carreiros 6 (2007)

34

Upload: afervenzadeouzande

Post on 24-May-2015

860 views

Category:

Entertainment & Humor


16 download

DESCRIPTION

Número 6 da revista Carreiros. Ano 2007. Publicada pola AC A Fervenza de Ouzande (Ouzande, A Estrada, Galiza)

TRANSCRIPT

Page 1: Carreiros 6 (2007)
Page 2: Carreiros 6 (2007)

carreiros 01

carreiros editorialcarreiros

outros carreiros

Neste número de Carreiros, imos máis alá. Máisalá do mar da emigración. Iniciamos no exemplarque tés nas mans unha serie na que trataremosde coñecer as historias dos nosos emigrantes.Foron moitas persoas, homes e mulleres que aolongo do século pasado tiveron que buscar out-ros camiños, outros carreiros, para poder levarunha vida máis digna e mellor, aínda que semprecon moito esforzo e sacrificio. Nesta ocasiónfalamos con Manolo de Cabanas, ouzandésnamorado da súa terra, que un día, hai máis decincuenta anos, decidiu non vivir a súa mocidadeou, cando menos, vivila en Ouzande. Viviu amadureza adiantada, traballando e tratando demellorar nun Brasil que ao final algo lle devolveu.Queremos que por estas páxinas sigan pasandohistorias, historias vividas, lonxe no espazo,preto do noso corazón. E han de pasar.

Elisa Tato Pintor veu a Ouzande a nos aprendera facer cestos. Aprendemos. Correu camiñosdesde Arzúa ata Guimarei. Un dos seus carreirospasou por Ouzande e nós acordámonos dela,que seguirá tecendo cestos, noutros camiños.

Viñeron novas, con ganas, con xeito. E nósfelices de ter tres novas compañeiras no equipoque fai posible Carreiros. Por moitos anos conNoelia Bouzón, Sonia Chedas e Laura Rosende.

Page 3: Carreiros 6 (2007)

a compaña

A miña avoa, Encarnación Fandiño, nai do Sr. Ramónde Chedas do Formigueiro, avoa tamén do Afonso de Chedas,di que tiña un irmán que se chamaba Elauterio e que por medoda “compaña” xamais pasaba diante do cemiterio pola noite.Esta historia foi polos anos 1910 ou 1912, pois de acordo coque me dixo a miña avoa, o meu tío Ramón, que naceu en1898, tiña naquel tempo entre 12 e 14 anos.

O meu tío avó Elauterio traballaba como axudante dunxastre que había no Redondo. Era costume nesta época cobraro salario aos sábados e nun destes sábados, ademais depagar o salario da semana, o patrón invitou Elauterio a tomarunha chiquita nunha taberna que había no Redondo. Chiquitavai e chiquita vén, empezou a escurecer e dixo Elauterio ao seupatrón:

- Marcho, porque xa está escurecendo e despois teñomedo de pasar por diante do cemiterio.

E díxolle o patrón:- Vamos tomar máis unha, despois acompáñote ata

pasar do cemiterio.Elauterio aceptou, e non foi unha, foron moitas

chiquitas; entón alá polas tantas cando a taberna pechou

Elautério foise tremendo de medo da “Compaña”, mesmoacompañado do patrón. Cando chegaron debaixo da horta doPazo, el non quixo ir polo carreiro que pasava por diante daigrexa e do cemitério e dixo:

- ¡Non imos pasar diante do cemiterio, pois xa son asdoce da noite e pode saírnos a “Compaña”!

E replicou o patrón:- ¡A “Compaña” non existe!Elautério:- ¡Bo...iso dilo ti! Mira, imos pola Aldea Debaixo, así

pasamos por detrás da igrexa e lonxe do cemiterio.Camiñaron polo carreiro pola beira da corredoira, que

pasaba pola Aldea Debaixo, e cando foron baixar a escalera dacorredoira para atravesar e coller o carreiro do outro lado... heique alí aparece A COMPAÑA!!! con luces pálidas tremendo, cocaixón do defunto e todo.

Elauterio tomou tamaño susto que saiu correndo polomedio das Herbeiras, atravesou o regueiro cheo de silvas querasgaron toda a súa roupa e causaron feridas que sangraronmoito. Atravesou a Cabianca metendo os pés nas presas,baixou polas Brañas, enterrouse ata os xeonllos, foi polocampo de Ouzande e o Caeiro do Pozo, entrou na casa comoun lazarillo, cheo de lama mesturada co sangue que daba unaspecto dunha momia estrazallada, con cortes das silvas por

carreiros 02

colaboración manuel cabanas

Page 4: Carreiros 6 (2007)

todos os lados.A miña avoa quedou desesperada ao velo así, foi

horrible, ela choraba e gritaba chamando os veciños queviñeron correndo, todos estaban moi asustados, querían saberquén fixera todo aquilo co Elauterio.

Elautério non falaba, perdeu a voz con tamaño susto.Coa cara chea de lama e sangue soamente se vían dous ollosarregalados, a boca aberta e respiración cansa. De falar, nada...ata que despois dalgún tempo naquel estado Elauterio di sóunha palabra:- A COMPAÑA!!!

E desmaiou...Cando todos os veciños se organizaban para uns

chamaren ao médico e outros á garda civil e tamén había osque querían chamar o cura para exorcisar a Elauterio. Nestemomento chegou na casa do Formigueiro o xastre do Redondoe di:

- Non vos preocupedes, non foi ningunha “Compaña” oque Elauterio viu , o que pasou é que os da Somoza ían levandoo caixón daquel home que caeu do andamio na obra da Estradae os seus compañeiros levárono ao médico, pero non houboxeito de recuperación: faleceu polas dez da noite e ían cocaixón pola corredoira, pois polos carreiros non cabía e oenterro é mañá ás cinco no cemiterio de Somoza.

carreiros 03

manuel cabanas colaboración

Page 5: Carreiros 6 (2007)

carreiros 04

opinión manuel cabanas

Diríxome á direccion da revista Carreiros para propor unha homenaxe aunha persoa que foi moi importante para a formación da xente de Ouzande dosanos 40 e 50 que educou cos seus xeitos moi particulares de ensinar e orientar amocidade de ouzande da nosa época, pois intelixente como o era percibía quenesa época pola pouca cultura que os nosos pais tiñan, pouco poderían pasar aosseus fillos.

Eu, como alumno dela por algunhas horas diarias, aproximadamente dezanos, podo ser testemuña que foi a nosa segunda nai, orientadora e conselleiraensinando e sempre nos dando orentación con relación ao futuro. Ela non foi unhasimple profesora que nos ensinou a ler, escribir e saber canto son dous máis dous,tamén nos ensinou como nos comportarmos diante da sociedade, dos nosos pais eirmáns; e como non, diante do mundo.Á fin, foi a enciclopedia viva da nosa forma-ción. Esta persoa é dona Consuelo Valcárcel Campos, profesora de Ouzande.Na miña opinión, se fose posible, gustaríame que esta idea puidese ser sometida áopinión da xente de Ouzande para prestarlle unha homenaxe, non coa intención depagar por todo que fixo, porque iso non se pagará nunca. É para que osouzandeses nunca se esquezan da importancia que Consuelito daCasa Nova tivo para formación dunha xeración de Ouzande.

Gustaríame que lle desen o nome dela ao tramo darúa que sae da estrada Ouzande - Somoza ao fondo dalabrada ata o portal da casa de Elsa de Sueiro coa seguinteplaca:R.Profª Consuelo Valcárcel Campos

“Consuelito”ou outras homenaxes que o pobo de Ouzande queiraprestarlle.

Non quero con esta homenaxe a Consuelito desprezaro labor que tamén fixeron na educación dos mozos deOuzande, persoas como Domingos de Camba,Carmen deXaquina, Lolita de Roque, Carmen de Pedro (monxa) e un señor dacasa de Xestoso que non me acordo o nome. O noso agradece-mento a todos por tan prestimosa axuda na formación da moci-dade de ouzande daqueles tempos idos.Anticipadamente felicito o pobo de Ouzande poreste xesto nobre.

