codima-20 vs covid-19 outro exemplo témolo na extraordinaria obra poética de miguel hernández...

14
CREATIVIDADE EN CONFINAMENTO XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN AULAS VIVAS. http://bibliotecadivino.blogspot.com/ CODIMA-20 vs COVID-19 A PORTADA DESTA PROPOSTA RECOLLE ESTA IMAXE E A INICIATIVA DE https://vinte.praza.gal/artigo/un-contino-para-crianzas-en-confinamento PORQUE ILUSTRA PERFECTAMENTE O OBXECTIVO CO QUE SE PON EN CIRCULACIÓN

Upload: others

Post on 13-Sep-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CODIMA-20 vs COVID-19 Outro exemplo témolo na extraordinaria obra poética de Miguel Hernández Romancero y Cancionero de ausencias (1938-1941), publicado en 1958 por Elvi Romero,

CREATIVIDADE EN CONFINAMENTO XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN

AULAS VIVAS. http://bibliotecadivino.blogspot.com/

CODIMA-20 vs COVID-19

A PORTADA DESTA PROPOSTA RECOLLE ESTA IMAXE E A INICIATIVA DE https://vinte.praza.gal/artigo/un-contino-para-crianzas-en-confinamento

PORQUE ILUSTRA PERFECTAMENTE O OBXECTIVO CO QUE SE PON EN CIRCULACIÓN

Page 2: CODIMA-20 vs COVID-19 Outro exemplo témolo na extraordinaria obra poética de Miguel Hernández Romancero y Cancionero de ausencias (1938-1941), publicado en 1958 por Elvi Romero,

CREATIVIDADE EN CONFINAMENTO XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN

AULAS VIVAS. http://bibliotecadivino.blogspot.com/

Deste xeito comezamos esta proposta, compartindo, difundindo este conto. Imos lelo todos na casiña, premendo no enlace que se indica na portada. Porque disto se trata. Porque se trata de amosar a creatividade que xorde no confinamento. Durante este primeiro mes encerradxs nas nosas casas puidemos observar, compartir, publicar, nas redes sociais, nos medios de comunicación social, crear, contar, cantar, aplaudir nos balcóns, participar en retos. A imaxinación e o enxeño agroma en tempos de crise, cando nos enfrontamos a unha realidade tan complexa e difícil.

Entre todo o que se publica estes días atopei a seguinte noticia no Magazine de LA

VANGUARDIA: Nace en Instagram o primeiro museo virtual inspirado no coronavirus https://www.lavanguardia.com/magazine/experiencias/20200402/48247199504/covid-19-coronavirus-instagram-arte-barcelona-museo-covid.html. E EU PENSEI o mesmo que expresa Irene Llorca, unha das almas do proxecto que a idea lle xurdiu ao ver tanta xente utilizar a arte para evadirse e que a produción se disparaba. Que vai pasar con todas esas obras que a xente está creando nos seus fogares?’. E, pensamos nun museo, necesariamente dixital, que recollese ese ‘arte covid’.

Pregunteime: cantas cousas estarán a facer xs nosxs alumnxs nas súas casas? E, por que non recollelas e subilas ao blog e ao web do centro e editalas e divulgalas, nas redes sociais?

Pois aí vai e se non se vos ocorreu nada seguro que esta iniciativa vos pode motivar a facer algo e dálo a coñecer.

E, atención! Porque imos facer o mesmo cos produtos finais das tarefas tan chulas que tivestes que facer no final do 2º trimestre e coas que teredes que facer no 3º trimestre.

fotomontaxes-debuxos-retos-poemas-relatos-manualidades-viñetas-pinturas ( acuarelas-oleos…)-comidas-sobremesas-cancións-? - ? (...) ASÍ QUE ENVÍANOS TODO O QUE CREASTES NA CASA TI E MAIS A TÚA FAMILIA XUNTXS.

[email protected]

A CONTINUACIÓN MÓSTRANSE ALGÚNS EXEMPLOS DE PERSOAS CREATIVAS, LOITADORAS QUE SUFRIRON ALGÚN TIPO DE CONFINAMENTO: NON PERDAS A

OPORTUNIDADE DE COÑECELAS.

