ciencias sociais 4 - edebe · españa a cambio de axuda económica. ademais, españa foi admi-tida...

23
rodeira Ciencias Sociais Historia 4 ESO BLOQUE I: AS RAÍCES DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

Upload: others

Post on 03-Aug-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

rodeira

Ciencias SociaisHistoria 4ESO

BLOQUE I: AS RAÍCES DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

Page 2: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

España e Galicia de 1939 ao século XXI12

1. A longa posguerra (1939-1956)

2. Tecnocracia e desenvolvismo

(1956-1969)

3. O final do franquismo (1969-1975)

4. A transición á democracia

5. Os gobernos democráticos

6. Un Estado descentralizado

7. Galicia: do franquismo

á democracia

APRENDE A...

Traballar fontes orais

ANALIZAR FONTES

A educación franquista

A simboloxía do franquismo

CONTIDOS

240 Votación en referendo da lei para a reforma política que puxo fin ás institucións da ditadura (15-12-1976).

Page 3: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

241España e Galicia de 1939 ao século XXI

Luis Carrero Blanco(1904-1973). Presidente dogoberno (1973). Foi asasinadopor ETA.

Xoán Carlos I (1938). Neto de Afonso XIII. Rei de España desde 1975, tras a mor-te do ditador Franco.

Torcuato Fernández-Miranda (1915-1980). Presidente das Cortes (1975-1977). Inspirador da lei para areforma política.

Social e cidadá

• Valorar o diálogo como a forma idónea para a resolución de conflitos.

Tratamento da información e competencia dixital

• Valorar as fontes orais como ferramenta imprescindible na historia contemporánea.

• Buscar, analizar e procesar a información, utilizando as ferramentas axeitadas, incluídas as TIC.

Comunicación lingüística

• Expresarse por escrito con corrección e coherencia, utilizando o vocabulario axeitado.

Cultural e artística

• Identificar as manifestacións culturais e artísticas do período e relacionalas coa sociedade e a men-

talidade da época.

COMPETENCIAS BÁSICAS

A ditadura franquista foi consecuencia do golpe de Estado de 1936 e da poste-

rior guerra civil. A democracia actual tivo a súa orixe na decisión das Cortes fran-

quistas (referendada en referendo) de iniciar unha reforma política que se plasmou

na Constitución de 1978.

• A orixe dun réxime político condiciona a súa lexitimidade? Inflúe na súa evo-

lución posterior (duración, capacidade para modernizarse etc.)? Argumenta a

túa resposta.

PENSA E DEBATE PROTAGONISTAS DA HISTORIA

Franco preside o denominado Desfile da Vitoria en Madrid (19-5-1939).

Page 4: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

Tras a Guerra Civil, o xeneral Franco instaurou un réxime ditatorial tota-

litario oposto á democracia liberal e baseado en elementos da derei-

ta máis tradicionalista e do fascismo.

1.1. O franquismo, unha ditadura totalitariaUnha das características fundamentais do franquismo (1939-1975)

era a exaltación da figura do líder. Como xefe do Estado, Franco con-

centrou todo o poder:

— Centralizaba na súa persoa todos os poderes do Estado (lexislativo,

executivo e xudicial).

— Era Xeneralísimo dos exércitos.

— Dirixía o partido único, a Falanxe Española Tradicionalista e das

XONS, que despois pasou a denominarse Movemento Nacional.

O réxime ditatorial contou co apoio dos sectores máis conservadores

da sociedade, a alta burguesía, o exército e a Igrexa.

A ditadura franquista tiña dúas prioridades:

— Suprimir as liberdades. Deixáronse sen efecto os dereitos indivi-

duais e os colectivos, como a liberdade de reunión, de expresión, de

manifestación, de relixión, de prensa...

— Eliminar a oposición. Aplicouse unha política represiva contra

os que apoiaran a República, que foron executados ou encarcera-

dos. Ademais, depurouse a Administración, prescindindo dos fun-

cionarios sospeitosos de non seren adeptos ao réxime.

Como consecuencia, numerosos españois emprenderon o camiño

do exilio, e moitos dos exiliados durante a guerra non puideron

regresar ao país.

1.2. Adaptación á conxuntura internacionalNos seus primeiros anos (1939-1956) o franquismo foi cambiando de

aliados internacionais, de maneira que as relacións exteriores espa-

ñolas atravesaron tres etapas:

— Ao finalizar a Guerra Civil, España mantiña relacións excelentes coas

potencias do Eixe, que lle proporcionaran apoio militar e político a

Franco durante a contenda. Non obstante, o goberno de Franco de-

clarouse non-belixerante na Segunda Guerra Mundial.

— A vitoria dos aliados comportou para España un illamento inter-

nacional, polo rexeitamento da maioría dos países á ditadura fran-

quista. Como consecuencia, España non foi admitida na ONU, non se

beneficiou das axudas norteamericanas do Plan Marshall e en 1946

produciuse a retirada de embaixadores estranxeiros.

— Na década dos cincuenta, co inicio da guerra fría, Franco pasou a ser

considerado un aliado anticomunista de importancia estratéxica.

En 1953 firmouse un acordo bilateral cos Estados Unidos que lle

permitiu ao exército norteamericano establecer bases militares en

España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-

tida na Unesco (1952) e na ONU (1955).

1. A longa posguerra (1939-1956)

242 Unidade 12

A División Azul

A identificación do franquismo coas potencias

do Eixe ao iniciarse a Segunda Guerra Mundial

era completa. Non obstante, Hitler e Franco non

chegaron a pactar unha alianza militar, e Espa-

ña declarouse non-belixerante.

A pesar diso, España contribuíu cun corpo de

voluntarios, a denominada División Azul (pola

cor da camisa falanxista), transformada na 250.ª

división de infantaría da Wehrmacht (Forza de

defensa) alemá, que combateron na fronte rusa

desde mediados de 1941 ata finais de 1943.

A ideoloxía do franquismo

A ideoloxía do franquismo reunía as aachegasdos diversos grupos que en 1936 se opuxeronao réxime democrático republicano (tradiciona-listas, falanxistas, monárquicos, católicos e mili-tares), e que se converterían nas chamadas«familias» do franquismo.

O resultado, polo tanto, foi unha mestura moisingular que se baseaba nuns poucos concep-tos básicos: nacionalismo, catolicismo e antili-beralismo.

A. Reque, Alegoría de Franco e a cruzada. 1949.

Page 5: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

1.3. Intervencionismo e autarquíaNos anos corenta España sufriu unha profunda recesión eco-

nómica causada polos efectos da Guerra Civil, o illamento inter-

nacional e a ineficaz política económica adoptada polo réxime.

Esta política tivo dous eixes principais:

— O intervencionismo, que dificultou a recuperación da produ-

ción: fixáronse os prezos, racionouse o consumo, establecéron-

se as cotas de produción e determináronse os salarios.

— A autarquía, é dicir, a autosuficiencia económica. Intentouse

que o Estado producise todo o necesario, para que fose posi-

ble unha independencia política real do exterior.

As consecuencias desta política económica foron nefastas:

— A produción da agricultura era insuficiente para alimentar toda

a poboación, polo que a fame e o mercado negro ou estraper-

lo marcaron a vida diaria dos españois durante toda a déca-

da. O réxime franquista culpou de todo iso a «pertinaz seca»

de 1945-1949.

— A industria non recuperou os niveis de produción previos á

guerra ata 1950. A escaseza de capitais e de innovación en tec-

noloxía impediu a súa modernización. A creación do Institu-

to Nacional de Industria (INI) en 1941 tampouco resultou eficaz.

Franco inaugura o encoro do Ebro, en Arroyo (6-8-1952). A regulacióndos recursos hidrolóxicos converteuse nunha prioridade do réxime fran-quista, que mediante a construción de pantanos deu continuidade a unproxecto republicano impulsado por Indalecio Prieto en 1933.

Pobreza, racionamento e estraperlo

A década dos cuarenta foi moi dura para a poboación española, que padeceu escaseza de alimentos e doutros pro-

dutos e un baixo nivel de vida. A escaseza levou ao establecemento do racionamento, vixente entre 1939 e 1951.

Cada familia dispoñía de dúas cartillas (unha para a carne e outra para o resto dos comestibles), que a clasificaba

segundo a súa posición social. O goberno fixaba as racións e os días que se podían comer determinados produ-

tos. Esta situación favoreceu a aparición do mercado negro ou estraperlo: á marxe da legalidade, vendíanse todo

tipo de produtos a prezos que eran tres o veces superiores ou máis aos oficiais.

1. Observa atentamente o esquema sobre a organización ins-

titucional do réxime franquista e explica que característi-

cas permiten definila como unha ditadura.

2. Observa atentamente a imaxe de Franco na pintura. Que

símbolos dos sectores que apoiaban a Franco recoñe-

ces? Que outros sectores tamén o apoiaron?

3. Como influíu a Segunda Guerra Mundial nas relacións

exteriores españolas? E a guerra fría?

— Explica as etapas da política internacional franquista en-

tre 1939 e 1956.

4. Resume nun esquema as principais características da eco-

nomía española da posguerra.

— Que consecuencias tivo a política económica aplicada

polo franquismo?

A

R

AC

TIVID

AD

ES

Controla todos os poderes É xefe do

EXECUTIVO

LEXISLATIVO

XUDICIAL

243España e Galicia de 1939 ao século XXI

• Goberno

• Gobernadores civís

• Tribunal Supremo

• Audiencias provinciais

• Consello do Reino

• Cortes

• Consello N. do Movemento

PARTIDO ÚNICO• Falanxe Española

Tradicionalista e das XONS

• Central N. Sindicalista

EXÉRCITO• Capitáns xenerais

XEFE DO ESTADO, CAUDILLO DE ESPAÑA E XENERALÍSIMO DOS EXÉRCITOS

Page 6: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

A oposición ao réxime

A oposición estudantil foi das primeiras en ma-

nifestarse, pois en 1956 produciuse unha crise

universitaria, cando J. Ruiz-Giménez era minis-

tro de Educación .

