cig paro

2
A CIG fai un chamamento a toda a comunidade universitaria das tres universidades galegas a se unir ás mobilizacións convocadas para os días 25 e 26 de febreiro contra os recortes orzamentarios promovidos polo PP. Se o vindeiro martes 26 se aprobar a Lei de Orzamentos suporía rebaixar un 6,5% os recursos respecto a 2012 e un retroceso a niveis de financiamento de 2005. O financiamento estrutural, que garante o funcionamento ordinario da universidade, baixa de 290,06M de euros a 250,74 (39,32M menos). A asignación de 47,97M de euros para convocatorias competitivas de I+D+i seguramente seguerá a sorte de anteriores exercicios orzamentarios xa que desde 2009 a execución do programado non chegou a un 20%, nun xogo de enxeñería orzamentaria propagandístico. As previsións de ingresos por matrículas son absolutamente irreais podendo provocar un burato engadido de perto de 3 millóns de euros. As universidades están experimentando unha perda de estudantes pola crise económica, a baixada na duración das titulacións e xa se aprecian impagos dos segundos prazos de matrículas. A selección económica do estudantado tamén se consolida coa baixada de bolsas e a elevación dos requisitos para a súa adxudicación. A diminución da masa salarial é maior que a que se aplica ao resto dos traballadores e traballadoras autonómicos e, novamente, suporá perdas relevantes de poder adquisitivo. Isto acompáñase de medidas de empeoramento das condicións de traballo (aumento horario no PAS, aumento na carga lectiva do PDI). Previsibiblemente no caso do PDI o recorte salarial realizarase pola vía da supresión dos complementos autonómicos penalizando a productividade nun singular entendemento dos estímulos ao traballo. Malia as afirmacións de non provocar despidos o certo é que os recortes orzamentarios teñen ocasionado xa significativas perdas de emprego nas universidades públicas galegas ao non terse renovado contratos tanto de PAS, como de PDI e de persoal contratado con cargo a proxectos de investigación. Os fortes recortes para 2013 e a previsión da Lei de Orzamentos de que hai que anular das relacións de postos de traballo as prazas vacantes pode levar a unha redución aínda maior do emprego cos prexuizos que iso ocasiona tanto laborais coma na actividade docente e investigadora. Por todo iso cremos que PDI, PAS e estudantes deben mostrar o seu total rexeitamento a uns orzamentos que non apostan pola sociedade do coñecemento e afunden o sistema universitario público. Martes 26 de febreiro PARO DE 1317 H. COMPOSTELA: 25 de febreiro: Concentración ás 10:00 h diante do Parlamento de Galiza coincidindo co comezo do pleno de orzamentos. 26 de febreiro: Asemblea de traballadores ás 11h na Facultade de Historia. Manifestación ás 13:00 h desde o Toural até o Parlamento.

Upload: alba-nogueira-lopez

Post on 24-Jul-2015

198 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Cig paro

 

