cómpranos e consómenos, pero dubidan dos seus...

3
afondo ENQUISADAS 1050 PERSOAS DE 9 COMUNIDADES AUTÓNOMAS SOBRE AS SÚAS OPINIÓNS E HÁBITOS DE COMPRA E SOBRE O CONSUMO DOS ALIMENTOS FUNCIONAIS Levamos un ritmo de vida vertixinoso. Fáltanos tempo para cociñar, para compoñer unha dieta semanal saudable e mesmo para ocupar- nos da nosa saúde. Abandonamos certos hábitos de alimentación saudables, pero séguenos preocupando, e moito, o benestar do noso corpo e da nosa mente. Neste caos vital, os alimentos funcionais fóronse introducindo aos poucos nos nosos fogares. Son alimentos pensados para proporcionar beneficios na saúde e para reducir o risco de sufrir enfermidades. Iso si, sempre dentro dunha dieta variada e equilibrada, xa que de forma illada non curan nin preveñen enfermidades. Na actualidade, pódense atopar uns 200 tipos de alimentos funcionais, a maioría lácteos. Pola súa banda, as organizacións de consumidores alertan da escasa información sobre este tipo de alimentos que, en ocasións, inducen a erro e confunden porque utilizan formas verbais ambiguas. EROSKI CONSUMER quixo coñecer a opinión dos consumidores sobre estes produtos, así como detectar os seus hábitos de compra e consumo. Para iso, consultou desde finais de abril e ata primeiros de maio 1050 persoas orixinarias de 9 comunidades autónomas: Andalucía, Illas Baleares, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Comunidade de Madrid, Navarra e País Vasco. DOUS DE CADA TRES CONSUMIDORES ENQUISADOS ADQUIRIUNOS NALGUNHA OCASIóN E, DELES, O 55 % TóMAOS A DIARIO Alimentos funcionais: cómpranos e consómenos, pero dubidan dos seus beneficios 22 23

Upload: vankiet

Post on 01-Nov-2018

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

afondoEnquisadas 1050 pErsoas dE 9 comunidadEs autónomas sobrE as súas opinións E hábitos dE compra E sobrE o consumo dos alimEntos funcionais

Levamos un ritmo de vida vertixinoso. Fáltanos tempo para cociñar, para compoñer unha dieta semanal saudable e mesmo para ocupar-nos da nosa saúde. Abandonamos certos hábitos de alimentación saudables, pero séguenos preocupando, e moito, o benestar do noso corpo e da nosa mente.Neste caos vital, os alimentos funcionais fóronse introducindo aos poucos nos nosos fogares. Son alimentos pensados para proporcionar beneficios na saúde e para reducir o risco de sufrir enfermidades. Iso si, sempre dentro dunha dieta variada e equilibrada, xa que de forma illada non curan nin preveñen enfermidades. Na actualidade, pódense atopar uns 200 tipos de alimentos funcionais, a maioría lácteos.Pola súa banda, as organizacións de consumidores alertan da escasa información sobre este tipo de alimentos que, en ocasións, inducen a erro e confunden porque utilizan formas verbais ambiguas. EROSKI CONSUMER quixo coñecer a opinión dos consumidores sobre estes produtos, así como detectar os seus hábitos de compra e consumo.Para iso, consultou desde finais de abril e ata primeiros de maio 1050 persoas orixinarias de 9 comunidades autónomas: Andalucía, Illas Baleares, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Comunidade de Madrid, Navarra e País Vasco.

