coid am os do plane ta - entreculturas...r ealizam os agora unha din m ica con palillos chinos. n...

2
Coidamos do planeta en rede Día Mundial do Ambiente 5 de xuño:

Upload: others

Post on 26-Jan-2021

7 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • Coidamos do planeta

    eenn rreeddee

    DDííaa MMuunnddiiaall ddoo AAmmbbiieennttee55 ddee xxuuññoo::

  • InfantilNo Día Mundial do Ambiente propoñemos unha actividade na que a través dun conto traballamosa necesidade de coidar e comprometernos co noso contorno.

    Finalizamos cun xesto sinxelo que reforza a interdependencia destes coidados no compromiso coambiente celebrando que nenos e nenas coidamos o planeta en rede.

    OBXECTIVOS

    • Reflexionar sobre o coidado do ambiente.• Fomentar a igualdade de responsabilidades co ambiente de nenos e nenas.

    DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

    Disponse ao alumnado en círculo e lese o seguinte conto:

    Dúas pulgas no seu propio Planeta

    Había un irmán e unha irmá pulgas que vivían nun enorme can chamado Planeta.

    As pulgas chamábanse Carlota e Juancho e eran moi alegres e galopinas. Para alimentarse e sobrevivir pica-ban a Planeta.

    Un día Carlota foi dar un paseo por Planeta e picoulle moito, preto da orella. Picoulle tanto que Planeta ano-xouse e sacudiu tan forte o corpo que chimpou con Carlota ao chan do xardín onde vivía.

    Carlota estivo perdida varios días entre o céspede e as plantas, e seu irmán Juancho miraba por ela no corpode Planeta pero non a daba atopado.

    Cando Carlota xa estaba sen forzas, oíu berros:–Carlota, Carlota– gritaba Juancho.–Irmán, onde estás?– respondeu Carlota.–Aquí, en Planeta, sube– dixo Juancho.

    E dando un gran salto de pulga, Carlota volveu montar en Planeta.

    Juancho e Carlota reflexionaron e decidiron que, para non magoar a Planeta, había que picarlle suavemente.Así habíanse poder alimentar sen lle facer mal.

    Desta maneira as dúas pulgas viviron moi felices para sempre coidando de Planeta.

    Como coidamos o noso Planeta?

    Nun ambiente de reflexión preguntámoslles aos nenos e ás nenas sobre o noso propio Planeta.

    Que características ten o Planeta de Carlota e Juancho?

    Que características ten o noso Planeta?Así como as irmás pulgas foron coidadosas co can Planeta, de que xeito somos nós coidadosos co nosoPlaneta?

    Dialogamos sobre tarefas de compromiso co Planeta que poidan facer na casa, como reciclar, ter coidado deapagar as luces cando non sexan necesarias, usar ben a auga, etc. Preguntamos que se fai na casa e quense encarga de facelo.

    Como podemos coidar o Planeta, nenos e nenas? Existen diferenzas entre ambos sobre o coidado? Podemoscoidalo xuntos?

    Eliximos un compromiso como clase que poidamos fixarnos para todos os días e escribímolo nun gran mural.Despois cada neno e cada nena asinará con pinturas de man, poñendo a palma da man sobre un mural, asírecordaremos cada día o compromiso asinado este día.

    Xesto: Coidamos do planeta en rede

    Repártese a cada participante un anaco de corda ou la; díselles a todos que pensen algunha acción que poi-dan facer na súa vida cotiá para coidar do Planeta, e que o anaco de corda recibido é un símbolo deste com-promiso. A continuación unen as súas cordas ás cordas dos compañeiros e compañeiras do lado de xeitoque queden todos e todas conectados.

    Suxerimos poñer unha canción mentres alzan as mans coas cordas enlazadas e se balancean ao son damúsica.

    Este xesto pode realizarse na aula ou no patio con todo o alumnado.

    RECURSOS

    • Papel continuo, pintura de dedos, canción (suxerimos Moving, de Macaco, ou algunha outra relacionada coambiente que poida animar e conectar co alumnado).

    Invitamos ao alumnado a descubrir e celebrar o valor da interdependencia e do coidado do am-biente.

    Dar e recibir coidado é unha das partes máis importantes da vida; as relacións familiares, sociaise económicas encontran un sustento moi importante na medida en que nos responsabilizamosdelas, facémonos cargo e dedicámoslles algún tipo de coidado. Non obstante, os coidados forontradicionalmente vencellados ao rol da muller, privando aos homes de gozar desta actividadee cargando á muller con todo o peso da responsabilidade.

