concurso de cartas de amor 2012

15
CONCURSO DE CARTAS DE AMOR 2012

Upload: biblioteca-landra

Post on 26-Mar-2016

227 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Cartas gañadoras e participantes no concurso de cartas de amor do IES Parga Pondal no ano 2012

TRANSCRIPT

Page 1: Concurso de Cartas de Amor 2012

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

2012

Page 2: Concurso de Cartas de Amor 2012

Ola Nico...

A verdade é que non sei que fago escribindo esta carta, porque o máis seguro é que non a chegues a ler, xa que non teño coraxe suficiente para darcha.

Ti ben sabes que eu paso dos rapaces, que sempre digo que todos sodes iguais, que só facedes dano, e por iso me prometín non fixarme nun rapaz ata ser máis maior, e cando atope a un que realmente sexa diferente. Pero apareciches ti. Dende o primeiro momento levámosnos xenial, sempre meténdonos o un co outro e ti toleándome coas túas bromas, aínda que cando estaba mal, sempre te preocupaches por min e sempre me axudaches.

Pero agora, como estou castigada e non imos ao mesmo instituto, xa case non falamos. As tardes enteiras falando pasaron a ser quince minutos dos días qeu saio cedo de clases e podo conectarme e falar algo contigo.

Sempre lle neguei ás miñas amigas que sentise algo por ti. “Só somos amigos”, dicíalles eu, pero sei que non me crían... e a verdade é que, no fondo, eu a min mesma tampouco. Pero tiña tan metido na cabeza esa medo a sentir algo e sufrir,que non me daba conta do que estaba ocorrendo.

“Es a miña droga”, lémbraste? Sempre dicíamos iso, que non podiamos vivir o un sen o outro... todo comezou como unha broma, pero xa non é así. Paso os días enteiros pensando en ti, a cada momento, aínda que non queira, aínda que pense noutra cousa, sempre hai algo que fai que acabe pensando en ti. Cada vez que escoito unha canción de amor, inevitablemente imaxino que nós somos os progatonistas desa historia. Cando vou pola rúa, desexo que sexas aquel rapaz que ven ao lonxe, pero nunca es ti...

Amor? Realmente non o sei. E se non é así? E se isto só é que te estraño, pero como amigo?... Pero teño máis amigos e non paso o día pensando neles...

Nico... eu non quería... non quería, e ti sábelo... sempre cho dixen. Eu non quería sentir isto, non quería pasalo mal... non quero perderte por isto.. e se é unha obsesión? E se meto a pata e resulta que ó final non é nada?... Gustaríame que fose iso... que non sentise nada por ti, só amizade, só amigos... pero xa non sei o que sinto... xa non sei nada, só sei que te quero.

Alba Pérez1º BAC C

CARTA GAÑADORA NA CATEGORÍA DE BACHARELATO

Page 3: Concurso de Cartas de Amor 2012

POR TIDoce aroma embriagador

que ó inhalar a alma completacomo abrazo de consolo

ou caricia suave e tenra.

Semellante a brasa ardenteabriga, templa, caldea.Sentimento irracionalantolloso e de novela.

Cando ausente, como inverno.Cando chega, primavera.Cando primeirizo, paixónCando veterano, prospera.

Non hai forza, nin deidadeque ti separarme deba

pois inquebrantables sonas cadeas que me aferran.

Que faría coa miña vidase non te tivese cerca

tan lóbrego o meu futurotan profunda a miña pena.

A ti, os meus ollos procuranA ti, a miña mente desexa.Por ti, dou a miña alma.Por ti, meu corazón cesa.

Que por ti, os ventos bebo;máis alá non vexo fronteirasmáis das que queramos ter

pois o amor rompe barreiras.

Juan I. Montes (1º BAC C)

ACCÉSIT

Page 4: Concurso de Cartas de Amor 2012

Esta carta, que revive os momentos máis tristes de fugaces recordos abrasadores, vai dirixida ao vento, ao infinito... a aquel que se foi e aínda non voltou. Coma sempre, a pregunta corróeme por dentro, por iso, esperando que regreses, deixareina voar, ata o posible lugar no que te atopes...

