canto crecemos! - wordpress.com...colexio compañía de maría • ferrol orde da compaÑÍa de...

5
Colexio Compañía de María • Ferrol ORDE DA COMPAÑÍA DE MARÍA N.S. Rúa San Amaro, 18 І 15403 Ferrol І Tel 981 32 27 96 І Fax 981 32 28 90 І http://ciamariaferrol.org CANTO CRECEMOS! O gráfico do seguinte documento representa como medran Carme e Anxo. Recollemos na gráfica como crecen desde o nacemento ata os 18 anos. Obsérvao con atención e logo responde as preguntas. Observa as diferenzas entre o crecemento das nenas e dos nenos. Que observas nos diferentes anos do desenvolvemento dos nenos? ………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………… A que idade a altura dun adolescente é o triplo ca dun bebé no seu nacemento? ………………………………………………………………………………………… IDADE NENAS NENOS 0 2 4 6 8 10 12 14 16 18 50 cm 83 cm 99 cm 112 cm 122 cm 131 cm 145 cm 153 cm 159 cm 161 cm 51 cm 85 cm 101 cm 113 cm 123 cm 133 cm 144 cm 152 cm 162 cm 168 cm

Upload: others

Post on 27-Feb-2021

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CANTO CRECEMOS! - WordPress.com...Colexio Compañía de María • Ferrol ORDE DA COMPAÑÍA DE MARÍA N.S. Rúa San Amaro, 18 І 15403 Ferrol І Tel 981 32 27 96 І Fax 981 32 28

Colexio Compañía de María • Ferrol ORDE DA COMPAÑÍA DE MARÍA N.S.

Rúa San Amaro, 18 І 15403 Ferrol І Tel 981 32 27 96 І Fax 981 32 28 90 І http://ciamariaferrol.org

CANTO CRECEMOS! O gráfico do seguinte documento representa como medran Carme e Anxo.

Recollemos na gráfica como crecen desde o nacemento ata os 18 anos. Obsérvao

con atención e logo responde as preguntas.

Observa as diferenzas entre o crecemento das nenas e dos nenos. Que

observas nos diferentes anos do desenvolvemento dos nenos?

…………………………………………………………………………………………

…………………………………………………………………………………………

A que idade a altura dun adolescente é o triplo ca dun bebé no seu

nacemento?

…………………………………………………………………………………………

IDADE NENAS NENOS

0

2

4

6

8

10

12

14

16

18

50 cm

83 cm

99 cm

112 cm

122 cm

131 cm

145 cm

153 cm

159 cm

161 cm

51 cm

85 cm

101 cm

113 cm

123 cm

133 cm

144 cm

152 cm

162 cm

168 cm

Page 2: CANTO CRECEMOS! - WordPress.com...Colexio Compañía de María • Ferrol ORDE DA COMPAÑÍA DE MARÍA N.S. Rúa San Amaro, 18 І 15403 Ferrol І Tel 981 32 27 96 І Fax 981 32 28

Colexio Compañía de María • Ferrol ORDE DA COMPAÑÍA DE MARÍA N.S.

Rúa San Amaro, 18 І 15403 Ferrol І Tel 981 32 27 96 І Fax 981 32 28 90 І http://ciamariaferrol.org

A que idade miden aproximadamente un metro e medio? E un metro?

…………………………………………………………………………………………

4º- Por que non fas a túa grafica do que estás a medrar agora? Podes recoller

os datos cada dous ou tres meses!

Aquí tes o gráfico para unir os puntos cos datos do crecemento de Carme e Anxo.

Utiliza dúas cores diferentes. Pódeche servir como modelo para realizar os teus

gráficos.

5º- Tes un álbum coas fotos desde o teu nacemento ata o día de hoxe? Nel

tamén podes gardar as gráficas que realices.

Page 3: CANTO CRECEMOS! - WordPress.com...Colexio Compañía de María • Ferrol ORDE DA COMPAÑÍA DE MARÍA N.S. Rúa San Amaro, 18 І 15403 Ferrol І Tel 981 32 27 96 І Fax 981 32 28

Colexio Compañía de María • Ferrol ORDE DA COMPAÑÍA DE MARÍA N.S.