Sao Paulo, 12 de outubro de 2007

Page 6: Carreiros 6 (2007)

carreiros 05

senén campos maceiras colaboración

a tiranía dos crueisDeberíamos de estar

delas todos namoradospero hai algúns malvados

que só saben asoballarque só saben facer chorara algunha sufrida mullernon tería que acontecerpero hai maltratadores

que están a causar doresque a moitas fanas morrer.

Xa se esquecen os amoresxa se esquecen as promesasxa a moitas téñenas presas

eses crueis torturadoresos actuais inquisidores

moi fartos en toleríaeu quixese neste díaque volvese a tenrura

que quen teña a alma duranon use a tiranía

Page 7: Carreiros 6 (2007)

as campás taménbadalan na poesíagalega (II)Emilio Xosé Ínsua

Retomamos o noso percurso pola presenza da campá napoesía galega, comezado no anterior número da revista que tes nasmans, e batemos en primeiro termo co curioso eco literario dun cos-tume bélico que tiña a campá como involuntaria protagonista.

Campás roubadasNa época medieval, un dos xeitos que cristiáns e musulmáns

enfrontados entre si tiñan de se humillar e escarnecer era a destruc-ión, profanación ou saqueo dos seus respectivos lugares de culto:catedrais, igrexas, santuarios e ermidas, nun caso; mesquitas, nooutro. Un dos elementos litúrxico-materiais que invariabelmentedestruían ou capturaban os mouros durante as súas razzias por ter-ritorio infiel era, precisamente, a campá.

Deste costume fica precioso testemuño literario no Capítulo390 da Crónica Geral de Espanha de 1344, intitulado “De comoAlmançor correo terra de cristaãos e chegou ataa Santiago e levouende as portas e as campaãs”. Cóntase aquí como o famoso coudelárabe, durante unha das súas expedicións militares, chegou aCompostela a comezos do s. XI e profanou a tumba do Apóstolo,mandando cargar a ombros de prisioneiros cristiáns as portas e ascampás da catedral para as levar ata Córdoba, “por synal de venci-mento que avya feito” e usalas na mesquita desa capital como lám-padas. No entanto, presos dunha maldición divina, Almanzor e a súatropa, segundo relata a citada Crónica, caeron enfermos dun mal“que os fisicos chamã darrya [...] que he enno ventre, que rompe asentranhas e as tripas e faz nos hom?es menaçõ tam forte que mor-rem della”.

En tempos do rei castelán Don Fernando, Córdoba seríaconquistada e as campás reenviaríanse a Santiago. Inspirándoseneste episodio, o poeta Luís Iglesias de Souza escribiu no seu poe-mario Vento antergo (A Coruña, 1975) un texto intitulado “As campásde Compostela”, ao que pertencen estas estrofas:

“[...] - Son as campás que foi roubaraquel dimuño de Almozorcando Sant-Iago foi guaañare toda a vila derrubóu.

-¡Válame Deus!- escrama el Rei-Lingoas do Ceo do Padrón,Padrón sabido, as levaréia Compostela, de corazón.

Lombos de mouros van levarlongo camiño, o morto sondas campaíñas, que han falaren Compostela novo son.

I el Rei Fernando veu loubarcabo Sant-Iago, o bon Padróne oubir de novo outo soardas campaíñas do perdón”.

Campás que non soan benAlgúns dos nosos poetas máis ilustres teñen dedicado ver-

sos ás campás chocas, gastadas polo uso e polo tempo, desposuí-das do harmonioso son que as caracterizaba, antes potentes e ledas,agora laiantes e desafinadas.

No seu primeiro poemario, No desterro, publicado naHabana en 1913, o poeta cambadés Ramón Cabanillas insire a com-posición “A campana choca”, que xira arredor do contraste entre osrebuldeiros tempos pasados, en que a campá chamaba para a festa“como unha gaita / saudosa e tenra, / como unha avoa / rexoubadeira/ e xuguetona”, e os morriñentos tempos presentes, logo de que unraio a fendese nunha noite de treboada (“¡quedoulle á probe / traba-da a léngoa!”), de maneira que

“Hoxe, doentepor mor da fenda, oces legríasxa non desperta;cascada e choca,con voz de vellacansa e sin folgosque dende a eiracunha veciñaberra que berra,somentes tanguepola cuaresma

carreiros 06

patrimonio emilio xosé ínsua

Page 8: Carreiros 6 (2007)

cando oabade,

dándolle presa,doutrina e ovospídelle á aldea!”

De ton aínda máis tébrego e tráxicoé o poema “A campana choca” que o escritorÁlvaro de las Casas publicou en marzo de1919 no xornal ourensán O Tío Marcos daPortela. O son da campá choca esperta noespírito do poeta imaxes desacougantes esentimentos de arrepío e medo:

“Cando soas n-a noite pecha e fríaparecem’o teu son trist’e dörido,o lamento d’un can que foi feridogardand’o gando y-o amo que durmía.N-a noite escura a y-alma s’arripíaoíndo teu soar qu-é un alarido,un berro xordo de delor saídod-unha curuxa ó lle morrer a cría.Cuase me dan terror tuas bateladastocand’a morto n-as noites caladasen que me quento pretiño do lar;antes inda gardabas armuníahoxe parés a tórtola que píanon alcontrando piño ond’aniñar”.

Noutras ocasións, a campá chocanon esperta a mágoa ou o medo do poeta,senón a súa carraxe, na medida en que oinstrumento simboliza o fanatismo relixioso,o sectarismo e o inmobilismo ideolóxico. Asíacontece no famoso poema “Na chegada aOurense da primeira locomotora”, de CurrosEnríquez (1851-1908), incluído na 2ª edición

deAires da miña terra (1881). O celanovés,saudando a “Nosa Señora de Ferro” que traeconsigo luz e progreso, apostrofa á catedralda cidade das Burgas, cominándoa doseguinte xeito:

“Catedral, demagogo de pedra,dun pobo fanático erguida no medio,repinica esas chocas campanasen sinal de alegría e contento.

Campás ausentesA ausencia da campá é identificada

por moitos poetas como sinónimo de ruína,de abandono, de despoboamento. O escritorpontevedrés Luís Amado Carballo, poucoantes de morrer, publicou en A Nosa Terra(nº 240, 1927) un poema intitulado“Mosteiro”, en que retrata a conquista que anatureza fixo do que noutrora fora edificiocenobita:“As túas campás cantoras

fuxiron da capoeiraa aniñar noutro clochel.¿Voltarán coa primadeira?

Os paxaros cantan misae as maus oxivais arrolanos niños dependuradoscomo lámpadas das bóvedas.

Fuches denantes de Deus,agora és da natureza,pois teu silenzo fuxiue a vida prendeu na pedra”.

Do mesmoxeito, no seu poema “Aermida”, pertencente aolibro Terra Chá, ManuelMaría plasma os sentimen-tos de tristura que lle pro-duce a contemplación docampanario baleiro dunhaermida chairega:

“¡Que orfa e que tris-teira está

a ermida no montesolitario!

¡A min dáme moita señardáver sen campá o seu campanario!

A chá. A ermida é algo alleoneste monte raso, carqueixeiro.¡Non sei que pregará ó ceoo sitio da campá, oco e valeiro!”

Compañeira de meditación e tristurasO son da campá resulta ás veces

propicio arranque ou inspiración para a med-itación non exenta de tristura, como reflicteRosalía de Castro no seu poema “EnCornes”, de Follas Novas (“Convidando ameditare, / soan de Conxo as campanas”),en “Chirrar dos carros da ponte”, do mesmolibro (“tristes campanas de Herbón: / candovos oio partídesme / as cordas do corazón”)

carreiros 07

emilio xosé ínsua patrimonio

Page 9: Carreiros 6 (2007)

ou no emblemático “Campanas de Bastabales”,do libro Cantares Gallegos (1863), ao que perten-cen estas estrofas:

“Campanas de Bastabales,cando vos oio tocar,mórrome de soidades.

Cando vos oio tocar,campaniñas, campaniñas,sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,penso que por min chamades,e das entrañas me doio [...]

Tamén acontece que ese tanguer logreexpresar os sentimentos de saudade e mágoaque embargan o espírito dos namorados que sesaben mortais e efémeros, como acontece nopoema “Campáns” de Emilio Álvarez Blázquez,inserido no libro Poemas de ti e de min (1949):

“As campáns, lonxe, tocandopor ti e máis eu, meu amor,que nos morreu esta tardede saudade o corazón.

