buscarlle solución. O Sr. Reitor móstrase conforme, sinalando que é un dos principais problemas coque se atopou, que é unha situación complexa, que ven de antigo, pero que require unha solución definitiva, cumprindo a normativa. Pola gravidade da situación pediuse unha posición conxunta da Crue, pero aínda non tivo resposta.

O Sr.A.P.V. recalca que o problema non é só económico, xa que afecta

tamén a forma de traballar dos grupos de investigación, e a como vaise a dar entrada aos novos investigadores. O Sr. Reitor coincide na gravedade do problema, no só polo problema económico, se non porque afecta ao futuro das persoas, polo que a solución haberá que buscala coa colaboración de todos.

Finalmente informa a Secretaria Xeral: Infórmase sobre o falecemento da investigadora do Departamento de

Historia do Arte, Dona Rita Martín, e do carpintero xubilado D. Santiago Vietes Aldemunde.

Page 9: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

9

Causan baixa no Consello de Goberno os membros do anterior Equipo de Goberno: Don Senén Barro Ameneiro, dona Isabel García-Rodeja Gayoso, dona María José Alonso Fernández, don Máximo Pló Casasús, don Juan M. Viaño Rey, don Miguel Angel Vázquez Taín, don Carlos Herrero Latorre, don José Manuel Mayán Santos, dona María Dolores Álvarez Pérez, don Agustín Merino Garcia, dona Elvira Fidalgo Francisco, dona Begoña Barreiro Fernández, dona Marta Inés Miranda Castañón, don Jesús Casabiell Pintos. Ao mesmo tempo, pasan a formar parte do Consello de Goberno os integrantes do novo Equipo de Goberno: don Juan José Casares Long, dona Lourdes Noya Ferreiro, don Francisco González García, dona Carmen Fernández Morante, dona Sara Cantorna Agra, dona Eva Castro Caridad, dona Benita Silva Hermo, don Francisco Durán Villa, don Francisco Garbayo Montabes, don Pedro García Herradón, don Pablo Ramil Rego e dona Mª Isabel González Rey.

Causan baixa no Consello de Goberno, en representación dos

decanos/as de Facultade e Directores/as de Escola: Don Francisco Fraga López, don Luis Enrique Gago González, don Juan José Ares Fernández e dona María Teresa Cancelo Márquez. Estes representantes substitúense polos seus suplentes, elixidos nas eleccións convocadas o 19 de maio de 2009, e que son os seguintes: don Luis Míguez Macho, don Modesto Aníbal Rodríguez Neira, dona Ana Mª Bravo del Moral e don Javier Bueno Lema.

Causa baixa como membro do Consello de Goberno, en representación

dos directores/as de Departamento, don Ignacio Zarra Cameselle, ao cesar como director do Departamento de Fisioloxía Vexetal. Non se pode substituir ao non existir suplente.

Pasa a formar parte do Consello de Goberno, dona María Lourdes

Batán Aira, que foi nomeada xerente da USC. Ao mesmo tempo, cesa como xerente en funcións e como membro do Consello de Goberno, dona Dulce Mª García Mella, que pasará a desenvolver o cargo de vicexerenta de recursos humans.

Efectuáronse os seguintes cambios nas comisións delegadas do

Consello de Goberno: Pasan a formar parte da Comisión de Organización Académica e

Profesorado, dona Carmen Fernández Morante (vicerreitora de PDI), dona Eva Castro Caridad (vicerreitora de estudos de grao e posgrao), e dona Isabel González Rey (vicerreitora adxunta para estudos de grao e posgrao), que substitúen a don Juan M. Viaño Rey, don Máximo Plo Casasus e dona Begoña Barreiro Fernández.

Pasan a formar parte da Comisión de Actividades Culturais e

Deportivas, don F. Javier Garbayo Montabes (vicerreitor de extensión universitaria, cultura e sociedade) e don Pedro García Herradón (vicerreitor

Page 10: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

10

de coordinación e planificación do Campus de Lugo), que substitúen a dona Elvira Fidalgo Francisco e don Carlos Herrero Latorre.

Pasan a formar parte da Comisión de Asuntos Económicos, dona

Sara Cantorna Agra (vicerreitora de economía e infraestruturas), don Pedro García Herradón (vicerreitor de coordinación e planificación do Campus de Lugo), e dona Mª Lourdes Batán Aira (xerente da USC) que substitúen a don Miguel Vázquez Taín, don Carlos Herrero Latorre e dona Dulce García Mella. Nesta comisión tamén causa baixa dona Marta Inés Miranda Castañón, vicerreitora adxunta do anterior Equipo de Goberno.

Pasan a formar parte da Comisión de Investigación don

Francisco González García (vicerreitor de investigación e innovación) e don Pablo Ramil Rego (vicerreitor adxunto de investigación e innovación), que substitúen a dona Mª José Alonso Fernández e a don Jesús Casabiell Pintos.

