código Ético e principios políticos

2
CÓDIGO ÉTICO Este documento recolle o código de ética nas prácticas e accións políticas que desenvolverá quen re- presente á Asemblea nas institucións públicas e quen forme a candidatura nas eleccións municipais. Temos unha nova maneira de facer política, buscamos a transparencia e o bo funcionamento dos entes públicos. Este documento garante a participación real do pobo no noso goberno, crea os me- canismos precisos para un aseamblearismo real e participativo. Temos a obriga moral e estatutaria de crear espazos de traballo e de debate onde as decisións sexan asumidas pola maioría. Estes principios éticos recollen as incompatibilidades tanto dos cargos públicos como dos membros dos grupos de traballo, coa fin de terminar cos privilexios da clase polìtica. Os principios éticos serán de obrigatorio cumprimento por todas as persoas que formen esta candidatura. Se fose posible, trasladarase este codigo ético á administración municipal buscando a sua adhesión. 1. Representación política 1.1. Defender o programa político e as decisións aprobadas nas asembleas e grupos de traballo. 1.2. A toma das decisións será asemblearia, os representantes terán que transmitir o acordado nas asem- bleas de maneira que a información flúa horizontalmente entre a Asemblea, os cargos públicos e os gru- pos de traballo. 1.3. As axendas de traballo dos cargos que nos representen serán públicas igual que as actas das reunións. 1.4. O cargo dunha concellería debe estar a disposición da asemblea. Se por mala xestión ou por falta de confianza esta decide o seu cesamento, farase efectivo sen demora e a seguinte persoa na lista electoral ocupará o seu lugar. De non ser posible este procedemento nalgún caso, a decisión pasa á asemblea. 1.5. Manter contactos con colectivos en situación de vulnerabilidade e garantir o espazo na súa axenda para atendelos e darlle respostas eficaces fomentando o tratamento de igual a igual. 2. Medidas contra a corrupción 2.1. O soldo máximo sera dúas veces o Salario Mínimo Interprofesional neto. As prestacións por asis- tencia a plenos e comisións serán destinadas á conta do grupo municipal. 2.2. Queda prohibido recibir calquera tipo de agasallo de carácter persoal. Esta práctica será de- nunciada publicamente. En calquera caso, devolverase o agasallo de inmediato fose cal for a súa na- tureza. A asemblea debe permanecer sempre informada. 2.3. O tempo máximo para exercer o mandato será dunha candidatura, prorrogable a un mandato máis sempre que sexa aceptado mediante a vía asemblearia. 2.4. Cesamento inmediato do posto en caso de imputación por casos relacionados coa corrupción, prevaricación con ánimo de lucro, tráfico de influencias, enriquecemento inxusto con recursos pú- blicos ou privados, suborno, malversación e apropiación de fondos públicos, ben sexa por interese propio ou por favorecer a terceiras persoas ou entidades. 2.5. Non se presentará nas listas ninguén imputado ou condeado nos casos descritos no punto anterior. 2.6. Crearase un listado de incompatibilidades cos cargos a ostentar. 3. Financiamento e xestión de gastos 3.1. A candidatura será transparente, publicando os datos de gastos e ingresos de forma detallada. Serán accesibles a todo o pobo. 3.2. Fomentar o micro mecenado. 3.3. Establécese o tope máximo das doazóns persoais en 400. 3.4. Quedan prohibidas as doazóns feitas a través de empresas privadas, fundacións ou calquera formación xurídica allea á candidatura. asembleapolaunidade.wordpress.com [email protected]

Upload: asemblea-pola-unidade

Post on 08-Apr-2016

251 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Proposta de Código Ético e Principios Políticos da Asemblea pola Unidade

TRANSCRIPT

Page 1: Código Ético e Principios Políticos

CCÓÓDDIIGGOO ÉÉTTIICCOOEste documento recolle o código de ética nas prácticas e accións políticas que desenvolverá quen re-presente á Asemblea nas institucións públicas e quen forme a candidatura nas eleccións municipais. Temos unha nova maneira de facer política, buscamos a transparencia e o bo funcionamento dosentes públicos. Este documento garante a participación real do pobo no noso goberno, crea os me-canismos precisos para un aseamblearismo real e participativo. Temos a obriga moral e estatutaria decrear espazos de traballo e de debate onde as decisións sexan asumidas pola maioría. Estes principios éticos recollen as incompatibilidades tanto dos cargos públicos como dos membrosdos grupos de traballo, coa fin de terminar cos privilexios da clase polìtica.Os principios éticos serán de obrigatorio cumprimento por todas as persoas que formen esta candidatura.Se fose posible, trasladarase este codigo ético á administración municipal buscando a sua adhesión.

11.. RReepprreesseennttaacciióónn ppoollííttiiccaa11..11.. Defender o programa político e as decisións aprobadas nas asembleas e grupos de traballo.