Teu corazón, unha pomba;meu corazón, coma un melro:as campáns, lonxe tocandopor tí e máis eu, que morremos...”

Así mesmo, a campá que soa pode evo-car a infancia perdida ou instantes remotos dapropia existencia, que semellaban esquecidos.Augusto María Casas, nun dos poemas do seuServidume da treva (Vigo, 1965), manifesta aemoción de escoitar as campás do Ourense enque transcorreu a súa nenez: “¡Da saudade osenlleiro rechouchío, / ouh lonxanas campás deAuria nativa! / Meu corazón, a folla fuxitiva, / sinteas campás no seu solpór sombrío”. O sacerdoteCrecente Vega, en “Campaniña do Convento”,deixa testemuña da señardade dos seus temposde novicio que a campá, en soños, é quen deespertar no seu espírito: “Campaniña do

Convento / oínte en soños tocar, / cuasi brinqueide contento. / Tocabas á mañanciña; / despertei eestaba lonxe... / ¡Campaniña! ¡Campaniña!”. En“Campanas da Guadalupe”, o poeta muxiánXervasio Paz Lestón, emigrado e exiliado enArxentina, rememora tamén, aínda que con dor,algúns instantes indelébeis da súa infancia mar-cados polo dobrar das campás:

“Campanas da Guadalupe,cando ouso voso dobrarnestes días que aos defuntoslle dedica a cristiandá,sinto no fondo do peitoun afogante pesarporque me ven a memoriaaquel tristeiro ven-vanque escoitei voiar de nenoda torre da parroquialcando co millo das ánimas,na cediña da mañán,eu iba todol-os anoscargado con meus hirmánsbaixo a direución devotada santa de miña nai”.

Pola súa vez, Cabanillas, nun texto intit-ulado “Dos meus días de neno (prosa rimada)”,explica como o son da campá esperta nel lem-branzas que xa tiña case olvidadas: “Esta mañán,ó abrente / o batelar do sino dunha ermida / abreuo arcaz segredo en onde gardo / vagos recordosde lonxanos días”. E o mesmo lle acontece, final-mente, a Rosalía no poema “O toque da alba”(Follas Novas):

“Da catredal campanagrave, triste e sonora,cando ó raiar do díao toque de alba tocas,no espaço silenciososoando malencónica,as túas bataladasnon sei qué despertares me recordan”.

Anunciadoras da morte e da outra vidaPodemos mesmo rexistrar textos da

nosa literatura en que o toque da campá se pre-senta como unha especie de premonición da

patrimonio emilio xosé ínsua

carreiros 08

Page 10: Carreiros 6 (2007)

morte ou como un sinal de que chegou ahora para o descanso eterno. Así o poema“Si a campá badala coma o vento”, do libroVieiro de señardade (1987), de TomásBarros, ao que pertencen estes versos:“[...] si a campá badala coma o vento,coma verba sin nome,é que xa estamos perto do final diste sonoque nos aferrolla e nos enleva,é que espertamos a outra vida máis aló da morte,é que espertamos a outra morte máis aló da vida”.

Así mesmo, en “As campanas deAmiudal”, de Valentín Lamas Carvajal, o pro-tagonista, o petrucio Goriño de Andrade,vello, enfermo e solitario, coida que o tanguerdas campás da súa aldea constitúe o sinalque estaba agardando para poder ben mor-rer:

“[...] E pensou... pensou nos ceosa onde as almas libres van:daquela repinicabanas campanas de Amiudal,e nos seus sonos de angustiasantoxóuselle pensar,que o mesmo que si falasenpolas bocas de metal,decían no seu sonoroe ledo repinicar,(estrevérase a xuralo):Quen ten, val; quen ten, ten, val.Un Cristo que á beira tiñacolleu coas convulsas mans,os ollos cravou na imaxen,bicouna con ansiedá,e como si nos seus labiosas campanas de Amiudalrepercutiran os ecosdo ledo repinicar,a cada bico decía:quen ten, val; quen ten, ten, val.Así se foi deste mundoá rexión da eternidá,así morreu aquel homehonrado a carta cabal,que vivía a ben con Dios

e cos veciños en paz”.

E na mesma perspectiva cabe colo-car os versos que publica, sen título, AmadorMontenegro no quinto número do semanariolugués A Monteira, en 1889, pois sinalan queas campás, cando dobran tristeiras, servenpara nos lembrar o efémero desta vida e, aomesmo tempo, constitúen un recordatorio davida mellor que presuntamente agarda aquen profese relixiosa esperanza no Alén:

“¡Ou que consôTan grand’encerranAs campaíñasD’as cen eirexas!C’o seu soídoElas lle lembranQue pronto rotasEstas cadeas,Qu’as nosas y-almasReteñen presas,Que pronto libreD’ánseas e penas,N-o ceo a dichaTerán compreta”.

Toques para non esquecer a TerraNon poucos poetas reflectiron nos

seus versos as moitas facianas do dramaindividual e colectivo da emigración, que contanta forza xostregou inmisericordemente aalma de Galiza durante séculos. O galegoobrigado a deixar os eidos nativos, o queasentaba na ribeira transoceánica sen esper-anza certa de voltar, o que se vía consumidopola morriña e o que maldizoaba o seu des-tino de transterrado encontraron na evo-cación das campás da aldea e do seu repicarun certo consolo espiritual.

Máis unha vez é a nosa cantoranacional, Rosalía, a que acerta a expresarmellor esta vertente temática, concretamentenalgúns versos do seu coñecido poema“Adiós, ríos; adiós, fontes” (CantaresGallegos), en que un mozo que está a piques

de emigrar vai enunciando despedidas atodo canto ben quere e ten que deixar: ríos,fontes, regatos pequenos, hortas, arboredas,prados, ríos, casas, camiños entre o millo...e, por suposto, as “campaniñas trimbadoras /da igrexiña do lugar”, as mesmas que semel-lan entender o seu desgarro en cada toqueque dan:

“Xa se oien lonxe, moi lonxe,as campanas do Pomar;para min, ¡ai!, coitadiño,nunca máis han de tocar.

Xa se oien lonxe, máis lonxe...cada balada é un dolor;voume soio, sin arrimo...Miña terra, ¡adiós, adiós!”

Tamén Cabanillas, no seu “O cantardo que se alexa”, inserido en Da Terraasoballada (1917), fai dicir ao mozo emi-grante, aquí con tons máis alegres e esper-anzados cós presentes no anterior poemarosaliano citado:

“Campaniña faladorada igrexa do meu lugar,non me chores como morto,canta como no nadal.É certo que vou pra lonxe;pero teu meigo din-danzoando nos meus oídos,conmigo vai”.

O mesmo consolo manifestaba odaquela mozo Manuel María nalgún dos poe-mas do seu Terra Chá (1954):

“¡Ouh campás da terra miñaconmigo vos levarei!¡Campás de Santa Mariña,Bonxe e Outeiro de Rei!

¡Ouh campás da miña terrade voz solemne e baril!¡A vosa linguaxe encerraverbas de son moi sutil!”

carreiros 09

emilio xosé ínsua patrimonio

Page 11: Carreiros 6 (2007)

carreiros 10

patrimonio

E Pondal, no primeiro poema queescribiu en galego, “A campana de Anllóns”(1861), condensa a forza evocadora do nosoinstrumento en versos como os que seguen,postos en boca dun mozo bergantiñán solda-do que está preso nos cárceres de Orán:

“E ti, campana d’Anllóns,que, vagamente tocando,derramas nos corazónsun bálsamo triste e brandode pasadas ilusións.

Alá nos pasados ventos,primeiros da miña vida,oio os teus vagos concertos,reló dos tristes momentosda miña patria querida.

¡Cantas veces te lembrouo que marchou para a guerracando a súa nai deixou,e partindo a estraña terrade Baneira t’escuitou!

¡Cantas, do mar africanocautivo bergantiñán,oío nun soño tiranoo teu tocar soberanoaló nas tardes do vran!.

Cando te sinto tocar,campana d’Anllóns doente,nunha nuite de lunar...rompo triste a suspirarpor cousas dun mal ausente.

Cando doída tocabaspolas tardes á oración,campana, sempre falabaspalabras con que cortabasas cordas do corazón.

