consellerÍa de sanidade€¦ · borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de galicia. versión...

27
Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 1 CONSELLERÍA DE SANIDADE Decreto …../2012, do …. de …….., de sanidade mortuoria de Galicia. O artigo 33.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, atribúelle á Comunidade Autónoma o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior. Consonte o anterior, a Comunidade Autónoma de Galicia ditou diferentes normas en materia de policía sanitaria mortuoria; así, O Decreto 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria, modificado por Decreto 3/1999, do 7 de xaneiro; ou a Orde de 12 de maio de 1998 pola que se regulan os libros oficiais de rexistro en materia de policía sanitaria mortuoria. A progresiva eliminación de autorizacións sanitarias de funcionamento no caso dos cemiterios, como consecuencia da transposición e aplicación da Directiva 2006/123/CE, de 12 de decembro de 2006, así como a modificación dalgúns dos requisitos para a obtención da licenza municipal, a casuística xerada encol dos expedientes autorizatorios de novos cemiterios ou das ampliacións, a realidade dos cemiterios anteriores á entrada en vigor da normativa sanitaria que os disciplina e regula, ou a adaptación aos progresos nas prácticas mortuorias que permiten unha modificación nas condicións de conservación dos cadáveres, son aspectos que xustifican a necesidade de abordar cambios na regulación da sanidade mortuoria, co obxecto de adecuala ao marco normativo, competencial e social deste tempo. Con fundamento en todas estas premisas e antecedentes normativos e, tendo en conta as especiais características de Galicia e os usos e costumes da súa poboación, faise necesario proceder ó establecemento dun marco normativo xeral no que se recolla o conxunto de materias que compoñen a actividade de sanidade mortuoria, e dea unha resposta normativa axeitada ás distintas situacións de feito que teñen xerado ao longo do tempo nesta materia tan específica. Por todo iso, por proposta do conselleiro de Sanidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do …. de …….. de dous mil doce, DISPOÑO: Capítulo I Disposicións xerais Artigo 1º.- Obxecto. É obxecto do presente decreto a regulación da sanidade mortuoria na Comunidade Autónoma de Galicia, que inclúe as seguintes materias: a) Toda clase de prácticas sanitarias sobre cadáveres, tal como as de tanatopraxia e tanatoestética. b) As condicións técnico-sanitarias que deben reunir as empresas funerarias, tanatorios, velatorios e crematorios, de carácter público ou privado, nos traballos que realizan e medios que empregan para o transporte de cadáveres e restos humanos e restos cadavéricos.

Upload: others

Post on 27-Jun-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 1

CONSELLERÍA DE SANIDADE Decreto …../2012, do …. de …….., de sanidade mortuoria de Galicia. O artigo 33.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, atribúelle á Comunidade Autónoma o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior. Consonte o anterior, a Comunidade Autónoma de Galicia ditou diferentes normas en materia de policía sanitaria mortuoria; así, O Decreto 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria, modificado por Decreto 3/1999, do 7 de xaneiro; ou a Orde de 12 de maio de 1998 pola que se regulan os libros oficiais de rexistro en materia de policía sanitaria mortuoria. A progresiva eliminación de autorizacións sanitarias de funcionamento no caso dos cemiterios, como consecuencia da transposición e aplicación da Directiva 2006/123/CE, de 12 de decembro de 2006, así como a modificación dalgúns dos requisitos para a obtención da licenza municipal, a casuística xerada encol dos expedientes autorizatorios de novos cemiterios ou das ampliacións, a realidade dos cemiterios anteriores á entrada en vigor da normativa sanitaria que os disciplina e regula, ou a adaptación aos progresos nas prácticas mortuorias que permiten unha modificación nas condicións de conservación dos cadáveres, son aspectos que xustifican a necesidade de abordar cambios na regulación da sanidade mortuoria, co obxecto de adecuala ao marco normativo, competencial e social deste tempo. Con fundamento en todas estas premisas e antecedentes normativos e, tendo en conta as especiais características de Galicia e os usos e costumes da súa poboación, faise necesario proceder ó establecemento dun marco normativo xeral no que se recolla o conxunto de materias que compoñen a actividade de sanidade mortuoria, e dea unha resposta normativa axeitada ás distintas situacións de feito que teñen xerado ao longo do tempo nesta materia tan específica. Por todo iso, por proposta do conselleiro de Sanidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do …. de …….. de dous mil doce,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.- Obxecto. É obxecto do presente decreto a regulación da sanidade mortuoria na Comunidade Autónoma de Galicia, que inclúe as seguintes materias: a) Toda clase de prácticas sanitarias sobre cadáveres, tal como as de tanatopraxia e tanatoestética. b) As condicións técnico-sanitarias que deben reunir as empresas funerarias, tanatorios, velatorios e crematorios, de carácter público ou privado, nos traballos que realizan e medios que empregan para o transporte de cadáveres e restos humanos e restos cadavéricos.

Page 2: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2

c) As condicións técnico sanitarias que teñen que cumpri-los cemiterios e demais lugares de enterramentos d) As normas sanitarias no tratamento dos restos cadavéricos. Artigo 2º.- Inspección. 1. As funerarias, tanatorios, velatorios, crematorios, cemiterios, así como toda clase de medios ou prácticas sanitarias sobre cadáveres poderán ser inspeccionados polas autoridades sanitarias competentes da administración autonómica e da municipal. 2. Estableceranse programas de vixilancia dos ditos establecementos para os efectos de comprobar o cumprimento das especificacións do presente regulamento.

Capítulo II

Definicións Artigo 3º.- Definicións. Para os fins deste regulamento enténdese por: ● Ampliación dun cemiterio.- Incremento da capacidade de enterramentos que conleva extensión fóra dos seus muros de peche, de xeito que o recinto orixinal e a ampliación formen unha unidade. ● Cadáver.- O corpo humano durante os cinco primeiros anos seguintes á morte. Esta computarase desde a inscrición de defunción no Rexistro civil. ● Cemiterio.- O recinto pechado adecuado para inhumar restos humanos, que conta coa oportuna licenza municipal e demais requisitos regulamentarios. Dentro dos seus límites poderán existir instalacións ou establecementos funerarios descritos neste decreto. ● Cinceiro.- depósito para os restos cadavéricos. ● Cinzas.- O que queda dun cadáver, restos humanos ou restos cadavéricos tras a cremación. ● Columbarios.- Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación. ● Condución ordinaria.- Transporte dun cadáver, criatura abortiva ou membro procedente de amputación, en féretro, caixa de restos, desde o domicilio mortuorio, lugar do aborto ou amputación, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a un depósito funerario ou directamente a un cemiterio ou crematorio do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. ● Conservación transitoria.- Os métodos que retrasan o fenómeno de putrefacción. ● Conxelación.- Método de conservación do cadáver mediante a hipotermia nunha instalación autorizada, manténdoo a unha temperatura de polo menos -12º C. ● Cremación.- A redución a cinzas do cadáver, restos humanos ou restos cadavéricos por medio da calor. ● Crematorio.- Establecemento para a cremación de cadáveres, restos humanos ou restos cadavéricos, que conta cos requisitos regulamentarios. ● Depósito de cadáveres.- Lugar intermedio entre o domicilio mortuorio e o destino final do cadáver, restos cadavéricos, criaturas abortivas ou de membro procedente de amputación sen velación deles. ● Domicilio mortuorio.- Lugar do óbito que, para os efectos da presente regulamentación, é unha vivenda, un centro hospitalario un tanatorio ou un velatorio. ● Embalsamamento.- Os métodos que impiden a aparición dos fenómenos de putrefacción. ● Empresas funerarias.- Son aquelas que prestan os servizos de manipulación e acondicionamento dos cadáveres e transporte dos mesmos, xunto co subministro de bens e servizos complementarios para ditos fins e debidamente utilizados a tal efecto.

