chan do monte dixital 0

38
CHAN DO MONTE DIXITAL. Nº 0 CHAN DO MONTE CHAN DO MONTE CHAN DO MONTE CHAN DO MONTE dixital dixital dixital dixital curso 2009 curso 2009 curso 2009 curso 2009-2010 2010 2010 2010 nº 0 nº 0 nº 0 nº 0 edita o edita o edita o edita o edlg edlg edlg edlg do c do c do c do cpr.sannarciso pr.sannarciso pr.sannarciso pr.sannarciso monográfico: monográfico: monográfico: monográfico: O CAMIÑO QUE NOS IDENTIFICA ONTE CUMPRÍN 15 anos AQUÍ PODERÁS COÑECERME MELLOR SUMARIO Editorial: CHAN DO MONTE E O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN CHAN DO MONTE EN BRANCO E NEGRO 15 ANOS DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN DECÁLOGO DA ORIXINALIDADE AULA DO TEATRO: NARCISO NA PROCURA DO EU

Upload: suarez-perez

Post on 20-Feb-2016

223 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Revista do EDLG do Colexio San Narciso

TRANSCRIPT

Page 1: Chan do Monte dixital 0

CHAN DO MONTE DIXITAL. Nº 0

CHAN DO MONTE CHAN DO MONTE CHAN DO MONTE CHAN DO MONTE dixitaldixitaldixitaldixital curso 2009curso 2009curso 2009curso 2009----2010201020102010 nº 0nº 0nº 0nº 0 edita o edita o edita o edita o edlgedlgedlgedlg do cdo cdo cdo cpr.sannarcisopr.sannarcisopr.sannarcisopr.sannarciso

monográfico:monográfico:monográfico:monográfico: O CAMIÑO QUE NOS IDENTIFICA

ONTE CUMPRÍN 15 anos

AQUÍ

PODERÁS

COÑECERME MELLOR

SUMARIO

Editorial: CHAN DO MONTE E O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN

CHAN DO MONTE EN BRANCO E NEGRO

15 ANOS DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN

DECÁLOGO DA ORIXINALIDADE

AULA DO TEATRO: NARCISO NA PROCURA DO EU

Page 2: Chan do Monte dixital 0

Edita: EDLG xuño 2010

Coordina: Héctor Silveiro. Maqueta: Darío Suárez.

Equipo de redacción: Adolfo Caamaño, Teresa González.

Colaboran: Os profesores: -Xosé Tilves, (en calidade de antigo director da Revista Chan do Monte).

-Julio Santos Pena

-Mª Ángeles Calvar Fuentes.

Os Alum@s: Alba Amoedo

Lucía Melgarejo

Jorge Pazos

Lucía Pereira

Ana Pérez

Juan Rosales

Carolina Suárez

María Torres

Andrea Rodríguez Cabanelas

Edición realizada coa colaboración de:

Page 3: Chan do Monte dixital 0

EDITORIAL

CHAN DO MONTE E O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN

CHAN DO MONTE, a revista do San Narciso, foi dende o seu nacemento unha especie de anel,

como o das árbores ou como o dos peixes, que vai deixando a marca indeleble para que como contamos os

anos das árbores polos seus aneis, poidamos a través das súas páxinas facer memoria do que acontece en

cada curso.

A nosa revista pasou por distintos

momentos e distintos enfoques. Nun

primeiro momento era a revista do

Departamento de Galego. Foi Xosé Tilves,

como profesor de galego quen estivo ao

fronte da mesma na primeira etapa e no

momento en que se crea o Equipo de

Normalización Lingüística (ENL) o primeiro

coordinador deste Equipo quen tamén se

fixo cargo da revista e do propio ENL

sendo el o que ata o ano 1997 era o seu

principal dinamizador.

Quixemos celebrar este ano o 15

aniversario do ENL (1994/95-2009/10)

porque é bo, de cando en vez, facer

memoria, observar os distintos aneis da

nosa vida para mirar con outros ollos cara

o futuro. O ENL no curso 95/96

encárgase pois da Revista que inaugura así

a súa segunda etapa. Foi tamén este curso

cando nacerá a nosa revista irmá, a dos

pequenos, a de Primaria, que leva o nome

de PEQUECHÁN.

Cando Xosé Tilves marchou do

Colexio no curso 97/98 abriríamos unha

terceira etapa na revista a cargo do novo

coordinador do ENL e novo profesor de

galego Adolfo Caamaño. Pero quen case que sempre dende a súa incorporación ao centro quen estivo

realmente detrás da montaxe e a presentación final de cada número foi Darío Suárez. Chegado o curso

1999/2000, co novo milenio prodúcense un novo cambio pasando a ser Héctor Silveiro quen coordina o

ENL e tres anos despois a revista Chan do Monte, que seguía dirixida por Adolfo Caamaño, entra nunha

crise formal ou de formato pois coa introdución das novas tecnoloxías comeza a estudarse un proxecto de

revista dixital. Nesta etapa é na que estamos. Colgándoa na rede e dando paso así a que quede na nosa

memoria e para o futuro outro anel, un anel máis na vida desta revista escolar de Secundaria que coma as

árbore, ou os peixes, vai medrando curso a curso.

Page 4: Chan do Monte dixital 0

SUMARIO

Editorial: CHAN DO MONTE E O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN

CHAN DO MONTE EN BRANCO E NEGRO

15 ANOS DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN

DECÁLOGO DA ORIXINALIDADE OU DA NOSA IDENTIDADE:

Somos orixinais por: - A Xeografía e a historia

- A fala e a lingua galegas

- “Toponimia MADE IN GALICIA” a metade dos topónimos da península están en Galicia.

- Mitos: Mouros e mouras.

- Galicia: País dos Mortos.

- O Nadal peculiar dos cumios do Caurel:

- Os lobishomes galegos.

- O entroido entre os máis orixinais do mundo.

- De Maio a San Xoán: outro período vivo e particular .

- O Camiño a Santiago para a construción de Europa.

Contraportada: AULA DE TEATRO: NARCISO NA PROCURA DO EU

Page 5: Chan do Monte dixital 0

CHAN DO MONTE EN BRANCO E NEGRO

por Xosé Tilves*

Como pasa o tempo. Máis que correr, voa. Parece que foi onte

pero xa pasaron máis de vinte cinco anos dende que empecei a

traballar en San Narciso. Dos meus quince anos que pasei aí gardo moi

gratos recordos pero tamén me lembro do moto que traballei, sobre

todo na elaboración da revista colexial Chan do Monte, na

organización das actividades do Equipo de Normalización Lingüística –

agora creo que xa non se chama así- especialmente para conmemorar

cada ano o Día das Letras Galegas. Tamén na colaboración co grupo de

teatro que dirixían Manuela e Héctor, e en xogar no equipo de futbito

de colexio, xunto con Darío, Alfonso, Xulio e outros, que participaba

na Liga de Profes do Morrazo. ¡Que tempos aqueles! Tamén é certo

que un era máis xove e tiña máis azos, iso si, a custa de deixar un

pouco desatendida á familia, pois pasaba no colexio moitas horas.

Do meu labor como redactor da revista Chan do Monte gardo na memoria varias imaxes: a revista eras

artesanal no máis amplo sentido da palabra, había que escribir a maquina –daquela non había

ordenadores, os artigos e logo pedirlle a Manolo Otero que debuxase a portada, cousa que facía moi ben, e

que lle puxese unhas letras ben bonitas a cada artigo ou poema. Máis tarde chegaron Darío e Héctor e

botáronme unha man na composición da revista.

Lémbrome que para conseguir as colaboracións dos

alumnos/as había que presionalos, subornalos e

incentivalos prometéndolles puntos para que así

entregasen algo. A verdade, a maioría para saír do paso

e beneficiarse da “axuda” extra entregábanme chistes

ou pasatempos, moitos deles sacados doutra

publicación, malia que na convocatoria sempre se lles

pedía que as colaboracións fosen “orixinais e inéditas”.

E tamén había que insistir cos compañeiros/as para que

fixesen algo para a revista.

Moitos días teño quedado despois de xantar só na secretaria escribindo a máquina os devanditos

artigos, chistes, poemas, xeroglíficos... e redactando eu mesmo o saúdo de cada novo número que saía da

revista procurando ser orixinal e non dicir sempre o mesmo. Agora lembro todo aquilo con agarimo, pero

daquela estaba bastante agobiado co choio, pois sempre andabamos moi xustos de tempo para acabar a

revista e facer as fotocopias. Si, ao principio non eran máis que simples fotocopias grampadas, logo a cousa

foi cambiando e as “novas tecnoloxías” permitíronnos mellorar a encadernación. En fin, volvendo a vista

atrás un non deixa de asombrarse do moitos que faciamos coa escaseza de medios de que se dispuña

daquela. Espero e desexo que a revista Chan do Monte siga saíndo puntualmente cada curso, pois xa é un

sinal de identidade, xunto cos Chaneiros, a Aula de Teatro, ou as actividades deportivas do Colexio San

Narciso de Marín, onde pasei uns anos de traballo e aprendizaxe. E máis nada, un saúdo para todos, os de

antes, os que seguen e os novos.

