colección 9
TRANSCRIPT
147
Colección documental. Capítulo IX 1º de Bacharelato.
A Primeira Guerra Mundial. (1914-1918)
O longo camiño cara a guerra. Temor e desconfianza en Europa.
A. A politica exterior de Bismarck. Principios básicos.
“Se neste clima de tensión política hai un estado capaz de traballar polo mantemento da paz, é
Alemaña. Unha Alemña que non se sinte interesada polas cuestións que axitan ás restantes potencias, e que
considerou oportuno, dende a constitución do Imperio, non atacar a ningún dos seus viciños, a menos que a
obriguen.
Pero señores, para cumprir esta dificil, e se cadra ingrata misión, é preciso que Alemaña sexa
poderosa e estea preparada para a guerra... Non temos instinto belicoso. Non temos neces idade de loita;
somos deses estados que o príncipe de Metternich chamaba “estados saturados”.
Desde o acordo de Francfort, o noso primeiro desexo foi manter unha paz o máis duradeira posible
e aproveitala para consolida-lo imperio alemán. Non era unha empresa doada. Acordamos un completo
entendemento con Austria.
A amistade con Rusia non sufriu ningún contratempo durante os períodos de guerra e hoxe non pode
poñerse en dúbida. Non tememos ningún ataque nin politica hostil por parte de Rusia...
A cuestión de saber cales serán as nosas relacións con Francia no futuro, é máis dificil de resolver.
Entre Francia e nós, a paz é dificil porque subsiste entre os dous países un antigo litixio histórico
polo problema das fronteiras...
A superioridade de Francia dependerá das alianzas que teña. Non creo que esas alianzas poidan ter
lugar. O labor da diplomacia é evitar esas alianzas ou prreparar contra-alianzas se tivesen lugar...”
(BISMARCK, O. V.: Discurso no Reichstag o 11 de xaneiro de 1887. En: VOILLIARD, CABOURDIN, DREYFUS e MARX:
Documents d’ histoire, 1851-1971. Ed. Armand Colin, París, 1964. Paxs. 145-147)
B. A politica exterior de Bismarck. O sistema de alianzas.
“Considerando, finalmente que un acordo estreito entre Austria-Hungría e Alemaña non pode ameazar
a nadie, senon máis ben consolidar a paz europea xurdida dos acordos do Tratado de Berlín.
SS.MM. O Emperador de Austria e Rei de Hungría e o Emperador alemán, comprométense
solemnemente a non dar xamais unha interpretación agresiva ó seu acordo puramente defensivo...
Art. 1. Se, contrariamente ó que cabe esperar e ó desexo sincero das dúas Altas Partes contratantes,
un dos imperios chegara a ser atacado por Rusia, as dúas partes estarán obrigadas a prestarse axuda mútua
coa totalidade das súas forzas militares e, igualmente, a non concluir a paz por separado...
Art.3. Este tratado, de conformidade co seu carácter pacífico e para evitar toda falsa interpretación,
será mantido en segredo polas dúas Altas Partes contratantes...
(Tratado de alianza austro-alemán. Feito en Viena, a 7 de outubro de 1879)
C. A formación dos bloques. Alianza franco-rusa.
“Francia e Rusia, animadas dun mesmo desexo de conservar a paz, sen outra finalidade que atender
ás necesidades dunha guerra defensiva, provocada por un ataque das forzas da Triple Alianza contra unha
delas, conveñen as seguintes disposicións:
1ª. Se Francia é atacada por Alemaña, ou por Italia sostida por Alemaña, Rusia empregar'qa todas as
súas forzas dispoñibles para atacar a Alemaña. Se Rusia é atacada por Alemaña, ou por Austria sostida por
Alemaña, Francia empregará todas as súas forzas dispoñibles para loitar contra Alemaña...
3ª. Estas forzas empregaranse a fondo e con toda dilixencia, de maneira que Alemaña teña que loitar
á vez no leste e no oeste...
148
7ª. Todas as cláusulas enumeradas anteriormente serán mantidas en riguroso segredo.”
(Tratado franco-ruso. 18 de agosto de 1892)
D. A formación dos bloques. A Triple Alianza.
“As Súas Maxestades.
O Emperador de Austria e Rei de Hungría, o Emperador de Alemaña, Rei de Prusia, e o Rei de Italia,
animados do desexo de aumentar as garantías da paz xeral, de fortificar o principio monárquico e de asegurar
con isto mismo o mantemento intacto da orde social e política nos seus Estados respectivos, acordaron a
conclusión dun tratado que, en virtude da súa natureza esencialmente conservadora e defensiva, non persigue
outro fin que o de precaverlles contra os perigos que puideran ameazar a seguridade dos seus Estados e a
tranquilidade de Europa.
Artículo 1. As Altas Partes contratantes prométense recíprocamente paz e amistade, e non entrarán
en alianza ou compromiso algún dirixido contra calquera dos seus Estados. As Altas Partes contratantes
comprométense a proceder a un intercambio de ideas a cerca das cuestións políticas e económicas de carácter
xeral que puideran sobrevir, prometéndose ademais mutuo apoio dentro do límite dos seus propios intereses.
Artículo 2. No caso de que Italia, sin mediar provocación pola súa parte, fose atacada por Francia por
calquera motivo, as outras dúas partes contratantes estarán dispostas a prestar á Parte atacada socorro e
axuda con todas as súas forzas. A mesma obrigación incumbirá a Italia en caso dunha agresión non
directamente provocada de Francia contra Alemaña.
Artículo 3. Se unha ou dúas das Altas Partes contratantes, sen provocación directa pola súa parte,
chegasen a ser atacadas e a encontrase empeñadas nunha guerra con dúas ou máis grnades potencias non
firmantes do presente tratado, o “casus foederis” presentaráse simultaneamente para todas as Altas Partes
contratantes.
