charla orientación 2º bacharelato

27
IES TERRA DE SONEIRA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN SESIÓN INFORMATIVA CON 2º DE BACH. DECEMBRO 2012 Mónica Diz Besada

Upload: monicadiazbesada

Post on 29-Jun-2015

2.028 views

Category:

Documents


8 download

TRANSCRIPT

IES TERRA DE SONEIRADEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

SESIÓN INFORMATIVA CON 2º DE BACH. DECEMBRO 2012

Mónica Diz Besada

Sistema Universitario de Sistema Universitario de GaliciaGalicia

3 universidades

7 campus

Ferrol

Coruña

Lugo

Santiago

Pontevedra

Ourense

Vigo

European Credit Transfer and Acumulation System (Sistema Europeo de Transferencia e Acumulación de Créditos).

Unidade de medida do haber académico, baseada na carga de traballo que o estudante debe realizar para superar as materias establecidas no plan de estudos.

Integra tanto as ensinanzas teóricas como prácticas, así como as horas de estudo e traballo persoal: clases, titorías, prácticas, visitas externas, traballo individual e en grupo, preparación de exames, o exame, … .

Un curso son 60 ECTS. Un ECTS son 25 horas de traballo.

Son comparables entre os distintos países, polo que o ECTS facilita a mobilidade.

1º ciclo Título de Grao correspondente 240 créditos ECTS Traballo ou proxecto de grao Formación de carácter xeral e de Capacitación para o exercicio profesional

Ensinanzas

de

Posgrao 2º ciclo Título de Máster Entre 60-120 créditos ECTS Traballo ou proxecto de máster. Formación avanzada, Especialización académica ou profesional ou inicio en tarefas investigadoras

3º ciclo Título de Doutor Cursos, seminarios ou outras actividades dirixidas á formación investigadora + Tese de Doutoramento. Formación avanzada en técnicas de investigación

Ensinanzas de

Grao

Estrutura dos estudos superiores baseada noEstrutura dos estudos superiores baseada noEspazo Europeo de Educación Superior (EEES)Espazo Europeo de Educación Superior (EEES)

Ciencias Sociais e xurídicas. Artes e Humanidades. Ciencias da Saúde. Ciencias. Enxeñaría e arquitectura.

PARA OS TITULADOS DE BACHARELATO:

- Superar as PAU (a fase xeral), alomenos con un 4.

- A nota de acceso será a nota media ponderada entre as PAU (40%) e a media de bacharelato (60%), acadando en total alomenos un 5.

PARA OS TITULADOS EN FP SUPERIOR:

•Acceso directo.•Non se reserva un nº de prazas, senón que entran só coa nota media do expediente en igualdade cos titulados de bacharelato.

•NMA: Suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e dividindo o resultado obtido polo número total dos módulos. •Non serán computados os módulos de formación en centros de traballo e os que fosen obxeto de validación.•A nota media expresarase con dúas cifras decimais e arredondada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.

Presentándome á fase específica, voluntaria, elixindo materias vinculadas á rama de coñecemento da titulación elixida, e consideradas como prioritarias para esa titulación.

Fase xeral (obrigatoria para os de bacharelato e de validez indefinida).

Fase específica (voluntaria e con dous anos de validez). Permite mellorar a cualificación da fase xeral para os de BACH ou a nota media do Ciclo Superior.

• 5 exercicios con dúas opcións diferentes, con 1h. e ½ para cada exercicio. Pódense realizar en castelá ou galego, excepto os de LC, LG e Inglés.

• Cada exame puntúase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais.

1º Lingua Castelá e Literatura.

2º Lingua Galega e Literatura.

3º Historia de España ou Historia da Filosofía.

4º Lingua Estranxeira.

5º Materia de modalidade de 2º curso de Bacharelato.

Cada exame puntúase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais.

A nota desta fase será a Media Aritmética das cualificacións de tódolos exercicios, de 0 a 10, con 3 cifras decimáis, arrondando á milésima máis próxima.

Exemplo: 7´30 + 4´20 + 5´90 + 6´10 + 7´80 = 31´30/5 = 6´260

Cando se obteña unha nota igual ou maior a 5 puntos, depois de facer a media entre o bacharelato (60%) e a fase xeral (40%), expresada con dous decimais.

É necesario acadar alomenos un 4 na fase xeral. Exemplo: - Nota de Bacharelato: 7´80- Nota da fase xeral: 7´200- Nota de acceso: (0´60*7´80) + (0´40*7´200) = 7´560

Non computa a materia de Relixión, na media de Bacharelato.

Exame dun máximo de 4 materias de 2º curso de calquera modalidade de bacharelato, diferentes da escollida na fase xeral.

En cada exercicio preséntase dúas opcións diferentes, e poderán facerse en castelá ou galego.

As materias escollidas deben pertencer á rama de coñecemento da titulación elixida.

No caso de presentarse a máis de dúas materias e aprobar, só se terán en conta as dúas mellores notas, despois de aplicar os parámetros de ponderación.

Cada unha das materias cualifícase de 0 a 10 con dúas cifras decimais. Hai que acadar alomenos un 5 para superar o exame.