Dous De caDa tres consumiDores enquisaDos aDquiriunos nalgunha ocasión e, Deles, o 55 % tómaos a Diario

Alimentosfuncionais:

cómpranos e consómenos, pero

dubidan dos seus beneficios

22 23

Enquisadas 1050 pErsoas dE 9 comunidadEs autónomas sobrE as súas opinións E hábitos dE compra E sobrE o consumo dos alimEntos funcionais afondo

ritariamente as mulleres, as persoas de entre 45 e 64 anos, os vascos e aqueles con estudos universitarios ou posgraos.Pero a definición non lle axuda a un 11 % do total dos entrevistados, que continúa sen saber que son os alimentos funcionais.

os lácteos están na mente Do consumiDorNa actualidade, existen moitos alimentos funcio-nais no mundo. En España, hai á venda ao redor de 200 tipos diferentes. Elabóranse engadindo, quitando ou modificando algún compoñente do alimento convencional. Por exemplo, os iogures enriquecidos con calcio ou os cereais fortificados con fibra e minerais.E cales son os alimentos funcionais que coñe-cen os consumidores? Durante a enquisa, cita-ron maioritariamente catro tipos: iogures, leite, cereais e barriñas ou aperitivos. Os entrevista-dos de entre 25 e 44 anos tamén engadiron á lista galletas.A televisión é o medio no que oíron falar máis veces dos alimentos funcionais, aínda que a in-formación que escoitan non sempre os fai sentir-se o suficientemente informados. Ao 34 % paré-celle que é confusa. Así o cren en maior medida en Madrid e no País Vasco, os mozos de entre 18 e 24 anos, os maiores de 65 e as persoas cunha educación universitaria.Neste sentido, a CEACCU, unha organización en defensa do consumidor, apunta que hai unha es-casa información sobre os alimentos funcionais. Tras unha análise da etiquetaxe de alimentos

funcionais (leite, bolería, margarinas, queixos, embutidos, refrescos e ovos, entre outros produ-tos), concluíu que a información da súa etique-taxe sobre o efecto dos ingredientes funcionais e a cantidade diaria que se debe consumir para que o efecto se manifeste é incompleta.Insisten, ademais, en que o problema xorde can-do directa ou indirectamente se vincula esa mo-dificación do alimento coa prevención de enfer-midades, posto que a actual lexislación prohibe atribuírlles propiedades preventivas, terapéu-ticas ou curativas dunha enfermidade humana aos alimentos.Neste sentido, durante a enquisa comprobouse que hai consumidores que se senten confusos en relación cos alimentos funcionais. Aínda que o 49 % asegura que ten unha boa opinión (espe-cialmente as mulleres e as persoas de entre 25 e 44 anos), outro 43 % ten dúbidas e non sabe que pensar. Só a un 8 % non lle gusta.

Presentes nos fogaresA pesar de todo, é un feito que compramos alimentos funcionais e que están presen-tes nos nosos frigoríficos e andeis. Un de cada tres entrevistados asegura que ad-quire este tipo de produtos habitualmente (outro 33 % apunta que o fai ás veces). O perfil do comprador deste tipo de produtos son as mulleres, os usuarios de 25 a 44 anos, os enquisados procedentes de Navarra e aqueles con algunha doenza.Con todo, tamén hai a quen non llo expuxeron nunca. Un 34 % dos enquisados por EROSKI

quen ten estudos universitarios ou superiores. Nunha escala de 5 puntos, onde 1 é nada e 5 moito, valorouse a alimentación cunha media de 3,9 puntos de importancia. E van máis aló. Un 94 % dos entrevistados indica que a alimentación é importante no coidado da saúde. Outórganlle unha media de 4,5 puntos de importancia nunha mesma escala de 5 puntos. Isto coincide co crecente interese detectado en-tre os consumidores por coñecer a relación entre a dieta e a saúde.

sabemos o que son

Está demostrado que os alimentos tradicionais como as froitas, as verduras, o peixe e o leite conteñen compoñentes beneficiosos para o or-ganismo. Con todo, a consecuencia dos desequi-librios e cos desaxustes alimentarios provocados por esta sociedade do non parar, xorden os ali-mentos funcionais. Pero sabemos o que son? Un 74 % dos enquisa-dos di que nunca oíu falar deles, un descoñece-mento que é maior entre os homes, os maiores de 64 anos, os madrileños e entre os que teñen un nivel de estudos de educación obrigatoria.A situación cambia completamente cando se pro-porciona a definición de alimento funcional; é di-cir, aquel que pode proporcionar beneficios para a saúde e reducir o risco de sufrir enfermidades, sempre dentro dunha dieta variada e equilibrada.Nese momento, de entre quen descoñecía o ter-mo “alimento funcional”, o 85 % cambia de opi-nión e asevera que si sabe o que é. Eran maio-

a quen se entrevistou?