¿E Volverás?Querido infinito:“Oxalá escoites o que vou a contar.. oxalá leves as miñas verbas a aquel que se perdeu na túa estela...Oxalá...”Baixo a árbore, sen forzas, debaténdome entre a calma e a tempestade. Preguntándome mil e unha excusas para continuar con isto, mil e una razóns para seguir adiante sen ti. O xélido vento conmóveme a alma, incapaz de alzarse sobre si mesma, incapaz de ser o que nunca foi. Observo a flor que á miña beira tenta atopar a luz, mentras eu ansío máis que nunca a boa sombra. Alzo a vista cara os teus verdes pilares de sabia e rocío. Xamáis foi sinxelo prescindir da luz do sol, ¿verdade, gran árbore? A ti a sombra corróete por dentro e por fóra, a min a luz cégame... Ti eres a morada do búho, a morada da sabiduría, e sobre ti os lucecús danzan, proporcionándoche a luz que de noite descansa. En cambio, eu son a morada da ignorancia, e sobre min danzan os corvos. Agora, baixo as túas ramas, baixo as túas follas, unha xoven busca atopar a luz que lle foi arrebatada un bo día, coma o de hoxe, no que dende o ceo se precipitaban gotiñas de tristura e morriña, de ausencia e necesidade. Nesos tempos eu xacía baixo o ardente sol do estío, esquivando toda sombra, menos unha... Era inmensa, lúcida, maxestuosa. Nela a luz caía ao igual que a auga se precipita sobre o seu caótico destino. E os meus ollos tentaban esquivar esa luz, adentrándose na escuridade da esbelta figura, para non desexar o volver ao mundo da luz xamáis... Agora non desexaría que as túas follas e as túas ramas se crebasen ao sufrir da brisa dun pasado que ante ti mostrarei. Camiñaba baixo a luz da lúa, vivindo unha necesidade tenebrosa, unha ausencia abismal. A miña alma, cega, avanzaba cara a luz que divisou ao lonxe, atrapada polo seu brillo. Ignorando o melancólico canto dos grilos, aquel que anunciaba a hecatombe que de min faría cinzas, que da miña sombra faría a súa perdición... Entón, chego ata el, o meu corazón, a outrora duro coma o diamante, transormouse nunha débil flor, desexosa da luz dos seus ollos. Eran coma gotiñas de rocío bañando o campo marchito tras a dura noite invernal. Mirei os seus, e el mirou os meus. Do seu rostro saíu ao vóo un paxariño, que co seu canto fixo da recén nada flor un suspiro cheo de vida, de felicidade. Respondín cun sorriso, e desvanecinme na súa mirada... O meu corpo tambaleábase. Espertar dun soño tan escuro e verse iluminada por un rostro coma aquel... era algo paralizador, anestesiante, embriagador. Cando me dixo o seu cálido nome, da miña boca saiu o meu. Coma un tímido paxariño, nada que ver coa águia que se pousaba sobre o seu ombreiro. Camiñamos toda a lúcida noite baixo a escuridade da Lúa. Sombra con sombra... Alma con alma... A miña desvanecíase , aínda que o meu inocente corazón, xa debilitado por tanta luz, o ignorase. Coma agora, baixo unha árbore de boa sombra, sentinme esa noite. A súa era inconfundiblemente maior que aquela sobre a que agora descanso. Día tras día a miña desvanecíase na terra do olvido. Fun víctima de despertares incómodos, de mañás purificadoras, de comidas mal disfrutadas... Os seus ollos, as súas palabras, seus agarimos, fixeran de min unha suave tea, fráxil, lixeira ao vento, capaz de posarse sobre el acariñando o seu contorno, enchendo de lágrimas a suave herba ao amencer. A miña vida foi unha primavera, unha alba radiante, un rocío fresco e cálido á vez. Na Lúa deixei grabada a luz da túa mirada, no murmuio do vento o teu canto, e sobre a suave marea os teus bicos, os teus agarimos, a túa sombra. Abrigaches, meu amor, a una xoven sen ser, a una muller sen futuro, sen luz, sen vida.Agora, gran árbore, escoita ben o que un moribundo paxariño está a punto de cantar... E foise. Coma tantas noites pasadas, coma tantos recordos vividos, foise... Unha mañá vin voar a águia cara o horizonte, e o tímido paxariño, incapaz de alcanzala, caíu na desesperación, incapaz de alzar o vóo. O amor, tan radiante no pasado, fixera marchitar á flor, que xa non daba coa luz que outrora fixo dela un ramo de rosas, margaritas e tulipáns. O canto que me dormía cada noite, as mareas que me arroupaban con cada bico, a luz que me iluminaba con cada agarimo... desapareceran. Fúcheste, sen dicir adeus, só deixaches unha flor marchita baixo a árbore sobre a que agora descanso, sobre a que agora narro as memorias dun pasado no que fuches todo e nada... no que fuches luz... e sombra. Pero, gran árbore, xa non hai rocío que me esperte cada mañá, nin unha mirada que me durma cada atardecer... Seguirei aquí, baixo a túa copa, preguntándome se... "volverán os seus bicos?, os seus agarimos?, volverán?"Incapaz de olvidar ao amor que mantén vivo o meu moribundo corazón... pregúntome, tamén... se volverás algún día. E volverás?...Así remata a carta... Pero, a “pregunta” sempre perdurará no tempo, a xoven seguirá sentada a carón da árbore, e por cada cálida resposta xurdirán da escuridade novas flores dispostas a medrar co amor do inverno... cos bicos do cálido estío... cos suspiros da primavera.Escrita pola“Señorita Beauvoir”.Adicada a todos os que seguen sentados a carón dunha árbore, esperando pola águia que un día deixou de existir no mundo da luz, pero que segue a vivir no mundo das sombras, no mundo do frío amor...

