carlos casares. letras galegas 2017

50
CARLOS CASARES LETRAS GALEGAS 2017

Upload: marlou

Post on 24-Jan-2018

1.987 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

CARLOS CASARESLETRAS GALEGAS 2017

INDICE

A vida ...en Xinzo.............................................................................Diapositivas 3-4

A vida ...en Ourense.......................................................................Diapositivas 5-7

A vida ...en Compostela................................................................Diapositivas 8-16

A vida ...en Viana do Bolo.............................................................Diapositivas 17

A vida ...en Bilbao...........................................................................Diapositivas 18

A vida ...entre Ourense e Suecia..................................................Diapositivas 19-20

A vida ...en Cangas........................................................................Diapositivas 21-35

A vida ...en Vigo..............................................................................Diapositivas 36-44

A morte ...en Vigo...........................................................................Diapositiva 45

A vida ...en XinzoSe me preguntan o que son, respondo: un contador de historias.

Carlos Casares Mouriño naceu un 24 de agosto de 1941 en Ourense. A súa infancia transcorreu entre a parroquia de Beiro e Xinzo de Limia, onde trasladaran ao seu pai, mestre de profesión.

A vida ...en XinzoSe me preguntan o que son, respondo: un contador de historias.

A súa personalidade ergueuse sobre un substrato familiar de raíz rural (un pai máis ben republicano, apenas relixioso e desafecto ao réxime franquista e unha nai devota crente, católica practicante e cunha saga familiar de figuras eclesiásticas entre tíos, irmáns e curmáns) e un substrato social tamén de raíz rural (noites arredor da lareira, historias fantásticas contadas polo tío Lamas, o pracer de observar o mundo e de contalo) propio das xentes da Limia e Ourense, propio da cultura campesiña cun único idioma: o galego.

A vida ...en OurenseEu quería ser bispo, non cura. Bispo con moto e cabalo.

O rapaz Carlos, o Kubalita, adoraba o futbol, o cine e reparar pequenas máquinas no obradoiro que o seu pai montara na escola. Pero a súa nai apártao do mundo libre da aldea galega para ingresalo no Seminario de Ourense, onde o emprego do galego estaba estritamente prohibido e severamente penado.

A vida ...en OurenseEu quería ser bispo, non cura. Bispo con moto e cabalo.

A súa adolescencia viviuna internado no Seminario (52-58), onde padeceu represalias idiomáticas: Cada vez que dicías unha palabra en galego tiñas que escribir mil, cinco mil, dez mil veces “no hablarégallego”. Neste réxime carcerario naceu o seu espírito inconformista e a súa primeira experiencia literaria: El averno, periódico humorístico que lle valeu tantos castigos como para saír do Seminario e acabar o Bacharelato por libre no Instituto.

A vida ...en OurenseO sistema era claramente represivo (por perseguir até perseguía as festas do Entroido). A imposición era violenta (con enfrontamentos

a tiros entre maquis e gardas civís).

No último curso de Bacharelato (1959), gaña un concurso de contos presidido por Vicente Risco, que lle permitirá asistir aos seus faladoiros e coñecer da súa man a obra de Castelao.O país vivía na “longa noite de pedra” (apoxeo do nacional-catolicismo) e o Galeguismo comezara a artellarse arredor da editorial Galaxia (de 1950).

A vida ...en CompostelaVento ferido. 1967.

Na década dos 60, en Compostela, Casares vai estudar Filoloxía Románica e o mesmo ano no que obtén o título, 1967, publicará a súa primeira obra: os doce relatos de Vento ferido. Pero Compostela vai supor moito máis para el, pois vai entrar no activismo galeguista e na resistencia clandestina, tentando mediar entre os círculos galeguistas e a esquerda universitaria que se atopaba moi afastada da cuestión galega.

A vida ...en CompostelaVento ferido. 1967.

Son relatos que supoñen o inicio da súa narrativa e que abordan a temática da frustración e da violencia a través de distintas voces narrativas, con reiterada presenza do monólogo interior e servíndose da ruptura temporal, como era habitual nas obras d@s escritor@s vencellados á Nova Narrativa Galega, c@s que comparte Casares a ansia de renovación técnica, se ben se distancia deles pola presenza das realidades galegas nos seus textos.

A vida ...en CompostelaVento ferido. 1967.