En 1962 tivo lugar un encontro entre mem-

bros da oposición interior e da oposi ción no exi-

lio. O réxime chamouno despectivamente «o

contubernio de Múnic».

Paralelamente, a oposición obreira comeza-

ba a articularse e a cobrar forza, especialmen-

te coa creación do sindicato Comisións

Obreiras, que foi rapidamente ilegalizado polo

réxime.

2. Tecnocracia e desenvolvismo (1956-1969)

244 Unidade 12

Estudantes na protesta universitaria de 1956.

Goberno de Franco (1962-1965), con ministros tecnócratas e reformistas.

M. Navarro L. Carrero F. Franco G. López-Bravo

M. Fraga A. UllastresJ. Solís

Asentada internacionalmente, a ditadura franquista emprendeu

unha reorientación política e económica co obxectivo de manterse

como réxime.

2.1. Tecnócratas e reformistasNo terreo político, produciuse unha progresiva renovación entre os

dirixentes, de xeito que, a finais da década dos cincuenta, sobresaían

dous grupos entre as denominadas «familias» do réxime:

— O grupo de tecnócratas procedentes do Opus Dei, que era parti-

dario de liberalizar a economía para modernizar España, aínda

que mantendo intactos os principios autoritarios e ultracatólicos do

réxime. Destacaban M. Navarro Rubio, A. Ullastres e L. López Rodó.

— O grupo de reformistas procedentes da Falanxe, que pretendía apli-

car reformas dirixidas a conseguir unha evolución política do réxi-

me. Destacaban M. Fraga Iribarne e J. Solís Ruiz.

Na década dos sesenta, aproveitando o espectacular crecemento

económico de España, a ditadura levou a cabo algunhas reformas

importantes que en ningún caso intentaron democratizar o sistema:

— Ideolóxicas e institucionais. Coa lei de principios do Movemento

Nacional (1958) e a lei orgánica do Estado (1966) recollíanse os prin-

cipios sobre os que se asentaba o Estado franquista e configurába-

se a denominada democracia orgánica.

— Sociais. Coa lei de convenios colectivos (1958) e a lei de bases da Se-

guridade Social (1963) permitiuse a negociación directa entre os em-

presarios e os obreiros e unificouse o seguro de previsión social.

— Represivas. Coa creación do Tribunal de Orde Pública (1963) e a san-

ción da lei de prensa (1966) estableceuse a lexislación civil para os

delitos políticos e suprimiuse a censura previa das publicacións.

Os grandes cambios producidos na sociedade espa-

ñola en canto aos modos de comportamento xuve-

nil tiveron ao turismo como motor. Pero houbo,

ademais, outros axentes de cambio, e foron os emi-

grados, os traballadores españois que viñan de va-

cacións procedentes dos seus lugares de traballo

en Alemaña, Suíza, Benelux, Francia ou Gran Breta-

ña. Eles eran portadores dunhas ideas que falaban

de altos niveis remunerativos, de sindicatos libres.

[…] A idea de España como bastión moral de Occi-

dente, o concepto da nosa inmunidade contra os cos-

tumes estranxeirizantes e disolutos, barrera pola forza

dos feitos vividos nunha década revolucionaria.

Traducido de: R. Abella, La vida cotidiana bajo el régimen de Franco. Temas de Hoy, 1996

Novas actitudes sociais

Page 7: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

5. Ademais dos ministros militares, que outras «familias» po-

líticas integraban o goberno de 1962? Cales eran os seus

membros máis destacados? Podes consultar a composi-

ción do goberno na seguinte páxina web:

6. Explica cales foron as principais reformas do réxime fran-

quista durante o período de 1956-1969.

7. Que era o desenvolvismo económico? Que factores o fa-

voreceron? Que política económica concluíu en 1959?

@

R

8. Durante a década dos sesenta foise configurando unha so-

ciedade moderna en España. Le o texto sobre as novas ac-

titudes sociais e explica que dous factores influíron no

cambio dos españois.

— Con que mentalidade chocaron?

9. Observa atentamente o esquema sobre a balanza de pa-

gamentos e responde as seguintes preguntas:

— A balanza comercial é positiva ou negativa? E a balan-

za de pagagamentos?

— Como se compensa a situación comercial? Trátase de

ingresos estables ou poden variar?

AC

TIVID

AD

ES

BALANZA DE PAGAMENTOSPositiva

IMPORTACIÓNSAltas

2.2. O desenvolvismo económicoNa década dos sesenta España experimentou un desenvolvemento eco-

nómico espectacular. O réxime cualificou de milagre este crecemento

acelerado ou desenvolvismo. Non obstante, provocou desequilibrios.

En 1959 o Plan de Estabilización iniciou a liberalización económica

que poñía fin á autarquía. Seguiuno un programa de planificación

que pretendía coordinar o crecemento económico de España, forma-

do polos sucesivos plans de desenvolvemento cuadrienais, que se

aplicaron entre 1964 e 1976.

O extraordinario crecemento económico (comparable en magnitude

ao de Corea do Sur) estivo favorecido por varios factores:

— O axuda norteamericana, materializada en préstamos de diñeiro e

en apoio tecnolóxico.

— A auxe da economía europea, que favoreceu a chegada de im-

portantes investimentos de capital e a exportación de produtos agrí-

colas (cítricos e outras froitas) e de consumo.

— A emigración a Europa, que foi unha importante fonte de chegada

de divisas.

— O espectacular desenvolvemento do turismo europeo cara ás zo-

nas costeiras españolas.

Non obstante, tratábase dun crecemento desequilibrado, pois tiña

unha gran dependencia do exterior e dos ingresos excepcionais e

conxunturais.

A industria modernizouse grazas á importación de tecnoloxía es-

tranxeira e tivo un gran crecemento. Os motores do desenvolvemen-

to eran a industria siderúrxica, a automobilística e a química.

A agricultura tamén se modernizou. Aumentou a produción grazas á

mecanización do campo, ao uso de fertilizantes, á especialización dos

cultivos e ao programa de regadíos.

Entre 1960 e 1970 produciuse un importante éxodo rural. Máis de

seis millóns de persoas emigraron cara ás áreas industriais (Madrid, Bar-

celona e País Vasco), cara ás zonas turísticas da costa mediterránea e

cara a Europa. Deste xeito, en pouco máis dunha década España pa-

sou a ser un país urbanizado, no que as clases medias experimenta-

ron un grande aumento, e as modas e os novos valores chegados do

exterior foron configurando unha sociedade moderna.

245España e Galicia de 1939 ao século XXI

Cadea de montaxe do SEAT 600, automóbil que se converteuno símbolo do desenvolvemento económico.

BALANZA DE PAGAMENTOS

INGRESOS• Turismo

• Divisas da

emigración

• Capitais

estranxeiros

BALANZA COMERCIALNegativa

EXPORTACIÓNSBaixas

http://humanidades.cchs.csic.es/ih/paginas/jrug/

diccionario/gabinetes/index_gabi.htm

Page 8: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

O franquismo era un réxime ditatorial directamente vinculado ao xe-

neral Franco, polo que a decadencia persoal deste supuxo a crise do ré-

xime na súa última etapa.

3.1. A crise do réximeA crise política do réxime franquista púxose en evidencia en varios

aspectos:

— A decadencia física de Franco. En 1969 as Cortes designaron o prín-

cipe Xoán Carlos de Borbón sucesor na xefatura do Estado, que

asumiu provisionalmente no verán de 1974 pola enfermidade de

Franco.

— A designación dun xefe de goberno. En 1973, nun intento por

perpetuar o réxime, Franco nomeou por primeira vez un presiden-

te do goberno: Luís Carrero Blanco, que foi asasinado por ETA

ese mesmo ano. Sucedeuno Carlos Arias Navarro.

— As loitas internas. A incerteza sobre o que podería pasar tras a mor-

te do ditador avivou as tensións internas entre os propios fran-

quistas: os partidarios da intransixencia (denominados o búnker) e

os partidarios dunha certa flexibilidade.

Simultaneamente, a oposición antifranquista multiplicou as súas pro-

testas nestas datas e calquera actividade cidadá convertíase nunha ma-

nifestación contra o réxime. As dúas principais plataformas ilegais e

pacíficas de loita antifranquista eran:

— Os partidos. Foron tomando forza e intentaron organizarse. Des-

tacaban o PCE, o PSOE e os partidos nacionalistas cataláns e vas-

cos.

— Os sindicatos. Foron constantes as mobilizacións e as folgas convo-

cadas por Comisións Obreiras.

3.2. A crise económicaEn 1973 o extraordinario aumento do prezo do petróleo supuxo a fin

do crecemento e o inicio dunha nova etapa de recesión económica

mundial.

En España, esta conxuntura económica manifestouse en varios facto-

res, como a alza dos prezos, o descenso do turismo (que provocou unha

diminución dos ingresos de divisas) e a redución dos investimentos

(que provocou a quebra dalgunhas empresas).

A consecuencia inmediata da crise foi o espectacular aumento do paro,

que se disparou ao longo de toda a década dos setenta. Isto e mais a

inflación (o aumento continuado dos prezos) comportaron un descen-

so do nivel de vida dos españois e xeraron un gran descontento e axi-

tación social.

A crise evidenciou as limitacións do desenvolvismo, como as diferen-

zas entre as rexións avanzadas e as atrasadas e as grandes desigualdades

sociais. Ademais, quedou claro que non se lograran organizar servi-

zos públicos de calidade nin prestacións sociais comparables ás do res-

to de Europa.

