catálogo culturactiva 2012

39
xestión integral/venda teatral/música/eventos culturactiva catálogo global 2012 WWW.CULTURACTIVA.ORG 1

Upload: culturactiva

Post on 13-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Catálogo Culturactiva 2012

TRANSCRIPT

Page 1: Catálogo Culturactiva 2012

xestión integral/venda teatral/música/eventos

culturactivacatálogo global 2012

WWW.CULTURACTIVA.ORG 1

Page 2: Catálogo Culturactiva 2012

S

TC

nC

ML

+18

1,2,3

icc

lenda

!

Desde Coper@ctiva Cultural - Culturactiva SCG distribuímos un grande abano de espectáculos e compañías galegas, do Estado e do resto do mundo e levámolas ao mercado local, estatal e europeo “poñéndoas ao alcance de programadores/as, concellos, festivais, Entidades e programacións”.

Ofrecemos un grande abano de espectáculos teatrais e musicais do máis destacado, tanto en calidade das propostas como en variedade das mesmas.

Este catálogo que se presenta a continuación é só unha pequena mostra da nosa oferta, xa que estamos especializados na realización de programacións culturais, festivais e na xestión integral de todo tipo de eventos e traballamos cun número de compañías moito mais elevado. Estamos ao seu dispor para ver que podemos artellar e propor para cada caso particular.

Somos a principal distribuidora de teatro en Galicia, especializada en teatro cómico e de rúa, cunha grande cantidade de estilos, sempre co humor e a calidade como nexo de unión e referencia dos nosos espectáculos. Aválannos dez anos de traballo co Novo Circo de pequeno e grande formato.

No 2010 foron mais de 300 as actuacións as que xestionamos, cantidade superada no 2011 onde acadamos unha cifra de 350. Teatro de rúa, clown, circo, música, maxia, teatro de interior, teatro cómico, animacións, inauguracións, pasarrúas… son só algunhas das propostas coas que contamos á hora de confeccionar as nosas propostas de programacións,

ou que ofrecemos aos nosos clientes para que eles mesmos o fagan, adaptándoas a todos os niveis (orzamentario, formato, estilo, etc).

Traballamos con concellos, asociacións veciñais, ANPAS, entidades bancarias, a administración pública en xeral, comisións de festas, festivais, programacións teatrais, empresas, etc... non só na venta teatral, senón tamén ofrecendo os nosos servizos integrais, podendo encargarnos de todo o que implica a elaboración dunha programación (deseño, prensa, produción, dirección, xestión, etc)

Malia a que en 2012 cumpriremos once anos de vida, non nos acomodamos, senón que expandimos o noso volume de traballo cada ano. Diversas programacións culturais para todos os petos, a distribución en exclusiva de artistas estatais como Leo Bassi, Pez en Raya ou Yllana en Galicia, representar en Galicia ao grupo de música abandeirado da nova rumba catalá La Troba Kung Fu, traballar con espectáculos de compañías internacionais coma Okidok, Fraser Hooper ou Jango Edwards, promover compañías galegas coma os 7 Magníficos, O Sonoro Maxín ou Peter Punk ( en resumo, o maior abano de artistas e grupos galegos, estatais e internacionais) mais a nosa oferta de xestión profesional e integral de calquera tipo de evento ou programación, son as ferramentas que nos permiten seguir medrando ano a ano, nos motivan a seguir creando e transformando a cultura do noso país festa a festa, parroquia a parroquia, vila a vila, cidade a cidade.

Para afondar nestas propostas, rogamos nos contacten no

www.culturactiva.org

981 58 28 [email protected]

twittervimeo

WWW.CULTURACTIVA.ORG 2

Page 3: Catálogo Culturactiva 2012

nº compañía espectáculo

índice4 galegos5 Os 7 Magníficos máis Un (Galicia) Dous pallasos en máis apuros6 Os 7 Magníficos máis Un (Galicia) Maña Será Outro Día/Dous Pallasos en Apuros7 Culturactiva (Galicia) Pistactiva/Gala de Circo Na Rua/Gala de Circo Na rúa Noite8 Os 7 Magníficos máis Un (Galicia) O Gordo e o Calvo van ao Médico9 Peter Punk (Galicia) Peter punk e o neno imperdible10 Peter Punk (Galicia) Peter Punk/Peter Punk II (A Chungatrona)11 Acontrabutaca (Galicia) Frantasmas12 Bagunça Teatro (Galicia) Que mais dá!13 Roi Sixto (Galicia) Roi, o Cagabolas14 Mago Teto (Galicia) Novas Tolemaxias/O Afiador15 Dani Garcia (Galicia) Don Gelatti16 Cé Orquestra Pantasma (Galicia) Home Orquestra17 Lusco e Fusco (Galicia) Encontros18 Desastronauts (Gran Bretaña- Valladolid- Galicia) Un día de Praia (o espectáculo de Circo Expreso)/Losing Grip19 Circo Chosco (Euskadi-Galicia) Chosco (Con aéreos /Sin aéreos)20 Pinguela Teatro (Galicia) Razóns de Peso21 A Tropa de Trapo (Galicia) Varios22 Mentalini (Galicia) Mentaclismo ¡Tsunami Mental!22 Fredi (Galicia) Circanelo/ Unha Tarde de Treboada22 Pablo Trasno (Galicia) Trasno22 Rudi Dudi (Bélxica-Galicia) Clowntamination/ Circo Caracol23 Gostoso Pa + Aperta Animación Circense/ Batuke + Zancos24 ESTATAIS25 Yllana (Madrid) Muuu2!/Zoo26 Leo Bassi (EEUU) The Best27 Pez en Raya (Andalucia) Lo Cerebro / Solalá tanto aquí como yllana distribución exlusiva en galicia28 Kull d´Sac (Valladolid) 29 Capitán Maravilla (Madrid) Mono A Mono B / El Capitán Maravilla (Reseña)/30 Javi Javichi (Madrid) Velo como el Rayo / Leonardo Tutifrutti31 Hiltoff (Granada) Hiltoff32 Pablo Muñoz (Toledo) Pablo Superstar Cool32 Miguelillo (Salamanca) El Descubrimiento de Evencio/ Instantes Imaginarios (Reseña)32 Trapu Zaharra (Euskadi) Camping Renove / El Concursazo32 Alas Circo (Córdoba) El Espejo/ la Magia de Thot33 INTERNACIONAIS34 Okidok (Bélxica) Slips35 Circo Claxon (Arxentina) Revolución Industrial36 Amontonados por Azar (Arxentina) H2Olga37 Fraser (Gran Bretaña) Strawberry37 Andy Snatch (Gran Bretaña) Imbalance37 Djuglledy (Alemania) El diábolo37 Gregor Wollny (Alemania) Wollny38 Grupo Electrógeno (Arxentina) Su Comedia Circense38 Chacovachi (Arxentina) Cuidado, Un Payaso Malo Puede…38 Makujarrak (Arxentina) RinBomBam38 Nani Cogorno (Arxentina) Lunatik

WWW.CULTURACTIVA.ORG 3

Culturactiva
Podes pinchar no espectáculo desexado
Podes pinchar no espectáculo ou artista desexado para ir a súa ficha
Page 4: Catálogo Culturactiva 2012

galegos

WWW.CULTURACTIVA.ORG 4

Page 5: Catálogo Culturactiva 2012

dous pallasos

en máis apuros

espectáculo

Dous pallasos en máis apuros

Despois de máis de cen representacións do seu anterior espectáculo Dous Pallasos en Apuros (2009), Os Sete Magníficos máis Un presentan a súa nova producción clown Dous Pallasos en Máis Apuros.

Creado polo director e dramaturgo argentino Walter Velázquez, así como pola propia compañía e dirixido por Iván Prado a partir de farsas clásicas do mundo do circo, con Dous Pallasos en Máis Apuros a compañía volve apostar pola recuperación e actualización de gags do pallaso tradicional.

Dous Pallasos en Mais Apuros é o novo espectáculo orientado ao público infantil de “Os Sete Magníficos máis Un”. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico para compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar coa idea de volver a superar as 120 representacións e o éxito acadado polo anterior espectáculo.

Dous Pallasos en Apuros é un espectáculo orientado ao público infantil de “Os Sete Magníficos máis Un”. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico creadas pola familia Colombaioni icas desta compañía, compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar. Leva más de 100 representacións por toda Galicia!!

Con 10 espectáculos ás costas e tendo xa preparado o undécimo, “Os Sete Magníficos + 1” naceron en 2001 ao abeiro do Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown) e son a súa compañía oficial. Integrada por un elenco de pallasas e pallasos formados cos mellores mestres/as a nivel internacional, esta é unha das compañías máis populares nas programacións galegas dos últimos anos. Con espectáculos coma "Dous pallasos en apuros" ou "O gordo e o calvo van ao médico" e, máis recentemente "Mañá será outro día", os Magníficos recuperan as vellas farsas de circo clásico e reinvéntanas trasladando ao respetable as máis grandes gargalladas sempre baixo o prisma da calidade, do espírito clown e o bo facer teatral.

breve descrición

os sete magníficos máis un

ficha artística

Autor e Dirección: Wálter Veláquez e Iván PradoElenco: Pedro Brandariz e Fran ReiTécnica teatral: Clown Duración do espectáculo: 60 minutosPúblico: infantil e familiar

WWW.CULTURACTIVA.ORG 5

Page 6: Catálogo Culturactiva 2012

dous pallasos

en apuros

compañía/espectáculo

Dous pallasos en apuros

Despois de máis de cen representacións do seu anterior espectáculo Dous Pallasos en Apuros (2009), Os Sete Magníficos máis Un presentan a súa nova producción clown Dous Pallasos en Máis Apuros.

Creado polo director e dramaturgo argentino Walter Velázquez, así como pola propia compañía e dirixido por Iván Prado a partir de farsas clásicas do mundo do circo, con Dous Pallasos en Máis Apuros a compañía volve apostar pola recuperación e actualización de gags do pallaso tradicional.

Un espectáculo para público infantil e familiar no que a parella de clowns Pedro Brandariz e Fran Rei recrean números cómicos a través das ferramentas habituais de Os Sete Magníficos máis Un: a improvisación, a actitude de risco, a sinceridade do pallaso, a humildade do comediante e, sobre todo, a dignidade clown para saír das situacións máis complicadas.

Dous Pallasos en Apuros é un espectáculo orientado ao público infantil de “Os Sete Magníficos máis Un”. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico creadas pola familia Colombaioni para, sen esquecer a creatividade e actitude de risco características desta compañía, compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar. Leva más de 100 representacións por toda Galicia!!

breve descrición

ficha artística

Autor e Dirección: Carlo Colombaioni - Iván PradoElenco: Pedro Brandariz e Fran ReiTécnica teatral: Clown Duración do espectáculo: 60 minutosPúblico: infantil e familiar

mañá será outro día

breve descrición

S

compañía/espectáculo

Mañá será outro día” é un espectáculo de carácter medioambiental en torno á redución do consumo. O argumento susténtase no traballo de dous actores (Isabel Martínez-Risco e Fran Rei) que, en clave clownesca, irán tecendo a trama da obra e descubrirán con asombro a necesi-dade de conservar, reciclar e optimizar os recursos da nosa contorna natural.

WWW.CULTURACTIVA.ORG 6

Page 7: Catálogo Culturactiva 2012

espectáculo espectáculo

pistactiva Ruactiva / Gala de Circo na Rúa

A Gala de Circo na Rúa PIST@CTIVA, de mediano formato, está formada pola combinación de dúas compañías nun espectáculo para todos os públicos, de 90 minutos de duración, co humor como elemento de conexión.

A estructura de PIST@CTIVA engloba unha sucesión de pases de ambas compañías no que teñen cabida disciplinas de novo circo: clown, malab-ares ou pantomima e coa presenza asegurada de números de aéreos: trapecio, corda ou teas.

A interacción entre as compañías participantes, a participación do público, o humor e as espectaculares acrobacias aéreas son os maiores atractivos desta Gala de Circo na Rúa PIST@CTIVA.

