como usar o_aula_virtual2013

10
Como usar a aula virtual

Upload: ccmc

Post on 26-Jun-2015

59 views

Category:

Education


0 download

DESCRIPTION

Toma de contacto coa aula virtual

TRANSCRIPT

Page 1: Como usar o_aula_virtual2013

Como usar a aula virtual

Page 2: Como usar o_aula_virtual2013

Podedes acceder dende a páxina do instituto, é o máis cómodo.

Esta é a páxina de inicio. Como podedes ver está dividida en tres seccións. Neste momento só prestaremos atención á central, nela tedes todos os departamentos do centro. Pinchade no de Linguas Clásicas e veredes o noso curso: Aula virtual e redes sociais. Pinchade nel.

Page 3: Como usar o_aula_virtual2013

Entrar no curso

Agora tedes dúas opcións de acceso:1.Como convidado. Premento na pestana resaltada en vermello.2.Como usuario cos teus datos de usuario. Tes que introducir os datos na zona marcada en verde.

Neste caso non podedes entrar como convidado así que a introducir o usuario.

Page 4: Como usar o_aula_virtual2013

Inicio de CCMC…e aparece o curso.Repasemos as seccións.

Page 5: Como usar o_aula_virtual2013

Columna centralNesta columna central están os recursos dispoñibles para cada tema.Cada tipo de archivo ten unha imaxe distinta. Neste primeiro tema temos:-Unha presentación.

-Tarefas. -Enlaces a sitios web.-Un libro.-Un foro-Dous pdf

Page 6: Como usar o_aula_virtual2013

Estresados?

Non vos adiantedes que isto é só para ver a estrutura, xa vos estresarei despois.

Page 7: Como usar o_aula_virtual2013

Columnas lateraisVeña seguimos.Agora si que me interesan as columnas laterais.Na páxina xeral non teñen moita importancia pero aquí a columna da esquerda facilita a navegación. Podemos ir directamente a tarefas, recursos, libros, outros cursos…No outro lateral, a columna da dereita pode dicirnos que alumnos entraron recentemente ou que tarefas están a punto de rematar.

Page 8: Como usar o_aula_virtual2013

Barra de navegaciónPara volver á páxina principal dende calquera outra é mellor usar as barras de navegación de moodle. Na imaxe tedes coloreada esa barra. O último, neste caso en vermello, indica onde estás. O intermedio, violeta, leva ao nivel anterior, neste caso ao curso de Ciencias para o Mundo Contemporáneo. O azul, AV, é a páxina principal na que están todos os cursos

Page 9: Como usar o_aula_virtual2013

O teu papelPor agora podedes ter dous papeis:Un pobre mandado chamado alumno.Un pobre mandón chamado profesor. Hai diferenzas importantes entre ambos pero a maior é que eles non poden editar. Tamén hai recursos que teñen unha cor máis clara que o resto e que non están visibles para eles. Neste caso as indicacións sobre a materia non estarían visibles para eles en ningún curso.

Page 10: Como usar o_aula_virtual2013

Un pouco de cotilleo

Probade a entrar no curso de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, CCMC para os amigos.Tedes que entrar como convidados coa chave CCMC, e menos cachondeo coa miña orixinalidade que tedes que facer os deberes.