3. O final do franquismo (1969-1975)

246 Unidade 12

O príncipe Xoán Carlos acepta a súa designación como sucesorde Franco nas Cortes (1969).

Viñeta de Chumy Chúmez. Hermano Lobo (22-12-1973).

F. Franco

Xoán Carlos de Borbón

A oposición violenta

A oposición armada ao réxime estivo protago-

nizada, basicamente na década dos corenta, po-

los guerrilleiros maquis. Así que os venceron,

ninguén volveu tomar as armas contra o réxime

ata a súa etapa final, cando se constituíron va-

rias organizacións terroristas que realizaron nu-

merosas accións violentas. Estas foron a ETA

(Euskadi Ta Askatasuna), a FRAP (Fronte Revo-

lucionaria Antifascista e Patriótica) e grupos

de extrema dereita, como os Guerrilleiros de

Cristo Rei, o Batallón Vasco Español e o Triple

A (Alianza Apostólica Anticomunista).

Page 9: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

10. Explica en que aspectos se apreciaba a crise política do ré-

xime franquista a partir de 1969.

— Como se desenvolveu a oposición antifranquista duran-

te os últimos anos de vida do ditador?

11. Observa a viñeta de Chumy Chúmez. A que acontecemen-

to económico se refire? Que efectos provocou sobre a eco-

nomía española? Por que?

12. Coa axuda do mapa do Sáhara, investiga sobre a Marcha

Verde e explícaa.

R

— Por que foi posible unha descolonización precipita-

da? Argumenta a túa resposta.

13. Visualiza o discurso de Arias Navarro e indica cal foi a úl-

tima orde que lles deu Franco aos xenerais do exército.

14. Le atentamente o texto sobre o 20 de novembro de 1975.

Cres que a seguinte frase sintetiza o significado? Argumen-

ta a túa resposta.

«Nun réxime personalista como era o seu, a situación de de-

terioración física do xefe é sempre motivo de crise e de in-

certeza.»

AC

TIVID

AD

ES3.3. As postrimerías do réximeDurante os tres últimos anos de vida de Franco España viviu

nun marcado clima de tensión. Fronte ás demandas sociais de

democratización, nun momento de gran decadencia, o réxime

aplicou con intensidade as duras medidas represivas.

— A decadencia do réxime apreciouse na precipitada descolo-

nización do Sáhara. En novembro de 1975 o rei de Marro-

cos organizou a chamada Marcha Verde, unha marcha

multitudinaria e pacífica na que a poboación marroquí pedía

a anexión do Sáhara a Marrocos.

Dada a situación de España e a falta de apoios internacio-

nais, o exército retirouse e o territorio repartiuse entre Ma-

rrocos e Mauritania (Acordos de Madrid).

— Unha das últimas decisións políticas de Franco foi aprobar unha

nova lei antiterrorista moi dura (agosto de 1975). Aplicóu-

selles a tres militantes da FRAP e a dous da ETA, que foron

executados.

Este feito desencadeou unha forte reacción internacional á

que o réxime contestou, coma noutras ocasións, organizan-

do unha multitudinaria concentración de apoio a Franco na

praza de Oriente de Madrid.

O 20 de novembro de 1975, despois de varias operacións cirúr-

xicas e de enormes esforzos por mantelo vivo artificialmente,

faleceu o xeneral Francisco Franco. Concluía desta maneira

unha longa ditadura persoal.

Tras unha longa agonía na que se intentou prolongar a súa vida por todos os medios, Francisco Franco Bahamonde falecía na

madrugada do 20 de novembro de 1975. O encargado de facelo público oficialmente foi o presidente do goberno, Arias Nava-

rro, quen, nunha imaxe amplamente repetida por Televisión Española, non puido evitar as lágrimas.

A conmoción foi inmediata en toda España. Ao longo de dous días, miles de persoas fixeron longas colas para visitar a capela ar-

dente do ditador, instalada no Palacio Real de Madrid, antes de que os seus restos fosen inhumados no Val dos Caídos.

Paralelamente, a proclamación de don Xoán Carlos como rei de España inauguraba unha nova etapa histórica, marcada inicial-

mente pola incerteza: a transición cara á democracia.

Traducido de J. Tusell, Franquismo y transición. Vol. 17 de Historia de España. Espasa-Calpe, 2004.

O 20 de novembro de 1975

A

http://www.rtve.es/alacarta/videos/

fue-noticia-en-el-archivo-de-rtve/

espanoles-franco-muerto/362530

Intervención televisiva na que o presidente do goberno Car-

los Arias Navarro anuncia a morte de Francisco Franco e le

o seu testamento político.

@

247España e Galicia de 1939 ao século XXI

@

Page 10: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

O 22 de novembro de 1975 as Cortes proclamaron rei de España a Xoán

Carlos I. O monarca pronto iniciou unha serie de importantes refor-

mas que permitiron o desmantelamento do réxime franquista e a ins-

tauración dun sistema político democrático. É a etapa que coñecemos

como transición.

4.1. Comenza a transiciónInicialmente, o monarca tomou algunhas decisións que anticipaban

a súa vontade de cambio. As medidas máis destacadas foron:

— A continuidade de Arias Navarro como presidente do novo gober-

no, co obxectivo de tranquilizar os sectores máis reaccionarios do

franquismo, o búnker. De feito, este goberno seguiu empregando

métodos propios do réxime franquista.

— Os contactos coa oposición e con algúns líderes estranxeiros co

fin de obter o apoio necesario para introducir os cambios que con-

ducirían á democracia.

— O indulto xeral, que permitiu a saída do cárcere dalgúns líderes

da oposición. Era un xesto da vontade reformista.

Finalmente, o inicio da ruptura produciuse coa decisión do rei de

substituír a Arias Navarro por Adolfo Suárez tras os chamados feitosde Vitoria, nos que a policía provocou cinco mortes ao disolver unha

asemblea de traballadores nunha igrexa.

4.2. A reforma políticaA primeira fase da reforma política consistiu en desmantelar as estru-

turas institucionais da ditadura franquista. Para iso, o presidente Suárez,

que procedía do mesmo réxime (fora ministro do Movemento), apli-

cou paulatinamente unha estratexia de ruptura pactada, que conta-

ba co apoio da oposición democrática.

Tras unha xenerosa amnistía, empezáronse a modificar as leis herda-

das do franquismo. O aperturismo iniciouse coa aprobación nas Cortes

franquistas da lei para a reforma política, promovida polo seu presi-

dente, T. Fernández-Miranda. A lei foi sometida a referendo (15-12-

-1976) e o resultado foi favorable por maioría.

O paso fundamental para o establecemento dun sistema democráti-

co era a legalización dos partidos políticos da oposición e dos sin-

dicatos, que seguían sendo clandestinos. En novembro de 1976

comezou a legalización dos partidos políticos, excepto o PCE, á que

se opoñía o exército. Non obstante, en abril de 1977 o goberno lega-

lizou o PCE por sorpresa, o cal provocou as protestas de sectores mili-

tares (o ministro de Mariña dimitiu).

Así que se conseguiu a pluralidade política, o 15 de xuño de 1977

rea lizáronse as primeiras eleccións democráticas en España desde os

tempos da República. Os resultados electorais configuraron unhas Cor-

tes Constituíntes nas que o partido Unión de Centro Democrático

(UCD), unha coalición heteroxénea creada e liderada por Adolfo Suá-

rez, tiña unha maioría relativa que lle permitía gobernar.

4. A transición á democracia

248 Unidade 12

Xoán Carlos de Borbón é proclamado rei (22-11-1975).

COMPOSICIÓN DO CONGRESO DOS DEPUTADOS (1977)

Xoán Carlos I

C. Arias Navarro

A. Rodríguez de Valcárcel

A lei para a reforma política

A armazón institucional do réxime franquista

baseábase nas denominadas Leis Fundamentaisdo Reino. A lei para a reforma política foi a últi-

ma e supuxo a fin das Cortes franquistas, pois

establecía un Congreso de Deputados e un Se-

nado elixidos democraticamente, e a posibilida-

de dunha reforma constitucional.

http://www.rtve.es/alacarta/videos/fue-

noticia-en-el-archivo-de-rtve/juramento-

juan-carlos-como-rey-espana/344043/

Proclamación de Xoán Carlos I como rei de España.

@

Page 11: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

4.3. A Constitución de 1978A segunda fase da reforma política consistiu en construír unha

nova estrutura institucional democrática. Despois das eleccións,

o goberno de Suárez promoveu unha política de consenso,

baseada en pactar as reformas coas diferentes forzas políticas e

sociais.

A primeira reforma acordada foron os chamados Pactos da Mon-

cloa (25-10-1977); nestes pactos os partidos políticos, os sindica-

tos e mais a patronal acordaron unha serie de importantes medidas

económicas co obxectivo de intentar controlar a crise.

En calquera caso, a reforma acordada máis importante foi a apro-

bación da Constitución. A negociación e o pacto entre as prin-

cipais forzas políticas foron constantes en todo o proceso

constituínte: na redacción do proxecto inicial a cargo dunha co-

misión e na posterior discusión parlamentaria.

Finalmente, a Constitución aprobada polo Congreso e polo Sena-

do foi ratificada pola maioría dos cidadáns no referendo do 6

de decembro de 1978.

A Constitución de 1978 institucionalizou a democracia en Espa-

ña, pois establece unha monarquía parlamentaria, recoñece

que a soberanía reside no pobo e consagra a división de pode-

res (lexislativo, executivo e xudicial).

SISTEMA POLÍTICO CONSTITUCIONAL

Os chamados «pais da Constitución» eran os membros da comisión en-cargada de redactar unha proposta de texto constitucional para o seu pos-terior debate parlamentario.

15. Observa a fotografía e visualiza o vídeo da procla-

mación de Xoán Carlos de Borbón como rei.