O elenco de artistas e compañías que habitualmente participan nestas Galas de Circo na Rúa Pist@ctiva é na súa maioría galego, entre as que destacan Os Sete Magníficos máis Un, Peter Punk, Roi Sixto, Trano, Fredi, … Pero tamén contamos ocasionalmente con artistas do resto do Estado e internacionais afincadas en Galicia e formados en prestigiosas escolas europeas e latinoamericanas, como é o caso de Circo Expreso, compañía de números aereos, formada na Escola Circus Space de Londres, ou Circo Claxon, compañía arxentina cun amplo currículo de espectáculos de primeira liña internacional.

A compañía:

Culturactiva SCG non só é unha distribuidora de teatro, senón que tamén traballa como compañía. Neste caso, une diversas propostas artísticas para achegar un completo programa de actividades ás rúas, prazas e teatros galegos.

Ficha artística:

Compoñentes: unha compañía de clown e unha compañía de acrobacias aéreas.Técnica Teatral: Novo Circo, Clown, Malabares e AcrobaciasDuración do espectáculo: 90 minutosPúblico: Todos os públicosEspazo: Interior ou exterior

breve descrición

A compañía:

FICHA ARTÍSTICA

A Gala de Circo na Rúa RÚ@CTIVA, de grande formato, conta sempre coa participación de tres compañías nun espectáculo para todos os públicos, de 100 minutos de duración, co mellor do noso novo circo.Contamos coa presenza das compañías máis representativas do momento, unha banda que interpreta música en directo e un presenta-dor – mestre de cirimonias que dá paso a unha grande variedade de espectáculos e números circenses.

A interacción entre as tres compañías participantes, a participación do público, a variedade de técnicas artísticas, as espectaculares acrobacias aéreas, o encanto da música en directo, a presenza dun presentador como nexo do espectáculo e toda a maxia e ilusión do circo son eixos e os maiores atractivos desta Gala de Circo na Rúa RÚ@CTIVA, sen dúbida, un dos mellores espectáculos de rúa de Galicia.

A compañía:

Culturactiva SCG non só é unha distribuidora de teatro, senón que tamén traballa como compañía. Neste caso, une diversas propostas artísticas para achegar un completo programa de actividades ás rúas, prazas e teatros galegos.

Ficha artística:

Compoñentes: un presentador, tres compañías e un grupo de música en directoTécnica Teatral: Novo Circo, Clown, Malabares e Acrobacias aéreasDuración do espectáculo: 100 minutosPúblico: Todos os públicosEspazo: Interior ou exterior

breve descrición

A compañía:

FICHA ARTÍSTICA

pistactivaruactiva

MM

WWW.CULTURACTIVA.ORG 7

Page 8: Catálogo Culturactiva 2012

o gordoe o calvo

van o médico

compañía/espectáculo

O gordo e o calvo van ao médico

Despois do éxito conseguido coa produción O Gordo e O Calvo (2003), con máis de 50 representacións, tanto en Galicia como no resto do Estado, Os 7 Magníficos máis Un recuperan os seus dous personaxes máis populares para esta nova aventura clown: A Saúde é o Primeiro. Seguindo a liña do anterior, neste divertido espectáculo recuperan e actualizan algunhas vellas farsas dos pallasos de circo, mesturándose con situacións cómicas de creación propia. O humor máis clásico fusiónase coa creativi-dade e actitude de risco características desta compañía para compor unha obra cómica en torno ao mundo dos/as médicos/as.

A idea de “O Gordo e o Calvo Van ao médico” xurdiu a partir do traballo - na primavera de 2002- de “Os 7 Magníficos máis Un” co prestixioso clown italiano Carlo Colombaioni, considerado por moitos/as como o mellor pallaso do mundo, co obxectivo de crear un espazo no teatro galego para os números clásicos e sinxelos do mundo do pallaso de circo, a través de espectáculos de pequeno formato que, polas súas características, se puidesen adaptar practicamente a calquera espazo escénico, tanto en interior como en rúa.

Unha aloucada serie de situacións e personaxes en grao sumo ridículos e divertidos en busca da gargallada do público. O Gordo e o Calvo Van ao médico é romper co mito da seriedade do medi-camento, co academicismo dos doutores e das doutoras, coa solemnidade das salas de espera, co pavor ao bisturí, coa super-ficialidade da cirurxía estética...

A escusa neste caso é a inauguración e un novo Centro de Saúde na vila. Dous políticos descobren a placa conmemorativa e, de paso, aproveitan a ocasión ara falar das melloras na sanidade pública promovidas polo seu goberno. A lentitude das listas de espera en contraposición coa velocidade da atención primaria, a cirurxía por decreto, os medicamentos, os primeiros auxilios, os médicos e as médicas en prácticas... e todo baixo o prisma clown de “Os 7 Magníficos máis Un”.

breve descrición

breve ficha artísticaEspectáculo clown de creación propia.Dirección: Iván PradoElenco: Pedro Brandariz y Fran Rei Vestuario: Os Sete Magníficos máis UnAtrezzo e escenografía: Os Sete Magníficos máis UnProdución: Coperactiva Cultural - Culturactiva SCG e Red de Festivales EstelaDuración: 70 min.Non recomendada para menores de 12 años

WWW.CULTURACTIVA.ORG 8

Page 9: Catálogo Culturactiva 2012

compañía/ESPECTÁCULO

Peter Punk E O NENO IMPERDIBLE

Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz? ¿Que pasa cando un pallaso se fai preguntas e se responde a si mesmo no medio das súas rutinas? ¿Que lle ocorre a un pallaso cando se decata de que está neste mundo para algo máis que se erguer todos os días? Asústase..., e volve ser un pallaso.

Un tendedeiro en equilibrio, seis instrumentos inter-pretados ao vivo: guitarra eléctica, guitarra portu-guesa, acordeón, entre outros, e ata Peter punk se atreve coa armónica!! Un salto ao baleiro en miniciclo e a Chungatrona: unha máquina de rebeldía pallasa. Eses son só algúns dos elementos desta novidosa proposta teatral dirixida polo recoñecido director arxentino Walter Velázquez e no que participan Peter Punk e Brais das Hortas.

Esta é unha obra que destaca polo seu coidado guión, a elaboración e enxeño das rutinas e a súa novidade é un grande traballo de dirección, así como una orixinal escenografía. Un espectáculo que, a pesar da altura do listón,supera as anteriores propostas escénicas de Peter Punk: artista novo, máis con ampla e recoñecida traxectoria dentro e fóra do país.

Un músico e un artista de circo. Dous pallasos en con-stante reconciliación consigo mesmos, entre eles e co mundo enteiro. Un delirio nun monociclo pinchado. Diversión, música ao vivo, momentos de tensión e perigo. A importancia da dimensión humana e solidaria do clown de calidade... un espectáculo que a través do humor non esquece a solidaredade cos nenos e nenas, especialmente os que viven en situacións de conflito.Unha marca da compañía Peter Punk tan recoñecible como o seu humor gamberro e as risas que inundan as súas actuacións.

peter punkE O NENO

IMPERDIBLE

breve descrición

FICHA ARTÍSTICA

S

Elenco: Isaac Rodríguez Miranda (Peter Punk) e Brais Gutié- rrez (Brais das Hortas) Escenografía: Isaac Rodríguez Miranda (Peter Punk) e Brais Gutiérrez (Brais das Hortas)"Chungatrona": FinoMúsica orixinal: Brais GutiérrezCoreografía: Xenia TártariProdución: Peter Punk e Coperactiva Cultural-CulturactivaDirección: Walter VelázquezTécnica teatral: Clown, Humor e MalabaresDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

WWW.CULTURACTIVA.ORG 9

Page 10: Catálogo Culturactiva 2012

compañía

Peter Punk

Peter Punk é un dos clowns e humoristas máis destacados e programados en Galicia nestes últimos anos. Ademais, foi gaña-dor do Festiclown 2008 e participante nas máis importantes citas de clown de todo o Estado (Euskadi, Madrid, Barcelona, Baleares....).Recentemente participou no Festiclown 2010, no festival Circe de Santa Colma (Barcelona), na FITEC de Getafe (Madrid), no Somriure de Pineda (Catalunya) e en varias edicións do Magi-clown, como a de 2010, entre outras.Peter Punk destaca, ademais, por ser un dous poucos clowns e compañías de novo circo galegas con tres espectáculos en cartel: tres grandes mostras da capacidade desta compañía que nos amosan o porque do seu éxito e crecemento. Son espec-táculos diferentes e anovadores que manteñen a pureza do humor como liña de traballo.Isaac Rodríguez Miranda é a identidade secreta de Peter Punk, ou pode que sexa ao revés. Un mozo malabarista vigués que representa coma poucos a nova escola popular de malabaristas e artistas de rúa e de novo circo que se vén desenvolvendo en Galicia nos últimos anos. No seu currículo formativo mestúranse cursos e obradoiros de diversas técnicas teatrais, como clown e interpretación, así como outras propias do novo circo, como acrobacias e malabares. Dentro destes cabe destacar, entre outros, os cursos realizados con Jöns Pappila (Iniciación ao Clown) ou Capitán Maravilla (Clown de Rúa), xunto con estancias con grandes mestres arxentinos. Pero Isaac Rodríguez é tamén, e sobre todo, un autodidacta, que foi aprendendo e evolucion-ando como cómico e malabarista a partir de longas sesións de ensaios e de pórse ante o público en toda clase de espazos, tanto de rúa como de interior. É no mundo dos malabares onde Isaac Rodríguez se atopa máis cómodo, dominando diversas disciplinas: bólas, mazas, aneis e os espectaculares fachos de lume, cos que remata algún dos seus espectáculos.

Umore Azoka de Leioa (Vizcaya), Festiclown (Vigo), Festival Circe (Santa Coloma), FITEC (Getafe), Festival Magiclown de Sant Josep (Ibiza), Fira Magica de Santa Susanna (Barcelona), Festival Arde Lucus (Lugo), Festival Internacional de Calle de Gomecello (Salamanca), Festival É-Aqui-In-Ócio de Póvoa de Varzim (Portugal) , Somriure per Chiapas de Pineda (Cataluña), Teatro Municipal de Vila Real (Portugal), Mostra de Teatro de Cee (A Coruña), Festas de San Froilán (Lugo), Festas do Marisco de O Grove, Somriure (Pineda-Catalunya).

Peter Punk é xa unha personaxe e un espectáculo de referencia en calquera programación de Galicia.

Con máis de 1.000 funcións en todo o Estado e en toda clase de programacións, Peter Punk é un dos clowns galegos de referen-cia, cun humor gamberro e fresco sen igual.

Neste espectáculo de carácter cómico o noso artista transfór-mase en Peter Punk, un personaxe imaxinario chegado do país de Nunca Máis. Como un neno que se nega a medrar, Peter Punk xoga en escena co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que vai sacando da súa maleta. Un espec-táculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no cal a comici-dade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público. "Chungo, chungo que te cagas" é a frase máxica deste artista, coa que lle anunciará ao público as máis complicadas rutinas, nunha persoal versión do máis difícil aínda dos directores de circo clásico. Durante 60 trepidantes minutos, Isaac Rodríguez, ou Peter Punk (que tanto nos ten), amosaranos a súa destreza con bólas, mazas, aros... fará incribles figuras de globo-flexia nun tempo récord, dará boa conta da súa habilidade sobre o monociclo e, como peche, porá en perigo a súa vida (e a de boa parte do respectable) nun final con fachos de lume. E todo isto sen esquecer o humor... Un espectáculo multidisciplinar e cheo de alicientes para facernos pasar un bo momento.

Logo do incrible éxito de Peter Punk co seu primeiro espectáculo chega a súa continuación.

O artista premiado como mellor espectáculo do Festiclown 08, con centos de actuacións nas súas costas e milleiros de persoas abraiadas, volve cun espectáculo aínda mellor, renovado con novas rutinas, novos xogos e preparado para facer rir a todos os públicos de Galicia e máis aló.

O irreverente PeterPunk retorna cun novo espectáculo. Máis "Chungo chungo ke te cagas" aínda e coma sempre no país de Nunca Máis, Peter Punk preséntase nesta ocasión no seu novo e gran pequeno vehículo.