ÁNIMO!

Page 3: CODIMA-20 vs COVID-19 Outro exemplo témolo na extraordinaria obra poética de Miguel Hernández Romancero y Cancionero de ausencias (1938-1941), publicado en 1958 por Elvi Romero,

CREATIVIDADE EN CONFINAMENTO XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN

AULAS VIVAS. http://bibliotecadivino.blogspot.com/

Artistas, escritores, pintores, científicos, músicos, deportistas, deron o mellor de sí en situacións de illamento, de confinamento. Fronte esa dura situación pola que pasaron rebelouse/revelouse a súa creatividade e o talento, e hoxe chamámolos xenios. Observa algúns exemplos como o de Isaac Newton en : https://www.semana.com/gente/articulo/cuarentena-genios-que-aprovecharon-el-encierro-para-crear-obras-maestras/661203 A realidade detida. No xornal El pais falan de Edward Hopper e das súas pinturas que amosan a soidade, como arte premonitoria da pandemia que estamos a vivir porque este pintor quixo reflectir a alma humana neses momentos nos que a desesperación se conecta coa esperanza, no que os desexos por estar ao outro lado da fiestra están na postura, na ollada, na quietude, na expresión das mans que queren apertar a liberdade. E, neste interesante comentario cultural, formúlase o autor esta pregunta: quen, nestes días non foi unha obra de Hopper? https://www.infobae.com/cultura/2020/03/25/hopper-el-pintor-que-convirtio-en-arte-la-soledad-y-el-encierro/

Fotos: www.todocuadros.es/pintores-famosos/hopper/

Hammershoi, pode ser outra opción…porque atopou a beleza entre catro paredes.

Page 4: CODIMA-20 vs COVID-19 Outro exemplo témolo na extraordinaria obra poética de Miguel Hernández Romancero y Cancionero de ausencias (1938-1941), publicado en 1958 por Elvi Romero,

CREATIVIDADE EN CONFINAMENTO XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN

AULAS VIVAS. http://bibliotecadivino.blogspot.com/

Nesta mesma sección de cultura, hai outra reportaxe sobre Hammershoi e outra do día 1 de abril, dedicada a Robert Dadd que viviu confinado 42 anos, encerrado en manicomios (por parricidio). https://www.infobae.com/cultura/2020/04/01/richard-dadd-historia-del-artista-parricida-que-alcanzo-la-genialidad-encerrado-en-un-manicomio/

Se buscamos no navegador atoparemos moitas historias como estoutra: cinco libros que foron escritos ou ideados no cárcere, no confinamento e aí, topámonos con Cervantes que concibiu a obra máis universal da literatura O Quixote, durante os tres meses que pasou encerrado no cárcere de Sevilla:

« Desocupado lector: sin juramento me podrás creer que quisiera que este libro, como hijo del entendimiento, fuera el más hermoso, el más gallardo y más discreto que pudiera imaginarse. Pero no he podido yo contravenir al orden de naturaleza, que en ella cada cosa engendra su semejante. Y, así, ¿qué podrá engendrar el estéril y mal cultivado ingenio mío, sino la historia de un hijo seco, avellanado, antojadizo y lleno de pensamientos varios y nunca imaginados de otro alguno, bien como quien se engendró en una cárcel, donde toda incomodidad tiene su asiento y donde todo triste ruido hace

su habitación?» Prólogo Don Quijote de la Mancha Edición. Introducción

y notas de Martín de Riquer. Editorial Planeta.1980.