Artículo 4. No caso de que unha gran potencia non firmante do presente tratado ameazase a
seguridade dos Estados dunha das Altas Partes contratantes e, en razón disto, a parte ameazada se vise
forzada a facerlle a guerra, as outras dúas obríganse a observar con respecto á súa aliada unha neutralidade
benévola...
Artículo 5. Se a paz dunha das Altas Partes contratantes chegase a ser ameazada nas circunstancias
previstas nos artículos anteriores, as Altas Partes contratantes poranse de acordo no tempo útil sobre as
medidas militares a adoptar con miras a unha eventual cooperación. Para todo caso de participación común
nunha guerra, as Altas Partes contratantes comprométense, desde agora mesmo, a non concluir nin armisticio,
nin paz, nin tratado senon de común acordo entre os tres.
Artículo 6. As Altas Partes contratantes prométense recíprocamente o segredo, tanto sobre o
contido como sobre a existencia do presente tratado.
Artículo 7. O presente tratado manterase en vigor durante o especio de cinco anos, a partir do día
de intercambio de ratificacións.
Artículo 8. As ratificacións do presente tratado serán intercambiadas en Viena no prazo de tres
semanas, ou antes se fose posible.
Feito en Viena o día 20 de maio de 1882.
(Primeiro Tratado da Triple Alianza, en Viena, o 20 de maio de 1882.En: LÓPEZ-CORDÓN, M. V. e MARTÍNEZ CARRERAS,
J. U.: Analisis y comentarios de Textos Históricos. T. II. Edad Moderna y contemporánea.. Ed. Alhambra. Madrid, 1978. Paxs.
290-291)
E. A formación dos bloques. Acordo colonial fraco-británico ou “Entente Cordiale”.
Art. 1. O goberno da S.M. británica declara que non ten intención de cambiar o status político de
Exipto. Pola súa parte, o goberno da República francesa declara que non porá obstáculos á acción de Inglaterra
neste país.. . Acéptase que a Dirección Xeral de Antigüidades de Exipto siga como agora confiada a un sabio
francés. As escolas francesas de Exipto seguirán tendo a mesma liberdade que ata aquí.
Art.2. O goberno da República francesa declara que non ten a intención de cambiar o status político
de Marrocos. Pola súa parte, o goberno de S.M. británica recoñece que lle corresponde a Francia,
149
especialmente como potencia que linda en grande extensión cos de Marrocos, conservar a orde neste país e
facilitarlle axuda para todas as reformas administrativas, económicas, financeiras e militares que precise...
Art. 4. O comercio dunha e outra nación con Marrocos e con Exipto gozará do mesmo trato no tránsito
a través das posesións francesas e británicas en África...
Art. 7. Coa fin de asegurar o libre tránsito do Estreito de Xibraltar, ambos gobernos conveñen en non
permitir que se levanten fortificacións ou obras estratéxicas na parte da costa marroquí.”
(Tratado entre Fran cia e Gran Br etaña . Londres , 8-IV-1904. E n: Historia do Mundo Contemporáne. 1º de b acha relat o. Cons orcio
editorial galeg o. A Coruña, 20 03. Pax. 176)
F. O ambiente prebélico. A paz e a guerra vistas desde Inglaterra.
“Os dous grandes obxectivos da politica de Bismarck son:
1. A supremacía de Alemaña en Europa e da raza alemana no mundo.
2. A neutralización do poder e da influencia da raza latina en Francia e en calquera outro lugar.
Para conseguir estes obxectivos non se deterá diante de nada mentres viva, polo que debemos estar
preparados para calquera sorpresa no futuro ( ... ). Teño a sensación de que o restablecemento do futuro
equilibrio de poder en Europa sobre a base dunha paz xeral é o obxectivo diplomático polo que debemos
traballar, e que nada pode facerse mentras os alemáns teñan conseguido o seu ouro francés e os franceses
se desfagan dos soldados alemáns: Os alemáns, como vostede sabe, ven a guerra de vinganza como algo
inevitable e están facendo inmensos preparativos para isto.”
(Lord Russell a Lord Layan, 1873)
G. O ambiente prebélico. O odio alemán a Inglaterra.
“¿Qué nos importan Rusia ou os frnaceses?... , golpe por golpe, bota por bota.
Non os amamos, non os odiamos: protexemos o Vístula e os pasos dos Vosgos. Non sentimos máis que
un só odio. Amamos en común, odiamos en común. Non temos máis que un inimigo.
Todos o coñecedes.
Todos o coñecedes.
Agazapado detrás do mara grisáceo, cheo de envexa, de maldade, de carraxe e de astucia, separado
de nós por augas máis mestas que o sangue.
Non temos todos máis que un odio.
Non temos todos máis que un inimigo: Inglaterra.”
(LISSAUER,Ernst: Canto de odio contra Inglaterra (Hassgesang). En: FERR O, M.: La Gran Guerra (1914-1918). Ed. Alta ya. Col.
Grandes Obras de Historia, nº 36. Barcelona 1997. Pax. 53)
H. O ambiente prebélico. A guerra na prensa.
“Francia aínda non está disposta para o combate; Inglaterra está atormentada por dificultades
interiores e coloniais. Rusia teme moito a guerra, porque ten medo a unha revolución interior. ¿Imos agardar
que os nosos adversarios estean dispostos ou debemos aproveitarnos do momento favorable para provocar a
decisión? Velaquí a dificil cuestión que se trata de resolver.
O exercito austríaco é aínda fiel e útil; Italia está aínda firmemente comprometida coa Triple
Alianza... Podemos, igualmente, contar, chegado o caso, con Turquía e Romanía. Temos así todas as de gañar,
poderiamos dirixir os mandos da política europea, mediante unha ofensiva decidida e poderiamos asegurar o
noso porvir.