Foi nomeada Decana da Facultade de Psicoloxía, dona Carolina

Tinajero Vacas, en substitución de dona Socorro Rodriguez Holguin. Foi nomeado Decano da Facultade de Química, don Ramón José

Estévez Cabanas, que renova o seu mandato. Cesan como asesoras da Vicerreitoría de PDI dona Mª del Carmen

Segura Iglesias e dona Rosana Rodriguez López, sendo nomeado asesor, don Alberto Pérez Muñuzuri.

Cesou como adxunto á vicerreitoría de Responsabilidade Social e

Calidade, don Pedro Faraldo Roca. Cesou como coordinador de Extensión Docente, don Luis Alberto Otero

González. Foi nomeado coordinador de UNIVERSIA, don Juan Ramón Piñeiro

Chousa. Foi nomeada directora do Centro de Linguas Modernas, dona María

Teresa Díaz García, en substitución de don Ignacio Miguel Palacios Martínez. Cesou como coordinador de Planificación Estratéxica en Tecnoloxías da

Información e Comunicacións, don Luis Coladas Uría. Cesou como coordinadora de Cooperación Educativa e

Internacionalización , dona Beatriz Cebreiro López. Cesou como Director do Instituto de Biodiversidade Agraria e

Desenvolvemento Rural (IBADER), don Pablo Ramil Rego, ao tomar posesión como vicerreitor adxunto de investigación e innovación.

Page 11: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

11

Foi nomeado director do CPTF, don Ignacio Zarra Cameselle, en substitución de don Juan José Saborido Silva.

Foi nomeado director do Departamento de Fisioloxía Vexetal, don

Angel Jesús Matilla Carro, en substitución de don Ignacio Zarra Cameselle. Foi nomeado director do Departamento de Física de Partículas, don

Gonzalo Parente Bermúdez, que renova o seu mandato. Foi nomeada directora do Departamento de Psicoloxía Clínica e

Psicobioloxía, dona Montserrat Zurrón Ocio, en substitución de dona Carmen Senra Rivera.

Foi nomeado director do Departamento de Enxeñaría Agroforestal, don

Ramón Luis Velo Sabín, en substitución de Juan Gabriel Álvarez González. Infórmase sabre a Proposta de concesión de premios extraordinarios de

doutoramento correspondentes ao curso 2007/2008, punto que trataráse en asuntos de trámite.

En relación có informe da Secretaria Xeral intervén o Prof. García

Mera, que fai unha precisión sobre a composición do Consello de Goberno, sinalando que os Vicerreitores están convocados polo seu nomeamento por lo Reitor na cota dos quince de libre designación, en non pola condición de vicerreitores.

O Reitor contesta que a LOMLOU modifica aos Estatutos neste tema e

que ademais tratarase tamén no punto catro. O Prof. G.M. resposta que mentres non se aprobe a reforma dos

Estatutos no punto catro, cómpre convocar conforme aos Estatutos, e polo tanto o Reitor debeu nomear aos Vicerreitores, e senón o Consello podería estar mal constituído.

Neste punto intervén tamén o Sr. A.P.V. no mesmo senso que o

anterior, xa que o defecto da convocatoria poñería en dubida a constitución do Consello, o que debilitaría as decisión tomadas.

A Secretaria Xeral intervén para corroborar a legalidade da

convocatoria que xa foi consultada coa Asesoría Xurídica, sinalando que a LOMLOU daba un prazo máximo de tres anos para a adaptación dos Estatutos, e que este prazo cumpriuse no mes de abril.

O Prof. L.M.M. sinala que os Estatutos neste punto no cumpren coa

legalidade, xa que rematou o prazo que a LOMLOU concedía para a súa modificación, polo que é lóxico aplicar directamente a Lei.

Page 12: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

12

A partir deste momento prodúcense varias intervencións dos profesores X.G.M e E.V.C, e do Sr. A.P.V. cuestionando a composición do Consello no que se refire a presenza dos vicerreitores e a seu nomeamento, defendendo todos eles que a composición debería estar feita de acordo cos Estatutos, polo que o Sr Reitor tería que nomear aos vicerreitores, xa que mentres non se modifiquen os Estatutos non son membros natos. Tamén interveñen a Secretaria Xeral e o Prof.L.M.M defendendo a legalidade da composición, pola aplicación directa da Lei. Dase lectura a LOMLOU no que afecta a este punto e resáltase a interpretación da Secretaría Xeral, de aplicación directa da Lei no que é posible (os vicerreitores son a partire da LOMLOU membros natos do Consello), e da composición conforme aos Estatutos naqueles puntos onde non se pode aplicar directamente a Lei, sendo esta a razón de que se leve a modificación ao seguinte punto. O debate prolóngase mantendo as mesmas posicións, e decídese continuar ca orde do día mantendo a composición tal e como foi feita.