*Pepe Tilves ( antigo profesor de galego en secundaria e responsable da revista e do ENL)

Page 6: Chan do Monte dixital 0

15 ANOS DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN

por Héctor Silveiro*

O novo decreto aprobado recentemente (20 de maio do 2010) polo goberno da Xunta de Galicia vai

provocar entre outras cousas un cambio de nome no Equipo de Normalización Lingüística (ENL), que xa

sufrira un lixeiro cambio hai uns, pasara a ser chamado ENDL engadíndolle un D de Dinamización. Agora

pasará a denominarse EDLG, é dicir, Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Xa antes de saber que ía

cambiar de nome pensamos que era unha boa idea facer memoria dos 15 anos da nosa pequena historia

que viña a consolidar outra idea, esta relacionada coa redacción e o formato da nosa revista. Abrir unha

nova etapa do Chan do Monte en formato dixital e desenvolvendo temas monográficos senón en todas as

súas páxinas si nunha boa parte delas. Esta é a razón pola que presentamos con estes criterios esta nova

etapa.

UN CHAN DO MONTE DIXITAL E MONOGRÁFICO

Dous elementos acordamos

destacar neste número da revista: Por

un lado, aquel que falase dos 15 anos de

normalización, polo outro, un Decálogo

da Orixinalidade, unha serie de artigos

que funcionasen coma un único traballo

monográfico ( entrevistas, reportaxes,

artigos de opinión) realizado por

distintos alumn@s de 1º da ESO

fundamentalmente ( aínda que hai

tamén traballos doutros cursos) coma

unha especie de obradoiro de escrita. O

fío condutor deste traballo será o do

lema: O CAMIÑO QUE NOS IDENTIFICA.

Este lema quere facer fincapé nunha serie de feitos que nos fan orixinais no mundo. Partimos como

non podía ser doutro xeito do lema didáctico que o noso centro escolle para cada curso, este ano, o da

AUTOESTIMA, para logo ligalo aos obxectivos propios do Equipo de Normalización. Son elementos todos

da nosa cultura que fomos traballando na aula de xeitos ben distintos, procurando evidencialo a través das

vivencias, o máis próximas posibles a estes fitos que nos identifican. Traballamos para elo sobre un

DECÁLOGO DA IDENTIDADE OU DA ORIXINALIDADE.

A continuación podedes ver unha fotocomposición acompañada de breves textos explicativos que

conforman a EXPOSICIÓN: O CAMIÑO DA NODA IDENTIDADE que o EDLG colocou tanto na entrada

principal do San Narciso a carón da Secretaría como no taboleiro de Normalización. Son unha serie de

paneis destinados a difundir o noso labor no centro e a facer memoria destes 15 anos de vida cargado de

iniciativas, experiencias e lembranzas inesquecibles que quixemos compartir co conxunto da Comunidade

Educativa do Colexio San Narciso, xusto no momento en que se cumpría o noso décimo quinto aniversario.

* Coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG 2010)

Page 7: Chan do Monte dixital 0

PANEIS

Nestes paneis podedes apreciar o variado conxunto de actividades que se comezaron a

realizar no centro unha vez que se constituíu o ENL, que é como se chamaba daquela oficialmente

aos Equipos de Normalización nos centros de Ensino de toda Galicia. Iso tamén quixemos que

quedara claro como existe unha Lei de Normalización que é da que parte este mandato que logo

se fai palpable en cada centro de ensino. Tamén deixamos constancia das funcións e como se

integra na estrutura académica do centro. Pero o que resulta máis vistoso e atractivo son as

imaxes: As revistas, os taboleiros, os magostos, a radio escolar, a pegatina,os maios, a noso

traballo coa Aula de teatro e os espectáculos de fin de curso. Foron 15 anos de traballo intenso de

incorporar novas propostas ao calendario escolar con clara intención docente que chegase ao

conxunto da comunidade Escolar do San Narciso.

Page 8: Chan do Monte dixital 0
Page 9: Chan do Monte dixital 0
Page 10: Chan do Monte dixital 0

O DECÁLOGO DA ORIXINALIDADE OU DA IDENTIDADE

Somos orixinais por:

1- A Xeografía e a historia

2- A fala e a lingua galegas

3- “Toponimia MADE IN GALICIA” a metade dos topónimos da península están en Galicia.

4- Mitos: Mouros e mouras.

5- Galicia: País dos Mortos.

6- O Nadal peculiar dos cumios do Caurel:

7- Os lobishomes galegos.

8- O entroido entre os máis orixinais do mundo.

9-De Maio a San Xoán: outro período vivo e particular .

10- O Camiño a Santiago para a construción de Europa.

Page 11: Chan do Monte dixital 0

O QUE NOS FAI SER OUTROS

por Adolfo Caamaño *

Se antano Galicia fose un deserto, a palabra auga só sería a

palabra auga e inventariamos a palabra oasis. E se Galicia estivese

no Ártico, a auga só se chamaría xeo. O galego ten moitísimas

palabras do campo semántico da auga porque aquí a chuvia é filla

do noso clima atlántico, e, polo tanto, tamén é consubstancial coa nosa vida. A paisaxe onde nos tocou

nacer e medrar como pobo galego é o eido xeográfico no que se desenvolveu a nosa historia, a nosa lingua,

a nosa cultura, todo iso que nos fai diferentes como un pobo máis no medio dos diversos pobos do mundo.

Os celtas viaxaron ata o ocaso do sol, ata a fin do mundo e trouxeron a súa lingua e a súa cultura onde o

culto ás árbores, ás augas, ás montañas e ao máis alá ficou prendido no noso xeito de ser galegos. As

montañas do leste marcaron a nosa fronteira natural e foron claves para que o latín que trouxeron os

romanos comezase aquí a falarse de xeito diferente ata que

acabou sendo a lingua galega. Os suevos, cando crearon en

Galicia o primeiro reino europeo independente de Roma,

trouxeron moitas palabras novas que, séculos despois,

acabaron estando na nosa lingua. E viñeron topónimos e

apelidos que só son nosos, que só puideron ser aquí.

Visto o mundo así, as paisaxes e paisanaxes diversas

que contén están intimamente ligadas á xeografía onde se formaron e á historia que viviu cada pobo.

Semella que cada pobo tiña reservada unha parte do mundo onde botar a andar o seu propio imaxinario

cultural para conformar a enorme variedade de culturas e linguas que o mundo ten. Todo o que nos une

fainos tamén diferentes. Únenos o planeta, a casa de todos, pero o planeta ten múltiples habitacións

diferentes, unhas están expostas ao sol do deserto, outras ás sombras das selvas, outras adaptáronse ás

friaxes boreais… A nós, aos galegos, tocounos falar con esta parte do mundo onde se inventou a palabra ría,

ese carreiro de auga que entra no interior da nosa Terra a medida que vai mesturando mar e río. Nós, os

galegos, tivemos que vivir nos cumios dos outeiros en casiñas circulares, e aprendemos a facer dos vales

uns lugares amables onde todo podía ser cultivable, desde a vide ata o Kiwi. Nós, os galegos, somos

debedores das nosas paisaxes e paisanaxes, dos lugares de Galicia e das xentes que os habitan, de cómo lle

chamamos ás cousas que nós importan para seguir sendo unha parte peculiar deste eido do mundo en que

nos forxamos como pobo diferente, xeográfica, histórica, cultural e lingüisticamente.

* Adolfo Caamaño é profesor de Galego e Xeografía e Historia en ESO e BACHARELATO.

Page 12: Chan do Monte dixital 0

Arbores, arbres, árbores, albre, arbes. Tamén de muitos xeitos se chaman en Galicia carballos , castiñeiros, pradairos, bidueiros, nogueiras, pereiras, mazairos, lameiras, loureiros, abrairas, salgueiros, amieiros, chopros, aciñas, faias, carnabudos, teixos, acibros… Sin eles a face da nosa Terra non sería recoñecibile. Entr’iles escribín poemas que sólo poden escribirse na nosa Fala.

UXÍO NOVONEYRA

Page 13: Chan do Monte dixital 0

A FALA E A LINGUA GALEGAS

NON SÓ VIVAMOS COMO GALEGOS, FALEMOS COMO GALEGOS!

Esta é a cuestión inicial coa que comezamos o curso. Os homes fronte aos animais somos unha

especie capaz de falar, pero o que nos caracteriza sobre todo é diversidade de linguas e culturas que nos

fan humanos. Non ve as mesmas cores un esquimó e un galego, sobre todo porque as nomea de xeito

distinto (os esquimós non tiñan na súa lingua palabras que nomeaban a obxectos ou realidades para eles

descoñecidas como, por exemplo, ás árbores). Nós non temos máis que unha cor branca namentres que

eles distinguen, polos condicionantes da súa xeografía e da súa climatoloxía, ata nove maneiras distintas de

nomear a neve. Nós tamén temos moitos xeitos particulares e únicos de ver e nomear a choiva.

Houbo un anuncio feito en Galicia e por xentes galegas que insistía na idea de “vivir como galegos”.

