cadernos ramÓn piÑeiro, v · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que...

96

Upload: others

Post on 23-Aug-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do
Page 2: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do
Page 3: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V

(Cadernos galegos de pensamento e cultura)

Cartas de Ramón Piñeiroa

Ricardo Carballo Calero

Edición de:

Luís Alonso GirgadoMaría Cuquejo EnríquezCarmen Fariña Miranda

Page 4: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO

(Cadernos galegos de pensamento e cultura)

Directores:Luís Alonso GirgadoRamón López Vázquez

Consello asesor:Xesús Ferro RuibalXosé Manuel García IglesiasAnxo González FernándezRamón Mariño PazAnxo Tarrío VarelaAndrés Torres Queiruga

Edita:XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

CENTRO RAMÓN PIÑEIRO PARA A

INVESTIGACIÓN EN HUMANIDADES

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:CELSO CURRÁS FERNÁNDEZ

Director Xeral de Política Lingüística:XESÚS P. GONZÁLEZ MOREIRAS

Coordinador científicoMANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ

Ilustración da cuberta:BALDO RAMOS

Imprime:Gráficas ATV

ISBN:XX-XXX-XXXX-X

Depósito Legal:C-XXXX-XXXX

Page 5: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

5

ÍNDICE

1. De A xente da Barreira á transición democrática, por

Luís Alonso Girgado. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .11

2. Cartas de Ramón Piñeiro. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .21

Page 6: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do
Page 7: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

Agradecementos

Agradecemos ao profesor ArmandoRequeixo a súa información, que nos permitiulocalizar este conxunto epistolar de RamónPiñeiro. Grazas tamén ao Parlamento de Gali-cia, que custodia os orixinais das cartas na súa“Biblioteca Carballo Calero”, onde están aodispor de estudosos e investigadores.

7

Page 8: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do
Page 9: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

Ramón Piñeiro López (1915 - 1990)

Page 10: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do
Page 11: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

11

1. De A xente daBarreira á transición democrática

Page 12: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do
Page 13: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

13

No ano 1950 a sociedade editorial dos BibliófilosGallegos, que nacera o ano anterior en Santiago deCompostela, outorgaba o seu I Premio de Novela á obratitulada A xente da Barreira do profesor ferrolánRicardo Carballo Calero. O xurado do premio, presididopor Ramón Cabanillas e integrado por Otero Pedrayo1,Francisco Fernández del Riego ou Borobó entre outros,distinguía, entre as oito finalistas, a única escrita engalego. Esta circunstancia, a de “ser a única das presen-tadas que estaba escrita en galego” é subliñada porRamón Piñeiro na súa carta de felicitación ó gañador(24-IV-1950), na que considera “o trunfo persoal” do seuamigo como “un podente aturuxo que pregoa o rexurdirdas letras galegas”. Os sinais dese rexurdir semellabanevidentes, por fin, nos anos de tránsito das décadas1940-1950: a creación de sociedades editoriais comoGalaxia ou Monterrey (ademais da citada dos BibliófilosGallegos), a colección Benito Soto de poesía, as revistasAlba, Mensajes de Poesía, Aturuxo ou o Suplemento delSábado de La Noche, os primeiros pasos da ColecciónGrial e o retorno ó emprego do galego en novos títulos deAquilino Iglesia Alvariño, Fole, Cunqueiro ou CarballoCalero foron algúns deses sinais.

Coa apertura da segunda metade do século comeza,xa que logo, a relación epistolar Ramón Piñeiro-Carballo

1 O veredicto do xurado produciuse o día 22 de abril de 1950 enSantiago. Otero Pedrayo, membro do xurado, escribía a RamónPiñeiro confesándolle que ó remate da votación sentira “unha dasgrandes ledizas da miña vida” (Vx. Carta II).

Page 14: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

14

Calero, aínda que xa se coñecían tempo atrás, en Lugo,nos anos da República, de acordo co testemuño do ferro-lán, que, en todo caso, conservou ordenadas e en perfec-to estado as cartas que lle enviaba Piñeiro e que hoxeforman parte da “Biblioteca Carballo Calero” doParlamento de Galicia, en Santiago de Compostela. Conindependencia de que puideran aparecer máis mostrasdeste epistolario de Ramón Piñeiro a Carballo Calero, omaterial que agora ofrecemos, con escrupuloso respectoós orixinais polo que atinxe á transcrición, posúe asseguintes características:

Trátase dun conxunto de 49 cartas. A súa cronolo-xía vai do ano 1950 (24-IV-1950 é a data da primeira)ata 1977 (a derradeira ten data de 5-III-1977). A súaextensión en xeral é breve, aínda que existen tres oucatro que podemos considerar longas, sen chegar, desdelogo, a amplitude das misivas epistolares que aparecenreunidas en Olladas no futuro (1974). A secuencia tem-poral destas cartas é certamente irregular polo descon-tinua e isto é claro se repasamos as datas. Temos entón:3 en 1950, 3 en 1951, 1 en 1960, 10 en 1961, 10 en 1962,8 en 1963, 9 en 1964, 4 en 1965 e 1 en 1977. Son, pois, osanos 1961-64 os de máis intensa e frecuente comunica-ción. Aínda que fora Galaxia o terreo de encontrocomún, son ben poucas as cartas datadas na primeiradécada da xeira da editorial. No entanto a correspon-dencia faise moito máis habitual cando Carballo Calerotraballa na súa Historia da literatura galega contempo-ránea (1963) e na Gramática elemental del gallegocomún (1966), que verán a luz en Galaxia, ou cando cola-bora en Grial, que comezaba a súa andaina en 1963.

O lector ten, na súa integridade, o texto de todas ecada unha destas 49 cartas. Despois de máis dunha

Page 15: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

15

relectura non advertimos ningunha referencia á intimi-dade de ninguén nin xuízos de valor que puideran afec-tar a persoas ou institucións. A natureza dos asuntosque aquí se tratan é, sempre, intelectual, cultural ouespecificamente literaria; a única excepción a estanorma é a derradeira comunicación (5-III-1977), decarácter político e significado reinvidicativo e naciona-lista. O texto desta carta (que non é tal, en realidade,pois se trata dun manifesto asinado en grupo, fóra daconfidencialidade e da individualidade da carta habi-tual) asinada por un grupo de persoeiros do galeguismo,foi daquela publicado pola prensa galega e polo tanto éhoxe un ben coñecido documento. Tampouco considera-mos, despois de publicados varios libros de entrevistas2

e memorias3 dos protagonistas, que a cancelación deantecedentes penais4 (feito que está documentado encartas de 1962) teña nada de íntimo ou secreto a estasalturas.

Seguramente os potenciais lectores deste atraentecorpus epistolar terán un coñecemento contexto-situa-cional que evitará calquera sorpresa ou novidade.Piñeiro, en efecto, está na súa liña de labor por e para

2 Un puntual percorrido biobibliográfico e de época é o que desenvol-ve Carballo Calero nos libros de conversas de M. A. Fernán-Vello / F.Pillado Mayor, Conversas en Compostela con Carballo Calero,Barcelona: Sotelo Blanco, 1986; Carmen Blanco, Conversas conRicardo Carballo Calero, Vigo: Galaxia 1989 e Franciso SalinasPortugal, Voz e siléncio: entrevista con Ricardo Carvalho Calero,Vilaboa (Pontevedra): do Cumio, 1991.3 Nas memorias de Ramón Piñeiro hai tres referencias mínimas ecircunstanciais a Carballo Calero. Vx. Ramón Piñeiro, Da miñaacordanza, Vigo: Galaxia, 2002, pp. 65, 110 e 115.4 Vx. as cartas de 1-VI-62 e 1-III-63.

Page 16: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

16

Galicia no terreo dunha activa política cultural de gale-guización, política cultural na que el xogou un moi acti-vo papel de promotor, intermediario, informante, ani-mador, axudante ou estratega. Home temperado, poucoproclive ós extremismos, Piñeiro amosa nestas cartas fe,entusiasmo, esperanza nunha Galicia mellor que vaisuperando carencias, atrancos e tópicos distorsionantes.Velaquí, xa que logo, un novo capítulo da historia eintrahistoria cultural galega que precisa, confirma ouenriquece feitos e cousas xa sabidas, pero agora anali-zadas, comentadas ou valoradas por un protagonista evixiante testemuña do seu tempo.

Quizais sexa innecesario dicir que Piñeiro eCarballo Calero non mantiveron unha amizade fonda,non foron íntimos amigos. Mantiveron, iso si, unha cor-dial moi cordial e respectuosa relación persoal5 edefenderon intereses e valores comúns, pero as referen-cias mutuas son sucintas alusións feitas de pasada.Lugo primeiro e Compostela despois foron os ámbitosdunha relación da que ía falar Carballo Calero6:

Eu creio que a Piñeiro tamén o coñecínantes da guerra, pero antes da guerra el

5 No que atinxe á mutua atención á obra escrita, Carballo Calerorecensionou A linguaxe e as linguas de Ramón Piñeiro (Grial, nº 19,Vigo, xaneiro-marzo de 1968, pp. 102-103). Pola súa banda Piñeirofixo o propio con Sobre lingua e literatura galega (Grial, nº 34, Vigo,outubro-decembro de 1971; pp. 503-504). Piñeiro amosa neste escritounha fonda admiración por Carballo Calero, que é para el a primeirafigura “como historiador e crítico da literatura galega” para sinalara continuación que a súa Gramática elemental del gallego común “éa millor Gramática da ligua galega con que contamos deica hoxe”.6 Camen Blanco, Carballo Calero: Política e cultura, Sada/ A Coruña:do Castro, 1991, p. 43

Page 17: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

era moi novo e non nos debimos de relacio-nar moito, supoño que algunhas vecesvindo eu a Lugo, porque me gostaba moitovir a Lugo, estaba moi a gusto coa familiada miña muller, e entón debín coñecer aRamón Piñeiro algunha vez, pero xa seborrou da miña memoria o momento con-creto. Despois da guerra, claro, trateinomoitísimo, coincidimos moito, en Lugo, pri-meiro, nesta tertulia do Méndez Núñez, edespois, en Santiago, onde pasou el a viver.Eu ia entón a Santiago, xa estaba un poucoincorporado de novo á vida pública cultu-ral, de maneira que me chamaban a darconferencias e Piñeiro sempre viña averme, se non era o que negociaba a miñavisita. Logo eu vivín na mesma casa dePiñeiro, en Xelmírez 15, no piso inferior,pois mentres non trouxen á miña mullerviña de Lugo certos días e entón se me faci-litou, xentilmente, aloxamento, algunhashabitacións no piso que estaba baleiro nesacasa que é de Domingo García Sabell...

É doado advertir a admiración, o respecto, a moi altaestima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quenvaloraba a súa seriedade, o peso do seu criterio, a súacapacidade de traballo, o seu prestixio. Cando do relacio-nado co seu traballo docente e investigador se trata-ba, don Ricardo nin permitía componendas nin renuncia-ba ós seus principios. Por iso non escatimou críticas ereticencias a algún aspecto da Historia da literatura gale-ga de Fernández del Riego (Vx. carta de 6-11-1951). Polasúa banda, Piñeiro, estratega e moderador, positivo concalquera paso adiante, sen rexeitar os argumentos daque-la crítica apunta xustificacións, perspectivas máis com-prensivas, menos rigorosas. E desde logo, así como deixacaer máis dunha observación reticente sobre Risco e os

17

Page 18: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

18

seus seguidores, non agocha, movido polo seu xenerosoamor a Galicia, un ilimitado entusiasmo cando un vellosoño ou un proxecto longamente elaborado remata feliz-mente. Así, celebra e valora o groso volume da Historiada literatura galega contemporánea que coa tinta frescaaínda, ten nas mans como se dunha xoia se tratase:

Resulta confortador, fondamente confor-tador, que xusto ós cen anos de teren apa-recido os “Cantares Gallegos”, póidaseescribir unha obra como esta; ¡Cómo seestremecerán de gozo as cinzas de Rosalíae de Murguía!... Acabamos de dar, meuquerido e admirado amigo, un paso cultu-ral firme e importante... Dá xenio ollareste precioso libro...