Este libro nace como resposta ao mito Mourullo. Eu lin “Memorias de Tains” e non me convenceu. Dificultaba o contacto cos lectores. Lela era máis un esforzo de vontade ca un pracer.

A vida ...en CompostelaPiñeiro foi o máis importante que atopei en Santiago. Moito máis

importante que a Universidade.

En Compostela entrou en contacto cos poetas Arcadio López-Casanovae Salvador García-Bodaño, a través deste último comezou a tomar contacto co galeguismo cultural da Asociación O Galo. Pero, grazas ao primeiro coñeceu a alguén que sería fundamental na súa vida: Ramón Piñeiro.

A vida ...en CompostelaOs galeguistas eramos uns bichos raros, que non tiñamos atractivo nin

interese político para a esquerda estudantil.

Formando parte da resistencia democrática contra o franquismo, primeiro desde unha posición de cristián progresista e despois como socialista galeguista, participou na primeira homenaxe floral a Rosalía, no primeiro ano que o réxime permitiu a celebración do Día das Letras Galegas (1963).

Curiosamente o primeiro acto da RAG no Primeiro Día das Letras Galegas de 1963 foi a ofrenda floral a Murguía.

A vida ...en CompostelaA lingua dos galegos é o galego e eu, desde o meu oficio, estou a

defender esa lingua con todas as miñas forzas.

No ano en que publicou Vento ferido, 1967, participou na organización do recital do cantautor Raimon, que sería o desencadeantedo movemento Voces Ceibes, expresión galega da canción protesta; de grande importancia para a galeguización universitaria, pois Casares e García-Bodaño traduciron as cancións do catalán ao galego.

A vida ...en CompostelaA galiña azul. 1968

Obra pioneira da literatura infantil en galego, que o autor confesa que escribiu non por afección persoal, senón polo seu compromiso co idioma.

A literatura para nenos é literatura coas mesmas exixencias que a literatura para adultos. Eu escribín algunhas cousas para nenos pero por razóns circunstanciais.

A vida ...en CompostelaCambio en tres. 1969

É a primeira novela de Casares, na que dá prioridade ao experimentalismo técnico sobre a historia para expresar unha visión crítica e intelectualizada da sociedade, a través dun narrador-testemuña de perfil sociocultural baixo, un emigrante retornado, que lle permite integrar a temática social.

A vida ...en CompostelaCambio en tres. 1969

Por un lado non me gustaba o que se chamaba o ruralismo temático e o tradicionalismo formal da narrativa galega, pero tampouco me gustaba a deserción que da realidade galega facían os narradores novos. Por iso quixen combinar unha temática tópica, como a emigración, cunha forma vangardista.

A vida ...en Viana do Bolo

Cuns curas novos de Ribadavia e outros mozos da vila, organicei a proxección da película “Nove cartas a Berta”, de Patino, con coloquios

sobre a liberdade de expresión ou a sexualidade. Entrou a garda civil, pois coas nosas ideas “perturbabamos a paz do pobo”.

Acabada a carreira e co título recénestreado, Casares é destinado ao Colexio Público de Viana do Bolo, pero, acusado de comunista, será expulsado do centro e prohibiraselle o exercicio da docencia en Galicia.

A vida ...en BilbaoEstou casado cunha rapaza sueca e paso catro meses ao ano no

país máis liberal e tolerante do mundo.

A procura de traballo fóra do país levouno ao Colexio Vizcaya, en Bilbao, onde pasou o curso 70-71.Nese ano traduciu O principiño.No tren de regreso a casa, dun xeito casual, coñecerá á sueca Kristina Berg, quen, mes e medio despois, converterase na súa muller.

A vida ...entre Ourense e SueciaEstou casado cunha rapaza sueca e paso catro meses ao ano no

país máis liberal e tolerante do mundo.

...logo de vivir o resto do ano no meu país en tensión, con expedientes, con listas negras, con todo o mundo dono da verdade e querendo matar, esmagar a verdade do veciño, logo de vivir así, pasar tres ou catro meses naquel país é para min un descanso impagable.

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. 1973

Entre o 72 e o 74 mantén por primeira vez unha sección propia no xornal La Región, con ilustracións de Siro López.Traballa na Escola de Secretariado da Caixa de Aforros Provincial e agarda polas oposicións. Son os anos de implicación na vida cultural ourensá: le en galego o pregón do magosto no 72, participa na organización das segundas Xornadas de Cine, colabora coa Mostra Internacional de Teatro Abrente de Ribadavia, na que O Facho estrea a súa obra As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.