— Descubre quen aparece e a que institucións re-

presenta. Que xuramento realiza o monarca?

16. Explica en que consistiu a transición.

— Como se realizou o desmantelamento das es-

truturas institucionais da ditadura?

17. Observa atentamente a gráfica sobre a compo-

sición do Congreso dos Deputados en 1977 e con-

sulta a seguinte páxina web:

— Anota o significado das diferentes siglas polí-

ticas da gráfica.

— Que significa a expresión «sopa de letras»?

18. Observa a fotografía dos chamados «pais da Cons-

titución» e pescuda de que partidos políticos eran

e en que consistiu a súa tarefa.

19. Le o texto de M. T. Pérez Picazo e explica por que

foi tan importante o consenso na redacción da

Constitución de 1978.

20. Observa atentamente o esquema sobre o sistema

político constitucional e explica que caracterís-

ticas permiten definilo como democracia.

AC

TIVID

AD

ES

249España e Galicia de 1939 ao século XXI

A redacción da nova Carta Magna non respondía, por primeira vez

na historia de España, á imposición dun partido, senón á negocia-

ción entre os máis importantes. [...] Un grupo de deputados, proceden-

tes de posicións ideolóxicas distintas e ata enfrontadas, asumira o reto

de redactar un texto que fose aceptable para todos.

Traducido de M. T. Pérez Picazo, Historia de España del siglo XX.Crítica, 1996.

G. Cisneros

J. P. Pérez-LlorcaM. Herrero

R. de Miñón

M. RocaM. Fraga

G. Peces-BarbaJ. Solé Tura

PODERLEXISLATIVO

Cortes Xerais:

• Congreso

dos Deputados

• Senado

Parlamentos

autonómicos

PODEREXECUTIVO

Goberno:

• Presidente

• MinistrosDesignansenadores

Elixen

Elixen

Designan

Elixen

Elixen

PODERXUDICIAL

Consello Xeral

do Poder

Xudicial

ELECTORES

Xuíces

e maxistrados

XEFE DO ESTADO: REI

R

A

@

@

http://www.elmundo.es/especiales/2007/06/

espana/30aniversario_democracia/index.html

Page 12: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

5. Os gobernos democráticos

250 Unidade 12

X. M. Aznar no cume que acordou darlle un ultimato a Iraq (16-3-2003).

A partir da aprobación da Constitución de 1978, a vida política en Es-

paña estivo marcada polo funcionamento democrático, a pesar dalgu -

nhas dificultades. Desde entón, fóronse sucedendo gobernos de distintos

partidos políticos, que contribuíron co seu labor a consolidar a demo-

cracia.

5.1. A consolidación da democraciaTras a etapa do consenso constitucional, a situación política foise cris-

pando pola confluencia de varios factores: a crise económica, a descen-

tralización do Estado, a escalada das accións terroristas (especialmente

da ETA) e o malestar e as ameazas golpistas dalgúns militares de

ideo loxía franquista.

En xaneiro de 1981 Suárez presentou a súa dimisión como presidente

do goberno ante a división do seu propio partido. O 23 de febreiro, du-

rante a votación de Calvo-Sotelo como novo presidente do goberno,

algúns militares intentaron levar a cabo un golpe de Estado para impo-

ñer un goberno que recortase as liberdades democráticas.

En 1982 o PSOE chegou ao poder cunha mensaxe de cambio e de re-

formas sociais e cunha imaxe de moderación. Baixo o liderado de Fili-

pe González, houbo unha primeira etapa socialista que se estendeu

ata 1996. O goberno socialista iniciou unha decidida política econó-

mica que tiña como obxectivo superar os efectos da crise e modernizar

a economía de España. Algunhas medidas foron a reconversión in-

dustrial e a reforma fiscal. Parte dos novos ingresos destinouse a gas-

tos sociais e a unha política de investimentos en infraestruturas.

En 1996 concluíu a hexemonía socialista no poder. O goberno socia-

lista acusou os efectos negativos dunha nova recesión económica,

dos escándalos de corrupción que lles afectaron a algúns líderes do

PSOE e da guerra sucia contra a ETA (GAL).

A reorientación das relacións internacionais

A prioridade en política exterior dos gobernos democráticos foi situar España na esfera das potencias occidentais. En 1985 fir-

mouse o Tratado de Adhesión á Comunidade Europea (en vigor desde o 1 de xaneiro de 1986). En 1986 confirmouse en referen-

do a permanencia de España na OTAN. Ademais, as tropas españolas interviñeron en conflitos como os de Iraq e Afganistán.

A traxedia do 11-M

O 11 de marzo do 2004 tivo lugar o maior aten-

tado terrorista cometido en Europa. Catro trens

de pasaxeiros da rede de proximidade de Ma-

drid foron obxecto dun violento ataque a cargo

de terroristas yihadistas. Como consecuencia da

explosión de dez bombas, morreron 191 perso-

as e 1 858 resultaron feridas.

Firma do Tratado de Adhesión de España á Comunidade Europea (12-6-1985).

F. Morán

T. Blair G. W. Bush X. M. Aznar

F. González

Especiais sobre o 11-M

www.abc.es/informacion/11M/

www.elmundo.es/documentos/2004/03/espana/atentados11m

www.elpais.com/comunes/2004/11m/portada.html

www.lavozdegalicia.es/10_aniversario

www.publico.es/especiais/11m

@

Page 13: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

5.2. A alternancia no poderEn 1996, plenamente consolidado o sistema democrático, iniciouse

unha nova etapa política caracterizada pola alternancia de gobernos

de distinto signo ideolóxico: conservador (entre 1996 e o 2004), so-

cialista (entre o 2004 e o 2011) e novamente conservador (a partir do

2011).

— Os primeiros gobernos do PP. A favorable conxuntura económi-

ca permitiu a diminución do paro (con ocupación precaria) e un am-

plo programa de privatización de empresas públicas (Campsa,

Telefónica etc.). Algunhas medidas gobernamentais de relevancia

foron o Plan Hidrolóxico Nacional e a adopción do euro (2002).

A catástrofe ecolóxica do petroleiro Prestige (2002) e a alianza incon-

dicional con Estados Unidos na invasión de Iraq provocaron nu-

merosas mobilizacións da poboación.

— A segunda etapa socialista. A política aplicada no seu primeiro

mandato priorizou a adopción de medidas sociais, como a actuali-

zación do salario mínimo interprofesional, o matrimonio entre

persoas do mesmo sexo (2005), a prohibición do tabaco en luga-

res públicos (2006), a lei de dependencia (2007) etc.

Non obstante, o impacto da grave crise económica mundial inicia-

da no 2007 repercutiu no sistema financeiro e deu lugar ao colap-

so do sector inmobiliario e ao aumento do desemprego. Tras un

primeiro intento de estímulo económico, o goberno aplicou unha

drástica política de recorte do gasto.

— O retorno do PP. Tras as eleccións xerais de novembro do 2011,

nas que o PP obtivo a maioría, iniciouse unha nova etapa de go-

berno conservador baixo a dirección de Mariano Rajoy.

OS PRESIDENTES DA DEMOCRACIA

Adolfo Suárez,

UCD

(1976-1981)

Ministro secretario

xeral do Move-

mento (1975), foi

nomeado presi-

dente do goberno

polo rei en 1976.

Dirixiu o proceso

de reforma e presi-

diu os primeiros

gobernos demo-

cráticos ata a súa

dimisión, en 1981.

Leopoldo Calvo-

-Sotelo, UCD

(1981-1982)

Ocupou varias car-

teiras ministeriais

nos primeiros go-

bernos da transi-

ción (1975-1981) e

foi vicepresidente

do goberno (1980-

1981). Tras a dimi-

sión de Suárez,

substituíno como

presidente do go-

berno (1981-1982).

Filipe González,

PSOE

(1982-1996)

Histórico líder do

PSOE desde a

clandestinidade

(1974). Dirixiu o

mandato político

máis longo da

democracia actual,

xa que foi presi-

dente do goberno

durante catro

lexislaturas (1982-

1996).

Xosé M.ª Aznar,

PP

(1996-2004)

Foi presidente da

Xunta de Castela e

León (1987-1989).

Dirixiu o PP des-

pois da refunda-

ción da antiga

Alianza Popular

(AP) de Manuel Fra-

ga. Foi presidente

do goberno duran-

te dúas lexislaturas

(1996-2004).

Xosé L. Rodríguez

Zapatero, PSOE

(2004-2011)

Accedeu á direc-

ción do seu partido

no ano 2000, nun

proceso de renova-

ción interna. Tras

as vitorias do PSOE

nas eleccións xe-

rais do 2004 e do

2008, foi presiden-

te do goberno du-

rante dúas

lexislaturas.

Mariano Rajoy,

PP

(2011)

Vicepresidente da

Xunta de Galicia

(1986-1987). Foi mi-

nistro en varias oca-

sións (1996-2003) e

vicepresidente do

goberno (2000-

2003) con Aznar.

Tras as eleccións do

2011, converteuse

en presidente do

goberno.

21. Cales foron os factores que crisparon a vida

política española despois da aprobación da

Constitución de 1978?

— Que feito antidemocrático tivo lugar

en 1981?

22. Elabora un eixe cronolóxico da evolución

política desde 1979 ata a actualidade, no

que figuren as eleccións xerais e os sucesi-

vos gobernos. Para iso, podes consultar a se-

guinte páxina web:

23. Explica brevemente as principais medidas

políticas aplicadas polos sucesivos gober-

nos a partir de 1979.

24. Consulta as páxinas webs sobre a traxedia

do 11-M e redacta un informe de síntese so-

bre este atentado terrorista tendo en con-

ta as hipóteses sobre a súa autoría.

