catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. un día atopa na praia unha caixa...

36
Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017

Upload: others

Post on 24-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

Catálogo de literatura infantil e xuvenil

2017

Page 2: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso
Page 3: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

Presentación 3

Infantil 7

SERIE AMARELA 7

SERIE MORADA 11

SERIE LARANXA 15

Infantil/Xuvenil 19

SERIE AZUL 19

Xuvenil 23

Web e Redes sociais 27

Temas e valores 28

Índice de títulos 30

Índice

Page 4: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso
Page 5: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

Moitos libros foron publicados, e lidos, desde que a editorial Santillana, hai máis de 30 anos, achegase a mellor literatura ás escolas para ofrecer unha inesquecible colección que nos permitiu convivir con títulos e con personaxes que chegaron a formar parte das nosas vidas.

Grazas a eles, e á tarefa conxunta de grandes profesionais do sector editorial e educativo, foi posible que miles de nenos e mozos tivesen as súas primeiras experiencias lectoras e vivisen indescritibles e fantásti-cas aventuras.

Sobre estes sólidos fundamentos constrúese , o novo selo de literatura infantil e xuvenil de Santillana/Obradoiro. Un proxecto que aposta pola calidade literaria e o compromiso, a inclusión, a diversión, a reflexión, a creación e a recreación de universos imaxinarios.

Comezamos un ilusionante proxecto. Nesta etapa, viviremos sucesos que pasarán á historia e, en moitos casos, servirán de inspiración para grandes relatos que serán contados coma sempre, e tamén coma nun-ca, grazas á aparición de novas narrativas, soportes e formas de rela-cionarse coa lectura e cos demais lectores. Relatos que terán cabida no noso catálogo, en que, ademais de autores e ilustradores consagrados, daremos voz a novos talentos do panorama literario infantil e xuvenil.

Convidámosvos a viaxar por esta nova colección que ofrece obras, xé-neros e temáticas para os lectores de hoxe e de mañá. Esperamos que nenos, mozos, profesores e familias encontren o libro que buscan, o que desexan, o que foi escrito para eles.

Equipo Oqueleo

Son

Page 6: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

54

cto

r C

aja

rav

ille

Pa

ula

Ca

rba

lle

ira

Mic

ha

el

En

de

Ro

ald

Da

hl

Ma

ría

Ca

no

sa

Xo

an

Ba

ba

rro

Page 7: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

54

mantén un fondo de clásicos da litera-tura infantil e xuvenil e abre o catálogo aos novos talentos.

Os mellores autores en galego e os autores in-ternacionais máis destacados traducidos, per-sonaxes entrañables e títulos inesquecibles, aos que se irán sumando todas as novidades co máis actual da creación literaria en galego.

Ma

nu

el

ñe

z S

ing

ala

Glo

ria

nc

he

z

Ma

ric

a C

am

po

Xa

bie

r P

. Do

Ca

mp

o

Su

san

E. H

into

n

Page 8: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

76

Page 9: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

76

InfantilO lector que xogaO neno nesta idade non é tanto un lector senón un es-pectador que xoga. Participa do mundo fantástico que le e alí encóntrase con retos propios do seu universo. Enfróntase a medos, desexos, alegrías, desde a distan-cia segura que lle permite observalos mentres aprende a manexalos, tal e como fai cando xoga no seu día a día.

O lector que xoga coñece ben en que consiste o marco dunha historia, e avanza paulatinamente en aspectos como a fluidez, a comprensión e a posibilidade de vi-sualizar a trama na súa mente.

O libroComo o lector probablemente estea investindo aínda a súa enerxía en perfeccionar a lectura como proceso de decodificación, necesita libros que sexan breves, áxiles, divertidos e cargados de sentido, que formen unha ponte entre as primeiras lecturas e as que están por vir.

Estes libros teñen unha gran cantidade de imaxes que apoian o texto. A estrutura dos enunciados é simple e os parágrafos adoitan ser breves.