Page 5: CODIMA-20 vs COVID-19 Outro exemplo témolo na extraordinaria obra poética de Miguel Hernández Romancero y Cancionero de ausencias (1938-1941), publicado en 1958 por Elvi Romero,

CREATIVIDADE EN CONFINAMENTO XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN

AULAS VIVAS. http://bibliotecadivino.blogspot.com/

Óscar Wilde namorouse de lord Alfred Douglas, fillo do marqués de Queensberry, quen ante a aparente relación homosexual do seu fillo co escritor envioulle unha tarxeta de visita do seu club acusándoo de relacións inmorais. Wilde demandouno por difamación e o marqués foi arrestado. Os seus avogados, encabezados por Edward Carson, presentaron a Wilde como un vicioso sedutor. Este detivo a demanda cando se soubo que Queensberry presentara á corte varios homes que mantiveron relación con el. No entanto, Óscar Wilde foi acusado naquela época vitoriana de sodomía e indecencia e o marqués gañoulle por uha demanda polos gastos en avogados e detectives. Finalmente, Wilde quedou arruinado, foi condenado a dous anos de traballos forzados e repudiado pola mesma sociedade que meses antes o aclamaba. No cárcere de Reading, Wilde escribiu De profundis, unha epístola que supón unha viaxe introspectiva do autor en forma de carta dirixida a Bosie na que rememora a súa relación e na que se reafirma nos seus sentimentos e nos seus actos á vez que sentía desengañado. Malia ser escrita no ano 1897, publicárona posmortem. Pouco despois escribiu a famosa Balada do cárcere de Reading, memoria de C. T. W. antigo soldado da Garda Real de Caballeiría, morto no presidio o 7 de xullo de 1896. Un poema que sobrevoa sobre a relación entre o amor e as convencións sociais, entre a vida e a morte. Lembremos a súa famosa frase:

«A sociedade perdoa ás veces o criminal, pero non perdoa nunca o soñador». «In 1895, Oscar Wilde was sentenced to two years of hard labor as punishment for having engaged in homosexual acts. While serving out his sentence at Reading Gaol in Berkshire, Wilde witnessed the execution by hanging of a young soldier who had murdered his wife by slashing her throat. Profoundly shaken by the execution and the crim that preceded it, Wilde composed this elegiac poem centered on the haunting refrain, "Yet each man kills the thing he loves». Google libros.

Page 6: CODIMA-20 vs COVID-19 Outro exemplo témolo na extraordinaria obra poética de Miguel Hernández Romancero y Cancionero de ausencias (1938-1941), publicado en 1958 por Elvi Romero,

CREATIVIDADE EN CONFINAMENTO XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN

AULAS VIVAS. http://bibliotecadivino.blogspot.com/

Outro exemplo témolo na extraordinaria obra poética de Miguel Hernández Romancero y Cancionero de ausencias (1938-1941), publicado en 1958 por Elvi Romero, que comeza con estes versos: De la contemplación

nace la rosa; de la contemplación el naranjo y el laurel tu y yo del beso aquél. Entre as reixas dos cárceres polos que pasou non deixou de escribir pensando nas ausencias, na condición humana e na precaria situación na que quedara a súa esposa xunta o seu fillo Manuel Miguel. Esa situación provovou que escribirá un poema único: Nanas de la cebolla, nanas dedicadas ao seu fillo, a raíz de recibir unha carta da súa muller na que lle dicía que non comía máis ca pan e cebola.

Imaxe: Editorial Espasa

Page 7: CODIMA-20 vs COVID-19 Outro exemplo témolo na extraordinaria obra poética de Miguel Hernández Romancero y Cancionero de ausencias (1938-1941), publicado en 1958 por Elvi Romero,

CREATIVIDADE EN CONFINAMENTO XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN

AULAS VIVAS. http://bibliotecadivino.blogspot.com/

A primeira novela que Ngugi wa Thiongo escribiu en gikuyu, a súa lingua natal cando foi preso durante un ano por criticar o capitalismo e o colonialismo: Caitaani Mutharabaini (El Diablo en la cruz.Devil on the Cross), escribiuna no papel hixiénico da prisión, un papel o suficientemente gordo e áspero como para soportar a tinta, aínda que as intencións dos carceeiros eran outras. Estes exemplos podes atopalos na revista virtual actualidad de literatura. https://www.actualidadliteratura.com/ Outro tipo de confinamento é, por exemplo o que padeceu Frida Kahlo tras varias enfermidades desde nena como a poliomielite que contraeu en 1913, e amais desta outras doenzas , accidentes e moitas operacións. A polio obrigouna a permanecer 9 meses en cama, deixándolle secuelas físicas. Con todo Frida practicou varios deportes como o fúbol e o boxeo, pouco usuais para unha rapaza daquela época. As operacións frecuentes impedíronlle xogar con outros rapaces. Varios cadros que pintou xa adulta reflicten a soidade da súa infancia.

