cadernos ramÓn piÑeiro, ix2 henri bergson: la risa. espasa-calpe, 1973. aquí non nos interesan os...

100

Upload: others

Post on 03-Aug-2021

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,
Page 2: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,
Page 3: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX(Cadernos galegos de pensamento e cultura)

Sobre o humor de Cervantes no Quixote

Siro López

Page 4: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO

(Cadernos galegos de pensamento e cultura)

Directores:Luís Alonso GirgadoRamón López Vázquez

Consello asesor:Xesús Ferro RuibalXosé Manuel García IglesiasAnxo González FernándezRamón Mariño PazAnxo Tarrío VarelaAndrés Torres Queiruga

Edita:XUNTA DE GALICIA

SECRETARÍA XERAL DE

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

CENTRO RAMÓN PIÑEIRO PARA A

INVESTIGACIÓN EN HUMANIDADES

Coordinador científicoMANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ

Director Técnico de LiteraturaANXO TARRÍO VARELA

Ilustración da cuberta:BALDO RAMOS

Imprime:Gráficas ATV

ISBN:84-453-4241-X

Depósito Legal:C-3098-2005

Page 5: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

ÍNDICE

Introdución . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

I. Sobre as formas do humor . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

- Humorismo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

- Sobre o humor en Galicia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

II. Achega ao home escritor Miguel de Cervantes Saavedra . . .

III. Cervantes e o humanismo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

IV. Cervantes ante a crise de estado e a contrarreforma . . . . . .

V. Humanismo e humor no Quixote . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

VI. Humorismo e caricatura . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

7

11

17

29

35

51

61

69

87

Page 6: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,
Page 7: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

Introdución

Page 8: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,
Page 9: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

A conmemoración do IV Centenario da publicaciónda primeira parte de El Ingenioso Hidalgo Don Quixotede La Mancha tróuxonos moitos e moi interesantes estu-dos sobre Cervantes e a súa obra, que viñeron enrique-cer a amplísima bibliografía existente. Desde que osrománticos ingleses e alemáns descubriran no Quixotemoito máis que unha narración cómica e unha parodiados libros de cabalería, foi analizado desde todas asperspectivas posíbeis, agás unha que para nós, os gale-gos, ten especial interese: o valor da obra como creaciónhumorística. Porque a gran novela de Cervantes é, antesque nada, un libro humorístico, ou, dito dun xeito máispreciso, a obra que sinala o nacemento do humorismocomo creación literaria.

O humor como manifestación cultural é unha dascuestións antropolóxicas que menos interesaron enEspaña, polo que non debe estrañar que aínda hoxe,cando xa non rimos do pobre tolo, cando nos conmove asúa nobreza, cando ninguén pretende ver nel o idealis-mo español, falten traballos que analicen esta vertenteda obra universal.

Foi o lugués Celestino Fernández de la Vega quenprimeiro tratou en España este aspecto do Quixote, noespléndido ensaio O segredo do humor, poñendo taménen evidencia o desinterese dos intelectuais españois anteunha cuestión que preocupara, entre outros, a Hegel,Bergson, Freud e Schopenhauer. Di o filósofo lugués:

9

Page 10: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

Eu coido que non se trata dunha opinión persoal, senón dunfeito comprobable, se me arrisco a dicir que Cervantes tivomoi pouca fortuna cos seus intérpretes españois; de certo casetodos se esqueceron del, obsesionados pola figura de donQuixote e da súa presunta condición de clave, cifra ou símbo-lo do español. A min non me cabe dúbida ningunha de que asinterpretacións españolas de don Quijote, máis ou menos afor-tunadas, son demasiado caseiras, nacionais, é dicir, «provin-cianas». Unamuno, Ortega, Maeztu, Azorín, etc., coa teima dedescifrar o enigma histórico de España coa clave de donQuixote esquecéronse de Cervantes. Pero eu coido que fai fallareparar nun feito evidente: supoñendo que España desapare-cese do planeta, que a súa historia fose enteiramente esqueci-da, o Quixote, o libro de Cervantes, continuaría tendo senso:o senso que, mesmamente, ten para calquera que se desen-tenda por enteiro da orixe española da obra inmorredoira. Esesenso universal, permanente, duradeiro, sempre vivo en cantoalegoría do modo de ser do home, consiste, sen dúbida, comoveremos noutro momento da nosa meditación, nun xeito esen-cialmente humorístico.1

Nas limitadas posibilidades deste breve traballopropoñémonos analizar algúns aspectos do Quixotecomo obra humorística e achegármonos á resposta depor qué apareceu o humorismo a comezos do século XVII,e, mesmamente, con Cervantes. Pretendemos con esteintento abrir un chisco a porta dese cuarto misteriosoque garda o segredo do humor.

10

1 Celestino Fernández de la Vega: O segredo do humor. EditorialGalaxia, 1963.

Page 11: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

I. Sobre as formas do humor

Page 12: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,
Page 13: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

Recoñece Henri Bergson que desde Aristóteles osmáis grandes pensadores viñeron preguntándose o sig-nificado da risa, a esencia do risíbel, e sempre ese peque-no problema se lles furta ao esforzo, escórreselles, foxe eérguese con impertinente desafío lanzado á especula-ción filosófica. Consciente da dificultade, Bergson rexei-tou un intento de definición da fantasía cómica, e consi-derouna como algo vivinte, tratándoa co respecto quedebemos á vida. Disposto a vela medrar e a ser especta-dor atento das metamorfoses que ante el se realizasen,esperaba gañar nese contacto sostido algo máis ca unhadefinición teórica: un coñecemento práctico e útil. Ométodo foille ben, pois pareceulle que descubrira os pro-cedementos de elaboración do risíbel, a intención dasociedade que ri, e ata unha definición xeral do cómico.Moitos anos despois da primeira edición de A risa2,seguía mostrándose satisfeito do traballo.

A actitude prudente do egrexio filósofo alértanossobre as dificultades de calquera intento de sistematiza-ción no entrambilicado eido do humor, que empezan nasemántica.

Bergson identifica no seu ensaio sobre a risa «orisible» e «o cómico», e pode facelo porque limita a análiseá forma de humor que chamamos «comicidade», pero esaidentificación sería improcedente nun estudo das distin-tas formas do humor ou do «humorismo» en concreto.

13

2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973.

Page 14: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicosdas respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca, senón a creación humorística en si, para tentar unhamínima sistematización que nos permita centrármonose entendérmonos en cada caso. Os máis dos estudossobre o humor son, en realidade, análises da comicida-de, de aí que se tenda a aplicar voces e conceptos útilesno campo estrito do cómico nun eido moito máis amplo ecomplexo, con resultados caóticos. A primeira tarefa dequen se enfronta ao problema –non pequeno, certamen-te– da análise do humor, ten que ser a elección dos ter-mos axeitados; tarefa verdadeiramente difícil pola esca-sa ou nula axuda do dicionario e a frecuente alteracióndos significados na fala coloquial; unha tarefa que podefacilitar a incorporación de terminoloxía nova, como seestá a facer en traballos recentes, pero que será insufi-ciente sen unha racionalización previa do humor, por-que, sendo importante, o problema de clarificación lin-güística é menor que o de clarificación conceptual.

En resposta ao discurso de ingreso de WenceslaoFernández Flórez na Real Academia, afirmaba JulioCasares, facéndose eco de numerosas opinións de distin-tos estudosos do humor, que «en el fondo de todo proce-so humorístico está lo cómico como substracto».3 Na nosaopinión non é «o cómico», senón «a broma», entendida aoxeito schopenhaueriano, o que constitúe o substrato detodo proceso humorístico. Resulta paradoxal que sexa ofilósofo alemán, absolutamente antihumorista polavisión pesimista da existencia, quen nos dea a clavepara interpretarmos o proceso creativo no eido dohumor, pero a súa concepción da broma como «procura

14

3 Julio Casares: El humorismo y otros ensayos. Espasa–Calpe, 1961.

Page 15: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

deliberada do risible» constitúe o punto inicial na ela-boración do noso esquema.

As máis das reflexións sobre o humor parten daconcepción do cómico como o oposto ao serio, pero coida-mos que non é así. O oposto ao serio é o risíbel, termo demáis amplo espectro que o de cómico, xa que o risíbel,definido por Schopenhauer como «inclusión paradoxal,mesmo por iso inesperada, de algo nun concepto que nonlle corresponde»4, vale para toda manifestación dohumor. A constatación desa incongruencia entre o pen-samento e a realidade provocará a risa, que será máis oumenos intensa dependendo da peculiar incongruenciadetectada, e poderá ir do simple sorriso á gargallada.

Se o cómico non é o oposto ao serio –entendido estecomo «conciencia de conformidade entre o pensamento ea realidade»–, tampouco a comicidade é oposta á serie-dade, pois igualmente oposta á seriedade é a sátira ou asimple ironía. Como advertira Schopenhauer, o oposto áseriedade é a broma; por iso puido relacionar, broma,seriedade, ironía e humorismo: «cando o risible se buscadeliberadamente nace a broma, e cando a broma se aga-cha na seriedade nace a ironía, oposta ao humorismo,que é a seriedade oculta na broma»5; afirmación perfec-tamente válida se «o risíbel» causa calquera das risasposíbeis, mesmo o sorriso, e se ao falarmos de ironíareferímonos á ironía retórica.

Se aceptamos que as distintas formas do humornacen dunha mesma raíz: a broma, xogo intelectual de

15

4 Schopenhauer: El Mundo como Voluntad y Representación. BuenosAires, El Ateneo, 1950.

5 Schopenhauer, op. cit.

Page 16: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

posibilidades infinitas, desde a subversión das pautas deconduta social á da lóxica do pensamento racional, pode-mos empezar a trazar as liñas xerais do esquema dohumor como creación.

A broma pode ser inocente ou non. No primeirocaso, se é abondo enxeñosa, acadará categoría de crea-ción cómica; no segundo, se leva a necesaria carga deagresividade, resultará unha creación satírica. Se vaidirixida á intelixencia e á sensibilidade do espectadorcon intención de superar a adversidade co sorriso com-prensivo, estaremos ante unha mostra de humorismobenévolo; se a intención é evitar a desesperación cosorriso ácido, será unha mostra de humorismo sarcás-tico.

O humor absurdo e o chamado humor verde per-tencen, en xeral, ao eido da comicidade; o humor político,como o humor surrealista, algunhas veces é cómico eoutras, case sempre, satírico. Variantes do humorismosarcástico son o humor negro e o humor macabro, quenos permiten defendernos, «facendo de tripas corazón»,dos eternos medos e angustias do ser humano: medo ápobreza, á inxustiza, á enfermidade, á morte...