4. Adaptación da Composición do Consello de Goberno á

LOMLOU A Secretaria Xeral informa ao Consello de Goberno sobre a necesidade

de modificar a composición do Consello para adaptalo a normativa prevista na LOMLOU. O art. 15 desta Lei regula a composición do Consello de Goberno establecendo: “El Consejo de Gobierno estará constituido por el Recto, que lo presidirá el Secretario General y el Gerente, y por un máximo de 50 miembros. Del mismo formarán parte los Vicerrectores, una representación de la comunidad universitaria, reflejando la composición de los distintos sectores en el Claustro, y una representación de Decanos y Directores, según establezcan los Estatutos. Además, cuando así lo determinen los Estatutos, podrán ser miembros del Consejo de Gobierno hasta un máximo de tres miembros del Consejo Social, no pertenecientes a la propia comunidad universitaria”. Tamén prevé a Lei que as Universidades adapten os Estatutos a esta regulación nun prazo máximo de tres anos, mentres non se produza dita adaptación permite aos Consellos de Goberno ditar normativa transitoria para a aplicación da Lei.

Tendo en conta que a reforma dos Estatutos da nosa Universidade non

foi aprobada polo Claustro, sendo necesario o comenzo dun novo proceso, cumpre agora aprobar un réximen transitorio que adapte a composición do Consello de Goberno conforme ao establecido na Lei de Universidades.

Para a elaboración desta normativa transitoria tívose en conta a

proposta da Comisión de Estatutos do Claustro. Ademaís proponse tamen que formen parte do Consello de Goberno os tres membros do Consello Social que ata agora o eran. A proposta que se somete a aprobación deste Consello, e que afecta ao art. 80 dos actuais Estatutos da USC, é a seguinte:

“O Consello fe Goberno é o órgano ordinario de goberno da

Universidade. Estará integrado por:

Page 13: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

13

a) O reitor, que o presidirá, que poderá delegar a Presidencia nun vicerrector.

b) O secretario xeral, que actuará como secretario. c) O xerente. d) Os Vicerrectores e) Corenta membros da comunidade universitaria, que se

distribuiran do seguinte xeito: *vintecinco representantes do Claustro Universitario,

elixidos polo sector correspondente de entre os seus membros, garantindo en cada sector a representación dos campus de Santiago e Lugo, coa seguinte composición:

-8 membros do profesorado doctor con vinculación permanente

-4 membros do restante persoal docente e investigador -9 estudantes -4 membros do persoal de administración e servizos *quince representantes dos decanos e directores de escolas,

directores de departamento e directores de institutos universitarios, de xeito que se garanta a presenza dos campus de Santiago e Lugo, e de todas as grandes áreas, distribuindos así: sete decanos e directores de escola, sete directores de departamento e un director de instituto.

f) Tres membros elixidos polo Consello Social non pertencentes á propia comunidade universitaria.

A presente regulación será transitoria e quedará automáticamente

derogada coa aprobación dos Estatutos da USC. O presente acordo entrará en vigor na data de aprobación polo Consello

de Goberno. Intervén o Sr. S.B.N. preguntando sobre a ubicación dos investigadores

en formación. A Secretaria Xeral contesta que os bolseiros de primeiro e segundo ano

consideranse estudantes e polo tanto entrarían nesta cota, e os de terceiro e carto ano, como teñen asinado un contrato en prácticas, considéranse investigadores en formación.

Os Profs. M.A.A.G. e X.G.M. preguntan sobre o número de membros, e

cómo se interpretou o artigo 15 da LOMLOU, contestando a Secretaria o criterio de interpretación.

Intervén o Prof. R.L.F.B. en relación á distribución da representación

entre decanos e directores de departamentos, contestando o Reitor que aunque o número de representantes é o mesmo, o número de directores de departamento é moi superior ao número de decanos, polo que a representación é diferente.

Page 14: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

14

O Prof. G.M. sinala que podería incluirse tamén aos vicerrectores

adxuntos, e que estaría ben modificar a redacción para que conste de maneira mais clara a representación dos Campus. A redacción que podería darse en iste punto referente á representación de decanos e directores de departamentos, sería “garantindo a presencia dos Campus de Santiago e Lugo en cada subsector, e das grandes áreas no conxunto dos quince representantes”. A Prof. E.V.C. súmase á proposta do Prof. G.M. A Sra. M.I.G.R pon de releve o problema da paridad.

A Secretaria Xeral le a proposta que sométese á aprobación do

Consello: “O Consello fe Goberno é o órgano ordinario de goberno da

Universidade. Estará integrado por: f) O reitor, que o presidirá, que poderá delegar a Presidencia nun

vicerrector. g) O secretario xeral, que actuará como secretario. h) O xerente. i) Os Vicerrectores j) Corenta membros da comunidade universitaria, que se

distribuiran do seguinte xeito: *vintecinco representantes do Claustro Universitario,

elixidos polo sector correspondente de entre os seus membros, garantindo en cada sector a representación dos campus de Santiago e Lugo, coa seguinte composición:

-8 membros do profesorado doctor con vinculación permanente

-4 membros do restante persoal docente e investigador -9 estudantes -4 membros do persoal de administración e servizos * quince representantes dos decanos e directores de escolas,

directores de departamento e directores de institutos universitarios, de xeito que se garanta a presenza dos campus de Santiago e Lugo en cada subsector, e de todas as grandes áreas no conxunto dos quince representantes,, distribuindos así: sete decanos e directores de escola, sete directores de departamento e un director de instituto.

f) Tres membros elixidos polo Consello Social non pertencentes á propia comunidade universitaria.