Page 3: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 3

● Esqueletización.- A fase final de desintegración da materia morta, desde a separación dos restos óseos, sen partes brandas nin medios unitivos do esqueleto ata a total mineralización. ● Exhumación.- Acción de extraer do seu lugar de inhumación un cadáver, restos humanos ou restos cadavéricos. ● Féretro.- Caixa destinada ao transporte, inhumación ou cremación dun cadáver ou restos humanos. ● Inhumación.- Acción e efecto de enterrar un cadáver, restos humanos ou restos cadavéricos. ● Prácticas sanitarias sobre cadáveres ou restos cadavéricos.- Calquera tipo de manipulación que se realice sobre os mesmos, salvo as destinadas á obtención de pezas anatómicas e tecidos para transplantes. ● Putrefacción.- Proceso que conduce á destrución da materia orgánica do cadáver por microorganismos. ● Refrixeración.- Método de conservación que mentres dura a súa actuación retrasa o proceso de putrefacción do cadáver por medio do descenso artificial de temperatura nunha instalación autorizada a unha temperatura comprendida entre -2º C +5ªC ● Restos cadavéricos.- O que queda do corpo humano, acabados os fenómenos de putrefacción, unha vez transcorridos os cinco anos seguintes á morte. ● Restos humanos de entidade suficiente.- ou restos humanos, son as partes do corpo humano procedentes de abortos, mutilacións e intervencións cirúrxicas, autopsias clínicas ou xudiciais e actividades de docencia ou investigación, de relevancia anatómica ou legal que esixan un tratamento específico segundo o determine a autoridade competente. ● Sepultura.- Calquera lugar destinado á inhumación dun cadáver, ou restos humanos dentro dun cemiterio. Inclúense neste concepto:

a) Fosas: escavacións practicadas directamente en terra. b) Nichos: cavidades construídas artificialmente, que poden ser subterráneas ou aéreas, simples ou múltiples.

● Servizos funerarios.- Enténdese como tales as operacións encamiñadas ó transporte, manipulación, prácticas mortuorias e calquera outra das recollidas no presente decreto co fin de cumprir o destino final dos cadáveres. ● Tanatoestética.- Conxunto de técnicas de cosmética e modelado que permiten mellora-la aparencia do cadáver. ● Tanatoplastia.- Prácticas médico-cirúrxicas sobre o cadáver, dunha parte ou da totalidade, para restablecer ou mellorar o aspecto estético ou para extraer do cadáver aquelas próteses que se requiran. ● Tanatopraxia.- Conxunto de técnicas aplicadas ó cadáver que atrasan ou impiden os fenómenos putrefactivos a través de prácticas de conservación transitoria ou embalsamamento. ● Tanatorio.- Establecemento funerario habilitado como lugar de etapa do cadáver, entre o lugar do falecemento e o de inhumación ou cremación, debidamente acondicionado para a realización das prácticas de tanatopraxia, tanatoplastia e tanatoestética e para a exposición dos cadáveres. ● Traslados.- Transporte dun cadáver, restos humanos ou restos cadavéricos en féretro ou caixa de restos, desde o domicilio mortuorio, lugar do aborto, amputación ou cemiterio, a un depósito de cadáveres ou directamente a un cemiterio ou crematorio fóra do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, así como o traslado dos cadáveres ós que se refire o apartado 3 do artigo 5º. Tamén terán o carácter de traslados os transportes de cadáveres exhumados e restos cadavéricos dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. ● Traslado internacional.- Transporte do cadáver, restos humanos ou restos cadavéricos cando isto implique paso de fronteiras internacionais. ● Velatorios.- Establecementos para a exposición de cadáveres que contan cos requisitos regulamentarios.

Page 4: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 4

Capítulo III

Clasificación sanitaria dos cadáveres e o seu destino final

Artigo 4º.- Clasificación sanitaria dos cadáveres. Para os efectos deste regulamento, os cadáveres clasifícanse en dous grupos, segundo as causas de defunción: - Grupo 1º.- Comprende os das persoas falecidas por causa radioactiva ou infecciosa, que supoñan risco sanitario, como o cólera, carbunco e aqueloutras que, no seu momento, poida determinar a Consellería de Sanidade, cando excepcionais circunstancias epidemiolóxicas ou de saúde publica o fagan necesario. - Grupo 2º.- Comprende todos os falecidos por calquera outra causa. Artigo 5º.- Destino final dos cadáveres, restos humanos e restos cadavéricos. 1. O destino final de todo cadáver, restos humanos e restos cadavéricos será: a) Enterramento b) Cremación. 2. Os restos humanos de entidade suficiente non requiren outro requisito na orde sanitaria para darlles o seu destino que o certificado facultativo en que se acredite a causa e procedencia de tales restos. Cando o médico que o estenda deduza a existencia dos posibles riscos de contaxio, poñerao inmediatamente en coñecemento da persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Sanidade, que adoptará as medidas oportunas. 3. Os cadáveres que, de acordo coa clasificación do artigo 4º, correspondan ó grupo 2º, poderán destinarse a fins científicos e de ensino, de acordo co establecido nas disposicións legais vixentes.

Capítulo IV

Prácticas sanitarias sobre cadáveres

Artigo 6º Normas xerais. 1. Non se poderán realizar prácticas de tanatopraxia, tanatoestética e tanatoplastia sobre cadáveres do grupo 1. 2. En casos de excepcionais situacións epidemiolóxicas, catástrofes ou mortes colectivas, a autoridade sanitaria competente poderá ditar os actos necesarios establecendo as condicións nas que se efectuarán os enterramentos e as técnicas de conservación aplicables en ditas situacións. Artigo 7º.- Técnicas de tanatopraxia e tanatoestética.

Page 5: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 5

Aplicarase a técnica de tanatopraxia, tanatoestética e tanatoplastia adecuada ó destino do cadáver e ó seu estado físico, que poderá ser supervisada polas autoridades sanitarias competentes. Estas prácticas pódense realizar mediante 1. Métodos químicos:

a) Conservación transitoria b) Embalsamamento

2. Métodos físicos:

a) Conxelación b) Refrixeración

Artigo 8º.- Requisitos para o embalsamamento e conservación transitoria dun cadáver. 1. As prácticas de tanatopraxia efectuaranse en salas de tanatopraxia, baixo a supervisión e responsabilidade dun licenciado en medicina e cirurxía. O facultativo responsable certificará a súa actuación con descrición das técnicas usadas así como o precintado final do féretro. Os residuos que se xeren nas practicas de tanatopraxia deberan ser manipulados e xestionados de acordo co establecido na lexislación vixente sobre residuos sanitarios. 2. O embalsamamento e conservación transitoria dun cadáver poderán realizarse unha vez obtidas a certificación médica de defunción e a licenza de enterramento, despois das 24 horas do falecemento e, en calquera caso, antes das 48 horas posteriores ó falecemento. 3. O embalsamamento dun cadáver será obrigatorio nos seguintes casos: a) En que a inhumación non poida realizarse antes das noventa e seis horas desde o momento do falecemento. b) En traslados ao estranxeiro. c) Nos traslados por vía aérea, marítima ou ferroviaria. d) Nos enterramentos en lugares especiais previstos neste decreto. O transporte dun cadáver embalsamado efectuarase en féretro hermético coas características fixadas no artigo 25º, apartado b), deste regulamento, agás nos casos de condución ordinaria. 4. A conservación transitoria dun cadáver será obrigatoria nos seguintes casos: a) Cando a inhumación vaia realizarse despois das corenta e oito horas e antes das noventa e seis. b) Cando vaia ser trasladado a outras comunidades autónomas. c) En cadáveres conxelados ou refrixerados que non vaian ser conducidos nas 24 horas inmediatas á súa retirada das cámaras ó cemiterio ou crematorio. 5) O prazo máximo que un cadáver pode estar sometido a refrixeración será de seis días, con excepción dos que se atopen a disposición xudicial, polo que transcorrido dito prazo deberá ser inmediatamente inhumado ou incinerado, ou no se defecto, conxelado, embalsamado ou conservado transitoriamente Artigo 9 º.- Exposición do cadáver en lugar público.

Page 6: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 6

A persoa titular da xefatura territorial correspondente da Consellería de Sanidade poderá autorizar a exposición dun cadáver nun lugar público distinto dos legalmente habilitados, logo do embalsamamento do mesmo. Así mesmo, fixará as condicións sanitarias esixibles, no seu caso.

Capítulo V

Servizos funerarios

Artigo 10º.- Establecemento de servizos funerarios 1. Corresponde ás corporacións locais o outorgamento de licenza para o establecemento de empresas de servizos funerarios, previo informe vinculante da Consellería de Sanidade. Artigo 11º .- Declaración responsable 3. O titular dunha empresa de servizos funerarios, presentará ante o departamento territorial da Consellería de Sanidade, antes do inicio da actividade, a correspondente declaración responsable do cumprimento dos requisitos establecidos neste decreto de conformidade co modelo establecido no Anexo I. Do mesmo xeito procederase a comunicar calquera variación nas circunstancias ou datos previamente declarados. Artigo 12º.- Requisitos das empresas. 1. As empresas funerarias disporán como mínimo dos medios seguintes: a) Persoal suficiente para o traslado do féretro. b) Vehículo/os axeitados para o traslado de cadáveres. c) Féretros e demais material funerario necesario, con stock mínimo en función da media dos servizos anuais. d) Medios precisos para a desinfección de vehículos, utensilios, roupas e demais material e) Disporán de auga potable, e dun sistema de eliminación de augas residuais á rede de sumidoiros ou outro sistema autorizado. 2. Serán responsables do material que empreguen e oferten, así como do funcionamento do servizo. 3. Os titulares das empresas funerarias serán os responsables de que os servizos prestados se realicen respectando o disposto para os cadáveres no artigo 21 deste decreto. Artigo 13 º.- Requisitos dos tanatorios e velatorios. 1. Os tanatorios e velatorios deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Terán acceso directo á vía pública. b) Os accesos así como as dependencias de tránsito e estancia do público terán accesos e circulacións independentes das de tránsito, permanencia, tratamento e exposición dos cadáveres. c) Deberán dispor de persoal, material e equipamento necesario para atender os servizos ofertados, garantindo un axeitado nivel de hixiene e cumprimento da normativa vixente en materia de seguridade e hixiene no traballo.

Page 7: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 7

d) Deberan dispoñer dunha zona con refrixeración para manter os cadáveres mentres non podan ser expostos ou sometidos a practicas sanitarias. e) Disporán dun axeitado sistema de eliminación de roupas e outros obxectos. f) Disporán de auga potable, e dun sistema de eliminación de augas residuais á rede de sumidoiros ou outro sistema autorizado. g) Disporán de duchas e aseos para o persoal da empresa. 2. Os hospitais, tanto públicos coma privados, poderán dispor de tanatorios propios ou contratados, que se axustarán ó establecido no presente decreto. Artigo 14º.- Dependencias dos tanatorios e velatorios. 1. Os tanatorios e os velatorios disporán dunha zona de exposición de cadáveres, que constará, como mínimo, de dúas áreas incomunicadas entre sí e separadas por unha cristaleira impracticable: a) Área para a exposición do cadáver: contará con refrixeración para asegurar unha temperatura entre 2 e 5 ( +2 ) graos centígrados cun termómetro indicador visible desde o exterior. b) Área para o público 2. Os tanatorios, ademais, disporán de sala de tanatopraxia, deseñada e construída de xeito que favoreza a realización hixiénica de tódalas operacións. As paredes serán lisas e o seu revestimento lavable, o chan impermeable terá un sumidoiro para a evacuación de augas de limpeza e disporá de lavabo e mesa de material inalterable. Contará co material e equipamento apropiados para as actividades de tanatopraxia. A sala contará con instalación de ventilación e refrixeración. A sala de tanatopraxia poderase utilizar para a realización de prácticas de tanatoestética e tanatoplastia.

Capítulo VI Cremación de cadáveres

Artigo 15 .- Requisitos 1. A cremación de cadáveres poderase realizar despois das 24 horas e antes das 48 horas posteriores ó falecemento, unha vez obtido o certificado médico de defunción e a certificación de inscrición de falecemento expedida polo Rexistro Civil. En casos excepcionais a persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Sanidade poderá autorizar a cremación de cadáveres transcorrido o prazo de 48 horas establecido no parágrafo anterior. 2. As cinzas resultantes da cremación colocaranse en urnas destinadas ao efecto, figurando obrigatoriamente no exterior o nome do defunto, e serán entregadas á familia ou ó seu representante legal para o seu posterior depósito en sepultura, columbario, propiedade privada ou outro destino compatible coas normas ambientais e sanitarias vixentes. 3. Prohíbese a reutilización dos féretros que non se incineren na cremación, que serán destruídos inmediatamente. Artigo 16º.-Dependencias

Page 8: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 8

1. Os crematorios disporán dunha sala para a manipulación dos cadáveres que estará deseñada e construída de forma que favoreza a realización hixiénica de tódalas operacións. As paredes serán lisas e o seu revestimento lavable, o chan impermeable, terá un sumidoiro para evacuación de augas de limpeza e disporá de lavabo. 2. No caso de prestar algún tipo de servizo funerario complementario dos recollidos no presente decreto estes deberán cumprir o establecido no presente decreto para tales servizos.

