calvos

22
Marcos Maceiras (3ºB) Sheila Martínez (3ºB)

Upload: heladio-anxo-fernandez

Post on 24-May-2015

587 views

Category:

Travel


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Calvos

Marcos Maceiras (3ºB)

Sheila Martínez (3ºB)

Page 2: Calvos

CALVOSCalvos é unha aldea da parroquia de Cuntis, situada uns 2 quilómetros ó oeste da capital do concellos e cunha poboación de aproximadamente corenta habitantes. Pola aldea pasa a estrada de Sab Clemente e hai un convento de monxas.

As casas que están no centro da aldea están moi xuntas e non todas teñen veiga, en cambio as que están máis alonxadas teñen todas fincas e a maioría cultivan hostalizas e patacas. En case todas as casas teñen animais como ovellas, galiñas e vacas, aínda que agora as vacas non as ten tanta xente coma fai uns anos.

Moitos veciños tamén se dedican á caza e teñen cans. Tamén, a maioría da xente da aldea ten parras.

Page 3: Calvos

O convento de clausura construiuse no século XIX. O máis importante deste gran edificio é o cruceiro con peto de ánimas que se atopa no adro. Destacan as figuras talladas na pedra polos canteiros da zona, que representan á Sagrada Familia, acompañada de catro querubíns e catro ánimas do purgatorio. No alto do cruceiro destaca a imaxe da virxe María atravesada por un espada.No convento viven monxas bieitas que traballan a gran finca, rodeada dun impresionante muro, que ten o convento.

O convento de San Bieito

de Pereira

Page 4: Calvos

Como se pode ver na imaxe, esta é a praza da aldea, onde antes se reunían os nenos. Agora non imos alí xogar, porque xa non hai nenos pequenos. As persoas maiores da aldea séntanse alí para falar e pasar a tarde.A praza non ten nin fontes, nin bancos, nin cruceiro... Está situada no centro da aldea e rodeada por casas. A ese lugar chámanlle o Chouiño. As casas do centro da aldea teñen fincas moi pequenas, pois non teñen moito espazo. A praza non é moi grande e a ela van dar dúas pistas moi estreitas e só pode pasar un coche, e moi xusto.

A praza

Page 5: Calvos

Na carballeira só hai carballos, non hai árbores de máis especies. É estreita, pero bastante longa. Os carballos aínda son novos, polo que teñen un tronco fino. A carballeira está rodeada de fincas e todas teñen dono.

No verán os vellos ían alí porque facía menos calor e está á sombra pola ramaxe dos carballos. Foi plantada hai quince anos aproximadamente. Fai dous anos pensaron en cortar a carballeira, pero os veciños querían conservala polo ben situada e o tranquilo que era o lugar.

A carballeira

Page 6: Calvos

A río de Calvos

Este é o regato que pasa por Calvos. É un afluente do río Gallo e os veciños chámanlle o río de Calvos. Durante todo o seu percorrido ten uns cinco muíños e dous deles están en Calvos, pero ningún está en bo estado. Este río nace en Vilariño, e pasa polo Noval, Calvos, Trasponte, desembocando no río Gallo en Cuntis.

Page 7: Calvos

Este é un tramo do río Gallo que pasa pola aldea e fai de fronteira con Cuntis. O río ten unha ponte pola que pasan os coches, que é a que se pode ver na imaxe, e outras pequenas para cruzar a pé. Ata fai uns anos a ponte que se ve na fotografía era de terra e pouco segura, pero polas queixas dos veciños acabaron arranxándoa.

No río hai moitas árbores, como por exemplo bidueriros. Antigamente as beiras do río na zona de Cuntis non estaban tan urbanizadas e se podía ver claramente a fronteira entre Cuntis e Calvos.

O río Gallo

Page 8: Calvos

Estes castiñeiros da fotografía son dunha veiga privada que está pechada cun arame para saber que ten propietario. Os donos da casa non viven alí e plantaron o s castiñeiros para que non lle naceran silveiras, toxos e outras herbas malas.

