concurso de fotografía "o mar e as súas xentes"

2
ORGANIZA DEPARTAMENTO DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA IES SANXENXO Rúa Baltar, s/n. Portonovo 36970 Sanxenxo Telf.: 986724108 / Fax: 986720704 [email protected] Concurso de Fotografía Semana Cultural do 4 ao 8 de abril de 2011. IES Sanxenxo

Upload: carlos-santiso

Post on 09-Mar-2016

221 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Bases do concurso de fotografía da semana cultural do IES de Sanxenxo. Curso 2010-2011

TRANSCRIPT

ORGANIZA DEPARTAMENTO

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

IES SANXENXO

Rúa Baltar, s/n. Portonovo

36970 Sanxenxo

Telf.: 986724108 / Fax: 986720704

[email protected]

Concurso de Fotografía

Semana Cultural do 4 ao 8 de abril de 2011.

IES Sanxenxo

BASES

1- Participantes:

O concurso está aberto a todo o alumnado do I.E.S.Sanxenxo.

2- Tema:

Terán cabida neste concurso todas as fotografías relacionadas directa ou indirectamente co mar: desde o punto de vista paisaxístico, coma fonte de recursos, como lugar de lecer e deportivo, como lugar de traballo, como configurador de vilas e aldeas…

3- Envío:

As fotos deberán enviarse por e-mail ao enderezo: [email protected] ; indicando claramente o título da fotografía, datos do autor/a , ( apelidos e nome; enderezo electrónico, curso ).

Só se admitirán un máximo de 2 fotos. As fotos deberán enviarse en formato JPG.

4- Prazo:

O prazo de recepción das fotografías será, como data límite, ata o venres 18 de marzo.

5- Premio:

Entregaranse dous premios, podendo quedar o concurso deserto se non acadan unha calidade mínima.

6- Exposición:

Todas as fotografías seleccionadas participarán nunha exposición que terá lugar no I.E.S Sanxenxo durante a Semana Cultural 2011.

As fotografías poderán ser requeridas para publicarse na revista do Centro ou noutras actividades de carácter didáctico ou educativo, sempre citando a autoría das mesmas.

7- Xurado:

O xurado do concurso de fotografía “ O mar e as súas xentes ”, estará formado por tres profesores, un alumno/a e un mariñeiro.

O fallo do xurado será inapelable.

8- Observacións:

Non se aceptarán fotografías que non sexan orixinais ou nas que se aplicasen técnicas de fotomontaxe.

Non é necesario inscribirse.

O envío de fotografías ao concurso supón a aceptación das bases do mesmo por parte do autor/a.