celestino pardellas de blas · a debaixo da figueira. cíclope se chamaba o barco o comandante don...

6
CELESTINO PARDELLAS DE BLAS Nado en Pontevedra, é profesor de E.X.B. no Colexio Rosalía de Castro de O Grove. Ten realizado varios traballos de investigación sobre aspectos da cul- tura popular, centrándose principal- mente na Illa de Ons (Pontevedra), sobre a que ten publicado máis de 40 artigos xornalísticos. É vicepresidente da Asociación “Amigos da Illa de Ons”, adicada a temas culturais e de investiga- ción.

Upload: others

Post on 28-Oct-2020

9 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CELESTINO PARDELLAS DE BLAS · A debaixo da figueira. Cíclope se chamaba o barco O Comandante Don Juan O Segundo Don Modesto E o Terceiro o Capitán. Despois de escoitar as coplas

CELESTINO PARDELLAS DE BLAS

Nado en Pontevedra, é profesor de

E.X.B. no Colexio Rosalía de Castro de

O Grove. Ten realizado varios traballos

de investigación sobre aspectos da cul-

tura popular, centrándose principal-

mente na Illa de Ons (Pontevedra),

sobre a que ten publicado máis de 40

artigos xornalísticos. É vicepresidente

da Asociación “Amigos da Illa de Ons”,

adicada a temas culturais e de investiga-

ción.

Page 2: CELESTINO PARDELLAS DE BLAS · A debaixo da figueira. Cíclope se chamaba o barco O Comandante Don Juan O Segundo Don Modesto E o Terceiro o Capitán. Despois de escoitar as coplas

37~

Por mor das numerosasinvasións que sufríu ólongo dos séculos, a

Illa de Ons, situada á entradada Ría de Pontevedra e enplena Ruta Xacobea Marítima,pasou moito tempo despoboa-da, motivo polo que, cando en1810 a Xunta Provincial deArmamento decide fortificalae construír unhas bateríaspara defende-la entrada da ría,esta atopábase baleira.

Inda que a totalidade dasobras non chegaron a rematar-se por mor da falla de presu-posto, os traballadores que alíacudiron deciden instalarsenela e traer as súas familias,pois non había atranco nin-

Estas primeiras corenta fami-lias pertencentes a distintospuntos da costa cercana(Pen ínsu l a s do Sa lnés ,Morrazo e Barbanza.), van aaportar á nova comunidade os

gún para dispoñer dunhasterras baldeiras, moi producti-vas e contando que as augasque a bañan eran ricas enmaterias primas: peixe, maris-co e sobre todo polbo.

As coplas

dentro do cancioneiro

da illa de Ons

Celestino Pardellas de Blas

MÚSICA POPULAR

O Faro da illa de Ons

Page 3: CELESTINO PARDELLAS DE BLAS · A debaixo da figueira. Cíclope se chamaba o barco O Comandante Don Juan O Segundo Don Modesto E o Terceiro o Capitán. Despois de escoitar as coplas

38~

particulares costumes da súazona de procedencia que logomesturados e sumados coaillamento e o abandono insti-tucional sufridos nos cásequedous séculos ata os nososdías, trouxo o nacementodunha riquísima cultura popu-lar que, polas súas característi-cas sociais, antropolóxicas,arquitectónicas,..., a conside-raron a Comunidade Etno-gráfico-Mariñeira máis impor-tante do litoral galego.

Pero, se unha das principaiscausas do nacemento desaúnica e rica cultura foi o ailla-mento sufrido, tamén é certo,agás raros e excepcionais tra-

ballos, que por mor das difi-cultades de comunicación eacceso, pola falla de infraes-tructura e o remisos que erancoas poucas persoas que ataalí se achegaban, non come-zou a estudiarse ata finais dosanos setenta, anos nos que xaera total a diáspora veciñalcara terra na procura dunmellor xeito de vida; moi

influenciados polos mediosde comunicación, coa chega-da dos primeiros turistas;... ;nunha cultura moi duramenteconquerida ó longo de dousséculos, está a piques do seuesnaquizamento.

Hoxe non atopamos en Onsquen nos fale do sacro Buracodo Inferno, da Santa Com-paña, dos numerosos naufra-xios ocurridos, dos malosollos, do trasno, dos encanta-mentos, das meigas, doemprego da máis pura medici-ña popular,..., nin escoitare-mos as peculiares coplas óson do pandeiro coas que,argalladas por eles mesmos e

con mínima influencia exte-rior, crearon un feiticeiroCancioneiro Popular.

