ciclo de primaria bolboretas de cores · non temos casa. os homes que me feriron tamén nos...

26
Bolboretas de CORES 2 o CICLO DE PRIMARIA CADERNO DE TRABALLO Isabel Planas Maru Escobedo Raül Jiménez

Upload: others

Post on 01-Oct-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

Bolboretas deCORES

2o

CICLO DE PRIMARIA

CADERNO DE TRABALLO

Isabel PlanasMaru Escobedo

Raül Jiménez

Page 2: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército
Page 3: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

2o

C I C L O D E P R I M A R I A

B o l b o r e t a s d ec o r e s

CADERNO DE TRABALLO

Page 4: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

Dirección colección: Eva QuintanaTraducción: Luísa Diéguez

Coordinación autoría: Raquel León Coordinación producción: Elisa Sarsanedas

Fotografías: Javier Bauluz, Joan Palomes, Rosa Pons, Gervasio Sánchez, UNICEF, Fondo documental INTERMÓN OXFAM

Deseño cuberta: Xavier Valmaseda Deseño e maquetación: Lluís Torres

As actividades deste caderno foron elaboradas polo alumnado da materia de Conflictos do mundo actual,impartida na Facultade de Formación do profesorado da UB (Universitat de Barcelona). Foron dirixidas porAnna Bastida, doutora en Historia Contemporánea e profesora de Didáctica das Ciencias Sociais.

1ª edición: xullo 2001© Autoría: Isabel Planas, Maru Escobedo, Raül Jiménez© Ilustracións: Àngel Sauret© INTERMÓN OXFAMRoger de Llúria, 15. 08010 BarcelonaTel 93 482 07 00. Fax 93 482 07 07. E-mail: [email protected]

ISBN: 84-8452-074-9Depósito legal:B. 33.676-2001

Impresión: Hurope s.l.Impreso en España

Entidade colaboradora: Xunta de Galicia

Queda rigorosamente prohibida, sen a autorización escrita dos titulares do ˝copyright˝, a reproducción totalou parcial desta obra por calquera medio ou procedemento.

Impreso en papel exento de cloro.

Page 5: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

ÍNDICE1 ¡A VER QUÉ SABES!

2 DEBUXÉMO-LA GUERRA, DEBUXÉMO-LA PAZ

3 ¡TEMOS UN CONFLICTO NA CLASE!

4 O GATO E O RATO

5 ¿ QUEN FAI A GUERRA?

6 A BALANZA

7 NO MUNDO HAI GUERRAS

8 VIDAS PRIVADAS

9 ROBERTO, UN NENO DE ANGOLA

10 COÑEZAMOS ANGOLA

11 UN BERRO POLA PAZ

12 CAMBIEMOS ARMAS POR FUTURO

13 HISTORIA DE DÚAS CABRAS

14 ¿QUE APRENDEMOS?

Escribe Banco deimaxes

Pinta Pensa Libroxigante

Page 6: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

1

4

¡A VER QUÉ SABES!-¡Ola! ¿Como estades?Chámome Roberto, teño 10 anos e vivo nunha pequena aldea de Angola.Gústame moito ir á escola, pero o que máis me gusta é xogar cos meus amigose cos coches de carreiras. Hoxe na escola fixéronnos estas preguntas. A verqué responderías ti.

¿Con que adxectivos describirías unhaguerra?

¿Que é unha guerra?

¿Cres que é o mesmo un conflicto queunha guerra?

Page 7: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

5

¿Sempre que non hai guerra hai paz? ¿Cres que a guerra é inevitable?

¿Que ocorre despois dunha guerra? ¿Que sabes das armas?¿Cres que son útiles?

¿Cres que cantas máis armas ten unpaís máis seguro é?

¿ Coñeces conflictos ou guerras actuais?Noméaos.

Page 8: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

2

6

DEBUXÉMO-LA GUERRA,DEBUXÉMO-LA PAZ

Debuxa qué entendes por guerra.

¿Que significa guerra para min?

Page 9: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

7

¿Que significa paz para min?

Debuxa qué entendes por paz e despois explica qué significa para ti.

Page 10: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

3

8

¡TEMOS UN CONFLICTONA CLASE!