Somos conscientes de que esta simplificación dasposibilidades do fenómeno humorístico non resolve asinterferencias entre elas, pero antes de enfrontármonosao xenio creativo de Cervantes cumpría esta sinxelaespeculación teórica que, máis que un intento de siste-matización procura un acordo pactado co lector paraentendermos á par de que forma de humor estamos afalar en cada momento. Porén, antes de nos mergullargozosamente na gran lección do Quixote, imponse afon-

16

Page 17: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

dar algo máis nas tres liñas mestras na creación dohumor, especialmente na do humorismo.

Humorismo

En linguaxe coloquial chamamos humor a todacreación intelectual ou artística que procura o diverti-mento do espectador, pero está claro que non todas ascreacións no campo do humor teñen as mesmas caracte-rísticas. Nós distinguimos tres subxéneros: comicidade,sátira e humorismo.

A comicidade procura a risa. A risa é sempre a res-posta a unha mostra de enxeño ou a unha escena cuali-ficábeis de cómicas.

As creacións orientadas a obter un efecto cómicoaparecen nas primeiras manifestacións da literaturaoral e escrita de todas as culturas e non pretenden máiscá diversión; xamais van dirixidas ao sentimento, nonlevan unha intención moralizante, nin procuran máisfin útil có da risa.

Freud explica que estoupamos nunha gargalladacando a enerxía psíquica que foi empregada para a cate-xia de certas tendencias psíquicas se torna, de súpeto,inservíbel. O pracer xorde dunha economía no gasto dopensamento. A enerxía freada pola inhibición vólvesenun intre superflua e descárgase en forma de risa.6

Pero Freud non restrinxiu a esencia do cómico asúa función económica, senón que recoñeceu outras

17

6 Sigmund Freud: El chiste y su relación con el inconsciente. AlianzaEditorial, 1969.

Page 18: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

propiedades na relación de praceres e mágoas danenez. No desenvolvemento deste punto, simplementeesbozado por Freud, Erns Kris lémbranos que a nosareacción está ligada ao sentimento de superioridadeque experimentamos ante a inferioridade dos outros oua nosa propia inferioridade anterior. Chámao «pracerfuncional» e defíneo como o que agroma dun sentimen-to de dominio.7

Dedúcese que a risa xorde en nós pola superiori-dade experimentada na inconsciente comparanza queestabelecemos entre o protagonista do feito cómico e onoso eu. Ante o individuo que tropeza; ante o que seatranca no falar ou di unha palabra por outra; ante osimple que emite xuízos insensatos; rimos porque nossentimos superiores a eles. Ante o individuo que é quende argallar un xogo de palabras enxeñoso para arranxarunha frase con dobre sentido, rimos tamén porque nossentimos partícipes da súa intelixencia.

Freud estudou a técnica do chiste e Henri Bergsona das frases cómicas e a comedia festiva, pero estes mes-mos procedementos que emprega o autor cómico podenutilizalos o satírico e o humorista, xa que non é a técni-ca senón a intención do autor e o fin que se procura o quediferencia un xénero dos outros.

A sátira, como a comicidade, tamén procura a risa,mais non como un fin en si mesma, senón para usalacomo arma contra alguén ou contra algo. A sátira con-siste na ridiculización por medio da risa. O satíricoparte dunha actividade mental de crítica e hostilidade

18

7 Ernst Kris: Psicoanálisis de lo cómico. Editorial Paidós, 1955.

Page 19: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

contra a súa vítima, á que tenta rebaixar para facelarisíbel ante o mundo. A sátira presupón un sentimentode superioridade no satírico e o desprezo polo burlado.

O satírico sabe que o xeito máis seguro de destruírá vítima é desposuíla de identidade; convertela en masa.

Matthew Hodgart dinos que o obxectivo do satíri-co é deixar en coiros aos individuos, porque un individuoespido é o que máis se asemella a outro individuo espi-do. Máis aínda, por medio da obscenidade, o satíricopode reducir a persoa a súa condición de animal, coa quecalquera pretensión de diferenciación social resultamáis ridícula.8

Para non quedar no simple libelo, a sátira debeposuír ademais a calidade da fantasía. Realismo e fan-tasía constitúen a súa clave: o realismo do libelo e afarsa da visión fantástica. Hai unha técnica da sátira eformas breves especialmente axeitadas ao xénero, comoo aforismo e o epigrama.

A sátira é unha creación humana que con varie-dades formais apareceu en todas as culturas como unxénero sobranceiro da expresión oral para condenar ovicio e a inxustiza.

O humorismo é o causante do caos que se pro-duce cando tratamos do humor. A comicidade e a sáti-ra son xéneros de características evidentes e, aíndaque ás veces se solapen, non resulta difícil entendelose explicalos. No humorismo é todo máis sutil, máis

19

8 Matthew Hodgart: La sátira. Ediciones Guadarrama, 1969.

Page 20: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

suxeito á matización e, desde logo, resulta máis doadoentendelo que explicalo. Aínda así o máis difícil édefinilo.

As diferenzas entre os tres tipos de humor nacenda vontade ou actitude do autor.

O creador da comicidade procura a diversión doespectador, a risa, presentándolle situacións cómicas,alardes de enxeño e, todo o que pode divertir e distraer.

O da sátira procura tamén a diversión do espec-tador, mais non como un fin en si mesma, senón parautilizar a risa e o seu poder destrutor en contra dealguén ou de algo.

O humorista tenta sensibilizar ao espectador,recordarlle a súa condición humana e pedirlle a com-presión ou a identificación solidaria para a vítima dainxustiza.

En realidade, comicidade, sátira e humorismo res-ponden a tres actitudes posíbeis do creador ante a vida:

No caso do autor cómico, limítase a ser un espec-tador da sociedade para presentarnos o que ten de ledae divertida.

No do autor satírico, estamos ante o home de acti-tude belixerante que combate a inxustiza coa burla.

O humorista preséntanos unha estimación da vidafeita desde o sentimento, e se utiliza a ironía faino porpudor; pero non se trata da ironía intelectual, senón da

20

Page 21: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

ironía do sentimento. O humor é unha reacción do senti-mento que se expresa ironicamente.

Se a comicidade e a sátira están claramente condi-cionadas polo obxecto, o humorismo é sobre todo o resul-tado dunha actitude persoal.

A comicidade faise sobre algo e a sátira contra algo.O humorismo non necesita a existencia dun terceiro –oespectador ou interlocutor–, porque pode ser o resultadoda análise da propia intimidade.

O mesmo dentro dos límites do suxeito que referidoaos demais, o humorismo é unha actitude espiritualbaseada no equilibrio entre a estimación sentimental e oxuízo intelectual. Por mor desta simbiose o humorismo éunha actitude complexa que require a liberdade interiordo autor. Quen non sexa absolutamente libre, nonpoderá ser humorista.

Desa harmonía intelecto-sentimento que se dá nocreador do humorismo xorde a conciencia plena dos lími-tes humanos; unha conciencia que se manifesta máis nacomprensión que na condena ante os fallos dos outros, emáis na solidariedade que na conmiseración ante o sufri-mento do débil.

Así entendido, o humorismo non é unha filosofía por-que non corresponde a ningún sistema, nin a ningunha dis-ciplina, pero é claramente unha actitude, unha maneira deser, que permite enfrontármonos ao conflito diario con sere-nidade. É unha forma de sabedoría humana, de madurezaespiritual que, mesmo por iso, só se pode producir na madu-reza individual ou na madureza das culturas dos pobos.

21

Page 22: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

Neste sentido, convén subliñar algo que parecesobradamente comprobado como é o feito de que o humo-rismo máis sutil provén das minorías oprimidas que sevaleron del para aturar a súa difícil existencia. A xenteque sofre ou que sufriu adoita posuír mecanismos dedefensa que se manifestan nun maior talento para usaro humorismo como evasión.

Tomemos como exemplo o conto Tristura, de Chejov.

Se non o coñecemos e vemos unha ilustración grá-fica da escena en que un vello cocheiro de finais do séculoXIX dialoga ao remate da xornada co seu cabalo, percibi-remos de contado a incongruencia da situación, supore-mos que a narración é festiva, sentirémonos espectado-res dunha escena cómica, e riremos máis ou menos,segundo a graza da representación.

Se o ilustrador puxese en boca do vello cocheiro afrase «Antes que escoitar as parvadas dos meus clientes,prefiro falar contigo», a situación non deixaría de serincongruente, pero percibiriamos a crítica do cocheiro aunhas persoas torpes, brutáns ou alleadas, que nadapoden aportar a unha conversa. Non veriamos na ilus-tración unha escena cómica, senón satírica, e pensaria-mos que así ten que ser a narración. Riríamos máis oumenos dependendo da graza do debuxo.

Pero se coñecemos o conto e non consideramos asilustracións illadas, senón en relación co texto que ilus-tran, nin unha nos parecerá cómica, nin outra nos pare-cerá satírica, senón que veremos ambas como represen-tacións humorísticas. Lembremos o argumento nunhaversión libre e resumida do texto orixinal:

22

Page 23: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

Anoitece. A neve cae en grosas folerpas sobre os tellados dascasas e sobre o cocheiro Yona, que fica inmóbil no pescante,encurvado tanto como pode estalo un corpo humano. Diríaseque nin un alude que lle caese enriba podería alterar a súaactitude. Tamén o vello cabalo está quieto e branco.

Un militar con impermeábel e voz de mando sobe ao coche ebérralle a Yona que o leve a Viborgskaya. O coche ponse enmarcha pero o militar volve berrar a Yona para que vaia máisapresa, e logo para que se bote máis á dereita... Está afeito amandar e a ser obedecido, e segue berrándolle ordes mentreslle chama parvo e inútil. Yona, cada vez máis atordado, escú-sase e con voz afogada cóntalle que hai unha semana morreuo seu único fillo, despois de pasar tres meses no hospital.Mentres Yona fala, o militar segue berrándolle que se bote ádereita e preguntándolle se está cego. Yona cala e o militarpecha os ollos e parece durmido.

Por fin chegan a Viborgskaya. O militar baixa e Yona esperadurante unha hora novos clientes. Aparecen tres rapaces borra-chos, rindo, tropezando e xurando. Soben ao coche e búrlanse doseu chapeu, alcúmano de vellouqueiro, e esíxenlle ir máis apre-sa. Yona quere contarlles que perdeu un fillo, pero os borrachosnin o escoitan e desafíano con irlle ao lombo se non apura máis.

Baixan e Yona agarda outra hora sen novos clientes. Tentaconversar co porteiro dunha gran mansión, pero este lle orde-na que arrede o coche de diante da porta. Pasa outra hora eYona comenta en voz queda que non pode máis, que ten quevolver a casa. O cabalo ponse en marcha lentamente.

