charles darwin (acr)

11

Click here to load reader

Upload: aitorcr

Post on 05-Jul-2015

183 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Charles darwin (acr)

CHARLES DARWIN

Aitor Campos Ramos. 1ª C Bacharelato. Febreiro de 2012

Page 2: Charles darwin (acr)

BIOGRAFÍA

OBRA

- Teoría da evolución por selección natural.

- Publicacións

CURIOSIDADES

BIBLIOGRAFÍA

Page 3: Charles darwin (acr)

Charles Robert Darwin naceu na cidade deShrewsbury, no medio oeste de Inglaterra, o 12 de

febreiro de 1809, no seno dunha familia acomodada.Seu pai era médico de prestixo na cidade e seu avópaterno tamén fora médico e naturalista, autor dunhasteorías moi pró- ximas ás de Lamarck, que precisamenteCharles deixaría desacreditadas.Tras estudar nunha escola local, en 1825 empezou aestudar mediciña por decisión do seu pai, pero nonchegou a interesarse pola carreira, polo que seu pai lle

propuxo ser clérigo, para o cal ingresou nun colexio deCambridge en 1828.Pero tampouco por esto amosou moito interese, e oúnico do que sacou proveito Darwin en Cambridge foide coñecer e asistir ás clases do botánico JohnHenslow, que o animou a interesarse pola xeoloxía equen lle proporcionou a posibilidade de enrolarse como

naturalista co capitán Robert Fitzroy para acompañalona viaxe que este ía facer a bordo do Beagle arredordo mundo. Esta expedición tiña como obxectivo faceros mapas de América do Sur. Zarparon en 1831 e nonvoltarían ata 1836, tempo durante o cal Darwin tivo aocasión de estudar e obter moitos datos e ver ecoleccionar seres vivos que nunca antes vira. A

Arriba, imaxe actual do centro da

cidade de Shrewsbury.

Abaixo, casa natal de Charles

Darwin.

Page 4: Charles darwin (acr)

Darwin coñecía a teoría de Lamarck, pero non encontrounas súas observacións, probas da mesma.Nas Illas Galápagos, Darwin encontrou numerosas especiesde pinzóns (páxaro marrón ou negro, de entre 10 e 20 cm.)

que se diferenciaban entre si por pequenas variacións dunrasgo común. Tamén descubríu que en cada illa vivía unhaespecie distinta de tartaruga xigante, pero que entre elassó se diferenciaban pola forma do caparazón.Darwin pensaba que os pinzóns descendía dunantepasado común e que despois se foran diferenciando,e o mesmo cría das tartarugas. As diferencias que os

separaban tiñan que ter aparecido ó longo de miles deanos. É dicir, intuía xa a idea evolutiva, pero sabía que seríamoi polémica, polo que pasou moito tempodocumentándose e elaborando o libro no que a expuxocon detalle.Tras o seu regreso foise a vivir a Londres e empezou atraballar no diario da viaxe, que publicaría en 1839, foi

secretario honorario da Geological Society e empezoucoas notas da súa obra sobre as “transmutacións dasespecies”.

Arriba, representación do navío

Beagle, no que Darwin pasaría

cinco anos arredor do mundo

Á dereita, varios exemplares de pinzóns das

Galápagos, diferenciados pola forma do pico.

Page 5: Charles darwin (acr)

As súas investigacións e lecturas leváronno ó convenci-mento de que, frente á loita universal pola superviven-cia dos seres vivos, calquera cambio ou variaciónfavorable tendería a conservarse, mentras que asdesfavorables desaparecerían, dando lugar a unha

nova especie. Pero non empezaría a escribir nadasobre o tema ata 1842.En 1839 Darwin casa coa súa prima EmmaWedgwood, coa que tivo dez fillos, o primeiro dos calesnaceu en decembro de 1839. En 1842 abandonaronLondres para en Down, no condado deKent, buscando máis tranquilidade e vivindo case no

retiro, ante os frecuentes períodos de enfermedadeque Charles padecía desde a súa viaxe no Beagle. Aliseguíu cos seus traballos sobre xeoloxía e tamén areedición do seu diario dos anos no Beagle, e taménsobre a súa teoría evolutiva, que pasaría a ocupartodo o seu tempo a partir do verán de 1858, candorecibíu unha carta do naturalista Alfred Russel

Wallace, expoñendo as mesmas ideas e conclusións ásque chegara el sobre a evolución. A partir deaí, anunciaron conxuntamente as súas teorías demutuo acordo e Darwin empezou a redactar a súagran obra.

Viaxe feita polo Beagle entre 1831 e 1836.

Alfred Russel Wallace

Page 6: Charles darwin (acr)

O 24 de novembro de 1859 Darwin publicou “A orixe

das especies”, cuia primeira tirada foi vendidacompletamente no primeiro día.Con esta obra empezou a polémica coa queDarwin contaba dende que empezou a intuír as súateoría evolutiva. Tivo moitos e moi enconadosataques, principalmente dos sectores relixiosos, quevían atacada a crenza da Creación, pero tamén

contou axiña coa aceptación da maioría dacomunidade científica, que llo recoñeceupublicamente, outorgándolle ademais case tódoloshonores e premios coñecidos. Ademais, Darwin nonentrou moito nas polémicas, e limitouse a contestarcon novas obras defendendo a súa teoría, tras o caladicou os últimos dez anos da súa vida a

investigacións no campo da botánica.A finais do ano 1881 empezou a padecer gravesproblemas cardíacos, e morreu a consecuencia dunataque ó corazón o 19 de abril de 1882. Foienterrado con tódolos honores dun héroe nacionalna catedral de Westminster, ó lado da tumba de SirIsaac Newton.