Isto non quere dicir que debamos provocar a guerra, pero alín onde se prduza un conflicto de
intereses... non deberiamos retroceder, senon facelo depender da guerra e comenzar esta por unha ofensiva
resolta; pouco importa o pretexto, pois non é isto do que se trata, snon de todo o noso porvir que está en
xogo.”
(Artigo en “Die Post”. 24-II-1914.En: ALFEI RAN R ODR IGUEZ , X. e ROME RO MA SIÁ, A.: Historia do mundo contem poráneo.
1º de bacharelato. Consorcio editorial galego. A Coruña, 2003. Pax. 180)
150
I. O ambiente prebélico. A actitude dos intelectuais.
“Durante os calurosos días de finais de xullo, eu estaba en Cambridge, discutindo a situación con todo
o mundo. Consideraba imposible crer que Europa estivese tan tola como para precipitarse á guerra, pero eu
estaba convencido de que, se chegaba a haber guerra, Inglaterra veríase involucrada. Eu desexaba vivamente
que Inglaterra permanecera neutral, polo que recollín firmas dun amplo número de profesores e compañeiros
para unha declaración que, a tal efecto, apareceu no Manchester Guardian. O día que a guerra foi declarada,
case todos eles cambiaron de pensar. Botei a tarde paseando polas rúas, especialmente nas proximidades de
Trafalgar Square, observando a un entusiasmado xentío que me facía a min mesmo sensible a tales emocións.
...Eu supuxera inxenuamente o que a maioría dos pacifistas afirmaban: que as guerras eran unha
imposición de gobernos despóticos e maquiavélicos sobre unha poboación que as rexeitaba...”
(RUSSELL, Bertrand: Autob iography, 1951)
J. O ambiente prebélico. O militarismo alemán.
“Nos círculos militares de aquí estase en perfecta forma. Hai xa meses, o Xefe do e Estado Maior,
Von Moltke, expresou a idea de que o momento era militarmente tan favorable que non se podería dar outro
nun prazo breve. Os motivos aducidos eran:
1. Superioridade da artillería alemana, Francia e Rusia non posúen obuses e non poden, de feito,
combater contra unha tropa cuberta por un tiro desde arriba.
2. Superioridade das armas de infantería alemanas.
3. Instrucción deficiente das tropas francesas.”
(LER CHE NFE LD,( encargado de asuntos de Baviera en B erlín). Carta a H ertling (minist ro-presidente d e Baviera). 31-VII-1914.
En: ALFE IRAN RODR IGUEZ , X. e ROME RO MA SIÁ, A. O bra citada , pax. 181)
K. O ambiente prebélico. A resistencia dos pacifistas.
“... Nesta situación intolerable, nós, representantes de partidos socialistas, de sindicatos e de
minorías destas organizacións, alemáns, franceses, italianos, rusos, polacos, letóns, romaneses, búlgaros,
suécos, noruegos, holandeses e suízos; nós que non nos situamos no terreo da solidariedade nacional cos nosos
explotadores, senón que permanecemos fieles á so lidariedade internacional do proletariado e á loita de crases,
reunímonos aquí para reanudar os lazos rotos das relacións internacionais, para chamar á crase obreira a
recobrar a conciencia de si mesma e lanzala á loita pola paz.
Esta loita é a loita pola liberdade, pola fraternidade dos pobos, polo socialismo. Hai que emprender
esta loita pola paz, pola paz sin anexións nin indemnizacións de guerra... O dereito dos pobos a dispor deles
mesmos debe ser o fundamento inquebrantable na orde das relacións de nación a nación.”
(Manifesto aproba do pola confe rencia de Z immer wald en setem bro de 191 5. En: Histo ria del s ocialis m o. E l socia lismo
democrático. Ed. Laia, Barcelona, 1977. Pax. 189)
L. O aumento da agresividade. A “Politica Mundial” ou weltpolitik.
“(...) O diputado Groeber pídeme unha explicación oficial do térmo “politica mundial”; resposto que esta
palabra significa cumplir cos deberes que nos impon o desenvolvemento da nosa industria, do noso comercio
(...).
É imposible parar o crecemento dos nosos intereses de ultramar. Non podemos mutilar o noso
comercio, a nosa industria, o traballo, a actividade e a intelixencia do noso pobo. Non soñamos cunha politica
de expansión agresiva; queremos simplemente protexer os importantes intereses que nos producíu o
desenvolvemento normal das cousas en todas as partes do mundo.”
(Discurso do c hanceler Vo n Bülow per ante o Parlam ento alem án. 1908)
M. O aumento da agresividade. Relacións entre Servia e Austria.
“A historia destes últimos anos, e especialmente os acontecementos do 28 de xuño, demostraron a
existencia en Serbia dun movemento subversivo cuio fin é separar da monarquía austro-húngara algunhas partes
do seu territorio (...). O goberno real servio debe comprometerse a:
151
1. Suprimir toda publicación que excite ó odio e ó menosprezo da monarquía (...).
2. Eliminar inmediatamente a sociedade chamada Narodna Odbrana* e confiscar todos os seus medios
de propaganda (...).
3. Eliminar sin demora a instrucción pública en Serbia (.. .), todo o que sirva ou poida servir para
fomentar a propaganda contra Austria-Hungría.
4. Separar do servicio militar e da administración a todos os oficiais e funcionarios culpables da
propaganda contra a monarquía austro-húngara, dos que o goberno imperial e real se reserva o comunicar os
feitos e os nomes ó goberno real (...).
6. Abrir unha enquisa xudic ial contra os participantes no complot do 28 de xuño que se atopan en
territorio serbio (...).