    A interdependencia dos coidados é moi importante no compromiso co ambiente. Ante problemasglobais necesitamos respostas globais e conectadas. Enfocamos este traballo desde un valorpara descubrir: o valor do coidado que, tradicionalmente ligado ás mulleres, queremos faceloextensible a mozos e mozas e descubrir a súa importancia en relación co ambiente.

    OBXECTIVOS

    • Fomentar o compromiso co Planeta desde a interdependencia.• Poñer a disposición de mozos e mozas valores positivos de coidado do Planeta.

    DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

    • Comezamos cunha chuvia de ideas sobre a palabra coidar, que nos evoca?

    • Listaxe 1. Que coidar? A continuación elaboran entre todos e todas unha listaxe o máis ampla posible depersoas e cousas que son susceptibles de coidados (exemplos: bebé, flor, río).

    • Listaxe 2. Quen coida? Agora elaboramos unha listaxe de persoas que coidan poñendo en relación aanterior con esta.

    • Reflexión conxunta:

    Hai diferenza entre homes e mulleres tocante aos coidados?Quen se encargan tradicionalmente dos coidados?Por que son tan importantes os coidados?Quen pode coidar o ambiente?

    Coidados interdependentes

    Realizamos agora unha dinámica con palillos chinos. Necesitamos un espazo despexado na aula ou no centro.

    Dá comezo a actividade cos mozos e mozas de pé e cos ollos pechados. Para iso é conveniente que setapen cun pano ou cinta que lles axude a mantelos pechos durante toda a dinámica.

    O educador ou educadora xúntaos por parellas preferentemente formadas por mozos e mozas e a cada pare-lla entrégalle un palillo chino.

    Cando estean feitas todas as parellas e teñan o palillo correspondente, dálles a seguinte instrución:

    Hai que soster o palillo polo extremo co dedo índice dunha persoa por unha banda e co dedo índice daoutra persoa polo outro extremo.

    Este exercicio debe realizarse en silencio; se cae o palillo deben buscalo entre ambos tamén en silencio ecos ollos pechados.

    O palillo simboliza o ambiente: temos que sostelo sabendo que está nun fino equilibrio.

    • Reflexión grupal:

    Que pasou?Que foi necesario para sostelo?É importante que tanto mozos coma mozas nos comprometamos con este equilibrio?E eu, que podo facer?

    Xesto: Coidamos do planeta en rede

    Repártese a cada participante un anaco de corda ou la; díselles a todos que pensen algunha acción quepoidan facer na súa vida cotiá para coidar do Planeta, e que o anaco de corda recibido é un símbolo destecompromiso. A continuación unen as súas cordas ás cordas dos compañeiros e compañeiras do lado, dexeito que queden todos e todas conectados.

    Suxerimos poñer a canción Moving, de Macaco, (ou algunha outra sobre o ambiente que axude a conectarco alumnado) mentres alzan as mans coas cordas enlazadas e se balancean ao son da música.

    Este xesto pode realizarse na aula ou no patio con todo o alumnado.

    RECURSOS

    • Anaco de corda ou la, palillos chinos, panos para tapar os ollos, música de fondo para a dinámica e can-ción Moving para o xesto.

    No Día Mundial do Ambiente propoñemos unha actividade na que a través dun conto traballamosa necesidade de coidar e comprometernos co noso contorno.

    Finalizamos cun xesto sinxelo que reforza a interdependencia destes coidados no compromiso coambiente celebrando que nenos e nenas coidamos o planeta en rede.

    OBXECTIVOS

    • Reflexionar sobre o coidado do ambiente.• Fomentar a igualdade de responsabilidades de nenos e nenas no coidado do ambiente.

    DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

    Dúas pulgas no seu propio Planeta

    Sentados en círculo, lese o seguinte conto:

    Tempo atrás, Carlota e Juancho, un irmán e unha irmá pulgas moi galopinas, vivían comodamente no lombodun enorme cadelo, chamado Planeta. Instalaran alí a súa casa e para alimentarse picábanlle de cando en vez.Planeta non chegaba coas poutas ao lombo para rascarse, polo que podían vivir tranquilamente se non aban-donaban ese sector, onde construíran a súa casa de pelos.