Yona non ten casa. Dorme nunha habitación grande e suciacon moitos outros cocheiros. Síntese triste e ofrécelle auga a uncocheiro mozo, que se envolve nunha manta nun recuncho.Quere contarlle a morte do fillo, pero o outro tapa a cabeza coamanta.

Yona síntese mal. Ten unha necesidade irresistíbel de falar dasúa desgraza. Unha semana despois da morte do fillo non con-seguiu que o escoitase unha persoa de corazón. Decide ir ácorte e falar co cabalo, que está comendo feo. Yona aloumíña-lle o lombo e explícalle:

23

Page 24: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

–¿Comes? ¡Que lle imos facer, amigo! Hoxe gañamos pouco enon podes comer avea. Son demasiado vello para gañar moito.A verdade é que tería que deixar o coche ao meu fillo. Era uncocheiro espléndido, que coñecía o oficio como ninguén. Morreue estou triste... ¿Comprendes? Se ti tiveses un fillo e morrese,tamén sufrirías, ¿non si?...

O cabalo segue comendo. De cando en cando exhala un alentohúmido e cálido, e Yona segue baleirando a súa alma.9

Velaí como un mesmo deseño pode ser interpreta-do como cómico, satírico e humorístico, segundo o coñe-cemento que teñamos do feito que o inspirou. Unhacaracterística común da comicidade e da sátira é a derevelarse na primeira ollada. A comicidade para produ-cir a risa debe conseguir enganarnos un intre; a sátira,para conseguir o mesmo efecto, debe permitirnos acce-der ao significado oculto, tamén nun tempo brevísimo.Non ocorre o mesmo co humorismo, creación de ritmolento na que non hai «factor sorpresa», porque, guiadospolo humorista, imos vendo o que el quere que vexamose sentimos o que el quere que sintamos. Paso a paso,secuencia a secuencia, páxina a páxina, imos compren-dendo e vemos lóxico o desenlace, por raro que resulteen aparencia.

No discurso citado propuxera Julio Casares usar avoz «humor» para designar o sentimento subxectivo, ereservar «humorismo» para as manifestacións obxecti-vas. De ser aceptada e asumida a proposta, o «humor»sería unha disposición de ánimo, algo que non transcen-de do suxeito que crea ou contempla a creación humo-rística, e chamariamos «humorismo» á expresión exter-na do humor, mediante a palabra, a mímica, ou a repre-

24

9 Chejov: Biblioteca Digital Ciudad Seva.

Page 25: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

sentación plástica. Pode que a Real Academia atendeseparcialmente a proposta do seu secretario perpetuo,pero o dicionario actual segue sen diferenciar nidiamen-te o humorismo e a comicidade, polo que invalida cal-quera outro intento clarificador. Celestino Fernández dela Vega usa indistintamente as voces «humor» e «humo-rismo» con idéntico significado. Para evitar confusións olibro deberíase titular O segredo do humorismo, xa queeste é o xénero a estudar, e só por estética ou eufoníapode entenderse o título elixido.

Vexamos a importantísima achega do pensadorlugués ao estudio do humor; un traballo exhaustivo erigoroso, que pode resumirse nos puntos seguintes:

- O humorismo é un esforzo desesperado de liberdadehumana, sempre anovador, desordenado en aparenciae sereno, esforzadamente equilibrado no fondo, na raíze no sentido verdadeiro.

- O humorismo é unha resposta con sentido a unhapeculiar situación de vida, unha actitude diante damesma moi reveladora desde o punto de vista antro-polóxico e que presenta unhas características constan-tes e inconfundíbeis. Trátase dunha forma sutil desabedoría adubada con todas as finezas da alma: com-prensión, ironía, serenidade, recoñecemento resignadodos límites, pudor sentimental, simpatía, tolerancia,paciencia, etc.

- A comicidade é un ingrediente esencial do humorismopero ese ingrediente aparece no humorismo con para-doxal presenza por ausencia, como un límite evitadopolo humorista. Isto é, o humorismo ata tal punto non

25

Page 26: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

26

é comicidade que a presenza desta cancela o humoris-mo en canto que consiste, xustamente, nun esforzo porevitala.

- A risa é, xustamente, a resposta axeitada ao cómico; entroques, o humorismo é «mala conciencia da risa», risareprimida ou risa forzada, pudor da risa, esforzo pornon rir ou rir por non chorar; por iso a resposta axei-tada ao humorismo non é a risa senón o sorriso, que étan distinto da risa como o humorismo da comicidade.

- Traxedia e comicidade pódense alternar pero non sepoden mesturar. A traxicomedia é, mesmamente,alternancia do tráxico e do cómico, pero o humorismonon é unha traxicomedia: nel o tráxico e o cómiconunca aparecen, caen fóra do humor en canto límitesdo mesmo; en canto situacións que o humorista, a acti-tude humorística, se esforza por evitar.

- Xustamente traxedia e comicidade corresponden,aínda que por diversas razóns e motivos, a situaciónssen resposta, a situacións onde o individuo non acadaa responder con sentido. No humorismo, en troques, oindividuo acada a lle buscar e atopar sentido a situa-cións que semellaban non ter resposta axeitada. Natraxedia e na comicidade o individuo perde a cabeza,descomponse; o humorismo é un esforzo por non per-der a cabeza, por non se dar por vencido.

- A traxedia remata en pranto e a comicidade remata enrisa. Pranto e risa son dúas maneiras de «perder acabeza», dúas respostas, as únicas posíbeis, ao quenon ten resposta cabeata por medio da palabra ou daacción. O pranto e a risa aparecen alí onde non sabe-

Page 27: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

mos que facer nin que dicir. O humorismo non nosdeixa rir nin chorar a gusto, porque é, no fondo, unhaarela de comprender.

- O humorista non quere traxedias nin quere rir senmáis; cando a tristura ou a dor son moi fortes o seuesforzo é máximo e o humorismo vólvese sarcástico;cando o que hai que evitar é a proclividade á risa e ácomicidade o humorista extrema a súa benevolencia,esfórzase en buscar circunstancias atenuantes do ridí-culo, chega a se facer cómplice segredo do personaxeou da situación fustrigados polo látego da risa; mais oseu esforzo ten límites cando a traxedia é inevitábel oua ridiculez insalvábel, inxustificábel. Entón o humo-rista dáse por vencido e tamén el se entrega á risa ouao pranto.

- O humorismo definitivamente constituído, maduro exenial, naceu con Cervantes. Terá todos os anteceden-tes e supostos que se queira, pero ninguén lle pode dis-cutir a España a gloria do descubrimento. O humoris-mo de Cervantes é unha das posibilidades do move-mento humorístico: o melancólico, benévolo, tolerante,animoso, que non quere rir sen máis, senón compren-der, desculpar e sorrir. A outra dirección, a contraria,a do humor que fai de tripas corazón por non desespe-rar, por non chorar, por caricaturizar a tristura, taméné unha creación española: é obra de Quevedo. Claroque Quevedo, o mesmo que Cervantes, non sempre foiun humorista: ás veces foi un satírico ao xeito tradi-cional e outras un simple chistoso ou gracioso.

- Para que o humorista poida ver a dimensión profundae oculta das cousas é preciso que dispoña dun ámbito

27

Page 28: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

no que as cousas adquiran resonancia e multivocaci-dade: a subxectividade. O humorismo implica necesa-riamente un subxectivismo e un obxectivismo corres-pondente que chegan a producir unha especie de des-dobramento na personalidade do humorista, ata darllea capacidade de obxectivar o propio sentimento, de seobxectivar a si mesmo para acadar a conciencia «dooutro». A esa obxectividade chégase pola ironía.

- A ironía definida como afastamento obxectivador dascousas e da propia creación é un suposto necesario nohumorismo. Sendo o humorismo un esforzo por evitara traxedia e a comicidade, o mellor xeito para redimir-se da tristura evitábel ou da ledicia necia é obxectiva-las. Esa ironía obxectivadora é, sen dúbida, o segredoda aparente impasibilidade dos humoristas.

- O humorismo está, pois, condicionado polo subxectivis-mo obxectivador, un subxectivismo plenamente desen-volvido –descoñecido ata Descartes–, fundamento enovidade da época moderna, o que explica que o humo-rismo non existise no mundo antigo.

- O humorismo é un fenómeno característico da culturaoccidental, que non pode darse máis que por imitaciónno mundo oriental, onde todo é distinto porque empe-zan por ser distintos os conceptos de persoa, vida earte. O humorismo só pode darse co individualismo,pero o individuo, o eu singular, é no mundo oriental uninsignificante nó de nexo causal; unha burbulla nogran mar da causalidade.10

28

10 Celestino Fernández de la Vega, op. cit.

Page 29: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

29

Sobre o humor en Galicia

Celestino Fernández de la Vega percibiu a especialvivencia do humor que temos os galegos, e subliñou ofeito de que os únicos auténticos humoristas españoisson galegos ou de orixe galega. Certamente as manifes-tacións da nosa cultura oral, desde o refrán ao conto e ácantiga, demostran unha sensibilidade especial da nosaxente para a vivencia e o exercicio do humor. Excede asposibilidades deste traballo unha análise rigorosa dasdistintas manifestacións do humor en Galicia, peroparece oportuno detérmonos brevemente en dúas cues-tións pouco ou nada estudadas: a presenza do humoris-mo macabro na deostada superstición galega, e a exis-tencia da retranca como forma peculiar do humor.

Naturalmente hai superstición en Galicia, pero nasuperstición galega hai un contido importante de crea-ción humorística. Quen cre na veracidade dos contos daSanta Compaña, da Estadea ou do demo é supersticioso;pero quen os crea, non os cre. Quen os crea non é supers-ticioso, senón humorista, de aí que o espectador escépti-co descubra nos relatos tradicionais das ánimas quevagan polas corredoiras galegas máis motivos de risaque de medo.

En canto ao demo, está claro que nada ten co sertemíbel doutras culturas; pola contra, entre nós é un coi-tado que cando intenta levar unha alma, sempre saeburlado. Temémolo tan pouco, que o chamamos pornomes “paveros” como Perete ou Perecho, ou aldraxan-tes como Suxo ou Rabudo. Os que o viron saben que «odemo sempre deixa o rabo de fóra», pero que «o demonon é tan feo como o pintan», e os que o trataron saben

Page 30: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

que «se Deus é bo, o demo non é malo». Por iso o refránaconsella: «Cando o demo veña á túa porta, non llapeches; entórnalla». É medida prudente, pois «o demo évello, e o tempo sabio».

A prudencia, a cautela, é outra característica psi-colóxica dos galegos, da que naceu esa forma peculiar dohumor que é a retranca.