Estabas contando ós ventoscousas do meu mal presente,os meus futuros tormentos,que dabas con sentimentossegún tocabas doente.

Campana, se polo vranves lumiar na Ponte-Cesoa cachela de San Joán,dille a todos que estou presonos calabozos d’Orán”.

Escritos desde a perspectiva doemigrado, conmóvennos estes versos dopoema “A campana da soidade”, de AntónZapata García, pertencentes ao seu libro Aroseira da soidade (1954) e escritos apropósito do badalar da Berenguela com-postelá:

“¡Cómo choramos, campán,ao sentila tua vos,

chamándonosfalándonosagarimándonos,

a través do mar Atráne da soidade do Alem,que, na América, tamén

nos sosténsen ir a pique!:

¡ Que por sempre repeniquea redenzón de outro ben!:¡Pra que retornemos nós!

chamándonos,alándonos,agarimándonos...¡ AMEN!”

Elementos acolledores para quen retornaIgual que a lembranza do seu toque

avivaba a morriña do emigrante ou o seucantar na aldea se convertía nun elementomáis para estrañar no momento da marcha,a campá é nalgúns textos sinónimo de vozacolledora que recibe, antes ca ninguén, aoretornado ou ao indixente.

Tal acontece no poema “Amor d’aPátria”, de Valentín Lamas Carvajal, inseridoen Saudades Gallegas (Ourense, 1880), noque un cego que regresa á súa terra

“[...] cando preto d’aldeasoar as ledas campanas oye,estremecido deténse..., e chora...,

cicaes de pena, porque non podever os destelos d’o sol que brilacon fogo d’ouro n-os hourizontes;cicaes de gozo, porque ós seus lares,â sua terriña de novo volve”

E o mesmo vemos reflectido no poema“Campás”, de Xosé Neira Vilas, pertencenteao seu libro Dende Gres (2004):

“Volvo ó recanto orixinario,aquí estoutras longo canear,e saúdame o latexo das campás(fundidas en Arcos da Condesa),as do meu alborexo,de cando era un naipelo, unha burbullaque ollaba dende o berce con asombro;as mesmas que badaleinos anos de imberbe sancristán;as da festa,do incendio,da morte ou cabodano.O mesmo vello sonrecuperado”.

Motivo e anunciación de festaEn contraste con estas visións de

ton negativo e triste ás que acabamos dealudir, a campá aparece asociada en moitosoutros autores á ledicia. O seu son forte erebuldeiro identifícase co anuncio da festa,co convite ao pracer e coa expectativa domerecido descanso. O xa citado RamónCabanillas evocaba a súa infancia no poema“O sábado na escola”, incluído en Ventomareiro (1915), salientando como era pre-cisamente o tanguer das campás o queespertaba nel a ilusión do festivo:

“¡Ou soído das campanasque dende a veciña igrexaviña a decirnos: ¡Mañánnon hai escola, que é festa!”

A dotación de campá nova na igrexado lugar constituía un motivo de festa per se,como testemuña o poema “A Campana

emilio xosé ínsua

Page 12: Carreiros 6 (2007)

emilio xosé ínsua patrimonio

carreiros 11

Nova”, de Xosé Crecente Vega (1896-1948):“O domingo acudeu correndo ó adrocuase toda a parroquia.Era un día moi grande pra os de Outeiro:chegara un carro coa campana nova.

É unha campana grande.Oise máis de dúas leguas á redonda.Ten de boca unha varae pesa vinte arrobas.

“¡A ver quen a ergue en peso!”- dixeron - i acercáronse os valentes,e cuspiñando as maos,pisando firme i apretando os dentes,

houbo catro que a ergueron cuase un furco:Antón do Castañal, Pepe da Veiga,Ramón de Villarede,e Sidro de Grandela.

Logo despois atáronlle o badal.E n´houbo máis que un par de puños de homeque da terra a poidesen destetar.E foron os dous puñosde Antón do Castañal”.

Sons de loitaA campá aparece tamén reflectida

nalgún poema como elemento que convocaá loita e que chora polos caídos no combate.Antón Chao, membro da Irmandade da Falacoruñesa e cuñado dos Villar Ponte, mortomoi novo, é o autor dun texto dado a coñeceren A Nosa Terra (nº 20, 30.5.1917) que diasí:..................................Campaniñas, campanas,Bocas de bronce con lingua férreaQu’en herdo tendes os sons guerreirosQue até nós chegan, dos rudos celtas;Qu’a paz decides dende as outurasOnde está, ôs ceos, a crus abertaComo apreixare querendo ôs homes,Com’ô aloumiño d’unha promesa.

Soade fortes,soade recias;

falade âs almas de liberdade,

da independenza.Tocade a fogo namentras ardan

en gran fogueiraas casas todas dos qu’escravizan

nosa terra.Tocade mainas, tocade quedas;tocade tristes pol-os qu’emigran

para as Américas,buscando os aires da liberdade

qu’eiquí lles negan.Tanguede sempre, sempre espertando

nosas arelas,e as esperanzas e as rebeldías

qu’en nós latexan;até que un día –ise gran día

qu’os bós esperan-toquedes fortes, con sons bravíos,e nos chamedes con voz de guerra.Entón tocade dobrando tristes

pol-os que caian na loita fera;e cando libre nosa Galiciacom’unha rosa que se abre, s’êrga,campaniñas, campanas,

repinicade rebuldeiras,tocade fortes, tocade mainas,

tocade ledas,como tocades nos mais groriosos

dias de festa”.

Construtores e tanguedores de campásNon queremos rematar este traballo

sen mencionarmos algún texto que home-naxea explicitamente os artesáns que fabri-can as campás e as fan badalar con mestría.Do artista e poeta de Luís Seoane, tomadodo seu libro Na brétema, Sant-iago (1956) éeste poema “O campaneiro”:

“Roldándolle a miseria,vagando de logar en logarantre sinestros árbores sin follas,a capacha e as ferramentas ao lombo,caldeiros e cobre sobor da besta,vai o campaneiro.

Pol-os rueiros dos bairros,onde a lama escala as casas probesdeixando amósegas verticaes nas pare-

des,e caen dos teitos escuros líquidos,pingas luixadas de humidade,i é máis dura a miseria,vai o campaneiro.

Pasa berrando o seu pregón pol-a aldea;ao traveso do maino orvallono que síntense pechados outros homes,húmidos e viles como lamáchegas.De unha a outra aldea, ano tras ano,vai o campaneiro.

Onte foi o arranxamento da campáde unha senlleira ermida montañesa.Unha e cento dende fai moitos anos.Oxe é a nova do Hospital de San Roque.Eiquí detívose. Xeme a campáFunde pezas. Entea o lume,a campá xeme, ri, prega, chora.Foise o campaneiro.

Volta aos camiñosantre moinantes desfarrapados,abafados, eibados e feirantes.Xunto ao crego sin parroquia,á beira do soldado sin pendón,o campaneiro"

Page 13: Carreiros 6 (2007)

carreiros 12

memorias da emigración

A grandeza dunha parroquia non remata nas súasestremas, senón que ten unha dimensión especial que a trans-porta mesmo alén dos mares, tal é o caso de Manolo deCabanas quen en 1953 marchou para o Brasil e, dende aque-la, non fai máis que viaxar mentalmente dende a cidade de SaoPaulo para chegar unha e outra vez a Ouzande.

Este verán Manolo tomou un avión en acompaña dasúa familia para visitar o seu lugar de nacemento; unha casa doFormigueiro, aínda que cun ano de vida pasaría a outra doTopete, onde realmente iría tomando consciencia da súa exis-tencia. Era para chamarlle Ramón por seu padriño, peroacabou sendo Manuel por un irmán que non saiu adiante.