Por unhas ou por outras razóns desfilan por estasliñas amigos e coñecidos dos interlocutores: Fole, OteroPedrayo, “Cilistro” Fernández de la Vega, Fernández delRiego, Cunqueiro, Filgueira Valverde, Risco, ArcadioLópez-Casanova, Xohana Torres, Díaz Pardo, Machadoda Rosa, Tomás Barros, Rodrigues Lapa, BasilioLosada, Sixto Seco, Borobó, Eugenio Montes, FermínBouza Brey, Varela Jácome ou Rafael Dieste por noncitar máis. Paralelamente, e mentres asistimos o ceri-monial cotián da vida cultural (publicacións, presenta-cións, conferencias, viaxes, premios literarios, colabora-cións na prensa, etc.) están a se deseñar unha serie demotivos que en síntese, e de acordo coa xenerosa exten-sión do tratamento que reciben nas distintas cartas,podemos catalogar da seguinte forma:

1) Éxito de A xente da Barreira (1951), que terá dúasedicións posteriores (1982 e 1984 respectivamente)con notables cambios na grafía.

Page 19: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

19

2) Valoracións e comentarios suscitados polas historiasda literatura galega7 de Fernández del Riego (1951)e Carballo Calero (1963). Futura publicación daGramática elemental del gallego común de CarballoCalero (1966).

3) Creación anos 1963-64 da sección de Románi-cas na Facultade de Filosofía e Letras da Universi-dade de Santiago de Compostela e dotación dascátedras de Lingüística Románica e mais Lingua eLiteratura galegas.

4) Primeiros pasos da Colección Grial (1951) e nace-mento de Grial (1963).

5) Referencias esparexidas a distintos libros de Car-ballo Calero e a diferentes publicacións de Galaxia,en particular o Diccionario de Eladio RodríguezGonzález.

Outras cuestións de menor interese, certamentecircunstanciais, tampouco pasan desapercibidas, peronon entraremos agora na súa referencia. Por fin, a xeitode epílogo, temos a carta co que nos primeiros intres daetapa democrática (pouco antes das primeiras elecciónsdemocráticas, celebradas en xuño daquel ano 1977)quixo abandeirar a defensa dos dereitos de Galicia e dasúa condición de Comunidade histórica no contexto doEstado español. Co paso do tempo, Piñeiro ía evocaraqueles intres da transición política e as inquedanzasdos galeguistas na defensas dos intereses de Galicia tal

7 Cítase tamén a Historia de la literatura gallega de Benito VarelaJácome, publicada no ano 1950.

Page 20: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

20

e como se reflicte nidiamente no manifesto da“Chamada aos partidos políticos de Galicia”.

Naquel ano 1977 a correspondencia entre Piñeiro eCarballo Calero levaba interrompida máis dunha déca-da. Descoñecemos se, con posterioridade, houbo máiscartas entre eles, que ían finar os seus días, case simul-taneamente, no ano 1900, en Santiago de Compostela.

Luís Alonso Girgado

Page 21: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

21

2. Cartas de Ramón Piñeiro

Page 22: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do
Page 23: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

23

I

Lugo, 24-4-1950

Meu querido amigo:

Xa te podes maxinar canta ledicia me produxo ofallo do “Concurso de novela gallega”. Foi unha dobleledicia: pol-o trunfo persoal do amigo e pol-o trunfocomun que así lle podemos chamar das letras gale-gas; despois do resoante trunfo académico de Otero o teutrunfo literario veu a ser coma un podente aturuxo quepregoa o rexurdir das letras galegas. E así foi como oentendeu a xente, pois moitos que non te conocen perso-almente mostrábanse moi satisfeitos do resultado doconcurso “por ser a única das presentadas que estabaescrita en galego”. Entre os que te conocen foi unanimea alegría, mesmamente como si foras d-eiquí e viviraseiquí decote.

Fai un mes estivo en Lugo Alvaro Gil e xa me anun-ciou as primeiras impresións que tiña recolleito doCabanillas e do Otero. Tamén falamos do asunto deMagoi ou Fingoi, que inda non teño comprobado a calpertenece o edificio e mostrouse ausolutamente con-fiado en que a cousa chegue ó final. Dentro de unhasemán conto co-il, co Cabanillas e co Penzol, que os tresme teñen anunciada a visita para primeiros de mes. Nocaso de que recolla algunha nova impresión encol doasunto xa che comunicarei.

Page 24: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

24

De volta de un viaxe que fixen a Ourense e á miñacasa atopeime co teu libro “Trinitarias”. Demoreime enacusarche recibo porque decidin agardar o fallo de“Bibliófilos” co-a espranza de poder ó mesmo tempo feli-citarte como trunfador. Agora fólgome moito de podelofacer así.

Onte pasou por eiquí Cunqueiro camiño de Madrí.Díxome que xa lle publicaron na “Benito Soto” o seulibro “Dona do corpo delgado” e que lle anunciaron ainmediata publicación de un teu.

Xa temos autorización de Heidegger pra traducir ógalego un traballo filosófico seu e incluso trataremos deque lle faga, si pode ser, un prólogo especial. Así comba-tiremos a lenda insidiosa de que “o galego soio sirve prafacer versos e pra falaren os labregos”. O teu trunfotamén lles lembrará que sirve pra facer novelas.

Saúdos á tua familia e unha aperta pra ti de

Piñeiro

***

II

Lugo, 5-5-1950

Meu querido amigo:

Recibín a tua carta o mesmo día que eu che tiñavotado unha pra ti. Dínllela a ler a todol-os teus amigos.

Page 25: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

25

Istes días estivo aquí o Cabanillas de camiño praSamos. Tamén estiveron Álvaro e Milucho, que falaroncon Fernández. Todo sigue igual que ti sabes, pois nonmodificou ningún elemento do plan que tiña trazado.Sigue pensando en que comence a funcionar no cursoque ven.

Otero Pedrayo escribiume dous dias despois doconcurso de “Bibliófilos” e quéroche copiar un dospárrafos da sua carta: “Gran cousa fixemos o 22 enSant-Iago dándolle a Carballo Calero o premio deBibliófilos Gallegos. Con ser pra case todos a millornovela, había outras boas e certos perigos. Ó remataras votacións co trunfo de “Xente da Barreira” sentínunha das grandes ledizas da miña vida”. Verbas pare-cidas díxome eiquí o Cabanillas, que estaba moi satis-feito do trunfo da tua novela.

Xa vexo que os de “Benito Soto” tamen se dispoñen apublicar axiña “Anxo de terra”, así que iste ano 50 vai aser o da tua plena reincorporación a vida cultural galega.

O Anxel Xohan rematou a sua serie de sonetos gale-gos, que por certo che adica a ti.

Saudos á tua familia e unha aperta para ti do teuamigo

Piñeiro

***

Page 26: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

26

III

Santiago, 22-5-1950

Meu querido amigo:

Onte viñeron algúns exemplares d-iste libriño deversos e como supoño que non-o conoces mándoche unexemprar. A historia do autor cicais a conozas xa: era deTuy, foi músico en Vilagarcía e morreu tuberculoso enBuenos Aires, pol-o visto a causa da fame. A min gústa-me. Sin dúbida pertenece á escola que ti denominachesde “poesía románica”. Ten un senso moi puro do idioma,cousa que che resultará grata.

O Bouza chegará eiquí a fins d-ista semán praembarcar o día 5 de S. Xoán camiño de B. Aires. Vai abotar varios meses por aló, pois ten que arreglar non seique choios hereditarios.

Xa salíu o libro de Cabanillas, que quedou ben edi-tado. Tamén salíu o primeiro número da “ColecciónGrial”, que está editado con gran modestia con miras afacilitar a súa difusión con un precio módico. A Historiada Literatura Galega xa se está imprentando (en caste-lán) e Otero entregaranos no vran un libro de viaxes –olibro do seu viaxe á América– pra publicalo na colecciónliteraria que inaugura Cabanillas.

O domingo fomos Á Cruña a facerlle unha visita aDª Gala, que sigue vivindo na casa onde vivíu o pai. Alíhai cousas interesantes. A min impresionoume o despa-cho de Murguía, que inda o conservan tal como il o dei-xou. A sua mesa de traballo está aínda sin abrir. Non se

Page 27: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

sabe que será o que ten nos caixóns, que están cheos depapeles. Tamén vin un retrato de Rosalía cando eramoza recén casada que non se publicou nunca.

A novedade máis importante de por eiquí é que ontedestituiron a Goñi da direición do “Correo” e de “LaNoche” por un artigo que publicou defendendo a liberta-de de prensa.

Otero está tan animoso coma sempre. Anda a tra-ballar na historia do XIX.

Supóñote enterado de que o Centro Gallego deBuenos Aires estableceu cinco premios anuales de catromil pesos cada un. Tamen o de La Habana convocou trespremios de 500 pesos (que equivalen a 500 dólares) praconmemorar o centenario de Curros.

Moitos saudos a María i-ás nenas e ti recibe unhaaperta do teu amigo

R. Piñeiro

***

IV

Santiago, 31-5-1951

Meu querido amigo:

Onte recibín a túa carta e onte mesmo tiven ocasiónde comprobar o que tiña ocurrido co traballo do noso

27

Page 28: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

amigo Usero. Otero recibíuno i-entregoullo no “Derby” óBorobó, que quedou en pubricalo n-aquiles dias. Agoraben, precisamente n-aquiles dias ocurriron naRedacción de “La Noche” varios acontecementos impor-tantes que perturbaron a normalidade interna do xor-nal: marchouse o Landeira pra o Brasil (como foi enavión xa está enviando crónicas dende aló); morreulle anai a Pola, o redaitor xefe, que con motivo da sua doen-za estivo ausente un mes; destituiron fulminantementea Goñi da direición do “Correo” e máis de “La Noche” pormor dun artigo que publicou pedindo a libertade dePrensa, destitución gubernativa, craro está, pois aEmpresa conserva a Goñi como xerente. Como quedou oBorobó soio pra facer os dous xornás tivo que traballarde día e de noite e as cousas desorgaizáronse bastante,tanto que algúns artigos de Paco e d-outros colaborado-res traspapeláronse. A mesma sorte correu o de Usero,que o Borobó non ten idea de donde o poñería. Con todo,agora que xa comenzan a ordear novamente as cousasnon tardará en aparecer e xa o publican.

