cantiga de escarnio
TRANSCRIPT
A CANTIGA MÁIS ANTIGA
CONSERVADA É PRECISAMENTE
DE ESCARNIO, O QUE NOS
AMOSA A PRÁCTICA CORTESÁ DE
MODA DAQUELA.
O trobar burlesco é igual de
convencional que os outros
xéneros. Chanzas entre
trobadores obedecen a un código
aceptado previamente.
Caracterización
• Burlescas e satíricas para divertir ao público • Critícanse tanto persoas como hábitos • Serven de documentos porque amosan a
sociedade dese tempo, crenzas, ... • Usan o xogo de palabras e o equívoco• Gran diversidade temática e tonal• Sorprenden polo seu desenfado e ausencia de
pudor
Caracterización
• A cantiga de escarnio baséase na aequivocatio, é dicir, na utilización de palabras con dobre sentido que agochan significados ocultos.
• A palabra aequivocatio provén do latín AEQUIVOCUS = ambiguo, equívoco, que pode entenderse en máis dun sentido.
AEQUIVOCUM>AEQUIVOCARE>AEQUIVOCATIO
• A cantiga de maldicir, en cambio, é aquela na cal se utilizan palabras directas para satirizar. O léxico é explícito.
O Xénero de Escarnio e maldicir
procede do SIRVENTÉS MORAL
PROVENZAL, composición na que os
trobadores occitanos criticaban
persoas ou malos costumes da
sociedade cunha finalidade moral.
NA GALIZA PRESENTA VARIOS
TEMAS:
A COVARDÍA
DALGÚNS
NOBRES NA
BATALLA, A
POBREZA NA
QUE OUTROS
NOBRES
CAÍAN, ...
… OS VICIOS
DO CLERO OU
A DUBIDOSA
MORAL DAS
SOLDADEIRAS.
TAMÉN OS XOGRARES ERAN OBXECTO
DE BURLA NESTAS CANTIGAS,
RIDICULIZÁNDOSE A SÚA HABELENCIA
POÉTICA.
Foi un día Lopo jograr
á cas dun infançón
cantar;
e mandou-lh’ ele por
don dar
tres couces na
garganta;
e fui-lh’ escass’, a meu
cuidar,
segundo com’ el canta.
… (Martím Soares)
NA CANTIGA DE ESCARNIO UTILÍZASE A RETRANCA E O DOBRE SENTIDO OU IRONÍA.
ESTE VERSO FAI ALUSIÓN A UN
CABALEIRO COVARDE QUE FUXIU A PORTUGAL
NUNHA BATALLA:Don Foão, que eu sei que há
preço de ligeiro, …
(Afonso Meendes de Briteiros)
MAIS A DE MALDICIR USA PALABRAS DIRECTAS, SEN EUFEMISMOS.
Abadessa, oi dizer
que erades mui sabedor
de todo ben; e, por amor
de Deus, queréde-vos doer
de min, que hogano casei,
que ben vos juro que non sei
máis que un asno de foder. (Afonso Eanes do Cotón)
ESTAS CANTIGAS
ADOITABAN SER DE
MESTRÍA POLA
NECESIDADE DE USO
DE LÉXICO VARIADO,
DANDO MOITA MÁIS
INFORMACIÓN DE
COBRA A COBRA.
Temas
• de tipo sexual: soldadeiras e abadesas. • de feitos históricos: guerra contras os
mouros... • sátiras de vicios, costumes ou defectos físicos. • crítica a clases sociais e oficios: médicos,
relixiosos, infanzóns... • literaria: contra outros poetas e xograres e
crítica da morte por amor.
Clasificación• Sátira social: tratan sobre vicios, costumes,
defectos, cargos eclesiásticos ou estamentos sociais (ex. a avaricia dos infanzóns).
• Sátira literaria: composicións en que se atacan mutuamente trobadores e xograres (ex. a falta de talento).
• Sátira política: critican feitos históricos da época medieval (ex. nobres que cambian de bando nunha guerra).
Clasificación• Sátira moral: tratan sobre a corrupción, os
abusos dos poderosos ou a decadencia das antigas virtudes (ex. o triunfo da mentira no mundo).
• Sátira sexual: composicións que tratan sobre a condición sexual, o clero, os cornudos ou as soldadeiras (ex. a homosexualidade).