A proposta foi aprobada por asentimento. Neste momento intervén o Sr. A.P.V, para propoñer como cautela, que

se confirme si os vicerrectores designados polo Reitor anterior o eran a como vicerrectores o a título individual. No primeiro caso a legalidade quedaría validada.

Page 15: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

15

A Secretaria Xeral sinala que a sesión xa é legal tal e como está constituido e convocado o Consello.

5. Elección de membros das comisións delegadas do

Consello de Goberno

Proponse ao Consello a substitución dos seguintes membros das comisións delegadas do Consello de Goberno:

Pasan a formar parte da Comisión de Organización Académica e

Profesorado, dona Carmen Fernández Morante (vicerreitora de PDI), dona Eva Castro Caridad (vicerreitora de estudos de grao e posgrao), e dona Isabel González Rey (vicerreitora adxunta para estudos de grao e posgrao), que substitúen a don Juan M. Viaño Rey, don Máximo Plo Casasus e dona Begoña Barreiro Fernández. Tamén pasa a formar parte desta comisión Dona Mª, Jesús Nuñez Iglesias e Dona Ana Mª. Bravo del Moral, en substitución de Dona Socorro Rodríguez Holguín e D. Juan J. Ares Fernández, dos que foron suplentes na proclamación definitiva de candidatos electos, nas eleccións a representantes de decanos/as celebradas no ano 2009. Ao mesmo tempo, acórdase a substitución de Dona Eva Castro Caridad en representación dos oitos profesores/as funcionarios, por Dona Ana Gude Fernández.

Pasan a formar parte da Comisión de Actividades Culturais e Deportivas, don F. Javier Garbayo Montabes (vicerreitor de extensión universitaria, cultura e sociedade) e don Pedro García Herradón (vicerreitor de coordinación e planificación do Campus de Lugo), que substitúen a dona Elvira Fidalgo Francisco e don Carlos Herrero Latorre.

Pasan a formar parte da Comisión de Asuntos Económicos, dona

Sara Cantorna Agra (vicerreitora de economía e infraestruturas), don Pedro García Herradón (vicerreitor de coordinación e planificación do Campus de Lugo), e dona Mª Lourdes Batán Aira (xerente da USC) que substitúen a don Miguel Vázquez Taín, don Carlos Herrero Latorre e dona Dulce García Mella. Nesta comisión tamén causa baixa dona Marta Inés Miranda Castañón, vicerreitora adxunta do anterior Equipo de Goberno. Tamén pasa a formar parte desta comisión D. Javier Bueno Lema en substitución de Dona Mª. Teresa Cancelo Márquez, da que foi suplente na proclamación definitiva de candidatos electos nas eleccións a representantes de decanos/as celebradas no ano 2009.

Pasan a formar parte da Comisión de Investigación don Francisco

González García (vicerreitor de investigación e innovación) e don Pablo Ramil Rego (vicerreitor adxunto de investigación e innovación), que substitúen a dona Mª José Alonso Fernández e a don Jesús Casabiell Pintos. Tamén pasa a formar parte desta comisión Dona Mª. Jesús Nuñez Iglesias en substitución de Dona Socorro Rodríguez Holguín, da que foi suplente na proclamación definitiva de candidatos electos nas eleccións a representantes de decanos/as celebradas no ano 2009.

Page 16: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

16

Apróbanse por asentimento.

6. Estado de execución do Orzamento

Informa a Vicerreitora de Economía e Infraestruturas sinalando que na documentación da convocatoria achegábase todo o material correspondente a este punto. Destacar que a fonte da a información relativa as Vicerreitorías, Secretaría Xeral, Xerencia e Unidades Dependentes foi a aplicación de xestión orzamentaria e Sicus, en tempo real, mentres que a información por capítulos, departamentos e da universidade en xeral procede da base de datos que se actualiza cada noite e, polo tanto, os datos correspondente a primeira hora da maña.

Da información que entrou na aplicación informática escolleuse aquela

sobre a que podería realizarse algunha intervención. Sinala tamén a diferenza do estado do orzamento nas distintas partidas o capítulos. En relación ás obras dos centros, váiselles a requirir que presenten unha proposta, e o Vicerreitorado a valorará e decidirá a prioridade.

Intervén o Sr. D.C.A para por de releve que non se cumpriu o pacto de

dispor só do 50 % do orzamento, contestado o Sr. Reitor que nalgúns casos cumpriuse e noutros non.

No anexo 1 que se une a esta acta pasando a formar parte dela,

atópase a información correspondente entregada os membros do consello de goberno durante a celebración do mesmo.