A segunda consulta que me fas, relacionada coBarros, trasladareina o domingo ós de Vigo, pois é caseseguro que ise día vaia aló. Anticipareiche os datos queeu teño sobre iste asunto e que poden condicioar a res-posta. Trátase de que cada número de “Grial” esteñaconsagrado fundamentalmente a un tema cultural gale-go. O primeiro foi mais ou menos filosófico, o segundoestará adicado “á Pintura galega”, o terceiro a Curros coincidindo co seu centenario , o carto a temas eco-nomico-sociás, etc. Cada un d-iles responderá, en princi-pio, a un esquema previo de temas, que se lle irán enca-rregando ós colaboradores máis relacioados co-iles. Xase sabe que ista pretensión de rigor sistemático non se

28

Page 29: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

acadará totalmente, porque a xente non gosta moito deaxustarse a tal maneira de facer as cousas, pro na medi-da en que seña posibel faremos por levar así as cousas.Agora ben, o número 2, está como che dixen, adicadoprecisamente á nosa pintura. N-ise número xa se estu-da a pintura de Díaz Pardo, xunto co-a dos outros cincocompañeiros que concurrirán co-il á exposición coleitivado Centro Gallego de Buenos Aires (Laxeiro, Maside,Minguillón, Pesqueiras e Prego). Pra facer iste estudotivo que se trasladar a Vigo o amigo Anxel Xohan, que éo crítico a quen se lle encomendou iste traballo o fun-damental, xunto con outro de Maside, do número 2 .Ademais de que se estude a pintura de Díaz Pardo,xunto ca dos outros cinco, o propio Díaz Pardo espón assuas opinións en col da pintura galega “e da sua estéti-ca persoal”. ¿Non che parece que mentres non pase certotempo sería un pouco raro insistir en tratar da “pinturade Díaz Pardo”? O que ti persigues é moi interesante atraguer á xente nova de valía e todos coincidimosno mesmo empeño: Paréceme que no caso do Barros, decuia valía non dubido pol-as cousas que ti me tes ditodil, poderíase enfocar d-iste xeito: si il está en Paríscomo sospeitas, cando leve ahí algún tempo e se teñaorientado por aló pódeselle pedir algunha nota sobre omovimento pictórico en París ou sobre algunha cousa depor alí que resulte interesante para a seición europea de“Grial”. Máis ben notas que traballos longos, pois co-istaxente nova compre ter algo de precaución porque adoi-tan a ter uns criterios que non sempre coinciden co quenós nos propoñemos facer. Por exemplo, as opinións poé-ticas do mesmo Barros, tendo en conta os xuicios queche manifestou en col dos libros de “Benito Soto”, nondeixan de ser un pouco raras (pol-o menos na parte queeu conozo). Naturalmente que istas cousas que che digo

29

Page 30: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

30

son puros comentarios persoales. Eu falareilles en Vigodo asunto e logo xa te informarei.

Non me asombraron moito as anomalías que se pro-duxeron no Concurso lugués. A xente ten uns hábitos deobrar pouco severos.

Celebro que esteñas entregado á actividade litera-ria. A novela que escribiches agora paréceme estraor-dinaria, a xuzgar pol-os datos que me das. Eu nuncaescribín ningunha e teño lido moi poucas, así que amiña iñorancia e case absoluta n-istes problemas. Porista razón espero que non te rías de min por ista pre-gunta que se me ocurre facer: ¿Pódese escribir unha“verdadeira novela” en tan pouquiño espacio?. Volto ainsistir na miña total impericia e na sinceira inxenui-dade da miña pregunta.

Estou conforme co reproche que lle fas ó primeironúmero de “Grial” en canto á inconveniencia de incluirvarios traballos de un mesmo autor. Eu mesmo son undos responsables de tal falta. E pódoche asegurar que xaparticipaba da mesma opinión deantes de que se dispu-xese o número. Foron máis ben motivos de tipo concretoos que diron lugar ó fallo. Ten en conta que nos vimosprecisados a improvisar mitade do número “en catrodías”. Por outra banda, como aspiramos a que salia unnúmero cada tres meses, axiña se verá que non hai talpobreza de colaboradores porque todos irán desfiandooportunamente. As ouservacións que ti fas e as que fixe-ron outros amigos son moi interesantes para ter enconta nos números sucesivos. As impresión que levamosrecollido son espléndidas. A xente acolleu “Presencia deGalicia” con sorpresa e con entusiasmo. Recibironse

Page 31: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

moitas cartas, algunha dende París, manifestando unhaalentadora adhesión. Por curiosidade direiche que undos que se quedaron fondamente impresionados foi opropio Euxenio Montes, que axiña dixo que il tiña unpoema longo adicado a Rosalía.

Unha forte aperta do teu amigo

Ramón Piñeiro

***

V

Santiago, 30-10-1951

Sr. Don Ricardo Carballo CaleroLugo

Meu querido amigo:

Supóñote moi atafegado co-a posta en marcha daAcademia e mais co-a mudanza de casa, que istes diasandaredes co-ila.

O domingo fixo oito días que se celebrou eiquí axuntanza do Consello de Administración de Galaxia.Asistiu tamén Cabanillas, como segredario do ConselloAsesor. Acordaron que se celebre a Xunta Xeral de aicio-nistas o dia 29 de Nadal en Pontevedra, que é o dia quese celebrará o ingreso de Iglesias Vilarelle na AcademiaGallega (xa sabes que agora vai a Academia a recibir ósacadémicos no seu lugar de residencia) e con tal motivoacudirán alí bastantes aicionistas de Galaxia.

31

Page 32: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

32

Encomendáronme a min que celebre unha xuntan-za co Consello Asesor para preparar un programa deedicións que será despois sometido á aprobación doConsello. Eu penso incluir aquil libro do que xa temosfalado ti e mais eu: A “Historia da Lírica GalegaModerna”. Como non supón un compromiso a plazo fixoe como contarías co-a nosa axuda pra procurar o mate-rial bibliográfico que che fose preciso, supoño que nondesistirás de facelo.

Xa salíu a “Historia da Literatura Gallega” deVarela Jácome. Ten 470 páxinas pouco mais ou menos,así que é bastante extensa. Inclui a cantos escritoresnaceron en Galicia fose cal fose a língoa empregada.

¿Fixéchesme a nota crítica encol do Pastor Díaz?Non te esquezas de ma enviar canto antes poidas.

O Cabanillas irá para Madrid dentro de poucosdías. O sábado pasará por eiquí de camiño para aCoruña, onde collerá o tren pra Madrid.

O Bouza chegóu fai dous dias eiquí a Santiago, proeu inda non-o vin.

Unha forte aperta do teu amigo

Ramón Piñeiro

***

Page 33: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

33

VI

Santiago, 6-11-1951

Querido Ricardo:

Recibín o teu comentario sobre Pastor Díaz, queestimo moi ouxetivo. Así deberán ser no sucesivo todol-os comentarios que se fagan en “Grial”. D-isto xa falareicontigo na primeira oportunidade que teña de ir a Lugo,que supoño será axiña.

Agradézoche moito a franqueza de xuicio ó falar,con motivo das recentes “Historias da Literatura”, daerrónea orientación das editoriás. Como n-unha d-elascábeme unha responsabilidade parcial de orde “orienta-dor”, e como o teu criterio, en materias de literatura, épara min respetabilísimo, sinto certa necesidade xustifi-cativa. Dende logo, a min paréceme inxusta a deprecia-ción tan radical que se fai por algunha xente do “Manualde Historia da Literatura Gallega” que publicou“Galaxia”. Cónstame que, n-algúns casos, o xuicio nega-tivo vai máis dirixido contra o autor que contra a obramesma. E isto por motivos moi diversos e non todosaceptábeles. Naturalmente que o caso teu é compreta-mente distinto, posto que ti eres da casa e non te movemais preocupación, como decote nos teus xuicios, que apura ouxetividade. Penso, n-embargantes, que é un pro-blema de nivel. Ti querías unha “Historia” que fixeseunha valoración fina e cabal da nosa evolución literaria.A min tamén me gustaría, mais comprendo que no esta-do aitual dos nosos estudos literarios non se pode pre-tender iso n-un Manual de divulgación como son os

Page 34: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

34

manuales de Galaxia. O manual de “Historia de Galicia”que está a preparar Risco é, do mesmo xeito, unha espo-sición descriptiva dos feitos. Non son libros para espe-cialistas senon para o público vulgar que carece de ins-trumentos informativos sinxelos sobre os distintosaspeitos da cultura galega e compre poñelos ó seu alcan-ce. ¿Tan lonxe está d-ista finalidade o “Manual” queescribíu o del Riego? A min paréceme honradamente quenon está tan lonxe. Ainda máis: coido que hoxe en día éo que millor cumpre isa finalidade introductoria. Repitoque me cabe certa responsabilidade na sua publicación,mais tranquilizoume un pouco a conciencia abatidapor tantas críticas o xuicio de certas persoas con cali-dade inteleitoal e literaria superior á miña que compar-ten a mesma opinión. Así, por exemplo, Rafael Dieste,que ademáis pediu exemplares para a Universidade deOxford. E Rodrigues Lapa, cuio rigor e independencia decriterio está ben acreditado. O que ocurre é que istes eoutros con iles coincidentes valoran o libro tendo enconta “o que é”, o que “se propón ser” e non dende opunto de vista “do que debería ser”. Faltan ainda moitosestudos críticos sobre figuras, períodos e sobre tenden-cias da nosa literatura pra poder facer un Manual sinté-tico de divulgación que seña, ó mesmo tempo, unha per-feita táboa de valores das nosas letras. Calquera que sepoña a facer unha historia xeneral da nosa literaturacon isas pretensións chámese Aquilino ou chámese deoutra maneira deberá pasar varios anos estudandoprimeiro toda a nosa literatura dende os comenzosmedievais deica hoxe. O Filgueira leva 25 anos traba-llando na materia e inda se non estreveu a facela. Cousadistinta é o dispoñer orgánicamente os datos que sesaben sobre a nosa literatura n-un manual informativo.

Page 35: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

35

A laboura crítica compre facela con mais calma eparcialmente. Urxe, n-embargantes, acometela. E aíndache vou a decir máis: urxe que a acometas tí. Dígocho eue coido que cho podo decir, pois considérome bastantecapaz de pensar as cousas ouxetivamente. Estou con-vencido de que hoxe en dia é Carballo Calero o único quepode facer unha valoración da nosa literatura, pol-omenos da contemporánea, de acordo co-as aituales eisi-xencias críticas. Folgaríame moito, moitísimo, de que tio comprenderas así. Pol-o de pronto déchesme unhainmensa alegría ó non desbotar a suxerencia d-ise libroencol da lírica galega moderna. Os materiás e o tempoque precises sería todo bó de arranxar.

Non preciso de che decir que as longas considera-cións que che fixen sobre a “Literatura” publicada porGalaxia non responden pouco nin moito a suspicaciaalgunha. A min agradoume a tua sinceiridade ó espre-sarme o teu xuicio e non fixen mais que decirche, co-amesma sinceiridade, todo o que eu penso. Ben sabes quenon son tan parvo como habería que ser pra entendermal o teu xuicio ¿Non é verdade, meu amigo?

Unha aperta moi forte do teu amigo

Ramón Piñeiro

P.D: Xa puxeron á venda a tradución que fixoAquilino dos “Carmina” horaciáns. Costa 45 pts.Paréceme algo cara.

***

Page 36: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

VII

21-V-60

Querido Carballo:

Escribinche hai dous dias a Fingoy pro temo quenon chegase a carta antes de ti saires prá Coruña. Neladeciache que o discurso de Murguía en Tuy teno o Naya,así como varias das cousas que che interesan. Fala co il.

A lista dos números de LAR que eu teño é a seguinte:L. Pita Romero – “O anarquista”Aurelio Ribalta – “O Pastor de Doña Silvia”Álvaro de las Casas – “O xardín do Castelo de Vidre”Vicente Risco – “O lobo da xente”Armando Cotarelo – “Contos de Nadal”R. Otero Pedrayo – “Pantelas, home libre”R. Otero Pedrayo – “Escrito na néboa”F. Bouza Brey – “Cabalgadas en Salnés”Uxío Carré Aldao – “A terra chama”Felipe Fdz Armesto – “Xelo, o salvaxe”L. Amado Carballo –“Os probes de Deus”

Tiven varios máis: “O vigairo”, de Filgueira; “A cou-tada”, de Risco; “A miña muller”, de Fernández Flórez;“Buserana”, de L. Abente; “O Kalivera 30 H.P.”, deMagariños, pro fun quedándome sin eles en distintasocasións. De todolos xeitos ten que haber varios que osconserven todos.

Estou totalmente de acordo contigo en que, fora daprimeira etapa, non ten senso ningún perder tempo etraballo en esgotar a leitura de canto se pubricou en

36

Page 37: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

galego. Sería un esforzo tan penoso como inútil, porquehai moitas cousas que carecen en absoluto de valor lite-rario. Ademáis de infecundo, sería inxusto adicar amesma atención ó que val i ó que non val.

Unha aperta moi forte de

Ramón Piñeiro

Como penso ir á inauguración da esposición doCírculo, supoño que te verei ahí o martes.