SERIE AMARELA [+6]

Page 10: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

98

Infantil

Ilustradora: Teresa Bellón

ISBN: 978-84-16834-97-6

N.º de páxinas: 48

Formato: 13,5 x 20

Xénero: Narrativa

Temas: Creatividade, fantasía

Valores: Liberdade, responsabilidade

A vaca dixo muaGloria Sánchez

As vogais desapareceron das palabras, dos libros… A xente non se entende, por iso todos andan enfurruñados e tristeiros. Eira, unha nena da aldea, sae na súa busca. Vai lograr o seu obxectivo grazas á axuda de quen menos o espera: unha vaca moi, moi pesada.

Unha historia de letras e de bicos. O apego e as palabras van da man.

Page 11: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

98

SERIE AMARELA

Un baúl cheo de piratasAna Rossetti

No faiado hai un vello baúl cheo de cousas inútiles. Pero Chus, Cris, Toño, Gabi e Manu usarán a súa imaxinación para convertelo nun barco pirata e vivir unha estupenda aventura nos mares do Sur da illa do tesouro.

Abre a porta do baúl, vive coma un pirata e suca os mares do Sur.

Ilustrador: Alfonso Gómez

ISBN: 978-84-16834-00-6

N.º de páxinas: 64

Formato: 13,5 x 20

Xénero: Narrativa

Temas: Aventura, fantasía

Valores: Amizade, convivencia

Nube de neveXabier P. DoCampo

Oria agacha no conxelador da súa casa o segredo das nevaradas. Rouboulle ao ceo unha gran nube de neve para poder dispoñer das folerpas ao seu antollo. Poderá Oria vestir de neve os días de sol?

Acompaña a Oria nesta aventura e aprende a canda ela a amar e a respectar a natureza.

Ilustrador: Xosé Cobas

ISBN: 978-84-16834-60-0

N.º de páxinas: 48

Formato: 13,5 x 20

Xénero: Narrativa

Temas: Ecoloxía, creatividade

Valores: Responsabilidade, convivencia

Page 12: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

1110

Page 13: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

1110

InfantilO lector como protagonistaO lector desta idade ten a necesidade de verse reflecti-do nos personaxes valentes, capaces e autosuficientes que sempre encontran algunha maneira enxeñosa de resolver os conflitos. As historias adoitan suceder nun mundo máis organizado e menos ambiguo e perigoso ca o real para permitir as fuxidas e as aventuras ás que moitas veces se enfrontan os personaxes.

A esta idade, len con máis fluidez e son quen de se co-rrixir a si mesmos se notan que se equivocan. Contan cun vocabulario máis amplo, len textos máis extensos e utilizan a lectura como ferramenta de aprendizaxe. Imitan os hábitos de lectura dos que os rodean. Isto é de especial importancia, xa que é tamén nesta idade cando algúns lectores comezan a tomar certa distancia dos libros.

O libroAventuras, humor e personaxes emprendedores e autosuficientes inundan as páxinas dos libros desta serie. As historias conteñen moita acción, os enuncia-dos adoitan ser máis complexos, pero os parágrafos seguen sendo breves.

Os lectores serán partícipes de grandes aventuras, so-merxeranse en mundos incribles, rirán ás gargalladas, pasarán medo…

SERIE MORADA [+8]

Page 14: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

1312

Infantil

Bruxa e familiaPaula Carballeira

Poucas persoas saben os verdadeiros nomes das bruxas. Poucas persoas se atreven a descubrir os seus segredos. Este libro é para esas poucas persoas, as que escollen os camiños escuros, as que buscan os enigmas, as que non foxen das arañas, as que non lle teñen medo ao descoñecido, senón que queren coñecelo.

As pequenas grandes cousas nas que nin reparamos ás veces agroman nestas historias para intentar comprender o mundo que nos rodea, con toda a súa complexidade e beleza.

Ilustradora: Lucía Cobo

ISBN: 978-84-16834-36-5

N.º de páxinas: 136

Formato: 13,5 x 20

Xénero: Narrativa

Temas: Ecoloxía, fantasía

Valores: Autoestima, respecto

O que nunca che contaronMaría Canosa e Kike Gómez

Cres que as ideas se acenden coma lámpadas, sen máis? Nunca te preguntaches por que o solpor pode ter tantas cores como imaxines? Miraches ben o ceo pola noite e non es quen de ver o po de estrelas? Quen inventou o baile das bolboretas? E... de onde sacan a inspiración os magos? Despois de descubrir os segredos que gardan estas páxinas non volverás mirar ao teu redor do mesmo xeito.

