conceptos fundamentais de teoría literaria e literatura comparada

22
Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada Página1 Conceptos fundamentais de Teoría Literaria e Literatura Comparada Malak Abdallah Y. Al-Shamayleh, Anxo Abuín González, Alba Rozas Arceo, Mª. Ángeles Rodríguez Fontela, Belén Tortosa Pujante, María Teresa Vilariño Picos (Coord.) GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2017/2018 FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA ESPAÑOLAS, TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL

Upload: lamphuc

Post on 02-Jan-2017

236 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na1

Conceptos fundamentais de Teoría Literaria e Literatura Comparada

Malak Abdallah Y. Al-Shamayleh, Anxo Abuín González, Alba Rozas Arceo, Mª. Ángeles Rodríguez Fontela, Belén Tortosa Pujante, María Teresa Vilariño Picos (Coord.)

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

2017/2018

FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA ESPAÑOLAS, TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL

Page 2: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na2

FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA ESPAÑOLAS, TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL. ÁREA DE TEORÍA DA LITERATURA E LITERATURA COMPARADA AUTORES: Malak Abdallah Y. Al-Shamayleh, Anxo Abuín González, Alba Rozas Arceo, Mª. Ángeles Rodríguez Fontela, Belén Tortosa Pujante, María Teresa Vilariño Picos

Edición electrónica. 2017 ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.

Page 3: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na3

Índice

1. Datos descritivos da materia ........................... ..........................................4

2. Obxectivos e competencias ............................. .........................................7

3. Contidos ........................................................... .........................................8

4. Bibliografía xeral da materia ......................... ..........................................13

5. Metodoloxía .................................................... ..........................................17

6. Sistema de avaliación .................................... ...........................................19

7. Distribución e calendario de actividades e Titorías...................................21

8. Cronograma ..................................................... ...........................................21

9. Observacións ................................................... ...........................................21

10. Recomendacións para o estudo da materia..................................................21

Page 4: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na4

1. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA

NOME Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada.

CÓDIGOS Grao en Filoloxía Clásica: G5071202. Grao en Lingua e Literatura Españolas: G5041202. Grao en Lingua e Literatura Españolas (Campus de Lugo): G5091202. Grao en Lingua e Literatura Galegas: G5051202. Grao en Lingua e Literatura Inglesas: G5061202. Grao en Lingua e Literaturas Modernas: G5081202. TIPO DE MATERIA Formación básica. CURSO E CUADRIMESTRE Segundo curso e segundo cuadrimestre.

NÚMERO DE CRÉDITOS 6 ECTS. REQUISITOS PREVIOS É recomendábel ter aprobada a materia Teoría e Crítica literaria, de primeiro curso do Grao.

LINGUAS QUE SE UTILIZARÁN Galego e/ou castelán, dependendo de cada profesor/a. Nas lecturas, tamén outras linguas románicas e inglés.

SENTIDO DA MATERIA NA TITULACIÓN Hai un dobre nivel que merece ser destacado: o dos vínculos desta materia con outras

da titulación e o da súa función específica no Grao. Igual que a materia precedente de primeiro curso Teoría e Crítica literarias, a materia

Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada incorpora un carácter instrumental destinado a consolidar as bases dun mellor aproveitamento doutras materias da titulación, particularmente as de contido literario. Así o demanda o seu estatuto de materia básica dos Graos filolóxicos nos que se imparte. A transversalidade académica supón, asemade, potenciar dimensións interdisciplinares, comparadas e interculturais nos contidos, os procedementos e as actitudes. A conexión básica de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada é, pois, a existente con Teoría e Crítica literarias, se ben en segundo curso deixa de manter centralidade o esquema xenolóxico (narrativa – poesía – teatro – ensaio) que organizara a materia anterior. Conceptos fundamentais, complementariamente, é unha ponte de acceso ao Minor en Teoría da literatura e Literatura comparada e, polo tanto, aos dous módulos nel integrados, Os

Page 5: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na5

Estudos literarios na actualidade (coas materias Cinema e literatura, Traxectorias da Literatura Europea, Teorías literarias Contemporáneas e Literatura Comparada) e Aplicacións teórico-comparadas: Literatura, Cultura e Teatro (coas materias Estudos teatrais, Análise cultural, Texto, imaxe e cibertexto e Socioloxía da literatura).

Alén disto, segundo deixa ver a formulación do programa da materia, esta materia de segundo curso está conectada con calquera outra dos graos impartidos nas Facultades de Filoloxía e Humanidades nas que ocupen algún espazo nocións como ficción, texto, discurso, oralidade, canon, hipertexto, mito, globalización, ideoloxía, interpretación ou intermedialidade, entre moitas outras; ou tamén con módulos nos que aparezan referencias á Historia literaria, á Análise do discurso, á Pragmática, á Estética, á Teoría política, á Socioloxía, á Tematoloxía, á Semiótica da cultura, á Tradutoloxía, á Hermenéutica, á Literatura Comparada e a outras disciplinas.

Canto á función específica de Conceptos fundamentais no Grao pode expresarse indicando que consiste en promover con rigor e dinamismo intelectual unha ampliación das bases do coñecemento do feito literario alcanzadas nos tres cuadrimestres anteriores. Esa ampliación é, no esencial, unha apertura á análise comparada das relacións da literatura con outras formas artísticas e culturais, tanto no marco nacional coma no internacional, e á comprensión crítica das coordenadas históricas, culturais, sociais e ideolóxicas nas que intervén todo discurso literario.