A nosa parroquia ten, dende o Brasil, unha cor de infan-cia un tanto bucólica a pesar de seren anos de fame e de tra-ballos duros. Ata a maioría de idade Manolo vivirá enOuzande, un período feliz non exento de condicionantes; conseis anos morre súa nai dunha doenza que hoxe tería fácilremedio. Isto influíu na vida dunha familia humilde pero tamén

a fortaleceu ao unirse súa tía ao coidado dos irmáns, quenacabou casando con seu pai. Manolo fálanos dos paxariños, deir coas vacas ao monte, dos grandes amigos cos que se criarápolos carreiros e camiños da parroquia, coma Manolo daTaberna... O primeiro oficio que desenvolveu foi con tan só dezaniños na construcción da casa de Xacobe, como peón.Recorda a conversa que tivo con Dolores de Xacobe:

-“Oh, meu filliño! Cantos aniños tes?”-“once”. -“E de quen es?-“de Cabanas”,-“Ah Cabanas, Cabanas! (dirixíndose ao pai de Manolo)este rapaciño é moi novo para traballar!”-(o pai) “Ah, e ten que comezar cedo!”.

Aínda que quería ser escultor e foi traballar a unha mar-molería dous anos, non fixo máis que actividades mecánicas,ao igual que cando estivo na carpintería dos Tasqueiros, na

sen ouzande, non hai manolo de cabanas Manuel Rosende Torres

Page 14: Carreiros 6 (2007)

carreiros 13

Estrada. O tempo libre era moi ben aproveitado polo noso pro-tagonista, xa que se dedicaba a xogar ao fútbol, moitos coñe-ceráno por ser o porteiro da aldea, mesmo chegou a xogar noXuvenil da Estrada, un equipo controlado pola Falanxe e quereunía aos rapaces na Escola do Traballo (onde agora é aCasa da Cultura): “tiñamos de todo, uniformes, os domingoshabía aulas teóricas de política … eu o que quería era xogar aofútbol…”

O motivo que había levar a Manolo camiño de SaoPaulo non ten que ver só coa miseria da posguerra senóntamén co destino. Outros ouzandeses tiñan marchado paraBuenos Aires e Manolo quería ir para aló pero as cousas nonestaban fáciles para conseguir a documentación precisa, tam-pouco o tiña doado na casa posto que seu pai, sabedor dosdestinos do emigrante, non quería que marchara. Será súamadriña a que anime ao pai para que permitise a marcha deManolo. Tivo que pedir 9000 pesetas da época para poderfacer a viaxe. Cóntanos que “meu pai tiña pedido un carro decarrexar leña para levar o baúl ata a estradense”. Esa longatravesía habíao sacar dunha situación que nos define dicindoque “Eu son da raza da fame, nacido no 35, marchei cun pesode 51 quilos. O meu corpo aínda era o dun neno, será no Brasilonde me desenvolva”.

Pepe de Xacobe foi o primeiro en viaxar para Santos,

eunha vez instalado alí facilitou a viaxe doutros dous veciños(Camilo de Felipe e Serafín do Castro), daquela Manolo deCabanas andaba argallando marchar á emigración polo que seuniu a eles: “eu fun de contrapeso! he he!”, “realmente eu nonsabía nada do Brasil, da Arxentina si porque tiña máis contac-tos”.

Recorda perfectamente como levaron o baúl poloscamiños de Alemparte ata onde comezaba a estrada onda aigrexa. Ao ir co carro por aquel camiño, pasou por diante daveiga de Souto, Alsira e Josefa estaban sachando no millo.Berráronlle: “Ah, Manolo! Marchas! Adeus! Adeus!” E Manolomarchou sen diñeiro: “Marchei cunha pesetiña,xa tiña gastadoparte desa peseta cando quixen beber. No barco só había aposibilidade de mercar un refresco e como non me chegabasubín á cuberta, encontrei uns rapaces xogando e apostei oscéntimos que me quedaban. Unha tolería, pero gañei e osrapaces querían que volvera a xogar pero eu fun pola bebida e,velaí a miseria da que viñamos, que me preguntaron se aquería fría ou do tempo, eu tomei o refresco frío; nunca tiñatomado unha bebida fría na miña vida e xa non sabía comobeber aquelo”.

Unha vez chegados a Santos, Manolo de Cabanas,Camilo de Felipe e Serafín do Castro foron recibidos por Pepede Xacobe. Dirixíronse á casa dun matrimonio (Maruja e Pepe,

memorias da emigraciónmanuel rosende

Page 15: Carreiros 6 (2007)

carreiros 14

memorias da emigración manuel rosende

que eran de Redondela) onde se ían hospedar os dous últimos.Posto que Manolo se incorporara máis tarde á viaxe, Pepebuscáralle unha “pensión española” rexentada por xentes deGuimarei, da familia Goldar. Alí “non tiña que pagar, pactamosque xa pagaría cando gañase diñeiro, recordo o primeiro almor-zo; era todo abundancia, tan afeitiños como viñamos nós dafame”. Ata decembro dese ano traballou nunha marmolería een xaneiro xa marchou probar sorte a Sao Paulo, motivado porser esa unha cidade grande. Aló comezou unha nova vida lab-oral probando sorte mesmo no mundo da canción ou comoactor.

Manolo recibiu a outro veciño de Ouzande en terrasbrasileiras, neste caso o novo emigrante será Manolo deChedas. Mentres o primeiro namorou cunha moza trasmon-tana, de Mazedo dos Cabaleiros (Braganza), o de Cabanas fixoo mesmo coa irmá desta e que hoxe é a súa muller. Logo debotaren cinco anos de mozos, Manolo foi desistindo da idea devolver a Ouzande e decidiu facer definitivamente a súa vidaaló. Canso de traballar por conta allea “o empregado nunca faieconomía”, montou unha empresiña de lápidas para esculpilase instalar cruces nos camposantos. Segundo Manolo “com-pramos unha empresa de floricultura que non funcionou porquenós non sabiamos diso, optei por volver a ser empregado tresanos e conseguín ir de socio a un restaurante. Tiñamos os

nenos pequenos. Compramos un terreo pequeno para unhacasa e querían que o vendera para financiarme como socio.Non conseguín vender o terreo e... menos mal! Posto que todoo que invertira no restaurante... perdino! ao se tratar dunhafraude. Fun enganado, estaba todo enbargado, perdin algundiñeiro menos mal que o terreo quedou salvo. Logrei cambiar oterreo por un bar pequeno e puxémonos a traballar duro para irampliando, comprando e traspasando e mercando finalmente oedificio.... pasado o tempo cheguei a montar a empresa queteño agora e que é de publicidade, aló chamámoslle de comu-nicación visual. Dedícase á rotulación de vehículos para a iden-tificación visual. Temos como clientes á policía militar de moitosdos estados brasileiros: Sao Paulo, Paraná, Amazonas...

A valoración que fai desta vida emigrante lévao a peri-odizar. Os primeiros dezaoito anos serán, para el, os máisfelices; sen Ouzande, non hai Manolo de Cabanas: “Gústamemoito A Estrada, pero eu amo Ouzande profundamente, paramin é a capital” . Dende aquela e ata que formou unha familiafoi unha época que nos define como: “unha parte da miña vidaperdida, faltábame un anaco, quedou interrompida desde quemarchei ata que casei. Despois de casar, e tendo xa a miñafamilia, creo que volvín a vivir!”.

Logo dunha vida de sacrificios e de loita, Manolo viviuun momento de recoñecemento “se a vaidade é pecado... eu

Page 16: Carreiros 6 (2007)

carreiros 15

manuel rosende memorias da emigración

creo que pequei” comenta dende unha emotiva humildade: “haiuns anos pasoume algo moi emocionante, despois de traballarmesmo altruistamente para a policía militar do Brasil, facendoarranxos na rotulación de coches ou o que se precisara...déronme a medalla máis importante que un civil pode recibir dapolicía, fixéronme unha festa con desfiles e autoridades.Orgullo? Non! tiven vergoña de ter vaidade. Sobre todo logo de sufrir a fame, o frío,a chuvia coas vacas no monte... estas cousas ennobrecen... creo que iso non é servaidoso!”

Conta Manolo que cada vez que volve retorna novo para o Brasil, vivir enOuzande sería un gran soño ao que se achega coas visitas que ten feito nos últi-mos anos; destaca a de 1979, logo de 21 anos na diáspora, volveu á súa terra encompaña da súa esposa e cos fillos pequenos. De regreso a Sao Paulo ten a posi-bilidade de reunirse con outro ouzandés, Florentino do Rubio, para rememorarvivencias, espazos, persoas...