O irreverente PeterPunk retorna cun novo espectáculo. Máis "Chungo chungo ke te cagas" aínda e coma sempre no país de NuncaMáis, PeterPunk preséntase nesta ocasión no seu novo e gran pequeno vehículo. Participando activamente co seu público -que fará parte imprescindible deste novo espectáculo- pedale-ando coma un tolo, comendo globos e xogando coma un neno que se nega a crecer, PeterPunk presenta un final sorprendente no que coñeceremos o seu último xoguete, a Chungatrona! Unha máquina que fará as delicias de nenas e nenos de 0 anos a cadea perpetua. Serás ti o próximo en probar a Chungatrona!?

peterpunk

breve descrición

Currículo destacado

Peter Punk 1

Peter Punk 2 (A chungatrona)

FICHA ARTÍSTICA

S

novo

espectáculo

Elenco: Isaac Rodríguez MirandaTécnica teatral: Malabares, globoflexia e humorDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

WWW.CULTURACTIVA.ORG 10

Page 11: Catálogo Culturactiva 2012

COMPAÑíA

Producións AcontrabutacaAcontrabutaca Producións nace no ano 2007 co gallo de normalizar e complementar a oferta teatral existente na actuali-dade en Galicia dirixindo as súas propostas escénicas ao gran público, ao comunmente coñecido coma público familiar. A productora móvese en dous ámbitos de creación diferentes: o do teatro infantil de actor e do teatro universal contemporáneo ao tempo que programa distintas actuacións no eido educativo e asistencial.

Xestionada por Xosé Lueiro, Producións Acontrabutaca aspira a converterse tamén nunha plataforma de difusión para os novos actores e directores galegos e nun espazo de encontro con direc-tores e compañías foráneas. Sempre cun obxectivo principal: devolver ao teatro a capacidade para activar a discusión e diver-sión públicas fuxindo da pura e banal comercialidade.

sinopse

Co-dirixido polo mestre de humor David Ottone (Yllana) Frantas-mas é algo máis que un espectáculo... é un novo xeito de entender a comedia en Galicia seguindo o ronsel que compañías como Sexpea¬re, Capa i Espasa, Pez en Raya ou a mesma Yllana marcan a nivel estatal. O gag, o absurdo, os efectos sonoros, as influencias cinematográficas e media ducia de irreverentes personaxes farán as delicias do público máis esixente.

Un antigo caserón de estilo victoriano reproducido a gran formato é a nosa cámara dos horrores particular… unha espec-tacular escenografía onde as cadeiras se moven soas, as chime-neas ocultan escuros pasadizos e os cadros observan aos inqui-linos da casa prognosticando terribles asasinatos.

O público elixe o culpable!!!

A quinta dimensión, o cuarto Beatle, a terceira perna... o especta-dor de Frantasmas é algo máis que un espectador... un colabora-dor necesario que tanto pode meterse na pel dun personaxe coma exercer de dedo acusador nunha rolda policial... o público e ninguén máis que o público... será desencadeante directo na resolución dos feitos.

Frantasmasobra

ficha artística

Autor e Dirección: Xosé Lueiro – David Ottone Elenco: Fran Campos, Fran Rei e Fran AmeixeirasTécnica teatral: ComediaDuración aproximada do espectáculo: 75 minutos

FrantasmasM+16

A historia narra as peripecias dun matrimonio composto por un antropólogo inglés (Otis) e unha soprano americana (Lady Marga-rett) que viaxan a Inglaterra para tomar posesión dun vello caserón familiar. Trala súa chegada, na casa son recibidos por un sinistro mordomo (Aristóbulo) e unha explosiva ama de chaves (Cástula) que lles informan dunha estrana maldición familiar... mortes, desaparicións, presenzas fantasmais... a maldición famil-iar semella confirmarse coa repentina morte da nova propietaria. Lady Margarett é asasinada; polo que o seu marido contrata os servizos dun detective (Inspector Bonatarda) cuxa investigación rematará por dificultar aínda máis o esclarecemento dos feitos.

WWW.CULTURACTIVA.ORG 11

Page 12: Catálogo Culturactiva 2012

Que máis dá!compañía/espectáculo

bagunça/Que máis dá!

Primeiro espectáculo da compañía galega de nova creación Bagunça, Que Máis Dá! é unha experiencia de teatro fórum sobre o consumo responsábel. Dirixido a rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos, esta produción pretende ser unha chamada á con(s)ciencia e unha invitación a reflexionar sobre o exceso de consumo do que somos vítimas e das consecuencias que orixina tanto no noso contorno coma noutros territorios. Enfocando esta problemática desde diferentes situacións, como pode ser a obsolescencia, o transporte contaminante ou a falta de compromiso, Que Máis Dá! propón ao público diferentes escenas de creación propia nas que os seus protagonistas, Presente e Futuro, expoñen os seus diferentes puntos de vista ante os conflitos que se expoñen. Para iso empregamos unha linguaxe teatral sinxela, áxil, directa e co humor sempre moi presente.Pero como peza de teatro fórum que é, o aspecto fundamental deste espectáculo, que o converte nun proxecto totalmente anovador dentro da escena galega, é a imprescindíbel partici-pación activa do público. Os rapaces e rapazas serán quen, desde o propio espazo escénico, acheguen as súas propostas de resolución dos conflitos expostos, facendo de cada represen-tación unha experiencia única e irrepetíbel.

Bagunça: desorde, confusión, problema, enredoEn 2011 e baixo o paraugas dos significados da palabra Bagunça, varios dos nomeados coma mellores pallasos da súa casa forman un comando dedicado ao teatro social, coa idea de mesturar diferentes técnicas teatrais coma o Clown e o Teatro do Oprimido. Moi pronto serán condenados a actuar na rede de teatro galega, pero non tardarán en fugarse, armados coa risa e co teatro.Hoxe aínda buscados polo goberno, buscan o seu espazo entre as escolas e as casas de cultura das aldeas galegas. Se vostede quere botar unhas risas e falar das cousas que nos preocupan aos mortais, quizais poida contratalos.

Ficha artísica:Dirección: Fran Ameixeiras e Xosé LueiroElenco: Fran Ameixeiras, Fran Rei e Javier Adan AyudeDuración: 50 minutosPúblico: De 3 a 12 anosTécnica teatral: Teatro fórum

breve descrición

breve ficha artística

a compañía

WWW.CULTURACTIVA.ORG 12

Page 13: Catálogo Culturactiva 2012

compañía/espectáculo

roi sixtoRoi Sixto é un malabarista ferrolán que representa a nova xeración de artistas de rúa e de novo circo que emerxeu en Galicia nos últimos anos e que, pouco a pouco, están a conquistar as prazas e teatros galegos.

Empezou a súa formación en Narón, da man da compañía Picompé, e posteriormente foi mellorando a súa técnica e ampli-ando os seus coñecementos en diversos espazos, como La Ciudad de los Muchachos en Ourense ou a Asociación de Novo Circo Pista Catro de Santiago de Compostela.

Cos anos, Roi Sixto foi converténdose nun dos malabaristas de referencia en Galicia, e desde 2004 traballa profesionalmente co seu espectáculo Roi, o Cagabolas, co que visitou multitude de vilas e cidades galegas. Asemade, sigue colaborando con outros artistas galegos, como o malabarista Kote ou a compañía Picompé, cos que traballa habitualmente noutros espectáculos.

Malabarista multidisciplinar, domina diversas técnicas, desde as máis habituais (bolas, aros, diábolo ou mazas) ata outras moito menos comúns nos escenarios galegos, como o rulo americano. Pero se por algo podemos destacar a Roi Sixto é polas súas rutinas con bolas de rebote, sendo o único malabarista galego que inclúe esta espectacular técnica no seu espectáculo.

Tamén ten un importante currículo como formador, como monitor de malabares, globoflexia e educación física, destacando os obradoiros realizados para o programa Noites Abertas de Ferrol o na Escola de Circo Santa Cecilia de Narón (A Coruña)

No seu divertido espectáculo Roi, o Cagabolas, dirixido a todo tipo de públicos, o noso malabarista crea unha personaxe imaxi-naria da cal xorden infinidade de aparellos cos cales facer malab-ares, ofrecéndonos unha hora de espectaculares xogos.

A pesar da súa destreza de execución, Roi non se deixa caer na pesadez do virtuosismo, e combina ás súas rutinas con outras técnicas artísticas, tales como o clown ou o teatro de rúa, atopando sempre algún oco para o humor e a participación do público.

Pelotas, mazas, aros, diábolos e ata un rulo americano ou un monociclo xorden da súa maleta para abraiar ao respectable, un orixinal número de rebote sobre “uve” e a súa personalidade sobre o escenario son os ingredientes do que é, sen dúbida, un dos mellores shows unipersoais da escena galega. roi sixtoFICHA ARTÍSTICA

breve descrición

Roi, o cagabolas

S

Elenco: Roi SixtoTécnica teatral: Malabares e Maxia Cómica.Duración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

WWW.CULTURACTIVA.ORG 13

Page 14: Catálogo Culturactiva 2012

mago teto/O afiador

Un espectáculo que xira en torno a unha roda de afiar dos anos 30 herdada polo mago Teto dos seus ancestros.O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX, e prácticamente extinguido no século XX, desprazábanse centos ou milleiros de kilómetros por uns días ou anos coa única com-paña da sua roda.Miles de historias e aventuras doutros tempos son postas en escena coa axuda do ilusionismo.Para os efectos de maxia deste espectáculo empréganse elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoi-ras, navallas e parauguas.Un espectáculo ideal para ferias e eventos en exterior xa que todo vai auto-contido na “tarazana” (nome que recibe a roda en barallete) que porta o ilusionista.Un show que pode representarse tanto en interior coma en exterior, esta última versión vai acompañada dun pasarrúas no cal o ilusionista fai xogos de maxia de cerca aos viandantes.

A compañía:

O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos de rúa (como O Afiador) ou de gran formato para teatros (A Maxia da Santa Com-paña) e todoterreos como o seus clásicos ‘Tolemaxias’ e “Perto de Ti”. Coorganizador de festivais de maxia en Lugo, Santiago de Compostela, ten participado en .Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico. Representacións en Galicia, Arxentina, Republica Checa, Alemaña, Palestina... levárono a que só un dos seus espectáculos “15 anos de Tolemaxias” tivese polo de agora máis de 500 actuacións.

Ficha artística:

Autor: Héctor GuerraDirección: Héctor GuerraAdaptación: Héctor GuerraEscenografía: Alex Férnandez, Ebanistería a RodaElenco artístico / formación: Héctor GuerraDuración: 50 minutosTécnica teatral: MaxiaTipo de público: Todos os públicos

breve descrición

breve ficha artística

a compañía

mago tetocompañía/espectáculo

mago teto/Novas tolemaxias

Despois de tres anos xogando con outras artes escénicas nos meus espectáculos, como a música en directo, o teatro, a danza… na “Maxia da Santa Compaña” e “O Afiador”, retorno a esencia do ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo de efectos novidosos tocando todas as disciplinas da maxia (dende efectos de maxia de cerca ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a manipulación…) sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque canalla.E esta menestra ten como obxectivo final a realización dun espectáculo entretido, divertido, estético, emotivo e, sobretodo, cheo de ilusión e de ilusións.

A compañía:

O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos de rúa (como O Afiador) ou de gran formato para teatros (A Maxia da Santa Com-paña) e todoterreos como o seus clásicos ‘Tolemaxias’ e “Perto de Ti”. Coorganizador de festivais de maxia en Lugo, Santiago de Compostela, ten participado en .Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico. Representacións en Galicia, Arxentina, Republica Checa, Alemaña, Palestina... levárono a que só un dos seus espectáculos “15 anos de Tolemaxias” tivese polo de agora máis de 500 actuacións.

Dirección: Hector GuerraEscenografía: Alex Fernández, Magicus, Juan MayoralElenco: Mago Teto, Jorge PrietoDeseño de iluminación: TetoMúsica: Teto Duración: 90 minutosTécnica teatral: MaxiaPúblico: Adulto

breve descrición

breve ficha artística

a compañía

compañía/espectáculo

WWW.CULTURACTIVA.ORG 14

Page 15: Catálogo Culturactiva 2012

don gelaticompañía/espectáculo

dani garcía/Don Gelati

Un billante día de sol chega á praza do pobo un vendedor de xelados co seu carriño e ganas de sacar un sorriso ós que alí viven. Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño que terá que arranxar con inxenio e algo me maxia antes de que os seus xelados se derretan.Esta é unha comedia máxica onde a expresión corporal substitue ás palabras e a comunicación co público e constante e dinámica. Un espectáculo de maxia de rúa con grande movilidade e sen necesidades técnicas externas.