Capítulo VII

Transporte de cadáveres, inhumacións e exhumacións

Sección Primeira Transporte

Artigo 17 º.- Transporte de cadáveres ou restos cadavéricos. 1. Unha vez obtido o certificado médico de defunción, poderá procederse ó transporte inmediato e directo ao domicilio do defunto, tanatorio, velatorio ou lugar autorizado dos previstos no presente decreto, dentro da Comunidade Autónoma, agás nos casos de intervención xudicial, ou de cadáveres do grupo 1º do artigo 4º. Poderán utilizarse arcas ou sacos de recollida para o transporte do cadáver dende o lugar onde se produza o falecemento ata o domicilio mortuorio. 2. O traslado dun cadáver ó estranxeiro realizarase, previamente embalsamado, segundo o disposto na normativa vixente. 3. Os cadáveres sen inhumar do grupo 2º do artigo 4º, poderán ser transportados en féretros comúns, dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Terán que ser transportados en féretro de traslados cando o transporte teña lugar pasadas as 48 horas dende o falecemento. Nos casos en que se dean circunstancias excepcionais, a autoridade sanitaria poderá dispoñer medidas concretas para o traslado. 4. Non se poderán realizar traslados de cadáveres clasificados no grupo 1º, do artigo 4º, agás cando se proceda á súa cremación e a causa da morte non sexa de orixe radioactiva. 5. Os restos cadavéricos e restos humanos serán transportados en caixas de restos. Artigo 18º.- Medios de traslado. 1. A condución e traslado de cadáveres e restos cadavéricos poderá efectuarse en: a) Coches fúnebres. b) Furgóns de ferrocarril das características que sinalen os ministerios competentes. c) Avións ou buques de acordo coas normas que rexan nos convenios internacionais e que esixan as compañías de navegación aérea ou marítima. 2. O traslado de restos cadavéricos, sempre que se comprobe a completa esqueletización dos mesmos, non requirirá medio de transporte específico

Page 9: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 9

Artigo 19º.- Características dos coches fúnebres. 1. Os coches fúnebres terán as seguintes características: a) A separación ou distancia desde a cabina do condutor ata a porta traseira do vehículo será a necesaria para que unha vez introducido o féretro quede o habitáculo hermeticamente pechado. b) A cabina ou habitáculo para o féretro será construído con material impermeable para permitir unha rápida e efectiva limpeza e desinfección. Os elementos de adorno fixos serán impermeables e susceptibles dun rápido lavado e desinfección. Artigo 20º.- Supostos de prohibición de transporte do cadáver. 1. Queda prohibido o transporte de cadáveres e restos cadavéricos en ambulancias, taxis, vehículos de aluguer ou de particulares ou calquera outro medio que non sexan dos sinalados do artigo anterior. 2. Non terá o carácter de transporte, a condución de cadáveres que se realice por orde xudicial para a súa retirada da vía pública a un domicilio mortuorio ou a un instituto de medicina legal, se a urxencia do caso así o aconsellase. Artigo 21º.- Comunicación do traslado. 1. Non precisan de autorización sanitaria os traslados de cadáveres sen inhumar, criaturas abortivas ou membros procedentes de amputacións clasificados no grupo 2º, do artigo 4º, así como os restos cadavéricos. Non obstante, a empresa de servizos funerarios virá obrigada a comunicalo previamente o departamento territorial da Consellería de Sanidade da provincia na que se orixine o traslado, mediante o modelo de comunicación que se recolle no Anexo 2 deste decreto, ao que se xuntará copia do certificado de defunción. Cando se realicen prácticas de tanatopraxia xuntarase ademais, a certificación do médico a que se refire o artigo 8º do presente decreto. 2. A empresa funeraria deberá conservar por un período de cinco anos copia da documentación correspondente a cada traslado realizado. Artigo 22º.- Condución no caso de doazón de órganos e tecidos. Cando o cadáver sexa doador de órganos e tecidos, non será obrigatoria a condución e o traslado de cadáveres en féretro e vehículo mortuorio desde o depósito ou centro sanitario, ó centro autorizado para a extracción de tecidos conforme á normativa vixente. Para os ditos efectos, e sempre que non transcorran máis de oito horas desde o falecemento ata a chegada ó centro autorizado para a extracción, o traslado realizarase en vehículos de transporte sanitario, extremando as condicións hixiénicas, mediante acondicionamento do cadáver con material impermeable. Sección Segunda Inhumación, exhumación e reinhumación Artigo 23º.- Inhumación. 1. As inhumacións de cadáveres verificaranse sempre en lugares de enterramento legalmente habilitados, de conformidade co previsto neste decreto.

Page 10: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 10

2. A inhumación dun cadáver poderase realizar, unha vez obtidas a certificación médica de defunción e licenza de enterramento, despois das 24 horas do falecemento e, en calquera caso, antes das 48 horas posteriores ó falecemento. Nos casos en que previamente se practicase a autopsia ou se obtivesen órganos para transplantes, poderase autorizar a inhumación do cadáver antes de que transcorran as 24 horas do falecemento. 3. Os cadáveres contaminados por produtos radioactivos serán obxecto dun tratamento especial acordado pola autoridade sanitaria competente en protección radiolóxica en conexión cos servizos correspondentes do Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT). Artigo 24º.- Supostos de inhumación inmediata. Cando existan razóns sanitarias que aconsellen a inhumación inmediata dun cadáver ou, cando se trate de cadáveres do grupo 1º do artigo 4º, poñerase o caso en coñecemento da autoridade sanitaria que poderá ordenar o seu traslado urxente ao depósito do cemiterio do municipio onde ocorreu o falecemento, para proceder á súa inhumación tan pronto sexa posible, agás nos casos de intervención xudicial. Artigo 25º.- Féretros e outros recipientes funerarios. Os féretros e recipientes funerarios clasifícanse en: a) Féretros comúns: Construídos con material sen aberturas, dun espesor mínimo de 15 milímetros. A tapa encaixará no corpo inferior da caixa. Non se poderá empregar ningún tipo de material, revestimentos, bolsas, etc. de características impermeables que impidan a normal putrefacción dos cadáveres. b) Féretros de traslado: Compostos por dúas caixas. A exterior, de características análogas ás dos féretros comúns, cun espesor mínimo de 20 milímetros e reforzada. A caixa interior poderá ser de láminas de chumbo ou de cinc soldadas entre si, ou doutros materiais e formatos que excepcionalmente autorice a Consellería de Sanidade. Os féretros de traslados serán acondicionados de forma que impidan os efectos da presión dos gases no seu interior mediante a aplicación de filtros depuradores e outros dispositivos adecuados. c) Féretros para incineración: as súas condicións serán axeitadas ás necesidades de eliminación de residuos alleos ó cadáver e polas do forno crematorio. d) Caixa de restos: recipiente destinado ao transporte de restos cadavéricos ou restos humanos. Serán metálicas ou de calquera outro material impermeable ou impermeabilizado. Nos casos de reinhumación ou cremación as caixas de restos serán de materiais adecuados para dito fin. e) Arcón de traslado: caixa con tapa de material resistente e impermeable, fácil de desinfectar e de dimensións suficientes para conter un féretro común. f) Arca de recollida: féretro para recoller o cadáver do lugar onde se produciu o falecemento e a súa condución ata o tanatorio, velatorio ou domicilio mortuorio. Deberá de ser impermeable, de dimensións axeitadas e de fácil limpeza e desinfección.