Nós descubrimos tamén nos primeiros días deste curso que non era o mesmo ser galego-habitante que

galego-falante. Se analizamos polo miúdo o segundo dos anuncios, o famoso “malo será!”, que utilizamos

nas Xornadas de sensibilización sobre a AUTOESTIMA, veremos que a palabra é un alimento, como o leite

para un meniño, é realmente a que nos permite ser orixinais no mundo. Temos ese dereito como persoas

nun mundo diverso e complexo ao que ofrecer con dignidade o noso acervo cultural en liberdade. A

ninguén lle gusta ser copia, un mero imitador do outro: “Eu sempre preferirei ser eu mesmo”. Uxío

Novoneyra, homenaxeado este mes de maio no Día das Letras dicíao así:

“A Fala é o único sitio onde seguen vivos os antepasados…esa Lingua que nos fixo e na que logo

quedaremos…”

Page 14: Chan do Monte dixital 0

GALLAECIA UN TOPÓNIMO BEN ANTIGO

por Héctor Silveiro

Gallaecia é o nome que os romanos lle puxeron ao que agora chamamos Galicia. O nome de

Gallaecia deu lugar ás actuais formas Galicia/Galiza. Pero non son sinónimos. Pois o territorio ao que os

romanos denominaron “Gallaecia” era maior do que hoxe coñecemos como Galicia. Gallaecia ocupaba o

actual norte de Portugal ata chegar ao río Douro polo sur, sendo máis discutidos os lindes orientais, que

incluían para algúns unha boa parte das actuais Asturias, León e Zamora. Era un territorio onde floreceu a

cultura castrexa entre os séculos VI a.C.. Daquela o nome que os seus habitantes daba a esta parte da

península non se sabe ao ser una cultura probablemente ágrafa e non ter ningún texto nin referencias desa

época. A chegada dos romanos no ano 137 a. C. a estas terras foi traumática.

Un tal Décimo Xunio Bruto realiza unha operación de castigo contra os lusitanos e galaicos que

acudirán en axuda dos primeiros. O 9 de xuño daquel ano, preto do Douro, o xeneral romano venceu a un

exército de 60.000 galaicos, matando a un gran número deles e facendo prisioneiros a varios milleiros. Este

pobo castrexo, situado seguramente no sur ou leste do río Miño daría o nome a nosa terra, porque o

xeneral despois de ser o primeiro romano en cruzar o río Limia (que como veredes

máis adiante era un río que os gregos e romanos asociaban co río do Esquecemento

que levaba ao mundo dos mortos) volveu a Roma celebrando un gran triunfo

militar. Bruto presentouse en Roma como vencedor deste pobo co curioso título:

“Gallaicus” que provocou que os romanos denominasen a partir da vitoria así por

extensión a todo o territorio ao norte do Douro. O nome de Galicia é, segundo

parece unha raíz céltica que viría a significar "terra de montañeses"

Gallaicus ou callaicus, é pois o nome que recibía un dos pobos que habitaban entre o Miño e o

Douro á chegada dos romanos. É un xentilicio, o nome das xentes que habitan un territorio ocupado polos

pobos castrexos, con clara influencia celta, e que os romanos xeneralizaron para denominar a calquera dos

habitantes das distintas tribos castrexas tanto do norte do Miño como do Sur ata chegar ao Limia ou

mesmo ao Douro. O sufixo aic-, aec- que evoluciona a -ego é moi característico do noroeste peninsular e

está moi presente en multitude de xentilicios e topónimos.

Para a cultura popular, para os nosos labregos, os habitantes dos castros, os máis antigos habitantes de Galicia foron sempre "os mouros e as mouras" encantos que viven debaixo dos castros e non se deixan ver facilmente.

Para os primeiros investigadores

Murguía ou Benito Vicetto falaban dos celtas como poboadores dos castros, nese afán diferencialista que lle querían conferir a Galicia estes historiadores galeguistas. Logo virán interpretacións máis precisas que falan dunha cultura de diversas compoñentes, pero o certo é que "celtismo" será unha constante no debate sobre o mundo castrexo ao que non se lle pode negar como mínimo unha importante influencia da civilización celta.

Page 15: Chan do Monte dixital 0

Observa agora estes antigos textos escritos en latín sobre o tema, pois podería ser outro nome, ben distinto, o que recibía esta terra antes da chegada do imperio romano, cuxa tradución ao galego será:

"Ofiusa proxectase tanto cara adiante coas súas costas como oes dicir que a illa de Pélope se estende no territorio grego. Foi chamada, ao principio, Oestrimnis, porque os estrímnicos poboaban as súas paraxes e cabos; despois, unha multitude de serpes fixo fuxir aos seus habitantes e deixou o territorio privado do seu nome." (Ora Maritima, Avieno 152-157)

E a tradución deste segundo anaco de texto latino de Avieno, autor do século IV d. C.:

"Os cempsos e os saefes ocupan os abruptos cumios do territorio de Ofiusa. Cerca deles se estableceron o rápido luso e a prole dos draganos, en dirección cara o septentrión de abundantes neves. Pero a isla Petania está dirixida cara Sefumo, e nel un porto extenso agóchase. A continuación, os pobos cinetas son colindantes dos cempsos. Logo, o cabo Cinético, por onde se produce a caída da luz sideral, erguéndose altivo como último bastión da rica Europa, cando ésta se precipita nas ondas do Océano poboado de monstros."

(Ora Maritima, Avieno 195-204)

Sería finalmente Ophiusa ou

Oestrimnia o nome máis antigo de

chamar a este territorio? Serían

estas denominacións tan só nomes

de tribos concretas. Posiblemente

iso nunca o saberemos.

Por outra banda, Galicia pola

súa peculiaridade xeográfica e

económica dende a antigüidade

(non esquezamos que sempre se fala

dun número non menor aos 5000

castros no noso territorio) ata hoxe

é de destacar a abundancia de

núcleos de poboación existentes en comparación con outros territorios peninsulares. Galicia a día de hoxe

ten a metade dos núcleos de poboación que se rexistran en todo Estado Español, máis de 33.000 nomes de

lugar, sen contar os denominados

microtopónimos referidos, por exemplo, ás

terras de cultivo, montes ou lugares da ría,

no mesmo mar, cons e areais, que teñen o

seus nome propio. Un padre paúl Elixio

Rivas publicou hai anos un moi bo libro

sobre este tema titulado Toponimia de

Marín, un dos primeiros estudos realizados

por en Galicia por localidades. A toponimia

é outra peculiaridade e outra riqueza

particular que nos identifica, que debemos

coñecer, conservar e difundir.

Page 16: Chan do Monte dixital 0

OS MOUROS E AS MOURAS, ESTÁN PERO NON SE VEN

por Ana Pérez Davila (1º ESO)

Os mouros din que son de pel morena aínda que como son invisibles, só os poden ver ós que eles

queren e cando a eles lles pete non sendo a xente que teñen poderes. En ocasións para velos utilízase unha

untura. Velos é moi perigoso xa que son capaces de deixarche cego. Rara vez pódense ver os seus

marabillosos castelos por un tempo e, ao día seguinte, xa non están. Os mouros adoitan saír pola noite e

gardan tesouros grandes e fermosos aos que nin sequeira lles teñen aprecio. A pesares de ser criaturas

máxicas fan cousas coma calquera de nós. Se axudas a un mouro podes obter gran parte dos seus tesouros.

Ás veces vólvense caníbales e raptan aos

nenos para comelos ou a nenas ás que encantan

e as converten nas súas esposas. Non é

conveniente facer tratos con eles xa que se non

gardas o segredo moitas cousas malas che poden

pasar. Se te fas amigo dun mouro ou dunha

moura é preciso que non o digas a ninguén xa

que se o descobren pódente raptar e nunca máis

che deixaran saír do seu máxico mundo.

Por outro lado, as mouras son as esposas

dos mouros e son mulleres belísimas. Están

encantadas. Normalmente só as ven as nenas ou

os mozos inocentes, quen de vez en cando son capaces de desencantalas. Son moi fachendosas e gústanlle

os cumpridos. Reciben moitos nomes e son iguais ás “hadas”: teñen cabelos louros, pel branca e visten

marabillosamente. Adoitan quedar con homes aparecendo como mulleres guapas e ao día seguinte

convértense en cobras. Para desencantalas hai que darlles un bico e os poucos homes que o conseguen

obteñen grandes riquezas. Gústanlle comer nenos fritidos cando se volven caníbales e tamén lles gusta

poñer os seus tesouros á asollar ás beiras das fontes. En Galicia hai moitos mitos que nos falan sobre eles.

A dama do castro que trata dunha moura boa que viste sempre cunha túnica branca, vive nun castelo de

cristal e sempre protexe ós nenos. Outro destes mitos é o da raíña Lupa, unha moura xigante que non para

de comer ata que os servos a mataron tirándoa polo balcón. Cando a enterraron puxéronlle 7 millóns de

ouro nos pés e outros 7 na cabeza. Dicían que habitaba o Pico Sacro e outros montes como o monte Pindo.

Mouras e mouros habitan na Mourindade, un

espazo máxico que está situado debaixo dos castros ou da

auga. Comezaron a vivir soterrados despois de que

Carlomagno os vencera e os encantara. Este mundo é un

complexo labirinto de túneles e galerías. A maioría destes

conectan con ríos e fontes para que os mouros poidan

beber. Estes túneles son moi grandes, por exemplo, hai

un que vai dende Xermade ata Santo André de Teixido ou

no Morrazo por baixo do mar dende Moaña á illa de Ons.