8. Impedir o concurso das autoridades serbias no tráfico ilegal de armas e explosivos a través da
fronteira.
O goberno imperial e real espera a resposta do goberno real o máis tarde ata o sábado 25 deste mes, ás cinco
da tarde.”
(Do goberno de Austria-Hungría ó goberno de Serbia, 23 de xullo de 1914)
*Narodna Odbrana ou Mano Negra era o nome popular co que se coñecía a organización secreta serbia Ujedinjenje ili Smrt (Unidade ou Morte),
fundada por xoves oficiais do exercito serb io en 1911. O seu obxect ivo era a unión de todos os servios que vivían baixo os imperios turco e
austro-húngaro nun só Estado. Os seus métodos incluían o terrorismo de inspiración anarquista.
N. Desencadeantes da contenda. O asasinato de Saraxevo.
“Gabrilo Príncipe foi o mozo serbobosnio que cometeu o atentado do 28 de xuño de 1914 que lle custou
a vida ao herdeiro da Coroa Austrohúngara e foi o detonante do inico da Gran Guerra. A organización deste
magnicidio é motivo de controversia entre os historiadores. Sábese que contou coa colaboración da
organización nacionalista serbia, A Man Negra, pero non se pode determinar ata que punto estivo implicado o
goberno servio dirixido por N. Pasic. A Man Negra estaba dirixida polo coronel que mandaba nos servicios de
información do exercito servio, o coronel Dimitrievitch, e nela militaban oficiais do exercito e da policiá servia.
Cando rematou a guerra o presidente Pasic ordenou a súa detención e morreu fus ilado. O historiador M. Ferro
sosten que o presidente servio, Pasic, advertira ó goberno de Viena da inoportunidade da viaxe dos herdeiros
da Coroa a Saraxevo, xa que o goberno de Belgrado non era quen de controlar os movementos terroristas
serbobosnios. Outro prestixioso historiador da época, Pierre Rnouvin, mantén que está comprobado que os
asasinos recibiron as armas de Belgrado coa complicidade da garda fronteiriza serbia.”
(BRAGADO RODRIGU EZ e outros:Historia do mundo contem poráneo. 1º de bachare lato. Ed. Xerais. Vigo , 2002. Pax. 209 )
O. Desencadeantes da guerra. Ultimátum de Alemaña a Rusia.
“Despois de que a pesar das negociacións de mediación en curso, e aínda cando nós, ata este momento,
non temos tomado medida algunha de movilización (preparaciónspara a guerra), Rusia movilizou contra nós todo
o seu exercito e a súaarmada. (Para a seguridade do noso Imperio, a consecuenc ia de) estas medidas rusas
obrígannos, para seguridade do Imperio, a proclamar o inminente perigo de guerra (ou a movilización que
significa a guerra que a guerra ha seguir), que non significa aínda a movilización. Pero a movilización hase
producir en caso de que Rus ia dentro de doce horas non anule toda medida militar contra nós e contra Austria-
Hungría e nos dea explicacións sobre o feito. Rogo llo transmita de contado ó señor Sassonow e telegrafíe a
hora da comunicación. [B(ethmann) H(ollweg)]. (Exclusivamente para a súa información confidencial). Eu (teño
fundamentos para crer) sei que Swerbeyew onte (pola tarde) telegrafiou a Petersburgo que nós nos tiñamos
movilizado; o que non é certo ata este momento (ata onte non tiñamos tomada ningunha medida militar).
(B(erlín) 31.7.14 . Minuta da propia man do cha nceler Bethm ann-Hollweg para o telegram a ó embaixador alem án en Petersburg o,
recollido en GOT Z, W.: Historia Universal, t. X, A época do imperialismo, 1890-1933. Ed. Espasa-Calpe, Madrid, 1936)
P. Desencadeantes da guerra. Xustificac ións da delaración de guerra a Alemaña por parte de Inglaterra.
“A) Edward Grey, ministro de Asuntos Exteriores:
O meu punto de vista persoal é este: a frota de Francia está no Mediterráneo, As súas costas do
152
Norte e do Oeste están sen protección. Se unha frota estranxeira chega e os ataca, Inglaterra ten a
obrigación de actuar...
Se a independencia de Bélxica desaparece, ocorrería o mesmo coa independencia de Holanda.
Considerade agora os intereses británicos que estarán en xogo se nos mantemos lonxe de semellante crise.
¿É que o que teñamos aforrado en forzas ó final da guerra vaia compensa-lo perdido en prestixio? De calquera
xeito, sufriremos espantosamente esta guerra. O noso comercio de exportación hase deter, ou se manterá
igual no mellor dos casos, estaremos na imposibilidade de cambia-lo que vai chegar no transcurso da guerra:
toda Europa occidental, agás nós , caerá baixo a dominación dunha soa potencia.
B) Lord Asquith, Primeiro Ministro:
Combatemos polo principio de que as pequenas nacións non sexa esmagadas, contra toda lealdade
internacional, pola vontade arbitraria dunha potencia superior, non creo que haxa ningunha nación que entrase
nunha disputa coa conciencia tan tranquila coma nós. Non combatemos, en efecto, nin para atacar a alguén nin
para soste-los nosos propio intereses; senón pola defensa de principios dos que depende a civilización do
Universo.”
(TACE L, M.: Le Royaume-Uni (1867-1980): Ed. Masson. París, 1981, pax. 113)
Os recursos das potencias. Unha enorme capacidade destructiva.