Alba Cameán (1º BAC A)

ACCÉSIT

Page 5: Concurso de Cartas de Amor 2012

Hoxe pensaba en ti, no silencio da miña habitación,

no medio da miña cama, preguntábame se algún día

bicarei os teus beizos de novo.

Non hai minuto, hora ou día no que deixe de pensar

en ti, cando regreso a casa miro o atardecer,

no medio da fermosura do ceo, primeiro desexo

que esteas ao meu carón para contémplalo, os dous

xuntos, ti ao meu lado, pero debido á túa ausencia

confórmome con debuxar o teu rostro nese

atardecer, mentres o debuxo cos meus ollos,

pregúntome por que teño esta inmensa

necesidade de terte sempre cerca, non encontro

unha resposta lóxica desmesurado amor

por ti.

Pregúntome se ti pensas en min, se me evocas por

medio de un papel e un bolígrafo como fago eu

contigo.

Envíoche este papel que contén a miña alma que

sofre a túa ausencia, en esencia, para que saibas

o moito que penso en ti, o moito que te quero e o

moito que te amo.

Quen pensa en ti. Con todo o meu amor.

Adela Couto Gerpe3º ESO C

CARTA GAÑADORA NA CATEGORÍA DA ESO

Page 6: Concurso de Cartas de Amor 2012

Non hai verbas para expresar o amor tan grande que sinto por ti, só se pode expresar co corazón.

Dende que te vin por primeira vez, souben que eras especial e non tardei moito en namorarme de ti. Ao pouco tempo semellaba perder o alento se te tiña cerca de min e á vez necesitaba terte ao meu carón. Ese sentimento masoquista que nos facía depender do existir do outro, do saber como se sinte ou como lle vai o día. Xa que para min, non hai nada máis fermoso que o teu sorriso e a forma na que se che iluminan os ollos cando o fas.

Pasaron moitas cousas dende que nos coñecemos e aínda que o meu amor por ti se fixo máis grande o que sentín ao comezo sigo sentíndoo e é que non quero separarme de ti. Contigo encóntrome segura, nun mundo paralelo no que podo ser eu mesma. O noso refuxio. Ese lugar onde nos agochamos do mundo e só existimso ti máis eu. E aínda que o camiño para logralo non sexa fácil e seguramente nos quede moito camiño por percorrer e moito que afrontar, contigo sei que non hai nada que non poida lograr. Ti ensináchesme a loitar polo que quero e o que quero realmente es ti.

Desde o comezo, ti máis eu eramos almas destinada a cavar no camiño doutras persoas e aínda que o noso semellaba imposible, por todo o que nos acontecía, non houbo quen nos eseparara cando nos coñecimos, cando nos vimos refectidos no outro, na forma de falarnos e de sentirnos.

Fomos o que o outro precisaba no momento oportuno e no lugar axeitado, todo nos era en contra mais todo nos axudaba. E isto, non é máis que unha forma máis de dicircho, de dicir que te quero e que non hai soño máis prezado que facerte feliz. Grazas a ti, son moito mellor persoa e síntome mellor comigo mesma. En resumo, son moi afortunada de terte como o meu amor e que sexa correspondido. Ter o que sempre soñei, por fin, comigo.

Nunca esquezas o moito que te quero, meu amor e non deixes de sorrir , pois o teu sorriso é o que me fai sorrir a min.