Resulta curioso que, sendo a retranca a caracterís-tica que máis nos identifica aos galegos ante os outrosespañois, fose tan pouco estudada. A retranca galega,esa permanente e divertida inconcreción do noso dicir eactuar, converteuse nun tópico aceptado por todos,aínda que os alleos non saiban ben en que consiste e selimiten a dicir que cando atopan un galego na escaleiranon saben se sobe ou baixa, e nós, convencidos de quenon é certo, pero valorando o enxeño do dito, asintamoscun sorriso e aceptemos que así é.

Fose por mor desa alusión abusiva a unha carac-terística psicolóxica, intimamente ligada á nosa reco-ñecida desconfianza; fose polo escaso engado do termo,o certo é que son poucos os estudosos do humor que seocuparon dela, ata Castelao na conferencia Humo-rismo. Debuxo humorístico. Caricatura, preferiuempregar o termo non galego «socarronería» en lugardo galego retranca: «Un galego é sempre socarrón ouhumorista, e a socarronería é o humorismo dos incultosasí como o humorismo é a socarronería dos cultos»11. Sena vez de «socarrón» e «socarronería» dixese «retran-queiro» e «retranca», a reflexión sería máis atinada por-

30

11 Castelao: Humorismo. Debuxo humorístico. Caricatura. A NosaTerra, 1920.

Page 31: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

que a «socarronería» castelá non é só astucia e disi-mulo, senón tamén burla encuberta, que non é propiada retranca.

Claro que a vella que di aos que lle foron pedirpara as festas : «Como vostedes xa viñeron outros, etampouco levaron nada, que non se lles pode dar atodos» móstrase astuta e pode que na súa respostahaxa unha burla sutil, pero o que caracteriza á retran-ca, tamén a súa retranca, é o valor defensivo.

A retranca é unha artimaña intelectual que nospermite saír dunha situación conflitiva sen compro-meternos. O arquetipo de resposta retranqueira véndado por un dito anónimo, saído do enxeño populargalego: «Por un lado ti xa ves, e polo outro ¿que queresque che diga?». Cando se nos pide unha resposta quenon pode ser sincera, o mellor é botar man da retran-ca e seguir o modelo citado. Como fixo aquel cliente dobar nunha viñeta de Castelao, cando o taberneiro llepreguntou:

–¿Que che parece o meu viño?O viño era ruín, pero o paisano saíu do apuro

dicindo:–Por onde vai molla, e como refrescar, refresca.

Os máis dos nosos pensadores, mesmo CelestinoFernández de la Vega, ignoraron a retranca e preferirontratar da ironía dos galegos. Porén, ¿son retranca e iro-nía a mesma cousa? Se na linguaxe coloquial entende-mos a ironía como disimulo, pódense identificar ironía eretranca, pero se facemos unha análise minimamenterigorosa coidamos que non.

31

Page 32: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

Celestino Fernández de la Vega falou de tres for-mas de ironía: a socrática, a retórica e a romántica ouhumorística.12

A ironía socrática é só un método de coñecemento.Sócrates facíase o inxenuo para ensinar a pensar e axu-dar a parir ideas aos seus discípulos. A ironía retórica éunha forma de discurso que consiste en dicir o contrariodo que se quere dar a entender, e para que funcione comodiálogo divertido esixe a complicidade dos interlocutores.Como vimos, a ironía romántica ou humorística é unhaartimaña da que se vale o humorista para distanciarseafectivamente de alguén ou de algo; ben por pudor, candose trata dunha realidade conmovedora, ben para mantera obxectividade ante as súas criaturas, cando se trata dacreación artística. Cervantes precisou a ironía románticapara non identificarse totalmente co Don Quixote creadopolo seu xenio. Cómpre sinalar aínda a existencia da iro-nía arbitraria, de usos múltiples, como a que queremoscrer que empregou Unamuno cando dixo que Cervantesnon entendera a Don Quixote. É «a broma oculta naseriedade», da que falara Schopenhauer.

A retranca non encaixa en ningún destes moldesda ironía, como tampouco encaixa nos da sátira, coa quetamén se identifica ás veces. A retranca é sempre unhaactitude defensiva, nunca agresiva.

A voz retranca é tamén castelá, e o dicionario daReal Academia de la Lengua Española, dá a etimoloxía:de retro e anca, e defínea como «Correa ancha, a mane-ra de ataharre, que forma parte del atalaje y coopera afrenar el vehículo, y aún a hacerlo retroceder».

32

12 Celestino Fernández de la Vega, op. cit.

Page 33: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

Velaí como o nome dun aparello que serve de freoa unha carruaxe pasou ao idioma, con valor metafórico,para nomear unha actitude persoal, que tamén serve defreo nas relacións sociais. Porque iso é xustamente aintención de quen se vale da retranca: frear, mesmofacer recuar ao inoportuno.

A partir desta premisa resultan perfectamenteválidas as definicións como «habilidade para dicir o queun quere e non o que outros queren que diga», e «manei-ra de dicir o que un quere sen que pareza mal» dos dicio-narios de Xerais e Cumio, respectivamente, e menosprecisa a do dicionario da Real Academia Galega, que aexplica como «habilidade para falar con segundas inten-cións, en especial cando se procura unha gracia inten-cionada no que se di», e que valería como segunda acep-ción despois de sinalar o valor defensivo que reflicten asoutras.

A retranca acada a forma máis requintada cando édefensa contra o mesmo suxeito que a practica; candopretendemos defendernos con ela da nosa propia angu-ria. Daquela a retranca trócase en sentido do humor erealízase o enunciado de Castelao: «a retranca é o humo-rismo dos incultos, así como o humorismo é a retrancados cultos».

O idioma galego desapareceu como lingua escritadurante moitos anos, pero nese tempo a cultura popularenriqueceuse con enxeñosísimas achegas ao refraneiro,ao cancioneiro e aos contos de transmisión oral.

Refráns como «Mexan por nós e hai que dicir quechove», «Mentres o pau vai e vén descansa o lombo», «A

33

Page 34: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

boa fame non hai pan duro», «Menos dá unha pedra», «Afalta de homes bos, meu home é alcalde», «O can vellocando ouvea dá consello», entre moitos outros, sonespléndidas leccións de humorismo construídas sobre oalicerce da retranca.

A retranca é un recurso que se dá no medio rurale que está a perderse –se non se perdeu xa– nas cidades.Aínda que se fale da retranca como unha habelenciaintelectual exclusiva dos galegos, pode que se dea nou-tras comunidades rurais coas mesmas ou con semellan-tes características.

34

Page 35: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

II. Achega ao home escritor

Miguel de Cervantes Saavedra

Page 36: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,
Page 37: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

37

Din ben os que estiman que para valorar as exce-lencias literarias do Quixote, non necesitamos coñecer abiografía do autor, nin as peculiaridades da época enque viviu, nin as razóns que o levaron á creación da pri-meira novela moderna. Porén, esta verdade deixa deselo cando tentamos analizar a xénese da primeira obrahumorística da literatura universal, porque o humoris-mo está nos creadores, non nas súas criaturas, e, comoxa se dixo, esixe a madureza emocional do autor. DonQuixote é unha creación humorística xenial, pero o xenioque o creou foi o de Cervantes. Para procurar as clavesque o levaron a se converter no creador da novela moder-na e do humorismo sería importante coñecer datos fiá-beis do neno, do rapaz e do mozo que Miguel deCervantes Saavedra foi, pero lamentabelmente non é asíporque a biografía correspondente a eses anos non é fiá-bel. En verdade, fiabilidade tena só a que coñecemosdespois da volta da catividade.

Ata que Martín Sarmiento propuxo que se busca-se en Alcalá de Henares a partida de bautismo, non sesoubo onde nacera;13 a infancia e a mocidade son com-pletamente ignoradas; a xuventude está chea de som-bras, e a plenitude e madurez cheas de datos contradi-torios. Ata os seus restos se perderon despois das refor-mas realizadas no humilde convento que os acollera, e

13 Martín Sarmiento: Noticia de la verdadera patria (Alcalá) de elMiguel de Cervantes, 1761. Barcelona, L´Avenç.

Page 38: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

38

nin sequera nos deixou un retrato que nos permita coñe-cer o seu rostro, pois todos son falsos, e dos dous máiscoñecidos, o atribuído a Jáuregui é unha falsificación decomezos do século XX, e o outro, un retrato de época,corresponde ao conde de Uceda.

Astrana Marín, Martín de Riquer e KrzysztofSliwa atoparon nas súas investigacións copiosa docu-mentación publicada como cervantina, que non o era, eJean Canavaggio tivo que corrixir na biografía deCervantes moitas opinións ata entón admitidas comocertas.

Da infancia e da adolescencia nada sabemos conseguridade, a non ser que o pai, Rodrigo de Cervantes,humilde cirurxián, sempre apurado polas débedas, foivarias veces á cadea e que buscando mellor fortunapasou por Valladolid, Córdoba, Sevilla e Madrid, sen queconste que sempre o acompañasen a muller e os fillos.Miguel non foi á Universidade e suponse que nalgunhadas cidades nas que residiu debeu de estudar cos xesuí-tas, pola descrición que dun colexio da Compañía deXesús fai na novela El coloquio de los perros. Destesanos di Martín de Riquer: «Dolor, miseria y vergüenzaes lo primero que respiró el futuro escritor en su infan-cia, en la que no faltarían las privaciones y sinsabores».14

Pero aínda que a carencia de documentación fide-digna e as biografías idealizadas contribúan a escure-cer a figura humana de Cervantes, cómpre subliñar quea el corresponde a responsabilidade das polémicassobre o seu berce, pois fixo canto puido por ocultalo.

14 Martín de Riquer: Nueva aproximación al Quijote. Editorial Teide,1989.

Page 39: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

39

Nunca dixo en que ano nacera, pero polos datos que deuen cinco ocasións, tería que ser no 1549 e non no 1547da partida de bautismo. En ocasións deu o nome dacidade en que nacera, pero con manifestacións contra-ditorias. Astrana comenta que na Información do seucativerio, pedida a instancia propia, declara ser «natu-ral de Alcalá de Henares» pero que noutro documentodi ser «vezino de la villa de madrid y natural de la çiu-dad de córdova»15. Moitos prestixiosos cervantistas atri-búen o interese de Cervantes en ocultar os datos perso-ais á súa condición de cristián novo, vido dunha familiade xudeus, aínda que nos anos da mocidade abondaríacon non ser relacionado co protagonista dun lance dearmas de graves consecuencias.

Así é; con vinte e un anos de idade Cervantesestaba en Madrid, relacionándose no Estudio de laVilla co humanista López de Hoyos, que o chamaría«nuestro caro y amado discípulo», e que en 1569 publi-cou unha colección de elexías en memoria da raíñaIsabel de Valois, morta un ano antes, entre as queincluía catro poemas do escritor, que non chegou a coñe-cer a edición porque un enfrontamento no que deixouferido ao contrincante, obrigouno a fuxir a Italia, sendocondenado en rebeldía pola institución de Alcaldes deCasa y Corte.

