certame fotografía. concello de dumbría

4
BASES CERTAME FOTOGRAFÍA “Dumbría, 12 olladas” Concello de Dumbría 1. Obxectivo: O certame de fotografía “Dumbría, 12 olladas” é unha actuación promovida polas Consellarías de Cultura e Turismo do Concello de Dumbría, que pretenden fomentar a participación da cidadanía no coñecemento e difusión de Dumbría a través da imaxe. Coas obras seleccionadas, confeccionarase un calendario para o ano 2.015, figurando nelas o nome do/a autor/a. Ademais, as fotografías participantes pasarán a formar parte do Banco de Imaxes Municipal, para poder ter unha memoria gráfica de Dumbría por temáticas, e poderán ser utilizadas para fins promocinais do Concello. 2. Participantes: Poderá participar calquera persoa física, autor/a do tipo de obras que cumpran coas condicións establecidas nas Bases da presente Convocatoria de Premios. Se os promotores deste certame, se decatan de que hai usuarios con perfís falsos votando ou participando, serán expulsados do certame. 3. Temática: O certame versará sobre varias temáticas; de feito, cada mes responderá a unha temática en concreto. Xaneiro: DumbríaéAuga Febreiro: DumbríaéVerde Marzo: DumbríaéCultura Abril: DumbríaéB/N* Maio: DumbríaéCamiño Xuño: DumbríaéDeporte Xullo: DumbríaéSolpor Agosto: DumbríaéÚnica Setembro: DumbríaéTradición Outubro: DumbríaéArquitectura Novembro: DumbríéPedra Decembro: DumbríéNadal *No caso concreto de DumbríaéB/N, trátase de obter fotografías en Branco e Negro, fotografías antigas do Concello, da súa xente, de oficios, de todo o relacionado coa historia de Dumbría. O ideal sería que fosen escaneadas, de non ser así, nun principio aceptaranse fotografadas co móbil ou cámara. Pero posteriormente, de seren aceptadas a certame deberán

Upload: ayuntamiento-de-dumbria-concello-de-dumbria

Post on 12-Jul-2015

399 views

Category:

Marketing


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Certame fotografía. concello de dumbría

BASES CERTAME FOTOGRAFÍA

“Dumbría, 12 olladas”

Concello de Dumbría

1. Obxectivo:

O certame de fotografía “Dumbría, 12 olladas” é unha actuación promovida polas Consellarías

de Cultura e Turismo do Concello de Dumbría, que pretenden fomentar a participación da

cidadanía no coñecemento e difusión de Dumbría a través da imaxe.

Coas obras seleccionadas, confeccionarase un calendario para o ano 2.015, figurando nelas o

nome do/a autor/a.

Ademais, as fotografías participantes pasarán a formar parte do Banco de Imaxes Municipal,

para poder ter unha memoria gráfica de Dumbría por temáticas, e poderán ser utilizadas para

fins promocinais do Concello.

2. Participantes:

Poderá participar calquera persoa física, autor/a do tipo de obras que cumpran coas

condicións establecidas nas Bases da presente Convocatoria de Premios.

Se os promotores deste certame, se decatan de que hai usuarios con perfís falsos votando ou

participando, serán expulsados do certame.

3. Temática:

O certame versará sobre varias temáticas; de feito, cada mes responderá a unha temática en

concreto.

Xaneiro: DumbríaéAuga

Febreiro: DumbríaéVerde

Marzo: DumbríaéCultura

Abril: DumbríaéB/N*

Maio: DumbríaéCamiño

Xuño: DumbríaéDeporte

Xullo: DumbríaéSolpor

Agosto: DumbríaéÚnica

Setembro: DumbríaéTradición

Outubro: DumbríaéArquitectura

Novembro: DumbríéPedra

Decembro: DumbríéNadal

*No caso concreto de DumbríaéB/N, trátase de obter fotografías en Branco e Negro,

fotografías antigas do Concello, da súa xente, de oficios, de todo o relacionado coa historia de

Dumbría. O ideal sería que fosen escaneadas, de non ser así, nun principio aceptaranse

fotografadas co móbil ou cámara. Pero posteriormente, de seren aceptadas a certame deberán

Page 2: Certame fotografía. concello de dumbría

ser entregadas co fin de que o Concello as poida escanear e, posteriormente serán devoltas aos

seus propietarios.

4. Número de obras:

Esta Convocatoria de Premios configúrase en 12 fases, que coinciden cos 12 meses do ano.

Cada participante poderá presentar un máximo de 3 obras por cada fase do certame,

realizadas en cor ou en branco e negro. Deberán ser orixinais e inéditas; non se admitirán

obras que foran premiadas noutros certames ou exhibidas publicamente.

5. Limitacións técnicas:

As fotografías non poderán ser alteradas electronicamente nin por calquera outro medio, non

aceptándose fotomontaxes. Unicamente se permitirán correccións de cor ou luminosidade.