A vida ...entre Ourense e Suecia

Aprobadas as oposicións de 1974, entra no Instituto María Soliño de Cangas, como profesor agregado de Lingua e Literatura Española. A dou meses de iniciar o curso ábreselle un expediente por solidarizarse coa folga do profesorado non numerario, ao mesmo tempo que outros profesores que salientaban na loita antifranquista.

A vida ...en Cangas

A literatura non ten por que interesarlle a todo o mundo. A miúdo, quen ensina literatura dá por sentado, na clase, que os trinta rapaces que o escoitan teñen todos os mesmos intereses. E iso é falso. A literatura é algo que en principio só lle interesa a unha minoría.

O profesor ten que facer que os rapaces gocen lendo

A vida ...en Cangas

É a novela que pecha a súa primeira etapa de formación e experimentación como escritor. Tamén é a máis lograda desta etapa, pola que obtivo o premio

XXV anos de Editorial Galaxia e o Premio da Crítica Española.

Permite contemplar o proceso da xeración de

posguerra, a través da evocación psicolóxica do seu protagonista, lembrando a súa infancia na aldea, a súa adolescencia no colexio e a súa mocidade na Universidade. Recolle a traumática experiencia de Casares como seminarista.

Xoguetes pra un tempo prohibido. 1975

A vida ...en Cangas

Quería facer a novela moderna dos universitarios do meu tempo. Hai nese libro elementos biográficos. Coincide co ambiente de posguerra, o ambiente político e relixioso opresivo. A obra pretendía poñer en cuestión toda unha vida, que non era só a miña, senón a de moita xente, por iso teño dito que pode considerarse unha novela autobiográfica dunha xeración enteira.

Éme moi difícil escribir sen partir dunha vivencia concreta.

A vida ...en Cangas

Antes d escribir esta novela matinei moito sobre a linguaxe que debía empregar. Quería chegar á xente, porque hai que conquistar lectores para a literatura galega. Unha novela non se pode ler cun dicionario na man.

Xa hai dificultades de abondo para ler en galego. Temos que loitar por un galego literario o máis popular posible sen que isto signifique un castrapo abafante.

A base do meu galego é a lingua que escoitei nas aldeas onde vivín rodeado dun ambiente galego e onde ninguén falaba castelán.

A vida ...en Cangas

En 1975 inaugura en La voz de Galicia esta sección que manterá até 1992 e que servirá de escaparate para levar os libros galegos ao gran público.

A ledicia de ler. 1975

A vida ...en Cangas

En 1977 convértese no membro máis novo da RAG, co seu ensaio O

desastre de 1898 e os escritores galegos.

O desastre de 1898 e os escritores galegos. 1977

A vida ...en Cangas

Obra composta por doce relatos cuxo fío condutor son episodios históricos ocorridos entre o s. X e o s. XX. Neles mestúrase a historia coa fantasía, xogando con textos apócrifos, como querendo construír unha Historia Alternativa de Galicia.

Casares mostra unha visión desacralizada da Historia, botando man do humor e inspirándose en Cunqueiro ou en Borges.

Nesta obra o autor abandona a artificiosidade técnica na procura da sinxeleza formal, interesado agora en suxestionar a través da anécdota.

Os escuros soños de Clío. 1979

A vida ...en Cangas

Cando publiquei este libro quería facer unha literatura que non tivese que ver coa experiencia, senón coa imaxinación. Foi entón cando empecei a interesarme menos polos aspectos formais da narrativa.

O meu lector identifícase cunha maneira de ver o mundo irónica, con humor.

A vida ...en Cangas

Nesta viraxe cara ao fantástico, empeza o interese de Casares por Cunqueiro; mais seguen presentes os temas de sempre: a intolerancia, o dogmatismo e as diversas formas de violencia que poden oprimir ao ser humano.

Esta é a terceira novela de Casares (a máis coñecida), que o autor dedicou ao seu padriño, o cura de Beiro.