Arruinada a vida en plena xuventude e coutada aprometedora carreira de escritor, Cervantes fuxiu e acomezos de 1570 apareceu en Roma, servindo de cama-reiro a monseñor Acquaviva –pouco maior ca el–, quenao cabo dalgúns meses sería nomeado cardeal. Xa en

15 Luis Astrana Marín: Vida ejemplar y heroica de Miguel de Cervan-tes Saavedra. Instituto Editorial Reus, 1958.

Page 40: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

Italia, Cervantes aparece e desaparece ata que en 1571sentou praza de soldado arcabuceiro no Tercio deNápoles, ás ordes de Diego de Urbina, para participarna Liga contra o turco, convocada polo papa Pío V, e com-bater, xunto co seu irmán Rodrigo, en Lepanto, onderecibiu feridas que lle deixaron inutilizada a manesquerda, aínda que non chegou a perdela.

Coa esperanza de ser recompensado polos servizosá Coroa como soldado, volveu a España no 1575, con car-tas de recomendación de Don Juan de Austria e doDuque de Sesa, pero a galera que o traía foi apresadapreto de Cadaqués ou de Palamós por unha flota turca,e, con Rodrigo, pasou a ser cativo en Alxer.

Todos os biógrafos falan do comportamento heroi-co de Cervantes naquel refuxio de piratas e amparo deladróns, con reiterados intentos de fuga para el e paracantos compartían o horror da catividade. Todos os pla-nos fracasaron pola traizón de delatores ou por falta deánimo dos que deberían secundalo, e varias veces estivono perigo de ser empalado ou esfolado en vida. A fami-lia, despois de vender os seus bens e de pedir novos prés-tamos puido pagar o rescate de Rodrigo e, despois decatro anos, os frades Trinitarios pagaron o de Miguel.

Cervantes volveu a España en outubro de 1580, edurante algún tempo serviu como soldado, pero, desen-cantado por non serlle debidamente recoñecidos os seusservizos, volveu a Madrid para dedicarse á profesión deescritor. Entre 1582 e 1586 vendeu vinte ou trinta come-dias, hoxe descoñecidas, que foron estreadas e ben aco-llidas polo público; tamén puido vender a primeira parteda Galatea, novela pastoril que se editou en 1585.

40

Page 41: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

No limiar aos Entremeses, publicados xa ao rema-te da súa vida, lembra Cervantes aqueles éxitos dassúas pezas teatrais:

Y esto es verdad que no se me puede contradecir, y aquí entrael salir yo de los límites de mi llaneza: que se vieron en losteatros de Madrid representar Los tratos de Argel, que yocompuse; La destruición de Numancia y La batalla naval,donde me atreví a reducir las comedias a tres jornadas, decinco que tenían; mostré o, por mejor decir, fui el primero querepresentase las imaginaciones y los pensamientos escondi-dos del alma, sacando figuras morales al teatro, con general ygustoso aplauso de los oyentes; compuse en ese tiempo hastaveinte comedias o treinta, que todas ellas se recitaron sin quese les ofreciese ofrenda de pepinos ni de otra cosa arrojadiza:corrieron su carrera sin silbos, gritas ni baraúndas.

A literatura dáballe para malvivir e tentou, senéxito, conseguir algún posto administrativo. No 1584naceu, de amores cunha muller chamada Ana Franca deRojas, moi nova e casada cun taberneiro, a súa fillaIsabel, pero no mesmo ano casou con dona Catalina dePalacios y Salazar, fidalga de dezanove anos, da cidadetoledana de Esquivias, coa que conviviu pouco.

Por fin, en 1587, conseguiu o ingrato posto de comi-sario real de abastos en Andalucía para obter víverescon destino á Armada Invencible, o que o obrigou a resi-dir en Sevilla e a viaxar de vila en vila coa misión derecadar aceite e cereais, o que lle valeu un par de exco-munións cando embargou outras tantas partidas detrigo á Igrexa.

En maio de 1590 solicitou outra vez, tamén senéxito, un emprego nas Indias. No 1592 un correxidor de

41

Page 42: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

Écija meteuno no cárcere de Castro del Río, acusándoode vender sen permiso trescentas fanegas de trigo.Revisado o caso ante o Consello de Guerra, saíu libre ecoa confianza da Administración, que en 1594 lle enco-mendou o cobro de atrasos en Granada. A creba dobanco no que depositara parte das recadacións, e o errodos contadores da Facenda, que creron descubrir unfraude de setecentos reais, levouno de novo ao cárcere,esta vez en Sevilla, onde quizais concibiu o Quixote,como unha narración breve.

En 1604, vivindo en Valladolid, onde fora trasla-dada a Corte, obtivo permiso de impresión para publicaro libro, que saiu do prelo en xaneiro do 1605 co título ELINGENIOSO HIDALGO DE LA MANCHA, e con taléxito que nese mesmo ano tivo dúas tiradas piratas enLisboa, foi reeditado con correccións do autor enMadrid, e pouco despois saíu outra edición en Valencia.

En 1606 torna coa Corte a Madrid e escribe nove-las breves para a colección que publicará en 1613 co títu-lo Novelas ejemplares, e que vai dedicar ao seu protectoro conde de Lemos. A extraordinaria acollida do Quixoteanímao a traballar nunha segunda parte, pero adiánta-selle Avellaneda publicando a súa en 1614.

Edítase Viaje al Parnaso e remata a segundaparte do Quixote, que sae do prelo en 1615, case aomesmo tempo que oito comedias e oito entremeses dasúa autoría.

Astrana Marín di que Cervantes non deixou de serpobre, e que nin sequera nos últimos anos de vida tivomaior tranquilidade económica. O certo é que Cervantes

42

Page 43: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

se administraba mal. Hai documentos que proban queandou en negocios, mesmo no tempo de funcionario enAndalucía, pero seica era xogador e non con boa sorte.Subsistiu con eses ingresos, cos beneficios que lle pro-duciron as obras editadas, coa protección do conde deLemos e coa caridade do arcebispo de Toledo, donBernardo de Sandoval y Rojas. Morreu o 22 de abril doano 1616 e foi enterrado no humilde convento das mon-xas Trinitarias.

Aínda que a miseria de Cervantes sexa parte davisión romántica que os autores do XIX tiveron del e dasúa obra; aínda que o salario que percibiu entre o 1585 eo 1602 fose o dun burócrata de nivel medio, e que osnegocios e apaños lle desen para vivir en Sevilla, acidade máis cara de España, e acceder aos moitos librosque lle deron tan notábel erudición; aínda que non fosenunca pobre de solemnidade, non hai dúbida de que Cer-vantes foi home de sorte cativa, como podemos deducirdas moitas e moi profundas reflexións que fixo sobre aadversa fortuna. Proscrito en plena mocidade, cando selle abría con xustificada esperanza o mundo das letras;manco cando a carreira das armas daba un novo hori-zonte á súa vida; escravo cando volvía a España, colmadode promesas por don Juan de Austria; escritor fracasado,ata o punto de deixar a profesión con trinta e poucosanos; maltratado pola Administración e a Xustiza variasveces; envexado, aldraxado e roubado nos poucosmomentos de éxito; malcasado e desventurado en amo-res e afectos; esquecido despois de morto, ata ser perdi-dos os seus restos… É o momento de preguntármonos:¿Escribiría Cervantes o Quixote se a súa vida fose rega-lada e chea de éxitos? Imposible sabelo, pero é probableque non.

43

Page 44: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

Astrana Marín, despois de facer un relato pormeno-rizado de todas as vicisitudes vividas polo autor, conclúe:

Es entonces cuando escribe el Quijote. ¡Y sonríe a laHumanidad! ¡Nunca Cervantes sonrió de mejor gana! ¡Hasido condenado a vergüenza pública, desterrado, camarero,soldado, herido de guerra, prisionero, esclavo, escarnecido,fracasado, recaudador, excomulgado, pretendiente de Indias,quebrado y presidiario.

¡Y nadie le ha oído exhalar una queja!16

Tantas e tan distintas vivencias, tanto sufrimentoe tantas frustracións, faríano reflexionar sobre simesmo, sobre a condición humana, sobre o tempo que lletocou vivir. Pero nin o sufrimento nin a frustración con-ducen ao humorismo. Pola contra, as máis das veceslevan á desesperación, que é a antítese daquel.

Ao humorismo chega quen está naturalmentedotado para vivilo e facer del unha filosofía persoal eíntima. É humorista quen acada a madureza necesariapara desenvolver o sentido do humor, entendido como arelación cordial consigo mesmo. A aprendizaxe comezanun esforzo por comprender, por non desesperar; logo,quen teña calidades para a produción literaria levará ohumorismo á obra de creación. Quen naceu dotado paravivir como humorista, ou quen acade a madureza emo-cional para selo, se non posúe capacidade creativa seráun humorista anónimo. Das calidades humanas dohumorista, a primeira, a máis elemental, é a compren-sión das debilidades do próximo e a sensibilidade ante osufrimento alleo. Hai probas de que Cervantes foi homede natureza sensíbel e que o arrepiaba a crueldade da

44

16 Luis Astrana Marín, op. cit.

Page 45: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

época, cando a honra era prioritaria e xustificaba cal-quera barbaridade. Hainas tamén da súa comprensión ebenevolencia ante os erros alleos.

Durante a catividade en Alxer, catro veces tentoufuxir cos seus compañeiros de cadea. No ano 1579 tiñaproxectada unha fuga con sesenta presos máis, pero foidelatado polo ex dominico Juan Blanco de Paz, tamén encatividade, que cobrou como recompensa un escudo eunha caneca de manteiga. En 1592 este relixioso, xaliberado, era racioneiro da igrexa colexial de Baza, e undía atopouse fronte a fronte con Cervantes. SegundoAstrana Marín o dominico, arrepiado, fuxiu a Alxer efíxose renegado, sen que Cervantes, que cobraba retra-sos e alcabalas no reino de Granada, fixese o mínimointento por tomar vinganza.

Da improcedencia da vinganza falou Cervantes enreiteradas ocasións:

El tomar venganza injusta (que justa no puede haber algunaque lo sea) va derechamente contra la santa ley que profesa-mos, en la cual se nos manda que hagamos bien a nuestrosenemigos y que amemos a los que nos aborrecen; manda-miento que aunque parece algo dificultoso de cumplir, no lo essino para aquellos que tienen menos de Dios que del mundo,y más de carne que de espíritu.17

–Un generoso pecho no quiere vengarse cuando puede.18

–No se ejecutan bien las venganzas a sangre helada.19

45

17 Cervantes: El ingenioso hidalgo Don Quijote de La Mancha, II, cap.XXVII.

18 Cervantes: Los trabajos de Persiles y Sigismunda,libro IV, cap. VII.19 Cervantes: El ingenioso hidalgo Don Quijote de La Mancha, II,

cap.XLIII.