Os castiñeiros plantáronos fai vintecinco anos aproximadamente. Na finca hai arrdeor de quince castiñeiros e o chan está cuberta de follas e ourizos no outono. A esa finca chámanlle a veiga da Torre, polo apelido dos donos. A zona está moi próxima ó río e é moi húmida, bastante alonxada do centro da aldea.

Os castiñeiros

Page 9: Calvos

Estas son as especies non autóctonas que están plantadas en veigas privadas en Calvos. Hai moitos piñeiros e eucaliptos. Fai cincuenta anos un veciño provocou un incendio porque lle molestaban as árbores ó lado da casa xa que non deixaban pasar a luz e había pouca claridade. Despois, para repoboar a zona, volveron a plantar árbores que medraran rápido, como os eucaliptos e ninguén pode denunciar ó dono porque ten o permiso do concello.

Estas zonas son agrícolas e non se pode construír casas nelas, polo que son as partes da aldea menos poboadas.

Eucaliptos e piñeiros

Page 10: Calvos

Nesta aldea case todas as casas teñen hórreos, moitos restaurados, aínda que nas vivendas novas xa non se constrúen.

Os hórreos úsanse para gardar o millo, pero hai veciños que os teñen de adorno. Nesta zona hai sobre uns doce hórreos e case todos están restaurados.

O hórreo máis grande da aldea terá máis de sesenta anos, mide sobre oito metros cadrados e é dun veciño que xa non vive aquí.

A razón de que cada vez se constrúan menos hórreos é que xa non hai tantos labregos. O hórreo da foto é un dos poucos que non está restaurado, aínda que lle puxeron a porta nova.

Os hórreos

Page 11: Calvos

O antigo muíño non se pode apreciar na fotografía porque está cuberto pola vexetación que se ve ó lado da casa. Antes a xente ía alí a moer o millo. O muíño aproveitaba a forza do río Gallo.

Agora non se pode entrar polas malas herbas que medran e nin sequera se pode ver o muíño. A casa que está ó lado chamábanlle a ‘casa da muiñeira’, que era a encargada de limpar e coidar o muíño. Fai anos, cando a muller morreu non houbo ninguén que se preocupase do muíño e agora atópase en pésimas condicións.

O antigo

muíño

Page 12: Calvos

O pombal

e a fonte

O pombal está situado na leira dun veciño. Antes a súa estrutura era de pedra pero agora recebouse con cemento e pintouse de branco. O seu tellado era de tella pero tamén se cambiou por lousa, máis resistente.

A fonte fíxose hai dez anos aproximadamente, cunha billa para botar auga. O motivo de facerse está fonte foi que os veciños máis vellos da aldea querían recuperar a fonte que había antes nese mesmo lugar e que se quitara para facer unhas obras que nunca se chegaron a realizar.

Page 13: Calvos

En Calvos, como en calquera aldea, un gran número de persoas dedícanse ó campo, aínda que a maioría ten outros traballos.

Para os traballos agrícolas necesítanse ferramentas, como gallas, sachos, gadañas… e tamén se utiliza maquinaria como arados e tractores preparados para distinto s traballos.

A xente ten cubertos e alpendres nas casas para gardar as ferramentas e produtos agrícolas, como leña, herba seca para alimentar ós animais, millo... Tamén teñen cortes para os animais e os galiñeiros constrúense pegados a elas.

Aveños

e espazos

de labranza

Page 14: Calvos

Estas fotos son as das casas que máis me gustan. A primeira é unha casa que restauraron fai dous anos. Ten un soportal que lle construíron cando se restaurou, xa que antes non o tiña. O dono da casa herdouna do seu avó e decidiu restaurala, xa que o lugar é zona agrícola e non se pode construír de novo. Esta casa gústame porque é unha casa nova pero conserva o estilo antigo.A segunda casa esta alonxada do centro da aldea e construírona fai seis anos , pero aínda non acabaron. Gústame a forma da casa e os materiais que utilizaron.