«Catro habitantes da Cidade de México, óleo sobre metal de 32,4 x 47,6 cm, que mostra unha pequena nena sentada sobre unha superficie en altura e ataviada con tehuana. A nena parece abandonada e triste, chuchando o dedo con desolación. Outro cadro dese mesmo ano Nena con máscara de morte ou Ela xoga soa que Frida pintou en dúas versións mostra unha pequena nena duns catro anos de idade cunha máscara de caveira. Aínda que se trata aquí do Día dos Mortos, unha celebración que en México ten un carácter de festa popular, tamén se comentou o sentimento de soidade que a pesar diso transmite a pequena deste cadro, quen se supón que representa á propia Frida». Galipedia

https://gl.wikipedia.org/wiki/Frida_Kahlo

Catro habitantes da cidade de México. https://culturacolectiva.com/arte/las-mejores-pinturas-de-frida-kahlo

Page 8: CODIMA-20 vs COVID-19 Outro exemplo témolo na extraordinaria obra poética de Miguel Hernández Romancero y Cancionero de ausencias (1938-1941), publicado en 1958 por Elvi Romero,

CREATIVIDADE EN CONFINAMENTO XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN

AULAS VIVAS. http://bibliotecadivino.blogspot.com/

ADRO

Os tres feixes de discursos que se axuntan n-este volume -reflexo dun mesmo ideal - foron escritos no desterro, para escorrentar a morriña, e responden a situacións diferentes de lugar e tempo: Valencia e Barcelona (1937), Nova York e Océano Atlántico (1949). Bos Aires (1943). E cavilando no limiar que debía compor para encabezalos, opino que po- den valer os pequenos artigos que escribín en Badaxoz(1935), cando Lerroux tivo a ben or- dear que me preparase para maiores ausencias. Velos ahí: Castelao. Sempre en Galiza Castelao sufriu o desterro e outras situacións como o risco de cegueira ou que lle morrera o seu único fillo en xaneiro de 1928, con tan só 14 anos de idade.

Page 9: CODIMA-20 vs COVID-19 Outro exemplo témolo na extraordinaria obra poética de Miguel Hernández Romancero y Cancionero de ausencias (1938-1941), publicado en 1958 por Elvi Romero,

CREATIVIDADE EN CONFINAMENTO XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN

AULAS VIVAS. http://bibliotecadivino.blogspot.com/

Acabamos de citar varios e diferentes casos de confinamentos e, entre tantos, só un dunha muller. Isto nos leva a ter en conta o confinamento de moitas mulleres que foron relegadas a un segundo plano, negadas, borradas da historia.

«na acción social, cultural e política tamén estaban elas, as irmandiñas, mais ese mantelo que as cubriu e que apenas deixou pasar unha raiola de luz sobre as sús vidas e accións fóronas envolvendo até chegarmos a actualidade».

Aurora Marco(2020) Prólogo de Irmandiñas. Laiovento

Visualiza o booktrailer do libro: https://www.youtube.com/watch?v=DmSb8FRitOA Podemos ollar estoutro enlace 400 mulleres borradas por decreto da historia `oficial´ da arte: https://www.elperiodico.com/es/port/arte/20190909/libro-phaidon-grandes-mujeres-artistas Ou buscar, por exemplo, quen era Lina Codina. Sobre esta muller o Instituto Cervantes dentro do ciclo Españolas por descubrir, ofreceu unha conferencia no CET, en Madrid. https://es.wikipedia.org/wiki/Lina_Prok%C3%B3fiev Agora imos descubrir a Properzia de Rossi (1490 - 1530) escultora renacentista que colleu sona polas súas complexas e pequenas esculturas feita cos ósos da froita. Unha das máis recoñecidas foi unha crucifixión feita nun óso de pexego. Pero fixo tamén grandes obras en mármore: os retratos do conde Alejandro de Peppoli ou de seu pai o conde Guido, as figuras das portas da fachada de San Petronio e nelas anxos de enorme relevo e

bela proporción.