Arriba, caricatura de Darwin feita

polos enemigos da súa teoría da

evolución. Abaixo, imaxe da súa

tumba na ala norte da catedral de

Westminster, en Londres.

Page 7: Charles darwin (acr)

A explicación de Darwin sobre a orixe das especies eo mecanismo de selección natural supuxo, na súaépoca, un gran paso no coñecemento do mundovivo e nas ideas sobre a evolución que por entónhabía.A súa teoría, exposta en “A orixe das especies por

selección natural” está composta por outras moitasque non se poden separar, e das que destacan tres:-A elevada capacidade reproductora dos seresvivos, onde veu que era habitual que as especiestiveran moitas máis crías das que chegarían á idadeadulta.-Avariabilidade da descendencia. Os descendentes

non son iguais, e incluso poden ser moi distintos, enfunción da combinación dos xens dos pais.- A actuación da selección natural: na loita polasupervivencia, só os individuos mellor adaptadossobreviven e se reproducen, pasando os seus caracte-res á descendencia. Os outros van desaparecendo.Darwin defendeu que a diversidade que hai na

natureza é debida á acumulación de modificaciónspola evolución ó longo de sucesivas xeracións.

Mentras que para Lamarck (columna da

esquerda) os caracteres vanse

adquirindo e pasando ás novas

xeracións, para Darwin (columna

dereita), só os mellor dotados

sobreviven e pasan as súas “ventaxas” á

súa descendencia, mentras que os que

non dispoñen da variación xenética

favorable van desaparecendo.

Page 8: Charles darwin (acr)

Darwin e Wallace non descubriron aevolución, pero propuxeron un mecanismo que a

fixera viable: a selección natural. Antes queeles, houbo outros moitos científicosevolucionistas, pero, igual que Darwin ó principio(ata que reflexionou sobre a súa experiencia abordo do Beagle) non daban co mecanismo quea explicara.Darwin apoiou a súa explicación da selecciónnatural coa selección artificial, que lle permite ó

home mellorar a raza dun animal ou dunhaplanta, escollendo para a reproducción aaqueles individuos que teñan unha caracterís-tica que lle convén, e deixando polo camiño ósmenos aptos. Ademais, o feito de que os seresvivos teñan máis descendentes dos que chegana adultos, fíxolles intuir que quizás os supervivintes

tivesen algunha característica que os favorezanesa supervivencia.Para Darwin, as variacións xenéticas queproducen ese incremento de probabilidades desupervivencia débense ó azar, pero non asprovoca Deus (como pensaban os relixiosos) nina tendencia dos organismos a buscar a

perfección (como propoñía Lamarck).

Se o home selecciona artifi-

cialmente animais e plantas bus-

cando que prevalezan as

características que lle convén, e

desbotando o resto, por qué non ha

de facer o mesmo a natureza cos

seres vivos, de forma que se impoñan

na supervivencia aqueles que teñen

as características máis ventaxosas ?

Page 9: Charles darwin (acr)

A obra de Darwin é moi extensa,pero cabedestacar as seguintes:-1835: Extracto de Cartas ó Profesor Henslow.-1838-1843: Zooloxía da Viaxe do Beagle.-1839: Diario da Viaxe dun Naturalista ó redor do

Mundo.-1842: A Estructura e Distribución dos Arrecifes deCoral.-1859: A Orixe das Especies por Medio daSelección Natural ou A Preservación das EspeciesFavorecidas na Loita pola Vida.-1868: A Variación dos Animais e as Plantas Baixo

Domesticación (onde fala da selección artificialpara defender a natural.-1871: A Orixe do Home e da Selección enRelación ó Sexo (onde defende que o homeapareceu na Terra por medios exclusivamentenaturais).-1872: A Expresión das Emocións nos Animais e no

Home.-1875: Plantas Insectívoras.

De toda a extensa obra de

Darwin, froito do seu intenso

traballo, “A Orixe das Especies” é, sin

dúbida, aquela pola que máis se

coñece, e que lle dá ó seu autor a

categoría que acadou como

personaxe histórico.

Page 10: Charles darwin (acr)

“A Orixe das Espeices” é o prinicipal legado deDarwin á humanidade; a súa importancia nabioloxía moderna ten eclipsado o resto da obra

de Darwin. Dende a súa publicación non deixoude editarse, estando traducida a máis de trintaidiomas. Esta obra supuxo unha revolucióncientífica similar ás que causaron Copérnico ouNewton no seu momento e supuxo unhaconmoción para a sociedade conservadora daépoca, polo que Darwin sufríu insultantes e feroces

ataques o resto da súa vida, e incluso despois.Pero a comunidade científica non tardou enaceptala e en homenaxear ó seu autor, mesmoen vida deste, o cal resulta bastante raro. É a obraque sentou as bases da bioloxía evolutivamoderna.

Charles Darwin en 1881, un ano antes da súa morte por un ataque cardíaco.

Page 11: Charles darwin (acr)

En Internet:-www.educarm.es/paleontología/darwin.htm-http://es.wikipedia.org/wiki/Charles_Darwin-http://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Obra_de_Charles_Darwin#Cronolog.C3.ADa_de_la_obr

-www.biografiasyvidas.com/monografia/darwin/-http://redescolar.ilce.edu.mx/redescolar/act_permanentes/historia/histdeltiempo/mundo/prehis/t_teoesp.htm

-En papel:-La Enciclopedia del Estudiante. Tomo 09 Ciencias de la Vida. Edit. SantillanaEducación, S.L. Madrid 2005.