Seis historias que che abrirán os ollos e as portas da maxia e da ilusión, coma o mellor dos cofres dos tesouros.

Ilustrador: Dani Padrón

ISBN: 978-84-16834-80-8

N.º de páxinas: 96

Formato: 13,5 x 20

Xénero: Narrativa

Temas: Ecoloxía, fantasía

Valores: Entendemento, paz

Page 15: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

1312

SERIE MORADA

A bruxiña da sorteConcha Blanco

Lúa, a bruxiña da sorte, chega ao escaparate da tenda de regalos de Tomé. Alí faise amiga de Cuqui, o reloxo espertador que adora as historias dos libros; de Mina, a bolboreta única da súa especie que devece por saber como é a vida en liberdade; e tamén de Pax, o cabaliño do demo namorado. Grazas ás fórmulas máxicas de Lúa, todos verán cumpridos os seus soños.

A satisfacción é inmensa cando se consegue un obxectivo despois de salvar atrancos.

Ilustrador: Xosé Cobas

ISBN: 978-84-16834-02-0

N.º de páxinas: 104

Formato: 13,5 x 20

Xénero: Narrativa

Temas: Aventura, fantasía

Valores: Amizade, bondade

Dez piratasGloria Sánchez

Eran dez piratas, os máis feos, os máis brutos, os máis malos, os máis sucios, que saíron do peirao un día en busca dun tesouro. Pero polo camiño, un detrás doutro van desaparecendo ata que só queda...

Rimas cheas de humor e enxeño que nos mostran o lado máis cómico da poesía.

Ilustradora: Montse Gisbert

ISBN: 978-84-16834-01-3

N.º de páxinas: 80

Formato: 13,5 x 20

Xénero: Poesía

Temas: Aventura, humor

Valores: Compañeirismo, responsabilidade

Page 16: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

1514

Page 17: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

1514

InfantilO lector independenteO lector desta idade xa sabe ler, non só en silencio com-prendendo o que le, senón que pode utilizar a lectura para diversos fins, investigar palabras que non coñece e axustar o seu ritmo e as súas estratexias de lectura de-pendendo do texto a que lle estea dedicando atención. É quen de ler textos máis longos e complicados estru-turalmente, visualizar a trama sen axuda de imaxes e recoñecer e seguir certas sutilezas dos textos.

Le sobre temas, personaxes e lugares que xa non lle son familiares e empeza a desenvolver tamén un inte-rese especial en asuntos sociais e culturais. Isto abre a porta a unha gran cantidade de material de lectura que antes quedaba fóra do seu alcance.

O libroAparecen tramas cheas de intriga, personaxes extrava-gantes, experiencias de crecemento e tamén de moito humor. Libros emocionantes que manterán moitos lec-tores en vela.

SERIE LARANXA [+10]

Page 18: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

1716

Infantil

KibukoXavier Estévez

Sara ten unha fonda tristura acubillada no seu corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso xogo.

Por outro lado, Kibuko é un monstro que tenta salvar o seu mundo máxico. E ten un plan…

Unha historia de misterio e de amizade que transporta o lector a un mundo de fantasía.

Ilustración de cuberta: Elena Hormiga

ISBN: 978-84-16834-38-9

N.º de páxinas: 136

Formato: 13,5 x 20

Xénero: Narrativa

Temas: Fantasía, imaxinación

Valores: Autoestima, familia

Hilario e os tres medosXoán Babarro

Medo aos médicos, medo aos compañeiros, medo a ela mesma… Son os tres pesadelos cos que se ten que enfrontar Abeba.

Para tal misión, conta coa tatuaxe que lle grava no pulso a súa amiga Lola. E que papel desempeñará Hilario?

O acoso escolar, a amizade, o afecto, a morte… Mergúllate nesta historia e visita as terras de Ibias para coñecer a orixe do bastón dunha meteoróloga.