Acompañía

A compañía de Dani García nace no ano 2004 e rápidamente se fai un oco no panorama máxico galego. O longo da súa breve historia crea distintos pero variados espectáculos de pequeño formato como Maxiaterapia e Acción e outros de grande formato como Da’Kara ou Symbiosis. Dani García fómase nas vais variadas ramas da interpretación e da escena para conseguir que as súas producción señan obras de teatro máxicas, onde todo ten un porque e unah lóxica que fai da do ilusionismo algo cotián. Nos últimos tempos o seu traballo camiña cara un lado físico e corporal como no citado especáculo Da’Kara ou no seu ultimo traballo, Don Gelati.

Ficha artística:

Elenco: Dani GarcíaDuración: 50 minTipo de público: infantilTécnica teatral: maxia e teatro xestual

breve descrición

breve ficha artística

a compañía

WWW.CULTURACTIVA.ORG 15

Page 16: Catálogo Culturactiva 2012

grupo

Cé Orquestra

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e desde aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu. Dende comezos do 2008 e con máis de 150 concertos por ano, este músico leva percorrido toda a xeografía galega, paseándose polos mellores festivais e festas do país levando ás costas a súa proposta: Cé orquestra pantasma, un proxecto musical, uniper-soal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga á perfección toda unha vida musical.

Apoiándose na recuperación da figura do home orquestra, Cé orquestra pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar, entregán-dose por completo á festa, porque iso é o que son os seus espectáculos, unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía na que o público deixa de ser espectador para converterse en protagonista.

Animación musical: O clásico home orquestra na súa versión para os máis pequenos, con divertidas melodías e cantigas infan-tís para que participen xogando, cantando e bailando todo o que lles pete…ata caer de cú!

Festas e romarías populares: Un repertorio cheo de cancións populares tanto de tradición oral como das gravacións sonoras, alternando con temas propios: a festa está garantida queiras ou non queiras!

Música nas rúas e prazas: Enche a túa vila de vida musical en plena rúa, nunha conexión directa cos veciños. Que todos disfruten do home orquestra.

Festivais: Música a pé de barra entre grupo e grupo para que non pare a festa, cun repertorio elixido dependendo do tipo de festival, incluíndo sempre temas propios. Levarás o ritmo no Corpo toda a noite.

cé orquestra pantasma

cé orquestraFICHA ARTÍSTICA

Elenco: César FreiríaTécnica teatral: animación musicalDuración do espectáculo: variablePúblico: para todos os públicos

Festas de época: Poderás ver ó marabilloso home orquestra debidamente caracterizado facendo fermosos e divertidos pasarrúas e animando ás prazas en festas de época tipo medi-evais, reconquista de Vigo… Como para non perdelo!

Locais concertos: Poemas musicais de poetas galegos, temas propios e unha chea de orixinais versións co ritmo axeitado para que o teu corpo non pare: deixate levar!!

Música para os maiores: Os grandes clásicos nunca morren, darlles un repasiño sempre será unha boa escusa para facer unha festa ben acompañados, cantando bailando ou como queiras!

Home karaoke: Colle o libriño, escolle a peza e escacha a gorxa cantando ó teu ritmo acompañado/a polo home orquestra, boté-moslle unha cantiga

WWW.CULTURACTIVA.ORG 16

Page 17: Catálogo Culturactiva 2012

ESPECTÁCULO

lusco e fusco

"Encontros" é un espectáculo de circo contemporáneo que pretende desenvolver no espectador unha nova sensibilidade. Xogando co corpo como principal instrumento comunicador estes dous pallasos buscan unha nova identidade cómica, un código propio baseado na sutileza e limpeza escénica. Conseguen así que cada espectador teña unha vivencia única, unha mestura do que están vendo e do que cada un leva dentro.

Dous artistas que se atopan.Como cada ano, chegou o momento de xuntarse, chegou o día de quedar. Unha vez máis veranse as caras. Serán diferentes. Con novas experiencias. Novos amigos. Novas historias que contar. E sempre serán os mesmos. Como cada ano xúntanse. Xúntanse para crear, para rir, para berrar, para escoitar. Para chorar, para calar, para saltar. Xúntanse para xogar.

Espectáculo de rúa para todos os públicos onde o teatro físico, a danza e a manipulación de obxectos achegan aos espectadores a maxia do novo circo.

lusco e fusco

breve descrición

FICHA ARTÍSTICA

S

Idea Orixinal: Pablo Reboleiro e Fredi MuíñoIntérpretes: Pablo Reboleiro e Fredi MuíñoDirección: Pablo SánchezCoreógrafos: David Loira e Alexis Fernández "Maca"Espazo Sonoro: Fran Pérez "NARF"Iluminación: Afonso CastroVestiario: Clotilde VaelloConstrución: David do Rei "Fino"Vídeo: Marghe - Oroboro FilmsFotografía: Elisa GianniDeseño Gráfico: Isaac Piñeiro

Espectáculo gaÑador de “Valladolid propone” (TAC Valladolid 2011)

WWW.CULTURACTIVA.ORG 17

Page 18: Catálogo Culturactiva 2012

compañía/espectáculo

desastronauts/un día de praia

Raquel e Girisho crean este espectáculo en 2004 baixo a súa anterior denominación Circo Exresso, en Londres, Inglaterra. Co seu espectáculo “Too High” estiveron de tour co circo británico Happy´s Circus (80 shows), actuaron na Convención Nacional de Malabares en Crawley 2004, participaron no Festival de Glastom-bury e en varios cabarets de circo en Londres. Hai uns anos que se trasladaron a España onde actuaron co espectáculo de calle “Calleret”, o cal estrearon no Festival de teatro de Calle “De Gorra” 2007 en Santiago de Compostela. (Ver Vídeo) e en distintas festas arredor de Galicia.

Girisho é de nacionalidade inglesa, graduouse na escola de circo “The Circus Space” no 2002. Recorreu Europa co seu número de trapecio estático e participou como artista de circo no espec-táculo de apertura das olimpíadas asiáticas en Doha, Qatar 2006.Raquel Veganzones é de Valladolid, formouse na escola de Circo Carampa, Madrid, e en “The Circus Space”, Londres. Raquel recorreu medio mundo co seu trapecio desde o Caribe ata a India, traballando en diferentes circos, cruceiros e compañías de teatro.

Raquel e Girisho ofrécelles un espectáculo de circo-teatro cheo de enerxía, adrenalina e acción: “Un día de praia”. Un show que combina trapecio, corda e hula-hoops con humor e amor. Un espectáculo moi visual e cunha bonita estética. Unha viaxe honesta e auténtica polos máis e os menos da súa relación.

Elenco: Raquel Veganzones e GirishoTécnica teatral: AéreosDuración do espectáculo: 50 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: xestual

destronauts

breve descrición

Espectáculo

FICHA ARTÍSTICA

compañía/espectáculo

desastronauts/Losing Grip

Este espectáculo foi creado co apoio de “Jeunes Talents Cirque Europe 2009-2010”, operación fundada co apoio da Comisión Europea. Para realizaren “Losing Grip”, Desastronauts pasou por diferentes residencias Artisticas como son CREAC (Marseille-FR), Les Migrateurs (Strasbourg-FR), La Grainerie (Toulouse-FR), Espace Périphérique (Paris-FR) AGADIC Centro Dramático Galego (Santiago de Compostela-ES), Auditorio de Valga (Pontevedra-ES). Losing Grip é o primeiro espectáculo de Desastronauts. Traballando cun material de aéreos orixinal, os artistas intentan dar un novo enfoque ao seu diciplina. Así se comunican utilizando as características das súas habilidades aéreas. Forza, axilidade, confianza, perigo, resistencia e equilibrio son metáforas da súa relación.É un espectáculo apaixonante, sen sentimentalismo, sen palabras e sen límites.

A compañía:

Raquel e Girisho formaron a compañía Circo Expreso no 2004 en Londres, Inglaterra. Co seu espectáculo “Too High” estiveron de tour co circo británico Happy´s Circus (80 shows), actuaron na Convención Nacional de Malabares en Crawley 2004, participaron no Festival de Glastombury e en varios cabarets de circo en Londres. Hai uns anos que se trasladaron a España onde actuaron co espectáculo de calle “Calleret”, o cal estrearon no Festival de teatro de Calle “De Gorra” 2007 en Santiago de Compostela e en distintas festas arredor de Galicia. Girisho é de nacionalidade inglesa, graduouse na escola de circo “The Circus Space” no 2002. Recorreu Europa co seu número de trapecio estático e participou como artista de circo no espectáculo de apertura das olimpíadas asiáticas en Doha, Qatar 2006. Raquel Veganzones é de Valladolid, formouse na escola de Circo Carampa, Madrid, e en “The Circus Space”, Londres. Raquel recorreu medio mundo co seu trapecio desde o Caribe ata a India, traballando en diferentes circos, cruceiros e compañías de teatro. Agora, baixo Desastronauts, inician unha nova andadura con “Losing Grip”.

Ficha artística:

Elenco: Raquel Veganzones/GirishoConcepto & Dirección: DesastronautsPosta en escena: Marcos PTTMúsica: Maximilian LatvaEquipo de Aéreos: Simon PeeversDuración: 45 minutosTipo de público: Todos os públicosTécnica teatral: Aéreos

breve descrición

a compañía

FICHA ARTÍSTICA

M nC +18

WWW.CULTURACTIVA.ORG 18

Page 19: Catálogo Culturactiva 2012

compañía/espectáculo

Circo Chosco

Circo Chosco créase tras a unión de Ariñe Azkue e Óscar Páez despois de coñecerse na escola de circo Oreka (Pamplona) na que se forman durante 3 anos. Alí aprenden diferentes técnicas de circo así como malabar, equilibrios, aéreos, clown, interpre-tación, creación... Despois toman diferentes camiños ata que o actor, clown, docente e director Walter Velázquez, lles bota unha man na dirección do espectáculo Chosco !

Este espectáculo ofrece a posibilidade de se representar con ou sen rutinas aéreas, o que dá grande versatilidade á proposta para adaptala a espazos de interior e/ou exterior.

Ariñe Azkue estudou na escola de Circo Oreka durante 3 anos. Realizou varios cursos de técnicas aéreas, danza, acrobacia e clown na península, en Italia e Arxentina. Actuou en diferentes festivales de teatro de rúa e diversas galas de circo; traballou con compañías como Oreka Zirko, Zirika Zirkus, Panpinpox... Foi profesora de Técnicas aéreas na Escola Navarra de circo Oreka.

Óscar Páez formouse na escola de Zirko Oreka durante 3 anos. Realiza diferentes cursos de clown, acroportes, danza, malabar... en diferentes lugares da península e Argentina. Formou parte de diferentes compañías de Circo como “La Banda” y “Zirko Oreka”, ademais de actuar en diferentes festivales de teatro de rúa e galas de Circo. Licenciado en CC. da Act. Física e do Deporte, foi profesor de Acrobacia e malabar na Universidade Pública de Pamplona.

Dous personaxes, dous problemas, dous caraduras, disparates máis que personas!!! Realizarán un espeCtáCulo cheo de tram-pas, golpes, maxia, fraCasos, éxitos, bágoas e risas...sobretodo risas e moito CirCo! ChosCo é un espectáCulo Case sen fala e para todo tipo de públiCo, mestura de Comedia e CirCo, que tén Como resultado unha obra CómiCa con aCrobaCia, malabar e téCniCas aéreas nas que o públiCo se unirá aos artistas: na emo-Ción e na risa!!

Elenco: Ariñe Azkue e Óscar PérezTécnica teatral: Clown e malabaresDuración do espectáculo: 50 minutosPúblico: para todos os públicos

breve descrición

ficha artística

Chosco !

circo chosco

M

WWW.CULTURACTIVA.ORG 19

Page 20: Catálogo Culturactiva 2012

COMPAÑíA

Pinguela TeatroAna Puente e Chelo do Rejo son Pinguela Teatro: Anos de traballo, formación, escenarios de dentro e fóra de Galicia. Chegou a nosa hora. É tempo de arriscar cunha producción propia. E aquí está: Razóns de peso.