7. Elección de representantes do Consello de Goberno no

Consello Social

O Sr. Reitor propón a substitución do Prof. D. Carlos Herrero Latorre por o actual Vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, D. Pedro García Herradón, mantendo aos outros dous representantes. Apróbase por asentimento.

8. Proposta de nomeamento de profesor/investigador ad

honorem

Por esta vía pódese nomear a profesores que presten unha contribución destacada na docencia o na investigación. Neste caso a persoa proposta e o Prof. D. Cesar Raña da Fonte, especialista en Filosofía Medieval, que está a traballar nun libro de gran impacto. Este profesor encóntrase próximo a xubilación, polo que se fai dita proposta. Apróbase por asentimento.

Page 17: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

17

9. Actualización de tarifas académicas para o curso 2010/2011

Intervén a Vicerreitora de Economía sinalando que o Decreto de prezos

públicos estableceu unha subida do 1,5 % para todos os créditos das actividades académicas. En aplicación da normativa establecida para estos estudos, proponse aplicar o mesmo incremento para as diplomaturas universitarias e estudos que figuran no Decreto de prezos públicos, que consta no documento adxunto que se une a esta acta pasando a formar parte dela (anexo 2). Apróbase por asentimento.

En base a información xa enviada na convocatoria o Consello de

Goberno, apróbase o seguinte: En relación a Matrícula en titulacións oficiais, eliminase a tarifa de

“Sobre de Matrícula”. Para Alumnos visitantes, Carto ciclo, Cursos do módulo Jean Monnet e Instituto de Criminoloxía Increméntase o prezo do crédito un 1,5% e non se modifica o importe das tarifas restantes.

Acórdase non incrementar as tarifas do Centro de Linguas Modernas

(CLM) e do curso de Especialización Profesional en Avogacía e Procuradoría e Práctica Xurídica.

10. Adhesión da USC á Asociación Clúster Alimentario de

Galicia

Intervención do Viceirreitor Adxunto de Investigación e Innovación explicando que a USC é socia fundadora da Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria, integrada pola administración, universidades, e distintas empresas do sector alimentario de Galicia. A Plataforma Tecnolóxica Alimentaria acordou fomentar a creación da “Asociación Clúster Alimentario de Galicia”, coa pretensión de artellar unha estrutura organizada no sector produtivo alimentario. A adhesión da USC á Asociación Clúster Alimentario de Galicia, é promovida por Dona Angeles Romeu, profesora do Departamento de Tecnoloxía dos Alimentos, representante da USC na Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria. A documentación aportada “Estatutos da Asociación Clúster Alimentario de Galicia”, xunto con distintos escritos de adhesión ao cluster, foi remitida polo anterior equipo de goberno á asesoría xurídica da USC e adxúntase a esta acta (anexo 3), pasando a formar parte dela. A adhesión por parte da USC Asociación Clúster Alimentario de Galicia non leva custos adicionais. Apróbase por asentimento.

11. Prazas de PDI

A Vicerreitora informa sobre as prazas propostas que divide en catro

broques, según o documento adxunto que se une a esta acta pasando a formar parte dela (anexo 4):

Page 18: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

18

O primeiro bloque refírese as prazas relacionadas cos compromisos no convenio colectivo. Apróbanse por asentimento. O segundo bloque refírese a prazas novas o vacantes de ciencias da saúde, na que o criterio xeral é pospoñer a decisión mentras non se resolva a negociación do convenio que afecta as prazas vinculadas. Non obstante, neste bloque recóllense tamén catro prazas de Psicolxia clínica e Psicobioloxia que xa están creadas, pero que renovanse anualmente xa que están vinculadas ao praticum. Apróbanse por asentimento.

O terceiro bloque refírese a reposición de vacantes e prazas novas no

resto das áreas, sendo o criterio xeral a non creación mentres non se coñezan todos os datos da RPT y as previsións orzamentarias, tendo en conta ademais a implantación dos grados e a descompensación das áreas.

Intervén o Prof. Bueno Lema en relación coas prazas de asociado que

non se renovan, xa que é habitual que as prazas informadas favorablemente polos Departamentos se renoven. No caso contrario podería deixsarse a decisión para setembro para que o Centro priorice entre as prazas solicitadas, dacordo coas súas necesidades o especialización da materia.

Contesta a Vicerreitora que o problema está en chegar a tempo a

convocatoria antes do comenzo do curso, fora disto non hay problema en estudialo con mais detalle.

O Reitor sinala que podería solicitarse ao centro un informe sobre a

necesidade da praza pola especialización da materia. A Vicereitora de PDI sinala que as prazas convocadas responden a

urxencia pola situación deficitaria das áreas, naquelas nas que non se apreciou dita situación tívose en conta a RPT. Apróbanse por asentimento.

No bloque carto recollense as prazas novas, nas que se adopta o

mesmo criterio que nas anteriores, só se cubren as necesidades docentes dalgunhas áreas.

O Prof. C.P. intervén preguntando si se tivo en conta no cálculo das

necesidades, as obrigas investigadoras, contestando a Vicerreitora que só as docentes, computando en cada caso a docencia real. Apróbanse por asentimento.