Tras a figura do protagonista (un bispo, que debe enfrontarse á curia escandalizada pola chegada do primeiro cinematógrafo a unha pequena vila galega a principios do s. XX) atópase o seu parente Enrique Pérez

Serantes, quen salvara a vida a Fidel Castro e chegara a arcebispo en Cuba.

Ilustrísima. 1980

A vida ...en Cangas

Comecei a estar farto de literatura que falase sempre da infancia e de lembranzas persoais e pensei que debía basearse na imaxinación, aínda aproveitándose de vivencias.

Empecei pensando en escribir un conto para confrontar dúas posturas ante un mesmo feito: a chegada do cine a unha vila galega. Unha tolerante e bondadosa e outra intransixente e dogmática. Todo lubricado por un humor dulcificador.

O humor é un elemento ironizante e antidogmático.

A vida ...en Cangas

Casares vese totalmente involucrado na axitada vida política española tras a morte do ditador. Inicialmente afín ao Partido Socialista Galego, acaba defendendo a integración no PSOE, para imprimirlle unha liña galeguista a ese partido

Acabará como deputado no Parlamento de

Galicia de 1981 polo PSOE.

O compromiso político debe manifestarse no plano cidadán. O escritor debe coidar que a súa pluma non estea ao servizo de intereses

opresores.

A vida ...en Cangas

Eu definiríame como un ser tolerante con aqueles que o son tamén. Nunca a sociedade foi tan intolerante coma hoxe. Todo o mundo coida ter a verdade no peto. Eu non teño ningunha verdade. Eu teño o confusionismo que temos todos e, quen non sexa confuso, posiblemente sexa un dogmático.

Prodúcenme graza as actitudes dogmáticas. Ante elas non sinto indignación. Cando vexo a alguén moi seguro, dáme a risa.

A vida ...en Cangas

Na RAG, Casares apoiou a súa conversión en institución encargada de elaborar a norma da lingua galega, o que propiciou o ingreso dun bo número de lingüistas na Academia.

Foi o impulsor das Normas..., elaboradas conxuntamente co ILG e aprobadas en 1982.

Tamén sería el quen abriría o debate público que en 1999 deu paso ao proceso de reforma consensuada das mesmas.

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. 1982

A vida ...en Cangas

No Parlamento Galego, o seu papel foi clave na redacción e aprobación de dúas leis:

A Lei de Normalización Lingüística, aprobada en 1983 por unanimidade.

A creación do Consello da Cultura Galega, organismo autónomo dos poderes públicos que recordaba que Galicia posuía unha cultura e unha lingua propias e ambas constituían os fundamentos da personalidade nacional galega.

Lei de Normalización Lingüística. 1983

A vida ...en Cangas

En 1983, Casares trasládase como catedrático ao Instituto de S. Tomé en Vigo e pasa a vivir a Vilariño (Nigrán).

Nese ano viaxa á URSS para impartir conferencias.

A súa columna A ledicia de ler deixa paso a Á marxe, columna diaria que foi tomando forma de dietario.

En 1986 convértese no director de

Galaxia.

Galaxia, unha institución non lucrativa, cultural. Fiel ao que quixeron os fundadores: loitar pola cultura do país.

A vida ...en Vigo

En 1987, Casares participa con Ramón Piñeiro, desde o Consello da Cultura Galega, no Encontro de culturas

minoritarias.

Síntome escritor dunha lingua minorizada e responsable por isto. Doutra maneira escribiría en castelán. Podería ir a Madrid e dedicarme á literatura exclusivamente.Para min é clarísimo que pertenzo a unha lingua non normalizada e esa conciencia é a que me inclina a limitarme e perder oportunidades.

A vida ...en Vigo

Esta obra é unha novela construída a partir de dez informes procesais a cargo dun funcionairo, que procura dar conta das circuntancias que rodearonn a morte dun boticario.

Con ela Casares volve sobre a intransixencia e o fanatismo, agora no mundo da política. O pano de fondo é unha materia recorrente na anrrativa galega: a guerra civil.

Os mortos daquel verán. 1987

A vida ...en Vigo

Con esta obra quería seguir o ciclo que comezara con “Ilustrísima”, de reflexión sobre o dogmatismo, de feito é dar voltas sobre o mesmo tema, pero utilizando como marco ambiental os días anteriores e iniciais da guerra.

Os mortos daquel verán. 1987

A vida ...en Vigo

En 1996 concédeselle a excedencia da docencia para dedicarse á presidencia do

Consello da Cultura Galega.