Ilustración de cuberta: Iria Fafián

ISBN: 978-84-16834-20-4

N.º de páxinas: 128

Formato: 13,5 x 20

Xénero: Narrativa

Temas: Acoso escolar, imaxinación

Valores: Amizade, autoestima

Page 19: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

1716

SERIE LARANXA

O NicolasiñoGoscinny-Sempé

O Nicolasiño pásao en grande no colexio cos seus amigos Alcestes, Agnan, Eudes, Clotario, Godofredo, Rufo, Xoaquín e Maxencio. Sempre está disposto a armar leas. Pero non todo vai ser felicidade: achégase o día da entrega das notas!

A diversión está garantida co Nicolasiño.

Ilustrador: Sempé

ISBN: 978-84-16834-03-7

N.º de páxinas: 216

Formato: 13,5 x 20

Xénero: Narrativa

Temas: Aventura, humor

Valores: Amizade, convivencia

As vacacións do NicolasiñoGoscinny-Sempé

Nicolás e os seus compañeiros sobreviviron ao curso escolar e felices e contentos sepáranse para iniciar as vacacións. Incluso, contra todo prognóstico, Nicolás foi merecedor dun premio: o da Elocuencia.

Vive co Nicolasiño unhas delirantes vacacións cheas de sorpresas!

Ilustrador: Sempé

ISBN: 978-84-16834-04-4

N.º de páxinas: 216

Formato: 13,5 x 20

Xénero: Narrativa

Temas: Aventura, humor

Valores: Amizade, convivencia

Os recreos do NicolasiñoGoscinny-Sempé

A Nicolás e aos seus amigos o son da campá cando chega a hora do recreo sóalles a música celestial. E é que por fin poden poñer en práctica todo o que lles pasou pola cabeza durante a clase. No patio do colexio pelexan, comen bolos, xogan ao fútbol... Todo sería perfecto se non fose polo seu vixilante «o Caldolimpo»!

Sae ao recreo e prepárate para vivir toda clase de aventuras.

Ilustrador: Sempé

ISBN: 978-84-16834-20-4

N.º de páxinas: 192

Formato: 13,5 x 20

Xénero: Narrativa

Temas: Aventura, humor

Valores: Amizade, convivencia

Page 20: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

1918

Page 21: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

1918

Infantil/XuvenilO lector que reflexionaSomerxidos na adolescencia, os lectores afianzan certas habilidades lectoras. Non obstante, o máis fascinante desta etapa é que, ademais de poderen transmitir unha visión obxectiva do que len, comezan a formar unha opi-nión persoal sobre o que se le e a encontrar argumentos que o xustifiquen.

As lecturas que realicen a partir deste momento non só serán un mero entretemento, senón que lles servirán de pretexto para reflexionar e para tomar unha postu-ra ante o que sucede non unicamente no libro, senón no mundo.

O libroOs libros falan de inxustizas sociais, conflitos bélicos, situacións moralmente complexas. A razón de que estes temas abunden é que os adolescentes están ávidos de se desenvolver e de experimentar moito do que hai no mundo que os arrodea. Os libros deben satisfacer este desexo de saír ao mundo e de entendelo, de poder nave-gar por universos fantásticos; por iso, ofrecemos unhas lecturas desafiantes que fan que o lector sempre volva á literatura como actividade de lecer.

SERIE AZUL [+12]

Page 22: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

2120

Infantil/Xuvenil

E Xoel aprendeu a voarMarica Campo

Un rapaz de 13 anos, Xoel, que apenas ten vida fóra da PSP e da Rede. O misterio de Merlo Branco. Paco e Carme, uns pais demasiado atarefados. Eunice, a moza pola que suspira. Fábio, Daniel e Sara, os outros amigos de andainas de Xoel. Don Santiago, o avó que vive os remorsos dunha gran mentira. Estes e outros personaxes ao servizo dunha novela que mantén a intriga ata o final.

A confrontación coa realidade para descubrir que a vida é un voo en que debemos elixir entre caer pola inercia ou bater as ás.

