circular inicio de curso

5
Vvdas. Protexidas s/n 15403 Ferrol (A Coruña) 981312846 981327777 [email protected] http://edu.xunta.es/centros/ceiprecimil INICIO DO CURSO 2011/2012 Como novo equipo directivo queremos darlles a benvida a un novo curso escolar, curso que esperamos sexa desenvolto coa maior normalidade posible. Para iso, poñémonos á vosa disposición e confiamos en que a coordinación bidireccional entre o equipo docente e a familia repercuta nunha adecuada e correcta educación dos nosos alumnos/as. Enviámoslles a información xeral e propia do noso colexio que esperamos teñan en conta. Equipo directivo: Javier Vilasánchez Martínez: Secretario Mª Zoraida Rodríguez Bustabad : Xefa de estudos Mª Victoria Suárez Taibo: Directora

Upload: zongalo-quirico

Post on 25-Mar-2016

230 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Información inicio de curso para as familias.

TRANSCRIPT

Vvdas. Protexidas s/n 15403 Ferrol (A Coruña)

� 981312846 �981327777

[email protected] http://edu.xunta.es/centros/ceiprecimil

INICIO DO CURSO 2011/2012

Como novo equipo directivo queremos darlles a benvida a un novo curso

escolar, curso que esperamos sexa desenvolto coa maior normalidade posible. Para

iso, poñémonos á vosa disposición e confiamos en que a coordinación bidireccional

entre o equipo docente e a familia repercuta nunha adecuada e correcta educación

dos nosos alumnos/as.

Enviámoslles a información xeral e propia do noso colexio que esperamos

teñan en conta.

Equipo directivo:

• Javier Vilasánchez Martínez: Secretario

• Mª Zoraida Rodríguez Bustabad : Xefa de estudos

• Mª Victoria Suárez Taibo: Directora

Vvdas. Protexidas s/n 15403 Ferrol (A Coruña)

� 981312846 �981327777

[email protected] http://edu.xunta.es/centros/ceiprecimil

1.- CALENDARIO ESCOLAR DO CURSO 2011/1012 (Orden do 24/05/2011)

SETEMBRO

L M MI X V S D

1 2 3 4

5 6 7 8 9 10 11

12 13 14 15 16 17 18

19 20 21 22 23 24 25

26 27 28 29 30

NOVEMBRO

L M MI X V S D

1 2 3 4 5 6

7 8 9 10 11 12 13

14 15 16 17 18 19 20

21 22 23 24 25 26 27

28 29 30

OUTUBRO

L M MI J V S D

1 2

3 4 5 6 7 8 9

10 11 12 13 14 15 16

17 18 19 20 21 22 23

24 25 26 27 28 29 30

31

DECEMBRO

L M MI X V S D

1 2 3 4

5 6 7 8 9 10 11

12 13 14 15 16 17 18

19 20 21 22 23 24 25

26 27 28 29 30 31

XANEIRO

L M MI X V S D

1

2 3 4 5 6 7 8

9 10 11 12 13 14 15

16 17 18 19 20 21 22

23 24 25 26 27 28 29

30 31

FEBREIRO

L M MI X V S D

1 2 3 4 5

6 7 8 9 10 11 12

13 14 15 16 17 18 19

20 21 22 23 24 25 26

27 28 29

MARZO

L M MI X V S D

1 2 3 4

5 6 7 8 9 10 11

12 13 14 15 16 17 18

19 20 21 22 23 24 25

26 27 28 29 30 31

ABRIL

L M MI X V S D

1

2 3 4 5 6 7 8

9 10 11 12 13 14 15

16 17 18 19 20 21 22

23 24 25 26 27 28 29

30

MAIO

L M MI X V S D

1 2 3 4 5 6

7 8 9 10 11 12 13

14 15 16 17 18 19 20

21 22 23 24 25 26 27

28 29 30 31

XUÑO

L M MI X V S D

1 2 3 4

5 6 7 8 9 10 11

12 13 14 15 16 17 18

19 20 21 22 23 24 25

26 27 28 29 30 31

12 DE SETPEMBRO: COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2011/2012 12 DE OUTUBRO: DÍA DA HISPANIDADE 31 DE OUTUBRO: DIA DO ENSINO 1 DE NOVEMBRO: TODOS OS SANTOS 6 DE DECEMBRO: CONSTITUCIÓN 8 DE DECEMBRO: INMACULADA 22 DE DECEMBRO Ó 8 DE XANEIRO: NADAL 20 Ó 22 DE FEBREIRO: ENTROIDO 19 DE MARZO: SAN XOSÉ DO 2 Ó 9 DE ABRIL: SEMANA SANTA 1 DE MAIO: DÍA DO/A TRABALLADOR/A 17 DE MAIO: LETRAS GALEGAS 22 DE XUÑO: REMATE DO CURSO 2011/2012 9 DE DECEMBRO E 18 DE MAIO: DÍAS SOLICITADOS

Vvdas. Protexidas s/n 15403 Ferrol (A Coruña)

� 981312846 �981327777

[email protected] http://edu.xunta.es/centros/ceiprecimil

2.- HORARIOS DO CENTRO

• O horario de noso centro é de 9:00 a 14:00. As portas abriranse de luns a

venres ás 8:55 e pecharanse ás 14:10. Os nenos/as entrarán co seu grupo e

serán acompañados ás aulas polos profesores correspondentes.