AC

TIVID

AD

ES

251España e Galicia de 1939 ao século XXI

http://gl.wikipedia.org/wiki/Categor%C3

%ADa:Eleccións_xerais_en_España

R

@

@

Page 14: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

Durante a transición formulouse a conveniencia de que o Esta-

do adoptase unha estrutura descentralizada nas comunidades

au tónomas, como se recolle na Constitución de 1978.

6.1. O proceso de descentralizaciónAo longo do franquismo perviviran os sentimentos nacionalis-

tas en Cataluña, no País Vasco e en Galicia, e ao iniciarse a tran-

sición á democracia os partidos nacionalistas formularon

demandas au tonomistas.

Na Constitución de 1978 contemplábase a posibilidade de que as

rexións e as nacionalidades puidesen converterse en comuni-

dades autónomas. Había unanimidade no caso das denomina-

das nacionalidades históricas (Cataluña, País Vasco e Galicia),

mais non sobre os límites do Estado autonómico, é dicir, sobre

se debía ou non estenderse o sistema autonómico a todo o te-

rritorio e, igualmente, sobre cales debían ser as competencias das

autonomías.

As manifestacións populares a prol da autonomía en moitas re-

xións levaron as forzas políticas a aplicar o que se coñeceu como

«café para todos», é dicir, a xeneralizar a creación de autonomí-

as. Isto foi visto polos franquistas como unha ameaza de desin -

tegración da patria e xerou numerosas tensións.

A pesar de todo iso, en 1979, cos Estatutos de autonomía de Ca-

taluña e do País Vasco, e en 1981, co Estatuto de Autonomía de Ga-

licia, iniciouse o progresivo proceso de configuración do Estado

das autonomías, que se completou coa creación de 17 comuni-

dades e de dúas cidades autónomas. Posteriormente, a finais da

década de 1990, a descentralización estatal recibiu un novo impul-

so, xa que a maioría das comunidades autónomas reformaron os

seus Estatutos co obxectivo de ampliar as súas competencias.

6.2. O funcionamento autonómicoCada autonomía está rexida por un Estatuto, que é a lei básica

de cada comunidade, sometida só á Constitución. Os Estatutos

teñen unha estrutura similar á dos textos constitucionais. Neles

establécense a denominación da comunidade, o seu territorio, as

características que a definen (o himno, a bandeira, a lingua...), a

organización e a sede das institucións de goberno, as súas com-

petencias e as súas funcións, o réxime económico e financeiro e

o procedemento para a reforma do Estatuto.

As institucións de goberno son similares en todas as comunida-

des, aínda que reciban nomes diferentes:

— O Parlamento ou Asemblea, que ten o poder lexislativo.

— O presidente e o Consello de goberno, que teñen funcións

executivas.

— O Tribunal Superior de Xustiza, que representa o poder xu-

dicial.

6. Un Estado descentralizado

252 Unidade 12

Art. 2. A Constitución fundaméntase na indisolu-

ble unidade da Nación española, patria común e

indivisible de todos os españois, e recoñece e garan-

te o dereito á autonomía das nacionalidades e re-

xións que a integran e a solidariedade entre todas

elas.

Art. 143.1. En exercicio do dereito de autonomía re-

coñecido no artículo 2 da Constitución, as provincias

limítrofes con características históricas, culturais e

económicas comúns, os territorios insulares e as

provincias con entidade rexional histórica poderán

acceder ao seu autogoberno e constituírse en comu-

nidades autónomas de acordo co previsto neste Tí-

tulo e nos respectivos Estatutos.

A organización territorialdo Estado na Constitución

Descentralización ou recentralización

En varias ocasións suscitouse o debate sobre o alcan-

ce do proceso de descentralización do Estado, es-

pecialmente no relativo ás competencias e ao

financiamento das comunidades autónomas. O re-

xeitamento dalgu nhas autonomías a recibiren novas

competencias e a devolución ao Estado doutras xa

transferidas son a base dunha proposta de recen-

tralización do Estado.

Manifestación en prol da autonomía de Galicia, na Coruña. 4-12-1977.

Page 15: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

253España e Galicia de 1939 ao século XXI

Principadode Asturias

30-12-19815-1-1999

Ceuta

13-3-1995

Castela--A Mancha

10-8-19823-7-1997

Melilla

13-3-1995

Canarias10-8-198230-12-1996

Cantabria30-12-198130-12-1998

País Vasco

18-12-1979

A Rioxa9-6-19827-1-1999

ComunidadeF. Navarra

10-8-198226-3-2001

Aragón10-8-198220-4-2007

Cataluña18-12-197919-7-2006

Illas Baleares25-2-198328-2-2007

ComunidadeValenciana

1-7-198210-4-2006

Murcia9-6-1982

15-6-1998

María Antonia Martínez, primeirapresidenta de comunidade autónoma

Nacida en Molina de Segura (Murcia), María Antonia

Martínez García foi a primeira muller en presidir unha

comunidade autónoma. En 1984, cando era vicepre-

sidenta do consello de goberno da Rexión de Mur-

cia, asumiu interinamente a presidencia da comunidade

durante o mes de abril, tras a dimisión do presiden-

te, Andrés Hernández Ros. Máis tarde, entre 1993 e

1995, volveu ser presi denta da Rexión

de Murcia.

Can didata do PSOE á presiden-

cia nas eleccións de 1995, foi

derrotada por Ramón Luis Val-

cárcel (PP). Posteriormente,

foi senadora designada pola

súa comunidade autónoma.

25. Le atentamente o texto da Constitución e explica que pro-

pón o artigo 2. Que condicións debe reunir un territorio para

acceder á autonomía?

— Ademais da Constitución, que lei básica rexe en cada comu-

nidade?

26. Resume o proceso de configuración do Estado das autono-

mí as na etapa democrática. Explica o significado da expresión

«café para todos».

27. Realizade un debate sobre as vantaxes e os inconvenientes

que ten este sistema autonómico.

28. Cales son as principais institucións de Galicia? Responden

ao principio de separación de poderes? Argumenta a túa

resposta.

29. Observa atentamente o mapa e elabora, cun procesador de

textos, un eixe cronolóxico sobre o proceso de descentrali-

zación do Estado.

— Ten presente que as datas corresponden á aprobación e á

reforma dos Estatutos de cada comunidade.

R

A

AC

TIVID

AD

ES

Castelae León

25-2-19838-1-1999

Galicia

6-4-1981

Comunidadede Madrid

25-2-19837-7-1998

Estremadura25-2-19836-5-1999

Andalucía30-12-198113-3-2007

@

Page 16: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

254 Unidade 12

7. Galicia: do franquismo á democraciaCo franquismo destruíronse as posibilidades de autogoberno de Galicia, a tra-

mitación estatutaria e calquera manifestación política ou cultural galeguista.

Pero despois de 1975 e coa recuperación da democracia, retomouse a antiga

pretensión da autonomía de Galicia, que se acadou coa aprobación en refe-

rendo do Estatuto de Autonomía en 1980.

7.1. O franquismoAnte a forte represión política e cultural comeza tras a guerra unha enorme

oposición ao franquismo, incluso desde o exilio en América. Moitos galegos

loitaron polos seus dereitos e as súas liberdades, uns no exilio e outros clan-

destinamente dentro de Galicia. A oposición ao réxime franquista foi articu-

lándose e tomou varias vías de resistencia:

— A resistencia armada da acción guerrilleira. A primeira forma de oposición

ao franquismo foi a de agocharse ou fuxir ao monte. Así naceron os «fuxi-

dos», que organizaron a guerrilla, ou maquis, no interior de Galicia.

— A resistencia política no exilio. Moitos líderes do galeguismo, como Cas-

telao e Casares Quiroga, emigraron a América, onde desenvolveron as acti-

vidades políticas e culturais que lles prohibían en Galicia. O principal obxectivo

foi defender a cultura galega e os dereitos políticos de Galicia. En 1944

constituíuse en Montevideo (despois trasladouse a Buenos Aires) o Conse-

llo de Galiza, co fin de converterse nun goberno galego no exilio.

— A resistencia política no interior. En 1940 os galeguistas comezaron a re-

construción clandestina do Partido Galeguista, pero as detencións feitas polo

réxime paralizaron a actividade política na clandestinidade e disolveuse o

PG. A partir de 1950 o galeguismo político decaeu e deu paso á acción cul-

tural como única vía galeguista de oposición

— A resistencia obreira e estudantil. A partir dos anos 60 tiveron lugar

algunhas folgas obreiras en Vigo e Ferrol e protestas e folgas estudantís na

Universidade de Santiago.

7.2. O nacionalismo durante o franquismoBaixo o franquismo quedou anulado o desenvolvemento da autonomía previs-

ta no Estatuto de 1936 e desarticulouse o movemento político nacionalis-

ta. O Partido Galeguista mantívose na clandestinidade ata 1950, data na que

se disolveu, iniciándose unha nova etapa na historia do galeguismo político

de loita cultural, dirixido polo selo editorial Galaxia.

Esta opción político-cultural do nacionalismo compartiu protagonismo a par-

tir dos anos 60 cos novos partidos: o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión

do Pobo Galego (UPG). A vida política destes partidos, ata o final da ditadura,

desenvolveuse na clandestinidade. Non obstante, a súa participación en mobi-

lizacións sociais importantes (folgas obreiras e estudantís) permitiu que o na-

cionalismo político organizado chegase á época da transición á democracia.

O galeguismo tivo no exilio un forte desenvolvemento grazas a que numero-

sos líderes políticos emigraron a América. Mantiveron unha ampla actividade

cultural de carácter galeguista, a través da publicación de libros, da creación

de editoriais... Tamén crearon institucións políticas, como o Consello de Galiza,do que foi deputado Alfonso Castelao, que mantivo unha incesante activida-

de política.