Todos os entrevistados encargábanse da orga-nización alimentaria do seu fogar: ir á compra, deseñar os menús, cociñar etc. O 51 % eran mu-lleres e tiñan unha media de 48 anos.O seu nivel de estudos variaba. De cada catro enquisados, un tiña estudos universitarios (e mesmo posgraos), outro formación profesional, un máis educación secundaria postobligatoria e, o último, a obrigatoria. A maior parte deles estaban sans. Só un 25 % apuntou que había no fogar alguén que sufría algunha doenza (eles mesmos ou algún familiar). A catro de cada cinco, esta situación obrigábaos a coidar da alimentación.Gran parte dos entrevistados mencionaba enfer-midades e dores musculares, dos ósos e das ar-ticulacións. Tamén colesterol e triglicéridos, dia-betes, hipertensión e enfermidades cardíacas e circulatorias. Por idades, tanto os maiores de 65 anos, coma os que tiñan de 25 a 44 anos, facían referencia principalmente a enfermidades e do-res musculares, dos ósos e das articulacións. Os que contaban entre 45 e 64 anos citaban, sobre todo, o colesterol e os triglicéridos e, os mozos de entre 18 e 24 anos, alerxias e intolerancias.

ata que Punto nos imPortan a alimentación e mais a saúDe?

Ao 72 % dos enquisados preocúpalles moito ou bastante a súa alimentación. En especial, ás mu-lleres, ás persoas de entre 45 e 64 anos e a

hábitos De comPra e consumo Dos alimentos funcionais, segunDo eroski consumer*

*EROSKI CONSUMER enquisou un total de 1050 persoas en 9 comunidades autónomas, das cales 933 compraran algunha vez alimentos funcionais e 617 consumíanos con certa periodicidade.

COÑÉCENOS?O 89 % oíu falar deles

CÓMPRANOS?• Un 33 % adquíreos

habitualmente• Outro 33 %, ás veces

CANDO OS CONSOMEN?• O 55 % faino a diario• O 26%, semanalmente• O 5%, mensualmente• O14%, con menos frecuencia

Que coñecen? Coñecen principalmente 4 tipos de alimentos funcionais

Onde os coñecen?O 79 % oíu falar deles na televisión

Que compran?Compran principalmente 2 tipos de alimentos funcionais

Que buscan?As súas funcións principais son:• Ser baixos en graxa • Estar enriquecidos en fibra

Quen compra?Maioritariamente, o comprador é:• Muller• Ten máis de 65 años• É do País Vasco

Para que?• Mellorar as defensas do

organismo• Reducir o colesterol• Adelgazar ou manter o peso• Mellorar o tránsito intestinal• En beneficio da saúde dos ósos

?