Vivimos nunca sociedade que marca a velocidade ata nas miradas. Non hai tempo pra observar, para coñecerse realmente, a primeira impresión pretende definirte.

“Pinguela Teatro” quixo poñer esta peza enriba dun escenario para pegar un berro, para soltar cadeas, para mostrar que as persoas están máis alá da súa imaxe. Rachar con tópicos, apren-der a dar oportunidades.

Elas fixéronse unha pregunta, ¿Quereredes facérvola vos?: ¿Non é acaso violencia non poder ser tal e como és?

sinopseRazóns de peso é unha comedia. Pretende achegar este tipo de problemas ó público dun xeito entretido, provocador, divertido… “Razóns de peso” relata un momento determinante na vida de dúas mulleres, apenas unhas horas, onde se conta a historia de dúas maneiras de vivir e un padecemento común. Dúas mulleres que traballan xuntas dende hai anos pero que apenas se coñe-cen e que se miraron sempre a través dos prexuízos. Pero de súpeto, acontece algo que desbarata todo e as fai coincidir na oficina... fóra de horas de oficina.

Celia Paredes, secretaria do director xeral, acaba de ser nomeada xerente dunha sucursal que a empresa abrirá en Roma; Laura García, titular do departamento de Marketing e aspirante tamén á xerencia da sucursal, non encaixa a decisión. Cegada pola ira e seguindo un impulso impropio dela, decide tomar medi-das drásticas ao respecto.

Razóns de peso obra

ficha técnicaAutora e Dirección: Clara Gayo - Anabell GagoElenco: Chelo do Rejo e Ana PuenteTécnica teatral: ComediaPúblico: AdultoDuración aproximada do espectáculo: 75 minutosTraxectoria e información relevante:Espectáculo presente na Mostra de Teatro de Cee 2010.Dirixido por Anabell Gago, premio María Casares 2006.

Razóns de peso S+18

WWW.CULTURACTIVA.ORG 20

Page 21: Catálogo Culturactiva 2012

Compañía

a tropa de trapoTal como pasa cos contos, non se sabe moi ben cando naceu A Tropa de Trapo. O certo é que tanto Marta coma Brais, que com-poñen esta curiosa tropa, xa levabamos anos relacionados co mundo dos contos, da oralidade e da literatura, cada un polo seu lado. Coñécense en 2006 e ao ano seguinte dan o salto ós esce-narios.

Desde aquela, percorren toda xeografía galega (toda!) facendo soñar e pensar os nenos e nenas, adolescentes e maiores que queiran achegarse a escoitar un conto. Xa teñen estado en centros sociais, bares, centros de maiores, haimas, centros penitenciarios, colexios, e un longo etcétera, pero a súa espe-cialidade son os institutos. Nos centros de secundaria é onde máis actúan e onde atopan o público máis difícil, pero tamén máis agradecido.

A súa vocación didáctica fundiuse cos contos e coa música e acabou por darlles o que hoxe teñen: catro espectáculos que combinan música e palabra, adaptados a distintas idades, un feixe de historias e melodías e moitas ganas de seguir dándolle vida a ese fío delicado que é a transmisión oral.

A Viaxe das Palabras é a historia dunha nena, Lucía, que desco-bre unha maleta vella de seu avó, a quen non chegou a coñecer. É todo o que de seu avó quedou pero seus pais non lle deixan ver o que hai dentro. Nesta maleta prohibida están os recordos máis preciados de seu avó, os seus segredos. Unha noite, Lucía decide averiguar o que hai alí dentro…

Dende entón, a voz do avó acompáñanos nun espectáculo de catro contos, participativo, con música e efectos sonoros en directo. Contos de vacas, de mercados árabes coas súas dispu-tas, de homes e mulleres que viaxan en busca do lume e de foguetes espaciais feitos na casa...

A música acompaña algúns dos contos, co son da frauta de lata, da darbouka, do laúde árabe, ou mesmo de frautas traídas da lonxana China… E os efectos sonoros son participativos na súa maioría, algúns de reciclaxe, outros corporais e outros con instrumentos de percusión.

a tropa de trapo

breve descrición

Esta é a nova proposta da Tropa de Trapo. Un novo espectáculo de contos a dúas voces con música en directo. Igual que en anteriores proxectos, segue a explorar a liña de historias reais, recollidas en primeira persoa, na busca de contos sinceros e cercanos, que falen realmente do fondo humano que a todos nos une.

Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, Contos coas mans abertas é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de realidade, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte. Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen : as nosas mans abertas.

Contos coas mans abertas.

Contos sen medo é unha proposta chea de ilusión e debate para falar de dous temas fundamentais: a liberdade e o medo.

Despois de remexer entre moitas historias, decantáronse por dúas ben distintas: a de Ana e a de Leandro. Son dúas historias que falan de orientación sexual, da dictadura, de teatro e soños, de periferias… Unha na Terrassa periférica, e outra nunha aldea de Nigrán.

Non son historias de heroes. Son relatos humanos e reais, sinceros, que nos podían pasar a calquera, e que convidan a reflexionar. De feito, este é o obxectivo de contos sen medo: facer reflexionar, invitar a debatir. Non traen respostas, porque cada un deberá atopar a súa.

Contos sen medo

Que é a Hora Azul? É o seu espectáculo máis variado. Contos do deserto, da Galiza, de calquera parte do mundo e de todas á vez. Mulleres valentes en tempos difíciles, festas nunha aldea galega, lendas marroquís...

Ideais, valores, cartos, historias de amor entre as areas do Sáhara e o torreiro de Chandebrito.

Que é a Hora Azul?A Viaxe das Palabras

S

WWW.CULTURACTIVA.ORG 21

Page 22: Catálogo Culturactiva 2012

Desde algún lugar do trópico, non sabemos de cal, pero desde algún lugar, chega mentalini... Teña coidado, tan só con miralo aos ollos pode averiguar desde o seu nome ata os seus máis profundos desexos, é unha mente privilexiada e sen límite posta ao servizo do espectáculo. Mentaclismo é un espectáculo de maxia cómica, que a través dunha serie de poderosos números recollidos por mentalini ao longo das súas viaxes polo universo, somérxenos no seu marabilloso mundo. Coa forza dun tsunami o mentaclismo inunda as nosas cabezas ata controlalas totalmente, faise coa nosa enerxía e alimentase dela para crear un hiperespectáculo cargado de humor e intelixencia (iso di el). Hai moitas razóns polas que non se debería perder este espectáculo, pero preferi-mos non dicirllas e que sexa vostede mesmo/a quen as descubra. Mentalini soamente para o público máis esixente... e para o resto tamén, por suposto.

Elenco: Fran AmeixeirasTécnica teatral: Maxia cómicaDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

compañía/espectáculo

mentalini

mentaclismo: tsunami mental

ficha artística

Alfredo Pérez Muíño estudou Educación Física especializándose en Ximnasia Artística. Logo de quince meses de estudos en Madrid (Escola de Circo Carampa) viaxou por diferentes paises para continuar a súa formación como especialista en técnicas circenses, na Escola Nacional de Circo de Río de Janeiro, Escola de Circo Criollo de Buenos Aires, Escola Nacional de Circo de Cuba e na Bont`s International Clown School en Eivissa...

O teatro xestual, a danza, a acrobacia e outras disciplinas circenses, como o mimo ou o clown, combínanse á perfección para crear unha historia absurda, tola e enormemente divertida sobre un artista cunha única intención: presentar o seu número a toda costa e demostrar ao seu amado público todo o que é capaz de facer.

Gañador do Certame Intergaláctico de Interior no Festiclown 2006.

Elenco: Alfredo Pérez MuíñoTécnica teatral: Teatro xestualDuración do espectáculo: 50 minutosPúblico: para todos os públicos

compañía/espectáculo

fredi

a compañía

ficha artística

circanelo

compañía/espectáculo

pablo trasno

Trasno é un personaxe con xa nove anos de experiencia e madurez nas distintas rúas e prazas do mundo. Creado en Galicia por Pablo Reboleiro no ano 2001, non tivo moito tempo para verse por estas terras xa que emigrou con el para Londres nese mesmo ano. Alí estudiou na prestixi-osa Escola de Circo The Circus Space durante catro anos, onde creou este espectáculo co que xirou pola India, Brasil, Rusia e Arxentina. Logo, regresou á terra.Poderiamos clasificar Trasno coma un espectáculo cómico co cal a xente se identifica e participa, un espectáculo por e para o público con situacións hilarantes, outras que tocan o corazón e outras que “pinchan” un pouquiño, pois falan de nós mesmos e das nosas manías e defectos. Por outro lado é un espectáculo sorprendente con ese espírito circense do “más difícil todavía” que deixa abertas as bocas de boa parte do público. Os nenos soñan co que serán de maiores e os maiores recordan o que soñaban cando eran nenos. En definitiva, un espectáculo plural e multidisciplinar para toda a familia. Música, circo, teatro, baile e danza para o goce de tod@s.

Elenco: Pablo ReboleiroTécnica teatral: Malabares, acrobacias e humorDuración do espectáculo: 50 minutosPúblico: para todos os públicos

a compañía

ficha artística

compañía/espectáculo

rudi dudi

Rudi Dudi, no seu personaxe "o home máis forte do mundo", ás veces tenro e inseguro e outras romántico e atrevido, intenta romper os moldes, xogando co absurdo. Coa súa arte sedutora consegue atrapar a un público sen límite de idade, invitándoo a participar e axudar no imposible, logrando que o espectador "perda" a noción do tempo e "gañe" un sorriso. Un espectáculo dinámico e interactivo de máis ou menos 50 minutos, valido para salas e exterior.

Elenco: Rudi VanminselTécnica teatral: ClownDuración dos espectáculos: 50 minutos Público: público infantil

CIRCO CARACOLO circo mais pequeniño que poidas imaxinar está a piques de chegar coas actuacións estelares da pulga "Elegante" e a poética Plumerita, a Mosca indom-able e o Mono adorable, os irmáns Coello e uns Cans equilibristas de moito coidado, e sen ningunha dúbida...o pallaso RudiDudi...e moito máis. Unha actuación interactiva, de ritmo alto e con moita variación, especialmente elaborado para os máis cativos - 3 a 6 anos.

Elenco: Rudi VanminselTécnica teatral: ClownDuración dos espectáculos: 35 minutos, Público: de 2 a 6 anos

clowntamination

ficha artística

ficha artística

circo caracol

S S S S

WWW.CULTURACTIVA.ORG 22

Page 23: Catálogo Culturactiva 2012

aperta

A Asociación de PERcusionistas e Tamborileiros/as foi creada en Vigo no ano 2004 co fin de apoiar e promocionar a música en xeral e a percusión en particular nun entorno social, procurando favorecer e desenvolver a inclusión social dun xeito lúdico e participativo.

O seu prato forte é o entroido, chegando a desfilar un máximo de 60 percusionistas, con vistosos traxes, acadando unha forte expectación dada a magnitude do son e o propio espectáculo visual, altamente contaxioso, que en si mesmo conforma esta colorida, xigantesca e dinámica festa móbil.

Desde o ano 2006 veñen participando nos entroidos de Vigo e contorna. Levaron dous premios consecutivos nos anos 2007 e 2008 á comparsa máis festeira do Entroido vigués e o premio no 2007 á mellor caracterización no enterro do Meco, tamén en Vigo. Máis non só actuaron no entroido de Vigo, senón que tamén estiveron no Porriño, Bueu, Padrón, Sanxenxo...

Este grupo explora os principais ritmos afro-baianos, tradicionais do entroido do nordeste do Brasil e son coñecidas as súas actuacións en prazas, rúas, centros comerciais e zonas antigas das principais cidades e vilas de Galiza e norte de Portugal.

breve descrición

FICHA ARTÍSTICA

batukadas e animacións musicais

Gostosso Pá +animación zancuda

A batucada Gostosso Pá formouse en Pontevedra no ano 2000. Aos poucos foron medrando e a ritmo de samba introducíronse no mundo da animación participando en numerosas festas de todo o país. Sambearon en Allariz, na Festa do Queixo de Arzúa, na Festa do Mexilon en Bueu, Muros, A Guarda, Valdoviño, Valdodubra, Cabalgatas de Reis de Marín e Rúa de Petin, Vilagarcía, Brión, etc. Na actualidade ofrecen dúas formacións (cinco persoas- dez persoas) en función das posibilidades de cada evento. O espec-táculo adóitase desenvolver na rúa como un desfile ou de xeito estático e non necesita de amplificadores debido á potencia de son dos instrumentos utilizados para a música de “Batuke”.