Page 11: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 11

g) Saco de recollida: saco utilizado para recoller o cadáver do lugar onde se produciu o falecemento e a súa condución ata o tanatorio ou velatorio. Deberá ser impermeable, de dimensións adecuadas, de material biodegradable e dun só uso. Artigo 26º.- Utilización. 1. Prohíbese a condución, traslado e enterramento de cadáveres sen o correspondente féretro ou recipiente funerario, das características que para cada caso se indican no artigo precedente 2. Os féretros, unha vez pechados, non se poderán abrir, agás orde xudicial ou a petición dos familiares, sempre que se realice nun tanatorio, velatorio ou establecemento legalmente habilitado e sempre que se trate de cadáveres do grupo 2º do artigo 4º. Nestas mesmas condicións poderase realizar o cambio de féretros, quedando prohibido en todo caso a reutilización do desbotado. 3. O féretro deberá conter exclusivamente o cadáver que se vai inhumar, non podendo depositarse dous ou máis no mesmo féretro, agás nos casos seguintes: a) Nais e neonatos falecidos ambos no momento do parto. b) Catástrofes ou situacións epidemiolóxicas excepcionais. Artigo 27º.- Exhumación e reinhumación. 1. Os departamentos territoriais da Consellería de Sanidade autorizarán a exhumación e transporte de cadáveres do grupo 2º do artigo 4º para a súa reinhumación no mesmo cemiterio utilizando féretro común, ou en cemiterio distinto empregando para iso arcón de traslado. O mesmo sucederá no caso de restos cadavéricos que poderán ser depositados en caixas de restos. 2. Para tal efecto, dirixirase a correspondente solicitude á persoa titular da xefatura territorial correspondente da Consellería de Sanidade, acompañando a partida de defunción literal do cadáver que se pretenda exhumar. En caso de non dispor da certificación literal de inscrición da defunción no Rexistro Civil deberá achegarse certificación en extracto e certificado médico da defunción, onde conste a causa da morte. 3. Cando exista ou existira un procedemento xudicial en relación ao falecemento, terá que solicitarse previamente a autorización xudicial. 4. No caso de non existir algunha da documentación referida, o departamento territorial da Consellería de Sanidade valorará as circunstancias nas que se poderá autorizar a exhumación.

Capítulo VIII

Normas sanitarias dos cemiterios Artigo 28º.- Número e localización.

Page 12: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 12

1. Cada concello, independentemente ou asociado con outras entidades locais, disporá, dun cemiterio con capacidade adecuada as características da súa poboación. Artigo 29º.- Localización cemiterios de nova construción. 1. O emprazamento dos cemiterios de nova construción virá determinado nos instrumentos de planeamento municipais. No caso de que non exista planeamento, a entidade local recabará o parecer da consellería con competencia en ordenación do territorio. 2. Arredor do solo destinado á construción dun novo cemiterio establécese un perímetro de 50 metros de ancho totalmente libre de todo tipo de construción, medida a partir do peche exterior do cemiterio. Os efectos previstos neste artigo, poderán situarse dentro dese perímetro os edificios e instalacións de carácter relixioso, tanatorios ou velatorios. 3. Os concellos poderán establecer nas súas ordenanzas e instrumentos de planeamento un perímetro maior do indicado no parágrafo precedente, en función das circunstancias e características urbanísticas e de desenvolvemento. Artigo 30º.- Instalacións mínimas. Todo cemiterio deberá contar, ademais do número correspondente de sepulturas, coas seguintes instalacións: 1. Un local destinado a depósito de cadáveres, que terá as características seguintes: a) Capacidade mínima para desenvolver correctamente as súas funcións. b) Paredes: serán lisas e impermeables para que poidan ser lavadas con facilidade; c) Solos: serán impermeables e con inclinación suficiente para que discorran facilmente as augas de limpeza, que verterán a unha rede de sumidoiros ou, no seu defecto, a unha fosa séptica. d) Auga apta para o consumo humano. e) Mesa de material impermeable e lavamáns. Cando se acredite documentalmente que no mesmo municipio existe un depósito de cadáveres noutro cemiterio, e se acredite a súa dispoñibilidade, poderá eximirse da necesidade da súa instalación. 2. Un osario xeral destinado a recoller os restos procedentes das exhumacións de restos cadavéricos. 3. Un forno incinerador ou outro sistema axeitado para a eliminación de roupas e útiles, madeiras e demais residuos procedentes da evacuación e limpeza de sepulturas ou da limpeza dos cemiterios. 4. Instalación de auga apta para o consumo e servizos hixiénicos 5. Un sector destinado a depositar as cinzas procedentes das cremacións e un columbario. 6. Un peche perimetral que garanta a seguridade da instalación. Artigo 31º.- Condicións construtivas das sepulturas

Page 13: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 13

As sepulturas deberán reunir como mínimo as condicións seguintes: 1. Fosas: a profundidade das fosas será como mínimo de dous metros, o seu largo de 0,80 metros e a súa lonxitude como mínimo de 2,40 metros, cun espazo de 0,50 metros de separación entre unhas e outras 2. Nichos: a) O nicho terá como mínimo 0,75 metros de ancho, por 0,65 metros de alto e 2,40 metros de profundidade b) Os materiais utilizados na construción de nichos serán impermeables. Cada unidade de enterramento e o sistema no seu conxunto será permeable, asegurándose unha drenaxe adecuada e unha expansión dos gases en condicións de inocuidade e saída ó exterior pola parte máis elevada. 3. Cinceiros: terán como mínimo 0,40 metros de largo, 0,40 metros de alto e 0,60 metros de profundidade. 4. No caso de que se utilicen nichos ou sistemas prefabricados, disporán do certificado de conformidade emitido polo organismo de control autorizado dos previstos na normativa vixente en materia de infraestruturas para a calidade e a seguridade industrial. A separación vertical e horizontal das sepulturas vira dada polas características técnicas de cada sistema construtivo. Artigo 32º.- Expedientes para a autorización de nova construción e ampliación de cemiterios. 1.-Os expedientes para a autorización de construción ou ampliación de cemiterios, calquera que sexa a súa titularidade, serán instruídos e resoltos polos concellos nos que estean situados. 2.- Ditos expedientes contarán coa seguinte documentación. a) Instancia da entidade propietaria. b) Memoria asinada polo técnico competente no que se fará constar o seguinte: - Lugar de emprazamento, superficie e capacidade prevista. - Planos de distribución das instalacións e dependencias. - Construcións existentes máis próximas ou o terreo urbanístico apto para ela e vías de comunicación. - Clase de obra e materiais que se empregarán nos muros de cerramento e nas edificacións. - Tipos de enterramentos e as súas características construtivas. c) Estudio hidroxeolóxico do terreo con indicación da permeabilidade, variación anual do nivel freático da zona e no que expresamente se faga constar que non existe risco de contaminación de captacións de auga para abastecemento. d) Informe favorable do organismo de bacía competente. e) Informe urbanístico emitido polo órgano competente do concello, no que a zona na que se pretende emprazar o cemiterio, o ampliar o existente, estea prevista para eses usos no planeamento urbanístico vixente. No caso de que non exista planeamento, a entidade local recabará o parecer da consellería con competencia en ordenación do territorio. f) Autorización da consellería competente en ordenación do territorio, nos supostos en que sexa preceptiva, de conformidade co disposto na da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia ou norma que modifique ou substitúa.

Page 14: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 14

g) Outros informes, autorizacións ou permisos esixidos segundo a normativa sectorial específica. 3. Nos cemiterios municipais a instancia será substituída pola certificación de acordo polo órgano competente para acordar a construción ou ampliación. 4. Concluído o expediente, o concello o exporá ao público durante un prazo de quince días a efectos de reclamacións que, en caso de producirse, incorporaranse ao expediente debidamente informados polos concellos. Artigo 33º.- Informes sanitarios. 1.Terminada a instrución e rematado o período de exposición, o expediente remitirase, xunto coas reclamacións que puideran ser presentadas debidamente informadas polos concellos, ao departamento territorial da Consellería de Sanidade que informará ao concello aos efectos do outorgamento da licenza de obras. O informe deberá ser emitido no prazo máximo de un mes.