Por outra banda, Conceptos fundamentais insírese nun plan de educación para o desenvolvemento sostible, en relación cos parámetros básicos da UNESCO.

PROFESORADO

PROFESORADO: Facultade de Filoloxía, 2º Curso, Semestre 2, 6 ECTS, 396 horas). 6 grupos de docencia interactiva e 24 horas/grupo) e 3 grupos de docencia expositiva 54/grupo.

ABDALLAH Y. Al-SHAMAYLEH,

MALAK

ABUÍN GONZALEZ, ÁNGEL EUGENIO. TORTOSA PUJANTE, BELÉN

ROZAS ARCEO, ALBA. VILARIÑO PICOS, MARÍA TERESA. Coord.

RODRÍGUEZ FONTELA, MARÍA DE LOS ÁNGELES. CAMPUS DE LUGO

As horas de titoría corresponden ás convencionais, as que cada profesor/a atende no

seu propio gabinete. Ademais delas, a activación dunha Aula Virtual suporá a existencia de titorías

virtuais, en relación coas cales os/as estudantes recibirán información detallada ao comezo do período das clases do segundo cuadrimestre. O correo electrónico, e o chat da Aula Virtual serán, por tanto, ferramentas complementarias no labor de titorización e

Page 6: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na6

comunicación. As titorías serán sempre presenciais e a resposta aos correos electrónicos dos/das alumnos/as só se producirá nos horarios fixados aos efectos polos profesores. Non se contestará nas fins de semana.

Page 7: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

7

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na7

2. OBXECTIVOS 1) Achegarse á tradición dos Estudos literarios con particular atención aos conceptos que son de aplicación directa á análise de textos. 2) Coñecer as grandes áreas de investigación teórica sobre a literatura e a cultura. 3) Visualizar de forma xeral as principais correntes teórico-críticas contemporáneas sobre o fenómeno literario e as súas implicacións. 4) Coñecer os elementos básicos para poder abordar desde unha perspectiva moderna e interdisciplinar o fenómeno literario como un proceso complexo e suxeito a unha reflexión teórica e comparada. 5) Conseguir fundamentos rigorosos para o seu uso e aplicación nos Estudos literarios. 6) Adquirir conceptos e métodos que desenvolvan nos estudantes estratexias de observación persoal do feito literario. 7) Ampliar o campo de estudo do alumnado cara ás esferas problemáticas do comparatismo actual, é dicir, cara aos eidos que tan só esta disciplina ten como propios. 8) Fomentar o traballo e esforzó participativo e en grupo. 9) Promover unha aprendizaxe activa con grande implicación do alumnado. 10) Tentar ser unha resposta ás necesidades da sociedade, poñendo en execución os

elementos promovidos pola UNESCO en canto aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): <http://es.unesco.org/sdgs>

3. COMPETENCIAS Transversais: -CT1: Entender a diversidade de enfoques e modelos teóricos contemporáneos nos Estudos literarios. -CT2: Asimilar os principios e métodos fundamentais para unha lectura crítica de textos teóricos e comparados. -CT3: Desenvolver a capacidade de reflexión crítica e de argumentación sobre o feito literario, a partir do manexo dunha terminoloxía teórica sólida e ben asimilada. -CT4: Que os estudantes aprendan a desenvolver criterios que atendan á igualdade entre os sexos, e á inclusión, así como á diversidade cultural. -CT5: Que os estudantes adquiran as ferramentas para unha educación á cidadanía para o desenvolvemento sostible. Específicas: -CE1: Que os estudantes saiban entender os obxectivos, posibilidades e métodos dos Estudos literarios no marco dinámico da súa propia tradición. -CE2: Que os estudantes asuman a pluralidade da noción de "literatura" e dos propios Estudos literarios. -CE3: Que os estudantes asimilen unha noción ampliada do concepto de "texto". -CE4: Estabelecer as metas e mecanismos apropiados dunha análise textual. -CE5: Comprender unha serie de distincións nocionais básicas indispensábeis para aproximarse aos diferentes aspectos implicados no proceso literario e cultural. -C E6: Desenvolver as capacidades de argumentación oral e escrita.

Page 8: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

8

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na8

-CE7: Favorecer a investigación individual e en grupo.

3. CONTIDOS

1. MODERNISMO, POSMODERNISMO. A TRANSMODERNIDADE E A GLOBALIZACIÓN.

Nunha liña de continuidade con conceptos anticipados na materia Teoría e Crítica literaria do primeiro curso dos Graos, este tema revisa catro conceptos básicos para comprender os fenómenos literarios e culturais contemporáneos. Daranse, polo tanto, as claves de cada un deses termos e aplicaranse á análise concreta de textos de distinto signo. Trátase igualmente de examinar o papel da literatura no contexto dos novos movementos sociais, económicos e políticos, na tensión entre os pulos globalizadores (ou glocalizadores) e a defensa de identidades de carácter máis local.

Apartados: Clases Expositivas: 1.1. Modernidade e Modernismo. As Vangardas históricas. 1.2. O paradigma posmoderno. 1.3. O concepto de transmodernidade. 1.4. Literatura e Globalización. Educación para un desenvolvemento sostible dende a Teoría literaria e a Literatura Comparada.