Page 46: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

O autor que se agachou baixo o pseudónimo deAlonso Fernández de Avellaneda non só quixo quitarlleas ganancias a Cervantes publicando unha segundaparte apócrifa do Quixote, senón tamén aldraxalo e feri-lo. A máis dura agresión de Avellaneda contra Cervantesestá no capítulo IV. Don Quixote, que é xa «El CaballeroDesamorado», quere que un pintor lle faga un retrato noque, con outros ornamentos, vaian estes versos:

Sus flechas saca Cupidode las venas del Pirú, a los hombres dando el Cu,y a las damas dando el pido.

Pregunta Sancho que cousa é ese Cu, se é acasoalgunha xoia, e responde o cabaleiro:

No; que aquel Cu es un plumaje de dos relevadas plumas, quesuelen ponerse algunos sobre la cabeza, a veces de oro, a vecesde plata y a veces de la madera que hace diáfano encerado alas linternas, llegando unos con dichas plumas al signo deAries, otros al de Capricornio y otros se fortifican en el casti-llo de San Cervantes.

Pardiez –dijo Sancho– que ya que yo me hubiese de poner esasplumas, me las había de poner de oro o de plata.

No te convienen a ti –dijo Don Quijote– esos dijes; que tienesmujer buena cristiana y fea.

Cervantes, que coñecía a quen se agachaba baixo opseudónimo –probablemente o ex soldado e ex cativoJerónimo de Passamonte–, non respondeu a un ataquetan directo a súa honra nin directa, nin indirectamente.Moitas veces aludiu na segunda parte do Quixote a

46

Page 47: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

Avellaneda, descualificándoo como autor, pero respec-tándoo como persoa.

Non hai dúbida de que a publicación deAvellaneda o amolou, pero a súa reacción foi do máistemperado e consecuente co pensamento que tantasveces expresara nas súas obras, e, sempre, a través dohumor. Cervantes participou nas polémicas entre “lite-ratos” con moito tento, escribindo e calando cando cum-pría. A Lope respondeulle parcialmente porque era uninimigo que, pola súa grandeza, engrandecíao; aBarrionuevo ignorouno, e a Avellaneda demostroulleque o coñecía, pero negouse a dar o seu nome e inmor-talizalo. Velaí as respostas dun home intelixente e dunauténtico humorista.

Humorista móstrase tamén Cervantes ao xulgar apropia obra no capítulo VI da primeira parte do Quixote.Entre os libros que o cura salva da queima, uns por boí-simos, outros por ser de autores amigos, está a Galatea,da que di:

Muchos años ha que es gran amigo mío ese Cervantes, y sé quees más versado en desdichas que en versos. Su libro tiene algode buena intención, propone algo, y no concluye nada; es menes-ter esperar la segunda parte que promete: quizá con la enmien-da alcanzará del todo la misericordia que ahora se le niega, yentretanto que esto se ve, tenedle recluso en vuestra posada.

O humorismo é incompatíbel coa soberbia, poloque non debe sorprendernos a autocrítica severa queCervantes se fixo como autor teatral e, sobre todo, comopoeta, nin tampouco as discretas manifestacións sobre omérito da súa narrativa. No prólogo ás Novelas ejempla-res proclama:

47

Page 48: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

…que yo soy el primero que he novelado en lengua castellana;que las muchas novelas que en ella andan impresas, todas sontraduciones de lenguas extranjeras, y éstas son mías propias,no imitadas ni hurtadas: mi ingenio las engendró y las pariómi pluma, y van creciendo en los brazos de la estampa.

En Viaje al Parnaso volverá recordalo:

Yo he dado en Don Quijote pasatiempoal pecho melancólico y mohíno,en cualquiera sazón, en todo tiempo. Yo he abierto en las Novelas un caminopor do la lengua castellana puedemostrar con propiedad un desatino.

Cervantes debeu de ser un home honrado, bonda-doso, comprensivo coa natureza humana, idealista, perotamén “trapalleiro”, bebedor e xogador. É certo que tivoproblemas coa Administración, pero sempre saíu librede culpas e con ratificada confianza para traballar coscartos da Coroa. Non falou nunca da súa dona, coa quenon conviviu cando marchou, comisionado, a Andalucía,pero ela foi quen aportou a fianza para que lle concede-sen o cargo de recadador no reino de Granada.Seguramente o home Cervantes, por mor da súa inca-pacidade ante os problemas da vida real, por mor do seuespírito bohemio, sería máis valorado polos de fóra quepolos de casa. Debeu de ser bo conversador e gustaría derelacionarse coa xente humilde que coñecía en cada vila.Sentiríase máis cómodo nas tabernas que nos pazos dosnobres, os máis deles ignorantes e corruptos. Cervantesdebeu de ser un intelectual solitario, cos ollos moi aber-tos ante aquela lea de xente traballadora, de pícaros,mendigos, delincuentes e prostitutas, que se movíanpola España que ía cara a ruína. Para escribir Rinconete

48

Page 49: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

y Cortadillo tivo que coñecer lugares e xentes de Sevillaverdadeiramente singulares. Sen dúbida a estancia nocárcere desta cidade deulle moita e valiosa información.

Foi ademais viaxeiro e home de moitas e moivariadas lecturas, que lle deron unha sólida formación.Como el mesmo di: «quien anda mucho y lee mucho, vemucho y sabe mucho».20

A súa paixón pola lectura queda reflectida no capi-tulo IX da primeira parte do Quixote, cando o tradutormerca os cartapacios e papeis a un rapaz no alcaná deToledo, porque é «aficionado a leer aunque sean lospapeles rotos de las calles».

49

20 Cervantes. Quijote, II, cap. XXV

Page 50: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,
Page 51: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

III. Cervantes e o humanismo

Page 52: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,
Page 53: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

53

A crítica do século XIX consideraba a Cervantes unhome de enxeño, intuitivo, pero pouco coñecedor dasideas e das artes vixentes en Europa. No ano 1924 o crí-tico italiano Cesare de Lollis dixo o mesmo no libroCervantes reazionario, o que moveu a Américo Castro apublicar El pensamiento de Cervantes, para demostrarque, en contra de canto se viña dicindo, Cervantes foi unartista e un intelectual libérrimo, con principios estéti-cos e éticos moi sólidos, nos que afondou toda a vida,manténdose á marxe das orientacións e imposicións daContrarreforma e da cultura oficial; un creador orixinale innovador, guiado por unha relixiosidade espirituali-zada e un talante crítico ante a inxustiza social e ante oempobrecemento da arte. Actualmente Cervantes érecoñecido como o escritor que trouxo a modernidade ásletras españolas e como un autor de moi ampla forma-ción, que comezou en Madrid con López de Hoyos, conti-nuou durante a súa estancia en Italia, onde coñeceu pro-fundamente o Humanismo e o Renacemento italianos, eproseguiu sempre coas infinitas lecturas e a curiosidadepor todos os saberes.

Márquez Villanueva afirma que Cervantes nonperdeu o tempo en Italia, e reclama a nosa atenciónsobre a súa relación intelectual na Galatea co filósofonapolitano Bernardino Talesio, máximo representantedun antiaristotelismo fisicista de inspiración presocráti-ca, que pasaría ao Índice romano despois da súa morte,no 1588. Canavaggio cita, entre outros autores estuda-

Page 54: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

dos por Cervantes en Italia, a Petrarca, Boiardo,Ariosto, e Boccaccio. Edward C. Riley, o mesmo que osanteriores, dá como lecturas seguras as de Platón,Aristóteles, Horacio e Cicerón, e engade como probábeisas dos italianos Giraldi Cinthio, Alessandro Piccolomi,Minturno e Castelvetro. Tampouco perdería o tempo enEspaña, onde estudaría o platonismo de León Hebreo,traducido polo seu admirado Garcilaso, e afondaría nasobras de Alonso López Pinciano, Luis Alfonso deCarvallo, Miguel Sánchez de Lima e Juan Luis Vives,ademais de interesarse por dúas obras de filósofos natu-ralistas que, se hoxe resultan curiosas e divertidas, perosen valor científico, no seu tempo aportaron unha novavisión do ser humano ao situar no cerebro o órganomaterial da intelixencia: o Examen de ingenios para lasciencias, do médico Huarte de San Juan, publicado en1575 e prohibido en 1581, e a Nueva filosofía de la natu-raleza del hombre, obra de Miguel Sabuco y Álvarez, edi-tada en 1587 baixo o pseudónimo de Oliva Sabuco deNantes, que era o nome da súa filla.

Da primeira tomaría a tipoloxía de Don Quixote eSancho, así como o título da novela –ingenioso é «enfer-mo de la imaginación»–, e, sobre todo, a tese humoral,segundo a cal a destemperanza ou desequilibrio mentalé inevitábel nos seres humanos, polo que todos temosalgo de tolos e de cordos, e os personaxes literarios, comoos da vida real, terán que mostrar as súas contradicións,grandezas e miserias para ser críbeis.

A segunda interesoulle porque Sabuco rexeita ateoría dos humores e defende que é o cerebro quen inflúeen todo o corpo a través do sistema nervioso. A saúdemental é prioritaria para a saúde do corpo, polo que

54

Page 55: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

aconsella combater a depresión e o aburrimento, vivircon pracer e alegría, entrar en contacto coa natureza,vestir roupas de cores vivas, etc. Sabuco adiantouse encatrocentos anos aos modernos estudios sobre o podercurativo da risa, e Cervantes fixo canto puido por levaro deleite aos seus lectores con libros de contido intere-sante, estilo moderno, e lectura divertida. MárquezVillanueva di que a ironía en mans de Erasmo, Rabelaise Cervantes deixou de ser unha figura retórica paratransformarse en todo un estilo mental e un camiño cre-ador, fundamental, para a modernidade literaria.21

Erasmo é, en opinión de moitos cervantistas,importantísimo na formación intelectual e espiritual deCervantes. Para Américo Castro, «sin Erasmo, Cervan-tes no habría sido como fue»,22 e manifestacións dainfluencia de Erasmo na súa obra serían a procura duncristianismo interior centrado no amor e na comprensióndo próximo, na sinxeleza e humildade; a crítica da mila-grería supersticiosa, do culto ás reliquias, da condutaantievanxélica dos frades, ermitáns e eclesiásticos, dasprescricións legalistas que Sancho chama tologías, etc.Outro punto de coincidencia entre Cervantes e os eras-mistas sería o desprezo polas novelas cabaleirescas, dasque o Quixote, ademais de moitas outras cousas, é unhaxenial parodia.