    Carlota e Juancho eran moi alegres e aventureiros, gozaban moito saíndo da zona protexida de Planeta e indoa lugares onde si chegaban as grandes poutas do cadelo. Pasábano moi ben nestes lugares, pero cando selles ocorría picarlle nas orellas ou no colo, por exemplo, corrían moito risco, sobre todo se Planeta estabaesperto nese momento. Carlota e Juancho moitas veces picábanlle forte, e Planeta molestábase moito, peroeles rían e cos seus brincos de pulga esquivaban as rascaduras. Isto era moi perigoso, pero a estes irmánssó lles importaba pasalo ben.

    Un día Planeta estaba durmindo e Carlota decidiu ir pasear e percorrer o corpo de Planeta, e ademais picarllenoutra zona diferente. Juancho díxolle: –Carlota, agora estou canso; vai ti soa, que che vaia ben, divírtete–.Daquela Carlota partiu cun gran salto de pulga; deu tres saltos máis e xa estaba no fociño de Planeta. Viu osenormes dentes e riu de como respiraba ao durmir.

    Carlota estaba moi tentada a picarlle con forza e así o fixo. ¡¡¡Pifffff!!! Picoulle. Tan forte que Planeta acordoudando un salto e rapidamente pasou a pouta polo fociño. Carlota non foi quen de reaccionar e a pouta empu-rrouna moi lonxe. Planeta púxose a correr e Carlota quedou tirada nun gran xardín totalmente perdida. Juanchodecatouse de todo o que pasaba e púxose a berrar para chamar pola súa aventureira irmá, pero os berroseran febles de máis para que Carlota os oíse. Carlota non sabía onde estaba e tampouco sabía o que facer, epúxose a chorar no medio e medio do xardín. Planeta correra moi lonxe, ao outro lado do gran xardín, o que parao tamaño dunha pulga resultaba imposible de percorrer. Juancho non sabía o que facer, estaba moi preocu-pado, non sabía como nin onde estaba súa irmá.

    Os irmáns pasaron varios días sen encontrarse. Carlota puxérase a percorrer o xardín pero non encontrabasinais de seu irmán nin de Planeta. Empezábanlle a faltar as enerxías, necesitaba picar alguén para ter máisfolgos.

    Cando Carlota xa perdera as esperanzas, de súpeto sucedeu un milagre. Oíu lonxe unha voz que berraba e quelle parecía familiar. Era seu irmán Juancho, que desde o momento en que Carlota se perdera nunca pararade gritar desde a súa casa no lombo de Planeta. Carlota recorreu ás súas últimas enerxías e dando cinco sal-tos puido ver a Juancho e reencontrarse con el.

    –Irmán, irmán! Por fin te atopo, estou moi débil, xa non podo máis– dixo Carlota moi fatigada despois de variosdías sen comer.–Irmá, come un pouco e haste recuperar– dixo Juancho.

    Daquela Carlota pinchou a Planeta suavemente, porque sabía que se abusaba del podía perdelo novamente equizais non o atoparía máis. Juancho ao ver isto díxolle: –Carlota, parece que aprendemos a lección, non si?–.Carlota respondeu: –Aprendemos, Juancho. Nestes días reflexionei sobre a nosa casa e sobre Planeta: sequeremos vivir nel, temos que coidalo moito, pois se abusamos podemos quedar sen nada–.

    E así foi como estes dous irmáns viviron felices para sempre coidando a Planeta, picándolle só as veces ne-cesarias.

    Como coidamos o noso Planeta?

    Nun ambiente de reflexión preguntámoslles aos e ás estudantes sobre o noso propio Planeta.

    Que características ten o Planeta de Carlota e Juancho? Que características ten o noso Planeta?

    Así como as irmás pulgas foron coidadosas co can Planeta, de que xeito somos nós coidadosos co noso Pla-neta?

    Dialogamos sobre tarefas de compromiso co Planeta que poidan facer na casa, como reciclar, ter coidadode apagar as luces cando non sexan necesarias, usar ben a auga, etc. Preguntamos que se fai na casa e quense encarga de facelo.

    Como podemos coidar o Planeta, nenos e nenas? Existen diferenzas entre ambos sobre o coidado? Podemoscoidalo xuntos?

    Slogans: En grupos de cinco os nenos e as nenas escriben carteis con lemas sobre o coidado do Planeta.

    O encabezamento podería dicir: As nenas e os nenos, podemos coidar o planeta de moitas formas, algunhasdelas son:…

    Escribir polo menos cinco por grupo. Suxerimos pegar os carteis nun mural dentro ou fóra da aula.