Ilustración de cuberta: Laura Pérez

ISBN: 978-84-16834-06-8

N.º de páxinas: 244

Formato: 13,5 x 20

Xénero: Narrativa

Temas: Desenvolvemento persoal, misterio

Valores: Familia, hábitos saudables

O Bosque PálidoJaureguizar

Os pais de Lidia envíana a Illa Fog, un illote sempre cuberto de néboa onde viven coma no século xviii, para que mellore o seu inglés. Malia o cariño que lle demostra a súa familia de acollida, axiña sospeita que Illa Fog pode agochar algo escuro. Coa axuda de William, o enigmático fillo do seu anfitrión, intentará desentrañar o misterio desa sociedade.

O Bosque Pálido amosa que a forza do amor pode superar o rexeitamento ao diferente e mesmo a morte.

Ilustración de cuberta: Xulia Vicente

ISBN: 978-84-16834-27-3

N.º de páxinas: 192

Formato: 13,5 x 20

Xénero: Narrativa

Temas: Fantasía, misterio

Valores: Amor, valentía

Page 23: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

2120

SERIE AZUL

O ferreiro da lúa chea M.ª Isabel Molina

Malia o noviño que é, Iago de Lavalle domina os segredos da forxa e dos metais, pero oponse ás prácticas supersticiosas do seu gremio, os ferreiros. Como castigo por tal actitude, obrígano a peregrinar ata Santiago de Compostela. A aventura, o amor e o perigo serán só algúns dos seus compañeiros de viaxe.

Novela histórica, ambientada na Idade Media, que foi galardoada co Premio CCEI.

Ilustración de cuberta: Carlos Cubeiro

ISBN: 978-84-16834-07-5

N.º de páxinas: 176

Formato: 13,5 x 20

Xénero: Narrativa

Temas: Aventura, realismo

Valores: Responsabilidade, xustiza

MatildaRoald Dahl

Matilda é unha lectora empedernida con tan só cinco anos. Sensible e intelixente, admírana todos agás os seus mediocres pais, que a consideran unha inútil. Ademais, ten poderes estraños e marabillosos. Un día decide desquitarse e empeza a empregalos contra a cruel señorita Trunchbull.

«Meu pai cría que todos os nenos posúen unha brasa. Pero alguén debe acender o lume. E unha vez acendido, é de vital importancia que se manteña vivo e que non se apague nunca». Tessa Dahl

Ilustrador: Quentin Blake

ISBN: 978-84-16834-05-1

N.º de páxinas: 288

Formato: 13,5 x 20

Xénero: Narrativa

Temas: Fantasía, humor

Valores: Convivencia, familia

Page 24: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

2322

Page 25: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

2322

O lector que buscaSe algo distingue os mozos lectores é a busca constan-te do que os fai únicos, así como do que os prepare para asumir maior independencia e responsabilidade. Buscan textos que respondan aos seus intereses e ás súas inquietudes, que os reten tanto intelectual coma emocionalmente e que estimulen as habilidades que desenvolveron.

O libroOs libros dirixidos a este público deben coidar dous as-pectos fundamentais: a diversidade da forma e a cali-dade dos contidos. Isto reflíctese na complexidade das tramas, na amplitude da linguaxe, nas sutilezas das for-mas retóricas e na intención dos textos.

Neste apartado conviven as obras clásicas con historias máis lixeiras, o compromiso social co livián. A nosa se-lección ten algo que ofrecer tanto ao lector consumado coma ao que se asoma ao mundo da literatura.

XUVENIL [+14]

Page 26: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

2524

Xuvenil

O segredo da casa de FormosoHéctor Cajaraville

David é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey que viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, para asinar os documentos de venda da casa da familia.

A súa intención inicial é regresar de inmediato, pero axiña van aparecendo razóns polas que prolongar a visita: Galicia, a familia, o misterio da «casa de Formoso» e o amor.

Unha historia de sentimentos, pescudas, confidencias e revelacións que desemboca no achado máis transcendental: o que nos dá as claves para descubrirnos a nós mesmos.