2524

Si os coñocen

Nº persoas que os coñoce

Ten dúbidas

Confía “o xusto” nos seus beneficios

Non cree que sexan curativos por si sós

Considé-raos un capricho

Cre insu-ficiente a informa-ción que se ofrece

COMUNIDADE AUTÓNOMA

Andalucía 85,3% 204 39,5% 43,2% 95,0% 59,2% 34,8%

Illas Baleares 88,0% 28 32,5% 40,0% 96,0% 66,7% 27,5%

Castela - A Mancha 95,3% 58 47,3% 60,0% 99,5% 63,3% 27,4%

Cataluña 87,8% 191 44,7% 47,6% 96,9% 58,1% 27,8%

Valencia 82,5% 120 45,5% 56,0% 96,3% 62,6% 39,0%

Galicia 88,5% 75 46,2% 55,7% 96,8% 71,2% 23,3%

Madrid 93,5% 174 43,5% 45,8% 99,0% 73,6% 32,8%

Navarra 96,4% 18 36,5% 32,1% 98,8% 68,8% 25,2%

País Vasco 98,4% 64 47,8% 39,1% 93,9% 62,7% 40,8%

TOTAL 88,8% 933 43,4% 47,7% 96,8% 64,0% 32,2%

confianZa nos alimentos funcionais, segunDo eroski consumer*

*Enquisa realizada por EROSKI CONSUMER durante abril e maio a un total de 1050 persoas encargadas da organización alimentaria do seu fogar. A mostra está equilibrada en función do peso poboacional con respecto aos datos do INE.

Enquisadas 1050 pErsoas dE 9 comunidadEs autónomas sobrE as súas opinións E hábitos dE compra E sobrE o consumo dos alimEntos funcionais

confianZa, a xustaDo total das persoas que coñecen os alimen-tos funcionais (aínda que non os compren nin os consuman), un 48 % asegura que confía o xusto nos seus beneficios e, outro 18 %, pouco ou nada. Nunha escala onde 1 é nada e 5 moito, con-cédenlle unha puntuación media de 3,2 puntos. Os máis desconfiados son os homes, os maiores de 45 anos, aqueles cunha educación secunda-ria postobligatoria ou formación profesional e os procedentes do País Vasco. Ademais, o 97 % non cre que este tipo de ali-mentos sexan curativos por si sós, senón un com-plemento a unha dieta variada e equilibrada. É máis, o 64 % tan só os considera un capricho.Neste sentido, un 32 % engade que coa informa-ción que se dispón sobre os alimentos funcionais hoxe en día non é suficiente. Esixen mellores explicacións e maior transparencia e veracidade.A pesar de todo, o futuro prevese proveitoso para o mercado dos alimentos funcionais, xa que o 90 % dos consumidores consultados asegura que seguirá tomándoos.

www.consumer.es

afondo

cas ou curativas dunha enfermidade humana aos alimentos. En ningún caso se alentará o consu-mo excesivo dun determinado alimento, nin se suxerirá que a dieta equilibrada e variada non pode proporcionar cantidades adecuadas de nu-trientes en xeral.A pesar de todo, o 73 % dos enquisados conside-ra que a etiquetaxe dos alimentos funcionais é o suficientemente claro. Pero o 27 % é máis crítico e apunta a unha falta de información e a unha letra excesivamente clara e con demasiadas pa-labras técnicas, e esixen unha maior claridade e orde nas explicacións.

Para atoParse mellorÉ un feito que a demanda dos alimentos fun-cionais é alta e crece continuamente, xa sexa porque asistimos a un abandono dos hábitos alimentarios saudables e necesitamos equili-brar a nosa dieta cos nutrientes necesarios ou porque percibimos os alimentos como “medica-mentos milagrosos”.Durante a enquisa, EROSKI CONSUMER com-probou que un 55 % dos entrevistados os toman diariamente, outro 26 % semanalmente, un 5 % mensualmente e outro 14 % con menor fre-cuencia. Por comunidades autónomas, é na de Valencia onde se toman máis asiduamente.Cando os consomen, todos eles buscan basica-mente mellorar as defensas do organismo, re-ducir o colesterol, adelgazar ou manter o peso e mellorar o tránsito intestinal e a saúde dos ósos. Por sorte, nove de cada dez engade que os alimentos funcionais que toman son un com-plemento da súa dieta e só un 8 % di substituír algún alimento ou comida do día con eles.