Clases Interactivas: Práctica 1: A globalización. Traballo en grupos sobre o documental Frágil equilibrio (2016), dirixido por Guillermo García López. O documental visualizarase na clase como parte do traballo.

Bibliografía fundamental recomendada Fokkema, Douwe, y Hans Bertens (1997). International postmodernism: theory and

literary practice. Amsterdam: John Benjamins.

Jameson, Fredric (1991). El posmodernismo o la lógica cultural del capitalismo avanzado. Barcelona: Paidós. Selección de páxinas.

Lyotard, Jean-François (1994). La condición postmoderna. Madrid: Cátedra.

Maffessolli, Michel (2009). Nuestras idolatrías posmodernas. Barcelona: Península. Selección de páxinas.

*Rodríguez Magda, Rosa María (2011). “Transmodernidad: un nuevo paradigma”. En TRANSMODERNITY: Journal of Peripheral Cultural Production of the Luso-Hispanic World, 1(1), pp. 1-14. Lectura obrigatoria.

Robertson, Roland (1995). “Glocalization: Time-Space and Homogeneity-

Page 9: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

9

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na9

Heterogeneity”. En M. Featherstone, S. Lash e R. Robertson (eds.). Global Modernities, London: Sage, 25-44.

En cada tema haberá unha serie de lecturas de carácter complementario que se

proporcionarán ao comezo do mesmo, a través da aula virtual da materia.

2. CANON, LITERATURAS EMERXENTES. LITERATURA MUNDIAL E MULTICULTURALISMO.

Para ter unha continuidade co primeiro tema, o 2 trata sobre o vínculo entre o concepto de emerxencia cultural e os fenómenos históricos resultantes do proceso de descolonización. En primeiro lugar, achega as ferramentas necesarias para comprender a categoría de “literatura emerxente” e o concepto de canonicidade. Ademais, ofrece unha introdución ao estudo crítico do orientalismo (Said) e presenta os fundamentos de ámbitos disciplinares como os Estudos sobre a subalternidade (Guha, Spivak) e os Estudos poscoloniais, sen esquecer, como punto importante deste tema, o Multiculturalismo. Ao mesmo tempo, o tema aborda o concepto de Literatura mundial fondamente enraizado no desenvolvemento da Literatura comparada como disciplina, a carón doutros como Literatura universal, Literatura europea ou mesmo Literatura xeral. Nos últimos tempos, este concepto relanzouse arredor de fenómenos como a World Fiction, o multiculturalismo, xa mencionado, ou os Estudos culturais, abordados no tema 4.

Apartados: Clases Expositivas: 2.1. Concepto de emerxencia literaria. O concepto de canonicidade.

2.2. Poscolonialismo e teoría feminista. Os estudos poscoloniais na actualidade. Subalternidade, marxe, periferia.

2.3. Literatura e Imperio. Cultura e Orientalismo. O Multiculturalismo. 2.4. A Literatura Mundial. Primeiras achegas críticas.

Clases Interactivas: Práctica 2: O Best Seller. Traballo en grupos sobre 'Novos mercados: Multiculturalismo, World Fiction e Best Seller'. Os textos de traballo serán proporcionados mediante a aula virtual.

Bibliografía fundamental recomendada Casanova, Pascale (2001). La República Mundial de las Letras. Barcelona: Anagrama,

217-227.

*Domínguez, César, Haun Saussy e Darío Villanueva (2016). "La literatura mundial como práctica comparativa". En Lo que Borges enseñó a Cervantes. Introducción a la Literatura Comparada. Barcelona: Taurus, pp. 103-118.

Page 10: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

10

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na10

García Canclini, Néstor (2000). “¿Demasiado determinismo o demasiada hibridación?”. En Sarah de Mojica (dir.), Culturas híbridas. No simultaneidad. Modernidad periférica. Mapas culturales para América Latina. México: Grijalbo, 75-80.

Guillén, Claudio (1985). Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la literatura comparada. Barcelona: Crítica, 54-65.

Pozuelo Yvancos, José María (2006). “Canon e historiografía literaria”. En 1616, Vol. XI, pp. 17-28.

Said, Edward W. (1996). “Imperio, Geografía y Cultura”. Cultura e imperialismo.

Barcelona: Anagrama, 35-50. Sarlo, Beatriz (2007). “Victoria Ocampo o el amor de la cita”. La máquina cultural:

maestras, traductores, vanguardistas. Buenos Aires: Seix Barral, 75-148.

Spivak, Gayatri Chakravorty (2008). “Estudios de la Subalternidad. Deconstruyendo la Historiografía”. En Sandro Mezzadra (dir.), Estudios postcoloniales. Ensayos fundamentales. Madrid: Traficantes de Sueños, 33- 67.

3. TEMAS E MITOS. A T E M A T O L O X Í A E A IMAGOLOXÍA.

Os estudos tematolóxicos e imagolóxicos suscitaron inicialmente certa suspicacia teórica. Hoxe preséntanse como unha rama imprescindíbel do comparatismo. A intertextualidade, inherente como marca aos temas literarios, converte á Tematoloxía e á Imagoloxía en dúas disciplinas chave para a abordaxe dos fenómenos supranacionais, entre eles os que incorporan a dimensión poscolonial, multicultural, ecocrítica, Feminism Studies, Queer Theory, entre outros. Neste apartado preséntase o potencial e o alcance da Tematoloxía e da Imagoloxía como ferramentas de análise, cunha atención particular aos mitos clásicos e contemporáneos e á mitocrítica.