***

VIII

Compostela, 21-II-61

Meu querido amigo:

Recibín a tua carta á volta dun viaxe que fixen aMadrid. Cando vexa ó marqués de Figueroa pedireilleises datos do seu antecesor e xa chos mandarei.

En Madrid díxome Martínez Barbeito que LealInsua se trasladaba pra alí e que deixaba o “Faro”. Polovisto non xeirea ben coa empresa.

Os da Academia semella que entraron nunha fase degran aitividade. Eiquí estiveron un dia a visitar a todalasautoridás. En xeneral acóllenos ben. O Moralejo e mailoRabanal quedaron moi ledos de que lles pediran a sua asis-tenza a unha das xuntanzas que tivéstedes recentemente.

37

Page 38: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

38

Onte estiven en Ourense a escoitar unha interesan-te conferencia de Rof Carballo. Por alí andaba DonRamón coa sua teimosa e un pouco aburrida trécola deque il é un fantasma que está desaparecendo. É boapena que non teña máis dominio de sí mesmo.

Unha forte aperta do teu amigo

Ramón Piñeiro

***

IX

Compostela, 23-III-61

Sr.D. Ricardo Carballo CaleroFingoy

Querido Ricardo:

Recibín a tua carta. Envíoche o libriño de Ribaltaque me pides. En canto vexa ó Aquilino lembrareille apromesa que che fixo e sin duda facilitará o libro.

Dende hai un par de anos van sendo frecuentes einsistentes as presións amistosas pra que prepare unlibro. Impresionáronme bastante os requerementos dosrapaces por esa simpática e xenerosa vehemencia quepoñen nas suas demandas. Tamén me impresionaron,como é natural, as consideracións que en tal senso meteñen feitas algúns amigos moi respetados por min. Peroconfésoche que ningún requeremento se cravou tan

Page 39: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

39

fondo no meu ánimo como o que hoxe recibín na tuacarta. A exemplaridade da tua propia conduta, por minmoi ben conocida, ten para min unha forza moral supre-ma. Ninguén con máis autoridade podería marcarmeunha tarefa. No meu sentir espontáneo, esa indicacióntua ten a forza dun deber. E, craro está, como tal a aco-llo. Podes estar seguro de que farei por responder a elada mellor maneira que poida. Como ti fixeches sempre.

Onte estiven escoitando a leitura do “Orestes” deArcadio López-Casanova. Había moita xente. Foi ungran éisito. Si estiveras presente teríaste emocioado fon-damente, como a min me pasou. O autor, que é casequeun crío, falou breve i elegantemente en pulcrogalego antes de comenzar.

Mándoche tamén un recorte do “Anaco” que ontepublicou o Borobó, no que precisa algún dato cronolóxi-co relativo a Rosalía.

Como irei ó homenaxe de Cunqueiro, axiña nosveremos.

Unha aperta moi forte do teu amigo

Ramón

***

Page 40: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

4040

X

Compostela, 5-IV-61

Sr. D. Ricardo Carballo CaleroFINGOY

Querido Ricardo:

Como andas ás voltas con Aurelio Ribalta e non seisi terás ou non esta obriña poética sua, mándocha paraque a vexas. Si a tes, nada se perde. Si nona tes, pódelaconsultar. Eu atopeina hoxe mesmo. Nona tiña visto.

A “encuesta” literaria do PROGRESO vai acadandoresoancias. Coido que foi boa idea levala adiante. Polomenos os leitores do xornal, que son bastantes, sacarána impresión que a literatura e mais o idioma son toma-dos moi en serio por unha serie de xentes de reconocidasolvencia. Tamén se vai poñendo de manifesto a presen-cia aitiva de GALAXIA no noso desenrolo cultural.

Don Ramón está internado no Sanatorio Álvarez ócoidado do Dr. Sixto. Puxéronlle a tratamento unhatromboflebitis que ven padecendo a consecuencia dovello aicidente que tivera na Torre de Hércules candoingresou na Academia Galega.

Unha aperta moi forte do teu amigo

Ramón Piñeiro

***

Page 41: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

41

XI

Compostela, 19-IV-61

Querido Ricardo:

Non sei si irás o domingo á Cruña. Si non foras con-viña que non te esquenceses de enviar a tua delegación,pois compre asegurar que haxa o número necesario devotos. Niste caso poden darse bastantes abstencións. Sivas, os outros dous académicos de Lugo ben podíandelegar en ti.

D. Ramón marchará mañán pra Trasalba. Está moiledo porque o Sixto devolveulle bastante capacidademotora á perna que tiña medio eivada. Agora anda bas-tante ven. Ás veces dá unhas grandes lancadas pra seconvencer.

Unha forte aperta do teu amigo

Ramón Piñeiro

***

XII

Compostela, 9-V-61

Querido Ricardo:

Xa sei que o domingo estivéstedes ti e máisBernardino Graña eiquí na casa. Nós tiñamos saído

Page 42: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

42

para Trasalba pola mañán. O luns voltou o Bernardinopra recoller a copia que estaba no meu poder de “A cabe-za tronzada”.

Coido que virías ledo de Vilagarcía. Iles quedaronencantados, pois así mo confirmou onte o Briones. Indaque representa un indudábel sagrificio, compre quevaias tendo de vez en cando un meirande contaito copaís, non por satisfacer ningunha cras de vaidade per-soal senon porque se trata dunha comenencia xeneral eouxeitiva.

Mándoche iste recorte dun artigo do Alonso queapareceu hoxe na “NOITE”. O sábado apareceu un“Anaco” do Borobó con algún poema xuvenil de Pondal efalaba de ti. En realidade viña decir que o publicaba praque ti o leras. Díxenlle o domingo que cho gardara e que-dou en facelo. Preguntareille si cho enviou.

Unha aperta moi forte do teu amigo

Ramón Piñeiro

***

XIII

Compostela, 12-VI-61

Querido Ricardo:

Mándoche este “ANACO” que che adicou Borobó osábado por se non viches ese día a “Noite”.

Page 43: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

43

Hai días, estando en Vigo, chegou alí a Galaxia oprimeiro exemplar do libro. Estíveno ollando e fíxomeescelente impresión. Dábame gusto lembrar cando nonera máis que un montón de papeles manuscritos ahí natua casa e agora ollar o libro xa disposto a circular polomundo.

Tamén vin alí a edición das NENIAS do Aquilino.Quedou ben. Non sei cal é o orde que estableceron osdireitores de Salnés, pro figúrome que non tardarámoito en sair o “Salterio de Fingoy”.

O da Academia semella que evoluciona bastanteben, porque, según me dixeron, o Carré desistirá si nonorespaldan os académicos da Cruña, e istes, polo visto, xalle fixeron saber que nono respaldan, coa única esceiciónde Banet.

Por eiquí andan os rapaces de “O Galo” moi anima-dos coa esposición de pintura galega nova que orgaiza-ron no Hostal. Trouxeron a Risco pra inaugurala. Estáben acabadiño. Dá mágoa velo.

Unha aperta moi forte do teu amigo

Ramón Piñeiro

***

Page 44: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

44

XIV

Compostela, 15-VI-61

Querido Ricardo:

Mándoche iste artigo de Otero Pedrayo encol do teuPondal. Quizáis o conozas xa. Por si acaso non tes a“Noite” mándocho.

Eiquí os rapaces de “O Galo” orgaizaron unha espo-sición de pintura galega nova, que se está celebrando noHOSTAL. Pedíronme as tuas señas pra che enviar ocatálogo. Están ledos e animados. Dende logo a esposi-ción resulta interesante. Figuran nela dous ferroláns:Segura e Collado. O primeiro é dos milloriños da esposi-ción; o segundo, dos máis vulgares.

Unha forte aperta do teu amigo

Ramón Piñeiro

***

XV

Compostela, 25-VI-61

Querido Carballo:

Mándoche o recorte diste comentario ó teu “Pondal”que aparece no “FARO” de hoxe. Eiquí está o libro nos

Page 45: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

45

escaparates das librerías. Fai moi bonito entre osdemáis libros. A portada está moi ben. En cambio, a de“Cousas da vida” saiu francamente vulgar.

Xa sabes que na derradeira xuntanza de Galaxiaacordouse editar un tomo coas obras de teatro premia-das en Lugo. Eu penso que debería levar un prólogo teu.En fin, xa falaremos deso cando esteñas menos atafega-do de traballo.

Por certo que, sin saber que estabas nun intre ago-biado, fun responsábel dun pedido que che acaban defacer dende Londres pra o 25 de Xullo. Con todo, por setratar dun traballo breve e dun tema que ti conoces anosa lírica medieval , coido que non che representaráun grave esforzo. Convenlles, eso si, que o envíes antesdo día 10. Tamén lle pediron colaboración a OteroPedrayo e máis a Chamoso.

O Sebastián embarcou o xoves. Vai ledo e animado.Seguro que fará bó papel.

Unha aperta moi forte do teu amigo

Ramón

***

Page 46: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

46

XVI

Compostela, 3-XI-61

Querido Ricardo:

Hai algún tempo que teño iste recorte pra cheenviar. Non creo que teña nada de particular, mais comoti eres un dos poucos que conocen profundamente todo orelacionado con Rosalía ocurríuseme mandarcho.

Teño eiquí o “Salteiro de Fingoy”. Aínda nono pui-den ler, porque estou encerellado no Apéndice óDiccionario de D. Eladio e non me deixa tempo a nada.

Unha forte aperta de

Ramón Piñeiro

***

XVII

Compostela, 14-XII-61

Sr. Don Ricardo Carballo CaleroLUGO

Querido Ricardo:

Pola tua carta xa vexo que estás moi atafegado detraballo escolar-administrativo. Non deixa de ser boa

Page 47: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

47

pena que teñas que gastar tanto tempo nesas obrigascotiáns e restarllo á tua actividade intelectual. Menosmal que o teu abnegado amor a Galicia é máis forte queises migalleiros e teimosos atrancos de cada día e, condisciplina i heroica tenacidade, vas dándolle cima a unlabor cultural de positiva trascendencia. Nise orde decousas, a tua conduta é esceicionalmente exemplar.Moitas veces o penso e moitas veces o digo. Dende esatua ermida de Fingoy exerces un calado maxisteriomoral na conciencia máis sensibre da nosa terra. Boaproba sona os rapaces. Xa ves, cando se lles ocurriu ainiciativa de crear unha Festa da Poesía Galega acudi-ron espontáneamente a ti en percura de axuda e autori-dade. Iles pensan, e fan ben, en consagrar un premioanual á poesía galega que esteña moi por enriba dosconcursos locás que máis ou menos rutinariamente seveñen convocando. Queren que seña, sobre todo, un pre-mio prestixioso. Planexaron todo contando contigo comopeza esencial. Intuitivamente varios diles son xóvenespoetas oriéntanse cara a tua ascética exemplaridade ecara a tua lúcida fondura espiritoal. Esta espontánea eintuitiva inclinación dos rapaces coido que é o máis sotile xusto homenaxe que se lle podía rendir ó teu caladomaxisterio. Pódesmo crer: conmoveume profundamentepolo que nil hai de esencial xusticia.

Inda non lle escribín ó Lugrís. Estouche completa-mente afogado polo Apéndice de D. Eladio, que é cousaendiañadamente enredosa. Arrecadamos máis de tresmilleiros de voces que non figuran na obra. Trátase,como ves, dunha importante achega. Pro temos que apreparar e dispoñer con demasiada presa e chega a serabrumadora.

Page 48: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

48

Hai aínda poucos dias que recibín o oficio daAcademia comunicándome a desiñación. Nin tempotiven de falar cos outros membros da Comisión. Como eunon son un gramático, máis ben asumirei o papel deestimular ós que o son e facerlles algunhas suxerenciasnadas do meu conocemento da língoa. Outra cousa nonpodo facer.