CONSUMER nunca comprou alimentos funcio-nais. Son en maior proporción os homes, os en-trevistados maiores de 65 anos, os orixinarios de Galicia e quen non sofre ningunha doenza.E que tipo de produtos funcionais adquiren? Xeralmente iogures, leite, cereais, galletas, ba-rriñas ou aperitivos e pan. Elíxenos basicamente por dúas funcións principais: son baixos en graxa e están enriquecidos en fibra. Tamén optan polos probióticos e enriquecidos con calcio e omega 3. O lugar onde os adquiren é principalmente o supermercado, así o asegura o 82 % dos enquisa-dos. Outro 37 % menciona o hipermercado.

a etiquetaSe a etiqueta é unha ferramenta indispensable para o consumidor, a dos alimentos funcionais éo con máis razón. E máis se cabe cando o 43 % dos consumidores enquisados se sente confuso respecto deles e non sabe que pensar.Con todo, só o 41 % asegura que sempre le a etiquetaxe dos alimentos funcionais que compra. En maior medida son os homes, os consumido-res de entre 25 e 44 anos, os procedentes da Comunidade Valenciana e aqueles con estudos universitarios e posgraos. Con todo, o resto só o fai ás veces ou nunca. Estes últimos supoñen un 29 % do total de persoas entrevistadas.Entre as persoas que din ler a etiquetaxe, o 80 % fíxase nas datas de caducidade, un 57 % na lista de ingredientes, o 39 % na información nutricional, o 14 % nos beneficios do alimento e o 11 % nas recomendacións de consumo e na procedencia.A publicidade e a etiquetaxe dos alimentos fun-cionais están reguladas pola Unión Europea, quen establece as regras que deberá cumprir a industria alimentaria para poder afirmar que un alimento contén determinadas propiedades saudables (o que se coñece como “alegación”). E é que para iso son necesarias probas cien-tíficas aceptadas. A actual lexislación prohibe atribuírlles propiedades preventivas, terapéuti-

2726

Sen trampas nin enganosO Goberno vasco e a Fundación Vasca para a Seguridade Agroali-mentaria préstanlles especial atención ás declaracións nutricio-nais e de propiedades saudables dos alimentos funcionais.

Principios xerais para todas as declaracións: Non deberán ser falsas, ambiguas ou enganosas. Non deberán dar lugar a dúbidas sobre a seguridade e a adecuación nutricional doutros alimentos. Non deberán alentar o consumo excesivo dun alimento. Non deberán afirmar, suxerir ou dar entender que unha dieta variada e equilibrada é insuficiente para achegar as cantidades adecuadas de nutrientes. Non deberán referirse a cambios nas funcións corporais que poidan xerar alarma ou medo no consumidor. Non deben ser incoherente cos principios de nutrición e saúde xeralmente aceptados, fomentar o consumo excesivo de calquera alimento ou desacreditar as boas practicas dietéticas.

Só se autorizará a declaración cando: Se demostre cientificamente un efecto beneficioso derivado da presenza, ausencia ou contido reducido da substancia sobre a que se fai a declaración. A substancia obxecto de declaración está presente nunha cantidade significativa para producir o efecto beneficioso. A substancia obxecto da declaración está ausente ou reducida nunha cantidade suficiente para xustificar o efecto beneficioso. A substancia obxecto de declaración se atopa nunha cantidade asimilable polo organismo. A cantidade de produto que razoablemente poida consumirse achega a cantidade necesaria (do compoñente obxecto da declaración) para producir o efecto beneficioso. O consumidor medio pode entender a declaración. A declaración fai referencia aos alimentos listos para o seu consumo.

Restricións ao uso de declaracións e exencións:

Non se poderán facer declaracións en todos os produtos alimenticios. O regulamento prohibe explicitamente o seu uso nalgúns alimentos e establece condicións noutros. Nas bebidas que posúan unha gradación alcohólica superior ao 1,2 % en volume non se poderán facer declaracións de propieda-des saudables. Non se permiten alusións ao ritmo ou á magnitude da perda de peso. Non se autorizarán declaracións que suxiran que a saúde pode verse afectada se non se consome o alimento para o que se fai a declaración. Non se autorizarán declaracións nas que se faga referencia a recomendacións de médicos individuais ou outros profesionais da saúde. Só se poderán facer declaracións de propiedades saudables en alimentos ou categorías de alimentos que cumpran un determi-nado perfil nutricional.