A nota acadada multiplícase por 0’1 (se pertenece á rama de coñecemento) ou 0´2 (se ademais se considera materia prioritaria), e súmase á nota de acceso á universidade.

Exemplo:- Nota de Bacharelato: 7´80- Nota da fase xeral: 7´200- Nota de acceso: (0´60*7´80) + (0´40*7´200) = 7´560- Nota da Materia 1 (prioritaria): 6´5- Nota da Materia 2 (prioritaria): 6´5- Puntos adicionais: (6´50*0´2) + (6´50*0´2) = 2´60- Nota de admisión: 7´560 + 2´60 = 10´160

Os que soliciten diferentes titulacións, ou diferentes universidades, poden ter diferentes notas de admisión, en función da ponderación (0´1 ou 0´2) das materias elixidas na fase específica, que lle conceda cada titulación ou universidade.

Poñamos un exemplo dun estudante que ten as seguintes notas e que quere estudar Medicina ou Nutrición:

Nota media de bacharelato: 9´00Nota da fase xeral: 8´00Nota de admisión antes de realizar a fase específica: (0´60*9´00) + (0´40*8´00) = 8´600Fase específica: Materia 1: Química 8´50Materia 2: Bioloxía 8´20Na universidade onde quere estudiar Medicina tanto Química como Bioloxía considéranse materias prioritarias e, polo tanto, teñen multiplicador de 0´2.No caso deste estudiante, a súa nota de admisión para Medicina nesta Universidade sería: (0´60*9´00) + (0´40*8´00) + (0´2*8´50) + (0´2*8´20) = 11´940Se ademais decide solicitar praza noutra titulación da mesma rama de coñecemento (Nutrición Humana e Dietética de Ciencias da Saúde), pero onde Química non se considera asignatura prioritaria, o multiplicador para esta materia sería 0´1. Entón, a súa nota de admisión sería: (0´60*9´00) + (0´40*8´00) + (0´2*8´50) + (0´1*8´20) = 11´12

Cando hai máis solicitudes que prazas, as universidades públicas empregan a nota de nota de admisión admisión para ordenar as solicitudes de maior nota ata a menor.

O último estudante que consigue entrar marca a nota de corte, que sirve de referencia para o seguinte curso.

No caso de empate, se procede de bacharelato, terá preferencia o estudante que na fase xeral fixera o exame dunha materia vinculada á rama de coñecemento da titulación á que se opta.

No caso dos titulados en FP, en caso de empate, terá preferencia o estudante cuxo título estea adscrito á rama de coñecemento na que se atope o grao que queira cursar.

Para os que proceden de bacharelato tan só precisan superar as PAU (a fase xeral) e acadar unha media ponderada de alomenos un 5.

Os que proceden dun Ciclo de FP superior teñen acceso directo.

As titulacións con límite e sen límite.

Hai dúas convocatorias anuais: - Ordinaria (xuño)- Extraordinaria (setembro)

É posible presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar nota, e considerarase sempre a cualificación superior entre as obtidas.

Para o acceso á universidade, en xuño teñen prioridade os que aprobaron ese ano en xuño, e os de anos anteriores.

Reclamación: o exame non volve a corrixirse, tan só os exercicios sobre os que se presenta a reclamación serán revisados por outro corrector. A cualificación obtida será a que resulte desta revisión sempre que sexa superior, agás os erros de suma.

Segunda corrección: o exame corríxese de novo por un corrector diferente. Coas dúas cualificacións faise a media e o resultado será a nota final, que pode ser igual, inferior ou superior. Se hai unha diferencia de + de 2 ptos. Haberá unha 3ª corrección. A cualificación será a media das 3 notas.

Depois da 2ª corrección poderase presentar unha reclamación. A cualificación definitiva será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior.

PRAZO: 3 días hábiles dende a publicación das notas.

Dereito a ver o exame corrixido unha vez finalizado o prazo de reclamación, no prazo de 10 días.

A mediados de maio, na secretaría do instituto.

Aportar a documentación: DNI, certificación académica (provisional para os titulados de FP, ata superar a FCT)

Impreso de matrícula, onde se debe elixir: - Lingua estranxeira (fase xeral)- Hª de España ou Hª da Filosofía (fase xeral).- Materia de modalidade (fase xeral)- 1, 2, 3 ou 4 materias de modalidade da fase

específica.

Todo o proceso de inscrición nas PAU e na Universidade pódese facer a traves de NERTA.

Todo o proceso de inscrición nas PAU e na universidade pódese facer a través da aplicación telemática Nerta.

Hai que darse de alta aportando datos personais.

Posteriormente recíbese unha clave para poder entrar na aplicación.

WEBS

http:/ciug.cesga.esNotas de corte.

Ponderacións das materias da fase específica.Explicación das PAU (datas, horario, …).Titulacións con e sen límite de prazas.

Enlace coas web de tódalas universidades de España.Acceso a NERTA.

www.udc.eswww.usc.es

www.uvigo.es

O BLOG DE ORIENTACIÓN

monicadizorienta.blogspot.com

Para máis información acude ao Departamento de Orientación