ISBN: 978-84-16834-43-3

N.º de páxinas: 224

Formato: 14 x 21,5

Xénero: Narrativa

Temas: Misterio, realismo

Valores: Convivencia, xustiza

Noite de temporalManuel Núñez Singala

A madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor correo Santa Isabel, con 270 persoas a bordo, afrontou un terrible temporal nas costas galegas. Esta novela, rigorosamente documentada, narra acontecementos daquela noite. As reaccións da tripulación e da pasaxe e a heroica actuación dos habitantes da costa constitúen un impresionante exemplo de entrega, solidariedade e valentía. Porque só fronte aos auténticos desafíos somos quen de descubrir de que substancia están feitas as persoas.

Unha emocionante novela baseada en feitos reais.

ISBN: 978-84-16834-54-9

N.º de páxinas: 136

Formato: 14 x 21,5

Xénero: Narrativa

Temas: Aventura, realismo

Valores: Compañeirismo, solidariedade

A historia interminableMichael Ende

A Emperatriz Infantil está mortalmente enferma e o seu reino corre un grave perigo. A salvación depende de Atreiu, un valente guerreiro da tribo dos peles verdes, e Bastián, un neno tímido que le con paixón un libro máxico. Mil aventuras levaranos a reunirse e a coñecer unha fabulosa galería de personaxes, e xuntos dar forma a unha das grandes creacións da literatura de todos os tempos.

ISBN: 978-8416834-10-5

N.º de páxinas: 544

Formato: 14 x 21,5

Xénero: Narrativa

Temas: Aventura, fantasía

Valores: Amizade, liberdade

Cuberta en

preparación

Page 27: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

2524

O contador de estrelasJaureguizar

Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañando á nai nunha base do Servizo Antilumes. Pero cando coñeceu a Enver, todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento. Aquel verán acabou sendo o dos maiores lumes e o do incendio máis xigantesco que coñecera o corazón de Antía.

O contador de estrelas é unha novela sobre o derrubamento da candidez, sobre o salto sen rede á madureza dunha rapaza que ve como o amor, a amizade, a aventura e a mentira lle dan a volta á súa visión inocente da realidade.

ISBN: 978-84-16834-12-9

N.º de páxinas: 176

Formato: 14 x 21,5

Xénero: Narrativa

Temas: Amor, misterio

Valores: Respecto, valentía

Momo Michael Ende

Unha novela única sobre a importancia da amizade, a bondade e o valor das cousas sinxelas. En definitiva, sobre o que de verdade nos fai felices. Momo é unha nena que posúe a marabillosa calidade de saber escoitar os demais e que desexa axudar a xente a humanizar as súas vidas. Sobre todo cando os homes grises deciden apoderarse dun dos bens máis prezados que posúen as persoas: o seu tempo.

«Porque o tempo é vida. E a vida reside no corazón».

ISBN: 978-84-16834-09-9

N.º de páxinas: 296

Formato: 14 x 21,5

Xénero: Narrativa

Temas: Aventura, fantasía

Valores: Liberdade, paz

RebeldesSusan E. Hinton

Ninguén dixo que a vida fose fácil. Pero Ponyboy está bastante seguro de que ten as cousas controladas. Sabe que pode contar cos seus irmáns e cos seus amigos, amigos de verdade, que farían calquera cousa por el. E no que respecta aos socs (unha violenta banda de rapaces adiñeirados rival dos greasers, como o son el mesmo e os seus amigos), sempre están dispostos a crear problemas. Pero unha noite alguén leva todo isto demasiado lonxe e o mundo de Ponyboy cambia de xeito inesperado…

ISBN: 978-84-16834-08-2

N.º de páxinas: 208

Formato: 14 x 21,5

Xénero: Narrativa

Temas: Crítica social, realismo

Valores: Compañeirismo, xustiza

Page 28: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

2726

Page 29: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

2726

Web e Redes sociais

A través de www.oqueleo.com pódese acceder ao catá-logo completo e a unha ampla oferta de recursos como:

Guías de actividades.

Fichas de todos os libros do noso catálogo.

Recomendacións de lecturas por áreas e temas.