Ademais de tambores, caixas e agogós, entre outros instrumen-tos, dous zancudos fan animación, circense, xogos co público e abraian os espectadores cos seus movementos, altura e dinamismo.

breve descrición

FICHA ARTÍSTICATécnica teatral: Animación circense (músical e zancuda)Duración do espectáculo: VariablePúblico: para todos os públicos

Gostosso Pá +animación

zancuda aperta

batukadas e animacións musicais

Técnica teatral: Animación músical, pasarrúas e percusiónDuración: VariablePúblico: para todos os públicosEspazo: exterior

WWW.CULTURACTIVA.ORG 23

Page 24: Catálogo Culturactiva 2012

Estatais

WWW.CULTURACTIVA.ORG 24

Page 25: Catálogo Culturactiva 2012

compañía

Yllana

Yllana é creatividade. Nace en 1991 como compañía de teatro de humor xestual, aínda que na actualidade diversificou a súa activi-dade ofrecendo distintas prestacións no mundo das artes escéni-cas e o audiovisual. Os membros de Yllana son Juan Francisco Ramos, Marcos Ottone, David Ottone, Joseph Ou´Curneen e Fidel Fernández. Desde 1996 xestiona o Teatro Alfil de Madrid, converténdoo en un espazo de referencia dedicado á comedia en todas as súas variantes. As súas montaxes representáronse en máis de 2000 ocasións en 33 países e foron vistos por máis dun millón de espectadores. Destacan no estranxeiro tempadas teatrais en Nova York, Mon-treal, México DF, Roma, Londres e París e a participación en festivais internacionais de gran prestixio como o Fringe Festival de Nova York (USA) ou o Printemps des Courges de Toulouse (Francia), gañando o premio con Muuu! ao Mejor Spectacle Etranger en 1993.

Coperactiva Cultural – Culturactiva SCG é a distrubuidora en exclusiva para Galicia dos espectáculos de Yllana.

Outros espectáculos dispoñibles

-666-Star Trip-Pagagnini-Buuuu!-Brokers-Muuuu!-Splash-Olimplaff.

yllana

breve descrición

Outros espectáculos dispoñibles

Zoo

No máis profundo da xungla, uns intrépidos e chiflados exploradores afrontan a máis insensata das aventuras.A súa misión é capturar un exótico animal en vías de extinción para o ZOO dunha gran cidade.

Os continuos despropósitos dos protagonistas desencadearán unha esperpéntica epopea visual na que a contorna, aparentemente paradisi-aco, convértese nunha trampa infestada de estraños animais e perigos ocultos.Aves, mamíferos, réptiles e insectos arranxaranllas para facer a vida imposible aos heroes da expedición.

Yllana volve pór en pé un espectáculo para todos os públicos, aplicando esta vez a súa persoal visión cómica do mundo ao eterno conflito entre o home e a natureza. No seu afán por seguir investigando no teatro do xesto, a compañía profunda con Zoo no tema da animalización e a recreación da natureza salvaxe, ideas que xa estiveron presentes noutros espectáculos de Yllana, aínda que sempre como elementos illados.En Zoo ninguén poderá escapar das garras da risa.

FICHA ARTÍSTICAAutor – Dirección: Yllana - Juan Francisco Ramos / David OttoneElenco: César Maroto, Juan Francisco Dorado, Susana Cortés e Rubén HernándezTécnica teatral: HumorDuración do espectáculo: minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: castelán

muuu2!

Ylana cumpre 20 anos sen dicir nin mu. En 1991 un grupo de mozos entusiastas levantaban un proxecto teatral que nin nos seus mellores soños esperaban que os trouxese ata aquí."Muuu2”, recupera o primeiro espectáculo de Yllana, que lles propor-cionou 20 anos de éxitos e gargalladas. "Muuu2" é unha sátira do mundo da tauromaquia, o sentido do humor o machismo, a valentía, a patria, a festa nacional... E de todos aqueles valores sacros e inque-brantables implícitos nun rito que enfronta, en pleno século XXI, o home e a besta ao xeito do circo romano. Vinte anos logo da súa estrea, a polémica ao redor da tauromaquia ten hoxe maior vixencia que daquela.Nesta nova posta escena e total renovación do espectáculo. Por unha parte vemos novos sketches coa habitual xenialidadede Yllana e skecthes orixinais nos que xa se podían albiscar, de xeito embrionario, os acenos de identidade da compañía: a conciencia da comedia, o sentido do ritmo, o uso do son como un personaxe máis, o seu estilo tan directo, a actitude vándala na súa posta en escena, a composición dos personaxes...En pouco tempo o espectáculo converteuse nun éxito inesperado. Descubriron con el a universalidade do seu humor. Algo que crían tan local de súpeto éncheos de recoñecemento dentro e fóra das nosas fronteiras.

FICHA ARTÍSTICAIdea orixinal e dirección: YllanaDirección Artística: David OttoneElenco: Fidel Fernández, Juan Francisco Ramos, Antonio Pagudo, Luis CaoCoreografía: Carlos Chamorro

L

WWW.CULTURACTIVA.ORG 25

Page 26: Catálogo Culturactiva 2012

COMPAÑíA

Leo Bassi Fai 6 xeracións, un antepasado de Leo Bassi loitou á beira de Garibaldi antes de crear un dos primeiros circos modernos da Toscana. Naquel entón, co auxe do Vaudeville, o avó Británico de Leo, Jimmy Wheeler, era unha das estrelas do London Palladium antes de ser o pioneiro da comedia en T.V. nos temperáns anos da BBC. Máis que continuar unha tradición teatral, o seu propósito é manter vivo, na realidade de hoxe, o espírito tarambana e provo-cador que foi o selo dos Bassi desde que a familia está no nego-cio. Para Leo, o entretemento non só é pracer e diversión, ¡é unha escusa!. O significado real de calquera espectáculo debería ser máis que nada, dar á xente unha experiencia apaixonante, sensacional e estremecedora.

Amado ou odiado polo bufón que é, leo nunca buscou o consenso como artista ou como home. A súa arte, libre de convencións, ofrece ao publico unha experiencia apaixonante, sensacional e estremecedora, onde a provocación é unha linguaxe e non un propósito.

sinopse “the best of”

utopía

Novo especáculo no que repasará o mellor da súa carreira ao longo  de aproximadamente unha hora e media de duración na que poderemos gozar co herdeiro dunha estirpe de pallasos que fixo da risa un arma pacífica para o cambio. Os mellores e mais famosos e divertidos sketchs de Bassi sobre as   relixións, a banca, a dereita, o capitalismo...

Nada se escapa á crítica de Bassi, a arte que, libre de conven-cións, ofrece ao público unha experiencia apaixonante, sensa-cional, onde a provocación é unha linguaxe e non un propósito.

Como o Fénix que renace das súas cinzas, a palabra Utopía volveu ao noso léxico político logo de décadás de ostracismo. No curto lapso de tempo dunha noite electoral, a vitoria de Obama cambiou radicalmente o clima político rompendo a negatividad que ameazaba a visión do futuro.

the best ofobra

leo bassithe best of

Este feito, imprevisible cando comezou a pensar no seu novo espectáculo, crea un marco sorprendente e inmellorable para apreciar a forza dos argumentos da máis ambiciosa das súas obras: ¡UTOPÍA!, que trata, con alegría, da verdadeira historia do Progreso e do Futuro. Con todo, o acerto na elección do tema non é só atribuíble ao fluír da sorte.

Leo Bassi está convencido que o traballo fundamental de calquera artista é saber escoitar os desexos profundos dunha sociedade e utilizar esta enerxía como material de base das súas creacións. Axial, ante o pesimismo ambiental que reinaba no mundo xa desde fai anos e que seguramente é a causa da crise económica, percibía na mocidade un inmenso potencial de cambio e de esperanza totalmente desaproveitado. É para eles que creou ¡UTOPÍA!

M

WWW.CULTURACTIVA.ORG 26

Page 27: Catálogo Culturactiva 2012

compañía/espectáculos

Pez en raya

Algo máis dunha década levan Cristina Medina e Joan Estrader pondo en pé as súas propias pezas de humor.Unha linguaxe tola e o absurdo máis coidado son as bazas dunha compañía nacida en 1997.

Antes de ser coñecida en Televisión pola 2ª tempada da comedia de veciños “La que se avecina”, Cristina Medina traballou para compañías de teatro como Atalaia, TNT ou Centro Andaluz de Teatro ata que en 1997 formou Pez en Raya. Con esta, 7 títulos que deron a volta ao mundo e gañado premios nacionais e internacionais avalan o humor desta peculiar compañía.

Coperactiva Cultural – Culturactiva SCG é a distrubuidora en exclusiva para Galicia dos espectáculos de Yllana.

Sen abandonar o humor absurdo e surrealista, Pez en Raya propón con "Lo Cerebro", un espectáculo-conferencia-documental que describe como recreamos na nosa mente a representación do mundo exterior.

Para iso, e usando todo tipo de recursos, proporanse xogos verbais, habilidades mentais, enganos audiovisuais, etc..., co obxectivo de que cada espectador descubra o tanto por cento de uso que lle dá á súa masa gris en situacións cotiás e cun pouco de sorte elevar esa porcentaxe á máxima potencia. Un espectáculo dirixido a todo ese público ao que lle gusta gozar dun humor anárquico, diferente, persoal e cheo de "broma". Se a realidade depende da información que os nosos sentidos lle dan ao cerebro e como este os interpreta, que é real e que ficción?... se desexan descubrilo non perdan 'Lo Cerebro'.

pez en raya

FICHA ARTÍSTICA

breve descrición

Lo Cerebro Sólala

Unha bailadora de flamenco a ritmo de swing, unha muller soa, sen recursos económicos con catro... ou cinco fillos e co marido na guerra, vive nun piso de aluguer forzada por un caseiro que quere cobrar como sexa. Sólala é unha aposta moi actual que mestura o encanto e romanticismo do cine mudo co humor absurdo.

A compañía PEZ EN RAYA, despois de catro producións avala-das pola crítica, público e cun notable percorrido internacional, vólvenos sorprender cun novo espectáculo. Vida, enerxía, unha dilapidación de humor. Un traballo colectivo que se desboca a través de Cristina Medina. Unha actriz inmensa, pequena, versátil, de currículo sólido e demostrada categoría, capaz de dominar moitas artes diversas encima dun escenario. En Sólala, Cristina Medina é unha en moitos. Absorbe todo o que se lle poña á vista.

Para esta explosión de teatro absurdo contou coa intelixencia de David Sant, o director habitual da compañía, co seu imprescind-ible compañeiro Jon Estrader e con Israel Galván, un dos mellores e o máis innovadores bailadores de flamenco do momento.

Autor – Dirección: Cristina Medina/Joan Estrader/Gerard Florejachs - Gerard Florejachs/Belén CándilElenco: Cristina Medina e Joan EstraderTécnica teatral: HumorDuración do espectáculo: 90 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: castelán FICHA ARTÍSTICA

Autor – Dirección: Cristina Medina/Joan Estrader/David Sant - David SantElenco: Cristina Medina Técnica teatral: HumorDuración do espectáculo: 70 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: castelán

WWW.CULTURACTIVA.ORG 27

Page 28: Catálogo Culturactiva 2012

compañía/espectáculo

kull d`sacEn Coperactiva Cultural - Culturactiva traballamos con exitosas compañías como é o caso de Kull d´Sac. Especialistas en animacións de rúa, pasarrúas e espectáculos de exterior, esta é unha das apostas que ofertamos á hora de ofrecer propostas de animación, pasarrúas e pirotecnia a quen as solicita. É funda-mental a capacidade de crear e adaptar espectáculos para ofrecer shows cunha presenza incomparable.

Pasarrúas con miles de watios de son, zancudos que botan lume, diferentes estéticas (cabaret, futuristas, anos 20), espectáculos creados á carta para calquera tipo de evento, ben se xa unha inauguración, festa, festival... onde pirotecnia, fogos de artificio e música nos levan a algo totalmente diferente e inesquecible; sempre contando coa participación do público e gozando de momentos de interacción e risco inigualables en Galicia.