 A  CIG  fai  un  chamamento  a  toda  a  comunidade  universitaria  das  tres  universidades  galegas   a   se   unir   ás  mobilizacións   convocadas   para   os   días   25   e   26   de   febreiro  contra  os  recortes  orzamentarios  promovidos  polo  PP.  Se  o  vindeiro  martes  26  se  aprobar  a  Lei  de  Orzamentos  suporía    rebaixar  un  6,5%  os  recursos  respecto  a  2012  e  un  retroceso  a  niveis  de  financiamento  de  2005.  O   financiamento   estrutural,   que   garante   o   funcionamento   ordinario   da  universidade,  baixa  de  290,06M  de  euros  a  250,74  (39,32M  menos).    A  asignación  de   47,97M   de   euros   para   convocatorias   competitivas   de   I+D+i   seguramente  seguerá   a   sorte   de   anteriores   exercicios   orzamentarios     xa   que   desde   2009   a  execución   do   programado   non   chegou   a   un   20%,   nun   xogo   de   enxeñería  orzamentaria   propagandístico.     As   previsións   de   ingresos   por   matrículas   son  absolutamente  irreais  podendo  provocar  un  burato  engadido  de  perto  de  3  millóns  de  euros.    As  universidades  están  experimentando  unha  perda  de  estudantes  pola  crise   económica,   a   baixada  na  duración  das   titulacións   e   xa   se   aprecian   impagos  dos  segundos  prazos  de  matrículas.    A  selección  económica  do  estudantado  tamén  se   consolida   coa   baixada   de   bolsas   e   a   elevación   dos   requisitos   para   a   súa  adxudicación.  A   diminución   da   masa   salarial   é   maior   que   a   que   se   aplica   ao   resto   dos  traballadores  e  traballadoras  autonómicos  e,  novamente,  suporá  perdas  relevantes  de   poder   adquisitivo.     Isto   acompáñase   de   medidas   de   empeoramento   das  condicións  de  traballo  (aumento  horario  no  PAS,  aumento  na  carga  lectiva  do  PDI).    Previsibiblemente   no   caso   do   PDI   o   recorte   salarial   realizarase   pola   vía   da  supresión   dos   complementos   autonómicos   penalizando   a   productividade   nun  singular  entendemento  dos  estímulos  ao  traballo.  Malia   as   afirmacións   de   non   provocar   despidos   o   certo   é   que   os   recortes  orzamentarios   teñen   ocasionado   xa   significativas   perdas   de   emprego   nas  universidades   públicas   galegas   ao   non   terse   renovado   contratos   tanto   de   PAS,  como  de  PDI  e  de  persoal  contratado  con  cargo  a  proxectos  de   investigación.    Os  fortes  recortes  para  2013  e  a  previsión  da  Lei  de  Orzamentos  de  que  hai  que  anular  das  relacións  de  postos  de  traballo  as  prazas  vacantes  pode  levar  a  unha  redución  aínda  maior   do   emprego   cos   prexuizos   que   iso   ocasiona   tanto   laborais   coma   na  actividade  docente  e  investigadora.  Por   todo   iso   cremos   que   PDI,   PAS   e   estudantes   deben   mostrar   o   seu   total  rexeitamento  a  uns  orzamentos  que  non  apostan  pola  sociedade  do  coñecemento  e  afunden  o  sistema  universitario  público.    Martes  26  de  febreiro  PARO  DE  13-­‐17  H.      COMPOSTELA:    -­‐   25   de   febreiro:   Concentración   ás   10:00   h   diante   do   Parlamento   de   Galiza  coincidindo  co  comezo  do  pleno  de  orzamentos.    -­‐26   de   febreiro:   Asemblea   de   traballadores   ás   11h   na   Facultade   de   Historia.  Manifestación  ás  13:00  h  desde  o  Toural  até  o  Parlamento.  

Page 2: Cig paro

 

 A  CORUÑA:    -­‐  25  de  febreiro:  Concentracións  e  pitada  entre  as  11:00  h  e  as  11:30  h  na  rotonda  do  campus  de  Elviña  (centros  da  Zapateira  e  Elviña),  na  Reitoría  e  na  Facultade  de  Ciencias  do  Deporte  e  a  Educación  Física.    -­‐  26  de  febreiro:  Concentración  ás  13:30  h  na  rotonda  do  campus  de  Elviña.    FERROL:    -­‐  25  de  febreiro:  Concentracións  e  pitada  entre  as  11:00  h  e  as  11:30  h  diante  da  Facultade   de  Humanidades   (Esteiro)   e   diante   da   Escola  Universitaria   Politécnica  (Serantes).    -­‐26   de   febreiro:   Concentración   ás   13.30   h   diante   da   Facultade   de   Humanidades  (Esteiro).    VIGO:    -­‐  26  de  febreiro:    Concentración  diante  da  Reitoría  ás  13:00  h