Q. Os exercitos en liza. Número de efectivos.
AS FORZAS DAS POTENCIAS CENTRAIS E DA ENTENTE EN AGOSTO DE 1914
Recursos:Potencias centrais
(Alemaña. Austria-Hungría)
Entente
(Francia, R. Unido, Rusia,
Belxica e Servia)
Poboación 120.000.000 240.000.000
Soldados 1.000.000 2.000.000
Divisións 160 200
Flota 40 acorazados e 54 cruceiros 85 acorazados e 148 cruceiros
R. Os recursos das potencias. A potenc ia industrial
153
S. Os recursos das potencias. A potencia naval.
T. Os recursos das potencias. A carreira armamentista.
154
As alianzas militares europeas en 1914. Fonte:
www.historiasiglo20.org
U. Os recursos das potencias. Personal naval e militar das potencias.
V. O sistema de alianzas nos comenzos da guerra. Os escenarios da guerra.
155
O desenvolvemento da guerra. Movementos e posicións.
W. Os planos estratéxicos. O Plan Schlieffen.
“Despois da guerra de 1870-71 (entre Francia e Prusia) fíxose evidente que unha guerra simultánea
contra Francia e Rusia sería a proba máis perigosa para a estabi lidade do novo Imperio alemán. .. Nunha guerra
así, atopariámonos na “liña interior”. Raramente, nese caso, un é o bastante forte comopara atacar aos dous
adversarios ao mesmo tempo. A conducta a seguir é a mesma en todos os manuais: atendese primeiro a un
adversario e logo ao outro, ao que se contivo ata ese momento. Así actuou xa Federico O Grande durante a
Guerra dos sete anos... e Napoleón... Entón era preciso conseguir, mediante a rapidez das marchas e a
conservación do segredo das operacións, o que hoxe nos proporcionan os ferrocarrís. A manobra parece sinxela,
pero a súa execución é extremadamente dificil. ¿Contra que adversario volverse primeiro? ¿Ata que punto levar
esta operación? ¿Cando abandonala? ¿Como conter ao outro adversario ata que chegue o momento? ... O conde
Schlieffen decatouse deseguida de que os franceses eran o inimigo máis poderoso, o máis ameazador, ao que
había que atacar con tanta superioridade numérica como fose posible... Nos anos seguintes, o conde Schlieffen
foi acentuando progresivamente a idea de envolvemento. O ataque de fronte foi abandonado ... Atravesando
Bélxica e o norte de Francia coma un poderoso rodete, desbordariamos toda posición francesa que nos
atoparamos. O teatro de operacións estendíase, creando espacio para un exercito inmenso... Era preciso
aniquilar o exercito francés.”
(VON KUHL (Xeneral alemán, Xefe do I Exercito na invasión de Bélxica e Francia en 19 14). O Alto Estado Maior alemán antes
e durante a I Guerra mundial. 1920. En: ALFEIRAN RODRIGUEZ e ROMERO MASIÁ: Obra citada. Pax. 185)
X. Estratexias. As trincheiras.
“Nas tropas enfrontadas, a instalación dun frente defensivo contínuo convértese na preocupación
inmediata; este fronte equípase rapidamente... Pouco a pouco queda constituído por dúas posicións paralelas,
separadas por unha distancia de 3 ou 4 km. O sistema defensivo complétase con centros de resistencia; os
defensores poderían operar, mediante fogos de branco, contra a infantería inimiga, se esta conseguise toma-la
primeira posición.
No sucesivo, a ofensiva choca con grandes dificultades. Para que o asalto da infantería poida triunfar,
é preciso abrir unha ferida nos aramados para permitirlle o paso, neutralizar momentáneamente o fogo dos
ocupantes da trincheira inim iga, e non deixar que os homes amontoados nos refuxios teñan tempo de saír. A
artillería é a que debe realizar esta preparación do ataque. Pero os progresos da fortificación poñen de seguida
os refuxios a proba de obuses lixeiros, e o tiro tendido da artillería de campaña está mal adpatado para a
destrución dos aramados ou das trincheiras. É preciso desenvo-la artillería pesada e crear unha “artillería de
trincheira” que utilice aparatos de tiro curvo. O armamento mesmo da infantería non se adapta xa ás novas
condicións de combate: a granada de man é a arma indispensable para alcanzar, a curta distancia, ó adversario
protexido na súa trincheira. Por último, a aviación, que durante a campaña de 1914 só cumprira misións de
exploracións, debe facer fronte a novas tarefas: é a encargada de fotografi-las posicións inimigas , de regula-lo
tiro da artilleria, de vixiar na retagarda inimiga os indicios que poidan revela-la preparación dunha ofensiva, de
bombardea-los depósitos de material e de municións, os convois de abastecemento, e por suposto, as tropas
cando se ven obrigadas a moverse durante o día.”
(RENO UVIN, P.: La Primera Guerra Mundial. Ed. Ooikos-tau, Barcelona, 1972. Paxs. 35-36)
Y. Estratexias. A guerra de movementos.
“Seguindo as previsións do plan Schlieffen, baseado no cálculo de que o exercito ruso precisaría varias
semanas para colocar no frente toda a súa potencia, os alemáns atravesan Bélxica e lanzanse sobre Francia,
empurrando ós ingleses cara Mons e ós frnaceses cara Charleroi. A “batalla das fronteiras” revela o erro de
cálculo do Estado Maior francés sobre os efectivos xermanos. Moltke continúa a penetración e o goberno
francés abandona París. O 2 de setembro as vangardas alemanas chegan a Senlis, a 25 km. Da capital francesa.
O contraataque, planificado por Jofre, concentrase no Marne, donde se colocou a ala dereita alemana. Os
alemans corrían o perigo de ser desbordados, de ver cortadas as súas comunicacións. A batalla do Marne supón
o fracaso do plan Schlieffen e provoca a sustitución de Moltke por Falkenhayn como generalísimo alemán.