Este mundo é moi importante en Galicia xa que hai máis

de 5.000 túneles, tantos coma castros.

Se queres saber máis podes consultar http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp

Page 17: Chan do Monte dixital 0

GALICIA, PAÍS DOS MORTOS

por Jorge Pazos Carregal (1º ESO)

GALICIA, PAÍS DOS MORTOS E A ILLAS DO ALÉN: DE ONS A CÍES

Conta unha lenda que do Chan de Arqueda en Moaña a Ons hai un túnel por baixo do mar. Pero o burato

máis coñecido sen lugar a dúbidas é o que chaman “Cova ou burato do Inferno”. Din que é a entrada ao mundo dos

mortos esa que gregos e romanos pensaban que estaba no confín do mundo coñecido por eles, onde morría o Sol na

Fin da Terra ( de onde Fisterra que procede do latín “finis e terra”). Son multitude as referencias de tradición oral que

nos contan como a Compaña atravesa o mar dende a Lanzada para dirixirse a Ons. Vai na procura do Alén , é dicir, o

Máis Alá ou tamén o mundo do mortos. É un barqueiro coma na tradición grecolatina o que traslada as almas dos

mortos. Se miramos ás Cíes atopámonos unha historia moi orixinal que hai a quen lle lembra unha famosa película

titulada “Piratas do Caribe”, mais a nosa historia sabemos que é orixinal. Nas noites de trebón na Punta Cabalo vese

un bergantín pirata, a tripulación core desesperada e berra loitan por librarse do afundimento. É en realidade un

bergantín pantasma e quen teña o valor de achegarse nunha noite brava de invernía pode comprobalo, é cando se

deixa ver entre as enormes ondas. Seica ía cargadiño de moedas de ouro e agora repousa no fondo por iso o lugar

recibiu o nome da Furna do Pesos.

Non debe parecernos estraño todo isto. Se cadra é unha forma pouco divertida de ser orixinal no mundo,

pero o certo é que dende a antigüidade ata hoxe Galicia vén sendo o país dos mortos.

Unha proba de que os pobos antigos do Mediterráneo crían

que era esta terra occidental o fin do mundo é a seguinte: Os

romanos que acompañaban ao xeneral Décimo Xunio Bruto, din que

non querían atravesar o río Limia que debían vadear para proseguir a

súa conquista cara o Norte. Non o querían cruzar porque pensaban

que era o Río Leteo ou do Esquecemento, un dos ríos que conducen

cara o mundo subterráneo onde habitan os mortos, un río que levaba

augas que ao contacto con elas, facían esquecer todo o que fixeches

en vida. Contan que o xeneral romano meteuse no río Limia e para

demostrarlles que aquelas augas non producían tal efecto dende a

outra beira comezou a chamar un por un aos seus soldados.

Son moi coñecidos o refrán e a lenda do Santo André de Teixido “ vai de morto quen non foi de vivo” ou de

que no Pico Sacro ou en Compostela hai un burato polo que hai que pasar á forza, senón é de vivo, é de morto, a idea

de que o Camiño de Santiago, como o camiño á Fisterra, son camiños xa practicados polos celtas de centroeuropa cara

o mar, camiño que se debe facer en vida para non telo que andar unha vez falecido son crenzas que asocian de vello

Galicia coa morte e co seu mundo.

Na illa de Ons está o Burato ou a cova do Inferno que din que é unha entrada ao mundo dos mortos e logo

están todos os mitos que nos falan da Compaña, esa procesión de ánimas en pena que son aviso de morte tamén, a

morte branca e a morte moura, o paxaro da morte e as lendas das cidades asolagadas ou as illas do Alén, o destino

final das ánimas en pena que andan purgando penas para poder deixar definitivamente este mundo.

NOTA: Hai tres cursos no ano 2006/07 houbo un alumn@ que nos deixou narrado e seguinte episodio:

Unha testemuña da visión da Compaña en Mogor, unha veciña moi criticona da miña avoa, que ten agora 58

anos, díxolle un bo día que na noite anterior como había ruído mirara pola ventá e vira unha luciña arredor da casa

doutra veciña e que ela pensaba que era aviso da morte, a miña avoa non a creeu , pero días despois aquela veciña da

casa onde aparecera a luciña morreu.

Page 18: Chan do Monte dixital 0

IMAXES DE “AQUÍ, ALÓ E ACOLÁ”

por Teresa González*

Cada momento histórico presenza o nacemento duns xeitos

particulares de expresión artística, que corresponden ás maneiras de pensamento e ós gustos da época,

formados en función dunhas condicións de vida definidas que caracterizan a estrutura social dunha etapa.

Cada sociedade, por tanto, produce unhas formas claras e concretas de expresión artística, que na maior

parte das veces, aliméntanse das súas tradicións.

Dende o seu nacemento, no 1826, a fotografía convértese na máis estendida, primeiro, pola súa gran

proximidade (tanto que mesmo pasa a formar parte da vida cotiá) e segundo, pola súa aceptación dende

calquera capa social. Débense estas propiedades ó seu gran poder para reproducir, moi fiable a realidade ,

outorgándolle así un carácter documental de gran valor, e presentándoa coma o procedemento de

reprodución máis fiel e imparcial da vida social.

Chamamos realismo poético ás imaxes que mostran as pequenas cousas da vida, ás intranscendentes

situacións, que reproducen os obxectivos duns fotógrafos que durante os anos 50, despois de Guerra

Mundial, se dedicaron a retratar imaxes cotiás. Realismo que mentres en Europa (sobre todo en Francia)

mostraba o lado alegre da vida, dentro da gran expansión urbana; en Galiza, retratará as condición

políticas, sociais e sobre todo económicas, que se estaban a sufrir; funcionando coma inxenuas testemuñas

que fotografaban a tupida peneira da modernidade. Danse así, neste lugar e neste momento, tres

exemplos magníficos e diferenciadores:

� Aquí aparecen (coma fotografías artísticas) empeñadas en presentar unha visión romántica da terra, as aldeas, os piñeirais, as corredoiras... en fin, a nosa paisaxe nos seus múltiples aspectos; e tamén, as nosas escenas máis tradicionais: as romarías, as feiras e procesións, que botan froito con tremendas imaxes que non mostran máis que o descarnado rol feminino dentro dunha sociedade aínda por desenvolver.

Page 19: Chan do Monte dixital 0

� A difícil situación que se está a vivir, e a súa directa consecuencia, a diáspora, fai que un inxente número de persoas, case sempre varóns, se vexan na obriga de buscar lonxe novas subsistencias. Aló marcharon, acompañados unicamente pola despedida da propia esencia, do propio ser, en forma de fillo, e dicindo adeus ás propias viúvas.

� A correspondencia que manteñen os que aquí quedan, cos que aló marchan, analfabetos uns e outros; vai a atopar no retrato (de acolá), ese medio directo e verdadeiro de comunicación, portador de malas novas, xustificador de reparto de bens, reproche da ausencia... que nos trae de novo e máis que nunca, de volta a esa fotografía documental que sempre nos leva a dicir que unha imaxe vale máis que mil palabras.

*Teresa González (profesora de Plástica e Visual do centro e membro do EDLG).

Page 20: Chan do Monte dixital 0

O APALPADOIRO: O NOSO PARTICULAR PAPÁ NOEL

por Lucía Pereira (1ºESO)

Xesús Taboada Chivite refire o costume que denomina "a noite de apalpadoiro" e que consiste en

palpar o ventre das persoas na noite de fin de ano por ver se comeron ou non para todo o ano que entra.

Semellantes testemuños a este procedentes de diferentes lugares da montaña de Lugo refiren o mesmo

hábito, ou rito, denominado "apalpadoiro" ou "apalpadoira" que se facía na noite de fin de ano. Consistía

en apalpar o ventre, sobre todo o de nenos e nenas, para saber se comeron o suficente para que o ano que

entra non sexa de fame, senón de fartura.

O investigador José André Lôpez Gonçâlez publicou en AGAL-GZ, Portal Galego da Lingua, no Nadal

do ano 2006 un artigo titulado “O Apalpador. Personagem mítico do Natal galego a resgate” onde dá a

coñecer unha serie de informacións procedentes de testemuñas das terras luguesas de Loúzara, O Courel e

O Cebreiro recompiladas xa en 1994.

Neste artigo dise que o

Apalpador é un xigante, carboeiro que

mora nas devesas, que usa boina, casaco

esfarrapado e remendado, fuma en pipa,

que se alimenta de bagas e xabaríns.

O día 31 de decembro baixa da

montaña e visita os nenos, despois de

quedaren durmidos. Entón apálpalles a

barriga por ver se están cheos ou se

teñen fame.

De teren a barriga chea, di: “Así,

así esteas todo o ano “ e déixalles unha

manchea de castañas. De ver que teñen

a barriga baleira, non di nada, mais tamén deixa unha presada de castañas.

Achega tamén José André Lôpez Gonçâlez cantigas recompiladas na mesma zona e que se usan

para acalmar os cativos, excitados pola chegada do Apalpador.