Foi ensalzada en todas as casas nobres e por toda Italia e mesmo chegou aos oídos do papa Clemente VII, quen tras coroar o emperador de Bolonia en 1530 preguntou por ela. Contestáronlle que morrera aquela semana e que fora soterrada no hospital da Morte. O papa desgustado mandou colocar o seguinte epitafio na súa lápida:

QVANTVM NATVRAE ARTIQVE PROPERTIA, TANTVM

FORTVNAE DEBEAT MVNERIBVSQVE VIRVM,

QVAE NVNC MERSA IACET TENEBRIS INGLORIA, LAVDE

AEQVASSET CELEBRES MARMORIS ARTIFICES.

ATTAMEN INGENIO VIVIDO QVOD POSSET ET ARTE,

FOEMINEA OSTENDVNT MARMORA SCVLPTA MANV.

Imaxe: https://vidasfamosas.com/2009/07/30/properzia-de-rossi-la-escultora-milagrosa/

Page 10: CODIMA-20 vs COVID-19 Outro exemplo témolo na extraordinaria obra poética de Miguel Hernández Romancero y Cancionero de ausencias (1938-1941), publicado en 1958 por Elvi Romero,

CREATIVIDADE EN CONFINAMENTO XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN

AULAS VIVAS. http://bibliotecadivino.blogspot.com/

Django Reinhardt. Primeiro músico de Jazz europeo de orixe xitana sinti que influíu tanto como os grandes artistas estadounidenses. Fusionou o swing e a tradición musical xitana, revolucionou o toque de guitarra no jazz sobre a base de: un contrabaixo, dúas guitarras rítmicas e un violín.

Os seus conceptos harmónicos foron sorprendentes na súa época, polo que impresionou a músicos como Charlie Christian e Les Paul; A súa influencia sobre o swing foi decisiva para o seu estilo denominado como «Western swing») na música country.

En 1928, con 18 anos, regresando a casa no seu coche-caravana, creu escoitar o ruído dun rato del, despois de tocar no Club Java, tentar atopar o rato provovou un incidente grave por utilizar unha vela para atopalo, prendendo lume no coche sen querer. Aa súa man esquerda e toda a parte dereita do corpo do xeonllo ao van, quedaron seriamente danados.

Os médicos queríanlle amputar a perna pero Django negouse. Tras moitos coidados recibidos nunha enfermaría puido salvar a perna, pero pasou 18 meses postrado nunha cama. Incapacitado do cuarto e quinto dedos da man esquerda, inventou un sistema de dixitación para suplir o seu problema, sistema que influiu na orixinalidade do seu estilo e foi quen de converterse nun xenio da guitarra tan só usando o dedo índice ou furabolos e o mediano ou do

medio.

Imaxes.: https://www.last.fm/es/music e https://www.amazon.es/128-

#euquedonacasa

Page 11: CODIMA-20 vs COVID-19 Outro exemplo témolo na extraordinaria obra poética de Miguel Hernández Romancero y Cancionero de ausencias (1938-1941), publicado en 1958 por Elvi Romero,

CREATIVIDADE EN CONFINAMENTO XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN

AULAS VIVAS. http://bibliotecadivino.blogspot.com/

E que sucede co confinamento ao que son sometidos milleiros de migrantes ou refuxiados, decote?

Este enlace móstranos esta realidade en 1ª persoa: https://refugeesmigrants.un.org/es

«Mientras el mundo mira con angustia la continuación de la pandemia, en la frontera balcánica los abusos contra los migrantes no cesan»

https://elpais.com/noticias/migracion/

Nos XX.OO de Río 2016 fixeron historia dez refuxiados como membros do primeiro Equipo Olímpico de Refuxiados . O equipo formábano dous nadadores sirios, dous judokas da República Democrática do Congo, un maratoniano de Etiopía e cinco corredores de media distancia do sur de Sudán.