Un último bloque fai referencia as prazas financiadas. Sinálase tamén

que todas as prazas van acompañadas das comisións xulgadoras. Apróbase por asentimento.

12. Prórroga Comisión de Servizos

A Vicerreitora propoñe ao Consello a aprobación da prórroga da

Comisión de servizos da Prof. Ruibal Pereira, da area de Dereito Financeiro e

Page 19: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

19

Tributario que encóntrase no Tribunal Supremo. Apróbase por asentimento. Outras dos petición quedan fora por non chegar a tempo os informes favorables do Departamentos.

13. Acordo sobre promoción de titulares de Universidade acreditados para Catedráticos/as de Universidade

Informa a Vicerreitora de PDI que este acordo ten por finalidade

solventar a bolsa dos acreditados a cátedra, estabrecendo a liñas para as duas futuras convocatorias, unha en setembro-outubro e outra en febreiro-marzo, contemplándose as distintas situacións que poden producirse no desenvolvemento do concurso tal e como se recolle no anexo adxunto (anexo 5), que se une a esta acta pasando a formar parte dela. Tamén intentan solventarse os problemas do sorteo e nomeamento dos membros das comisións. Co texto do acordo, acompáñase unha normativa xeral coa finalidade de regular o acceso a cátedra na USC en adiante. Dita normativa foi elaborada coa Mesa de Negociación, e conta coa opinión favorable da COAP, recóllese nun documento adxunto (anexo 6), que se une a esta acta formando a pasar parte dela.

Intervén o Prof. R.N. solicitando que a regulación se aplique tamén aos

catedráticos de escola. A Vicerreitora contesta que están contemplados pero se deixará máis claro no texto.

Intervén a Profa. V. C. cuestionando a aprobación conxunta do acordo e

da normativa, considerando ademais que son contraditorios e que polo tanto incúmplese o principio de igualdade de oportunidades. Fai tamén referencia a aplicación, na normativa xeral, do criterio que prioriza as áreas onde hai profesoras titulares acreditadas, por supor una priorización de ditas áreas que non garante un maior número de catedráticas.”

O Reitor contesta defendendo a necesidade de dar salida a bolsa dos acreditado, e de regular a promoción para evitar futuras bolsas.

Intervén o Prof. G.M. sinalando que a normativa e o acordo deben

responder aos mesmos criterios. Intervén o Prof. G.M. indicando que, aínda que os documentos que se

someten á consideración do Consello de Goberno non sexan do seu agrado na redacción final, votará a favor da proposta do equipo reitoral xa que entende que así se da cumprimento a unha promesa electoral realizada polo actual rector. Asemade sinala que, ao seu xuízo, a normativa e o acordo deben responder aos mesmos criterios. Sinala tamén que unha das queixas dos acreditados era a referencia entre os criterios, ao número de sexenios, posto que se estaba a realiazar unha nova valoración dos meritos. Tamén fai referencia ao límite temporal da acreditación. Critica a ausencia dunha memoria económica que permita coñecer o costo do proceso.

Page 20: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

20

Concédese a palabra ao Prof. L.R. que defende a excelencia e a calidade na Universidade, polo que nas comisións só debería propoñerse ao presidente e ao secretario, mentres que os outros membros serían sorteados.

O Prof. B.L. sinala que a situación económica non é boa, e tampouco é o

mellor momento para dar salida a bolsa no momento da negociación do Plan de Financiación.

O Reitor contesta que o tema da bolsa xa ven de fai anos e non se

resolveu, por iso agora é un problema grave. No tema da avaliación e da búsqueda da calidade e da excelencia, é de sinalar que os profesores vesen sometidos a unha avaliación contínua, o que non ocurre con outros corpos.

Interveñen os Profs.V.C. e G.M. defendendo o sorteo de tres dos

membros do tribunal para manter a independencia. A acreditación non da dereito de acceso a unha cátedra.

A Vicerreitora do PDI contesta que o hai que diferenciar entre os

requisitos de acceso a carreira académica, e os requisitos e dereito de promoción profesional. Insiste en que a proposta de normativa non é unha proposta da equipa, se non que foi consensuada ca Mesa de negociación e opinada favorablemente por a COAP.

Intervén o Prof. G.M. cuestionando que a bolsa e a normativa teñan

que aprobarse conxuntamente. O Reitor constesta que é necesario aprobarlos ao mesmo tempo para que os futuros acreditados coñezan as condicións e requisitos para acceder as cátedras, e que non se amplie a bolsa.

A continuación ten lugar un debate sobre o costo económico destes

concursos, preguntando a Prof. V.C. si se fixo unha simulación ordenando as futuras prazas. A estas cuestiones responden o Reitor e a Vicerreitora de PDI, e aprobase finalmente o acordo e a normativa, con sorteo de tres membros do Tribunal de entre unha lista de 18 membros a proposta do Departamento, mentras que o Presidente e o Secretario serán propostos polo Departamento. Otra das cuestión a ter en conta e o xénero, tal e como figura na normativa. Apróbase a proposta por 21 votos a favor, 2 en contra e 5 abstencións.