Cando a partires de 1980comezaron a chegar a Onspersoas con desexo de coñe-cer e investigar esta singularcultura, repararon moito enaspectos de doado estudiocoma os arquitectónicos, eco-

nómicos, pesqueiros e mesmoos relativos ás relacións coaadministración. A carón delesos ecoloxistas que miraban aOns só dende o punto de vistanatural, deixando de ladotodos os aspectos Antropo-lóxico-Etnográficos que eranos que estaban a piques dedesaparecer.

Este foi o motivo de que nin-guén se parara no seu atracti-vo cancioneiro, repleto decoplas que nos falan da súavida, dos seus amores, das loi-tas entre barrios, de fortesdesafíos, de sucesos,...

A raíz dun traballo sobre osnaufraxios acaecidos nasaugas illáns, tiven o primeirocontacto co seu cancioneiro.Contábanme a perda doremolcador da armada “Cíclo-pe” quen encallara nos ban-cos da cercana Illa de Onza.Din que os illáns tentaronachegarse a el, pero foronrexeitados polos soldados quedeixaran de garda na pequenaIlla. A raíz do lance armáronllea copla:

O Cíclope viña de fóraCun barco coma unha eiraE a onde foi a encallarA debaixo da figueira.

Cíclope se chamaba o barco O Comandante Don JuanO Segundo Don ModestoE o Terceiro o Capitán.

Despois de escoitar as coplasdo Cíclope, preguntei se eranun caso illado ou se perten-

A Virxe do Carmo o día da festa.

Page 4: CELESTINO PARDELLAS DE BLAS · A debaixo da figueira. Cíclope se chamaba o barco O Comandante Don Juan O Segundo Don Modesto E o Terceiro o Capitán. Despois de escoitar as coplas

39~

cían a un costume. Explicá-ronme que hoxe hai aparatospara escoitar música e bailar,pero antes o único xeito dedivertirse era toca-lo pandei-ro, bailar e cantar coplas.

Cada barrio tiña os seu coplei-ros que as argallaban durantea semana para logo, durantesos labores agrícolas, pesquei-

ros e mesmo nas tabernas,aprendelas os demais e saír oSábado e Domingo cantalas enCurro (barrio onde se atopanos bares e onde se reunían osmozos e mozas para bailar ecantar), e alí empezaba edesenrolábase a foilada.

Polo normal principiábasecantando algún feito, evento

ou incidente acontecido nasemana ou cantigas xa coñeci-das, para logo de vagar irmeténdose en fonduras epasar a coplas de amor, loitaentre pandillas, desafío mozas-mozos, e mesmo entre rapa-ces de distintos barrios.

Empregábase indistintamenteo galego e o castelán, mestu-rándoo ás veces para facercoincidi-la rima.

Tal era a afección ás coplas,que para integrarse non feste-xos e poder ter algunha posi-bilidade coas mozas illáns, osmariñeiros doutros lados ouobreiros que na Illa se atopa-ban, tamén preparaban assúas coplas. Así foi o caso dosobreiros que viñeran a arran-xa-lo Faro e que prendidos dabeleza das rapazas illáns, ómarchar cantaba:

Adiós Illa de OnsCon ventanas e vidreirasNon me pesa de máis nada Só das mozas solteiras...

A la salida del muelle Has mirado para atrásAdiós querida del almaYa no te vuelvo a ver más.

Os Sábados as festas armában-se ó son do pandeiro, ondeescomenzaban os eternosdesafíos entre rapaces e rapa-zas:

Desafío, desafío,

Desafío de cuchillo,

Nunca fun a desafío

Contigo cara de grilo.

Os de CANEXOL

Cando van co gando

Espichan a vara

E bailan o tango...

Page 5: CELESTINO PARDELLAS DE BLAS · A debaixo da figueira. Cíclope se chamaba o barco O Comandante Don Juan O Segundo Don Modesto E o Terceiro o Capitán. Despois de escoitar as coplas

40~

Desafío, desafío,Desafío de cuchillo,Nunca fun a desafíoContigo cara de grilo.

Para que te quero euMiña viña vendimadaPara que te quero eu Si non me vales pa nada.

Queres que te queiran E que che teñan cariñoSe me acaban de dicirQue na túa casa chora oniño.

Anda de ti velentónPresenta tu valentíaAunque soy muchachajovenTambién presento la mía...