Polo Nadal faremos unha escapadiña ahí. Comosempre, aproveitarei pra botar unha parrafada longacontigo.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón Piñeiro

***

XVIII

Compostela, 5-I-62

Querido Ricardo:

Recibín a tua carta. Nefeito, contra os propósito queeu tiña, o 23 tiven que me meter na cama e pasar repou-so varios dias. Agora vou millor pro con resabios. Sentínben non poder ir ises dias a Lugo, coma todolos anos.

Onte apareceu na “Noite” iste artigo de TomásBarros. Por si ó millor non mercaches ise xornal,mándocho.

Page 49: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

49

O Paco ven eiquí o dia 30. Baixando as escaleiras doRestaurant do Compostela esbarou, caeu de costas e cre-bou unha costela. Istes dias está amolado.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

XIX

Compostela, 15 de xaneiro de 1962

Sr. D. Ricardo Carballo CaleroFINGOY.

Benquerido Ricardo:

Recibín a tua carta do 7 e maila nota sobor da par-ticipación pondaliá no homenaxe a Verdaguer.Enviareina a Barcelona en percura de datos que cheinteresan, incluída a copia da composición. O marquésde Figueroa coido que non terá incomenente ningún enfacilitarche ise material que ten. Eu non teño income-nente en llo falar, mais figúraseme que non deixaría delle gustar que lle pedises ti mesmo o favor, espricándolledo que se trata e citando a Parga. É home moi compridoe moi cortés e, ademáis, acollerá con gran simpatía oproieito de publicación dos inéditos pondaliáns. Inclusopódeslle decir que queredes facer con Pondal o mesmoque se fixo con Rosalía, pois a edición dos “Inéditos”rosaliáns foi idea que entusiasmou sempre ó marqués, e

Page 50: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

50

leva, como sabes, un prólogo dil. Tamén teño que falarcon Lafuente pra que che mande os materiás que medixo que tiña.

Hai dias escribinlle ó Lugrís e perguntáballe por iseestudo de Balbontín sobre Rosalía.

Claro que tes pleno dereito a me pedir contas dunhapromesa que che teño feita e da que non che volvín falar.Non penses, non, que me esquezo dela. Conserva no meuánimo toda a forza do intre en que a fixen. E agradezovivamente o interés i a confianza que pós no seu valor.Mais a verdade é, querido Ricardo, que estou tan engue-dellado en compromisos apremiantes que nunca me vexocoa libertade de esprito e de tempo que a empresa reque-re. Agora estou cos apéndices do Diccionario de D.Eladio, que me enredan enormemente. Logo teño queme ocupar do choio da Gramática, do que penso falarlongamente contigo na primeira ocasión que vaia porLugo (que procurarei que seña axiña). Logo teño que llefacer un prólogo ó “Vicente Risco na cultura galega”, queme pedíu o Lugrís. E confío en que, despois, podereimepoñer a traballar no meu libro. O Apéndice ó D. Eladioacada un volume importante, pois engadirémoslleunhas catro mil voces, que é unha boa achega. E logoinda queda o castelán-galego.

Comparto plenamente as consideracións que fastocante o desequilibrio que se bota de ver nas nosasletras, demasiado entregadas ás correntes ultrapirenai-cas e pouco arraizadas no chan galego. Confío en quenon pasará de ser unha simpática petulancia xuvenil danosa cultura, sin chegar a ser convertir en doenza cróni-

Page 51: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

51

ca. Mais tamén me parece moi san e comenente que osque temos algunha responsabilidade no decorrer aitualda nosa cultura nos preocupemos de tal fenómeno noque ten de aberrante. As tuas observacións son moidiñas de seren meditadas.

Sí, a tua intelixente discípula Xoana Torres estáagora entusiasmada e moi preocupada co teatro. Anda apreparar un libro de poemas para SALNÉS e ten feitaunha peza de teatro. En ambas cousas ten ilusión. Anovela, en troques, semella que sufríu bastantes vira-voltas. Comenzara con moito pulo. Logo refixo varioscapítulos, aproveitando ises viaxes que fai poloMediterráneo co seu home. Despois deixou de falar dela,mesmo coma si a tivera abandoado momentáneamente.De todolos xeitos, Xoana ten indudábel talento e póden-se agardar dela cousas interesantes. Eu confío nela.Outro dos teus discípulos, o gran Nogueira, tamén estáa traballar nun libro de ensaios. Tamén niste teño unhagran confianza, porque é unha das boas cabezas novasque temos no país. O aitual rexurdir, que comenzou conben poucos ¿lémbraste daquiles paseos por ises cami-ños e carballeiras tecendo e comentando proieitos quesemellaban soños? , vaise consolidando rexamente.Ademáis, i eso é o importante, está asegurada a su con-tinuidade.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

Page 52: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

52

XX

Compostela, 12-II-62

Querido Ricardo:

Por vía indireita soupemos que a Xunta de Gobernoda Academia desiñouvos a ti e máis a Yordi como xura-dos para o “Premio Galicia”. Resulta moi interesante atua presencia, porque serás o único dos nosos entre osdoce membros do Xurado. Certo que, dende o punto devista da calificación persoal, seremos os millor repre-sentados, porque non se podería escoller outro nome nono hai tan autorizado como o teu pra discernir unpremio das caraiterísticas do convocado. Non deixes, xaque logo, de aceptar. Como sabes, abonaranche todos osgastos e mil pesetas por sesión de traballo, asi que poresa banda non hai quebranto ningún.

O ambiente xeneral que hai é de que o candidatoúnico debe de ser D. Ramón. Con todo, o José LuisVarela e algúns ourensáns andan a iniciar unha intrigarisquiana. Polo de agora operan sinuosamente. Coilesestá Cunqueiro. Coido que perderán o tempo, polo enor-me peso intrínseco dos méritos oteriáns.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

Page 53: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

53

Carballo Calero, á esquerda, con Ramón Piñeiro(Santiago de Compostela, 1957)

Page 54: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

54

Carballo Calero visto por Siro

Page 55: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

XXI

Compostela, 6-III-62

Sr. D. Ricardo Carballo CaleroFINGOY

Meu querido amigo:

O sábado estiven catro horas en Lugo pero nontiven tempo de me achegar a Fingoy. Somentes fun deicao Lugo-Bar e tomei café co Cilistro e máis con SalvadorCastro, pois o Fole non apareceu ise dia. Como tiña queestar ó tanto do teléfono, pasei o tempo na casa.

Mándoche o número de “Patria Gallega” que trae odiscurso de Murguía en galego, que ti percuraches coninterés. Por rara casualidade, o outro día regaláronllo aDomingo. Dende logo é interesante.

Coido que tardaredes moito en ir a Madrid. A poucomáis coincidides co pasamento de March, que debe deestar nas últimas.

Coido que todo irá moi ben. Da Prensa irán, comosabes, Sigüenza e máis Merino. O primeiro vai coa únicamisión de votar a Risco, cousa que fará. O segundo écase seguro que votará a D. Ramón. Tiña prexuiciosestéticos sobre a sua obra que lle parece “romántica”,decimonónica, retórica , pro admite que, tal como estáconvocado o premio, ninguén se axusta mellor. Vai benpredisposto. En cambio, o teu compañeiro Yordi leva unúnico prexuicio: non votar a un cultivador do galego. Asua muller, que é a que lle dá as ideas, sostén que se

55

Page 56: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

56

pode eisaltar moi ben a Galicia escribindo en castelán,como fan Cela, Fernández Flórez, Barbeito, Rey Soto,etc. O candidato preferido diles é, dende logo, Rey Soto,e, a non ser Rey Soto, calquera dos citados. Iste granpaspallás de Yordi sería o portavoz figúrome que sim-ple porta-voto da envexa de Rey Soto a Otero Pedrayoi ós galeguistas. Os demáis, coido que que todos están enaititude moi asisada. Os disidentes son os dous Xulios¡que ilustre parella! O Moreno Báez leva a íntima ilu-sión de ser desiñado Presidente. Considera que ou il ouFilgueira son os máis chamados a esa función.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

Si che resultase doado chamarme dende Madridcando seipas o resultado, o meu teléfono é o 3485. Detodolos xeitos non fagas desto problema ningún, pois sinon che for doado non pasa nada. Con poucas horas dediferencia saberémolo polo xornal.

***

XXII

Compostela, 20-III-62

Querido Ricardo:

Onte debemos de nos cruzar perto de Palas, vóscamiño de Lugo e nós camiño de Compostela. Sabíaque pensabas vir o sábado. Fun deica o coche, mais

Page 57: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

57

chegou algo máis retrasado que outras veces e tivenque me marchar antes de que chegase. O domingo polamañán marchamos a Lugo. Desta vez cruzáronse osnosos plans.

Eu tiña o encárrego de Paco de che decir que recibíua tua carta e que lle parece ben que vaias facendo iselabor de que lle falas nela.

Polo Bernardino envieiche o número de “PatriaGallega” co discurso de Murguía en Tuy. Xa ves que,pouco a pouco, todo se vai acadando.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón Piñeiro

***

XXIII

Compostela, 1-VI-62

Benquerido Ricardo:

Recibín a tua carta e maila copia do teu dictamesobor do informe que eu lles enviara. A min xa me dixe-ra o presidente, dias despois de telo recibido, que ibanfacer copias i enviarvolas a todolos membros da comi-sión. Por esa razón desistín de cha enviar eu mesmo,como pensaba facer, inda que xa tiña trocado impresiónscontigo sobre o problema. A copia que fixera para chemandar a ti decidín enviarlla ó Pensado, porque xa tiña-

Page 58: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

mos falado tamén do problema, e ademáis porque, sendoil a meirande autoridade romanística con que contamoshoxe os galegos (a menos que queiramos facer moito fin-capé na galeguidade de Menéndez Pidal, que non é pru-dente), prá miña tranquilidade íntima era moi impor-tante saber a sua opinión, que resultou ser confirmati-va. Entre outras cousas, di: “Estoy enteramente deacuerdo con tu visión certera y exacta”. Iste respaldodame bastante tranquilidade. E polo que leo no teu dic-tame vexo que no tocante ó labor inmediato tamén coin-cides. Polo menos servirá pra que a Academia tomeplena concencia do problema e das suas dificultás.Refírome, naturalmente, á Academia como conxunto enon a uns cantos académicos, entre iles ti, Filgueira,etc., que tedes máis crara concencia que eu e que xa vosocupástedes do problema nos tempos do Seminario deEstudos Galegos.

Onte estivo eiquí o Paco. Xa nos dixo que entregaraá imprenta o orixinal da “Historia da Literatura”.Cando saia témolo que celebrar.

Por certo que Paco preguntoume que trámites fixe-ra eu pra cancelar os antecedentes penais, porque cheinteresaba a ti facelo tamén. Naturalmente que o debesfacer, porque tes pleno dereito á cancelación. Eu preocu-peime hai anos dise asunto e desistín de o levar adianteporque inda non estaba en condicións legales de conque-rilo, pois ise dereito adequírese ó pasaren dez anosdesde o cumplimento da condena. Depois de transcurri-dos os dez anos, nun viaxe que fixen a Madrid hai variosmeses volvín interesarme polo asunto. Todo se reduce aenviar unha solicitude acompañada de dous ou tresdocumentos: certificado de boa conducta anterior e pos-terior á condena, copia do testimonio de condena e non

58

Page 59: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

me lembro si algunha outra cousa. Pasado algún tempo,pídenlle do Ministerio de Xustiza informes á GardaCivil. E pouco tempo despois recibes, por conducto doXuzgado, unha comunicación do Ministerio informándo-te de que quedan cancelados os teus antecedentes. Todose produce por vias regladas e por mecanismos automá-ticos. Pra me informar, alí en Madrid acudin á muller doBen-Cho-Sey. Aproveitei pra presentar alí mesmo a soli-citude. Hei mirar si conservo o impreso que me deran amin coas instrucións concretas do que hai que facer e sio atopo incluiocho.