11..22.. A toma das decisións será asemblearia, os representantes terán que transmitir o acordado nas asem-bleas de maneira que a información flúa horizontalmente entre a Asemblea, os cargos públicos e os gru-pos de traballo.

11..33.. As axendas de traballo dos cargos que nos representen serán públicas igual que as actas das reunións.

11..44.. O cargo dunha concellería debe estar a disposición da asemblea. Se por mala xestión ou por falta deconfianza esta decide o seu cesamento, farase efectivo sen demora e a seguinte persoa na lista electoralocupará o seu lugar. De non ser posible este procedemento nalgún caso, a decisión pasa á asemblea.11..55.. Manter contactos con colectivos en situación de vulnerabilidade e garantir o espazo na súaaxenda para atendelos e darlle respostas eficaces fomentando o tratamento de igual a igual.

22.. MMeeddiiddaass ccoonnttrraa aa ccoorrrruuppcciióónn22..11.. O soldo máximo sera dúas veces o Salario Mínimo Interprofesional neto. As prestacións por asis-tencia a plenos e comisións serán destinadas á conta do grupo municipal.

22..22.. Queda prohibido recibir calquera tipo de agasallo de carácter persoal. Esta práctica será de-nunciada publicamente. En calquera caso, devolverase o agasallo de inmediato fose cal for a súa na-tureza. A asemblea debe permanecer sempre informada.

22..33.. O tempo máximo para exercer o mandato será dunha candidatura, prorrogable a un mandatomáis sempre que sexa aceptado mediante a vía asemblearia.

22..44.. Cesamento inmediato do posto en caso de imputación por casos relacionados coa corrupción,prevaricación con ánimo de lucro, tráfico de influencias, enriquecemento inxusto con recursos pú-blicos ou privados, suborno, malversación e apropiación de fondos públicos, ben sexa por interesepropio ou por favorecer a terceiras persoas ou entidades.

22..55.. Non se presentará nas listas ninguén imputado ou condeado nos casos descritos no punto anterior.

22..66.. Crearase un listado de incompatibilidades cos cargos a ostentar.

33.. FFiinnaanncciiaammeennttoo ee xxeessttiióónn ddee ggaassttooss33..11.. A candidatura será transparente, publicando os datos de gastos e ingresos de forma detallada.Serán accesibles a todo o pobo.

33..22.. Fomentar o micro mecenado.

33..33.. Establécese o tope máximo das doazóns persoais en 400€.

33..44.. Quedan prohibidas as doazóns feitas a través de empresas privadas, fundacións ou calquera formación xurídica allea á candidatura.

asembleapolaunidade.wordpress.com [email protected]

Page 2: Código Ético e Principios Políticos

PPRRIINNCCIIPPIIOOSS PPOOLLÍÍTTIICCOOSS

11.. A asemblea é o máximo órgano de decisión. Os seus representantes serán portavoces, garantes edefensores dos seus pronunciamentos.

22.. Os representantes basearán os seus posicionamentos políticos nas institucións nos pronuncia-mentos da asemblea e dos grupos de traballo que se formen.

33.. Deberá haber unha asemblea co tempo suficiente para levar un posicionamento claro aos plenosmunicipais

44.. As actas da representación institucional pertencen á asemblea. Poderase dispor delas semprecunha motivación clara.

55.. As asembleas serán sempre de carácter aberto á veciñanza de Cangas.

66.. Os grupos de traballo elaborarán propostas e liñas a seguir para o que requirirán a aprobación daasemblea.

77.. Os grupos de traballo serán autónomos dos representantes institucionais aínda que dependeránda asemblea.

88.. Nos grupos de traballo poderase integrar calquera veciño interesado nesa área.

99.. A asemblea defenderá os intereses xerais, afastada de posicións partidarias ou persoais, buscandoo ben común da veciñanza de Cangas, do seu territorio e dos seus intereses.

1100.. A asemblea no seu deber de atender o ben común e o interese xeral, prestará especial protec-ción aos colectivos e persoas máis agredidas, en risco de excluxión social e sectores minorizados poreste sistema.

1111.. A asemblea prestará atención e terá en conta as demandas da sociedade organizada en colecti-vos, asociacións e grupos de veciños.

1122.. Os representantes políticos da asamblea garantirán un trato igualitario cos veciños, indepen-dentemente da sús condición, ideoloxía e afiliación.

1133.. Os representantes da asemblea comprométense a empregar, normalizar e promover a linguagalega en todos os ámbitos.

1144.. A asamblea comprométese, igual que os seus representantes, na defensa do medioambiente, dacultura, dos servizos públicos, da transparencia e da participación na toma de decisións.

1155.. Os representantes da asemblea serán electos mediante primarias abertas á cidadanía.

1166.. Os representantes e a asemblea buscarán o consenso e a posta en común con outras forzaspolíticas sempre e cando non contradigan os principios que emanan desta.

1177.. Tanto os principios políticos coma os éticos estan suxeitos a cambios e a modificacións polaasemblea e son de obrigado cumprimento para os seus membros e representantes políticos.

[email protected]