• Aqueles nenos que cheguen a partires das 09:10, que se pechan as portas

de acceso ó centro, deberán ir á biblioteca onde estarán atendidos por

persoal docente do centro ata a seguinte sesión que poderán incorporarse á

aula.

• O adulto que veña co alumno/a que se retrasa na entrada ao colexio a

partires das 09:10 deberá cubrir un impreso onde acredite as razóns do

retraso. Ese impreso será selado e asinado por quen atenda ao adulto sexa

este a directora, a xefa de estudos, o secretario ou ben o profesor/a de

garda. O equipo directivo, naqueles casos que sexan reincidentes, adoptará

as medidas que estean ó seu alcance para que non sigan dándose,

poñéndose en coñecemento dos servizos sociais.

• Os alumnos/as que entren a partires da 2ª sesión sen xustificar, entrarán

directamente acompañados pola conserxe á súa aula. Este retraso será

contabilizado como falta sen xustificar de toda a xornada. Por suposto,

seguirá os cauces habituais de aviso ás institucións pertinentes.

• Non está permitida a entrada ao centro de persoas alleas e non autorizadas,

agás para acudir a secretaría ou ó local da ANPA fóra do horario establecido.

• A partires das 14:00, que se pecha a porta, non se atenderá a ninguén.

• Os alumnos/as que con antelación e por causa xustificada teñan previsto

atrasarse na hora de entrada poderán ser autorizados a entrar fóra do horario

común mediante a expedición dun pase asinado pola súa titora ou titor. Será

obrigado presentar ese pase á conserxe a cal acompañará ó alumno/a ata a

súa aula.

• Os pais/nais ou titores legais dos alumnos/as que teñan que ausentarse do

centro en horario lectivo deberán cubrir o impreso que está a súa disposición

na secretaría do centro.

Vvdas. Protexidas s/n 15403 Ferrol (A Coruña)

� 981312846 �981327777

[email protected] http://edu.xunta.es/centros/ceiprecimil

• No caso de que un alumno/a non sexa recollido ás 14:00 é dicir unha vez

pechado o centro, procurarase contactar coa familia ou titor/a legal.

Esgotados sen efecto os intentos de comunicación coa familia ou titor/a

legais, e transcorrido un marxe de tempo prudencial, a persoa que ata aquel

momento se fixo cargo do alumno/a, comunicará telefonicamente a situación

á policía local para entregalo a súa custodia. Se solicitará copia do atestado

levantado ao efecto polos membros da policía local.

2.1.- DÍAS DE VISITA

• Todos os profesores e o equipo directivo recibirán ás familias os martes de

18:00 a 19:00. Pedirán cita previa cun día como mínimo de antelación en

secretaría ou no teléfono 981 312846

• O horario de secretaría é de 9:15 a 11:30 e os Martes de 16:00 a 17:00, fóra

deste horario non se poderá atender a ninguén.

• O horario da ANPA é de 9:15 a 9:45.

3.- FALTAS DE ASISTENCIA E PUNTUALIDADE

• A asistencia do alumnado ás clases e ós actos que se sinalan serán

obrigatorias e os pais e titores legais teñen a obriga de xustificar as faltas de

asistencia e puntualidade ben persoalmente ou por escrito. No caso de faltas

reiteradas non suficientemente xustificadas pedirase documento oficial.

• A reiteración de faltas de asistencia sen xustificar supón absentismo escolar

polo que a dirección ten a obriga de comunicarllo aos servizos sociais do

concello.

4.- SAIDAS ESCOLARES E IMAXES DE MENORES

• O titor/a do alumno/a entregará unha única autorización para poder asistir ás

actividades extraescolares e para facer uso da imaxe do seu fillo. Esta

autorización serve para todo o curso 2011/2012 e deberá ser asinada polos

pais ou titores legais.

Vvdas. Protexidas s/n 15403 Ferrol (A Coruña)

� 981312846 �981327777

[email protected] http://edu.xunta.es/centros/ceiprecimil

5.- NORMAS E SANCIÓNS CORRESPONDENTES

• Axuntamos as faltas leves, graves e moi graves e as sancións que

corresponden a cada unha delas.

• Pregámoslles que as lean e colaboren co colexio a que seu fillo non cometa

ningunha das faltas, no caso contrario, verémonos obrigados a sancionalo.

6.- COMEDOR ESCOLAR

• O comedor do centro ofrece servizo de almorzo e xantar. O horario de

funcionamento é de 7:30 a 9:00 para o almorzo e de 14:00 a 16:00 para o

xantar.

• A partires das 8:30 non se ofrecerá o servizo de almorzo.

• O comedor ten as súas propias normas e regras de comportamento. Unha

primeira sanción conleva a expulsión de dous días e unha segunda sanción a

expulsión definitiva.

Atentamente, o CEIP Recimil