Apartados: Clases Expositivas: 3.1. Desenvolvemento histórico da Tematoloxía. 3.2. Problemas metodolóxicos da Tematoloxía e da Mitocrítica. Relacións con outras disciplinas. 3.3. Os topoi da outredade: a Imagoloxía. 3.4. O monomito. 3.5. Mitos e monstros no Neobarroco.

Clases Interactivas:

Práctica 3. Mitos e monstros no Neobarroco. Traballo en grupos, a través do mito de Prometeo. Versións clásicas e contemporáneas. Lectura dos seguintes textos clásicos: As lecturas faranse fóra do horario de docencia. Esquilo, Prometeo encadeado.

Page 11: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

11

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na11

Hesíodo. A. Teogonía. Traballos e días. Platón. Protágoras. Lecturas complementarias:

Broncano, Fernando et al. (2012). De Prometeo a Frankenstein: autómatas, cíborgs, y otras creaciones más que humanas. Madrid: Evohé.

Calabrese, Omar (2012). La era Neobarroca. Madrid: Cátedra. García Gual, Carlos (1999) (ed.). Prometeo, mito y tragedia. Madrid: Hiperión. García Gual, Carlos (2009). Prometeo, mito y literatura. Madrid: Fondo de Cultura

Económica. Visionado dalgúns capítulos da serie de HBO Westworld (2016). O visionado efectuarase na clase como parte de docencia.

Bibliografía fundamental recomendada Domínguez Prieto, César (2004). “Tematoloxía e crítica literaria”. En Arturo Casas

(coord.), Elementos de crítica literaria. Vigo: Xerais, 129-160.

García Gual, Carlos (1999). “Sobre la interpretación literaria de mitos griegos: ironía e inversión del sentido”. En Darío Villanueva (dir.), Sin fronteras. Ensayos de literatura comparada en homenaje a Claudio Guillén. Madrid: Castalia, 183-194.

Guillén, Claudio (1998). “Tristes tópicos: imágenes nacionales y escritura literaria”. En Múltiples Moradas. Ensayo de literatura comparada. Barcelona: Tusquets, 336-347.

Guillén, Claudio (1995). “Lo uno con lo diverso: literatura y complejidad”. 1616: Anuario de la Sociedad Española de Literatura General y Comparada : IX, 51-66.

Naupert, Cristina (1998). “Afinidades (s)electivas. La tematología comparatista en los tiempos del multiculturalismo”. Dicenda. Cuadernos de Filología Hispánica: 16, 171-183.

*Trocchi, Anna (2002). “Temas y mitos literarios”. En Armando Gnisci (dir.), Introducción a la literatura comparada. Barcelona: Crítica, 129-165.

Page 12: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

12

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na12

4. TEXTO, ORALIDADE, PERFORMANCE. A CULTURA DE MASAS.

A oralidade constituíu un marco de atención inicial para a Etnoloxía, os Estudos sobre o folclore e calquera aproximación á transmisión da cultura tradicional (cantos, lendas, mitos). Vinculada, en xeral, con actividades comunitarias, entre o traballo e a celebración festiva, a oralidade estudouse, ademais, como expresión participada por códigos interartísticos habitualmente ausentes na comunicación escrita, como a música, a danza e variadas formas de escenificación. O tema atende a esas especificidades, a miúdo integradas e reactualizadas desde a cultura popular pola cultura de masas, e compleméntaas cunha reflexión sobre a autoría, a anonimia, a recepción e, en especial, a dialéctica oralidade/escritura, sen esquecer a visualidade/sonoridade, suscitadora de importantes debates que nalgún sentido culminan na reactivación, moi viva no momento presente, de prácticas artístico-culturais de base oral e performativa.

Apartados: Clases Expositivas: 4.1. Oralidade e textualidade: implicacións semióticas e pragmáticas. 4.2. O popular fronte ó masivo: converxencias e diverxencias textuais e sociolóxicas. 4.3. A oralidade secundaria e os Cultural Studies. 4.4. Performatividades contemporáneas: no seo dunha oralidade terciaria.

Clases Interactivas: Práctica 4. O musical. Esta práctica, a última do programa, farase a medio camiño entre os temas catro e cinco. Abordará as cuestións de Texto, Oralidade, Performance, danza, música, interates e intermedia. Farase a partir do musical El fantasma de la ópera, e as súas distintas versións. Corpus: Libro: Leroux, Gaston (1910). El fantasma de la ópera. Musical: Lloys Weber, Andrew et al. (1986). El fantasma de la ópera. Película: Schumacher, Joel (2004). El fantasma de la ópera.

Bibliografía fundamental recomendada Jameson, Fredric, e Slavoj Zizek (1998). Estudios culturales: reflexiones sobre el

multiculturalismo. Barcelona: Paidós, 1998. Ong, Walter (1993). Oralidad y escritura: tecnologías de la palabra. México: Fondo

de Cultura Económica. Pp 38-80 e 122-136. Storey, John (ed.) (1997). What is Cultural Studies? A Reader. Londres: Arnold. *Zubieta, Ana M., et alii (2000). Cultura popular y cultura de masas. Conceptos,

recorridos y polémicas. Buenos Aires: Paidós.