E falando de deportistas, coñeces a historia de Zola Budd? Zola Budd foi uha das corredoras de media distancia con máis talento na década dos 80. Con tan só 17 anos bateu o récord mundial dos 5.000 metros en Stellenbosch, Suráfrica, cunha marca de 15:01,83. Fíxoo correndo descalza. Sempre adestraba e corría descalza. E, desde ese día Zola creou grandes expectativas. Porén as controversias políticas e doutro tipo que a rodearon, frustraron en parte a súa carreira.

A Federación Internacional de Atletismo (IAAF), non recoñeceu o récord porque naquela época Suráfrica estaba excluída dos organismos internacionais pola súa política de segregación racial coñecida como apartheid. E nese mesmo ano non lle permitían participar nos XX.OO.

O xornal británico Daily Mail, persuadiu a Zola Budd para solicitar a cidadanía británica, dado que o seu avó era británico e competir con este país nos Xogos dos Ánxeles.

Imaxe:https://calvulcans.com/news/2018/7/12/womens-cross-country-zola-budd

Obtivo a cidadanía británica en medio dunha gran controversia, porque se vulneraron os trámites legais e os prazos establecidos e trasladouse a vivir a Guildford, Inglaterra.

En Suráfrica houbo grandes protestas, os grupos anti-apartheid queixábanse da actitude británica, que mostraba unha vez máis o indisimulado apoio dado polo goberno de Margaret Thatcher ao goberno racista de Suráfrica durante o seu mandato. Foi campioa do mundo de cross-country en Lisboa. 1985. Repetiría este éxito o ano seguinte en Neuchâtel. 1986. En ambas probas correu tamén descalza. O 8 de febreiro de 1986 bateu en Cosford, Inglaterra, o récord mundial dos 3.000 metros en pista cubierta con 8:39,79 e o 26 de agosto dese ano conseguiu en Londres un novo récord mundial dos 5.000 metros con 14:48,07 que esta vez si foi recoñecido pola IAAF.

Page 12: CODIMA-20 vs COVID-19 Outro exemplo témolo na extraordinaria obra poética de Miguel Hernández Romancero y Cancionero de ausencias (1938-1941), publicado en 1958 por Elvi Romero,

CREATIVIDADE EN CONFINAMENTO XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN

AULAS VIVAS. http://bibliotecadivino.blogspot.com/

E, finalmente, outro confinamento. O que sometemos xs galegxs á nosa lingua. Afastámola das nosas conversas, dos nosos traballos, das nosas relacións sociais, das nosas familias, das nosas vidas e isto tamén está a deixar secuelas.

POR QUE A ESTAMOS RELEGANDO OU CONDENANDO A DESAPARECER?

POR QUE A EXCLUIMOS? POR QUE NOS PRIVAMOS DE USALA?

A integración lingüística como ferramenta de cohesión social, a análise nos XXII Encontros para a normalización lingüística

As datas iniciais desta convocatoria eran o 16 e o 17 de abril, mais quedan adiados para o 1 e 2 de outubro.

Usa o galego!!

A Cultura, o mellor antídoto

contra o Confinamento -

Page 13: CODIMA-20 vs COVID-19 Outro exemplo témolo na extraordinaria obra poética de Miguel Hernández Romancero y Cancionero de ausencias (1938-1941), publicado en 1958 por Elvi Romero,

CREATIVIDADE EN CONFINAMENTO XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN

AULAS VIVAS. http://bibliotecadivino.blogspot.com/

→EXEMPLO DE CREATIVIDADE NA CASA. NESTE CASO TRÁTASE DO RETO DE RECREAR OBRAS MAESTRAS DA PINTURA.