6. Criterios de valoración das obras.

Non se aceptarán imaxes que non reúnan un mínimo de calidade ou con contidos contrarios á

legalidade vixente. O xurado valorará a idea expresada pola obra, respecto aos obxectivos do

certame, así como a expresión artística da mesma, a súa calidade e orixinalidade.

7. Condicións de presentación das obras:

As obras soamente se poderán presentar a través de correo electrónico, cumprimentado unha

serie de datos de autor e obra: nome e apelidos do/a autor/a, teléfono de contacto, título da

obra. Achegar a obra en cuestión como arquivo adxunto e, o asunto do correo electrónico

deberá ser: “Dumbría, 12 olladas”.

Dirección de correo electrónico: [email protected]

Asunto: “Dumbría, 12 olladas”.

Datos: nome e apelidos do/a autor/a, teléfono de contacto e título da obra.

Arquivo adxunto: fotografía (máximo de 3 por temática e autor).

Poderán ser fotografías feitas con móbil, cámara ou outro dispositivo, pero deberán ser

entregadas telematicamente en soporte dixital.

Posteriormente, as obras que cumpran os requisitos pasarán a ser expostas nas carpetas de

imaxes da páxina oficial de facebook do Concello de Dumbría, para seren votadas.

Page 3: Certame fotografía. concello de dumbría

8. Prazo de presentación das fotografías a certame:

Soamente serán aceptadas as obras que cumpran o apartado 7 das Bases. Os prazos límite de

presentación das obras para cada fase son:

DumbríaéAuga: ata o 15 de febreiro.

DumbríaéVerde: 16 febreiro – 15

marzo.

DumbríaéCultura: 16 marzo – 15 abril.

DumbríaéB/N: 16 abril – 15 maio.

DumbríaéCamiño: 16 maio – 15 xuño.

DumbríaéDeporte : 16 xuño – 15 xullo.

DumbríaéSolpor: 16 xullo – 15 agosto.

DumbríaéÚnica: 16 agosto – 15

setembro.

DumbríaéTradición: 16 setembro – 15

outubro.

DumbríaéArquitectura: 16 outubro – 15

novembro.

DumbráéPedra: 16 novembro – 15

decembro.

DumbríaéNadal: 16 decembro – 15

xaneiro 2015.

9. Código ético:

Prohibicións:

A captación da imaxe (recoñecible) dunha persoa, salvo consentimento expreso e por

escrito desa persoa.

A persoa retratada aparece en situación pouco decorosa, se podería danar a súa honra

ou dignidade, polo que se infrinxiría o artigo 18.1 da Constitución: “Se garantiza el

derecho al honor, a la intimidad personal y familiar y a la propia imagen”.

A Lei de Protección do Menor (Ley 1/96) determina que o interese do menor prevalece

en tódolos casos, polo que se considera intromisión ilexítima calquera imaxe que poida

prexudicar a súa reputación ou honra, aínda que exista consentimento del ou do seu

representante legal.

Non poderán ser fotografías obscenas, violentas ou que incumpran a Lei de Dereitos

Humanos.

10. Votación:

A votación efectuarase a través de facebook. Os usuarios votarán pola fotografía que estimen

para cada fase pinchando en “ME GUSTA”, dentro do prazo de dita fase.

A fotografía que obteña máis votos (máis “me gusta”) será a gañadora de cada fase. En caso de

empate, ambas obras compartirán mes do calendario e recibirán o seu premio.

Page 4: Certame fotografía. concello de dumbría

11. Premios:

A fotografía gañadora dentro de cada temática, cada fase, será aquela que acade máis “me

gusta” e, en caso de empate, compartirán mes de calendario. É dicir, haberá 12 premios no

tempo que dure o certame, agás no caso de empate que haberá un para cada gañador da fase.

Contactarase cos premiados a través do correo electrónico facilitado á hora de enviar a

fotografía a participar no certame. Ademais, publicaranse os gañadores de cada fase na páxina

oficial de facebook do Concello de Dumbría, dentro dos 7 días posteriores á finalización do

correspondente prazo de admisión de obras.

Outorgaranse un premio por fase, a menos de que exista empate. O premio consistirá en: pack

Dumbría Llevátela, camiseta Eu Subino, unha taza da Fervenza do Ézaro e un exemplar do

calendario 2.015 onde aparecerá a súa obra.

13. Consultas:

Para a aclaración de calquera dúbida respecto ao certame poderán facelo mediante correo

electrónico dirixido a:

Dirección de correo electrónico: [email protected]

Asunto: Consulta “Dumbría, 12 olladas”.

14. Consideracións xerais:

A participación na convocatoria significa a plena aceptación das Bases do mesmo. Os requisitos

técnicos e administrativos que regulan os aspectos de participación na presente Convocatoria

de Premios deberán respectarse, de non ser así, suporá a inadmisión do participante no

certame.

Dumbría, a 17 de xaneiro de 2.014