Manolo de Cabanas despídese de nós ata outra nova visita a Ouzande,dicíndonos que “O traballo que estades facendo pola parroquia é moi importante,ao mellor hai xente que non o ve, pero por fortuna este labor vano a desfrutar osfillos. Eles daránse conta de que todo isto é moi bo, non só para a aldea, senónpara o futuro porque é así como se constrúe unha sociedade.Parabéns!”

Agradecémoslle a Manolo a súa entrevista, grazas a el puidemos achegar-nos a esa magnitude especial que ten a parroquia dende o Brasil, agardamos queos nosos carreiros se alonguen e continúen comunicando as dimensións máisestremeiras de Ouzande.

“Gústame moito A Estrada,pero eu amo Ouzande pro-fundamente, para min é acapital”

Page 17: Carreiros 6 (2007)

carreiros 16

memoria

cando o río soa...éque o coro cantaSonia Chedas Camba

No ano 1970, con motivo da inauguración da 1ª traí-da de auga en Ouzande e coincidindo co día de SanLourenzo, 10 de agosto, organizouse unha comida, e foiprecisamente da preparación desta de onde naceu o coroprotagonista da nosa historia, formado por: Pepe de Carlota,Carlos da Aldea de abaixo, Ana das Cachopas, Maruja deTopete, Lolita da Costa, Carmiña de Penedo, Pepe de frei,Conchita de Xestoso, Mª Pilar, Lolita de Penedo, José Mª daCampesa, Manolo do Civil, Mª José de Frey, Mª José daCasa Nova, Charo, Lolita do Civil, Melucha de Durán, MªCarmen da Costa; dos cales ademais bailaban: Manolo doCivil, Pepe de Carlota, Carlos da Aldea de abaixo, José Mªda Campesa, Mª Pilar, Ana das Cachopas, Lolita de Penedoe Lolita da Costa.

Lémbrase con moita ilusión o motivo da festa: a traí-da da auga, por que foi a primeira, por que se fixo toda aman..... pero o mellor recordo de todos é a preparación erealización do festexo, e iso é precisamente o que nos con-tou Mª do Pila Canabal.

Lembra que foi D. Manuel, que sempre estivo moipresente en todo este tema, o que os foi levando, xa .Semanas antes da festa os nosos bailaríns, ensaiaron osseus propios pasos “naqueles tempos xa se sabía bailar,aprendiamos das nosas nais”, ensaiaban no garaxe deRoberto, ían tódolos días a noite, despois de traballar, defacer os labores da casa, de atender os animais.....”facíasun bocadillo e marchabas” para botar alí, moitos dos días,ata as dúas da mañá. Mª do Pilar incluso tivo que levar ospés vendados de tanto que bailaban; xa que se non foronmoitos días de ensaio, resolveuse coa intensidade deste.Este feito propiciou que o primeiro disco, mercado por elesmesmos en Pontevedra, se raiara de tanto dar voltas novello xiradiscos que tiñan e tiveran que mercar outro, xa queesa era a súa música, a que ían empregar o día da festa;pese a todo recordan que o pasaron moi ben.

Page 18: Carreiros 6 (2007)

memoria

carreiros 17

sonia chedas

Mentres tanto, o coro foi ensaiado por un coadxutorque estaba aquí nesa época, Andrés Castro Ces, que llespreparou, sendo esa a primeira vez, os cantos da misa engalego, incluso prepararon tamén o himno galego.Habíacoro,había cancións, había grupo de baile e había bailes,que faltaba? Os traxes! non tiñan traxes, así que alá se foroncon D. Manuel pola Estrada petando de porta en porta paraconseguilos, ao final, grazas á xente que estaba nesa épocana masa coral estradense: os de Casagrande, Portiño e var-ios mais.

Os nosos coristas non só cantaban, a súa encomen-da foi ir á mañá cedo a preparar as cousas para a festa: car-garon os oito carneiros que se ían asar para a Labrada,onde máis tarde os comerían, fixeron cachelos entretodos..., aínda que había moita mais comida: polbo,sardiñas, pan de millo.....

Mª Pilar recorda que as de Tosar, por exemplo, eoutra xente mais maior que eles axudaron moito a preparara comida, aínda que a “voz cantante” (nunca mellor dito) alevaron eles. O encargado de asar os carneiros foi PedroSande “O Pibe”. Porén, foi quizais o viño o que fixo que

pouca xente probara a carne, quero dicir, todo o viño quebebeu “O Pibe” xusto antes de decidir queel marchaba sen asar os carneiros. Defeito tivo que ir na súa busca o alcaldeda estrada, Mario Blanco, que taménestaba na festa.

En fin, despois de deixar todopreparado, chegou a hora da misa,polo que foron poñer os seus trax-es prestados para poder ir can-tala, como lle correspondía.Ao final, como estabaensaiado, cantaron ohimno galego; foron osencargados tamén delevar os santos naprocesión, e por finá saída da misa,bailaron no campoo que tanto tempoensaiaran.

Page 19: Carreiros 6 (2007)

carreiros 18

memoria sonia chedas

De seguido cambiáronse para non estragar os traxes e...todos a comer! Botaron o resto do día na Labrada, foi moita xente epasárono en grande, eles lémbrano así.

Como bos veciños, leváronlle comida as casas dos que, porunha cousa ou por outra, non puideran asistir.

Despois desta festa, e resistíndose a que o coro desapare-cera, D. Manuel quixo recuperalo con motivo doutra misa, esta veztratábase da inauguración do palco, dos farois, do cambio do cru-ceiro, da restauración do S. Lourenzo, que estreaba traxe novo.....

Desta volta ensaioulles Rosende (Manoliño) unha canciónfeita por Pepe de Xestoso e Senra, a canción era moi longa e falabade todo un pouco: dos farois, do novo traxe, do campo, do palco emesmo das duchas; ademais desa canción tamén prepararon algun-has outras para a misa, e aí acabou a súa actuación ese día, xa quenon houbo comida despois como da outra vez.

Tal que se falásemos dun bo turrón, volveron no Nadal.Ensaiaron para cantar os reis na casa de Cabanas do Redondo, na

escola. Ademais de cantar na igrexa, saíron polaparroquia, e así dando a coñecer as súas canciónscasa por casa como se cada un fora quedando nasúa, desfíxose o coro e non volveron a cantar maisata a data. Pero..... ¡ánimo! Que nunca e tarde se adita e boa.

Page 20: Carreiros 6 (2007)

memoria fotogrçafica

carreiros 19

festa da auga e festa na carballeira de cabanas

Page 21: Carreiros 6 (2007)

carreiros 20

crónica

Noelia Bouzón DocampoRetrouso cumpre xa dous anos. Neste tempo, aínda que podeparecer ben pouco, temos reunido algunhas experienciasdesas que “quedan prá vida” e que dificilmente se esquecen.A primeira, e creo que unha das mellores vivencias conRetrouso, foi precisamente a actuación pola que se creou ogrupo. Animados por Marcos (o noso profe de gaita),César,Alex, Rubén e máis eu decidimos formar un grupo para partic-ipar no concurso de “Cuartetos Tradicionais de Ponteareas”, enSetembro de 2005. O nome de Retrouso aínda non se nosocorrera, así que lle puxemos un bastante representativo: OCuarteto da Fervenza, en referencia á Asociación, xa que ogrupo naceu no seo desta.Un verán enteiro de ensaios, e alá imos todos a Ponteareas.Para o recén nacido grupo, era a primeira actuación seria e “ofi-cial”, por así dicilo, o que explicaba o tremer das pernas colec-tivo (e algún que outro arrebato histérico por parte de miña naie o seu típico: ¡Nena, non te poñas tan seria! ¡Ri un pouco!)Minutos antes de tocar, lembro que a situación era crítica.Entón xa non só tremiamos: César suaba, Alex e Rubénpalidecían por momentos e eu tiña a estraña sensación de que

todo aquilo era irreal- ¡Un aplauso para o Cuarteto da Fervenza! – dixo a presenta-dora. “Dios, que silencio!”Entramos no escenario coma se nos fosen xulgar por asasina-to. Empezamos a tocar, e os nervios entraron de novo enacción facéndonos empezar as pezas ao dobre da velocidadeque debía ser. A pesar disto, todo ía máis ou menos ben ataque se me ocorreu botarlle unha ollada ao xurado, que estabanun lateral do escenario. Un deles estaba a nos mirar fixa-mente, tradeádonos cos ollos para detectar o máis mínimo erro(ben, os nervios quizais me fixeron dramatizar un pouco).Entón, o medo a fallar inundoume, e mirei para os demais:César suaba aínda máis que antes, coa calor dos focos; Alexera o que mellor o levaba, xa que aínda podía moverse unpouco. Rubén estaba.... ben, realmente non sei se estaba detodo presente.Ao rematar foi como sacar un peso enorme de enriba. A pesardalgúns falliños (“nada, nada, a culpa foi toda do xurado”), eraun moi bo comezo, polo que todos nos sentimos orgullosos esatisfeitos. Ademais, coa afección ouzandesa que levabamoscon nós,quén non se ía sentir feliz?