Fracasado o avance en punta cara París, os alemans inic ian as batallas de Flandes , a carreira cara o mar,
156
ocupando sucesivamente Iprés, Gante e Bruxas. Aseguran deste xeito as súas comunicacións a través das
chairas belgas, pero en troques de renunciar ó afundimento de Francia. Un frente de 800 km., desde a costa
do canal da Mancha á fronteira suíza, sinala a situación dos exercitos. No Oeste fracasou o plan de movementos
en profundidade dos alemans.”
(FERN ÁND EZ, A. : Historia del mundo contemporáneo. Ed. Vicens -vives. Col. Textos de orientación universitaria. Barcelona,
1980. Paxs. 268-269)
Z. Estratexias. A coorde nación do mando.
“Un dos maiores erros cometidos pola nosa coalición durante a aúltima guerra foi a falta de dirección
nas operacións...
A posición xeográfica dos nosos adversarios, agrupados nun único bloque, compensábaos en certo modo
da falta de unidade no mando; eles tiñan a liberdade de concentra-los seus esforzos nopunto e na hora que
escollesen. Pola contra, o noso campo atopábase dividido en tres faccións: o grupo occidental, no que inclúo as
forzas italianas coas que nos comunicabamoslibremente, o grupo dos exercitos aliados de Oriente e os
exercitos rusos...
Para facer unha idea das dificultades coas que eu chocaba, abonda pensar que, no canto de “mandar”
(que é a única maneira de conduci-las operacións militares), estaba obrigado a persuadi-los xenerais en xefe
aliados, algúns dos cales, como Haig e Cardona, eran os meus iguais e outros, como o Rei dos belgas, o Zar e
o príncipe Alexandro de Servia, unían ás súas funcións militares as de Xefes de Estado. Engádase a isto que
todos eses comandantes en xefe, sen distinción, estaban limitados na súa iniciativa e na súa boa vontade por
trabas políticas e así se terá unha idea cabal das condicións en que se formulaba cada problema estratéxico
pendente de resolución.”
(GIRALT, ORTEGA e ROIG: Text os, ma pas y crono logía d e hist oria moderna y contemporánea. Ed. Teide, Barcelona, 1976. Pax.
377)
Z. 1. Estratexias. Operacións no frente oriental.
“Cuartel Xeneral, 26 de xullo de 1915.
A Vosa Maxestade Imperial e Real dígnese considerar a exposición que, respetuosamente e en
cumprimento do meu deber, lle fago da situación en que, ó meu xuízo, se atopa actualmente a guerra:
Ante os exercitos do mariscal Von Mackensen retírase o inimigo na dirección de Brest-Litovsk. É
verosímil que traslade as súas forzas, ben contra o grupo de Gallwitz, ben na direcc ión de Wilna.
A forza ofensiva dos exercitos do mariscal Von Mackensen parece esgotada no esencial polas
contínuas loitas; isto fai problemático o éxito da operación ordenada pola Vosa Maxestade. O Vístula medrou
a consecuencia das contínuas chuvias. Ó meu xuízo, non pode realizarse o paso do río Iwangorod e Varsovia
mentras o inimigo se atope en posesión da ribeira dereita.
O grupo Gallwitz cobrará máis terreo aínda. Pero se o inimigo dispón de novas forzas contra él, a
enerxía ofensiva de dito grupo quedará pronto paralizada; a non ser que reciba inmediatamente reforzos. E
cando obteña éxito, o seu avance non logrará a derrota completa do exercito inimigo. Conseguirá, como moito,
rexeitar ós rusos sbre a liña de Brest-Litovsk-Bielostk. Pero con isto non obtemos a decisión da guerra, a pesar
de todos os éxitos. O ruso ten que ser alacanzado de xeito moito máis sensible aínda. Isto, ademais, dada a
actual situación da guerra, só poderá conseguirse robustecendo o décimo exercito, tomando Kowno e dirixindo
a ofensiva do exercito décimo e do exercito do Niemen contra as comunicacións rusas. Esta operación podería
iniciarse preparando material de ataque sobre Kowno, robustecendo o exercito décimo con partes dos
exercitos do mariscal Von Mackensen, do grupo Woyrsch e do exercito noveno, deste último despois de que
teña executado o seu ataque actual.”
(VON HINDENBUR G, comandante en xefe do frente oriental: Informe ó emperador. En: GOTZ , W.: Histo ria Un iversa l, T. X,
La época del imperialismo 81890-1933). Ed. Espasa-Calpe. Madrid, 1936. Paxs. 456-457)
Z. 2. Novas armas. A aviación.
“...O primeiro combate aéreo de todos os tempos acababa de realizarse. A 5 de outubro de 1914 Frantz
e Quenault abateran a un aviatik (alemán) a tiro de metralladoras. Frantz e Quenault podían permitirse o luxo
157
Bomba química da Primeira Guerra Mundial
dunha metralladora porque voaban a bordo dun Voisin, pesado, lento (90/100 km/hora en voo horizontal), máis
espacioso. A maior parte dos outros aparellos franceses da época non posuían metralladoras: dúas prazas: o
piloto atrás; á fronte, o navegador-observador-combatente. ¿Combatente como? Á carabina. Os rapaces de
hoxe, coñecedores, apaixonados polos foguetes, teñen dificultades para comprender eses combates, para eles
prehistóricos. Os avións aproximábanse a 15, a 10 metros, colocados bordo con bordo, no mesmo sentido. Os
adversarios víanse como eu os vexo; como os pasaxeiros de dous trens marchando para lelamente. Entón o home
da fronte empuñaba a súa carabina e apuntaba, e o seu adversario tamén. Mesmo de tan preto era preciso ser
un certeiro tirador a causa da inestabilidade en altitude. Un duelo á “americana”, como se dixera antes da
guerra. Cando algún sorprendía ó adversario -iso acontecía- por detrás, ou picando, víao de tal maneira ben, de
tan preto -e por veces el non vos vira- que se experimentaba mesmo unha sensación de asasinato. Mesmo un
pouco máis tarde, cando todos os avións tiñan metralladoras (unha ou dúas, atirando a través da hélice), os
pilotos experimentaban aínda esa impresión... Máis a maioría das veces o adversario víavos. Comenzaba entón
nos aires a danza da morte, frecuentemente seguida aqui abaixo por miles de espectadores.”