Moitas veces xuntábansemozas e mozos dun mesmobarrio contra os doutro:

As gaivotas vento en chuviaOs galos mariños ventoAs mociñas do CUCORNOTodas van para un convento.

Moza que estás na ventáCa punta do pano fóraEu a cara non che vexo O pano xa me namora.

Petei na túa porta Para ver se estabas no fornoA ladra da túa nai Meteume un pau polo ollo.

Hoxe é día do meu santo E te quixera convidarPero ó mirar que son pobreMe mete con calar...

Hainas que falan de incidentese problemáticas. Pasou na Illaque a principios dos anossetenta soltara o ICONA unscabalos para que se desenvol-veran de xeito salvaxe. Osveciños pronto armaron unhaboa xa que os cabalos ían ássúas fincas e destrozaban todoo sembrado. O ICONA veusena obriga de paga-los danos eretira-los cabalos.

Cando nos anos oitenta ungarda forestal tentou traer á

Os de CANEXOLCando van co gandoEspichan a vara E bailan o tango...

Non faltaban as adicadas áVirxe do Carme e ó seupatrón San Xoaquín e que can-taban os días da festa patronal:

Catorce voltas fixemosPara cruza-lo CentuloE quixo a virxe do CarmeQue nos ven traer a Curro.

Esta illaña galegaDefensa da nosa ríaE devota de San Xoaquín O pai da Virxe María...

Merece un apartado importan-te as coplas adicadas ós amo-res e ós problemas que estestraen ós noivos:

En el medio de la mar En el medio de la ríaEn el medio de la marNavega una prenda mía.

Os traballadores

que alí acudiron

deciden instalarse

nela e traer

as súas familias,

pois non había

atranco ningún

para dispoñer dunhas

terras baldeiras,

moi productivas.

Page 6: CELESTINO PARDELLAS DE BLAS · A debaixo da figueira. Cíclope se chamaba o barco O Comandante Don Juan O Segundo Don Modesto E o Terceiro o Capitán. Despois de escoitar as coplas

41~

Por riba do Monte Louro...

Non faltan as coplas eróticascreadas polos mariñeiros paracantar entre eles:As rapaciñas de agoraCando van a namorarBotan a man ó gatollo E xa queren disparar.

Arrastrácheme o cu polaspallas

E fixécheme a cama no chanE mollácheme a birbirichiñaQue a tiña sequiña doverán...

Hoxe o cancioneiro da Illa deOns está cáseque perdido,cóntanse cos dedos dunhaman as persoas que nospodan achegar a ese rico fol-clore que hai vinte anos indaestaba vivo. De tódolos xeitosinda hai esperanzas, gracias áiniciativa da Asociación deVeciños que tenta recopilar ascoplas e animar ás veciñas demáis idade para que as ense-ñen ós máis novos, xunto coseu toque peculiar do pandei-ro.

Co paso do tempo e a medidaque tiveron embarcacións amotor coas que achegarse avender ás lonxas, foron apren-dendo novas coplas escoita-das nos bares e tabernas dosportos pesqueiros, que logomesturábanse coas illáns oucambiaban algunha das pala-bras para axeitalas á Illa. Tal éo caso de:

Os mariñeiros da Illa Pescan ben o calamarDespois das maruxíasOs collen a reventar.

Vexo Curro, vexo Caño,Tamén vexo Canexol,Vexo as mozas dende o faroQue andan ó mexillón.

Andas de arriba para abai-xoAndas buscando mullerAndas polo moito moitoQuen ten moito non te quer,

Santo Cristo de FisterraTen o carallo de ouroPara lle maxar ós de Muros

Illa un cabalo para os seus des-prazamentos, os veciños, queinda tiñan un mal recordodaquela, non llo deixarondesembarcar, e a raíz deloarmouse a copla:

Ese cabalo é teuBorregón telo mandouNesta Illa de Ons O cabalo non saltou.

O Garda co seu cabaloNa Illa tentou saltarEsperando no muelle esta-mosPara facelo recuar...

Outras coplas recordan o pasodalgúns veciños polo Frentedo Ebro na Guerra Civil. Ó virarmaban algunha copla:

Ó cruza-lo ríoCostou un carallóCostou un carallóCostou un carallóEstaba la PasionariaÓ outro ladó,Ó outro ladó,Ó outro ladó...

Hainas que se encargan deairear algún defectiño dunveciño:

Ten unhas orellas Coma abanicosQue polo verán Espantan os mosquitos...

Os adiantos tamén chegaron á illa.