Jerónimo de Vicente, desde Ourense, achéganos estes versos “”que teño ouvido e que lle cantaban

os pais ós seus fillos a noite que baixaba”:

Hoxe é noite de Nadal,

vaite ninín á camiña

que vai vir o apalpador

a palparte a barriguita.

Trátase pois dun personaxe a incorporar ao noso conxunto de seres máxicos que nos fan máis

peculiares, máis orixinais porque son personaxes que andan polas nosas montañas e aldeas traendo como

agasallo humilde, pero cargado de simboloxía, as castañas, froitos da nosa terra. Estes seres imaxinarios

que nos serven para entender quen somos e como nos relacionamos ao longo do tempo co noso entorno.

Page 21: Chan do Monte dixital 0

GALICIA TERRA DE LOBISHOMES OU DOS LOBOS DA XENTE

Por Lucía Melgarejo (1ºESO)

Os lobishomes son os protagonistas de moitas

lendas. Na crenza popular as metamorfoses obedecen a

diferentes motivos: á maldición do pai, ao ter nado o 24

de Nadal, noite do nacemento de Cristo; a ser o sétimo fillo

varón (noutras versións, o noveno). Tamén existe a tradición

que sinala que un matrimonio que teña sete fillas, e ningún

home, ten a obriga de entregar a súa filla, que se converterá

en pieira ou peeira dos lobos; tamén pode caer a fada por

envexa, bruxería ou mal de ollo que lle fagan a un, ou por

unha soberbia que botase el mesmo.

O Lobishome, de noite cámbiase en lobo de distintos

xeitos, os primeiros síntomas da doenza preséntanse en

forma de fonda tristura. A seguir, nun día determinado,

xeralmente un venres ás doce da noite, foxe da casa e

prodúcese a transformación. Fai entón toda clase de ruindades e crimes, especialmente con seres

humanos. Namentres anda de lobo, non hai pau, nin pedra, nin arma branca, nin bala que o poida ferir.

Pódese crebar a malafada de varios xeitos: facéndolle sangue; quitándolle a pel de lobo que leva e,

principalmente, queimándolla; sorprendéndoo e descubríndoo cando se envorca na poeira.

O máis corrente é que o lobishome soamente ande convertido en lobo por tempadas, ou polas

noites, ou durante certos días, e a fada pódelle durar máis ou menos anos.

Do lobishome correron por Europa centos de historias,

unha delas a de Romasanta , un lobishome que vendía unto de

persoas tras matalas el mesmo. Logo foi detido e segundo

parece morreu no cárcere cumprindo unha pena de cadea

perpetua conmutada pola de condena a morte.

En Galicia a tradición sinala que se un matrimonio ten

sete ou nove fillos varóns sen que nacese femia ningunha polo

medio, o último queda marcado polo estigma da fada,

converténdose en lobishome, foxe para o bosque por un

período de sete anos. Tempo non pode ser ferido nin

capturado. Con todo, na tradición galega tamén existe o neno

que nace xa cos síntomas do lobishome e que padece

ciclicamente os síntomas.

Page 22: Chan do Monte dixital 0

O ENTROIDO GALEGO, MOI ORIXINAL por Juan Rosales 1º ESO

O Entroido é unha festa popular que na súa orixe era a chamada da fin do inverno e o comezo da

primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e pagás, sendo a época na que se poden romper todas as normas,

cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida,

unha das festas máis coñecidas do calendario galego.

O Entroido é celebrado dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa procedencia .

Algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman que os comezos desta festa, pódense atopar na

adoración a Baco.

A orixe da palabra que denomina esta festa é o termo latino

“Introitum"(que significa "a entrada á Coresma") do que vén a

palabra "Entroido"ou "Antroido".

-Xoves de Compadres -Domingo Corredoiro

-Xoves de Comadres -Santo Entroido:

-Domingo de Entroido -Luns de Entroido

-Martes de Entroido -Domingo de Piñata.

As primeiras destas tradicións case non perduran na

actualidade mentres que as últimas seguen sendo practicadas aínda

hoxe.

O entroido galego evolucionou conservándose dunha maneira aceptable ata o día. Os entroidos

galegos de Ourense destacan de entre os demais pola súa especial orixinalidade:

Os Cigarróns que son personaxes enmascarados e adornados (coma en Verín), as Pantallas que

amolan ós viandantes con dúas vexigas cheas de aire (moi común no Entroido de Xinzo da Limia).

Os Peliqueiros (coma en Laza), personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan,

levan chocas coma os animais, zorregan á xente e levántanlle a saia ás mulleres, animais como pode ser

unha vaca, o burro ou o galo, xa sexa reais ou simulados simbolizan o Entroido en si e interveñen na festa,

ben para ser burlados e escarmentados, ben para actuar activamente facendo falcatruadas.

Os dous entroidos son, en verdade, os que fan especial a nosa terra.

Respecto a Marín tódolos marinenses e demais visitantes bótanse á rúa cos seus disfraces a

celebrar o entroido. Conta con numerosas actuacións nas súas rúas, ademais de desfiles e concursos. Cabe

destacar como día grande de este entroido, o Enterro da sardiña, onde disfrazados cos traxes de loito e

cunha gran pena se despiden do defunto animal. Son destacables tamén nestas festas as charangas, que

compoñen cancións e críticas de temas da actualidade.

Enquisas feitas en diversos artigos de revistas en varias páxinas na internet… sitúan ó entroido

galego coma un dos dez máis orixinais en todo o mundo xunto coma outros moi coñecidos, coma, por

exemplo, o de Brasil ou Venecia.

Page 23: Chan do Monte dixital 0

ENTROIDO EN OURENSE

por Carolina Suárez 2ºESO

Nos días de Entroido, toda a provincia vístese de festa para celebralo. Nela, hai tres núcleos

principais: Verín, Laza e Xinzo de Limia, nos que se vive intensamente esta festividade.

En Verín, o disfrace principal é o cigarrón, moi parecido ou igual ao peliqueiro de Laza. O

traxe está composto por unha máscara, que cubre a cabeza cunha carauta que se prolonga nunha

mitra decorada con motivos animais. O traxe compono unha camisa branca, unha gravata, unha

chaqueta curta e nos ombreiros, un pano. Logo, leva unha faixa que suxeita os pantalóns e nas que

se colocan as chocas. Nas pernas, medias brancas e ligas.

Aínda que persoalmente non imos a esta festa, os principais días de Verín son o xoves de

comadres, nas que todo o mundo se viste de muller e o día do desfile dos cigarróns.

Por outra parte, cerca de Verín, atópase a poboación de Laza, que ten como disfrace

principal o peliqueiro. O día principal en Laza é o luns de entroido, nel, a xente máis “tola” e máis

festeira desprázase desde moitos lugares para disfrutar da farrapada, as formigas e a morena. Na

farrapada, como o nome indica, tíranse farrapos cheos de barro. A xente lánzaos mutuamente,

facendo que todo o mundo acabe marrón. Un pouco máis tarde, pasan a acción as formigas. Bo,

elas non, senón a xente que as tira ao público, así, todos se poden levar un recordo do entroido en

Laza. Cara o final, aparece a morena, unha persoa vestida de vaca, que vai atravesando as rúas de

Laza con toxos, espantando a xente, para que os peliqueiros teñan un bo sitio por onde pasar.

No entroido de Laza todo o mundo

leva un regalo, ou barro ou formigas, pero

ninguén queda limpo.

Para rematar, vou falar do entroido

que a nós máis nos gusta, xa que somos desa

zona, o entroido de Xinzo. Todas as festas de

entroido adoitan durar pouco, pero nesta

pequena vila, duran cinco domingos.

O primeiro, é o fareleiro, no que todas

as xentes de Xinzo e os arredores, van tirar

fariña a quen se atopen primeiro. O segundo domingo tócalle ao oleiro, onde hai un diálogo

sarcástico entre dúas bandas que acaban tirando olas ao aire. O seguinte é o corredoiro, no que se

trata de correr para non ser pintado, manchado etc., onde xa saen as pantallas á rúa. Logo o gran

domingo de entroido, onde as pantallas fan que os que non están disfrazados os inviten a tomar

algo. O desfile faise o martes de entroido, vendo todas as pantallas camiñar por Xinzo e as

diferentes carrozas dos diferentes pobos, e tamén as comparsas dando vida á vila. E o último

domingo, é o domingo de piñata, día no que a xente se nega a aceptar que acaba o entroido, polo

que volven saír as pantallas.

Page 24: Chan do Monte dixital 0

En canto ao disfrace, o principal é

a pantalla. Está composto por camiseta e

pantalóns brancos, suxeitos a unha faixa

na que se colocan as campás. Tamén, ten

unha capa, que pode ser negra, vermella

ou azul, con lazos de diferentes cores

atravesándoa de arriba a abaixo. Na

cabeza, a decisión do que se disfrace,

pódese levar unha máscara, máis sinxela

que a do peliqueiro pero tamén bonita.

Cando xa se está vestido, no desfile moita

xente leva vexigas de vaca e vainas

batendo a vez que fan ruídos coa boca.