Con Américo Castro coincide Bataillon, para quen«se España non pasara polo erasmismo, non nos daría oQuixote». Bataillon tamén considera que o personaxe de

55

21 Márquez Villanueva: Cervantes en letra viva. Reverso Ediciones,2005.

22 Marcel Bataillon: Erasmo y España. Fondo de Cultura Económica,México, 1902.

Page 56: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

don Diego de Miranda, o cabaleiro do Verde Gabán,encarna no Quixote o ideal erasmiano. Porén, diversosautores españois discrepan ao sinalar os límites concep-tuais, espaciais e cronolóxicos do erasmismo en España,xa que non todo pensamento progresista se esgotounesta corrente espiritual. A figura do cardeal Cisneros,responsábel da orde franciscana, fundador da Universi-dade de Alcalá, e impulsor da Biblia Políglota, da publi-cación de libros relixiosos en lingua vernácula, etc., apa-rece como figura clave, tanto como home da Igrexa, comono ámbito cultural.

Abondan no Quixote as pasaxes en que Cervantesdemostra a influencia da ética humanista. O discurso ea actitude da pastora Marcela no capítulo XIV da pri-meira parte, en defensa do seu libre albedrío paracorresponder ou non a quen a ame, nunha clara defensada dignidade da muller é un bo exemplo; como os conse-llos de Don Quixote a Sancho, cando este se dispón agobernar a insua Barataria; como tantos discursos decabaleiro, inzados de aforismos de contido moral.Cervantes valeuse do aforismo para expresar o seu pen-samento, e fíxoo moitas veces abertamente, para trans-mitir o ideario humanista, e outras baixo a lene aparen-cia do humorismo.

Márquez Villanueva ve na filosofía de LeónHebreo, no humanismo cristián de Erasmo, e na artepoética de Garcilaso os alicerces intelectuais deCervantes, pero coidamos que non debeu de ser menosimportante o estoicismo de Séneca expresado a travésdas súas máximas morais sobre a vontade de facer o bene sobre o ben que se fai sen vontade; sobre a pobreza eas dificultades do diario vivir; sobre o traballo e o esfor-

56

Page 57: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

zo para acadar o fin anhelado; sobre a honra e a reputa-ción; sobre o vicio e a virtude; sobre a capacidade huma-na para superar o sufrimento; sobre a paciencia…

Tamén Cervantes fala a través do aforismo da soi-dade, da liberdade, da desventura, da vida, da morte...,manifestando conviccións profundas e estados de ánimode determinados momentos. A través do aforismo reco-ñece que sempre as desgrazas perseguen ao bo enxeño;que un mal chama a outro e que a fin dunha desgrazasoe ser o comezo doutra maior; pero rexeita a desespera-ción, por ser pecado de demos; afirma que non hai ausen-cia que mate, nin dor que consuma; e que os males quenon teñen forza para acabar coa vida, non han de telapara acabar coa paciencia. Impresiona tanta forza deespírito, en quen foi tantas veces derrotado pola vida,pero ningún aforismo tan abraiante, ao tempo que escla-recedor para entender quen é o Cervantes que escribe oQuixote, os Entremeses e as Novelas ejemplares, como oque di: «la pena que no acaba la vida, la costumbre depadecerla la hace fácil».23

Cervantes é un humanista e mesmo por iso sentiua necesidade de facer a crítica da sociedade en que vivíaa través da súa obra, pero non tiña por que crear un novoxénero literario. O lóxico sería que empregase a ironía, osarcasmo, a sátira, como tantos outros escritores con-temporáneos e anteriores. Vendo a aceptación da novelapicaresca, un narrador habilidoso e divertido coma el,que xa dera mostras de dominar o xénero, podería facerunha gran narración, seguro do éxito. Se non o fixo é por-que non puido, e non puido porque non era un escritor

57

23 Cervantes: Persiles, libro III, cap. X.

Page 58: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

58

cómico, nin satírico, nin un moralista ao servizo da orto-doxia tridentina; porque se adiantou ao seu tempo enaceu humorista nunha sociedade que non entendía ohumorismo. A propia condición e a dureza da vida quelevou, déronlle serenidade, comprensión, recoñecementoresignado dos límites, ironía, pudor sentimental, simpa-tía, tolerancia, paciencia; en definitiva, sentido dohumor, algo que –repitámolo– só se dá nas persoas e nassociedades emocionalmente maduras. No Humanismoatoparía as conviccións morais para se ratificar na acti-tude crítica cunha sociedade intolerante e brutal.

Cando escribe o Quixote, con cincuenta e oito anoscumpridos, é un home maior e espiritualmente maduro.Do rapaz que respondera á violencia con violencia con-vertérase en vello de intelixencia serea e tolerante; coasabedoría da experiencia e o humor de quen vive nunmundo que non o satisfai, pero que comprende. Nonpode expresar libremente o que pensa e sinte, pero sábe-se libre para pensar e sentir, e só quen ten esa liberda-de de consciencia e de conciencia, pode ser humorista.Cervantes é humorista, e como humanista e humoristaestá en contra da crítica pola crítica e da crítica enforma de sátira, pero ten moito que comentar e criticar,e farao co humorismo.

Cervantes «andaba con la barba sobre el hombro»,en expresión da época, que aludía á necesidade de serprudente nun país de grandes contradicións, mergulla-do nunha crise insuperábel, que as institucións calcula-ban superar con medidas represivas. O Quixote é a obradun autor desilusionado da política e dos gobernos daMonarquía, e a dun home resignado coa propia biogra-fía; un home que coñece as súas miserias e o seu lado

Page 59: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

ridículo, e que, non obstante, aprendeu a ter boa rela-ción consigo mesmo; a ver, entender, considerar, relati-vizar e, en consecuencia, a ser paciente e sorrir ante aadversidade. Cervantes valorou tanto o don da paciencia–adquirido no tempo da catividade–, que no prólogo dosEntremeses, escrito en 1615, se despide desexando saúdepara o lector e paciencia para el. Só desde a paciencia éposíbel analizar unha realidade complexa e descubrir oque esta ten de cómico no aparentemente solemne, e oque ten de transcendente no aparentemente risíbel.Cervantes sabe que para aprender a sorrir é precisocomprender, de aí que, vendo que «no hallé pájaros enlos nidos de antaño; quiero decir que no hallé autor queme las pidiese, puesto que sabían que las tenía (…)»,decidise editar as Ocho Comedias y ocho Entremeses,non só por amor propio e porque valore a propia obra,senón tamén «para que se vea de espacio lo que pasaapriesa, y se disimula o no se entiende cuando las repre-sentan», decisión anunciada na Adjunta al Parnaso, noano 1614.

Cervantes non ofende a ninguén, pero cando pousaos ollos no seu contorno non deixa de cuestionar o siste-ma de valores vixente. Don Quixote, como os pícaros,como os protagonistas dos Entremeses, é un antiheroeque no seu camiñar ou nas súas confrontacións nos vaimostrar a realidade social española, pero, ao revés detodos eles, encarna as virtudes do humanista cristián, oque o converte nun antiheroe absolutamente orixinal:nobre, culto, xeneroso, idealista, co que se identifica oautor. En realidade Don Quixote é o trasunto deCervantes, o seu alter ego, ou, mellor aínda, a súa cari-catura no sentido máis estrito do termo. Un personaxeque só podía ser creado por quen sabe mofarse de si

59

Page 60: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

mesmo nos marabillosos prólogos das Novelas ejempla-res e do Persiles.

No das Novelas faise un divertido retrato:

Este que veis aquí, de rostro aguileño, de cabello castaño,frente lisa y desembarazada, de alegres ojos y de nariz corva,aunque bien proporcionada, las barbas de plata, que no haveinte años que fueron de oro, los bigotes grandes, la bocapequeña, los dientes ni menudos ni crecidos, porque no tienesino seis (…).

No do Persiles, humorístico de comezo a fin, des-pois de eloxiar a cidade de Esquivias polos seus viños,recoñece que non pode deixar de beber, aínda que sesabe enfermo de gravidade, xa cun pé no estribo, e des-pídese da vida coa serenidade e co sorriso do auténticohumorista: «Adiós, gracias; adiós, donaires; adiós, rego-cijados amigos, que yo me voy muriendo...».

60

Page 61: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

IV. Cervantes ante a crisede estado e a contrarreforma

Page 62: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,
Page 63: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

Celestino Fernández de la Vega fai súa a opiniónde Sánchez Albornoz de que é dubidoso que a decaden-cia española en tempos de Cervantes fose visíbel e queel puidese ter conciencia da mesma. Di o pensadorlugués:

Sen dúbida Cervantes teceu a súa obra xenial cunha chea demateriais, suxerencias e supostos da súa época, da súa cir-cunstancia. Mais iso, xustamente, é o que está morto noQuixote, o que non se pode percibir sen un esforzo erudito,arqueolóxico. Pero ¿que lle pode importar todo iso da excesivadifusión dos libros de cabalería ou da suposta decadenciaespañola a un ruso ou a un inglés calquera que, pola súa finu-ra de percepción, lea hoxe, con proveito e goce, o libro xusta-mente famoso de Cervantes? O que está vivo e é eterno neselibro é o home Cervantes e a súa maneira de ver o mundo, asúa resposta a un problema eterno.24

Non ten volta: para ler o Quixote con proveito egoce non interesa a circunstancia de Cervantes ao escri-bilo, mais para entender a necesidade que Cervantessentiu de crear un novo xénero literario é imprescindí-bel. O nacemento do humorismo a comezos do séculoXVII non se explica sen o drama biográfico e intelectualdo autor. Cervantes viviu a experiencia terríbel daescravitude, sentiuse merecedor dun recoñecemento quenon acadou, percibiu o esfarelamento do imperio espa-ñol e padeceu a presión da Contrarreforma. Estas cir-

63

24 Celestino Fernández de la Vega, op. cit.

Page 64: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

cunstancias convertéronse en motivacións para queusase a ironía e o sentido do humor, dos que estabanaturalmente dotado, para facer unha obra anovadora einicialmente mal comprendida. Só así entenderemosque o humorismo sexa para Cervantes «un esforzodesesperado de liberdade humana», en feliz expresión deCelestino Fernández de la Vega.

Cervantes viviu o final do reinado de Carlos I, todoo de Felipe II e parte do de Felipe III; unha etapa de cam-bios profundos en Europa, derivados da consolidación daeconomía capitalista, con repercusión no comercio, nomercado mundial, nas relacións de produción, na mobi-lidade das clases sociais, etc., e que afectou negativa-mente ao xigantesco imperio español, xestionado por unestado pouco desenvolvido economicamente, un país sos-tido militarmente cun exército custosísimo; cunha enor-me poboación improdutiva de civís e relixiosos, querematou na ruína sen que puidese remedialo o ouro che-gado de América.