2. Rematadas as obras de construción ou ampliación dun cemiterio, a entidade propietaria, a través do concello, o comunicará á persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Sanidade, quen ordenará a realización da visita de inspección de fin de obra ao obxecto de comprobar o cumprimento das condicións sanitarias aplicables ao caso e emitira o correspondente informe que remitirá ao concello os efectos da súa autorización e outorgamento da correspondente licenza de actividade.

Artigo 34º.- Art. Suspensión de enterramentos. 1. Os concellos, de oficio ou a instancia de parte, poderán suspender os enterramentos nun cemiterio nos seguintes casos: a) Cando se pretenda destinar o seu terreo ou parte del a outros usos b) Por esgotamento transitorio ou definitivo da súa capacidade c) Por razóns sanitarias ou de salubridade 2. Antes de proceder á suspensión de enterramentos o concello solicitará informe da xefatura territorial da Consellería de Sanidade, que deberá emitilo no prazo máximo de dez días. Artigo 35º.- Declaración de ruína. 1. Aos efectos deste artigo, considérase como sepultura en estado de ruína aquela que cumpra os parámetros definidos no artigo 201 da Lei 9/2002 de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, ou norma que modifique ou substitúa. 2. O concello, de oficio ou a petición de parte, e mediante un expediente contraditorio previsto na normativa urbanística, poderá declarar o estado de ruína dunha sepultura considerándose para tales efectos como parte interesada, as persoas titulares do dereito sobre as sepulturas, así como, se procede, o titular do cemiterio. 3. O concello farao saber á entidade propietaria e ao público cunha antelación de tres meses, mediante a publicación nos boletíns e diarios oficiais e os periódicos de maior

Page 15: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 15

circulación no concello, a fin de que as familias dos inhumados poidan adoptar as medidas que o ordenamento xurídico lles permita. 4. A declaración do estado de ruína dunha sepultura requirirá que a entidade propietaria, previa a autorización da persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Sanidade, dispoña a exhumación dos cadáveres existentes para a súa inmediata reinhumación no lugar que o titular do uso da sepultura dispuxese; se non constase dito acto de disposición, a reinhumación efectuarase nun osario xeral. 5. Rematada a exhumación dos cadáveres, as sepulturas declaradas en estado de ruína serán derrubadas pola entidade titular ou, de non facelo, poderá proceder o concello con cargo aos obrigados. 6. A declaración do estado de ruína dunha sepultura comporta a extinción do dereito do seu titular. En consecuencia tanto a exhumación para a inmediata reinhumación como o derrubo das sepulturas non darán por si mesmos, lugar a ningún tipo de indemnización. Artigo 36º.- Clausura de cemiterios. 1. O concello, de oficio ou a instancia de parte, poderá iniciar o expediente de clausura dun cemiterio unha vez declarada a suspensión de enterramentos. Non se poderá acordar a clausura dun cemiterio sen acreditar previamente o transcurso de 10 anos desde a última inhumación. 2. A entidade promotora do expediente, someterá a información pública cunha antelación de tres meses, mediante a publicación nos boletíns e diarios oficiais en un dos xornais de maior circulación no municipio, ao obxecto de que as persoas interesadas poidan exercer os dereitos que as leis lles recoñezan. 3. Con carácter previo á clausura do cemiterio o concello remitirá o expediente ó departamento territorial da Consellería de Sanidade, que informará con carácter vinculante. O prazo para a emisión do informe será de dous meses. 4. O concello, á vista da documentación, alegacións e informes, acordará a clausura. 5. Os restos que se retiren a petición dos familiares ou persoas con dereito ou interese lexítimo, serán inhumados noutro cemiterio ou cremados previa autorización da persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Sanidade. Se non constase un acto de disposición expreso sobre o destino dos restos, a recollida e traslado dos mesmos, a petición da entidade propietaria, será autorizada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Sanidade. Os restos que se retiren poderán ser inhumados noutro cemiterio, cremados ou depositados nun osario xeral. 6. Non se poderá cambiar o destino dun cemiterio ata tanscorridos como mínimo 10 anos dende a derradeira inhumación, agás que razóns de interese público o aconsellen. Artigo 37º.- Enterramentos especiais. 1. A Consellería de Sanidade poderá autorizar enterramentos especiais en lugares de culto e recintos institucionais de especial relevancia histórica e/o artística, previo informe favorable do proxecto, informe do órgano competente en materia de Patrimonio Cultural e da información pública practicada por prazo de quince días.

Page 16: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 16

2. O promotor do expediente aportará a seguinte documentación: a) Instancia da entidade propietaria. b) Memoria asinada polo técnico competente no que se fará constar o seguinte: - Lugar de emprazamento, superficie e capacidade prevista. - Planos de distribución das instalacións e dependencias. - Clase de obra e materiais que se empregarán nos muros e edificacións. - Tipos de enterramentos e as súas características construtivas. c) Informe urbanístico emitido polo órgano competente do concello. d) Autorización da consellería competente en ordenación do territorio, nos supostos en que sexa preceptiva, de conformidade co disposto na Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia. 2. Finalizadas as obras de construción, a entidade propietaria o comunicará á persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Sanidade, quen ordenará a realización da visita de inspección de fin de obra co obxecto de comprobar o cumprimento das condicións sanitarias aplicables ao caso. 3. Os lugares especias de enterramento, en virtude das licenzas legais correspondentes disporán dun libro oficial onde se inscribirán os datos que se determinen regulamentariamente.

Capítulo IX

Infraccións e sancións

Artigo 38º.- Infraccións. Terán a consideración de infraccións de acordo co disposto no artigo 35 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, as seguintes accións e omisións. 1. Infraccións leves: 1ª O incumprimento da obriga das empresas funerarias de comunicar os traslados de cadáveres ao departamento territorial da Consellería de Sanidade. 2ª O incumprimento da levanza dos rexistros establecidos no artigo 42 3ª O incumprimento do establecido para os vehículos funerarios no artigo 19º. 4ª O incumprimento dos requisitos, obrigas ou prohibicións establecidas neste decreto que, en razón dos criterios recollidos neste artigo, merezan a cualificación de leves ou non proceda a súa cualificación como faltas graves ou moi graves. 2. Infraccións graves: 1ª. Iniciar a actividade dunha empresa de servizos funerarios sen facer a correspondente comunicación responsable ante o departamento territorial da Consellería de Sanidade. 3ª. Carecer dos libros rexistros establecidos no artigo 42. 4ª. Impedir a actuación dos inspectores, debidamente acreditados, nos establecementos ou instalacións regulados neste decreto. 5ª. O incumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 12, 13, 15 e 16 respectivamente para as empresas funerarias, tanatorios e velatorios.