Rúa San Amaro, 18 І 15403 Ferrol І Tel 981 32 27 96 І Fax 981 32 28 90 І http://ciamariaferrol.org

Le as preguntas, investiga e marca a resposta correcta.

1. Onde atoparemos aire máis san para a nosa saúde?

entre o tráfico nun cuarto sen ventás nun parque

2. O noso esqueleto ata os 12 anos…

non medra nada. medra lentamente. medra moi rápido.

3. Ferinme nun dedo e sáeme sangue, que é o primeiro que fago?

Tapo a ferida. Límpoo con alcohol. Límpoo con auga osixenada.

4. Quero estar forte para as vacacións, por iso… como moita

carne. como carne, pasta e verdura. bebo ao día un litro de leite.

5. Dixeron: «Cambioulle a voz e pegou un estirón». En que idade estaba?

na vellez na adolescencia na mocidade

6. Pasa a fin de semana vendo a televisión, que lle dis…?

Que viches? É mellor xogar ao aire libre. Coida as costas!

7. Nadando arrefriouse e colleu unha farinxite. En que parte do corpo tivo o mal? no nocello no estómago na gorxa

8. Cantos ósos ten o corpo humano?

26 208 2.600

9. Como se soluciona mellor un conflito con outra persoa? Berrando

máis. Ameazando para que nos respecte. Falando con sinceridade.

Page 4: CANTO CRECEMOS! - WordPress.com...Colexio Compañía de María • Ferrol ORDE DA COMPAÑÍA DE MARÍA N.S. Rúa San Amaro, 18 І 15403 Ferrol І Tel 981 32 27 96 І Fax 981 32 28

Colexio Compañía de María • Ferrol ORDE DA COMPAÑÍA DE MARÍA N.S.

Rúa San Amaro, 18 І 15403 Ferrol І Tel 981 32 27 96 І Fax 981 32 28 90 І http://ciamariaferrol.org

SOLUCIÓNS

1- Nun parque

2- Medra moi rápido.

3- Límpoo con auga osixenada.

4- Como carne, pasta e verdura

5- Na adolescencia

6- É mellor xogar ao aire libre

7- Na gorxa

8- 208

9- Falando con sinceridade.

POR QUE? Explicando algunas cousas que nos pasan frecuentemente.

Por que suamos?

Porque é unha maneira de refrixerar o organismo de xeito que, aínda que vaia

moita calor, pode manter estable a temperatura corporal. A suor, ao evaporarse

pola calor, arrefría a pel.

Ademais, coa suor elimínanse substancias nocivas que se acumulan no noso corpo.

Page 5: CANTO CRECEMOS! - WordPress.com...Colexio Compañía de María • Ferrol ORDE DA COMPAÑÍA DE MARÍA N.S. Rúa San Amaro, 18 І 15403 Ferrol І Tel 981 32 27 96 І Fax 981 32 28

Colexio Compañía de María • Ferrol ORDE DA COMPAÑÍA DE MARÍA N.S.

Rúa San Amaro, 18 І 15403 Ferrol І Tel 981 32 27 96 І Fax 981 32 28 90 І http://ciamariaferrol.org

Por que bocexamos?

Porque cando estamos cansos ou aburridos adoitamos respirar dunha maneira máis

lenta e superficial. O bocexo sérvenos para inspirar con máis forza e obter así unha

maior cantidade de osíxeno á vez que expulsamos en maior cantidade o dióxido de

carbono.

Por que nos poñemos morenos cando tomamos moito o sol?

A cor morena é unha defensa natural da nosa pel ante a exposición continuada a

uns raios que forman parte da luz solar, os raios ultravioletas. A pel activa a

produción dun colorante chamado melanina, que a volve máis escura.

Por que temos impo?

O impo consiste en movementos involuntarios do diafragma, órgano que regula a

respiración. Adoita repetirse varias veces por minuto e, en xeral, desaparece axiña.

Case sempre se produce por unha irritación do diafragma motivada por comer

demasiado ou demasiado rápido ou por sentirse nervioso ou irritado.

Por que sentimos sede?

Porque o noso corpo ten que conter unha gran cantidade de auga. Cando os niveis

de auga se reducen, chégalle un sinal ao cerebro que se encarga de activar a

sensación de sede, que non cesa ata que bebemos suficiente auga.