concello de verín

Upload: musicatrazo

Post on 06-Jul-2018

222 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • 8/18/2019 concello de verín

    1/2

    Ciclo de conferencias "Crenzas antigas e Mitoloxía" en VerínMartes, 26 Abril 2016 13:59

    Entre o 4 e o 12 de maio terá lugar o Ciclo de conferencias Crenzas Antigas e Mitoloxía  no

    Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín. Así o confirmaron esta mañá a concelleira de

    Cultura, Emilia Somoza, e o responsable da Biblioteca Pública Municipal de Verín, Vicente

    Rodríguez Justo, na casa consistorial.

    Devandita iniciativa, organizada pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín, estará

    composta por catro sesións:

    O mércores 4 de maio terá lugar a primeira conferencia do ciclo, O libro de San Cipriano. Félix

    Castro Vicente, antropólogo e músico abordará, dun xeito divulgativo, a figura de San Ciprianode Antioquía, Santo Mártir do século III D.C, e da súa vinculación con prácticas máxicas

    relixiosas en toda Europa, fundamentalmente a “Oración de San Cipriano”. O relator realizará

    un breve percorrido polas diversas versións encontradas da Oración e do Libro, a súa

    vinculación en Galiza coa busca de tesouros, e concretamente cos localizados na provincia de

    Ourense e na contorna de Verín.

     

    Por outra banda, o xoves 5 de maio realizarase un visionado do documental Sapos e Bruxas,

    de Luís Pedreira. Trátase dun traballo audiovisual no que se explica porque, e de que forma,xurdiu en Montalegre o fenómeno do venres 13, a través de varias recreacións de historias e

     1 / 2

  • 8/18/2019 concello de verín

    2/2

    Ciclo de conferencias "Crenzas antigas e Mitoloxía" en VerínMartes, 26 Abril 2016 13:59

    lendas de Barroso, do testemuño dalgúns dos principais intervenientesno evento, e da man

    doutros coñecedores da cultura galaico-transmontana. O finalizar o visionado haberá una

    Charla-coloquio moderada por José R. Cruz.

     

    O mércores 11 de maio, Miguel Losada Pérez (SAGA) levará ao público cara a unha parte

    pouco transitada do seu imaxinario colectivo coa conferencia O mundo

    da morte, as ánimas e os defuntos

    . Losada versará, a través de catro exemplos, sobre o caso da Cultura Galega, que pariu mitos,

    ritos e deuses dun xeito tan competente como pouco divulgado.

     

    Por último, a conferencia Crenzas antigas e mitoloxía no norte peninsular, o xoves 12 de maio,pechará o ciclo temático. Toti Martínez de Lezea, escritora, tradutora, guionista, columnista e

    presentadora (ETB), achegará aos asistentes algunhas das antigas prácticas e crenzas do

    norte peninsular que chegaron ata os nosos días, como os ritos dos solsticios de verán e

    inverno, os entroidos, os cardos solares protectores dos fogares contra os malos espíritos, ou

    as mencións á Dama Mari, última reminiscencia europea dunha Deusa Nai.

     

    Todos os actos programados no ciclo Crenzas antigas e Mitoloxía terán lugar no Salón de

    Actos da Casa da Cultura de Verín (Rúa Irmáns da Salle) ás 19:30 horas.

     

    2 / 2