(BLOND, G.: Verdum . Docu men to nº 2 78. Pa rís. 196 1. En: LÓ PEZ FAC AL, R . e DÍAZ OTER O, A.: Historia do mundo
conte mpo ráneo . 1º Cur so. Ed. Xunta de Galicia. Col. Materiais curriculares. Santiago de Compostela, 1998. Pax. 102)
Z. 3. Novas armas. A metralladora.
Z. 4. Novas armas. As armas químicas.
158
Carro de comb ate francés Re nault F. T. En: www.europa1939.com
Cartel fr ancés: Non p asar án. 191 4-1918 . En:
www.historiasiglo20.org
Z. 5. Novas armas. Carro de combate.
Z. 6. Novas armas. A guerra psicolóxica.
159
Frente oe ste en 1914 . En: www.atlas-historique.net.
Z. 7. A vida cotiá nas trincheiras.
A. As vivencias dun poilu *
“Ises tres días pasados encollidos na terra, sin beber nin comer: os queixidos dos feridos, logo o
ataque entre os boches (alemáns) e nós. Despois, ó fin, para as queixas; e os obuses, que nos estragn os nervios
e nos apestan, non nos dan tregua algunha, e as terribles horas que se pasan coa máscara e as gafas na cara,
¡os ollos choran e escúpese sangue!, despois os oficiais que se van para sempre; noticias fúnebres que se
transmiten de boca en boca no buraco; e as ordes boches dadas en voz alta a 50 metros de nós; todos de pe;
logo o traballo co pico debaixo das terribles balas e o horrible ta-ta-ta das ametralladoras.”
(Carta dun soldado. Verdún, marzo de 1916.
* Poilu (barbudo) era o sobrenome dado ós soldados franceses da Primeira Guerra Mundial. Debíase ó aspecto hirsuto da súa braba, que non
podían afeitar polas deficientes condicións hixiénicas que soportaban.
B. O diario dun soldado.
“Venres 25 de febreiro:
O exercito de 250.000 a 300.000 homes baixo o mando do comandante kronprinz precipítase sobre
as nosas trincheiras que defenden Verdún. Ata agora non aparecemos. Hai que aguantar o golpe sin decaer. As
nosas tropas cederon terreo baixo a avalancha de ferro da gran artillería e baixo a impetuosidade do ataque.
Os comunicados de Berlín, moi tranquilos, din que as liñas francesas foron destruídas sobre un frente de 10
km sobre unha profundidade de 3 km.
As perdas son inmensas en ambolos dous lados. Nos perderamos 3.000 prisioneiros e unha gran
cantidade de material. Os nosos comunicados, moi sobrios, indican que debemos ocupar as posicións de
replegue, pero que o noso frente non fora afundido.
Mércores 29 de marzo:
A batalla de Verdún, a máis longa e a máis espantosa da historia universal, continúa. Os alemáns, cunha
tenacidade inaudita, cunha violencia sin igual, atacan as nosas liñas que machacan e roen (...). Os nosos heroicos
poilus (soldados) están ben a pesar do diluvio de aceiro, de líquidos inflamables e de gases asfixiantes.”
(Doctor M arcel Poisot: Mi diario de guerra, 1914-1918)
Os escenarios da guerra Centroeuropa destruída.
Z. 8. O frente oeste en 1914
160
Frente do s Balcáns en 1915. En: www.atlas-historique.net.
Ofe nsiva a lema na no f rent e oest e en 19 18. www.atlas-historique.net.
Z. 9. Frente dos Balcáns en 1915.
Z. 10. O
frente oeste en 1918
161
Consecuencias da guerra. Dificultades postbélicas.
Z. 11. Os catorce puntos de Wilson e a Paz de París.
“O programa da paz mundial é o noso programa e, este programa, é o único posible tal e como o
concebemos, é o seguinte:
1. Acordos de paz ( ... ), despois dos cales non haberá máis acordos internacionais privados, de calquera
natureza que sexan; a diplomacia procederá franca e públicamente.
2. A liberdade absoluta de navegación sobre os mares, fora das augas territoriais (...).
3. Supresión, en tanto sexa posible , de toas aas barreiras económicas e estabrecemento de condicións
cmerciais iguais para todas as nacións (...).
4. Suficientes garantías (...) Para que os armamentos nacionais sexan reducidos ó límite, extremo
compatible coa seguridade interior dos países.
5. Arreglo libre, nun amplo espíritu e absolutamente imparcial, de todas as reivindicacións coloniais,
baseado sobre o respeto estricto do principio que regula todas as cuestións de soberanía (...).
6. Evacuación de todos os territorios rusos e regulación de todas as cuestións concernentes a Rusia
(...) Para permitir (...) En plena independencia, o seu desenvolvemento politico e nacional; para asegurarlle unha
sinceira aollida na Sociedade de Nacións libres baixo o goberno que ela mesma se teña dado.”
(Mensaxe do Presidente Wilson, xaneiro de 1918)
Z.12. O tratado de Versalles.
“Os Estados Unidos de América, o Imperio Británico, Francia, Italia e Xapón (...) Por unha banda e,
Alemaña, doutra, conviñeron as disposicións seguintes:
42. Prohíbese a Alemaña manter ou construír fortificacións sexa sobre o lado esquerdo do Rhin, sexa
sobre o lado dereito (...)