As casas (Sheila)

Page 15: Calvos

A casa da imaxe non me gusta. Os motivos son que non me gustan os materiais qu e utilizaron para a fachada da casa, e que teñen cortes pegadas á vivenda que non quedan ben. A casa destaca negativamente no conxunto polos azulexos exteriores e porque case todas as demais casas da aldea son de pedra.Esta é unha casa de labregos, polo que teñen un alpendre, cortes, viñedos, un galiñeiro... Os donos da casa teñen moitos animais que pastan noutras veigas separadas da casa.

As casas (Sheila)

Page 16: Calvos

As casas (Marcos)Estas dúas casasda esquerda teñen unha estrutura moi similar. Elixin estas porque se integran moi ben nos lugares. As duas están feitas cos mesmos materiais, pedra e tella do país.O único que non me gusta da primeira imaxe é a forma que ten a cheminea, con ese acabado coma se fose un casteloAs dúas están situadas nun lugar tranquilo da aldea e nun lugar elevado. Unha cousa que me gusta moito é que teñen patios e xardíns con plantas diante da fachada.

A casa de abaixo non me gusta e non é porque esté abandonada, senon pola súa forma, con ese engadido da dereita, co tellado chegando ao chan. Tampouco me gusta porque case non ten luz natural, pois non ten ventás.

Page 17: Calvos

Esta especie de cortello é unha antiga granxa de porcos, onde antes comerciaban con estes animais. Agora está abandonada, chea de lixo e de silveiras e viven alí persoas indixentes que non teñen casa.

Está moi cerca do río e da ponte que une Calvos con Cuntis. Ó estar tan cerca do pobo afea a zona polas malas condicións nas que se atopa, polo lixo e os cascallos. Como se pode ver na fotografía está rodeada de malas herbas e case non ten acceso. O concello está planificando derrubar a granxa para urbanizar a zona.

A granxa

abandonada

Page 18: Calvos

Nas fotografías pódense ver traballos do campo ó que se dedican moitos dos veciños. Fai anos moita xente tiña vacas, agora non hai veciños que as teñan, porque lle pagan moi pouco polo leite.

Os animais que máis xente ten na actualidade son as ovellas. Algúns veciños teñen cabras e cabalos

Tamén hai moitas persoas que teñen invernadoiros para cultivar. Case todos os veciños teñen veigas e moitos cultivan produtos agrícolas para caonsumo propio.

Agricultura e gandería

Page 19: Calvos

Este camión pertence á funeraria de Calvos e é un tanatorio móbil. A funeraria está ó lado pero non se pode ver ben desde a estrada porque ten casas diante.

É a primeira funeraria de Cuntis que puxo o velorio móbil. Dentro é coma un tanatorio normal, pero este poden trasladalo ó lugar que queira a familia do defunto. O nome da funeraria é “Pombo Lourido”. Non hai moita xente que opte por esta nova tendencia. Eu penso que para os familiares dos defuntos é máis cómodo ter o velorio cerca da casa que ter que trasladarse e espérase que o negocio funcione mellor dentro duns anos.

O tanatorio móbil

Page 20: Calvos

Unhas das poucas empresas que hai e n Calvos é Á de Mieres’. Este home adícase á vender todo tipo de pensos para os animais, animais como pitos ou becerros, e desde hai uns meses, á venda de bombonas de gas.

‘A de Mieres’

Page 21: Calvos

Na imaxe de arriba vese o lugar onde nos reunimos eu e os meus amigos. Alí pasamos horas e horas falando das nosas cousas. Desde aí vese todo Calvos con claridade e cando non sabemos onde ir vimos aquí.

No taller de abaixo é onde máis tempo paso nos meus ratos libres. Este é un taller no que nos reunimos case todos os días a noite, e os sabados pola tarde. Aquí dentro aprendo moito do que a min me gusta, que son os coches. É raro que non lle estean facendo algo a algún coche. É case coma se fose un costume porque dende que teño dez anos sempre vou alí.

Os meus

recunchos

(Marcos)

Page 22: Calvos