conocemos el futbol-sala

3
SEMINARIO DE E.F. OS DEPORTES COLECTIVOS: O FÚTBOL - SALA O fútbol-sala é un deporte colectivo de balón que ten a súa orixen en Sudamérica, a principios do século pasado. A selección de fútbol de Urugay era dobre Campiona do Mundo de fútbol, a paixón era tal que non había campos libres para xogar e un profesor de E.F. empezou a xogar no ximnasio pintando as porterías nas paredes. 1. O CAMPO. Ten as mesmas dimesións co campo de balonmán que xa coñeces do curso pasado. Como liñas máis destacamos temos: - o punto de penalty: na liña de 6 metros ou área. - os puntos de dobre penalty: os tres puntos situados a 10 metros da portería. 2. OS XOGADORES: No fútbol – sala xogan 5 xogadores: un porteiro e 4 de campo. As posicións son:

Upload: guillermo060473

Post on 24-Dec-2015

221 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

sencillos apuntes sobre el futbol-sala

TRANSCRIPT

Page 1: CONOCEMOS EL FUTBOL-SALA

SEMINARIO DE E.F.

OS DEPORTES COLECTIVOS: O FÚTBOL - SALA

O fútbol-sala é un deporte colectivo de balón que ten a súa orixen en Sudamérica, a principios do século pasado. A selección de fútbol de Urugay era dobre Campiona do Mundo de fútbol, a paixón era tal que non había campos libres para xogar e un profesor de E.F. empezou a xogar no ximnasio pintando as porterías nas paredes.

1. O CAMPO.

Ten as mesmas dimesións co campo de balonmán que xa coñeces do curso pasado. Como liñas máis destacamos temos:

- o punto de penalty: na liña de 6 metros ou área.- os puntos de dobre penalty: os tres puntos situados a 10 metros da portería.

2. OS XOGADORES:

No fútbol – sala xogan 5 xogadores: un porteiro e 4 de campo. As posicións son:

- Porteiro: é o único que pode xogar o balón coas mans e brazos (dentro da área). Destaca pola súa flexibilidade e velocidade xestual e de reacción.

- Cierre: é o xogador máis retrasado do equipo. Dirixe o xogo de ataque e ten boas cualidades defensivas e tácticas.

- Alas (dereita e esquerda): xogan polas bandas, fan un gran despliegue físico pois están subindo e baixando continuamente. Bo lanzamento a portería .

- Punta ou pivote: é o xogador máis adiantado, o goleador do equipo. Destaca pola súa habilidade co balón.

Page 2: CONOCEMOS EL FUTBOL-SALA

3. REGRAMENTO BÁSICO:- Duración: 2 tempos de 20’ cada un.- Faltas directas: agarrar, zancadillear, empurrar, xogar o balón coa man….As

faltas directas o atacante pode lanzar directamente a portería. - Faltas indirectas: o porteiro toca a balón coa man cando lla pasa un compañeiro

voluntariamente con pé ou coa man nun saque de banda. Xogar de forma perigosa (levantar o pé excesivamente), pedir o balón enganando a un contrario… As faltas indirectos o xogador ten que pasar o balón , non pode tirar directamente a portería.

- Penalty: unha falta directa cometida dentro de área é sancionada con lanzamento de penalty.

- Dobre penalty: cando un equipo acumula 6 ou máis faltas directas. O equipo atacante lanza desde os puntos de dobre penalty, directamente sobre o porteiro.

4. ACCIÓNS TÉCNICAS:

CONDUCCIÓN. DRIBLING TIRO A PORTERIA

PASE INTERIOR CONTROL

5. O FÚTBOL-SALA EN OURENSE.

Actualmente o fútbol-sala ten unha gran repercusión a nivel feminino na nosa cidade. Dous equipos participan na máxima categoría a nivel nacional, e xogadoras como Iria Saeta, Vanesa Sotelo (candidata a mellor xogadora do Mundo) e Marta Rodriguez (antiga alumna do Colexio) forman parte da Selección Nacional.