¿Cal é a mellor vía para soluciona-losconflictos que habitualmente vivimos?

Le con atención:

Representade esta situación econtinuádea.

Hoxe é o aniversario de Pepe. Esta tarde faráunha festa para celebralo. Invitou a toda aclase á festa menos a María, Xoán, Eduardo,Carme e Luís. Un dos nenos que foi invitado áfesta dilles a estes cinco: “esta é unha festa paraos mellores e vós non podedes ir. Por iso nonvos invitaron”. O grupo dos cinco…

Page 11: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

9

4 O GATO E O RATOEste é un xogo moi divertido, pero tendes que pecha-los ollos eimaxinar todo o que escoitades para que funcione, ¿de acordo?

¿Que sentistes cando o gato se transformou en rato e vós en gato?

¿Que sentistes cando vos convertestes en rato e se vos achegou o gato?

Page 12: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

—Ós rapaces da aldea fanlles aprender aser soldados. Gústalles levar un uniformeverde, agruparse en tropas, recibi-las ordesdun oficial, ir á guerra. Moitos téñenoque facer para poder gañar diñeiro e

axuda-la súa familia para quenon pase tanta fame.

— Hai dous anos che-garon á aldea unshomes. Ían vesti-dos como os sol-dados pero non oeran. Queimaron

as casas, mataron amoitos homes, leva-

ron as mulleres.Dixéronnos que eranparamilitares.

5

10

¿QUEN FAI A GUERRA?Lede as seguintes historias e descubriredes qué persoas participannas guerras e nos conflictos.

—Un día chegaron á aldea uns homesestranxeiros que buscaban o meu vecinoRatko. O meu avó di que aqueles homeseran mercenarios ós que lle pagaran. Nonquerían que Ratko volvese escribir nosxornais.

—O meu pai e o meu irmán maiorson do exército israelí e pasan lon-gas temporadas fóra. Bótoos demenos, pero cando volven á casadanme un poco de medo: semprelevan unha arma, vestidos cun uni-forme verde.

— Moitas vecesnun mes, veñen ásnosas casas homese mulleres que se escon-den. Perséguenos e nós axu-dámolles. Aínda que a mindanme moito medo as armasque levan sempre consigo.

¿Que credes que pensan as persoas que viven nos lugares onde hai estespersonaxes?¿Credes que deben vivir moi tranquilos? ¿Por que?¿Que pensas dos nenos soldados?

Escolle unha das historias e debúxaa.

Page 13: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

6

11

A BALANZA

Pinta as armas lixeiras de cor VERDE e as armas pesadas decolor VERMELLA.

Non tódalas armas son iguais. As armas lixeirasson as que poden ser transportadas e escondidaspor unha persoa ou nun vehículo. En cambio, asarmas pesadas teñen que ser transportadaspor máis persoas e mesmo se pode necesitarun medio de transporte para movelas.

Page 14: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

7

12

NO MUNDO HAI GUERRASObservade o mapa que tendes na colección de imaxes. Buscade cadapaís que aparece a continuación. Fixádevos na cor que lleadxudicamos.

Nome do país Cor Inicio e final do conflicto

CHIAPAS Verde porque é a cor da selva Do 1994 en adiante

SERRA LEONA Dourada porque é a cor dos diamantes Do 1991 en adiante

LIBERIA Negra porque é un país poboado polos Do 1990 en adianteescravos liberados de América do Norte

ALXERIA Marrón porque é a cor do deserto Do 1992 en adiante

ISRAEL Amarela porque o sol brilla con Do 1948 en adianteintensidade

ANGOLA Violeta porque é a cor da xacaranda Do 1961 en adiante

TIMOR ORIENTAL Azul turquesa porque é a cor do mar Do 1975 en adiante

BOSNIA - Vermella, cor que define o sufrimento De abril do 1992 ataHERCEGOVINA que padeceron os seus habitantes outubro do 1995

Page 15: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

13

Responde estas preguntas:

¿Cales destes conflictos empezaron antes o voso nacemento?

¿Cales destes conflictos empezaron despois do voso nacemento?

¿Cantos anos tiñan os vosos pais cando empezaron estes conflictos?