Xa me dixo Chan que tiña unha boa colleita dematrículas.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

P.D. Atopei o impreso. Acompáñocho

***

XXIV

Compostela, 6-VII-62

Sr. D. Ricardo Carballo CaleroFingoy

Benquerido Ricardo:

Hai poucos dias celebrouse en Vigo a asambreaanual de GALAXIA. Alí Paco leunos a memoria das

59

Page 60: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

60

aitividás no curso do ano e Xaime espricou con tododetalle o estado das contas. Despois pasamos revista áspubricacións en curso i en preparación, e quedamostodos moi confortados de ver como vai medrando olabor. O Agustín Sixto dixo que il quería celebrar a suaincorporación ó Consello con algunha contribución útile que, si nos parecía ben, il aportaría dez mil pesetaspra axuda da publicación da “Historia da LiteraturaGalega” do seu mestre D. Ricardo Carballo. Ben podescomprender que a todos nos pareceu moi ben.Pareceunos ben doblemente: como axuda a Galaxia ecomo homenaxe ó mestre. Tan simpática xenerosidadea todos emocionou. E como sei que támen a ti te emo-cionará, por eso cho digo.

Xa estaba feito o tomo das prosas do Cuevillas, quequedou moi bonito. Polo de agora nono distribuen.

Dª Virxinia, a viuda de Daniel, está en Salamanca.Veu ver a familia. Pasará unha tempada en Trasalba.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

Page 61: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

61

XXV

Compostela, 14-VIII-62

Querido Ricardo:

Recibín a tua carta. Non te preocupes pouco ninmoito do convite a Prada porque o importe total foi taninsiñificante que non ademite reparto. Conócese queestabamos todos moi desganados.

Non sei si coincidirás con Domingo na Cruña conmotivos das vosas conferencias encol de Valle Inclán. Ilmarchou o sábado a pasar quince días alí. Non sei enque datas vos toca falar.

En Vigo vin chegar a Galaxia un bó feixe de probasda Historia. Polo que se ve, a impresión avanza a bóritmo.

A fins de agosto virá dous ou tres días o amigoMachado de Rosa. Gustaríame que vos conocérades per-soalmente. É home moi cordial e sinxelo e un afervoadoamigo de Rosalía.

Anda por eiquí o Lugrís. Ven de estar cinco sema-nas en GHANA. Conta cousas divertidas do mundonegro.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón Piñeiro

***

Page 62: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

62

XXVI

Compostela, 29-IX-62

Sr. D. Ricardo Carballo CaleroFINGOY

Querido Ricardo:

Recibín, hai dias, a tua carta. Non che contesteiantes porque teño mentes de ir por Lugo agora no SanFroilán e, como sempre, teremos ocasión de falar longo etendido.

En Vigo vin ó Ferrín, coa sua prometida, moi anima-dos a invernar en Lugo.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón Piñeiro

***

XXVII

Compostela, 1º de Novembre de 1962

Sr. D. Ricardo Carballo CaleroFINGOY

Querido Ricardo:

Duas liñas pra ter informar dunha boa noticia quequizáis xa conozas, ben polos xornás ben por Chan. Acabade se crear na nosa Facultade de Filosofia a Seición de

Page 63: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

63

Filoloxía Románica. Dentro dela, no 5º curso, figura acátedra de Língoa e Literatura Galega. Ademáis, noInstituto de Idiomas comenzará axiña a funcionar taméno insino do galego. A seición de Románicas comenzará xaniste curso. Veñen dous profesores de fora, o DiegoCatalán Menéndez-Pidal e máis o Clavería, pra se encar-garen das asinaturas de Gramática Histórica e GramáticaXeneral. Xa ves, unha vella arela cultural que ó cabo seconvirte en realidade. Agora é cando os nosos estudos lin-gúísticos comenzarán a marchar por bó camiño.Normalmente eso debe dar como resultado a próisima ini-ciación dunha verdadeira escola de Lingüística galega,que tanto se bota de menos na nosa cultura.

Ora, eu penso que a cadeira de Língoa e LiteraturaGalega, que comenzará a funcionar dentro de dous anos,correspóndelle de modo natural ó autor da gran “Historiada Literatura Galega” que vai saír, ben oportunamentepor certo, de “Sete Poetas Galegos”, de “Aportaciones a laLiteratura Gallega Contemporánea”, de “Poemas esqueci-dos ou inéditos de Pondal”, de “As Fontes Literarias deRosalía”, etc., etc. ¿Non coidas ti o mesmo?

O sábado pasará por eiquí o Paco para asistir ásesión de Academia. Xa nos contará como está a ediciónda Literatura.

Eu estou moi ledo. Coido que, ó cabo, a nosa culturaentrou oficialmente na Universidade. Penso que eso teráunha grande repercusión no prestixio social do idioma.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

Page 64: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

64

XXVIII

Compostela, 18-I-63

Querido Carballo:

Duas liñas pra te informar de algunhas novedásinteresantes. Hai poucos dias celebrouse xunta deFacultade pra cumprimentar unha petición doMinisterio: sinalar, por orde de preferencia, as cátedrasque se deberán dotar na nova Seición de Románicas,indicando, ademáis, nomes das persoas que están encondicións de aspirar a ocupalas. Propuxéronse precisa-mente duas cátedras: Filoloxía Románica e Língoa eLiteratura Galega. Con relación á primeira, deuse onome de Lourenzo; prá segunda, deuse o teu nome. Niseintre o profesor Lucas informou ós seus compañeiros deque o Filgueira xestiona o desglose en duas cátedras,unha de Língoa i outra de Literatura, con miras a optaril á de Literatura, pois no caso de ser unha soia cátedrarenunciará a pretendela (nós xa o sabíamos por viaDámaso Alonso). A reaición do Decano foi rotunda nosenso de refugar a pretensión desglosada do Filgueira,parecer que compartiron todos, así que decidiron pedir adotación dunha soia cátedra de Lingoa e LiteraturaGalega. Falouse novamente de ti e da Historia que vaisair i o catedrático de Literatura rematou decindo que,ademais, compre ter en conta que, no teu caso, tratába-se dunha verdadeira adquisición prá Facultade.

Como ves, as cousas van indo normalmente nadireición xusta. Agora compre conquerir o do Istituto P.Sarmiento e, cando salia a Historia, será ben que fagasunha xestión diplomática da que xa falaremos.

Page 65: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

65

¿Qué tal de frío?

¿Sabes que o Ministerio de Información anda a voltasco proxeito de incluir unha ou duas emisiós semanás engalego i en catalán na Radio Nacional e na Televisión? Sia cousa vai adiante, moitos levarán sorpresa.

Xa teño ganas de que te veñas pra Compostela, queé o teu verdadeiro lugar de traballo. Ademáis, así pode-remos botar grandes parrafadas ¿Non sí?

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

No nº 115 de “POESÍA ESPAÑOLA”, datado enXulio do 62 pro que quizais será o derradeiro ou dosderradeiros que apareceron figura un comentario sobreo “Salterio de Fingoy”. Está escrito por Fernández Pousae fai máis ben unha presentación do poeta, incluíndo,dende logo, xuicios valorativos de toda a tua obra.

***

XXIX

Compostela, 26-II-63

Benquerido Ricardo:

Hai poucos días chegou ás miñas maos o primeirotomo da tua “Literatura”. Abrín o paquete con impacen-te curiosidade e contemplei o libro con emoción fonda.Ao cabo tiñamos convertida en realidade ouxetiva es-

Page 66: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

66

plendidamente presentada, coido unha idea que nace-ra ahí en Fingoy nunha serán inverniza en que, comotantas veces, ti, Fole e máis eu trocamos impresiós eideas sobre os problemas da nosa cultura. Resulta con-fortador, fondamente confortador, que xusto ós cen anosde teren aparecido os “Cantares Gallegos”, póidaseescribir unha obra coma esta; ¡Cómo se estremecerán degozo as cinzas de Rosalía e de Murguía!

Por unha rara casualidade, o mesmo dia que chegouo libro pola mañán, pola tarde veu Chan falar comigo.Amostreille o libro i emocionouse moito. Botamos unhalonga parrafada xa había ben tempo que non tiñamosfalado de vagar e díxome que, se cadra, nistes diasaparecías por eiquí, inda que o dubidaba moito porqueaxiña terás que vir a uns Xogos Frorás. Por si acasoviñas, non che escribín, pois prefería espresarche a miñaíntima ledicia e unha forte aperta.

Acabamos de dar, meu querido e ademirado amigo,un paso cultural firme e importante. Non se poderádecir que non libramos a nosa batalla. O legado queGalaxia aporta ó país non deixará de pesar e fecundaráa evolución da nosa cultura. Os que veñan detrás herda-rán o exemplo i o froito do noso teimoso esforzo. Dá xenioollar iste fermoso libro.

Como non tardarás en vir por eiquí, teremos oca-sión de falar longamente de varias cousas.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

Page 67: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

XXX

Compostela, 1-III-63

Querido Ricardo:

A tua carta cruzouse con unha miña que segura-mente recibiches o mesmo dia que eu recibín a tua.

Xa vexo e alégrome de que asi ocurra que tesen marcha o espediente de cancelación. Si na axenciase encargan da tramitación, non precisas tomar inicia-tiva ningunha, porque a resolución producirase nor-malmente pola simple rutina reglamentaria. Eu noncursei a miña solicitude dende Santiago senon que apresentei direitamente no Ministerio, aproveitando unviaxe que fixen a Madrid. Como eu non sabía facer asolicitude, fíxoma a dona do Oxea i eu firmeina. Comoa ti xa cha fixeron na axencia, a cousa é a mesma. Nonhaberá dificultades.

Polo que semella, na Academia vai haber duas cra-ses de académicos: os que son elixidos pola súa obra eos que son elixidos por vivir na Cruña. Como o sábadovirá Paco traguerlle a Domingo uns exemplares a fir-mar dos seus “Ensaios” fíxose unha pequena tiradapra vender a 500 pts confiando en que os merquen osamigos e clientes de Domingo que teñen cartos e axu-dar así a defender económicamente a edición , eutransmitireilles ós dous a información da tua carta notocante a ise tema da candidatura de G. Conde.Algunha vez temos falado tí e máis eu diste asunto iopino totalmente de acordo co teu punto de vista. ComoDomingo, Paco e outros amigos nosos non saberán

67

Page 68: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

moito quen é G. Conde, pola miña parte non deixarei deos informar. Por outra parte, cando ti veñas por eiquítamén será boa ocasión de falar deso.

Mandoche un recorte de “La Noche” de hoxe no queapareces como “novedade” na Crónica do Alvite.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

XXXI

Compostela, 26-V-63

Benquerido Carballo:

Acabo de recibir a tua carta. Nefeito, a derradeirafolla do orixinal da Xohana atopeina eiquí. Mándocha,pois do contrario quedaríaste sin conocer o cabo daobra.

No seu aspeito literario, a min gústame francamen-te a obra da Xohana. Alégrome moito de compartir con-tigo esa opinión positiva, moi reforzada polo que me disdas suas virtudes escénicas, pois nise terreo eu carezode criterio. A coincidencia de xuicios é tan plena quetamén eu tiña pensado e faleillo a Paco na come-nencia de a incluir no tomo de teatro. Non preciso de chedecir canto me alegra esa coincidencia de opiniós.

68

Page 69: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

69

Preguntei polas fotos e dixéronme que as recolleraChan. Coido que asi sería, pois estaban no S.E.U.

D. Ramón pasou por eiquí camiño da Coruña, ondedeu unha conferencia sobre Aquilino. Onte contestoullea Meijide Pardo na sesión académica. Houbo bastantexente.

A xornada compostelán do “Dia das LetrasGalegas” tivo un fondo eco e deixou unha gran lem-branza. A tua intervención resultou rigurosamentememorábel. O mesmo sinceiro entusiasmo íntimo quedespertou no Cilistro, manifestado nos seus comenta-rios lugueses, bótase de ver por eiquí en todolos que aescoitaron. O comentario que máis me conmoveu foi ode unhas rapaciñas de 1º de Filosofía, que decían, óremate da conferencia, estas sorprendentes palabras:“Dispois de ouvir esta conferencia non nos importa quenos suspendan en Lingüística” (referíame a un eisa-men, certamente duro, que tiñan ó dia seguinte conMoreno Báez).