Economía e sociedade galegas

O período da autarquía constituíu un gran

freo para a modernización da sociedade

galega. A actividade agraria retornou a ni-

veis de policultivo de subsistencia e as

aldeas galegas estaban en pleno vigor e

cheas de campesiños. Foron anos de fame,

racionamento e miseria.

Na década dos 60 abriuse unha etapa de

crecemento económico e de moderni-

zación ao mudaren notablemente a pro-

dución agraria e a industrial e coa apertura

da emigración cara á Europa industria-

lizada. Desapareceu a agricultura tradicio-

nal grazas á eliminación do policultivo de

subsistencia, á renovación da maquinaria

agrícola e á especialización no sector gan-

deiro. Comezou unha nova vaga industria-

lizadora coa diversificación do sector

industrial (petroquímica, automoción etc.),

coa ampliación das actividades industriais

xa asentadas en Galicia ( industria de con-

xelados, naval etc.) e coa consolidación

da industria relacionada coas actividades

agrarias (industria cárnica, láctea etc.).

Maquis de Galicia e de León.

Emigrantes galegos á súa chegada á Alemaña.

Page 17: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

30. Sinala as principais vías de oposición ao réxime

franquista.

31. Le atentamente os artigos do Estatuto de Auto-

nomía que aparecen no cadro e redacta un in-

forme no que resumas os aspectos que recollen.

32. Elabora un eixe cronolóxico da evolución políti-

ca desde 1981 ata a actualidade, no que figuren as

eleccións autonómicas e os sucesivos gobernos.

Para iso, podes consultar a páxina web:

AC

TIVID

AD

ES

R

@

http://gl.wikipedia.org/wiki/Presidente_da_Xunta

255España e Galicia de 1939 ao século XXI

7.3. Galicia, comunidade autónomaNa transición cara á democracia, Galicia comezou o seu proce-

so autonómico (1977-1980), que estivo marcado pola redac-

ción e a aprobación do Estatuto de Autonomía.

En 1977 constituíuse a Asemblea de Parlamentarios de Galicia,

que organizou a preautonomía e a elaboración dun anteproxectode Estatuto de Autonomía. Ao ano seguinte, a Asemblea instaurou

un réxime de preautonomía, promovendo a constitución da Xun-

ta de Galicia como órgano de goberno. Esta Xunta preautonómi-

ca foi presidida por Antonio Rosón (da UCD), quen lle encargou

a redacción dun anteproxecto de Estatuto á Comisión dos 16. O tex-

to saído desta comisión sufriu moitas modificacións e atrancos, ata

que en 1980 se aprobou en referendo o Estatuto de Autono-

mía. Entrou en vigor en 1981.

O Estatuto de Autonomía de Galicia

Coa aprobación do Estatuto efectuouse o tránsito desde o réxime

preautonómico ao autonómico ao constituírse Galicia como

comunidade Autónoma. O Estatuto de Autonomía de Galicia é

a norma institucional básica que rexe a organización política e ad-

ministrativa da nosa comunidade. No Estatuto recóllense:

— O dereito ao autogoberno, tarefa que levan a cabo as insti-

tucións autonómicas.

— A defensa da identidade de Galicia e dos seus intereses.

— As institucións de autogoberno: o Parlamento, a Xunta e o seu

Presidente, e o Tribunal Superior de Xustiza.

— Unha lingua propia de Galicia, o galego, idioma oficial xun-

to co castelán.

— Os ámbitos sobre os que Galicia ten competencias: a orga-

nización das institucións, a pesca, o fomento da cultura etc.

— Os símbolos de identidade: bandeira, himno e escudo.

Os gobernos autonómicos

As primeiras eleccións autonómicas celebráronse en outubro de

1981, tras as que se disolveron as institucións preautonómicas.

Destas eleccións saíu o primeiro goberno autonómico, presidido

por Xerardo Fernández Albor (1981-1985), de Alianza Popular (AP).

Nas seguintes eleccións, en 1985, volveu gañar AP, formando o se-

gundo goberno de Fernández Albor (1985-1987), que rematou

cun ha moción de censura e deu paso a un goberno tripartito (1987-

1989), presidido por Fernando González Laxe, do Partido Socia-

lista de Galicia (PSdG), co apoio do Partido Nacionalista Galego (PNG)

e de Coalición Galega (CG). Nas eleccións de 1989 Manuel Fraga

Iribarne, candidato do Partido Popular de Galicia (PPdeG), obtivo

a maioría absoluta. A partir de 1990 ocupou a presidencia da Xun-

ta, co apoio do electorado nas convocatorias de 1993, 1997 e 2001.

Das eleccións do 2005 saíu o goberno bipartito do PSdG e do Blo-

que Nacionalista Galego (BNG), presidido por Emilio Pérez Tou-

riño (2005-2009). Tras as eleccións do 2009, o PPdeG, con Alber-

to Núñez Feijóo de presidente, regresa ao goberno da Xunta.

Art. 1.1. Galicia, nacionalidade histórica, constitúese

en comunidade autónoma para acceder ao seu auto-

goberno [...].

Art. 1.2. A comunidade autónoma, a través das insti-

tucións democráticas, asume como tarefa principal a

defensa da identidade de Galicia e dos seus intereses

e a promoción da solidariedade entre todos cantos for-

man o pobo galego.

Art. 2.1. O territorio de Galicia é o abranguido polas

actuais provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Ponte-

vedra.

Art. 5.1. A lingua propia de Galicia é o galego.

Art. 5.2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en

Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os

usar.

Art. 6.1. A bandeira de Galicia é branca cunha banda

diagonal de cor azul que a atravesa desde o ángulo su-

perior esquerdo ao dereito.

Art. 6.2. Galicia ten himno e escudo de seu.

Art. 9.1. Os poderes da comunidade autónoma exér-

cense a través do Parlamento, da Xunta e do seu Pre-

sidente.

Art. 10.1. Son funcións do Parlamento de Galicia as se-

guintes:

a) Exercer a potestade lexislativa da comunidade

autónoma. [...]

Art. 16.1. A Xunta é o órgano colexiado do Goberno

de Galicia.

Art. 16.2. A Xunta de Galicia está composta polo Pre-

sidente, o Vicepresidente ou Vicepresidentes, se é o

caso, e mais os Conselleiros.

Art. 21. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no

que se integrará a actual Audiencia Territorial, é o ór-

gano xurisdicional en que culminará a organización

xudicial no seu ámbito territorial [...].

Estatuto de Autonomía de Galicia

Page 18: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

TRABALLAR FONTES ORAIS

A entrevistaA entrevista é a técnica que nos permite obter a información

que as testemuñas dun determinado acontecemento ou perí o-

do histórico poden ofrecernos. Esta técnica, lonxe de ser sin-

xela, require unha coidadosa preparación. Para poñérela en

práctica, tes que seguir estes pasos:

APRENDE A…

As fontes orais son un tipo de fontes primarias que permi-

ten obter información para reconstruír a chamada «histo-

ria recente».

A historia oral pode contribuír a darnos datos moi diver-

sos: sobre os costumes dunha sociedade, a organización do

traballo, a cultura popular e material etc. Os testemuños

achegan os recordos e as experiencias persoais de xentes

que viviron unha época sen seren necesariamente protago-

nistas públicos ou coñecidos, e iso é de grande utilidade para

recuperar a memoria colectiva.

Ademais, a historia oral permite poñer en contacto

diferentes xeracións dunha mesma sociedade,

de maneira que os recordos duns poden fa-

vorecer o coñecemento dos outros.

Polo tanto, para a historia oral, o

importante non son tanto os da-

tos obxectivos coma as impre-

sións persoais, é dicir, como

homes e mulleres viviron determi-

nadas situacións ou percibiron os

cambios históricos a través dos seus

efectos na vida diaria.

Segundo o historiador Ronald Fra-

ser, «o que mellor se recorda é case

sempre a vida diaria, as rutinas e as

loitas diarias no traballo, na casa etc.

Excepto para as persoas que se de-

dican a ela, a vida política lémbrase de xeito moito menos

intenso. [...] O testemuño oral pode ofrecernos unha fonte

válida para a investigación histórica, sempre que teñamos

en conta aqueles aspectos que a memoria pode facili tarnos».

256 Unidade 12

Lembra

É importante gravar as entrevistas e saber crear un

clima de confianza adecuado para que a persoa en-

trevistada se preste ao diálogo.

DOCUMENTARTE

SOBRE A ÉPOCA

ELABORAR

UN GUIÓN

ANALIZAR E SISTEMATIZAR

A INFORMACIÓN OBTIDA

CONTRASTAR

A INFORMACIÓN

Debes coñecer os datos funda-

mentais sobre a época da que

queres obter información para

poderes elaborar a entrevista e

entender as referencias a feitos

concretos que poida facer o en-

trevistado/a.

Este guión debe conter as pre-

guntas que se lle van formular ao

entrevistado/a. Ten que servirnos

para orientar a conversación,

mais non debe ser un cuestiona-

rio ríxido que limite excesivamen-

te as respostas.

Resulta especialmente axeitado

analizar e sistematizar a informa-

ción en caso de que se entrevis-

ten varias persoas, porque é

posible que haxa diferentes re-

cordos ou opinións sobre un

mesmo suceso ou incluso infor-

macións contraditorias entre

si.

É conveniente confrontar a in-

formación con outras fontes pri-

marias e secundarias para poder

detectar posibles erros (por

exemplo, de datas) e valorar o

conxunto da información.

Page 19: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

Exemplos de entrevistas

—Coñeceu vostede, aínda en vida de Franco, os plans políticos do rei para cando se fixese cargo da

xefatura do Estado?

—Eu oín o rei dicir en máis dunha ocasión, cando aínda era príncipe: «Cando morra Franco, o

primeiro presidente do meu goberno terá que ser o que goberne nese momento ou que asumi-

se tarefas de goberno durante o franquismo. Mais dese primeiro goberno terá que saír o presiden-

te que faga a reforma». [...]