¿Que duración ten cada conflicto?

Pensade que aínda que na televisión e na radio nonsaian moito estes conflictos son moi importantes.¿Sorprendeuvos que haxa tantos?

Page 16: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

14

Le con atención estas historias.

¡Eu sonRoberto!

-A ferida dunha arma fíxomemoito dano e estame cos-tando moito recuperarme. Oshospitais do meu país nonteñen demasiados recursos,a miña recuperación estásendo moi lenta e aínda estouen perigo. A miña familia vivecomigo no hospital porquenon temos casa. Os homesque me feriron tamén nosqueimaron a casa.

-Teño doce anos e xa sontodo un profesional. Sonllemoi útil ó exército porquepódome esconder con facili-dade e realizar traballos difí-ciles. Aquí no exército estouben: danme de comer, unlugar onde durmir, diñeiro.

-O meu pai marchou hai dousanos á guerra. Eu, cada mañá,aínda teño a esperanza devolvelo ver, a pesar de quexa hai cinco meses que ter-minou a guerra. Bótoo moitode menos.

-Lembro cando vivía nunhacasa, cun teito e unhas pare-des. Destrozáronnos toda aaldea. Agora vivimos nuncampo de refuxiados.

8 VIDAS PRIVADAS

Page 17: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

15

9 ROBERTO, UN NENO DEANGOLA-“Son Roberto, teño 10 anos e vivo en Angola, un país africano que está en guerra.Un día, cando fun traballar ó campo cos meus pais vin unha cousa que parecía unhapelota de cores e deille unha patada. Pero explotou; era unha mina bolboreta que medestrozou unha perna. Desde que empezou a guerra, nin meus pais nin os demaishabitantes da aldea poden cultiva-lo campo porque a terra está chea de minas epasamos moita fame e medo.

Cada certo tempo debo ir ó Centro de próteses para que me cambien a perna quelevo por unha de maior e nova, igual que vos ocorre a vós coas gafas, os ferrosdentais, a roupa...

No Centro tamén hai unha escola pero non sempre podemos ir porque temos queaxudarlles ós nosos pais a buscar comida e auga e a coida-los máis pequenos.Encántame coincidir con Fernando alí, porque podemos escribir no taboleiro, mirarlibros, xogar, rir. Fernando é como a miña media laranxa, ten a perna que a min mefalta e eu teño a que lle falta a el e cando nos abrazamos ¡somos como unha soapersoa con dúas pernas!¿Por que hai xente que esconde estas “bolboretas” para facernos dano?

¿Que che sorprendeu da historia de Roberto?

¿Imaxinábala así?

¿Paréceche xusto o que lle sucedeu a Roberto? ¿Por que?

Page 18: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

16

Busca unha fotografía túa e pégaa no seguinte cadro. Seguidamente, explica atúa vida, tal como o fixo Roberto

¿En que se parece a túa vida á de Roberto?

¿En que se diferencian?

Page 19: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

17

10 COÑEZAMOS ANGOLAAngola é un país africano

• Angola é un país moi rico: ten plantaciónsde café, de cana de azucre, de millo. Son moiproductivas e case todo o que se recolle expór-tase a outros países. Angola tamén é un paísmoi rico en petróleo e en minerais, sobre todoen diamantes.• A flora e a fauna do noso país é incrible: ele-fantes, crocodilos, hipopótamos, rinocerontesbrancos. Hai unha zona semidesértica, conchuvias escasas, e unha zona con abundanteschuvias, nas terras altas, onde podemos encon-trar pantanos. Pero non sempre podemosgozar dos nosos terreos, das nosas flores e dosnosos animais porque no solo do noso país estánenterradas millóns de minas.

Poboación: 11.185.000 habitantes

Idioma: portugués e linguas de orixe bantú

Capital: Luanda

Esperanza de vida ó nacer: 47 anos

1 médico cada 25.000 habitantes

Máis da metade da poboación éanalfabeta (sobre todo a poboaciónfeminina)

Page 20: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

18

• No pasado Angola foi unha colonia portu-guesa, pero desde 1975 é un estado inde-pendente. Sen embargo esta independenciasupuxo moitos anos de conflictos e de guerra,porque decidir quen debía mandar foi moi difi-cultoso, pero quen más sufriu as consecuen-cias foi o pobo de Angola.