retrouso

Page 22: Carreiros 6 (2007)

noelia bouzón

carreiros 21

crónica

E daquela, volta a ensaiar. Despois de Ponteareas, ao tempo que estreamoso nome de Retrouso, continuamos traballando duro para as actuacións quefomos tendo : as festas de Ouzande (nas que ademais contamos con Manu eFon como gaiteiros), a actuación na Sala Nasa, tanto en 2005 coma no 2006,as festas do barrio de San Pedro en Santiago, na Taberna do Ferrador enSarandón...Un dos momentos de maior orgullo foi cando a Asociación nos propuxo tocarno festival Músicas da Terra de Ouzande, no 2006. “Tocar na casa!”. E por ribaá beira de grupos tan bos coma Serralhe-aí, Galegoz e tamén Vaivén, o quefai que te deas conta realmente de que estás a facer algo; é dicir, que se estása tocar ao lado de músicos de calidade, quere dicir que xa levas un traballocomo para poder facelo. Pouco antes deste acontecemento, o noso bombeiro,Rubén, abandonou o grupo por motivos persoais. Foi unha perda importante,pero o grupo logrou repoñerse grazas a David, un amigo e tamén gaiteiro queaccedeu a facer de bombeiro para nós no festival. Con el, e tamén coa parti-cipación de Manu, a actuación en Ouzande resultou espléndida (a pesar dachuvia).No comezo do ano 2007 aumentou a “plantilla” nas clases de gaita. Como acousa xa ía collendo forma, tanto a Asociación coma Marcos decidiron crearun novo conxunto formado por tódolos gaiteiros e gaiteiras das clases. E asíinscribímonos no circuíto da Deputación, para ir tocar nas festas das parro-quias dos arredores. Temos tocado xa en lugares como Cuntis, Arca, Nigoi,Liripio, Sarandón, Barro, San Xulián de Sales e, como non, en Ouzande.Por outro lado, Retrouso continuou a traballar e a buscar novas propostas. Osseráns e as festas foron as ocupacións principais (en Sarandón, Rois... ), perotamén houbo actuacións moi especiais coma o concerto que tivemos no caféA Farola, que, para min, foi das máis bonitas.E para non rompe-la racha, este ano volvemos tocar no festival de OU. Nestaocasión, ademais, tamén actuou o grupo de gaiteiros e gaiteiras das clases. Ecreo que, xa que non o fixen antes, vai chegando a hora de agradecerlle áAsociación esta oportunidade que nos vén dando dende hai xa dous anos.Despois do Festival os ensaios intensificáronse notablemente, xa quebotabamos de menos a tensión do concurso de Ponteareas (isto é unhagrande ironía!) e por iso decidimos volver tamén este ano a probar sorte.Xa vai alá un mes dende aquilo. Moi contentos de todo o feito ata agora,seguimos a buscar actuacións e proxectos novos, pero sobre todo, coadecisión de continuar traballando duro e pasándoo moi ben coa música.

Dous anos xa. E por min, cen máis.

Page 23: Carreiros 6 (2007)

carreiros 22

crónica carreiros

As fins de semana de Ouzande estiveron cheas de músicae baile grazas aos cursos de pandeireta, gaita e danza tradicional.Un número considerable de alumnado asistiu durante todo o inver-no ás clases de Marcos Varela (gaita) e Lorena (pandeireta ebaile).

No mes de xuño fíxose unha festa de despedida destescursos, coincidindo co lumeiro de Ouzande. Así, o 23 de xuñoOuzande encheuse de festa a partir das oito da tarde. Logo dascorrespondentes demostracións de todo o aprendido no ano, prin-cipiou o Lumeiro.

Preparamos a auga do San Xoan; a morea con ramas,cañotos, herba... e papeis para escribir todas as cousas negativasque quixemos botar ao lume. Chegada a medianoite apareceu noCampo da Festa un vello coñecido da parroquia; o Home do Saco.A procesión que o acompañou fixo calar a concurrencia e mesmoa puxo ás escuras para dirixirse cara á fogueira que abraiou aopúblico. Logo da queima, todos a saltar o lume!

cursos, festa e lume

Page 24: Carreiros 6 (2007)

crónicacarreiros

carreiros 23

Page 25: Carreiros 6 (2007)

carreiros 24

crónica carreiros

II ruta das letrasO 17 de maio fomos andar outra vez. Un nutrido grupode persoas, máis de trinta, acudiu á nosa iniciativa dexuntar o pracer de andar e o de ler. Nunha fermosa esoleada mañá de domingo fixemos un traxecto duns dezquilómetros percorrendo os montes da Somoza eOuzande. O paseo, nesta ocasión tivo o aliciente depoder coñecer de perto as instalacións da CooperativaMonte Cabalar que desde hai case dous anos está arecuperar extensas áreas do monte da Somoza e Arca,con explotación gandeira incluída. Puidemos ver fer-mosos exemplares de vacas de raza caldelá, autóctonade Galicia, rubias galegas, bestas, e moitas cabras e assúas crías. O pastor encargado, Esteban, e o respons-able da Cooperativa, Fuco, mostraron as súas insta-lacións e explicaron o funcionamento da mesma.Despois dun merecido descanso no fermoso paraxe daFreixa, na Somoza, emprendemos camiño de regreso aOuzande, onde lestaba agardando o agasallo prometido:libros para todos os participantes cedidos polasEditoriais Fervenza e A Nosa Terra. Ao final, cansos,pero contentos, fomos co noso libro nas mans, conganas de ler.

Page 26: Carreiros 6 (2007)

carreiros 25

carreiros crónica

O tres de xuño de2007 foi a data marcada paracelebrar a excursión anual daasociación. O destino, acomarca ourensá do Ribeiro.

Saímos ben cedo deOuzande para tomar rumbo aPazos de Arenteiro, unhapequena vila medieval ubica-da entre os ríos Arenteiro eAvia. Paseamos polas ruelasempedradas entre osnumerosos pazos. Neste fer-moso punto deu comezo aruta de sendeirismo que noshabía levar ata a área recreati-va de Leiro, de camiño tive-mos a oportunidade de des-cubrir, entre outras cousas,unha aldea abandonada. Xaen Leiro dispuxémonos paraxantar nun merendeiro á beirado río.

Logo de compartirmantel, café e de repousar ásombra dos ameneiros e ábeira do Río Avia empren-demos camiño ao Mosteiro deLeiro onde sacamos a foto degrupo.

Foi un día de moi botempo que completamos polatarde coa visita á vila medievalde Ribadavia. Levamos moibo recordo destas terrascubertas de emparrados, asdo Ribeiro.

excursión

o ribeiro

Page 27: Carreiros 6 (2007)

carreiros 26

crónica carreiros

tecer cestosNo pasado mes de maio a Asociación organizou unhaactividade que levaba perseguindo bastante tempo. Coaidea de recuperar ocupacións e oficios tradicionais, bus-camos e atopamos unha persoa que lle aprendese áxente a facer cestos, como sempre se fixeron. Atopamosa Elisa Tato Pintor ben perto, na veciña parroquia deGuimarei. Compartiu dúas tardes de primavera con unhaducia de aplicados discípulos, que conseguiron levarpara casa cadanseu cesto, grande ou pequeno.Ademais das precisas ensinanzas de Elisa, deixounosmoitos momentos inesquecibles coas súas historias, coseu bo humor e coas súas cantigas. No mes de setem-bro, Elisa, a cesteira de Guimarei, deixounos un pouqui-ño. Non nos deixou de todo, porque con nós quedará oseu recordo imborrable. Sirvan estas letras e estas ima-xes como a nosa máis sincera homenaxe.

días de nadalÉ tempo de xuntanza e de lecer. Nestepasado Nadal tivemos ocasión de xuntar-nos en dúas ocasións. A primeira tivocomo motivo a celebración da tradicionalcea coas persoas que colaboraron naorganización do festival. Coma sempre,moi bo ambiente, moita camaradería eganas de pasalo ben. Tamén houbo festa,e rachada, a noite do fin de ano, na quenos xuntamos para despedir o 2006 erecibir o 2007 como se merecía. Xoldaata altas horas, entre outras cousas, por-que o DJ titular (Adán) chegou ben empe-zada a festa, despois dos seus bolos porForcarei.