Cristina Porteiro1º BAC C

Page 7: Concurso de Cartas de Amor 2012

Podería dicirche que o foches todo e moito máis; o que me daba forzas para aguntar

calquera cousa, o que fora con tal de verte ao día seguinte; o que máis quixen na vida, o que máis

quixen no mundo.

O que coas súas palabras de cariño facían que me sentise querida día a día, protexida,

importante para alguén. En cuxos ollos parecía reflexarse un amor mutuo. Ti, que foches máis que

un amigo, máis que un simple compañeiro; ti, que repito, fóchelo todo.

Eses momentos nos que só a túa mirada podía tranquilizarme somerxéndome nun lugar

distinto, libre de preocupacións e no que as horas nunca se perdían. E os teus bicos, capaces de

facerme que os problemas non eran máis que un débil obstáculo superado por un simple salto e

capaces de calarme, facerme olvidar que o mundo seguía xirando.

Contigo non facía falta dicir nada, podíamos estar unha, dúas ou tres horas abrazados sen

dicir nada porque o tempo era como se non existise, pensado en nada, mirando nada, observándoo

todo.

Pero podería seguir escribindo recordos, agora somerxidos en bágoas… Doume conta que

non merece a pena, porque sei que para ti todo foi nada.

Antía Baget Fresard

3º ESO C

Page 8: Concurso de Cartas de Amor 2012

Meu cariño, para moitas persoas hoxe é unha das datas máis importantes de todo o ano. Chegou o día de San Valentín, o día dos namorados. Este 14 de febreiro é un día no que as parellas se dedican aloumiños, bicos e agasallos con máis ilusión que outro calquera. Pero é un dia máis no calendario para min, porque penso que este 14 de febreiro non ten que ser o motivo de que che demostre que realmente te quero porque se de verdade queres a unha persoa debes demostrarlo día a día e recordarllo unha e outra vez ata a saciedade.

Agora o realmente importante, o motivo que move esta carta. Unha vez máis quero mostrarche o que sinto por ti e o que realmente significas para min. Es o motivo polo que día a día me levanto pensando que te vou ver. Por ti movo ceo e mar cada dia para verte. Co simple motivo de pasar un instante ao teu lado, ilumínase a cara cun gran sorriso. Eres demasiado importante para min, pois cando estou ao teu lado sinta nervios, felicidade e temor todo o tempo. Fas que me sinta insignificante ao teu lado e que sinta medo de perderte cando te separas de min. O simple motivo de imaxinarte con outra e que xa non estas ao meu lado aflíxeme.

Sabes que sempre vas ter un recuncho do meu corazón gardado para ti. O meu corazón ten divisións de todo tipo, din uqe non se poden controlar e que o corazón é un músculo no que todo forma un conxunto. Pero o meu corazón é un músculo formado por varias celas, unha para todo amigo realmente prezado, outra para a familia, e outra para as miñas rapazas as que sabes que tanto quero. Pero sabes de sobra que hai outra ben maracada para ti, na que pon o teu nome e a cal nunca vai desaparecer do meu corazón. Ninguén te vai substituír no meu interior porque para min es realmente importante e marcaches unha historia na miña vida, a cal non atopou o seu final. Só ti e eu temos dereito e somos os que podemos escribir o final da nosa historia, e só ti e eu podemos coller o lapis para poner un punto e final a todo o que vivimos xuntos.

Foron momentos de felicidade e momentos de tristeza pero iso pasa en todas as grandes familias segundo din. O feito de que superásemos cada adversidade que se nos poñía por diante fíxonos máis fortes e preparounos para cousas posteriores. Foron moitas bágoas derramadas pero tamén foron moitos sorrisos na túa compaña. Realmente fixeches que disfrutase da vida, e que me namorase completamente ata perder a cabeza e a noción do tempo xunto a ti.

Se non estou contigo sinto que me falta algo, e os días nos que non falamos ou non nos vemos son tristes e escuros para min. Aínda que fóra o sol estea brilando como nunca, para min, se ti non estás ben ou estás enfadado comigo eu sinto que o ceo se trona de nubes para escurecerse o día. Din que os amores de verán non duran pero iso non é real. Os amores de verán poden durar e ti e eu sabémolo. Non no mesmo instante o soubemos pero co paso do tempo fomos descubrindo que algo avivaba dentro de nós para finalmente arder como nunca antes o fixera.