14. Validación das resolucións que corrixan o acordo de CG de 27 de maio polo que se aprobaron os Límites de prazas e requisitos de admisión nos másteres universitarios para o curso 2010-11

Informa a Vicerreitora de Grao e Posgrao que trátase dunha simple

corrección de erros materiais do documento, tal e como se fai constar no documento adxunto (anexo 7), que se une a esta acta pasando a formar parte dela. Apróbase por asentimento.

Page 21: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

21

15. Incorporación da Universite de Rennes na organización do Master en Industria e Economía Leiteira (Mater agoalimentario conxunto con agrocampus Quest)

Informa tamén a Vicerreitora de Grao e Posgrao sobre a incorporación

da Universidade de Rennes ao Master en Industria e Economía Leiteira, tal e como se sinala no documento adxunto (anexo 8), que únese a esta acta pasando a formar parte dela. Apróbase por asentimento.

16. Períodos hábiles para convocar órganos colexiados

Informa a Secretaria Xeral sobre a necesidad de unificar o calendario

académico a efectos de convocar órganos colexiados, xa que a convivencia dos estudos de licenciatura cos estudos do espacio europeo de educación superior, fai moi complicado convocar ás xuntas de facultades, xuntas de escola, etc…A proposta que consta nun documento adxunto (anexo 9), que se une a esta acta pasando a formar parte dela, prevé a convocatoria destes órganos coa excepción do período que vai entre o 1 de agosto ata o 15 de setembro. Ademais fixa tamén o prazo de 30 de setembro como data límite para a presentación dos traballos académicos. A Prof. V.C. propoñe modificar o texto sinalando que os traballos que rematen maís aló do 30 de setembro imputaranse ao curso seguinte. Apróbanse por asentimento, incluindo a modificación proposta pola Prof. V.C.

17. Solicitude de accións especiais

O Reitor informa sobre un escrito presentado polo anterior Reitor, Sr.

Barro Ameneiro, solicitando a exención de docencia pola súa dedicación a Red Emprendia, da que foi nomeado presidente. Ambas actividades son compatibles, segundo él mesmo informa na súa solicitude que consta no documento adxunto, que se une a esta acta pasando a formar parte dela (anexo 10), pero non lle permite dedicarse a docencia, polo que propoñe a contratación dun substituto financiado totalmente con recursos derivados dun convenio firmado entre Red Emprendia y a USC. A normativa para esta acción especial require o informe favorable da Comisión de Avaliación de Accións Especiaes, que na súa reunión de onte, día 26, emitiu informe favorable. A concesión require tamén a renuncia do Prof. Senen Barro ao disfrute do ano sabático que tiña concedido. Ademais condiciónase á firma do Convenio, que encóntrase pendente de tramitación xa que chegou o venres 23 ao reitorado. Apróbase por asentimento, condicionando a concesión á renuncia do ano sabático e á firma do convenio.

18 Modificacións na RPT do Persoal de Administración e

Servizos Informa a Xerente que a modificación que se somete a aprobación do

Consello, que consta no documentos adxunto que se une a esta acta pasando a

Page 22: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

22

formar parte dela (anexo 11), e puntual e motivada pola nova estrutura de goberno.

De seguido prodúcese unha discrepancia entre a Sra. Xerente e o Sr

P.V. sobre a necesidade de que dita modificación sexa sometida a consideración da Xunta de Persoal, defedendo a Sra. Xerente que non o consideroú preciso, xa que non se levan a cabo nin cambios de persoas, nin de categoría. O Sr Reitor propoñe a retirada do punto da orde do día se causa algunha dificultade, pero o Sr. P.V. non cre que sexa necesario, aunque o correcto para outras ocasións será que o considere a Xunta de Persoal. A moficación proposta apróbase por asentimento.

19 Sistema de garantía interna de calidade da Escola de

Relacións Laborais de Lugo A Vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade informa que a

Escola de Relacións Laborais de Lugo ten que cumplir os mesmos requisitos de calidade que os resto dos centros, polo que elaboró un sistema de calidade, que consta no documento adxunto, que unese a esta acta pasando a formar parte dela (anexo 12), e que se somete a aprobación do Consello. Apróbase por asentimento.

20 Cursos de posgrao propios O Vicerreitor de Estudantes e Formación Continua informa sobre os

posgraos propios según o documento adxunto, que se une a esta acta pasando a formar parte dela (anexo 13). Apróbanse por asentimento.

21 Asuntos económicos A Vicerreitora de Economía e Infraestruturas informa sobre os

anticipos reembolsables, e sobre a débeda da Universidade, según os documentos adxuntos que se unen a esta acta pasando a formar parte dela (anexo 14).