Page 17: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 17

6º. O incumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 30 e 16 respectivamente para cemiterios e crematorios. 7º. Non respectar nos tanatorios e velatorios as condicións de temperatura ou ventilación e refrixeración establecidas para as zonas de exposición de cadáveres ou salas de tanatopraxia recollidas no artigo 14. 8ª . O enterramento de cadáveres, restos humanos ou restos cadavéricos antes dos prazos establecidos no artigo 21. 9. A exposición dun cadáver nun lugar público distinto dos legalmente autorizados. 10ª. O incumprimento do establecido para a exhumación de cadáveres ou restos cadavéricos no artigo 27º. 11ª. A condución e traslado de cadáveres en medios distintos dos recollidos no artigo 18º. 12ª. A reincidencia na comisión de infraccións leves nos últimos tres meses. 13ª. As que, en razón dos elementos recollidos neste artigo, merezan a cualificación de graves ou non proceda a súa cualificación como faltas leves ou moi graves. 3. Infraccións moi graves. 1ª O enterramento de cadáveres, restos humanos ou restos cadavéricos en lugar non autorizado. 2ª A realización de prácticas de tanatopraxia en lugares ou por persoal non autorizados. 3ª A condución, traslado e enterramento de cadáveres sen o correspondente féretro. 4ª As que, en razón dos elementos recollidos neste artigo e do seu grao de concorrencia, merezan a cualificación de moi graves ou non proceda a súa cualificación como faltas leves ou graves. 5ª A reincidencia na comisión de faltas graves nos últimos cinco anos. Artigo 39º.- Sancións. 1. As accións ou omisións constitutivas de infraccións, segundo o previsto no artigo 38º deste decreto, serán obxecto das sancións administrativas correspondentes, logo de instrución do oportuno procedemento, sen prexuízo das responsabilidades civís, penais ou doutra orde que poidan ocorrer. O procedemento para a imposición de sancións axustarase ós principios establecidos no título IX da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 2. As infraccións a que se refire o artigo 38º do presente decreto serán sancionadas con multa de acordo coa gradación establecida no artigo 44 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. Nos supostos de infraccións moi graves, poderá ser acordado polo Consello da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 36.2º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, o peche temporal do establecemento, instalación ou servizo por un prazo máximo de cinco anos. 3. Non terá carácter de sanción a clausura ou peche do establecemento ou instalacións que non conten coas previas autorizacións ou rexistros sanitarios preceptivos, ou a suspensión do seu funcionamento ata tanto se emenden os defectos, ou se cumpran os requisitos esixidos por razóns de sanidade, hixiene ou seguridade. Artigo 40º.- Órganos competentes para a imposición de sancións.

Page 18: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 18

Os órganos competentes para a imposición de sancións e medidas a que se refire o presente regulamento, sen prexuízo das facultades que lle sexan conferidas por outras disposicións son: 1. Os titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Sanidade, para a imposición de sancións cando a súa contía non exceda de tres mil euros (3.000 euros). 2. O/a director/a xeral de con competencia en saúde pública para a imposición de sancións cando a súa contía estea comprendida entre tres mil un euros (3001 euros) e sesenta mil euros (60.000 euros). 3. A persoal titular da Consellería de Sanidade cando a súa contía estea comprendida entre sesenta mil un euros (60.001 euros.) e cento vinte mil euros (120.000 euros). 4. O Consello da Xunta de Galicia para a imposición de sancións cando a súa contía sexa superior a cento vinte mil euros (120.000 euros) e a clausura ou peche temporal de establecementos. 5. Os concellos da comunidade autónoma, ao amparo das súas respectivas ordenanzas municipais, poderán sancionar as infraccións previstas no presente decreto, sempre que ditas infraccións afecten ás áreas de responsabilidade mínima sobre as cales exercen competencias de control sanitario. Artigo 41º.- Peche temporal do establecemento, instalación ou servizos. Nos supostos de infraccións moi graves poderá ser acordado polo Consello da Xunta de Galicia o peche temporal do establecemento, instalación ou servizo polo prazo máximo de cinco anos.

Capítulo IX

Rexistros

Artigo 42º.- Libro rexistro oficial 1. As entidades propietarias dos tanatorios, velatorios e empresas funerarias, crematorios e cemiterios disporán dun libro oficial de rexistro de acordo co formato e cos datos que se especifican nos anexos 5 a 9. 2. Os libros de rexistro oficiais serán dilixenciados pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Sanidade da provincia correspondente, e permanecerán custodiados baixo a responsabilidade do titular do establecemento ou persoa designada por este. 3. Estes libros poderán ser controlados, en calquera momento, por requirimento das autoridades sanitarias competentes da administración autonómica e da municipal. 4. As entidades propietarias estarán obrigadas a inscribir cada servizo que presten nos libros oficiais, cubrindo na súa totalidade os datos especificados en cada un dos seus apartados. Artigo 43º.- Follas en soporte informático Poderase autorizar a utilización das follas en soporte informático, que terán que ser posteriormente dilixenciadas pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Sanidade da provincia correspondente, en substitución dos libros oficiais de rexistro citados no artigo anterior.

Page 19: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 19

Capítulo X

Recursos Artigo 44º.- Órgano competente. Contra as resolucións que ó abeiro do presente regulamento diten os/as xefes/as territoriais da Consellería de Sanidade e o/a director/a xeral con competencia en saúde pública, poderase interpor recurso de alzada no prazo dun mes ante a persoa titular da consellería de Sanidade, conforme o disposto nos artigos 107.1º e 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Disposicións adicionais Primeira.-As declaracións responsables referidas no presente decreto formularanse segundo os modelos que figuran no Anexo 1. Segunda.-Consideraranse como supletorias do presente decreto as disposicións de igual ou inferior rango ditadas pola Administración central do Estado sobre a materia, con excepción do réxime de distancias establecido no Decreto 2263/1974, do 20 de xuño. Terceira.- Cemiterios preexistentes. 1.- Os cemiterios que a entrada en vigor do presente decreto non tiveran autorización de funcionamento, poderán obtela acolléndose ao seguinte procedemento extraordinario: a) A entidade titular do cemiterio solicitará do concello a tramitación do correspondente expediente ao que se incorporará a documentación técnica necesaria para a constatación dos seguintes extremos: - Instancia da entidade propietaria. Nos cemiterios municipais a instancia será substituída pola certificación de acordo polo órgano competente. - Lugar de emprazamento, superficie e capacidade. - Instalacións, dependencias e tipos de enterramento. - Construcións existentes máis próximas ou o terreo urbanístico apto para ela - Declaración da antigüidade estimada do cemiterio segundo os documentos dispoñibles. b) Exceptúanse do referente á distancia prescrita no artigo 29º, da que quedan eximidos. b) Terminada a instrución, o expediente remitirase, xunto coas reclamacións que puideran ser presentadas debidamente informadas polos concellos, á persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Sanidade que podería ordenar a realización de visita de inspección. No caso de non existir obxeccións dende o punto de vista sanitario, a persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Sanidade, comunicarao ao concello tramitador, para os efectos da súa autorización e outorgamento da correspondente licenza de actividade.

Page 20: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 20

Disposición transitoria As empresas de servizos funerarios existentes na actualidade deberán axustarse ao establecido neste decreto no prazo de seis meses a partires da data de entrada en vigor do mesmo. Disposición derrogatoria Quedan derrogadas as disposicións de igual ou inferior rango que contradigan o disposto no presente decreto e, en particular, as seguintes disposicións: o Decreto 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria, o Decreto 3/1999, do 7 de xaneiro, que modifica ao anterior, e a Orde de 12 de maio de 1998 pola que se regulan os libros oficiais de rexistro en materia de policía sanitaria mortuoria. Disposicións finais Primeira.-Autorízase á persoa titular da consellería de Sanidade para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto. Os anexos ao presente decreto poderanse modificar mediante orde da conselleira competente en materia de sanidade. Segunda.-O presente Decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, …… de ……….. de dous mil doce Presidente Conselleira de Sanidade

Page 21: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 21

ANEXO 1

PROCEDEMENTO

Declaración responsable para o inicio da actividade dunha empresa funeraria, tanatorio ou velatorio

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

SA440A

DOCUMENTO

COMUNICACIÓN RESPONSABLE

DATOS DO DECLARANTE NOME E APELIDOS CIF/NIF

ACTÚA EN CALIDADE :