Comentario [A1]: Sangría aquí y en todos los comienzos de párrafo anteriores y posteriores.

Page 13: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

13

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na13

5. INTERMEDIALIDADE E INTERARTES.

Este último tema, moi vencellado co anterior, busca analizar os procesos de transferencia de formas e contidos dende un medio a outro, aceptando como premisa a centralidade do literario. O marco será comparatista, dando conta da longa tradición de reflexión sobre as relacións inteartísticas, que habería que remontar ao tópico ut pictura poiesis. Trátase tamén de examinar a idea de intermedialidade dende un punto de vista histórico e teórico, con especial atención aos procesos de desenvolvemento de linguaxes mediais e artísticas singularizadas.

Apartados:

Clases Expositivas: 5.1. A tradición horaciana: Ut pictura poiesis. O concepto de Interarte. 5.2. Interarte e comparatismo: diferentes modelos. 5.3. O concepto de intermedialidade. Intermedialidade e comparatismo: diferentes paradigmas. 5.4. Literatura e Novos medios. A Remediación. Clases Interactivas: Práctica 4. Xa mencionada no tema anterior.

Bibliografía fundamental recomendada *Abuín González, Anxo (2009). “Cultura caníbal: Cine y posmodernismo”. En

Cuadernos de Alzate.nº 41, pp. 107-120.

Gaudreault, André, y François Jost (1995). El relato cinematográfico: cine y narratología. Barcelona: Paidós.

Lagerroth, Ulla-Britta, Hans Lund e Erik Hedling (eds.) (1997). Interart Poetics. Essays on the Interrelations of the Arts and Media. Amsterdam: Rodopi, 7- 13.

Monegal, Antonio (2000). "Diálogo y comparación entre las artes". En A. Monegal (ed.). Literatura y pintura. Madrid: Arco Libros, 9-24.

Radewska, Irene (2005). “Intermediality, Intertextuality, and Remediation”. En Intermédialités, 6, 2005, pp. 43-64.

Wagner, Peter (ed.) (1996). Icons — Texts — Iconotexts. Essays on Ekphrasis and Intermediality. Berlín e Nova York: Walter de Gruyter, 1-41.

4. BIBLIOGRAFÍA XERAL DA MATERIA BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

ABUÍN GONZÁLEZ, A., E C. DOMÍNGUEZ (dirs.) (2005). A Literatura Comparada hoxe. Boletín Galego de Literatura: 34.

Page 14: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

14

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na14

BAL, M., (2009). Conceptos viajeros en las Humanidades. Una guía de viaje, Murcia, CENDEAC.

BELLER, M., e J. LEERSSEN (eds.) (2007). Imagology. The Cultural Construction and Literary Representation of National Characters. A Critical Survey, Amsterdam, Rodopi.

BOURDIEU, P. (2004). O campo literario, Ames, Laiovento. CASANOVA, P. (2004). La República mundial de las Letras. Barcelona: Anagrama. CASAS, A. (coord.) (2004). Elementos de Crítica literaria, Vigo, Xerais. DANIEL, U., (2005). Compendio de Historia cultural. Teorías, práctica, palabras

clave. Madrid, Alianza. EQUIPO GLIFO (dir.), (2006). DiTerLi. Base de datos do Dicionario de termos

literarios. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades,

GARCíA CANCLINI, N. (2004). Diferentes, desiguales, desconectados. Mapas de la interculturalidad, Barcelona, Gedisa.

GUILLÉN, C., (1985). Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la Literatura Comparada. Barcelona: Crítica.

LAGERROTH, U.-B, H. LUND e E. HEDLING (eds.), (1997). Interart Poetics. Essays on the Interrelations of the Arts and Media. Amsterdam: Rodopi.

LANDOW, G.P. (1995). Hipertexto: La convergencia de la teoría crítica contemporánea y la tecnología.Barcelona: Paidós.

LOTMAN, I. (1996). La semiosfera I. Semiótica de la cultura y del texto, Madrid, Cátedra e Universitat de València.

MONEGAL, A. (ed.) (2000). Literatura y pintura. Madrid: Arco Libros. ONG, W., (1993). Oralidad y escritura: tecnologías de la palabra. México: Fondo de

Cultura Económica. PICORNELL, M., e M. PONS (eds.) (2009). Literatura i cultura: aproximacions

comparatistes, Palma de Mallorca: Lleonard Muntaner. POZUELO YVANCOS, J.M. (1993). Poética de la ficción, Madrid: Síntesis. SAID, E., (1996). Cultura e imperialismo, Barcelona,

Anagrama. SANZ CABRERIZO, A. (ed.). (2008). Interculturas, transliteraturas, Madrid, Arco

Libros. VEGA, M.J., (2003). Imperios de papel. Introducción a la crítica poscolonial, Barcelona,Crítica.

VILARIÑO PICOS, M.T., E A. ABUÍN GONZÁLEZ (comps.) (2006). Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica, Madrid, Arco Libros.

VILLANUEVA PRIETO, DARÍO, DOMÍNGUEZ PRIETO, CÉSAR PABLO, e HAUN SAUSSY (2016). Lo que Borges le enseñó a Cervantes. Madrid: Taurus.