45. En compensación pola destrucción das minas de carbón no norte de Francia (...), Alemaña cede a
Francia a propiedade das minas de carbón no Sarre (...).
51. Os territorios que foron cedidos a Alemaña en virtude do Tratado de Paz de 1871 (Alsacia e
Lorena) son reintegrados á soberanía francesa (...).
80. Alemaña recoñece e respetará estrictamente a independencia de Austria (...).
87. Alemaña (...) Recoñece a independencia de Polonia (...).
102. A cidade de Danzig (...) Queda constituída como cidade libre e situada baixo a protección da
Sociedade de Nacións (...).
119. Alemaña renuncia (...) A todos os seus dereitos e títulos sobre posesións de ultramar.”
(Anaco do Tratado de Versalles, 1919)
Z. 13. As consecuencias demográficas da guerra.
Países:Poboación total en 1913
(En millóns de habitantes)
Forzas mobilizadas
(Incluídos os continxentes
coloniais)
Mortos e desaparecidos
Alemaña 64,9 13.250.000 2.000.000
Aust ria-Hu ngría 50,6 9.000.000 1.543.000
Fran cia 39,6 8.500.000 1.400.000
Gran Bretaña 45,1 9.500.000 744.000
Italia 36,1 5.600.000 750.000
Rusia 142,6 13.000.000 1.700.000
Estados Unidos 92,0 (1910) 3.800.000 116.000
Bélxica 7,4 (1910) 380.000 41.000
Z. 14. As consecuencias económicas da paz.
162
“A politica de reducir a Alemaña a servidume durante unha xeneración, de envilecer a vida de millóns
de seres humanos e de privar a toda unha nación da felicidade, sería odiosa e detestab le aínda que fora posible,
aínda que nos enrriquecera a nós, ainda que non sementara a decadencia de toda a vida (...) De Europa (...).
O tratado non inclúe ningunha disposición para lograr a rehabilitación de Europa; nada para levantar
a Rusia, nin para promover, dalgunha maneira, unha solidariedade económica estreita entre os aliados mesmos.
Os caracteres que expresan a situación inmediata pódense agrupar baixo tres epígrafes: 1) o
afundimento absoluto para o porvir da productividade interior de Europa; 2) a ruina do transporte e do cambio
que servían para enviar os productos cando e onde máis se precisaban; 3) a incpacidade de Europa para adquirir
productos de Ultramar”.
(Jonh Mayn ard Keyne s: Las consecuencias económicas de la paz, 1919)
Z.15. A Sociedade de Nacións.
“Preámbulo .
As altas partes contratantes, considerando que para fomentar a cooperación entre as nacións e para
garantir a paz e a seguridade importa: aceptar certos compromisos de non recurrir á guerra e manter á luz do
día as relacións internacionais, fundadas sobre a xustiza e o honor, observar rigurosamente as prescripcións
do Dereito internacional (...), facer que reine a xustiza e respetar escrupulosamente todas as obrigacións dos
tratados (...) , adoptan presente pacto, que institúe a Sociedade de Nacións:
Art. 8. Os membros da Sociedade recoñecen que o mantemento da paz esixe a reducción dos
armamentos nacionais ó mínimum compatible coa seguridade nacional e coas obrigacións internacionais (...).
Art. 10. Os membros da Sociedade comprométense a respetar e a manter, contra toda agresión
exterior, a integridade territorial e a independencia politica presente, de todos os membros da Sociedade.
Art. 16.1. Se un membro da Sociedade recurrise á guerra (...) Os demáis membros comprométense a
romper inmediatamente toda relación comercial ou financeira con él, aprohibir toda relación (...) Co Estado que
teña quebrantado o pacto (...).
Art. 16.4. Todo membro que se teña feito culpable de violar algún dos compromisos da Sociedade
poderá ser excluído dela.”
(Pacto da Sociedade de Nacións, 10 de xaneiro de 1920)
Z. 16. Europa despois do tratado de Versalles.
163
Documentos fílmicos relacionados coa unidade temática.
1. Sen novidade na fronte. EE. UU. 1930. Dir. Lewis Milestone. Xénero: bélico. Duración: 130 m.
2. Sen novidade na fronte. EE. UU. 1979. Dir. Delbert Mann. Xénero: drama antibelicista. Duración: 126 m.
3. Sendeiros de gloria. EE. UU. 1957. Dir. Stanley Kubrick. Xénero: drama antimilitarista. Duración: 86 m.
4. Lawrence de Arabia. Reino Unido. 1962. Dir. David Lean. Xénero: aventuras biográfica. Duración: 222 m.
5. Capitan Conan. Francia. 1996. Dir. Bertrand Tavernier. Xénero: drama bélico. Duración: 129 m.
6. O gran desfile. EE. UU. 1925. Dir. King Vidor. Xénero: drama bélico. Duración : 126 m. Película muda.
7. A grande ilusión. Francia. 1937. Dir. Jean Renoir. Xénero; drama bélico. Duración: 95 m.
8. Rei e patria. Reino Unido. 1964. Dir. Joseph Losey. Xénero: drama bélico. Duración: 86 m.
9. Johnny colleu o seu fusil. EE. UU. 1971. Dir. Dalton Trumbo. Xénero: drama bélico. Duración: 111 m.
10. Sarxento York. EE. UU. 1941. Dir. Howard Hawks. Xénero: drama bélico. Duración: 134 m.
11. O barón roxo. EE. UU. 1971. Dir. Roger corman. Xénero: drama bélico. Duración: 97 m.
12. Atentado. O día que cambiou o mundo. 1975. Dir. Veiko Bulajic. Sin datos nos demáis apartados.