Con espectáculos coma Danzefoc, Raganarok, Cabaret e Accion-Art, entre outros, a diversión, o espectáculo, unha posta en escena elegante e contundente e a pericia e experiencia desta compañía, a festa está asegurada.

Técnica teatral: Pirotecnia, Pasarrúas Musicales, ZancosEspazo: ExteriorPúblico: Todos

Espectáculos adapatados e personalizados ao orzamento, necesidades e características do cliente e o espazo de realización

kull d`sac

breve descrición

ficha artística

L

WWW.CULTURACTIVA.ORG 28

Page 29: Catálogo Culturactiva 2012

compañía/espectáculos

Capitán maravilla

Capitán Maravilla Productions é unha compañía formada pola fusión dos artistas David González Díaz (creador de “Capitán Maravila”, 2º premio na Fira de Teatre Al Carrer, 1º no Concurso de Artistas de calle de fiestas de la Mercè, 2º premio do público no Festival de teatro de Calle de Valladolid) e Víctor Ortiz de la Torre (creador de “Wilbur”) que inician coa presentación en 2009 do seu espectáculo conxunto “Mono A Mono B”.

Capitán Maravilla

O Capitán Maravilla é un novo superheroe encargado de velar pola diversión do seu público por medio do seu espectáculo. Fará malabares, bailará como poida, ligará coas nenas, voará, arriscará a súa vida (e a da metade do público) e todo o que estea na súa man para conseguir as risas, aplausos e manter atónito ao público durante todo o espectáculo.O que che conten non vale, tés que velo.

Elenco: David Morales Díez Técnica teatral: Clown e malabaresDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: Castelán

Mono A Mono B Mono A Mono B é un espectáculo indescriptible , que tén como protagonistas a dous monos e aos seus “sketchs” persoais e que de seguro impactará en todo o público.

Todo comeza cando un “Mini” entra en escea, un coche fantás-tico no que os nosos Monos saltarán, viaxarán e ata plantarán lume. Veremos como saen de todos estes apretos.

Humor, acrobacias e malabares son só unha pequena parte deste circo animalt*

*Todos os animais deste espectáculo foron tratados como tales.

Elenco: David Morales Díez e Víctor Ortiz de la TorreTécnica teatral: Clown e malabaresDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

capitánmaravilla

breve descrición

FICHA ARTÍSTICA

mono a mono b

FICHA ARTÍSTICA

o capitán maravilla

M

WWW.CULTURACTIVA.ORG 29

Page 30: Catálogo Culturactiva 2012

compañía/espectáculo

Javi Javichi

Javi Javichi, máis coñecido como El Malabarista de la Pista, é actor, showman e malabarista, con experiencia na realización de animacións en eventos e festivais por todo o estado.

Compañía formada fai mais de 12 anos, de forma totalmente autodidacta nos principios e tras un período de formación en distintas escolas de teatro e circo. Continuamente reciclando a técnica con novos cursos e seminarios, nestes momentos a compañía presenta dous novos espectáculos de formato teatro circo para todas as idades, así como distintas rutinas de circo contemporáneo.

Nos últimos  anos traballou en distintos medios, destacando sen dúbida a súa participación en diversos programas de televisión, como os populares 1, 2, 3, A Leer esta Vez (TVE 1) e El Club Megatrix  (Antena  3),  como  malabarista,  ou  Pecado  Original  (Tele  5),  como  presentador.

Igualmente, no seu currículo conta con participacións no Festival Internacional de Teatro de Calle de Valladolid, Festival Internac-ional de Teatro de Getafe, Festival De Gorra 2005 ou o Festival Internacional de Teatro de SHIZUOKA en Xapón, así como un proxecto benéfico de UNICEF en diversos paises de África.

Veló como el Rayo é un espectáculo de humor no que empgrega os malabares, diábolos, mazas ou pelotas, como fío conductor dun malabarista no seu primeiro día de traballo, xogando coas reaccións do público e buscando o risco cun número de equilibrios sobre cilindros no que se mesturana técnica de circo co humor máis clásico.

Con esta divertida producción de rúa, Javi Javichi logra conectar co público dun xeito directo, cunha proposta artística fresca e orixinal que convence desde o primeiro momento. Proba disto é que  este  espectáculo  ven  de  obter  o  recoñecemento  como  mellor  espec-táculo  do  Certame Intergaláctico de exterior no pasado Festiclown Compostela 2005, premio outorgado polo público.

Elenco: Javi JavichiTécnica teatral: MalabaresDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: Castelán

javi javichi

breve descrición

FICHA ARTÍSTICA

Veló como el Rayo

Leonardo Tutifrutti

S

Leonardo Tutifrutti é un vendedor de xeados cómico. Se quere-des pasar un intre divertido toda a familia a obra que tedes que ver é “Leonardo Tutifrutti”. Un espectáculo para todas as idades.As peripecias dun heladeiro no seu primeiro día de traballo ata que consegue facer un xeado.Historia dun italiano calabrés dunha familia de heladeiros, a cal rechazouno pola súa mala fortuna e os seus despistes continuos. Agora emigrado, busca o sentido da súa vida e por que non... un pouco de fortuna...  

Elenco: Javi JavichiTécnica teatral: Clown e teatro xestual.Duración do espectáculo: 45 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: Teatro xestual.Espazo: Interior

FICHA ARTÍSTICA

WWW.CULTURACTIVA.ORG 30

Page 31: Catálogo Culturactiva 2012

compañía/espectáculo

Hiltoff

Clown, bailarín de claqué, músico frustrado, deportista de elite, transportista, anticuario, exhibicionista, mimo pouco falador e pallaso.

Na súa carreira o seu único propósito é honrar os seus continuos e doces fracasos e convivir en harmonía coas afeccións. No espazo escénico rueiro atopa unha bela oportunidade de crear un novo e efémero universo.

Nace en Granada, motivado e interesado polo aspecto lúdico e creativo do movemento, licénciase en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Desenvolve paralelamente cursos e work-shops de teatro gestual, mimodrama, creación de personaxe, clown, bufón... Con diversos docentes; José Piris, Miquel Crespi, Antón Valén, Jesús Jara...

En 2001 é cando comeza a súa andaina como comediante e xunto ao seu compañeiro de duo Krolikowski, nace "Le Troupé". En 2004 cofunda "La Mona y el Boquerón" colectivo de artistas escénicos de diferentes nacionalidades, estilos e disciplinas, dando comezo na súa sala un ciclo que durará cinco anos de varietes mensuais, onde acontecen diversos experimentos e un grandísimo numero de sketchs e pezas curtas. En 2008 comeza a xestación do seu espectáculo unipersonal de teatro de rúa: Radio Salmonela.

Aproxímase a hora "F", comeza a procura de sons deportivos, frecuencias moduladas ligadas ao deporte rei, o momento radiofónico mais esperado. Por fin conséguese sintonizar a retransmisión e de súpeto interrómpese.

Catapultado por este inconveniente, crea coa complicidade do publico, un ambiente paixón-parodia deportiva que o leva a marcar o gol da súa vida, dun xeito épico, ao espido, con ovos, con humor, sen que suba ao marcador.

Dirección e Interpretacion: Hilton BastosVestuario: Laura LeonMusica: Anthony MatieuDiseño Grafico: Maribel FrancoAsesoramiento Tecnico: Raimon Ruiz hiltoff

breve descrición

radio salmonela

FICHA ARTÍSTICA

S

WWW.CULTURACTIVA.ORG 31

Page 32: Catálogo Culturactiva 2012

Pablo Muñoz é “Pablo Superstar Cool”. Formouse na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid e na Escola de Interpretación de Cristina Rota. Bolseiro polo I.N.A.E.M. cursa estudos de Clown e técnicas de humor na Ecóle Philippe Gaulier en Londres e Jos Houben en Bruxelas. Pertence á Sociedade Española e Internacional de Ilusionismo. Premiado co 'Nariz de Ouro' do XIV Festival Internacional de Clowns de Madrid 2009. Premio de Maxia Cómica no Festival Internacional de Maxia de Sta. Susanna (Barcelona)

Con este espectáculo, creado e escrito por Iván Prado e Pablo Muñoz, enfrontámonos a clases de cociña, amores imposibles, mascotas descaradas e ata situacións de escapismo imposible. Este espectáculo busca a risa do espectador a base de crear situacións absurdas de asimilar sen un nariz vermello no corazón. Combinando elementos de clown, maxia cómica e teatro absurdo, o público pasarao en grande.

Técnica teatral: Maxia cómica, clown.Duración do espectáculo: 70 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: Castelán

compañía/espectáculo

Pablo muñoz

a compañía

pablo superstar cool

ficha artística

Miguel Romero é Miguelillo. Para el e a súa compañía, a maxia é sen dúbida o medio máis adecuado para traballar de xeito indirecto algunhas actitudes e aptitudes de xeito efectivo nos diferentes niveis das empresas, e obter así, resultados inmediatos: Workshop máxicos, Convencións de empresa, cursos de maxia para empresarios, outdoor e incentivos, son tan só algúns dos terreos aos que leva a maxia. O que máis adoita facer son actuacións de rúa aínda que tamén se manexa ben en salas e fixo bastante televisión. Ademais, participou con éxito en numerosos festivais de maxia, teatro e clown coma o de Leioa, o de Valladolid, o Festiclown ou o de Barcelona, o de Aurillac, en Francia... entre outros moitos grazas á súa dilatada carreira como artista.

Trátase dunha montaxe fresca e actual onde a maxia máis divertida mestúrase coas técnicas máis clásicas para ofrecer un espectáculo diferente onde a participación do público vai marcando o desenvolvemento do mesmo: barallas que comen, panos que desaparecen, aneis que voan e ata un inexplicable número de escapismo, son tan só algúns dos ingredientes que atoparás nestes 50 minutos de enerxía máxica.

Elenco: Miguel RomeroTécnica teatral: Maxia cómicaDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos, Idioma: Castelán

compañía/espectáculo

Miguelillo

a compañía

instantes imaginarios

ficha artística

compañía/espectáculo

Trapu Zaharra

Trapu Zaharra chega con 'Cámping Renove', unha obra baseada na improv-isación e participación do público. Os Goitisolo son unha familia de uruguaios que chegan coa intención de buscarse a vida no lugar de orixe dos seus antepasados. Para iso pretenden herdar, pensan eles, unhas terras e levantar sobre elas un cámping 'singular', cun servizo personalizado. Ao cliente ofréceselle agarimo e un espazo onde non pensar.

Un problema moi actual é apego dos fillos ao fogar paterno. Ese é o argumento da obra El concursazo. O Concello realiza unha convocatoria para elixir un novo funcionario, que será votado a man alzada polo público asistente que se converterá en xurado. Cun humor acedo, esta veterana compañía representa os problemas que se presentan no fogar cando os fillos rematan a carreira e non saben por onde encamiñar a súa vida. O pai está cansado de que o seu fillo non dea pau á auga e intenta colocalo nun posto de traballo a través deste concurso déspota do concello que, por un capricho do suposto alcalde, quere cambiar a imaxe e que os funcionarios sexan fracos, con bo aspecto..

Técnica teatral: Humor, Teatro de calle.Duración do espectáculo: 50 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: castelán.

camping renove

el concursazo

ficha artística

compañía/espectáculo

Alas Circo

Circo contemporáneo con fundamentos e fortes bases de destrezas físicas aéreas e música ao vivo. Amada e Amador quedan nunha praza, a luz dun farol, unha pedida de man, e un ramo de flores, pero Amada nunca chega á cita... cando Amador descobre que Amada espéralle na lúa busca mil e unha formas para chegar ata ela, pero as relacións entre ceo e terra non son posibles.

Técnica teatral: Aéreos, Circo e Música.Duración do espectáculo: 45 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: sen palabras.