Page 15: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

15

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na15

BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA ABUÍN GONZÁLEZ, A., Escenarios del caos. Entre la hipertextualidad y la

"performance" en la era electrónica, Valencia, Tirant lo Blanch, 2006. ALONSO, S. (ed.), Música y literatura. Estudios comparativos y semiológicos, Madrid,

Arco Libros, 2002. ASENSI PÉREZ, M., Historia de la teoría de la literatura (el siglo XX hasta los años

setenta), Valencia, Tirant lo Blanch, 2003. BOURDIEU, P., La distinción. Criterio y bases sociales del gusto, 3a ed., Madrid,

Taurus, 2006. CARBONELL, N., E M. TORRAS (comps.), Feminismos literarios, Madrid, Arco

Libros, 1999. EVEN-ZOHAR, I., Papers in Culture Research, Tel Aviv, Unit for CultureResearch,

2005. Accesíbel en <http://www.tau.ac.il/~itamarez/works/books/ez-cr- 2005.pdf>. FIGUEROA, A., Nación, literatura, identidade. Comunicación literaria e campos

sociais en Galicia, Vigo, Xerais, 2001. GAUDREAULT, A., E F. JOST, El relato cinematográfico: cine y narratología,

Barcelona, Paidós, 1995. GINER, S. (coord.), Teoría sociológica moderna, Barcelona, Ariel, 2003. GUILLÉN, C., Múltiples Moradas. Ensayo de literatura comparada, Barcelona:

Tusquets, 1998. MUÑOZ, J., E Á.M. FAERNA (eds.), Caminos de la hermenéutica, Madrid, Biblioteca

Nueva, 2006. POZUELO YVANCOS, J.M., Teoría del lenguaje literario, Madrid, Cátedra. 1994.

SARLO, B., La máquina cultural: maestras, traductores, vanguardistas, Buenos Aires, Seix Barral, 2007.

SELDEN, R. (ed.), Historia de la crítica literaria del siglo XX. Del formalismo al postestructuralismo, Tres Cantos, Akal, 2010.

SULLÀ, E. (ed.), El canon literario, Madrid, Arco Libros, 1998. VIÑAS PIQUER, D., Historia de la crítica literaria, Barcelona, Ariel, 2002.

DICIONARIOS, GLOSARIOS E BASES DE DATOS ALTAMIRANO, C. (dir.), Términos críticos de sociología de la cultura, Buenos Aires,

Paidós, 2002. CHAUVIN, D., A. SIGANOS E PH. WALTER (dirs.), Questions de

Mythocritique Dictionnaire, París, Imago, 2005. EQUIPO GLIFO (dir.), DiTerLi. Base de datos do Dicionario de termos literarios,

Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2006. Accesíbel en <http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=DITERLI>.

ESTÉBANEZ CALDERÓN, D., Diccionario de términos literarios, Madrid, Alianza, 2004.

FRENZEL, E. (1980), Diccionario de motivos de la literatura universal, Madrid, Gredos, 1980.

GRIMAL, P., Diccionario de mitología griega y romana, Barcelona, Paidós, 2008.

Page 16: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

16

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na16

MAKARYK, I.R. (ed.), Encyclopedia of Contemporary Literary Theory: Approaches,Scholars, Terms, Toronto, University of Toronto Press, 1993.

PAYNE, M. (ed.), A Dictionary of Cultural and Critical Theory, Oxford, Blackwell,

Page 17: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

17

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na17

2000. GUÍA DE RECURSOS TELEMÁTICOS CASAS, A., “La Teoría de la literatura y la Literatura comparada en Internet”. Boletín de la Asociación Internacional de Hispanistas, 10 (2003), 262-273. Accesíbel en

<http://www.dartmouth.edu/~aih/pdf/teoria.pdf>. Proporcionarase unha listaxe específica en cada tema.

5. METODOLOXÍA

O rótulo identificador da materia enténdese en sentido non bipolar senón

complementario e dialéctico. Isto significa que os conceptos fundamentais referidos se introducirán con perspectiva á vez teórico-crítica e comparatista, sen restrición a ámbitos lingüísticos ou culturais concretos e procurando activar no alumnado o interese por espazos literarios e artísticos plurais e mesmo pola interrelación entre eles.

Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada aspira a articularse ademais como unha guía sólida para a comprensión e a utilización dunha serie ampla de nocións de uso frecuente nos Estudos literarios e culturais na actualidade. Esas nocións conforman de seu unha rede ou cartografía conceptual na que é necesario que os alumnos/as saiban orientarse con sentido crítico e proactivo, incorporando ao discurso descritivo sobre o feito literario —con naturalidade, solvencia e criterio propio— eses elementos analíticos e as epistemoloxías correspondentes.

Outorgar aos conceptos a vertebración da materia implica unha selección atenta e un axuste equilibrado. Considerouse apropiado que cada tema ocupe tres sesións expositivas, de maneira que haxa tempo suficiente para introducir pausadamente os contidos da materia. Contarase ademais con sesións de balance transversal e de prospectiva sobre cada bloque de temas, que deixa así mesmo unha marxe de axuste para algún imprevisto que xurda durante o curso ou para atender alguna suxestión específica do alumnado destinada a complementar a información compartida.