En base a información xa enviada na convocatoria do Consello de

Goberno, infórmase os membros do mesmo dos seguintes datos: a) DEBEDAS CON ENTIDADES

FINANCEIRAS A PRAZO SUPERIOR A UN

ANO A 30-06-2010

32.695.750,85

ANTICIPOS

REEMBOLSABLES

48.571.125,37

Page 23: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

23

FINANCIADO

CONSELLERIA DE

INDUSTRIA

11.682.918,80

REINTEGROS

1.168.291,88 * 3

3.504.875,64

PENDENTE 8.178.043,16 -8.178.043,16

b) TOTAL DEBEDA

POR ANTICIPOS

REEMBOLSABLES

40.393.082,21

TOTAL DEBEDAS

(a+b)

73.088.833,06

Infórmase ademais aos membros do Consello de Goberno, que si próximo ano cúmprense as condicións establecidas no FEDER 2008, para os proxectos: Biomódulo de animais transxénicos, Equipamento de CIQUS e de CIMUS, Análisis de Microcontaminantes e Regulación da Ingesta, non habería que devolver 4.942.743,00€ (70% de 7.061.061,44€), xa que se transformaría en subvención e, polo tanto, baixaría o importe dos Anticipos reembolsables a 35.450.339,21€, e o importe total das débedas sería de 68.146.090,06€.

22 Convenios Informa o Sr. Reitor sobre os Convenios asinados, que constan no

documentos adxunto que se une a esta acta pasando a formar parte dela (anexo 15), recoñecendo a labor e o esforzo dos investigadores, especialmente do acadado pola profesora Loza Garcia. Apróbase por asentimento.

23 Asuntos de trámite A Secretaria Xeral informa ao Consello sobre a proposta de concesión

de premios extraordinarios de doutoramento correspondentes ao curso 2007/2008:

Facultade de Medicina: Mª Carmen Romero Pita, Kawtar Raghay,

Jacobo Limeres Posse, Ana Bodaño Fernández, Nuria Naverán Ruido, José

Page 24: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

24

Manuel Martínez Comendador, Mª Jesús López Valladares, Iván Jesús Cristobo Luaces. Facultade de Ciencias da Comunicación: Marta Pérez Pereiro. Apróbase por asentimento.

24 Rogos e preguntas Intervén o Profesor C.P. poñendo de relevo a problemática do peche de

actas, contestando a Secretaria Xeral que estase a solucionar, pero que en moitos casos a solución é complicada e require a colaboración de todolos docentes.

O Profesor A.G. sinala a problemática da notificación das cualificacións

aos móviles, xa que só poden insertarse quince caracteres, polo que non é posible poñer as datas de revisión. Contesta o Sr. Reitor que a xustificación encóntrase en que ata quince carateres a menxase é gratuito.

O Profesor R.N. pregunta polo uso da plataforma virtual, contestándo a

Vicerreitora do PDI sobre os problemas do contrato, e que se están a solucionar as dificultades da migración automática de contidos, que quedará rematada na primeira quincena de setembro.

Intervén o Sr. P.V. para sinalar o fin do seu mandato representativo,

polo que quere despedirse dos membros do Consello, disculpándose con aqueles que sentironse ofendidos polas intervencións, e desexando sorte ao Sr. Reitor e ao seu equipo.

O Profesor L.G. sinala que na acta de 27 de maio non figura como asistente, e solicita que se comproben as firmas. Tamén sinala que o seguro de accidentes e asistencia en viaxes debese extender a todo o ano para os matriculados no carto ciclo. Solicita que a migración de datos da plataforma virtual se aplique tamén aquelas materias que varían a denominación. A Vicerreitora de PDI contéstalle que o faga constar na solicitude.

En relación coa plataforma virtual intervén a profesora V.C.,

cuestionando a oportunidade da migración de contidos á plataforma Blackboard para facelo en próximos cursos a plataformas abertas polo dobre traballo que supón para o PDI, contestando a Vicerreitora do PDI que é a mellor opción. O Sr. Reitor precisa que o que se está a facer dende o Vicerreitorado de PDI, é apoyar ao profesorado na migración.

Intervén o Profesor L.R. para solicitar que se revise a normativa de

concesión dos premios extraordinarios, xa que non ten sentido que se convoquen cando a decisión tómase tendo en conta únicamente os expedientes. Esta normativa provoca que os alumnos que non a coñecen non o soliciten, e non concurran a convocatoria, quedando privados da concesión anque o expediente sea mellor co doutro que sí concurre. O Sr. Reitor contesta que se terá en conta. Tamén solicita que se revise a exención da matrícula para os masteres e os requisitos a cumprir para o recoñecemento desta exención.

Page 25: CONSELLO DE GOBERNO - USC...2010/07/27  · 2 23. Asuntos de trámite 24. Rogos e preguntas 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión A secretaria somete a aprobación

25

Non habendo máis asuntos que tratar, ás 18.30 horas, a Presidencia

deu por rematada a sesión, da que eu, como Secretaria Xeral dou fe. En Santiago de Compostela, a 27 de xullo de 2010.

Juan José Casares Long Mª. Lourdes Noya Ferreiro Reitor Secretaria Xeral