Page 28: Carreiros 6 (2007)

arriba o pano

carreiros 27

carreiros crónica

No ano 2007 houbo que abrir o telón en tres ocasións para podergozar coa maxia do MAGO TOÑO, co humor teatral dos SETE MAGNÍFICOSMÁIS UN e co monólogo cómico de PEDRO BRANDARIZ.

A primeira destas actividades celebrouse o 19 xaneiro no local socialque se converteu por un día no ambulatorio parroquial. Os culpables foron osactores da compañía Os Sete Magníficos máis un coa peza teatral O Gordoe o Calvo van ao Médico. Foi unha divertida parodia do que nos poderíapasar se fosemos a consulta nun centro médico moi peculiar: A Nosa Señoradas Dores de Ouzande. Os sete magníficos fixeron rir a cachón á moitísimaxente que se achegou ata o local.

O seguinte espectáculo que se celebrou en Ouzande foi de maxia, o24 de marzo ás nove da noite. O artista convidado foi o MAGO TOÑO. Esteveciño da Estrada xa leva anos no mundo da maxia e tiña actuado en distin-tos puntos de Galicia, pero aínda non debutara na súa terra. Así foi que olocal ouzandés estaba cheo de xente desexosa de ver en acción a Toño. Foiun espectáculo moi aplaudido xa que levantou a espectación do públicopasando de sorrisos á risa e da sorpresa á admiración. Foron distintos xogose trucos nos que participaron os asistentes, pasando unha velada moi agrad-able.

Pedro Brandariz foi o noso convidado para o día do Socorro; odomingo 23 de setembro, logo da poxa e do xantar xuntámonos ás 6.30 datarde no campo da festa vello para escoitar o espectáculo P.G.U. monólogocómico para todos os públicos. Comezou Pedro con dous contos que fixeronas delicias dos máis pequenos. O terceiro sería para os adultos e consistiunun monólogo cómico sobre as vantaxes e dificultades de “ser gordo”, entredietas e aparellos para adelgazar púxonos a rir demostrándonos o ridículosque chegamos a ser por cuestión da presión social.

Page 29: Carreiros 6 (2007)

carreiros 28

crónica carreiros

antroidoEste ano vestimos o tractor de violeta. Montamos nel e per-corremos todos os lugares da parroquia acompañando oscegos e os seus cantares. Mellor dito, ao cego e a cegaque se bateron en intensa competencia para ver quenentoaba mellor as coplas. Ao final gañaron os dous egañamos todos, nunha tarde de sábado de antroido, naque ata o tempo foi clemente coa comparsa. Achegámonosmesmo á taberna da Somoza, onde como noutrasocasións, os veciños que alí estaban recibiron con entu-siasmo os disfraces de Ouzande. Para rematar, aíndafomos para o local, repoñer forzas cunha merecida meren-da e ... máis festa. Alí, o mundo ao revés: gaiteiras xapone-sas, indios bailando a muiñeira, chinos e meigas pan-dereteiras e Harry Potter de bombeiro. Que máis se podepedir? Xa sabes festa e non esquecer

Meus veciños da parroquiaos cegos han voltarse en algo vos faltamosnon será por vos molestar.

Page 30: Carreiros 6 (2007)

carreiros 29

carreiros crónica

unha noite no muíñoOuzande. 25 de agosto de 2007.

Dez da noite. Ameaza de choiva. Muíñodo Rubio. Numerosos veciños acoden coasúa cea. Medo polo que poida pasar.Préndense as luces. Énchese o lugar dexente. Comeza a festa.

Unha noite no muíño non é nada epor iso este ano repetimos a experiencia,a Fervenza de Ouzande foi o escenario dasexta edición desta muiñada. A música e aqueimada completaron unha noite máxicae bucólica na que os carballos nos pro-texeron das desafiantes pingueiras.

Page 31: Carreiros 6 (2007)

mdt9Este ano o festival tamén foi violeta. As fermosas camisolasdesta cor xa se deixaron ver por Ouzande e “arredores” nassemanas anteriores á festa. Por suposto o propio díatodo era desta cor: a xente coas camisolas, o cartel,ata os caldeiros do lixo e os valados foron violetastamén. Foi o festival de mozas, comezando polarapaza festeira e musical que ata rematoutendo chapa propia. E as mulleres no esce-nario, que nesta novena edición houbomoitas. As máis famosas, Faltriqueira, nondecepcionaron. En Ouzande tivemos esteano o grupo galego de música do paíscon máis proxección e recoñecementointernacional. De feito, despois de triun-far no noso festival, arrancaron para oPopkomm, que é un certame de músicasdo mundo no que representaban a músicagalega, obtendo un gran éxito de público e crítica xuntocon grupos como Berrogüeto ou Lamatumbá (que por certotivemos tamén con nós hai dous anos). O público do MDT

puido disfrutar coa Caixa de Roseira, ou o Querido, e xa se ani-mou de vez cantando coas mozas de Pontedeume o Sun Sun.Retrouso encargouse, unha vez máis, de abrir o festival ecomezar a animar a xente. Morgan, Alex, César e Noelia,mostraron unha envexable compenetración, fechando unha

actuación moi aplaudida polo seu público. Coneles actuou un dos grupos revelación deste

ano, trátase de Lúa de Fouce deSantiago, que este mesmo ano par-

ticipou na final do concurso folk deRadio Obradoiro e gañou o Terra eLingua no mes de xullo deste 2007.A pregunta do festival foi: “pero deonde sacastes este grupo?”. A orix-inal proposta dos Santiagueses,coa impresionante voz de JaraOrtiz, cautivou ao público ouzandés.

O bo facer de Marcos co acordeón, aextraordinaria percusión de Arantxa e o

toque orixinal de Chema coa guitarra,conformou unha actuación dun grupo

chamado a ter un lugar privilexiado no panora-ma musical do noso país. Para o final, gran festa cunha gran

carreiros 30

crónica carreiros

Page 32: Carreiros 6 (2007)

carreiros 31

carreiros

banda. Co vendaval doRosal e Manolo arreando eco gaiteiro e percusionistalesionado e arreando tamén,en poucos minutos osPotemkin meteran o públicono peto. A xente non deixoude bailar ata o final coaKalindra Xida, a canción dosdous últimos veráns nos fes-tivais do país, e o resto dassúas animadas pezas. Ungran día de festa. Ata otempo foi benévolo e nestaocasión quixo premiar onoso traballo co mellor día ea mellor noite de todo o mesde agosto. E como este eraun festival de mulleres, tive-mos a mellor presentadora,a nosa veciña e locutora deRadio Estrada, Isa Durán.

crónica

Page 33: Carreiros 6 (2007)

carreiros 32

consello de rredacción

carreiros

laura de topete(revisión lingüística))

sonia de chedas

noelia bouzón

manuel de topetexabier de camba

rosa de cabanas(deseño e maquetación)

publicación promovida pola ac a fervenza de ouzandeouzande a [email protected]

subvencionado pola Presidencia da Xunta de GaliciaSecretaría Xeral de Política Lingüística

Agradecemos as colaboracións de Emilio Ínsua e SenénCampos. Tamén queremos agradecer a participación de Mª PilarCanabal, D. Manuel Castiñeira, Conchita de Xestoso, Manolo doCivil e Pepe de Frei. Grazas polas fotos antigas a: Conchita deXestoso, Mª Pilar Canabal, Manolo do Civil, e Manuel Pereira;Carreiros agradece moi especialmente a colaboración de Manolode Cabanas, emigrante en Sao Paulo.

Page 34: Carreiros 6 (2007)