A parte deses tres grandes entroidos, nós tamén

vivimos moito o do noso pobo: Sarreaus, preto de Xinzo. O

principal disfrace é o vergalleiro, aínda que por desgraza, cada

día se está perdendo máis a costume de levalo.

O típico deste entroido é ir

coas comparsas desfilando e bailando

coa música. E logo, como non, unha

boa cea.

Penso que o entroido de

Ourense merece a pena vivilo, hai

moita festa, e toda seguindo a bonita

tradición que sempre se levou.

Page 25: Chan do Monte dixital 0

O ENTROIDO EN MARÍN

por Alba Amoedo 2º ESO

Nas terras de Marín, ten moita importancia o

enterro da sardiña, que pecha a etapa do Entroido. É unha

boa maneira de pasar o tempo cos máis achegados, e ao

mesmo tempo, manter esas tradicións tan antigas. Todos

se involucran moito, pero cómpre destacar ás mulleres, que

se visten de viúvas para despedir a sardiña.

De feito, este ano, puiden vivir esta experiencia

marabillosa. Foi incrible e penso repetilo o próximo ano. Dende o meu punto de vista, é unha

desas experiencias que hai que facer polo menos unha vez na vida, e animo a todos a vivilo.

Tamén se lle atribúe gran importancia

ao desfile. Toda a xente desta vila mariñeira

vólcase neste acontecemento, pero son os

máis pequenos os que enchen as rúas de

ledicia. Persoalmente, coñezo moita xente

que participa no desfile, e todas elas esperan

ansiosas cada ano a chegada desta festa,

aínda que logo rematen moi cansos de tanta

troula. Están as comparsas, xente que vai por

separado..., pero iso si, nunca falta unha boa orquestra de gaiteiros con ganas de festa.

E por último, cómpre destacar o día do Entroido en Lameiriña, onde pequenos, e incluso

maiores, convértense nos seus heroes e ídolos por un día. Moitos destes disfraces son únicos e

inimaxinables, aínda que cada ano, sempre hai un que está moi de moda. Nos días previos, as

mozas e mozos preparan a súa vestimenta para abraiar a todos. A mocidade é a principal

protagonista deste acontecemento. A min, gústame disfrazarme tódolos anos, aínda que xa non

sexa tan nena. Estas festas non se deben perder nunca, e anímovos a todos vos a participar nelas,

xa que forman parte da tradición galega.

Page 26: Chan do Monte dixital 0

O MAIOS NO SÉCULO XXI

por María Torres (1ª ESO)

O Ciclo de maio comeza a mediados do mes de Abril e remata a primeiros de Maio. É unha

celebración moi antiga, anterior á relixión cristiá. Trátase de louvar á natureza, á floración, á

explosión do mundo vexetal ... aquí en Galicia levámolo facendo dende tempos remotos e estes

costumes seguen vivos e moi enraizados en pleno século XXI.

Os antigos gregos contaban historias de Deuses e Deusas para explicar o ciclo de maio,

como a historia do rapto de Perséfone por parte do deus do mundo Subterráneo, Hades. Tamén

sabemos que os Celtas celebraban esta festividade bailando arredor dun lume, semellante ao que

facemos a noite de San Xoán.

En Galicia, debido á nosa orixinalidade, temos diversas formas de celebrar o ciclo de maio.

Alumear o pan axuda a ter unha boa colleita. Realízase na noite do 30 de abril xuntándose a

parroquia nas terras de cultivo onde se acenden fogueiras que espanten o mal sobre o que se

plante. As maias era un costume moi estendido dende a Idade Media e que por desgraza xa non

se conserva, e logo, como non, os famosos maios.

Page 27: Chan do Monte dixital 0

Na nosa terra, en Galicia, temos ata tres tipos de maios. Por un lado, están os maios

humanos,que foron os tradicionais en lugares como Lugo, Santiago e que foron desaparecendo ata

que hoxe só se conservan en lugares como Viveiro, Portomarín ou Vilafranca do Bierzo. Estes

maios son as persoas quen se visten con follas e camiñan pola rúas pedindo castañas e diñeiro.

Logo están os maios cónicos. Son estruturas en forma de cono moi vistosas adornadas con

espadana, pampullos,

margaridas, poden levar

no cumio unha coroa

tamén feita con flores.

Marín é lugar de referencia

para este tipo de maios,

xunto con Redondela ou a

capital Pontevedra, as tres

famosas vilas polos seus

concursos de maios aos

que acode cada ano o noso

colexio. Tras unha semana

de ensaios, preparación e

moito traballo, as nenas do

San narciso baixamos a

Marín co noso maio "O

maio da Bruxa" á praza da

nosa vila, onde cantamos

as nosas coplas e

participamos nun

concurso. Como estamos

nunha vila mariñeira

temos tamén un barco,

feito a man arredor do cal

os nenos cantan con temas

que teñen que ver co mar.

Noutros lugares como

Ourense os maios tamén

son estruturas semellantes.

E por último, pero non por iso menos importantes, están os maios figurados, representan

diversas e variadas figuras de creación libre son coñecidos os de Vilagarcía, o que máis destacan

destes maios son as súas cores.

O ciclo de maio é unha das moitas cousas que afirman que Galicia é orixinal, e os galegos

temos que estar orgullosos de selo.

Page 28: Chan do Monte dixital 0

OS MAIOS NO COLEXIO SAN NARCISO

por Julio Santos Pena* (Xun.2010)

É unha historia moi longa. Alá polo ano

1973 incorporeime ao Colexio San Narciso como

mestre. Viña da Illa de Ons onde desempeñara a

mesma tarefa dende tres anos atrás. Alí ninguén

coñecía a tradición dos maios entre outras

cousas porque dende moitos anos antes estaba

prohibida calquera manifestación folclórica que

tivese o Galego como base. Nembargantes eu

tiña ben gardado dende a miña infancia a

afección polos maios porque, no meu pobo, aquí

en Marín, aínda que vixiada polos comisarios da

Ditadura, a tradición mantívose e grazas a

mestres como Manuel Torres, Felix Davila, Víctor Corcoba, Carlos Paratcha… e algúns veciños como José “O

Montuno”, Antonio “Xan do Río”, Paco “Carballeira” e outros moitos, sempre había maios mellor ou peor

feitos, pero os nenos saiamos ao monte na procura de fiúncho, espadaina, pampullos… e todo o que

atopábamos para adornar o noso maio e saír a cantar o día un, e repetir o día 15, festa da Ascensión; na

que volvíamos a rúa cos nosos maios e barcos.

Deuse o caso de que estando eu na Illa de Ons no ano 1972 entereime de que aquel ano non tiña

pensado saír á rúa ningún maio nin barco e polo tanto, non habería o tradicional concurso. Pensei que

aquilo era pouco menos que unha desgraza para a cultura do meu pobo e en poucos días artellei cos nenos

illáns da escola un maio, “O Illeño de Ons” e aquel primeiro de maio con bastante temporal viñemos nunha

motora coa miña ledicia de non deixar perder aquela fermosa tradición.

Un ano despois volvín a traer aos

nenos da Illa, pero coa colaboración dos

meus alumnos do San Narciso que foron

os que fixeron en realidade o maio,

reprodución dun faro como o de Ons,

aportando os materiais necesarios.

Ao ano seguinte traballando

aínda no colexio vello, empezou para o

“San Narciso”o que ao longo do tempo

sería toda unha historia do noso colexio

relacionada con esta marabillosa festa da

primavera. Chegado abril empezamos a explicarlle aos nenos o significado da tradición e foron tantos os

que se ilusionaron que tivemos que facer dous maios: o “Pendelleiro” e “A Bruxa”. Ámbolos dous saíron, a

partir daquela, case sempre e mesmo a súa fama chegou ata autores como Clodio González que recolle na

súa obra mestra “A Festa dos Maios en Galicia”, as coplas de varios anos e analiza a progresión da mellora

do emprego da nosa Lingua, ano a ano.

Page 29: Chan do Monte dixital 0

Dende aquela ata hoxe o Colexio San Narciso estivo presente en todos os concursos de maios e

barcos e, se os maios “Pendelleiro” e “Bruxa” foron os que saíron sempre, non podemos esquecer a outros

moitos que, polo interese que ían amosando os nenos curso a curso, tiñamos que preparar. Así, saíron

deste colexio os maios “Pequeniño”, “Peseteiro”, “Criticón”, “Candidato”, “Dos Ovos”, “Das Volvoretas” e

“Mariñeiro”.

Pero Marín conta tamén cunha tradición especialmente singular como é a dos barcos. O mesmo día

un de maio saen grupos de rapaces con reproducións de barcos pesqueiros arredor dos cales cantan

cancións relacionadas co mundo do mar e da pesca; as súas grandezas e miserias, e non podíamos neste

colexio quedar á marxe desta realidade. E foi no ano 1983 cando decidimos que había que facer un barco

ao vello estilo da miña infancia, cunha estrutura sinxela de madeiras recuberta con cartóns pintados e

engadíndolle reproducións de elementos propios dun barco de pesca. Foi o noso primeiro barco e

chamábase “Mariñeiro” e saímos con el un ano no que non se presentou ningunha outra embarcación co

que conseguimos que non se romperá o fío da tradición.