    Xesto: Coidamos do planeta en rede (Ver proposta infantil)

    RECURSOS

    • Papelógrafo, rotuladores de cores.

    Dar e recibir coidado é unha das partes máis importantes da vida; as relacións familiares, sociaise económicas encontran un sustento moi importante na medida en que nos responsabilizamosdelas, facémonos cargo e dedicámoslles algún tipo de coidado. Non obstante, os coidados tra-dicionalmente estiveron vinculados ao rol da muller, privando aos homes da satisfacción do des-envolvemento desta actividade e cargando á muller con todo o peso da responsabilidade.

    Neste Día D propoñemos reflexionar e descubrir o valor central que ten o coidado, neste casonas nosas relacións co ambiente. Mozos e mozas podemos facernos cargo do contorno no quevivimos, comprometernos no coidado do noso Planeta e construír solucións conxuntamente.

    OBXECTIVOS

    • Fomentar o compromiso co ambiente desde a interdependencia.• Poñer a disposición de mozos e mozas valores positivos de coidado do Planeta.

    DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

    • Comezamos cunha chuvia de ideas sobre a palabra coidar, que nos evoca?

    • Listaxe 1. Que coidar? A continuación elaboran entre todos e todas unha listaxe o máis ampla posible depersoas e cousas que son susceptibles de coidados (exemplos: bebé, flor, río).

    • Listaxe 2. Quen coida? Agora elaboramos unha listaxe de persoas que coidan poñendo en relación aanterior con esta.

    • Reflexión conxunta:

    Hai diferenza entre homes e mulleres tocante aos coidados?Quen se encargan tradicionalmente dos coidados?Por que son tan importantes os coidados?Quen pode coidar o ambiente?

    Debuxos con coidado

    Unha vez realizada esta reflexión conxunta, propoñemos unha dinámica en silencio na que de maneira artís-tica poidan plasmar a idea de coidado do planeta.

    Consigna: Teñen que realizar un debuxo en silencio que exprese Rapaces e rapazas coidamos do planeta.Cada participante elixe a cor que expresa algún aspecto importante de si.

    En silencio póñense por parellas con alguén que teña cor diferente á súa. As parellas collen cadansúa follagrande de papel e buscan un lugar onde sentar no chan, a ambos os lados do papel.

    Sentan a ambos os lados do papel. A cor debe sosterse coa man coa que non escriben normalmente ecomezan a debuxar xuntos sobre o papel. Suxerimos unha música relaxante para realizar esta actividade.

    O papel non pode ser dividido e o debuxo debe ser conxunto pero non poden planificar nin decidir o quevan debuxar.

    Comezan simplemente a debuxar con lentitude e dirixindo a atención ao proceso de debuxar mentres inter-actúan co compañeiro ou compañeira.

    Poden alternarse debuxando ou debuxar asemade, ou incluso mover a man do compañeiro ou compañeiradurante un breve instante e debuxar coa súa cor.

    Posta en común

    Que sentín mentres debuxaba? Que quixemos debuxar?

    Cóntalle ao resto de compañeiros e compañeiras o que expresa o debuxo.

    Xesto: Coidamos do planeta en rede

    Repártese a cada participante un anaco de corda ou la; díselles a todos que pensen algunha acción quepoidan facer na súa vida cotiá para coidar do Planeta, e que o anaco de corda recibido é un símbolo destecompromiso. A continuación unen as súas cordas ás cordas dos compañeiros e compañeiras do lado demaneira que queden todos e todas conectados.

    Suxerimos poñer a canción Moving, de Macaco (ou algunha outra que axude a conectar co alumnado), men-tres alzan as mans coas cordas enlazadas e se balancean ao son da música.

    Este xesto pode realizarse na aula ou no patio con todo o alumnado.

    RECURSOS

    • Follas tamaño Din A4, lapis, ceras ou rotuladores, música de relaxación, canción Moving, de Macaco.

    Primaria

    Secundaria

    Bacharelato

    coidamos do planeta en rede

    coidamos do planeta en rede

    coidamos do planeta en rede

    coidamos do planeta en rede

    Coordinadora de Sensibilización: Raquel Martín. Departamento de Educación para o Desenvolvemento: Irene Ortega. Coordinaciónda proposta: Mª Luisa Caparrós. Autoría: Sebastián Correa, Mª Luisa Caparrós. Produción: Cristina Fernández e Blanca Bonnelly.Deseño e arte gráfica: Maribel Vázquez. Tradución: Reverso Comunicación, Cultura e Lingua. Entreculturas 2010.