A actividade editorial, a política, a literatura, a Academia, a presidencia do CCG, todo formaba parte para el dun único compromiso co proceso de

normalización cultural de Galicia e de afortalamento do seu idioma e das súas institucións propias.

A imaxinación ten moito que aportar á sociedade. Hai pouca imaxinación na política e iso asústame.

A vida ...en Vigo

Esta novela presenta a figura dun intelectual galeguista, visto por unha muller, antiga namorada súa e que reside fronte á súa casa. A vida do intelectual na posguerra está centrada na relixión e na exaltación do réxime.

Moitas das características dese intelectual coinciden coa figura de Vicente Risco.

Deus sentado nun sillón azul. 1996

A vida ...en Vigo

Eu quería escribir unha novela sobre a responsabilidade dos intelectuais. O protagonista é un símbola da intelixencia sen moral.

É unha novela de interiores, sen acción, que transcorre na cabeza dunha muller.

Tende á descrición dos sentimentos e ao detallismo.

Hai que garantir a liberdade da creación, o seu dereito de creador, que tamén é un dereito humano.

A vida ...en Vigo

Esta é a súa derradeira novela. Centrada en Ourense, manipulando elementos autobiográficos, volve sobre os temas que desde o inicio estiveron presentes na narrativa de Casares: a violencia e o dogmatismo. Pretende con ela mostrar a soberbia do intelectual, intelixente pero desalmado.

Trátase dunha novela que inclúe tres novelas: unha de amor, unha histórica e unha de ideas; amalgamadas coma nun cubo de Rubrik.

O sol do verán. 2002

A vida ...en Vigo

Para moitos críticos esta é a mellor novela de Casares, que se abre coa cita de Albert Camus directa ao asunto da obra: o coñecemento da verdade fai imposible o amor e acaba coa felicidade dos protagonistas, como se só quen ignoran (ou os parvos) puideran ser felices.

A obra parece pechar o círculo da traxectoria de Casares, que se iniciara escoitando as narracións da tradición oral nos veráns de Beiro, agora evocados, volvendo outra vez a infancia.

A verdade do ser e do sentir.

A vida ...en Vigo

Carlos foise daquela maneira inesperada, como se partise de viaxe para sempre sen avisar, amparado pola escuridade e sen dicirme adeus.

Aquí xace alguén que nunca quixo morrer e que tivo a sorte de nacer home, non deus.

A morte ...en Vigo

O 9 de marzo de 2002, inesperadamente (como el premonitoriamente deixara escrito no inicio da súa derradeira novela), morre na súa casa de Nigrán, dun ataque ao corazón.A escritora portuguesa, Inês Pedrosa, que compartira con el o Expreso da Literatura por Europa, recollera o epitafio...

Na vida hai que saber se un quere ser médico ou

se o que quere é ter unha bata branca. Isto

pásalle á xente que pensa na literatura para

ser famosa. Eu a literatura enténdoa

como escribir o que me peta.

Reflexión

Eu non teño na cabeza iso que se chama a

carreira literaria, que obriga a publicar un libro cada ano. Escribo cando me apetece e non me

apetece sempre.Gústanme moitas

cousas: papar a mosca, falar cos amigos, xogar

cos trens eléctricos, andar en moto, ler.

Reflexión

Eu teño unha visión puramente narrativa da

vida. En realidade, gústame contar o

mundo máis que pensar nel. Se me piden que fale de algo, que dea

unha opinión ou exprese unha idea, dunha

maneira espontánea póñome a contar.

Reflexión

FONTES DAS IMAXES

FONTES DE INFORMACIÓN

Carlos Casares , un contador de historias. Henrique Monteagudo. Editorial Galaxia, 2017

Páxina web da Fundación Carlos Casares: http://fundacioncarloscasares.org/biografia/

Páxina da As-pg arredor da Literatura Galega: http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/casares-mourino-carlos.html

Blogue. Historia de Xinzo.

Carlos Casares e o futbol en Xinzo: https://historiadexinzo.wordpress.com/2017/04/11/carlos-casares-e-o-futbol-en-xinzo/

Carlos Casares no Entroido de Xinzo: https://historiadexinzo.wordpress.com/2017/04/07/carlos-casares-no-entroido-de-xinzo/