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

P.D. O Naya atopou nistes días un poema inéditode Rosalía. Polo visto versa sobre o tema da negra som-bra. Pensa publicalo no “Boletín”.

***

Page 70: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

70

XXXII

Compostela, 4-VII-63

Benquerido Ricardo:

Como esta tempada tiven bastante rebumbio deviaxes e de atafegos heteroxéneos, xa non me lembro sitemos falado ou non da reaparición do GRIAL. Haicousa dun mes, autorizáronnos pra reanudar a suapublicación. As caraiterísticas que señalan, coincidentotalmente coas do GRIAL anterior periodicidade tri-mestral, tamaño, número de páxinas e incluso o nome,pois a autorización di “una revista cultural gallega titu-lada Colección GRIAL” , pero engaden algunhas condi-ciós que fan abondo ríxida a autorización, de tal xeitoque si antes do 9 de setembro non sacamos o primeironúmero, o permiso queda cancelado automáticamente.

De agora en diante teremos, xa que logo, o proble-ma permanente de sacar trimestralmente un número danosa revista. Verdadeiramente facía moita falla, pois é ogran vehículo pra íremos incorporando a xente nova quevai aparecendo, ademáis de que nos permite espoñer edefender criterios orientadores con moita máis eficaciacultural que nos xornás.

Non sei si niste intre tes algún traballo idóneo prao primeiro número ou si estás en condiciós de o facer deinmediato. Eu tiña pensado aproveitar a tua conferenciarosaliá do “Dia das Letras Galegas”, posto que semellanatural refrexar no GRIAL o centenario dos “Cantares”,pro xa soupen que aproveitaches pra ÍNSULA, cousa

Page 71: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

71

que tamén está ben. En todo caso, xa sabes que o GRIALvai sair e que, de agora en diante, teremos que lle pres-tar atención trimestralmente. Certo que a necesariavariedade de temas e de firmas nos dará descansos ogallá señan moitos , pro non deixará de nos petar áporta de vez en cando.

Como marchei súpetamente a Madrí e demorei alíbastantes dias de paso axudeille a Penzol a empaque-tar e dispoñer os libros que alí tiña, que eran bastantese moi interesantes , non soupen o número definitivo dematrículas que levou Chan. Seguro que foron moitas.

Unha forte aperta e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

XXXIII

Compostela, 31-VII-63

Querido Ricardo:

Tal como me anunciaras en Lugo, onte chegoume atua carta. Eu cheguei ahí o sábado ás nove e media danoite pra ir o domingo xantar a Neira de Rei con unscantos amigos en homenaxe a Enrique Santamarina.Coidei que aínda estarías por Vilardevós, pois do con-trario quizáis te chamase pra nos véremos pola noite.

Page 72: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

72

Moi interesantes as novas que me dás do Congresoetnográfico luso, así como as procedentes de MonteroDíaz. Alégrome ben de que iste non mantivese indefini-damente o seu estrano silencio.

Nós sairemos mañá pra Vigo e alí disporemos o pri-meiro número do GRIAL. Amólanos bastante o ter que osacar forzosamente antes do nove de setembro, porquenos obriga a improvisar cáseque todo. Con todo, non haimáis remedio que facelo así, porque non podemos perdera autorización que nos deron. Pra os números seguintesxa poderemos preparar as cousas con xeito. Tamén nis-tes dias agardamos ó Ferro en Vigo pra iniciar a catalo-gación da biblioteca da Fundación Penzol. O dia 7 saire-mos con uns amigos pra Valencia e Jaca viaxe impen-sado e coido que a mediados de mes estaremos devolta por Lugo. Informareime si estades ahí e, nise caso,falaremos longamente de todo. Hai moito de que falar.

Mándanos axiña a Galaxia a “Farsa das Zocas” porsi decidimos incruila niste primeiro número. Niste ounoutro sairá, así como o resto dos traballos que tes dis-postos.

Unha forte e cordial aperta de

Ramón

***

Page 73: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

73

XXXIV

Compostela, 29-X-63

Querido Ricardo:

Duas letras moi apresuradas están agardándomepra sair pra che recramar unha foto. Mellor dito, pracha pedir. Trátase dunha petición que nos fan a nósdende Lisboa con vistas a un comentario cultural.

O libro dos contos populares entusiasma a todo omundo. Vai ter un grande éisito.

Unha forte e cordial aperta de

Ramón

***

XXXV

Compostela, 12-XI-63

Benquerido amigo:

Veño de botar uns dias por Madri, sin saber queestaba por aló Magalí. Coincidín, en cambio, con Otero,que foi pra tomar parte nun homenaxe a Risco.

Tiña eiquí a tua carta e maila foto que me pedironde Portugal. Mañá sairá camiño de Lisboa.

Page 74: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

74

O libro de contos ten un éisito estraordinario. Tantoen Galicia como en Madrí encanta a todo o mundo.Causa verdadeira sensación. Leva camiño de se conver-tir nun libro “crásico” na nosa literatura, cousa que esta-ría moi ben.

Sei que siguen os preparativos pra esposiciónluguesa do libro galego. Alégrome ben.

Temos moito que falar. Irei por ahí canto antespoida.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

XXXVI

Compostela, 16-I-64

Querido Ricardo:

Recibín a tua carta. Xa acrarei o problema. Será oteu traballo o que figurará no tomo da “Histª dasLiteraturas Hispánicas”. O equívoco naceu do feito detérense feito os dous encargos, primeiro a Filgueira edespois a ti. Filgueira nono chegou a facer e tan só cru-zou correspondenza sobre o particular. Do tono impreci-so e vago desta correspondenza sacaron o xuicio queespresaron sobor dil. A equivocación que tiveron foi a decoidar que o traballo recibido era o dil e aplicarlle o xui-

Page 75: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

7575

cio que tiñan formado a través da correspondenza.Alegráronse moito de comprobar o erro e ver que o tra-ballo non era dil senón teu e que estaba feito pola per-soa máis idónea pra tal encargo.

Devólvoche a correspondenza tua con Vergara por-que xa non é necesaria.

Os universitarios queren formar un gran xuradopra fallar o Premio do Teatro Galego o 17 de maio.Queren que figures ti, Celestino, del Riego, Cunqueiro,un director de teatro, ourensán, que polo visto é persoaidónea e que figure como presidente honorario o Rector.Quedou o Celestino de recabar a tua conformidade. Acousa pode resultar moi interesante, porque pode ser unconcurso regular e convertirse no premio máis prestixio-so das letras galegas.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

XXXVII

Compostela, 1-II-64

Benquerido Ricardo:

En verdade eu seiche moi pouco do relativo ó con-curso teatral galego, porque non interviñen no asunto.Somentes sei que o premio será de dez mil pesetas, que

Page 76: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

7676

se chama Premio Castelao, que poden concurrir todos,universitarios ou non, que se fallará o 17 de maio e queformades o xurado ti, Celestino, Cunqueiro, Paco e unseñor de Ourense que non conozo. Non conozo as Bases.Sei, eso sí, que andan a voltas coa tramitación, porqueeso está, polo visto, moi reglamentado. Alá os rapacestecen e destecen no asunto e coido que o farán ben. Polomenos xa fixeron o miragre do Premio, que non épequeno.

Alégrome ben de que vaia madurecendo na tuamente o plan da futura Gramática. Non me parece malaidea a de lle poñer un vocabulario como apéndice. Entrenós esas cousas sempre son útiles.

O Paco ten que seguir co réxime e co tratamento. D.Ramón anda a se laiar por medo a que esteña facendodemasiada penitenza, pro os médicos non amolecen coaretórica dionisiaca do ourensán e manteñén a Paco naasisada liña dun prudente estoicismo.

Andamos ás voltas co nº 3 do GRIAL. Pra o nº 4temos unha pequena e fermosa antoloxía de poesíamedieval galega traducida ó inglés por Miss Jean R.Longland.

Os de B. Aires andan matinando en celebrar congrande pulo o centenario feixonián que polo visto cadraniste ano.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

Page 77: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

77

Dúas cartas autógrafas de Ramón Piñeiro

Page 78: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

78

Page 79: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

79

Page 80: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

80

Page 81: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

81

XXXVIII

Compostela, 30-III-64

Querido Ricardo:

Mándoche iste artigo que publicou o Lastres na“Noite” do sábado. Os datos que dá coinciden co que medixera a min o Gonzalo López Abente: que Rosalía esti-vera na sua casa. Xa se ve que a tradición familiar dosLópez Abente conserva moi viva a lembranza disefeito.

Estivo por eiquí o Basilio Losada, de camiño praPortugal. Xa me dixo que falara contigo en Lugo.

Lin onte no “Faro” a páxina adicada a Shakespeare.Contrariamente ó que Paco me dixera, a páxina estabaintegramente en castelán. O único artigo en galego esta-ba noutra páxina. Non creo que se debera a impedimen-tos extrínsecos.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

Page 82: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

XXXIX

Compostela, 7-IV-64

Querido Ricardo:

Os de “Ínsula” escribíronlle a Domingo a carta queche acompaño. Coidamos interesante conocer a tua opi-nión sobre o problema consultado por iles. Lé, pois acarta do Canito e devólvella a Domingo con unha notatua na que conste o teu pensamento sobre o particular.

O Lapa matina vir niste mes a dar un cursiño sobreo trovador Lopo Lías.

Unha forte aperta do teu amigo

Ramón Piñeiro

***

XL

Compostela, 16-IV-64

Querido Ricardo:

De volta de Madrid atópome eiquí coa tua carta.Mándoche por correo o libro de González Besada.

Domingo recibiu a tua resposta á pregunta doCanito.

82

Page 83: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

Está por eiquí o Rodrigues Lapa. Fará un cursiñosobre Lopo Lías cos rapaces de Románicas.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

Andan recollendo firmas de “intelectuales” galegosó pe dun escrito dirixido ó Ministro de Agriculturapedíndolle que resolva o problema dos campesiños gale-gos. Non sei si che solicitarán ou non a tua firma. Eunon firmei, porque sei que ten un orixe oriental.

***

XLI

Compostela, 3-VI-64

Querido Ricardo:

Coido que xa terás recibido o nº 4 do GRIAL. Polomenos xa acadamos o mesmo número que na primeiraserie, i en certo xeito podemos confiar en que esta serámoito máis longa.

Como nos movemos nuns límites cronolóxicos forza-dos, temos que dispoñer axiña o número 5. Sería benque nos enviases a conferencia que deches enPontevedra en col do P. Feixóo.

Si podo, o sábado irei a Lugo pra asistir á inaugu-ración do Concurso-exposición de Pintura Galega.

83

Page 84: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

¿Sabes que o Torrente veu destinado a Pontevedra?Xa alugou casa na vila do Filgueira.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

XLII

Compostela, 15-VI-64

Sr. D. Ricardo Carballo CaleroLugo

Querido Ricardo:

Onte cando marchaches quedei matinando e mati-nando nas tuas xustificadas arelas de meirande sosegono traballo. Partindo da tua idea de revalidación daadxuntía, que consideras valedeira como solución inme-diata, non dei nunha vía mellor pra intentalo que a doilustre Filgueira. Entre todalas persoas asequíbeles,considero que é il quen está en mellores condiciós de oxestionar con proveito. Pensa neso. A min non se meocurre outro mellor.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

84

Page 85: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

XLIII

Compostela, 1-IX-64

Querido Ricardo:

Chamei a Moreno Báez por teléfono pra acrarar ainformación que il lle dera a Domingo en col da tua pro-posta. Falei coa dona, porque il tiña marchado a Madride non volta deica o dia 11. Ela preguntoume si era algúnasunto importante ou urxente, pra lle telefonear si erapreciso. Espriqueille de que se trataba e díxome que elanada sabía, pro que, en todo caso, ises problemas non setratarían na Facultade antes do día 11. Eu sigo pensan-do que foi un erro de Moreno.