A partir de aí convertémonos en verdadeiros “armadores” construíndo varios barcos dos que hoxe

nos quedan catro: “Mareiro”, “Tenlo” , “Garsa” e “Chan do Monte”, este último unha reprodución a escala

dos barcos de carbón de principios do século pasado.

O “Colexio San Narciso” ten a honra de ser o centro escolar que recuperou plenamente a festa dos

maios en Marín. Escudriñando nos arquivos do Ateneo Santa Cecilia, entidade que mantén a convocatoria e

a organización da festa dende hai máis de 60 anos, pódese comprobar cómo, a principios dos anos oitenta,

non había na rúa o primeiro de maio máis grupos que os do noso colexio do que teñen saído ata sete (cinco

maios e dous barcos) nalgún ano engadíndose despois outros colectivos como as asociacións culturais de

San Xulián ou os veciños de Mogor (por certo, estes levan varios anos sen participar) e, esporadicamente,

outros colexios aínda que agora

parece que volve a arraigar neles a

afección a esta festa.

Se puidésemos reunir un día

a todos os nenos e nenas que

participaron nos nosos maios e

barcos é posible que pasaran do

milleiro porque en cada maio

sempre cantaron de 20 a 30 nenos e

nenas. Todos eles poden estar

orgullosos de ter compartido,

seguramente sen decatarse, un

traballo polo que hoxe a festa segue

viva.

Pois noraboa a todos e todas.

*Julio Santos Pena é mestre do Colexio San Narciso e un dos maiores dinamizadores de tradicións tan

marinenses como o Entroido e os maios, sen dúbida o máximo responsable de que o Colexio incorporase

este tipo de actividades ao seu calendario didáctico.

Page 30: Chan do Monte dixital 0

AS NOSAS LETRAS TAMÉN SON ORIXINAIS

Acertadamente a Academia Galega decidiu celebrar este DÍA DAS LETRAS GALEGAS a partir do ano

1963 unha data para homenaxear e difundir a nosa literatura, os nosos autores e autoras( lembremos que a

primeira foi Rosalía de Castro). Dende o ano 1963, tempos difíciles para o galego relegado como lingua

familiar e coloquial en plena ditadura e con graves prexuízos abafando o seu desenvolvemento natural ao

2010 foi tomando corpo esta conmemoración e a día de hoxe , ademais de ser festivo e ser un día de

exaltación da identidade a través da lingua e da literatura é xa algo máis que un fenómeno mediático e

revulsivo editorial. É un elemento dinamizador nos centros de ensino, para moitas asociacións e colectivos

culturais que organizan actividades arredor desta data e converteuse tamén nun elemento destacado de

dignificación e toma de conciencia, de valoración da nosa literatura.

DO COUREL A COMPOSTELA

Este é o libro que xunto cos Eidos soaron en

centos de actos e charlas, en auditorios e aulas do

territorio galegófono. Unha homanaxe ao poeta

integral que foi Uxío Novoneyra. El deixou dito:

“ Por que escritor?... Quizabes por unha

desmesura do soño. Por un desmandarse, por un

anteporse dos soños máximos…

Grande é a soidade e por iso tamén grande é a

tentación de pecharse a soñar. Ou de abrirse a soñar. E

máis cando toda a segunda infancia, toda a

adolescencia, toda a mocidade, “ as sete mocidades”,

quedaron inscritas na Ditadura…

Xa está dito que soñar é crear. Máis cómpre

reasumilo. Soñar é descubrir posibilidades certas. Case sempre soñamos posibles necesarios. Case nunca

soñamos imposibles, aínda que só sexa por esa discreción que nos impón a Historia.

Posibles necesarios e difíciles. Difíciles só porque están en choque con intereses creados e coa

simple inercia…

Un poeta pouco máis precisa se o alenta a plenitude interior. Se está ben asistido pola memoria

individual, pola memoria colectiva, pola memoria profunda, polo soño do futuro, pola potencia da

mocidade.

Os poetas gozamos e sufrimos dunha incurable mocidade. E máis se, por riba de todo iso, un ten un

nó, o problema de pertencer a un pobo sen estado de patria-lingua ameazada. Entonces si que xa se

xustifica toda a desmesura no soño e na renuncia por transformar o Mundo e salvar o Seu Común, o Noso

Común.

Amais de estar posuído polo soño da plenitude humana e da liberdade, polo soño de cambiar o

Mundo, un está secuestrado pola patria. E isto si que o pon en forte punto. E máis por tratarse dun poeta

que é o ser máis dependente da propia Lingua.”

Page 31: Chan do Monte dixital 0

UN TIPO LISTO de XOSÉ MONTEAGUDO

Como todos os anos e, especialmente con motivo da dinamización da Biblioteca de Secundaria do

centro procuramos ao longo do curso institucionalizar una serie de encontros coa nosa literatura que no

mes de maio materialízase na figura dun autor co que compartimos a lectura dun dos seus libros. Este ano

foi Xosé Montegudo quen nos visitou. Limos a súa maxistral e premiada novela, “Un tipo listo” para logo ter

un encontro con el e afondar nas entrañas do texto que el como autor e os demais ( cursos de 4º da ESO e

Bacharelato) realizamos con sumo pracer. Dáse a casualidade de que o autor foi ademais nos seus tempos

de adolescente alumno do San Narciso o que engadía á charla que tivemos na biblioteca unha carga aínda

maior de emotividade e proximidade.

Adolfo Caamaño, profesor, escritor e amigo

persoal do autor foi quen destacou que Xosé pasou

polas aulas do San Narciso nos anos 70 e esta

referencia retomouna el mesmo ao dicir del que era un

alumno máis ben tímido e calado e que foi na

adolescencia onde tomou contacto coa literatura e foi

tamén tomándolle gusto a iso de escribir. Mais sería un

premio, anos despois, no 2003, con ocasión da edición

da súa primeira novela, nada máis e nada menos que o

Premio Blanco Amor, un dos máis prestixiosos de

Galicia quen o daría a coñecer ao gran público da

Literatura en Galego. Posteriormente o premio García Barros do ano 2009 coa súa terceira novela o que o

consagra entre os autores contemporáneos das nosas Letras.

Logo dunha breve introdución sobre os motivos que o levaron a creación da novela Un tipo listo o

propio autor deu paso a un diálogo cos seus lectores. Foron saíndo así temas como quen viña sendo o "tipo

listo" na novela, e como aínda que aparece na páxina 207 a seguinte afirmación: " máis de dous mil millóns

é unha cifra o suficientemente importante como para que calquera o cualifique hoxe coma un tipo listo", o

certo é que os lectores sabemos que este cualificativo ben se pode aplicar a outro personaxe, ben pode ser

un cualificativo cargado de ironía, como indicou o seu creador. Saíron tamén nas cuestións o sentido

irónico dos títulos e partes nas que está divida a novela e que fan aparentemente referencia a termos de

economía como: investimento, plusvalía ou auditoría interna que se deben aplicar as propias historias

vividas polos personaxes.

Dos valores que transmite a obra falouse do diñeiro que transforma e provoca verdadeiros

imprevistos e como hai momentos da nosa historia recente como o franquismo nos que a corruptela e o

desfalco estaban incrustados na sociedade e na "realidade do Sistema". Reflexionamos sobre personaxes

como Don Caetano, un home do réxime que "educa" a Manolo Cortizo como o seu verdadeiro "afillado",

traxectoria que imos descubrindo por boca do fillo deste a medida que a retrospección, recurso reiterado,

vai levando ao lector cara as raíces do proceder modélico do seu pai recentemente finado.

O Encontro con Xosé Monteagudo, como non podía ser doutro modo, rematou coa sinatura de

exemplares da obra editada por Galaxia e permitiu un último achegamento ao escritor antes de

despedirnos ata outra ocasión lembrando que un ex-alumno do San Narciso, dalgunha forma sempre ten

unha razón pola que volver ás aulas polas que pasou, porque segue sendo algo de seu, ou mesmo para

saudar aos seus vellos profesores e lembrar con certa nostalxia os tempos idos da impetuosa adolescencia.

Page 32: Chan do Monte dixital 0

POLO SAN XOÁN… por Mª Ángeles Calvar*

Aquela tardiña, véspera de San Xoán,

era un rebumbio na casa dos meus avós.

Comezaban as vacacións de verán, rematara a

escola, a familia xuntábase toda. Os rapaces

andabamos atrás dalgún grande que nos

levara polas corredoiras á procura das herbas.

A lista era longa, a ver, tedes que

buscar vós, de aquí collede folla de figueira,

de limoeiro, de laranxeira, de noceira e de

vide. E agora imos polo camiño da fonte, a

ver se atopámolo resto.

Miña avoa armábase de paciencia e

detrás dela íamos todos os netos, eu, a máis

vella, encabezada a expedición…

Mirade ben polos valos, subide aí a

ese muro, hai un chopo grandísimo para

botar no tellado da casa…

Os poenxos hainos que buscar onde anda a auga, por aí, por ese rego ha de haber…

A herbaluisa imos pedirlla á tía Amalia que ten unha árbore grande dela…

A carrasquiña atopábase no monte Caeiro, despois imos, hai que mirar ben nas pedras sempre está

pegada a elas, veredes o que cheira. ( Nós quedabamos parvos…)

A ruda e a malvarosa tena sempre siña Matilde, imos pedirlla!...