—Pero xa en 1975 os plans democratizadores do rei estaban tan perfilados, ou eran, coma case

todos os dos que participaron na transición, un desexo máis ben pouco claro e preciso?

—Non, eu creo que o rei o que tiña claro eran as seguintes ideas: primeiro, que tiña que ha-

ber un réxime de liberdades igualitario para todos os españois; segundo, que nese ré-

xime de liberdades a única forma de representación política era a democracia e

que as cámaras debían ser elixidas por sufraxio universal. Iso cónstame absolu-

tamente. Ademais, o rei sabía que as únicas monarquías que sobrevivían no mun-

do eran as que estaban dentro desa fórmula. O rei pensaba con toda sinceridade

que el non podía ser un rei do século XVIII, nin tan sequera do século XIX.

Traducido de Memoria da transición. El País, 1996.

Entrevista a Alfonso Osorio

—Que destacaría da contribución de Unión de Centro Democrático ao establecemento da democracia en

España?

—Seríame máis fácil referirme á contribución de homes como Adolfo Suárez e algúns outros que o acom-

pañaron desde o Movemento ata a democracia; iso paréceme importante. Porque facilitar a transición

desde dentro evitou conflitos, esgazaduras maiores, que se producirían de non darse esa situación. [...] En

canto a ese sector de UCD, penso que facilitou o paso do réxime franquista á democracia, favoreceu no

terreo político un cambio que non era posible coa ruptura.

—Cal cre que foi a principal achega do PCE á transición, á normalización democrática de España?

—Eu creo que a nosa principal achega foi [...] a política de reconciliación nacional. [...] Paréceme

que moitísima xente nos considera hoxe como un dos factores decisivos da transición da ditadura

á democracia e como uns dos artífices do sistema de liberdades para todos como o que existe en

España.

Traducido de Desatado y bien desatado. El Periódico, 1985.

Entrevista a Santiago Carrillo

1. Le atentamente as entrevistas a Alfonso Osorio e a San-

tiago Carrillo.

— Busca información sobre os dous entrevistados e expli-

ca se eran figuras relevantes na transición e por que mo-

tivo.

— Sintetiza as principais ideas que manifestan os dous per-

sonaxes nas entrevistas.

— Segundo cada un dos entrevistados, quen desempe-

ñou un papel fundamental no triunfo da transición? Por

que? Coinciden as dúas fontes sobre esta cuestión?

2. Realízalles unha entrevista aos teus avós ou a outras per-

soas da súa xeración que coñezas sobre a vida diaria en Es-

paña durante o franquismo.

— Busca información sobre ese tema en enciclopedias e

en Internet.

— Pregúntalles como eran as condicións de vida e de

traballo, sobre os costumes, os acontecementos e os há-

bitos culturais, a vida política etc.

— Poñede en común as conclusións na clase e compára-

deas coa situación actual, de xeito que poidades valo-

rar se se progresou.

AC

TIVID

AD

ES

257España e Galicia de 1939 ao século XXI

Page 20: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

258 Unidade 12

Alumna de educación primaria contra o ano 1969.

EXEMPLOS DE LIBROS DE TEXTO

Xeografía Historia Réxime franquista Formación das nenas

As rexións españolas eran defi-

nidas cunha combinación de ras-

gos económicos e símbolos

folclóricos.

Desvirtuábase a historia, para en-

salzar os mitos do nacionalca-

tolicismo, a unidade de España,

o imperialismo e a raza ibérica.

Enxalzábase o réxime como libe-

rador de todo mal (representado

polos xudeus e os comunistas)

e salvador de España. Practica-

ba o culto ao líder.

A discriminación sexual relega-

ba as mulleres a unha función

exclusivamente doméstica: lim-

par, coser...

«España é o país de máis varie-

dade e extraordinaria beleza na

súa paisaxe, no seu folclore e nos

seus monumentos. A todo isto

débese que ela sexa un dos lu-

gares máis visitados polo turis-

mo internacional.»

Ditado: Día da Hispanidade

«Conmemórase o descubrimen-

to de América, un dos máis gran-

des acontecementos da Historia,

no que España levou ao novo

continente a súa civilización, re-

lixión e cultura. Estas 19 nacións

que un día se fixeron indepen-

dentes de España seguen unidas

á nai España polos lazos podero-

sos da fe, o idioma e o sangue.»

Ditado: 1 de outubro

«España enteira tributou a don

Francisco Franco, Caudillo de Es-

paña, unha homenaxe de gra-

titude ao se faceren 35 anos da

súa exaltación ao mando do go-

berno español. Puidemos com-

probar todos os españois que

Franco soubo, con man firme e

pulso seguro, empuñar o bastón

de mando rexendo a nación es-

pañola.»

Aparatos electrodomésticos

para a limpeza e outros usos

«Lavadora, lavalouza, aspirado-

ra, muíño, batedor, cafeteira, to-

rrador, afiador... A existencia de

tanto aparato electrodoméstico

non exclúe que as nenas saiban

facer as tarefas domésticas á

man. Habitúate á súa realiza-

ción.»

1.ª A reposición do Santo Crucifixo.

2.ª Ademais do retrato do Caudillo, haberá no salón da aula

unha imaxe da Virxe.

4.ª Ao entraren na escola os nenos saudarán co tradicio-

nal «Ave María Purísima».

6.ª A cerimonia de colocar a Bandeira antes de comezar

as clases e arriala ao terminar, mentres se entona o Him-

no Nacional.

7.ª Cumprir co precepto de oír misa os domingos, asistin-

do os nenos cos seus mestres á fronte.

Traducido e adaptado de Normas para a escola primaria.6-5-1939. Ano da Vitoria.

Indicacións oficiais

ANALIZAR FONTESA educación franquista

1. Observa a ilustración A, le atentamente as fontes B, C e D e

responde as seguintes preguntas:

— Cales foron os principios da educación durante o franquis-

mo?

— Que dereitos das persoas lesionaba a educación fran-

quista?

— Nos últimos anos do franquismo, a educación era simi-

lar á da posguerra ou evolucionara? Argumenta a túa res-

posta.

2. A partir da información extraída das fontes A, B, C e D, re-

dacta un resumo sobre as características da educación en

España durante o franquismo.

Un novo sistema educativo

O franquismo desmantelou o sistema educativo republica-

no e reemprazouno por outro inspirado no nacionalcatoli-

cismo. Estableceuse un sistema educativo clasista baseado

nos valores tradicionais e conservadores, suprimíronse o lai-

cismo e a coeducación de nenas e nenos e impúxose a

censura nos libros de texto.

A simboloxía do franquismo introduciuse nas escolas (saú-

dos, himnos, crucifixos, retratos de Franco e de José Antonio,

fundador da Falanxe etc.) e potenciáronse valores que fa-

vorecían actitudes machistas, militaristas, racistas e xenó-

fobas.

A

B

C

D

Page 21: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

Desde o 1 de abril de 1959, unha impoñente cruz de 150 metros de altura do-

mina a paisaxe da serra de Guadarrama, allea ao que xace aos seus pés, un mo-

numento que segue dividindo os españois cando acaban de cumprirse 75

anos do inicio da Guerra Civil e cuxo futuro avalía unha comisión de expertos cre-

ada polo Goberno. No interior da basílica descansan os restos de 33 833 perso-

as, a maioría combatentes do bando nacional durante a guerra (1936-1939), pero

tamén republicanos mortos neses anos. E 35 anos despois da restauración da de-

mocracia, alí xacen xunto ao altar os restos de quen ideou o proxecto, o dita-

dor Francisco Franco, e os do fundador da Falanxe, José Antonio Primo de Rivera.

«No tema da simboloxía franquista, o Val dos Caídos é agora mesmo o proble-

ma máis delicado de todos», díxolle a Reuters Xullo Aróstegui, catedrático e di-

rector da cátedra de Memoria Histórica do século XX da Universidade Complutense

de Madrid, sobre o conxunto arquitectónico ordenado por Franco para conme-

morar aos caídos na contenda. «O destino mellor dese monumento sería conver-

ter a abadía relixiosa nun centro de estudos destinado á época máis recente da

historia, que por certo en España non existe», declarou Aróstegui, mostrándo-

se partidario de exhumar os cadáveres e deixar a basílica como lugar de culto.

Nicolás Sánchez-Albornoz, historiador que fuxiu do Val dos Caídos, onde recalou

tras ser condenado a traballos forzosos, cre que o debate non está ben expos-

to. «Abordouse o problema á inversa. Pénsase en que imos facer con Cuelga-

muros (o nome orixinal do val) sen a condición previa: sacar a Franco e a José

Antonio», díxolle a Reuters Sánchez Albornoz, que estivo corenta anos exiliado.

«O val encerra un valor simbólico nesgado en favor dos franquistas (...) reforzado

pola presenza das tumbas de Franco e José Antonio. É unha situación irritante

para a nación española e unha situación anómala para Europa, porque das di-

taduras do século XX non hai ningunha tumba, e menos desas proporcións,

que lembre a Mussolini ou algún dos ditadores de Europa central», agregou.

Adaptado de: http://www.memoriadacoruna.com/bartigos/

3668-o-val-dos-caidos-ultimo-reduto-do-franquismo-a-exame.html

Que facer co Val dos Caídos?

A simboloxía do franquismo

3. Consulta a páxina web que te propoñe-

mos (activa só o filtro de simboloxía fran-

quista) e responde as preguntas

formuladas.

— Que comunidades autónomas amo-

san máis restos catalogados?

— Que tipos de símbolos (monumentos,

placas, toponimia...) predominan en

xeneral?

— Cantos símbolos franquistas se cata-

logaron en Galicia? Que tipos de sím-

bolos son?