•¿Como se explica que o pobo de Angolasexa un dos máis pobres de todo o mundo?¿Como pode ser que un dos países cos recur-sos más ricos do mundo teña unha poboaciónque pase tanta pobreza?

• Os países ricos do Norte de Angola só ven:os diamantes, o petróleo, as minas de ouro.E é por iso que inviste moito diñeiro paramellora-la industria, a producción e a explo-tación dos recursos de Angola. Pero ¿quen reci-be os beneficios de todo isto? O pobo non.

• O diñeiro que se obtén da venda, sobretodo dos diamantes e do petróleo, serve paraque os gobernantes poidan obter diñeiro quenon invisten no seu país senón na compra dearmas e máis armas, que non farán ningún bena ninguén. Máis ben ó contrario, ¡coa pose-sión de máis e máis armas, o risco de conflic-tos é cada vez maior!

Page 21: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

19

¿Quen debería beneficiarse dos diamantes e da riqueza que dan as terras de Angola?

¿Parécevos xusto que un dos países cos recursos naturais más ricos do mundoteña unha poboación que está sufrindo miseria e tantos perigos?

¿Que fan os países ricos diante da situación de Angola?

¿Como cres que debería solucionarse a situación deste país?

Page 22: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

11

20

Na guerra de Bosnia, todo o mundo sufriu moito.Estes debuxos son de nenos e nenas que viviron esta guerra.

¿Que quere dicir este debuxo?

¿Que sentimentos che esperta?

Ponlle un título.

Sueñ

os c

on la

paz

. UN

ICEF

/Fol

io, M

adrid

, 199

4

Natasa 11 anos

UN BERRO POLA PAZ

Page 23: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

21

¿Que quere dicir este debuxo?

¿Que sentimentos che esperta?

Ponlle un título.

Mario, 11 anos

Sueñ

os c

on la

paz

. UN

ICEF

/Fol

io, M

adrid

, 199

4

Page 24: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

12

22

CAMBIAMOS ARMAS PORFUTURO

¿Queredes representar este proxecto de desarmamento de Mozambique?

Sofía: ¿Sabes que no meu país se está levan-do a cabo un proxecto para cambia-las armaspor productos verdadeiramente útiles paranós?

Roberto: Sofía, ¿Que significa iso?

Sofía: O meu país sofre enormemente debi-do ós graves efectos da guerra civil que vivi-mos durante 16 anos.

Home: Si, e que terminou co Acordo Xeral dePaz de Roma en 1992.

Roberto: ¿Terminou a guerra?

Sofía: Si. Pero aínda que empezou o procesode paz, os exércitos do FRELIMO e a RENA-MO desconfiaban e isto creou moitos proble-mas e moitas armas foron escondidas en luga-

res secretos e pasos subterráneos. ¡Todo o mundogardou unha arma na casa por se acaso a gue-rra volvía comezar!O Consello Cristián e INTERMÓN OXFAMpropoñen o intercambio de armas por productosque sexan útiles e necesarios para que nóspoidamos reconstruí-lo país.

Home: ¡Claro! Unha arma non é útil para subsistir, en cambio, ¡unha aixada permite la-bra-lo futuro!

Roberto:¿E en que consiste este proxecto?

Sofía: Intercámbianse armas por productos úti-les como máquinas de coser coas que se pode-rán confeccionar vestidos; ferramentas paraconstruír casas, traballa-la terra. Queremosempezar de novo.

Page 25: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

23

13 HISTORIA DE DÚAS CABRAS

¿Poderías conta-la historia que aparece nela?

Page 26: CICLO DE PRIMARIA Bolboretas de CORES · non temos casa. Os homes que me feriron tamén nos queimaron a casa.-Teño doce anos e xa son todo un profesional. Sonlle moi útil ó exército

14

24

¿Q≠UE APRENDEMOS?

Con Roberto aprendín que...

¿Que che parece que se podería facer para que nenos e nenas do mundonon tivesen que vivi-la situación que viviu Roberto?