Aínda nos queda a menta e o mentraste, ese co que rascades na pel cando vos estrugades; e hai

outra que semella unha estruga, pero cheira moito a limón é a folla de limón.

Despois de facer “a ruta das herbas” por toda a aldea, chegabamos á

fonte que estaba ó lado da casa, e aí lavámolas ben naquel chorro de auga fría,

fría.

Xa ben limpiñas ían ó balde da auga que un home da casa subía á azotea ó serán,

ó resío.

Cando todo isto estaba listo viña sendo a hora de plantarlle lume á

fogueira.

Pingaban no pan…por San Xoán…

Deitabámonos tarde, había que lidar moito, cantar e saltar a fogueira…

Page 33: Chan do Monte dixital 0

De mañá miña avoa xa tiña o balde preparado no baño, ó lavarnos a cara cantaba:

“Coa aghuiña do cu lavámola cara por culpa do miniño e da mala ollada.

Coa aghuiña do cu lavámola cariña por culpa do miniño e da mala olladiña”.

Cantóunolo a min, ás miñas irmáns, ós meus curmáns, ós meus fillos…

* Mª Ángeles Calvar é profesora de Lingua e Literatura Española.

Page 34: Chan do Monte dixital 0

O CAMIÑO DE SANTIAGO, OUTRO SINAL DE IDENTIDADE

por Héctor Silveiro

O Camiño a Compostela é un fito relixioso de gran repercusión e transcendencia para o

mundo cristián. Roma ou Xerusalén comparten no Mundo católico con Santiago ser os centros

referenciais de grandes peregrinacións dende hai centos e centos de anos, de milleiros e

milleiros de persoas crentes que coma a auga dos ríos enchen co seu andar este camiño cara a

costa Atlántica a máis occidental de Europa.

Mais como quedou dito máis arriba, o Camiño é algo máis que un feito relixioso de

primeira magnitude é tamén un feito cultural que lle confire identidade á mesma Europa e que

nos sitúa aos galegos e a nosa terra ante o mundo diverso como un punto de encontro, un lugar

para andar e pensar, de chegada e de partida, tamén un lugar con carácter e identidade.

Para os milleiros de peregrinos que nos visitan Galicia, Compostela non hai máis que

unha, é a terra do Apóstolo, unha terra verde de montes, ríos e mar. Para moitos visitantes e

turistas é referente de sabores e gustos exquisitos en carnes e viños , en peixes e mariscos.

Todos eles admiran a fachada barroca do Obradoiro e marabíllanse ante a xoia do románico, o

Pórtico da Gloria, monumentos en pedra da nosa cultura. Son menos os camiñantes que reparan

na riqueza e frescura da nosa lingua, esencia monumental da nosa identidade, pero aí está nas

palabras que pronuncian ao percorrer o seu camiño: Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Lugo,

Melide, Lavacolla, Compostela e Fisterra. Pero tamén pode e debe ser un camiño que nós

mesmo sexamos quen de percorrer e valorar.

Andemos o camiño da nosa identidade!

PASADAS tódalas Francias por Ocitania ou Gascuña ou de París a Iruña xa diluídas distancias. A Aragón por Cataluña ou polo Norte por Son. En pasádalas Navarras as cadeas e as barras. Pasados León e Castela por Castela a León. En pasado Monte Irago e xa en Lingua de Galicia Ponferrada e Vilafranca deixando a chaira estanca e nas mesmas portas dela. O Valcarce e sin perguicia / as penas de garamela / apeitar para o Cebreiro polo marcado carreiro

Page 35: Chan do Monte dixital 0

que a neve volve vago. Encarar o porto incerto o longo cerengo aberto. A un lado i autro del todo o horizonte en vela os Ancares i o Courel. Pasada Triacastela do Iribio as faldras fago. E por Samos Sarria a Lugo. Oh Lugo a ti me adugo e solo por ti me arredo que ben mereces desandes! Ver a Ponte a antiga vía a Muralla a Catedral de Dona Santa María o Coro e o Grial. E ver fincadas rezar coma co antigo medo poñer a súa alma núa didiante dos Ollos Grandes. E despois de rodear de rodear e de estar que non se fai o Camiño solo para o rematar cruza e debruza no Miño: Portomarín sulo lago. Palas Melide Arzúa. E logo xa Compostela / Monxoi! Eoi! Ei Santiago! / e párame á vista dela mirar como eu o fago.

Uxío Novoneyra

Chegamos á fin da viaxe deste DECÁLOGO DA

ORIXINALIDADE NO CAMIÑO QUE NOS IDENTIFICA e que, como todos os camiños poden ser de

ida e de volta, mesmo non rematar nunca aquí queda para poder facer memoria. Unha viaxe a

través algúns dos fitos da nosa identidade eses que, sen lugar a dúbidas, nos fan orixinais aos

galegos e a Galicia.

Page 36: Chan do Monte dixital 0

ENTREVISTA A ANDREA*

por Lucía Pereira (1º ESO)

A modo de despedida escollemos de entre os que se van do centro a unha compañeira de 2º de Bacharelato e da Aula de Teatro. 1-¿Cómo te chamas? Andrea Rodríguez Cabanelas.

2-¿Que che gustou máis deste colexio? Os anos de primaria porque non hai tanto para estudar e hai máis actividades.

3-¿Que queres facer despois do colexio? Rematar o selectivo e despois maxisterio.

4-¿Que destacas máis da primaria? As excursións a Huelva e Cantabria e as actividades de xogo limpo.

5-¿E da secundaria? Actividades como teatro porque fas moitos compañeiros e amigos e perder clase ensaiando. É unha experiencia moi bonita que non se esquece.

6-¿Animarías a outras persoas para que participaran no teatro? Si.

7-¿Que recordos tes dos mestres? Dalgúns mellor que doutros. Dos de primaria mellor porque mandaban estudar menos e facían máis actividades e dos de secundaria peor porque rifaban máis.

8-¿E dos compañeiros? Vivimos moitas experiencias xuntos e algúns amigos, algúns quedaron atrás e é imposible esquecelos despois de todo.

9-¿Cal é o momento máis difícil polo que pasaches? O que estou vivindo agora porque é un momento decisivo e no que hai que estudar.

10-¿Se puideses quedarías máis anos neste colexio? Si, aínda que teño gañas de cambiar de vida, pero polo que din, o que me espera é máis difícil.

11-¿Por que te quedarías? Porque aínda que agora non valoremos o que fan os mestres e os nosos pais, nos axudan moito e agora só me queda independizarme.

*Andrea vén de aprobar o selectivo e agora está a piques de comezar unha nova da súa vida que desexamos de corazón, sexa feliz como o foi a súa estancia no noso centro.

Page 37: Chan do Monte dixital 0
Page 38: Chan do Monte dixital 0

NARCISO NA PROCURA DO EU

Vimos ao teatro a ver, porque a vida é mirar, unha mirada reflexiva que o

teatro reflicte como un espello. Un actor e un personaxe son realmente espellos de

nós mesmos.

Narciso é un dos mitos máis dramáticos da mitoloxía grega, un fermoso eco

das crenzas que había na antigüidade arredor do misterio da floración en primavera,

ese rexurdir cíclico das plantas.

Pero aquel Narciso foi medrando e acumulando simbolismos que nos levan a

reflexionar hoxe, sobre a propia evolución do “homo sapiens” coma un proceso de

coñecemento constante de si mesmo que tal vez nunca deberá culminar. O ser

humano debe superarse día a día sabéndose finito e limitado, nunha eterna procura

da súa identidade.

Falamos sobre a interioridade e a

autoestima, reflexionamos sobre o absurdo do EU

sen un NÓS. Por iso aparece Eco a carón de Narciso,

para evidenciar esa necesidade. O amor é unha das

mellores e máis habituais vías para explorar esa

proxección do eu nos demais.

Logo está o tema do espello, da imaxe que

de nós mesmos temos, ou do que de nós mesmos

descoñecemos, a pesar de mirarnos a ese espello

cada mañá.

Textos de Platón, Ovidio ou Cortázar e tamén o fermoso traballo

discográfico de Guadi Galego e Guillerme Fernández titulado ESPIDO,

contribuíron a dar forma a esta persoal e singular adaptación coral do

mito grego de ECO e NARCISO.

AULA DE TEATRO SAN NARCISO 09/10 Narcisos: Ángel Rodríguez, Noel Fandiño, Alejandro Roldán, Iván Santiago, Samuel Acuña, Manuel Moliner. Ecos: Paula García, Jessica Pastoriza, Andrea Rodríguez, Enma Moure, Sabrina Melgarejo, Jessica González. Coreografía: Ángeles Marín. Vídeos e voz en off: Adrián Davila, Raquel Devesa, Breogán Veiga, Flor Corvalán, Belén Diz e Sara Pereira coordinados por Darío Suárez. Luz e Son: José M. Lafuente, Rodrigo Bouzas, Marcos Fdez e Conchi Pérez. Dirección: Manuela Rodríguez e Héctor Silveiro.