— Coñeces algún símbolo que non es-

tea catalogado?

4. Consulta a páxina web que che propo-

ñemos e redacta un breve informe sobre

o Val dos Caídos: que é, onde está, can-

do se construíu, de que maneira e con

que finalidade etc.

— Existen propostas para transformar

este símbolo do franquismo. Le o tex-

to E e explica as propostas dos dous

historiadores.

— Que outras propostas se che ocorren?

Argumenta a túa resposta.

PUNTOS CLAVE• O franquismo foi unha ditadura totalitaria na que o xe-

neral Franco concentraba todo o poder. Aplicou unha po-

lítica represiva e de restrición das liberdades.

• As afinidades ideolóxicas coas potencias do Eixe duran-

te a Segunda Guerra Mundial provocaron un illamento

internacional de España, superado durante a guerra

fría polo apoio de Estados Unidos.

• A situación económica entre 1939 e 1959 caracterizou-

se polo intervencionismo e a autarquía; as súas prin-

cipais consecuencias foron o racionamento, a pobreza e

a fame.

• En 1959 iniciouse a liberalización económica, o que per-

mitiu un extraordinario crecemento coñecido como

desen volvismo.

• Tras a morte de Franco, o rei Xoán Carlos I promoveu a

transición cara á democracia. Adolfo Suárez aplicou unha

ruptura pactada co franquismo e legalizou os partidos

políticos.

• En 1977 realizáronse as primeiras eleccións democráti-

cas en España desde a Segunda República, para elixir

un has Cortes Constituíntes.

• En 1978, mediante un consenso entre as principais for-

zas políticas, aprobouse unha Constitución que estable-

ceu un sistema político de democracia parlamentaria.

• Desde a entrada en vigor da Constitución de 1978, pro-

duciuse unha alternancia de gobernos de distinto sig-

no ideolóxico (UCD, PSOE, PP), que aplicaron políticas

de modernización.

259España e Galicia de 1939 ao século XXI

http://www.mapadelamemoria.com

http://gl.encydia.com/es/Val_dos_Caídos

@

@

E

Page 22: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

260 Unidade 12

AC

TIV

IDA

DE

S TRABALLA AS COMPETENCIAS BÁSICAS

Tejero estaba contra a democracia e contra a monar-

quía, e o seu golpe quería ser, no esencial, similar

no fondo ao golpe que en 1936 intentou derrubar

a República e provocou a guerra e despois o franquis-

mo.

Milans estaba contra a democracia, mais non estaba

contra a monarquía, e o seu golpe quería ser, no esen-

cial, similar na forma e no fondo ao golpe que en 1923

derrubou a monarquía parlamentaria e instaurou a

ditadura monárquica de Primo de Rivera, é dicir un

pronunciamento militar chamado a devolverlle ao

rei os poderes que entregara ao sancionar a Cons-

titución e, quizais tras unha fase intermedia, a de -

sembocar nunha xunta militar que lle servise de

sustento á Coroa.

Por último, Armada non estaba contra a monar-

quía nin contra a democracia, senón só contra a

democracia de 1981 ou contra a democracia de Adol-

fo Suárez, e, no esencial, o seu golpe quería ser si-

milar na forma ao golpe que levou á presidencia da

República francesa ao xeneral De Gaulle en 1958 e,

no fondo, a unha especie de golpe palaciano que de-

bía permitirlle desempeñar con máis autoridade que

nunca o seu antigo papel de man dereita do rei, con-

verténdoo en presidente dun goberno de unidade

coa misión de rebaixar a democracia ata converte-

la nunha semidemocracia ou un sucedáneo de de-

mocracia.

Traducido e adaptado de: J. Cercas. Anatomía de uninstante. Mondadori, 2009.

Tres golpes nun?

1. Observa atentamente as imaxes do inicio do golpe de Estado

do 23 de febreiro de 1981.

— Describe brevemente os acontecementos que se ven nas

imaxes. Que actitude mostra o teniente coronel Tejero? E o

presidente Suárez?

— Pescuda quen era Manuel Gutiérrez Mellado. Por que cres

que se encarou cos golpistas?

— Que outro golpe de Estado se iniciou coa ocupación mili-

tar do Congreso dos Deputados no século XIX?

2. Le atentamente o texto de Javier Cercas e anota a resposta co-

rrecta.

— A que se opoñía cada un dos tres principais militares gol-

pistas? Relaciona correctamente.

a) Tejero... • Á democracia e a monarquía

• Á ditadura de Franco

b) Milans... • Á democracia

• Á monarquía

c) Armada... • Ao goberno de Adolfo Suárez

• Á Xoán Carlos I

— Que obxectivo tiña cada un dos tres principais militares

golpistas? Relaciona correctamente.

a) Tejero... • Eliminar a democracia

• Fortalecer a democracia

b) Milans... • Darlle poderes ao rei

• Instaurar unha república

c) Armada... • Instaurar unha ditadura

• Presidir un goberno de unidade

— O autor do texto establece un paralelismo entre os tres mi-

litares golpistas do 23-F e tres golpistas anteriores, que for-

zaron un cambio de réxime. Relaciónaos correctamente.

a) Tejero... • Ch. de Gaulle • 1923

b) Milans... • F. Franco • 1936

c) Armada... • M. Primo de Rivera • 1958

— Indica cal das seguintes opcións describe a hipótese de Ja-

vier Cercas sobre o 23-F.

a) Foi un golpe de Estado no que se combinaron tres golpes

de Estado diferentes.

b) Foi un pronunciamento militar coma os do século XIX.

c) Os golpistas querían provocar unha nova guerra civil.

O 23 de febreiro de 1981, mentres se desenvolvía a votación da elección de Leopoldo Calvo-Sotelo como presidente do gober-

no, produciuse un golpe de Estado militar. O garda civil Antonio Tejero ocupou o Congreso dos Deputados, e, en Valencia, o xe-

neral Milans del Bosch impuxo o toque de queda na cidade e sacou as tropas á rúa, en espera de ser secundado por outros xenerais.

O xeneral Alfonso Armada intentou erixirse en presidente do goberno invocando a autoridade do rei.

Non obstante, Xoán Carlos I esixiu o acatamento da orde constitucional aos militares sublevados, que renunciaron aos seus

plans golpistas. Posteriormente, un tribunal militar especial xulgou aos implicados no golpe de Estado; tras un recurso do go-

berno, unha nova sentencia do Tribunal Supremo aumentou as condeas.

http://www.rtve.es/alacarta/videos/programa/

archivo-asalto-tejero-congreso-23-1981/392929

Imaxes do asalto ao Congreso dos Deputados por efectivos

da Garda Civil baixo o mando de Antonio Tejero o 23 de fe-

breiro de 1981, durante a sesión de votación de Leopoldo Cal-

vo-Sotelo como presidente do goberno. Primeiros minutos

do secuestro do goberno e dos deputados.

@@

Page 23: Ciencias Sociais 4 - Edebe · España a cambio de axuda económica. Ademais, España foi admi-tida na Unesco (1952) e na ONU (1955). 1. A longa posguerra (1939-1956) 242 Unidade 12

261España e Galicia de 1939 ao século XXI

Indica a que expresións (franquismo, transición ou democracia par-

lamentaria) fan referencia as seguintes definicións:

a) Proceso político desenvolvido entre 1975 (morte de Franco) e

1978 (aprobación da Constitución) polo que se instaurou un sis-

tema político democrático.

b) Réxime político vixente en España entre 1939 e 1975 baseado

na ditadura persoal do xeneral Franco.

c) Sistema político vixente en España desde a aprobación da Cons-

titución, no que a vontade popular se expresa a través do Par-

lamento, elixido libremente pola cidadanía.

Le atentamente o texto A e responde as seguintes preguntas:

— Cales son as principais funcións do xefe do Estado?

— Por que podemos considerar o franquismo unha ditadura?

— Que grupos ideolóxicos apoiaban a ditadura franquista?

Observa as imaxes B e C.

— Describe as imaxes e explica o contexto dos dous encontros que

se mostran.

— Explica a evolución das relacións internacionais de España en-

tre 1939 e 1956.

Observa a gráfica D e responde as seguintes preguntas:

— Cal é a tendencia entre 1963 e 1974?

— Como se coñece esta etapa económica? Explica as súas carac-

terísticas.

— Explica a política económica aplicada polo franquismo duran-

te a posguerra.

Explica en que consistiu a transición. Que dúas fases tivo?

— Que tipo de eleccións se realizaron en 1977? Como se elabo-

rou a Constitución?

Completa unha táboa como a seguinte sobre a evolución políti-

ca posterior a 1979.

3

6

5

4

2

1

Explica o proceso de descentralización do Estado. Que comuni-

dades autónomas se consideran nacionalidades históricas? Que

significaba a expresión «café para todos»?

Explica o proceso autonómico de Galicia.

7

8

AVALIACIÓN

Encontro entre Eisenhower e Franco en Madrid. 1959.

Encontro entre Hitler e Franco en Hendaia (Francia). 1940.

D. EVOLUCIÓN DO SALARIO-HORA

Art. 6. O Xefe do Estado é o representante supre-

mo da Nación; personifica a soberanía nacional; exer-

ce o poder supremo político e administrativo; ostenta

a Xefatura Nacional do Movemento [...]; sanciona

e promulga as leis, e prové á súa execución; exer-

ce o mando supremo dos Exércitos [...]; vela pola

conservación da orde pública [...]; no seu nome

adminístrase xustiza; [...] confire, de acordo coas leis,

empregos, cargos públicos e honores [...].

Lei orgánica do Estado. 1967.

PRESIDENTE DO GOBERNO PARTIDO

1979 UCD

1981 Leopoldo Calvo-Sotelo

1982 Filipe González

1996 PP

2004

2011

A

B

C