TITULAR REPRESENTANTE LEGAL DOMICILIO A EFECTOS DE NOTIFICACIÓN

CORREO ELECTRÓNICO

LOCALIDADE PROVINCIA PAIS CÓDIGO POSTAL

TELÉFONO

FAX

DATOS DA EMPRESA/ENTIDADE DECLARADA NOME E APELIDOS OU RAZÓN SOCIAL

ENDEREZO

LOCALIDADE

PROVINCIA

CÓDIGO POSTAL

TELÉFONO

FAX

CORREO ELECTRÓNICO

DATOS DA INSTALACIÓN ENDEREZO

LOCALIDADE

PROVINCIA

CÓDIGO POSTAL

TELÉFONO

FAX

Tipo de entidade Empresa funeraria Tanatorio Velatorio

Inicio da actividade Modificación de datos da anterior declaración Cese total das actividades

DECLARO baixo a miña responsabilidade, aos efectos previstos na Lei 17/2009 de 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de

servizos e o seu exercicio, que a empresa indicada cumpre cos requisitos establecidos na normativa vixente sobre sanidade

mortuoria, que dispón e comprométese a facilitar á administración a documentación que así o acredita e a manter dito cumprimento

durante a vixencia da actividade.

Normativa aplicable: Decreto …../2012, do … de ……., de sanidade mortuoria de Galicia Sinatura do solicitante ou persoa que o represente ,a de de 20

Xefe/a Territorial da Consellería de Sanidade de ___________________

(Para cubrir pola administración)

Page 22: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 22

ANEXO 2

COMUNICACIÓN DE TRASLADO MORTUORIO

DATOS DA EMPRESA FUNERARIA COMUNICANTE

NOME E APELIDOS OU RAZÓN SOCIAL

ENDEREZO

LOCALIDADE

PROVINCIA

CÓDIGO POSTAL

TELÉFONO

FAX

CORREO ELECTRÓNICO

DATOS DO TRASLADO

TIPO DE TRASLADO Cadáver Cadáver exhumado Restos humanos Restos cadavéricos

NOME E APELIDOS DO FALECIDO

DATA DE NACEMENTO LUGAR DE NACEMENTO

DATA DO FALECEMENTO LUGAR DO FALECEMENTO

CAUSA DA MORTE

Código OMS1 Acompaña certificado en sobre selado 2

MEDIO DE TRANSPORTE TIPO DE VEHICULO MODELO MATRÍCULA

LUGAR DE SAIDA DO CADAVER

ENDEREZO CONCELLO PROVINCIA

ITINERARIO

LUGAR DE DESTINO DO CADÁVER

Tanatorio Velatorio Cemiterio Crematorio COMUNIDADE AUTÓNOMA

ENDEREZO CONCELLO PROVINCIA

TIPO DE FÉRETRO COMÚN DE TRASLADO CAIXA DE RESTOS

¿SOMETIDO A PRÁCTICAS DE TANATOPRAXIA? SI NON

CONSERVACIÓN TRANSITORIA EMBALSAMAMENTO

DEBERÁ DARLLE DESTINO DEFINITIVO ANTES DAS ____________ HORAS DO _______ DE ________________________ DE 20______

DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA (marque con una x o que proceda): Orixinal ou Copia compulsada do Certificado de defunción Orixinal ou Copia compulsada da Licenza de enterramento Orixinal ou Copia compulsada da Acta de embalsamamento ou certificado da conservación transitoria Orixinal ou Copia da carta de orden do xulgado (se hai intervención xudicial)

(1) Indíquese a causa da defunción ou mediante a cifra do código numérico da OMS de clasificación internacional de enfermidades. (2) Se non se indica a causa do falecemento por motivos de secreto profesional, un certificado que indique dita causa, en sobre selado, acompañará ao cadáver no curso do traslado e deberá presentarse á autoridade competente no punto de destino. O sobre selado, que levará unha indicación exterior que permita a súa identificación, irá unido firmemente unha copia desta comunicación.

De conformidade co establecido no artigo … do Decreto …. /2012, do … de …….. de 2012, de sanidade mortuoria de Galicia comunico o traslado mortuorio correspondente aos datos arriba consignados. En _______________________ a _____ de ________________ de 20____ Asdo.: ________________________________________________ Xefe/a do departamento territorial da Consellería de Sanidade de _______________

Page 23: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 23

ANEXO 3 PROCEDEMENTO

Autorización sanitaria para exhumación de cadáveres e restos cadavéricos

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

SA666A

DOCUMENTO

SOLICITUDE

DATOS DO SOLICITANTE

NOME E APELIDOS DO SOLICITANTE

DNI ou NIF

ENDEREZO

LOCALIDADE

PROVINCIA

CÓDIGO POSTAL

TELÉFONO

FAX

CORREO ELECTRÓNICO

DATOS DO FALECIDO

NOME E APELIDOS DO FALECIDO

DATA DO FALECEMENTO

LUGAR DA EXHUMACIÓN

CEMITERIO

CONCELLO PROVINCIA

IDENTIFICACIÓN DA SEPULTURA

TIPO DE EXHUMACIÓN CADÁVERES RESTOS CADAVÉRICOS

LUGAR DA REINHUMACIÓN

CEMITERIO

CONCELLO PROVINCIA

IDENTIFICACIÓN DA SEPULTURA

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA PARTIDA DE DEFUNCIÓN LITERAL CERTIFICADO MÉDICO DE DEFUNCIÓN ONDE CONSTE A CAUSA DA MORTE AUTORIZACIÓN XUDICIAL

Normativa aplicable: Decreto …../2012, do … de ……., de sanidade mortuoria de Galicia Sinatura do solicitante ou persoa que o represente ,a de de 20

Xefe/a Territorial da Consellería de Sanidade de ___________________

RECIBIDO REVISADO E CONFORME

(Para cubrir pola Administración) Nº DE EXPEDIENTE DATA DE ENTRADA / / DATA DE EFECTOS / / DATA DE SAÍDA / /

Page 24: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 24

ANEXO 4

PROCEDEMENTO

Autorización sanitaria para enterramentos especiais CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

SA439A

DOCUMENTO

SOLICITUDE

DATOS DO SOLICITANTE

NOME E APELIDOS

ENDEREZO

LOCALIDADE

PROVINCIA

CÓDIGO POSTAL

TELÉFONO

FAX

CORREO ELECTRÓNICO

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA Memoria asinada por técnico competente Informe urbanístico emitido polo concello Autorización da consellería competente en ordenación do territorio Certificado de que o proxecto se someteu a información pública

Normativa aplicable: Decreto …../2012, do … de ……., de sanidade mortuoria de Galicia Sinatura do solicitante ou persoa que o represente ,a de de 20

Xefe/a Territorial da Consellería de Sanidade de ___________________

RECIBIDO REVISADO E CONFORME

(Para cubrir pola Administración) Nº DE EXPEDIENTE DATA DE ENTRADA / / DATA DE EFECTOS / / DATA DE SAÍDA / /

Page 25: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 25

ANEXO 5

ANEXO 6

Page 26: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 26

ANEXO 7

ANEXO 8

Page 27: CONSELLERÍA DE SANIDADE€¦ · Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 2 c) ... Depósito para furnas coas de cinzas procedentes da cremación

Borrador de decreto sobre sanidade mortuoria de Galicia. Versión 22/05/2012 27

ANEXO 9