As sesións de seminario, tres igualmente, reforzarán a interactividade e os momentos de debate. Os materiais de apoio —textos literarios, teóricos e críticos relacionados cos temas do programa, así como outras producións artísticas e discursivas— están destinados a incentivar unha comunicación posta ao servizo dos obxectivos e competencias expostos no apartado 2 desta Guía.

Para estas clases interactivas, recoméndase a seguinte distribución para cada tema (tres sesións):

-Primeira sesión: lectura conxunta de materiais, guiada polo profesor e explicación das propostas do traballo, así como o visionado do material. Achegarase sempre guía de lectura o visionado.

Page 18: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

18

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na18

-Segunda sesión: intervención pública de cada un dos alumnos a partir do traballo con eses materiais.

Terceira sesión: intervención pública de cada un dos alumnos a partir do traballo con eses materiais.

MOI IMPORTANTE: LÉASE CON ANTENCIÓN. Metodoloxía da ensinanza

Combinaranse as sesións expositivas do profesor (24 horas) coa participación nas clases do alumno/a, xa sexa mediante preguntas que demanden maior claridade, profundidade ou ampliación, xa mediante respostas a preguntas que o profesor faga en determinados puntos da exposición. Para as sesións expositivas, sinalaranse lecturas obrigatorias e facilitarase material docente de consulta obrigatoria na aula virtual. Procederase igualmente a fomentar a “aprendizaxe activa” nas clases, deixando a un lado as sesións de carácter maxistral.

Nas sesións prácticas (24), reforzarase a interactividade na dobre dirección apuntada arriba. O material de apoio (textos literarios, teóricos e críticos relacionados cos temas do programa) incentivará unha comunicación que deberá desenvolver as competencias relacionadas coa capacidade de observación, de sensibilidade artística, de crítica e de argumentación do alumno e coas habilidades interpretativas.

Empregaranse os novos medios nas sesións expositivas e nas sesións da aula virtual. A aula virtual proporcionará todo o material de apoio. Poderanse propoñer exercicios a través da aula, como o comentario individualizado dalgúns videos.

Aula Virtual Activarase unha Aula Virtual para a materia e promoverase o uso e aproveitamento dos seus materiais e recursos. A continuidade no seguimento desta ferramenta terá incidencia directa na nota final.

Recomendacións para o estudo da materia

Dado que a programación de contidos e prácticas está moi axustada na súa temporalización, recoméndase ao alumnado unha asistencia regular e puntual ás clases, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serea e crítica dos textos de traballo e o uso de todas as canles comunicativas co profesor/a e coas fontes de aprendizaxe.

En particular, aconséllase ao alumnado o aproveitamento das horas de titoría, onde a aprendizaxe pode ser máis personalizada.

Tempo de estudo e traballo persoal Ás 60 horas presenciais, repartidas entre sesións expositivas (24), interactivas (24), e

Page 19: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

19

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na19

de avaliación (12), súmanse noventa non presenciais. A distribución destas últimas planifícase orientativamente do seguinte xeito: -Estudo e reflexión sobre as sesións expositivas, interactivas, titoriais; estudo e reflexión sobre a bibliografía: 28 horas. -Realización de traballos e de actividades de diversa índole: 25 horas. -Lectura de textos literarios e culturais: 25 horas. -Preparación de exames: 12 horas.

6. SISTEMA DE AVALIACIÓN

CONSIDERACIÓNS XERAIS

No contexto da lexislación vixente, a avaliación das materias impartidas pola Área Teoría da literatura e Literatura Comparada comprende, xunto coa convocatoria das probas oficiais que cada curso efectúa o Decanato, posíbeis probas complementarias acordadas expresamente entre profesorado e alumnado. Ademais, serán factores relevantes con incidencia directa na cualificación a participación activa e continuada nas sesións expositivas e interactivas e o seguimento doutras actividades prácticas que o equipo docente considere de especial interese formativo e académico.

ELEMENTOS QUE SE VALORARÁN • Dominio dos contidos teóricos, das estratexias aprendidas e da práctica crítica. • Asistencia e participación nas clases expositivas, interactivas e nas titorías • Participación dinámica nas distintas actividades e calidade desa participación. • Puntualidade. • Participación continuada en debates e exposicións orais derivadas da

preparación de traballos en grupo. • Entidade da comprensión crítica, calidade da expresión oral e escrita, orixinalidade e creatividade. • Boa execución de prácticas por medio de exposicións orais, a partir de traballos realizados en grupo.

MOI IMPORTANTE. LÉASE CON ATENCIÓN:

-Á parte do exame final, valorarase a participación na clase, o uso da aula virtual e a elaboración de traballos. A nota do exame representa o 40% da cualificación final, tanto na primeira como na segunda oportunidade (Maio e Xullo). Será requisito indespensábel a superación deste exame con, alomenos, un cinco. De non ser así, e a pesar de ter feitas as prácticas, o alumno non poderá superar a materia. O exame na primeira e na segunda oportunidades poderá ser de carácter oral. Dependerá da decisión dos profesores de expositivas implicados na materia. En caso de que se decida por un exame oral, este efectuarase durante cinco días consecutivos, a partir da data oficial fixada aos efectos, en horario de mañá e tarde. Os alumnos serán convocados por intervalos de vinte minutos e saberán a data exacta da súa intervención 15 días antes da realización do exame. O exame será avaliado por un Tribunal formado polos profesores das expositivas.