Penso que debemos aproveitar o momento que se nos presenta. Que se nos presenta lonxe? Pois debemos aceptalo e camiñar cara adiante sen mirar ao pasado e sen virar unha soa vez a cabeza atrás. Si, recoñezo que os recordos xunta a ti son bonitos pero tamén debemos saber que non nos podemos aferrar a eles, que o camiño da vida preséntase cara adiante e non cara atrás e debemos aproveitar a xuventude, non sabemos o que nos pode deparar o futuro. Nunca se sabe o que podemos vivir nun futuro. Din que non se pode crer no destino, que é algo que realmente non existe. Pero eu pensó que hai unha forza que una a esas persoas que están predestinadas e que deben permanecer xuntas pois a unha sen a outra non se senten completas.

Creo que todo está máis que dito entre nolos dous, sabes que eres a persoa que máis quero da miña vida. E que eres relevante no presente e seguirás séndoo no futuro. Ningunha carta pode igualar e demostrar o moito que te quero, e sábelo.

Quérote moito e nunca o olvides porque sería un erro pola túa parte, e cando dubides do meu querer e penses que todo forn simples palabras e que nada era real, le esta carta para axudarche a facerte unha mínima idea do que te quero, meu sol.

Por e para sempre…

Lidia Porteiro Rabuñal1º Bach C

Page 9: Concurso de Cartas de Amor 2012

Ola:

Só quero dicirche que es o amor da miña vida.

Fixéchesme a persoa máis feliz do mundo con só estar ao meu lado. Perdóame se

cometín algún erro, perdóame se che fallei. Porque ti esináchesme o que é o primeior

amor, esináchesme o que é amar e o que é sufrir. Por iso, nunca me apartarei de ti.

É tan sinxelo ás veces decatarse do importante que é alguén para ti! Só fai falta un

suspiro entre ámbolos dous. Ese sentir que poucos sentimos, pero que igual desexamos.

Ti, soamente ti, ensináchesme o que é sentirse amada, como me ensinaches que se pode

amar.

Necesito na miña vida ese supiro, ese nivel de apego que contigo non teño. Es o meu

soño, o meu respirar, o meu desexo. Quero estar contigo. Realmente paga a pena terte ao

meu lado pero pronte me decatarei do que perdín, do que gañei ao estar contigo. Nunca

esquezas que te amo e que sempre estarei ó teu lado.

Ámote dende o primeiro momento en que che roubei un bico, ámote porque fuches o único

rapaz que me fixo sentirme como unha muller. Ámote porque es o único motivo de existir,

ámote porque me demostraches que todos os homes non son iguais, ámote porque os

meus días xunto a ti son os máis bonitos que pasei. Ámote e ámote e diríacho mil veces

porque non podo vivir sen ti, porque o meu mundo é un inferno se ti non estás aí.

Grazas por existir na miña vida e no meu corazón, grazas por facer que te ame tanto.

Por sempre túa,

Bibiana Rodríguez Marrozos

3º ESO D

Page 10: Concurso de Cartas de Amor 2012

Queridísimo amor:

Hoxe é o día de San Valentín, día no que os namorados se intercambian agasallos, non

te sintas mal se non atopas o teu, pero é que non se me ocorre nada material que

poder regalarche. Só podo expresar o amor que sinto por ti escribíndoche esta carta, e

dicíndoche todo o que sinto.

Ti es a persoa que me ensinou a soñar, xa que es a estrela que ilumina as miñas noites

e o sol que fai que todos os meus días sexan azuis, porque o único que quero eé que o

mundo enteiro saiba que a miña voz garda un segredo, e ese segredo é que te amo,

que te amo con todas as miñas forzas. Esta historia parece un romance de película xa

que por ti collería o seguinte tren e iríame ata o fin do mundo contigo sen importarme

o que a xente pense, porque cando queres a unha persoa tanto como a túa propia vida,

dáste de conta de que farías moitas tonterías, tonterías tan grandes como a de facerte

poeta, para demostralle día a día dunha das más maneiras máis bonitas canto o queres.

É ainda que me poña nerviosa e me treman as mans só quería recordarche canto te

quero, porque San Valentín só é un día pero o meu amor está presente un días tras

outro xa que, basicamente… ÁMOTE!

Quérote por sempre, a túa princesa.

Saray Fontaíña Rama

3º ESO C

Page 11: Concurso de Cartas de Amor 2012

Hai veces que me pregunto por que a pesar de todo o que pasa no mundo son a persona máis feliz

que existe? A resposta es ti. Só con ver o teu fermoso sorriso convertes un día triste nun día cheo

de ledicia e felicidade.