Buscador avanzado para te axudar a encontrar o li-bro perfecto.

www.oqueleo.com nace coa vontade de ser un espazo común para que os lectores se sintan membros dun colectivo numeroso, entusiasta e cómplice que lles per-mita afirmar que non estamos sós, que somos moitos.

potenciará o contacto permanente cos lecto-res e cos mediadores (docentes, libreiros e familia) a través dos seus perfís en Facebook e en Twitter. Estas Redes sociais permitirán compartir experiencias, reco-mendacións de lectura… En definitiva, afirmalos como membros activos dunha comunidade lectora.

Page 30: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

2928

Temas e valores

Am

iza

de

Ac

oso

esc

ola

r

Am

or

Au

toe

stim

a

Av

en

tura

Bo

nd

ad

e

Co

mp

eir

ism

o

Co

nv

ive

nc

ia

Cre

ati

vid

ad

e

Crí

tic

a s

oc

ial

De

sen

vo

lve

me

nto

pe

rso

al

SERIE AMARELA

A vaca dixo mua

Nube de neve

Un baúl cheo de piratas

SERIE MORADA

Bruxa e familia

O que nunca che contaron

A bruxiña da sorte

Dez piratas

SERIE LARANXA

Hilario e os tres medos

Kibuko

O Nicolasiño

As vacacións do Nicolasiño

Os recreos do Nicolasiño

SERIE AZUL

O Bosque Pálido

E Xoel aprendeu a voar

Matilda

O ferreiro da lúa chea

XUVENIL

O segredo da casa de Formoso

Noite de temporal

A historia interminable

Momo

O contador de estrelas

Rebeldes

Page 31: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

2928

bit

os

sau

da

ble

s

Hu

mo

r

Ima

xin

ac

ión

Lib

erd

ad

e

Mis

teri

o

Pa

z

Re

ali

smo

Re

spe

cto

Re

spo

nsa

bil

ida

de

So

lid

ari

ed

ad

e

Va

len

tía

Ec

olo

xía

Xu

stiz

a

En

ten

de

me

nto

Fa

mil

ia

Fa

nta

sía

Page 32: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

Índice de títulos

Page 33: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

31

SERIE AMARELA

A vaca dixo mua, Gloria Sánchez ........................ 8

Nube de neve, Xabier P. DoCampo ...................... 9

Un baúl cheo de piratas, Ana Rossetti ............... 9

SERIE MORADA

Bruxa e familia, Paula Carballeira .................... 12

O que nunca che contaron, María Canosa e Kike Gómez ............................ 12

A bruxiña da sorte, Concha Blanco .................. 13

Dez piratas, Gloria Sánchez ................................ 13

SERIE LARANXA

Hilario e os tres medos, Xoán Babarro ............. 16

Kibuko, Xavier Estévez ......................................... 16

O Nicolasiño, Goscinny-Sempé ...........................17

As vacacións do Nicolasiño, Goscinny-Sempé .................................................17

Os recreos do Nicolasiño, Goscinny-Sempé .................................................17

SERIE AZUL

O Bosque Pálido, Jaureguizar .............................20

E Xoel aprendeu a voar, Marica Campo ..........20

Matilda, Roald Dahl .............................................. 21

O ferreiro da lúa chea, M.ª Isabel Molina ........ 21

XUVENIL

O segredo da casa de Formoso, Héctor Cajaraville ..............................................24

Noite de temporal, Manuel Núñez Singala ......................................24

A historia interminable, Michael Ende ............24

Momo, Michael Ende .............................................25

O contador de estrelas, Jaureguizar ................25

Rebeldes, Susan E. Hinton ...................................25

Page 34: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

Delegacións

A CoruñaCentro de Negocios «Mans»Polígono PocomacoParcela D-22 – Local 5515190 Mesoiro (A Coruña)Tel.: 981 08 17 66Fax: 981 08 11 03

LugoTel.: 982 21 91 20

OurenseTel.: 988 22 74 73 Fax: 988 22 93 97

VigoTel.: 986 41 48 22 Fax: 986 41 35 73

Page 35: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso
Page 36: Catálogo de literatura infantil e xuvenil 2017 · corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso

Somos o que lemos