PODES VER IMAXES DO RETO EN INSTAGRAM #tussenkunstenqurantine ou en google: https://www.google.com/search?channel=trow2&sxsrf=ALeKk00BAqrJA0rbPqaa0kn9bupb7hls1Q:1586935440847&q=TUSSENKUNSTENQUARANTAINE&tbm=isch&source=univ&client=firefox-b-d&sa=X&ved=2ahUKEwjdr-6Z8-noAhURcBQKHamaBnsQsAR6BAgIEAE&biw=1920&bih=966

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia convoca o concurso “Crea na casa” que se desenvolverá a través da rede social Instagram. Destinatarias/os: persoas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos e seguidores de @Xuventudegalicia

Datas de realización: do 13 ao 27 de abril de 2020

Alumnxs de 4º de ESO se queredes participar. ÁNIMO!!

Consulta as bases en: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18667-concurso-crea-na-casa

NON ESQUEZAS ENVIAR ALGUNHA “CREATIVIDADE”

#euquedonacasa Viñeta de El Roto en El Pais. 14 de abril 2020

Page 14: CODIMA-20 vs COVID-19 Outro exemplo témolo na extraordinaria obra poética de Miguel Hernández Romancero y Cancionero de ausencias (1938-1941), publicado en 1958 por Elvi Romero,

CREATIVIDADE EN CONFINAMENTO XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN

AULAS VIVAS. http://bibliotecadivino.blogspot.com/

#euquedonacasa. ACTIVIDADE DIDÁCTICA

ESQUEMA ORIENTATIVO

Lectura

O conto #euquedonacasa + textos coa información das persoas das que se fala+ textos escritos dos autores citados

Ler o conto e outro TXT

Comprensión lectora

Conto: preguntas do tipo: que pasou o 1º día; con que falou o 2º, que fixo do pai?, que fixo no balcón?, a quen quixo chamar? Que pasa ao final? Txt informativos das persoas seleccionadas: quen é (persoa escollida), de quen se trata, que lle ocorreu, cando, canto tempo estivo confinada, que obra(s) escribiu, cal, cal(es) a(s) máis dstacada(s) que cadros se citan, que deporte(s) practicou, que récord(s) fixo…?

Que alguén da casa che faga estas preguntas ou semellantes logo de ler

algún dos textos

Expresión oral

Escolle a historia q máis che interese da actividade e cóntaa x esta orde: 1º datos biográficos da persoa ou persoas q escolliches. 2º que lle ocorreu e porqué? 3º fai unha breve conclusión.

Non empregues+ de 3’

Organiza a información, sintetízaa.

Expresión escrita

1.Comprensión : Que finalidade cres que ten esta actividade? 2 Elabora unha noticia, unha carta, un cartel, unha entrevista con ese personaxe. (Escolle un tipo de texto) nun folio A4

1.Explícao nun só

parágrafo de 4 liñas.

2º Adecúa a información a o tipo de txt.

Gramática

1º ESO identificación das clases de palabras 2º ESO mecanismos de cohesión textual 3º ESO recoñecer sintagmas /grupos sintácticos 4º ESO reestruturación da información dada de acordo co contexto, a coherencia: estrutura, parágrafos, progresión temática e a cohesión textual: léxico, orde sintáctica anacolutos, marcadores, corrección textual: puntuación, regras gramaticais…

Realización sobre un TXT escollido.

1º,2º, 3º: Marcar con difrentes cores o que se

pide e/ou clasificalo nunha táboa

Uso social

A situación actual da lingua: O confinamento da lingua TXT final da actividade #euquedonacasa

Procura un momento para falrdes este tema na casa. Fai unha breve valoración

do debate.

Vocabulario

Léxico que aparece nas informacións e nos textos literarios. Uso do diccionario: https://academia.gal/dicionario

Ampliación de vocabulario: Listaxe de palabras

descoñecidas. Podes

marcals no TXT cunha cor

Literatura

1º e 2º : O xénero narrativo: argumento, personaxes, narrador, espazo e estrutura do conto #euquedo na casa. 3º: Prólogo de El Quijote. Periodización. Correspondencia entre os períodos da literatura española e a galega.

4º Castelao. Sempre en Galiza. Ano de publicación/temática

Comentario de texto: Ter en conta os aspectos

sinalados