Es ti na primeira persoa na que penso cando esperto e na última cando me durmo e tamén es a

dona dos meus soños.

Intentei olvidarte moitas veces pero resúltame unha tarefa imposible. Intentei ignorarte, pero cada

vez que entras pola porta sinto bolboretas no estómago. Intentei non mirarte, pero os teus beizos e

os teus ollos e o teu corpo perfecto son para min como unha droga, necesito velos.

Dende o día que te coñecín espertaches en min un sentimento que non podo describir coas palabras

axeitadas. Oxalá existira unha maneira máis precisa de dicirche o que sinto por ti e a sensación que

emerxe dentro do meu ser cando te vexo.

Faría calquera cousa por poder pasar 5 minutos contigo. Abarzarte, acariciarte, comerte a bicos...

Tratei de econtrarche un defecto pero máis que intento non o atopo. Es simplemente perfecta. Es a

luz que ilumina a negrura da miña vida. Esta carta resúmese só nunha palabra:

QUÉROTE

Diego Varela Gesto

3º ESO C

Page 12: Concurso de Cartas de Amor 2012

Carballo, 24 de xaneiro de 2012

Querido amigo:

Cando o tempo se para, párase salvo para un mesmo, todo o resto non importa. E iso ocorre cando apareces ti, todo vai lento ao meu redor, mentras a miña mirada se clava nos teus preciosos ollos e no teu tenro sorriso. Desexaría que iso seguise así por moito tempo parado eternamente para que ti e eu estivésemos xuntos cada segundo da nosa vida.

Din que un diamante é para sempre, ti es a miña pedra preciosa, a única e nunca haberá outra, porque o teu brillo é tan especial e marabilloso que nada te pode superar.

Quérote moito

● Cando te miromorroCando te escoitoquérote moito.Se me bicassubo ao ceoSe me abrazasDouche as grazas

● O meu corazón estráñatee non o podo controlarpois contigo é conquen eu quero estar.

● Se me acordaradas lecciónscomo me acordo de titodos os sobresaíntesserían para min.

Antía Romero Vázquezpcpi

Page 13: Concurso de Cartas de Amor 2012

Querida Ana:

Escríboche esta carta para dicirche que sempre estou pensado en ti, todos os días, todas as noites.

A túa nai debeu de ser pasteleira porque para facer un bombón coma ti non o fai calquera.

Quero que saibas que non podo estar sen a túa presenza. Cando ti non estás, o tempo detense e non son capaz de vivir sen ti.

Es un bombón.

A miña vida non sería nada sen ti.

Moitos bico, quérote.

Sergio Fernández Rial

3º ESO D

Page 14: Concurso de Cartas de Amor 2012

Querida prima paia:Son Xosé Camadesfeita Azul, de Eucalipto da Riba.Mándoche esta carta porque a furgoneta escarallóuseme. A base de hostias contra un Valado, quedouse a furgoneta algo tonta porque me pos a cen por hora.Temos 19 anos pero xa penso en roubarche a flor, pois o meu corazón anda solto en busca do teu amor.Es como esa pedra do camiño que me fai caer a chatarra da furgoneta pola chousa.Os teus ollos son como duas tixolas, porque cando os miro frítesme. Só che quero dicir con esta carta, que es máis guapa que un arado con pejatinas.

Un beso roubado, prima.Sebas Andrade SánchezAdrián Gómez Iglesias

3º ESO D

Page 15: Concurso de Cartas de Amor 2012

POR TI

Dulce aroma embriagadorque al inhalar, el alma llena,como abrazo de consueloo caricia suave y tierna.

Semejante a brasa ardiente:abriga, templa, caldea.Sentimiento irracional,caprichoso y de novela.

Cuando ausente como invierno.Cuando llega, primavera.Cuando primerizo, pasión.Cuando veterano, prospera.

No hay fuerza ni deidadque de ti separarme pueda,pues inquebrantables son

las cadenas que me aferran.

Qué haría yo con mi vidasi no te tuviese cerca.Tan lóbrego mi futuro,tan profunda mi pena.

A ti, mis ojos buscan.A ti, mi mente besa.

Por ti, doy toda mi alma.Por ti, mi corazón cesa.

Que por ti, los vientos bebo;más allá no veo fronteras,

más de las que queramos tenerpues el amor rompe barreras.

Juan I. Montes1º Bach C