Page 20: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

20

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na20

Se o exame é de carácter escrito, o modelo de exame será proporcionado a principio do curso e consistirá nun comentario de texto ou preguntas reflexivas sobre os contidos teóricos.

-Lecturas de carácter obrigatorio: A nota das lecturas representa o 20 por cen da cualificación final, tanto en

primeira oportunidade como en segunda (Maio e Xullo). Haberá unha avaliación das primeiras lecturas ao rematar o tema 3 (temas 1, 2

e 3; 10 %), e unha segunda avaliación ao rematar o tema 5, unha semana antes da realización do exame final (temas 4 e 5; 10%). Para os alumnos que non superen a primeira oportunidade (Maio), e deban ir á segunda (Xullo) manterase a nota acadada na avaliación das lecturas.

-Nas clases interactivas os/as alumnos/as realizarán catro exposicións grupais

e públicas sobre temas relacionados co programa. Estas exposicións teñen un carácter obrigatorio. O alumno poderá decidir o número de exposicións que quere realizar. A avaliación desas exposicións representará o 40 % da cualificación da materia. É importante subliñar que esas porcentaxes só se aplicarán, como mencionamos, no caso de obter un 5 no exame final. Polo tanto, para superar a materia, reiteramos, é imprescindíbel aprobar o exame final.

O resultado das prácticas mantense tanto en primeira oportunidade como na segunda.

ASISTENCIA: A asistencia non computa de seu mais é obrigatoria. Un índice

de ausencias non xustificadas superior ao 20% implica a toma de decisión da Comisión de profesores da materia sobre cada caso particular. Enténdense por faltas xustificadas as de asistencia médica ou enfermidade. O resto están excluidas totalmente.

Resérvase a posibilidade de ter presente, así mesmo, como factor de valoración a participación en eventuais actividades complementarias (conferencias, por exemplo) que sexan programadas ao longo do período lectivo.

• Observación importante sobre o plaxio e a falsificación de sinaturas e a copia nos exames: O plaxio na realización dos traballos programados ou a utilización indebida e non indicada de maneira adecuada das fontes impresas ou de Internet pode implicar o suspenso na oportuniddae correspondente coa cualificación más baixa. A falsificación de firmas levará asociado un suspenso na materia. Do mesmo xeito, a copia efectuada no exame e o uso fraudulento do material da materia suporá un suspenso na oportunidade na que ocorra. MOI IMPORTANTE: Non está permitido o uso de móbiles durante a docencia das clases. Requerirase que se sitúen enriba da mesa á vista do profesor. Os alumnos extranxeiros poderán utilizar o diccionario, previa autorización por parte do profesor. Campus de Lugo: Habida conta da disparidade do número efectivo de alumnos matriculados en ambos campus nos que se imparte a materia (Santiago de Compostela e Lugo) resérvase a posibilidade de modificar algunhas das orientacións sobre a metodoloxía e o sistema de avaliación, a fin de acomodalos á inscrición real que se produza no campus lucense. Isto indica que tamén podería afectar ao sistema

Page 21: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

21

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na21

de control de asistencia.

AVALIACIÓN DAS SEGUINTES OPORTUNIDADES E ALUMNOS/AS CON DISPENSA ACADÉMICA

Nas seguintes oportunidades non variarán os criterios seguidos na primeira. Dispensa académica: Os alumnos con dispensa académica, autorizada polo

Decanato, serán avaliados unicamente pola nota do exame final, que incluirá o comentario e as preguntas das lecturas de carácter obrigatorio. Este exame poderá ter un carácter oral.

7. DISTRIBUCIÓN E CALENDARIO DE ACTIVIDADES E TITORÍAS.

O horario das aulas pode consultarse na Web da Usc e os das titorías poden consultarse nas portas dos gabinetes dos/das Profesores ao comezo de curso, se ben serán publicadas na aula virtual ao comezo do curso. As titorías poderán variar por cuadrimestres e nos meses de Xuño e Xullo, unha vez rematada a docencia.

8. CRONOGRAMA.

Distribuirase a partir da aula virtual ao comezo do curso. Cada tema se desenvolverá en tres semanas de curso, reservando dúas sesións para a avaliación das lecturas. OBSERVACIÓNS.

No aproveitamento do programa desta materia é moi estimábel unha competencia lectora rica tanto nun sentido cuantitativo como cualitativo (multixenérica, multicultural, etc.). Só deste xeito, os contidos teóricos poderán ser contrastados e valorados na súa dimensión hermenéutica e analítica nunha proxección mesmo retrospectiva que afecte ás lecturas xa realizadas por cada alumno/a.

Así mesmo, recomendase ao alumnado que poña en relación os contidos abordados nesta materia cos doutras materias afíns, en especial con Teoría e Crítica literaria, e cos coñecementos adquiridos sobre as diversas tradicións literarias específicas de cada Grao. 10. RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA

Dado que a programación de contidos e prácticas está moi axustada na súa temporalización, recoméndase ao alumnado o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serea e profunda dos textos de traballo e o uso de todas as

Page 22: Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada

22

Guía docente de Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada

Pági

na22

canles comunicativas co profesor/a e coas fontes de aprendizaxe. En particular aconséllase ao alumno o aproveitamento máximo das horas de titoría, onde a aprendizaxe pode ser máis personalizada.