Axiña recibirás o GRIAL. Coido que resultou unnúmero bó.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

Antes de levar esta carta ó correo recibín a tua. Xache enviarei o libro que precisas.

***

85

Page 86: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

XLIV

Compostela, 21-IX-64

Querido Ricardo:

Acabo de chegar de viaxe. Deixeille a Isabel o encá-rrego de abrir a correpondenza durante á miña ausen-cia e de cumplimentar as cousas urxentes que estivesenó seu alcance. Tocante á tua carte do dia 10 díxome queche enviara a “General Estoria” por Antonio Rosón.Supoño que cha faría chegar.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

XLV

Compostela, 20-I-65

Benquerido Ricardo:

Recibín a tua carta. Agradezo moito a vosa inter-vención protectora a favor da miña sobriña. Foi a pri-meira i a única vez que lle percurei recomendación entoda a carreira, porque dende neniña alá na aldea sem-pre foi seria i estudosa. E percureilla únicamente pra DªAna Maria Múgine8 porque era á única que ela lle

86

8 Decantámonos por Múgine aínda que a lectura non é clara. Tamén pode lerseMúgica.

Page 87: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

temía. Agora témola eiquí pasando uns dias con nós.Tamén ela vos agradece vivamente a vosa axuda, poissabe que eu me valín de vós.

Eu alégrome moito desa vontade xenerosa de D.Antonio de que os rapaces que rematen a carreira enSantiago poidan aspirar a traballar con becas daFundación Penzol. Como é natural, prestarei toda amiña atención a ise problema, pois é certo que convivomoi achegadamente cos universitarios e podo aproveitaresta circunstancia pra estimular ós posibles candidatos.Eso é ben interesante.

Algo ouvín decir, cando estiven ahí, de que o Alonsomatinaba en homenaxear ó Aníbal Otero, pro non sabíanin a data nin o caráiter do xantar, que xa vexo que foimáis ben local lugués. Eu alégrome, porque o Aníbal,que é un bó home, vive retraído e isolado i estas xorna-das de convivencia cordial daranlle azos.

Onte estiven vendo un vello libro impreso eiquí enSantiago que é unha especie de album literario doColexio Maior de Fonseca, no que figuran varias compo-siciós galegas. Como eu tiña moita presa, non puidenfacer máis que botarlle unha ollada rápida e arredalo,xunto con bastantes cousas máis, pra facer unha lista emandarlla a Penzol. Como é case seguro que os merca-rá, xa te informarei con máis detalle. Si alí aparecenpoemas ou poetas non incluídos no tomo II da Escolma,pode ser interesante que ti os deas a conocer.

Amostroume o Bouza a resposta do Rubén ó Saez,que está moi ben feita. Non sei onde a publicará, porque

87

Page 88: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

88

a polémica é tan persoal que encaixa mal en calquerarevista.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

XLVI

Compostela, 16-II-65

Benquerido Ricardo:

Fun co Paco a Anadía e máis a Coimbra pra tratarco Lapa da posta en circulación da edición das “Cantigasde Escarnho e Maldicer”, que xa está lista. Quedou moiben. O Lapa estaba emocionado co seu monumentallibro, que pesa dous kilos e ten arredor de oitocentaspáxinas. Oitocentas páxinas fina i escrupulosamentepeneiradas pola mente paciente e sensíbel do noso granamigo.

Agora acabo de recibir un telegrama do Machadoda Rosa anunciándome que chega mañá, dia 17, eiquía Compostela. Tíñame dito, hai varios meses, que viríaa Compostela e que quería xuntarse no Hostal cos seusamigos galegos, mostrando particular desexo de que,entre os amigos, figurase tamén “o Ricardo CarballoCalero, pra ter o pracer de conhece-lo persoalmente”.Eu non sei os dias que demorará por eiquí, pro apre-

Page 89: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

89

surome a te poñer en garda pra que esteñas preparadoa emprender a roita xacobea. O Machado seica vaicambiar de Wisconsin pra California, según me infor-mou o Da Cal.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

XLVII

Compostela, 26 de abril de 1965

Benquerido Ricardo:

Non teño máis remedio que che lembrar a promesado comentario encol das “Cantigas de Escarnho” pra oGrial. Resulta que xa non podemos demorar máis a ela-boración do número 8.

Por certo que está por eiquí o Lapa e onte, ó lle falarda homenaxe a Pimentel, decateime dunha cousa: quepodemos pubricar a interesante conferencia que ti pro-nunciaches naquil aito. Si a tes a man, mándama decon-tado. Coido comenente que se pubrique.

Xa comenzaron a chegar pezas de teatro pra o con-curso diste ano. Contan que concurran tantas como oano pasado.

Mira unha cousa: o Lapa interesouse moito polopoema de Araceli. Si ti me quixeras xestionar unha

Page 90: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

copia! En realidade case sería ben que me xestionarascopias dos dous poemas premiados das duas irmás, por-que a razón principal do interés do Lapa é o tratarse deraparigas novas que escriben poesía galega.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

XLVIII

Compostela, 4 de maio de 1965

Benquerido Ricardo:

Veño de recibir a tua carta e maila nota encol dolibro de Lapa. Dende logo, eu estou completamente deacordo con todo o que dis na tua carta respeito da abso-luta prioridade da Gramática a calquer outro traballo.En realidade eu sempre participéi dise criterio e sisemella incongruente con il o feito de che pedir o traba-llo sobre Pimentel, a contradición non é máis que apa-rente porque eu partía do suposto de que tiveras a con-ferencia escrita, en cuio caso non había gran income-nente en aproveitala nesta ocasión para o GRIAL 8.Queda, naturalmente, pra cando seña oportuno.

Non sería eu quen che reprochase o tempo que “gas-tas” en preparar e movilizar ás raparigas e máis ós rap-ces pra levar a cabo iniciativas de tipo cultural. Pola con-tra, coido que ise aspeito do teu labor e importantísimo,porque é fecunda semente pra o futuro. Con menos froi-

90

Page 91: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

to que ti, eu teño “perdido” moitos milleiros de horas entarefas máis ou menos semellantes. Por eso sei moi bena enorme importanza que eso ten. Tanto os Xogos Florásde Compostela, como a homenaxe a Pimentel, como aclausura do curso de galego coa representación de“Pimpinela” son cousas que merecen todo o tempo que selles consagre. Entre a posta de “Pimpinela” e un retrasode un mes na aparición da Gramática, coido preferible oretraso da Gramática.

Iste ano, según me dixeron, hai gran concurrenciade pezas teatrás galegas. Sería estupendo que algunhadelas fose boa. Inda que no ministerio retrasaron moitoa autorización das Bases, a xente conócese que xa tiñaas obras preparadas porque acudiron o mesmo.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

XLIX

5-III-77

Benquerido Ricardo:

Esperamos que mañán, domingo, sairá nos xornáiseste escrito noso. Como ves, cínguese exactamente aostermos do que falamos hai dias. Coido que nono poderánrefugar razonablemente todos aqueles que se identifi-quen coa realidade galega e que, ao mesmo tempo, acep-

91

Page 92: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

ten a normalización constitucional democrática que seprepara. Agora fáltanos por ver a eficacia do noso cha-mamento, pero, en todo caso, nós facemos o que podemospara que se acade un entendemento.

Unha forte aperta de

Ramón

***

92

Por un pacto galegoSebastián Martínez-Risco

Fermín Penzol

Domingo García-Sabell

Rafael Dieste

Ricardo Carballo Calero

Luis Seoane

Valentín Paz Andrade

Enrique Vidal Abascal

Anxel Fole

Ramón Piñeiro

Marino Dónega

Celestino Fernández de la Vega

Lorenzo Varela

Isaac Díaz Pardo

Xenaro Mariñas del Valle

Eduardo Moreiras

Andrés Fernández Albalat

Manuel Gallego Jorreto

Luz Pozo Garza

Xosé Chao Rego

Xaime García Lombardero

Andrés Torres Queiruga

Xosé M. López Nogueira

Manuel Espiña Gamallo

Ricardo Palmás

Camilo G. Suárez-Llanos

Xosé L. Franco Grande

Carlos Casares

Paco Martín

Page 93: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

93

Chamada aos partidos políticos de Galicia

Semella inminente a convocatoria electoral paraunhas Cortes que, inevitablemente, funcionarán comoconstituintes, xa que a súa misión fundamental será a dediscutir e aprobar unha Constitución. Mas como as nor-mas constitucionáis van regular os direitos democráticosdos individuos e mais os dos pobos, a nós, galegos, atin-guiránnos doblemente: como cidadáns e como pobo.

Ora, si os direitos individuáis de cada cidadán vancontar nas futuras Cortes con defensores procedentes detodo o territorio español, os direitos colectivos de cadapobo terán que ser defendidos polos representantes queeste mesmo pobo elixa. Ninguén, a non ser os propiosgalegos, vai defender os direitos de Galicia como pobocon personalidade nacional. Poderemos contar, e sindúbida contaremos, co apoio dos verdadeiros demócratasnon galegos, pero a defensa dos nosos direitos é misión eresponsabilidade nosa.

Estamos certos de que o sentimento desa responsa-bilidade colectiva sempre está vivo na maioría dos gale-gos, con independencia das suas diverxencias ideolóxicasou da sua afiliación ou non afiliación partidaria. Contodo, nesta ocasión, excepcional por ser constituinte,compre que ese sentimento acade toda a plenitude dasua forza solidaria. Ao cabo, da eficacia da nosa partici-pación na elaboración constitucional dependerán as posi-bilidades políticas que se lle abran a Galicia para odesenvolvemento interno, e para o reconocementoexterno da sua personalidade cultural, económica esocial.

Movidos por esa preocupación, e desde a serenidadeque nos pode dar o non estáremos implicados nas natu-

Page 94: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

94

ráis tensións partidarias, queremos facer un chama-mento fraternal aos partidos e mais ás personalidadesque van percurar a representación democrática do pobogalego para que fagan por chegar a un entendementoque, sumando os esforzos de todos, facilite o millor resul-tado final conxunto. Coidamos que ese entendementoserá posible si se limita a un pacto basado exclusiva-mente na defensa dos direitos do pobo galego, evitando ainclusión de outros puntos que poderían provocar diver-xencias ideolóxicas.

Un pacto galego no que os seus firmantes se com-prometan a defender os direitos do noso pobo é posible enecesario. A defensa debería de se establecer en dousniveis: en primeiro lugar, defendendo a estrutura federaldo Estado como fórmula idónea para que este poida asu-mir democráticamente a pluralidade da España real; ensegundo lugar, e para o caso de que a fórmula federal nonprosperase, a representación galega tería que reclamarpara Galicia os mesmos direitos autonómicos que se llesreconocesen ás outras nacionalidades. Ou sexa: en pri-meiro lugar, a defensa do Estado federal; en segundolugar, a defensa da fórmula autonómica. No resto dosproblemas a dilucidar nas Cortes, os representantesgalegos poderían seguir a liña política dos seus partidosou os dictados da sua conciencia.

Sería grave, por tremendamente irracional, que unpacto tan sinxelo non for posible entre os partidos e maisas personalidades que aspiran á representación da Gali-cia verdadeira. Todos debemos confiar e nós confiamosfirmemente en que serán eles os mais interesados endar este paso necesario a favor dos direitos do noso pobo.

Galicia, marzal do 1977

Page 95: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do

Este número 5 dos Cadernos

Ramón Piñeiro rematouse de

imprentar no obradoiro de Gráficas

ATV, en Santiago de Compostela, o

día 24 de Xuño de 2004, festividade

de San Xoán.

Page 96: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, V · É doado advertir a admiración, o respecto, a moi alta estima que Piñeiro profesaba a Carballo Calero, de quen valoraba a súa seriedade, o peso do