Un lugar onde a maxia esperta. Un lugar de soños...Baixo a sombra dun gran carballo descansa o Mago Thot, quen esperta para adentrarnos nun mundo cheo de seres máxicos e fantásticos que se deixan ver como contagotas invadindo o espazo, seres divertidos que realizan proezas asombrosas: caen do ceo facendo resoar as campás, baixan polas paredes dos edificios, camiñan por cordas frouxas, ou se tiran desde o alto dunha estrutura…

Técnica teatral: Pasarrúas musical con aéreos, zancudos e corda frouxa (adaptable).Duración do espectáculo: Variable.Público: Para todos os públicos, Idioma: Castelán

amada y amador, encuentro en la luna

ficha artística

ficha artística

la magia de thot

S M M L

WWW.CULTURACTIVA.ORG 32

Page 33: Catálogo Culturactiva 2012

internacionais

WWW.CULTURACTIVA.ORG 33

Page 34: Catálogo Culturactiva 2012

COMPAÑíA/espectáculo

okidok/slips insidePierrot e Marcel teñen corpos de ensoño, corpos de estrelas.Musculosos, elegantes, hábiles, multifacéticos e moi conscientes de tódalas súas incribles cualidades lánzanse nunha gran dem-ostración dos seus talentos. E sabe Dios que teñen moitos!Talento en estado puro, o mellor da acrobacia, a esencia do mimo, o culmen da danza; resumindo, a poesía bruta dos anos gloriosos do music-hall.Unha hora de risas, sen palabras, con moi pouquiña cousa.

A compañía: A compañía OKIDOK distinguiuse coa súa primeira creación “HA HA HA”, espectáculo representado máis de 500 veces arredor do mundo e aínda de xira. En SLIPS INSIDE, OKIDOK prosegue o seu traballo de clown, atopamos a mesma linguaxe corporal, teatro xestual mudo salpicado de ruídos, pero desta volta cunha estética totalmente diferente. A maquillaxe e os zapatóns deixan oco ao corpo espido do acróbata.Submerxidos nos cimientos do espectáculo circense, nunha demostración de trucos de forza e habilidade, as personaxes actúan impulsadas polas súas tolerías, súas ínfulas de grandeza e polas súas torpezas. Un xogo que leva á improvisación, ao desenvolvemento das singularidades dentro do dúo, en constante diálogo co público.

Ficha artística:

Elenco: Xavier Bouvier e Benoît Devos Duración: 90 minutosTipo de público: Todos os públicosTécnica teatral: Humor, acrobacias e teatro xestual

a compañía

breve descrición

ficha artística

okidokslips insideM+18

WWW.CULTURACTIVA.ORG 34

Page 35: Catálogo Culturactiva 2012

COMPAÑíA/espectáculo

circo claxon/revolución industrial

Circo Claxon é unha compañía única no panorama actual que fai arriscadas e espectaculares rútinas de pau chino e aéreos con trapecio de voo, algo realmente difícil de ver en todo Estado. Revolución Industrial é un espectáculo que, ademais de ter un bo nivel de humor e participación, amosa equilibrios, portes e acrobacias aéreas en diferentes elementos (mástil, trapecio) que a sitúan entre as mellores compañías do momento.

Germán Cortés e Tatiana Hess presentan o seu quinto espec-táculo, “Revolución Industrial”Neste caso Germán Cortés e Tatiana Hess presentan o seu quinto espectáculo, “Revolución Industrial”. A esencia deste espectáculo é a satirizacion do traballo mecanizado, a burla cara a todo este sistema produtivo que nace naquela revolución e instala o culto ao produto, ao consumo e que para iso demanda a escravización dos individuos a trapos, impersoais. E por contraposición pretende ofrecer como alternativa, outro “produto”: a arte; e outra forma de trabal-lar: divertíndose. A compañía:

A compañía Claxon Circo é o produto da unión de dúas persoas que desde fai catro anos xuntan as súas forzas creativas dando por resultado unha rica e variada produción de postas escénicas e artísticas. Germán Cortez e Tatiana Hess, ambos con inicios en ámbitos deportivos, contan cunha ampla formación profesional. Os dous profesores de educación física, formáronse tamén en técnicas artísticas circenses e acrobáticas múltiples, así tamén como en técnicas teatrais, ela no ámbito da danza e el na música.

Ficha artística:

Dirección: Circo ClaxonDuración: 50 minElenco: Tatiana Hess e Germán CortezTécnica teatral: Aéreos, mástil chinés, portes e acrobacias

a compañía

breve descrición

ficha artística

circo claxonrevoluciónindustrial

nC

WWW.CULTURACTIVA.ORG 35

Page 36: Catálogo Culturactiva 2012

COMPAÑíA/espectáculo

amontonados por azarH2Olga - una sustancia circense

A obra conta a historia de tres personaxes que buscan a solución aos seus problemas nun chiringuito abandonado no medio da rúa.Mesturando diferentes sustancias xerarán situacións inespera-das e cheas de destrezas circenses.Un espectáculo que mestura actuación, as acrobacias máis disparatadas para divertir aos máis mozos e sorprender aos máis grandes, malabares e moito humor.

A compañía:

Amontoados Por Azar é unha compañía de circo nacida a fins de 2007. Desde entón e ata a data, dedicouse a imaxinar, dirixir e producir o soño de crear espectáculos que volvan unificar o circo co teatro.Amontoados Por Azar fusiona varias expresións artísticas e populares como o circo, o teatro, a danza e a música popular Arxentina, procurando achegar ferramentas que revaloricen e renoven a cultura nacional.Amontoados Por Azar é a unión de artistas formados en diferentes escolas de circo - locais e do exterior- que, baixo unha mesma meta de crecemento e experimentación, busca desen-volver espectáculos de alto contido visual e expresivo.

Ficha artísica:

Elenco: Olga Calle Mendez - Lucas Gaillardou – Mariano Pujal Idea y dirección: Olga Calle Mendez – Lucas Gaillardou – Mariano Pujal Coreografía: Carolina Pujal Vestuario: Amontonados por Azar – Inés Robotti Escenografía: Amontonados Por Azar Duración del espectáculo: 50 minutos Tipo de público: Todos os públicos

a compañía

breve descrición

ficha artística

amontonadospor azarS nC

WWW.CULTURACTIVA.ORG 36

Page 37: Catálogo Culturactiva 2012

Strawberry recrea un espectáculo onde os elementos do mimo, a comedia gestual e o vaudeville fusiónanse coa tradición dos grandes clowns. Co seu estilo persoal, Fraser Hooper, perfor-mance de nariz vermello, percorreu o mundo deleitando a audiencias de todas as idades.

Fraser Hooper é, sen dúbida, un dos principais clowns europeos. A súa experiencia como mimo, cómico, malabarista e monoci-clista convérteo nun artista completo que conquista o público internacional desde o primeiro momento co seu estilo único de clown contemporáneo.

Procedencia: Gran BretañaTécnica: Clown e teatro xestual

compañía/espectáculo

fraser hooper / Strawberry

breve descrición

ficha artística

a compañía

Imbalance é un espectáculo no que hai demasiadas pelotas no aire durante os números de malabares, onde o perigo está sempre presente e no que se pon a proba toda a coordinación de Andy Snatch.

A compañía:

O artista de rúa máis encantador de Inglaterra preséntanos o seu número de corda frouxa. Un orixinal estilo de malabares, moitísimo descaro e un grande carisma levarán a un final logo do cal non só Andy Snatch terá maniotas.

Procedencia: Gran BretañaTécnica teatral: Clown e malabares

compañía/espectáculo

andy snatch / imbalance

breve descrición

ficha artística

a compañía

compañía/espectáculo

Djuglledy / El diábolo

Espectáculo gañador do Certame intergaláctico de exterior do Festiclown 2011. Neste show, a música marcará o ritmo dos xogos malabares. Trucos orixinais, boas ideas e un número excepcional cun diávolo inquedo, atrevido e audaz... que non para nin un momento.

A compañía:

Jan Maske forma a compañía Djuggledy. Djuggledy é un performer alemán malabarista e showman. Conta con máis de 5 anos de experiencia actuando en rúas e festivais por toda Europa.

Procedencia: AlemañaTécnica teatral: Malabares

a compañía

breve descrición

ficha artística

compañía/espectáculo

Gregor Wollny / Wollny

As palabras non son o único medio de transmitir ideas e situacións. Moitas veces os xestos e expresións transmiten moito máis. Iso e moito máis é o que Gregor Wollny consegue facer nos seus espectáculos. O pracer exuberante de Wollny no proceso de creación do espectáculo é algo a non perderse. Realmente divertido!

A compañía:

Gregor Wollny, un comediante multifacético de Berlín, é home de poucas palabras, pero ten moito que dicir, sendo a súa lema: as palabras son prata, pero o silencio é de ouro. Polo tanto, cando transforma regras de madeira en animais, non é que estea soamente sen palabras, está transmitindo ideas e pensamentos.

Procedencia: AlemañaTécnica teatral: clown, teatro xestual e maxia cómica.

a compañía

breve descrición

ficha artística

SnCSnCS S

WWW.CULTURACTIVA.ORG 37

Page 38: Catálogo Culturactiva 2012

Pallaso de nacemento e clown por adopción, comeza a realizar os seus espectáculos en teatros, rúas, vías de trens e prazas de Buenos Aires, os seus arredores e polo resto do mundo sempre presentando os seus espectáculos facendo as delicias de grandes, mozos e medianos.

LUNATIK, reflexo fiel de como está este mundo hoxe en día...Desordenado, cruel, amigable, enérxico, en caída libre, atorado, preguiceiro, apurado, fiel, atorrante, buscón, guerreiro, durmiñón, desvergoñado berrón e furioso, pero por sobre todo cómico, sutil, esférico, perfumado de cor, sabor e cheiro.Un pallaso plantado neste mundo no que non elixiu nacer, pero si vivir ao seu xeito… rindo!

Duración do espectáculo: 45 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: Castelán

compañía/espectáculo

nani cogorno / lunatik

a compañía

ficha artística

lunatik

Neste divertido espectáculo, a compañía Grupo Electrógeno presenta a Palmerita (La Dama) e a Jeremías (El Director) cun espectáculo de 60 minutos onde os bailes acrobáticos e os xogos de malabares combínanse con torpeza, ridículo e as súas intimidades cotiáns. Na súa interacción co público destaca o carácter destas personaxes unidas non só polas súas habili-dades, senón da man dunha historia que recrea a imaxinación. Humor, sorpresa e impacto, onde o elegante subliña o absurdo. Unha presentación de luxo, un malabarista de lume e unha baila-rina, ... interactúan os nenos e os grandes. Acrobacia con humor... e tres finais de risco. ¡¡¡ Non repita isto na súa casa sen antes consultarnos!!!

Elenco: Celina Maffei e Fernado de la TorreTécnica teatral: Malabares e acrobaciasDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: Castelán

compañía/espectáculo

Grupo electrógeno

comedia circense

ficha artística

compañía/espectáculo

Chacovachi

Chacovachi é pallaso e un dos precursores dos malabares, o circo e os espectáculos rueiros en Arxentina.O seu espectácuo en Praza Francia durante 15 anos foi inspira-dor, abrindo camiño á chegada de sucesivas xeracións de artistas rueiros.

O seu espectáculo unipersoal “Coidado, un pallaso malo pode arruinar a túa vida”, é unha proposta que emociona, transforma e arde chea de risas, sorrisos e gargalladas. Chacovachi amosa a un pallaso auténtico na súa loita por entreter sen estupidizar e sobrevivir no intento.

Técnica teatral: Clown Duración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: Castelán

CUIDADO! UN PALLASO MALO

a compañía

ficha artística

compañía/espectáculo

Maku Jarrak

Malabarista, música, paradista de cabeza e sobre todo payasa, esta nova muller con técnica e humor, estimula, representa e simboliza o unipersonal rueiro feminino. Dirixido polo pallaso Chacovachi este é un espectáculo baseado na accion fisica e a comunicación comica co público dun xeito activo e fresca.

Maku comunícase sen palabras, creando asi unha linguaxe universal. Os momentos técnicos e ludicos sucédense dinámica-mente durante o espectáculo, de xeito fluído, e son parte dun universo cheo de equilibrios, malabares e momentos tan cómi-cos como únicos que levan a un final sorprendente e inesperado.Durante 40 minutos unha pallasa entretén, divirte e asombra, amosando personalidade, oficio e un alma clown que entregar.

Técnica teatral: Clown Duración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: Castelán

a compañía

ficha artística

RimBomBam!

SS S S

WWW.CULTURACTIVA.ORG 38