Como intelectual e artista Cervantes viviu a últimaetapa do idealismo renacentista e a primeira do períodocultural coñecido como o Barroco, que Fernando R. De laFlor sitúa entre o 1580, cando as promesas de expansiónindefinida quedaron coutadas e provocaron os primeiroscolapsos sociais, e o 1680, cando a creación cultural deixade producir obras transcendentes na literatura, pintura earquitectura. Cervantes é un home do chamado, conrazón, Século de Ouro, que el, como outros protagonistas,viviu na madurez como Século de Ferro, coa melancolíade percibir a decadencia no corpo da nación.25

64

25 Fernando R. de la Flor: Barroco. Representación e ideología en elmundo hispánico (1580-1680). Ediciones Cátedra, 2002.

Page 65: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

Ao longo do Quixote Cervantes móstrase humo-rista, escéptico e medorento. Escepticismo e humorismodeberon agromar e medrar nel a un tempo, cando o seuproxecto de vida se esfarelaba co imperio. Tamén o escep-ticismo, como o humorismo, permite ao autor situarse naperspectiva axeitada no exercicio de creación; achegán-dose ou distanciándose dos seus personaxes, segundo ascircunstancias o requiran. Do humorismo de Cervantestemos innumerábeis mostras; do seu escepticismo moi-tas menos, pero algunha moi clara.

Cervantes pasaría do pulo xuvenil á decepción damadurez repasando a propia peripecia vital, en paraleloá traxectoria de Felipe II, aquel monarca frío, aparente-mente inalterábel ante o éxito e o fracaso. Matinaríasobre a pequena repercusión da vitoria de Lepanto en1571; sobre a orixe da Revolta aragonesa de 1591; sobreas causas da derrota da Invencible en 1588, que el, comosoldado con experiencia, sabía que non tiñan estado sónos elementos, senón na incompetencia do duque deMedina Sidonia, improvisado almirante á morte de donÁlvaro de Bazán; de aí que se mostrase tan irónico coduque nun soneto que lle dedicou pola súa entradatriunfal, en 1596, despois do asalto inglés a Cádiz e deque marchase vitorioso o duque de Essex; un soneto que,sen ser satírico, é crítico, e que titulou Vimos en juliootra Semana Santa.

y al cabo, en Cádiz, con mesura harta, ido ya el conde sin ningún recelo, triunfando entró el gran duque de Medina.

A resultas da reflexión sobre tan dilatado e com-plexo reinado, Cervantes mostrarase igualmente iró-

65

Page 66: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

nico, en 1598, na catedral de Sevilla, ante o monu-mental e esperpéntico túmulo de Felipe II, ao que cha-mará «máquina insigne», espléndido símbolo, poloostentoso, da realidade social española, magnífica,rica, poderosa, na aparencia, pero en descomposiciónimparábel.

Quedar las arcas vacíasdonde se encerraba el oroque dicen que recogíasnos muestra que tu tesoroen el cielo lo escondías.

Non ten volta, Cervantes foi consciente da reali-dade que viviu, e o humor do Quixote é unha manifesta-ción orixinal e nova do seu pesimismo; un pesimismocompartido por moitos creadores que se expresarán através dos novos xéneros literarios ou de determinadasrepresentacións no eido da plástica. Un pesimismo queFernado R. de la Flor descobre nas manifestacións dacultura do Barroco, non só pola consciencia da crise nomarco da economía, senón tamén no das liberdades,como consecuencia da Contrarreforma.

Aínda que non temese volver á cadea, nin un pre-ocupante proceso inquisitorial, estaba xustificado otemor de Cervantes, que non era un escritor satírico,certamente, pero tampouco un escritor cómico, queescribise só para divertir, aínda que no caso do Quixoteos seus contemporáneos así o cresen e el mesmo tiveseinterese en aparentalo. Pero «la pluma es la lengua delalma»26 e a Cervantes doíalle o esfarelamento da socie-

66

26 Cervantes: Quijote II, cap. XVI.

Page 67: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

dade naquela España traxicómica de enormes contradi-cións, e non podía deixar de dicilo na súa obra.

Como humanista cristián doíanlle a discrimina-ción por limpeza de sangue, o rexurdimento da escravi-tude, as mulleres sometidas, os nenos abandonados, osrelixiosos ignorantes e corruptos, a pesar das medidasde Trento. Cervantes discrepaba do catolicismo exacer-bado que vía o mundo como unha trampa, e o proxectohumano como un fracaso; que animaba a non saber por-que o exercicio da razón é propio de ateos e de réprobos;que fixera do intelectual unha figura risíbel. A súa frus-tración e a súa melancolía compartíronas os máis dosescritores, e a literatura respondeu dando os froitosmáis valiosos na creación do imaxinario e do simbólico.Foi o triunfo da evasión, da metáfora e do humor negronun novo xénero: a novela picaresca. Foi tamén a pre-sentación inadvertida do humorismo, a forma máisrequintada do humor, que agromou con Cervantes e quetardou trescentos anos en volver a aparecer en España.

67

Page 68: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,
Page 69: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

V. Humanismo e humor no Quixote

Page 70: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,
Page 71: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

Cando Cervantes decidiu converter en novelaaquela narración breve que seica tiña empezado nun doscárceres que coñecera, sentíase incómodo na estreitezaestética e relixiosa do neoaristotelismo e da Contrarre-forma, pero tamén sen forzas para combatela aberta-mente en defensa das súas conviccións. Preferiu arre-darse e abrir cos seus pasos un camiño novo, aíndasabendo que ninguén o seguiría, que debería andar so. Efíxoo, sen dogmatismos, pero mantendo «unha distanciacautelosamente irónica» coa cultura oficialista, en afor-tunada expresión de Márquez Villanueva. Pero o éxitoeditorial que Mateo Alemán acadara en 1599 coa publi-cación do Guzmán de Alfarache demostraba que seguíaexistindo un público que demandaba literatura de entre-temento; un público crecente por mor da imprenta e daalfabetización. E Cervantes decidiu aproveitar o filón,facendo o que hoxe chamariamos un libro comercial, unlibro popular que gustase a todos os posíbeis lectores.Non tiña un proxecto definido, e o único personaxe bendeseñado era o do protagonista principal, o fidalgoAlonso Quijano, quen, ao tolear pola lectura de moitoslibros de cabalería, sentiuse cabaleiro andante e tomou onome de Don Quixote. Do outro protagonista, Sancho, sósabía que era un home simple e de poucas luces; un inxe-nuo a quen podería convencer o tolo para que fose o seuescudeiro.

Necesitaba unha motivación que xustificase anarración, e ningunha mellor cá de atacar os libros de

71

Page 72: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

cabalería, xénero que tivera moito éxito, pero xa en deca-dencia; mal visto pola Inquisición e tamén por Felipe II.

É probábel que cando empezou a escribir,Cervantes non tivese máis intencións cás sinaladas,pero, sen un esquema previo, escribindo o que se lle oco-rría en cada momento, incluíndo algúns dos relatos quefixera nos vinte anos que botara sen publicar nada; senrepasar nunca o escrito e, xa que logo, sen facer nin-gunha corrección, o libro foise ensarillando con aventu-ras e desventuras; con personaxes extraordinariamentehumanos e outros imposíbeis; con pasaxes divertidas,conmovedoras ou arrepiantes; con concesións á risadoada e invitacións á reflexión sobre a sociedade daépoca; e resultou unha chapuza en canto ao contido, congraves erros no fío narrativo, e ademais con numerososerros sintácticos. Se temos en conta que na primeira edi-ción os erros de impresión non foron menos, poderíasepensar que o Quixote tampouco ía dar satisfacción aoautor. E, no entanto, o éxito que obtivo foi enorme.

Naturalmente, aínda que hai capítulos que nonencaixan na historia, son moitos máis os capítulos per-fectamente coherentes e inspiradísimos; aínda que haifallos incomprensíbeis no relato dos feitos, a historia quese conta engaiola, divirte e conmove; aínda que os errosda estrutura da linguaxe escurecen ás veces o sentidodo que se fala, son tantos e tan extraordinarios os acer-tos, mesmo ás achegas ao idioma, que Cervantes pasoua ser o narrador por excelencia do Século de Ouro.

A segunda parte é outra cousa. Trátase dunhanarración lineal, con protagonistas e situacións críbeisen todo momento, –agás os capítulos de Barcelona– con

72

Page 73: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

raras concesións ao lector pouco esixente, e sobre todocoa claridade de ideas que lle faltou ao autor na parteprimeira. Non ten volta: O Quixote, en conxunto, seríaun magnífico borrador para un libro marabilloso.

Don Quixote, Sancho, Dulcinea, son creaciónsxeniais dun xenial humorista. E moitos outros persona-xes da obra –todos, agás os dos capítulos que están demáis na fábula– son espléndidas creacións humorísticasdun espléndido escritor. Velaí a razón do éxito actual dolibro en calquera cultura: a orixinalísima achega dogran narrador Miguel de Cervantes á literatura, aosacar, como xa fixera nas comedias, «las imaginaciones ylos pensamientos escondidos en el alma»27 ao dar á risaambición intelectual, valor poético ao relato pracenteiro,e tocar os infinitos rexistros da ironía. O humor deCervantes, o humorismo, é hoxe recoñecido como un dosmaiores logros do espírito humano

Con razón afirma Celestino Fernández de la Vegaque

O que está vivo e é eterno nese libro é o home Cervantes e asúa maneira de ver o mundo, a súa resposta a un problemaeterno. Calquera que non saiba nada da vida de Cervantes eentenda cabeatamente o Quixote sabe que aquel libro non opuido escribir máis que un home de experiencia, de bondade,de resignación, de serenidade e de comprensión. Un home quese retrata a si mesmo, moralmente, por boca do cativo “porquejamás me desamparó la esperanza de tener libertad; y cuan-do en lo que fabricaba, pensaba y ponía en obra no correspon-día el suceso a la intención, luego, sin abandonarme, fingía y

73

27 Cervantes: Ocho comedias y ocho entremeses nuevos, nunca repre-sentados. Prólogo.

Page 74: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

buscaba otra esperanza que me sustentara, aunque fuesedébil y flaca”.

Este é o segredo de Cervantes, a raiz do seu fondo humoris-mo, pois humorismo é, como temos visto, un esforzo por nonse abandoar, unha terapéutica do fracaso, un non se dar porvencido, unha procura de senso aínda que sexa débil yflaco.28

É impensábel que Cervantes quixese facer un librosuperficial e lle saíse a primeira novela moderna, unlibro de contido sólido e transcendental, e a primeiracreación de xénero humorístico por casualidade. Nonsabemos se Cervantes era plenamente consciente do queestaba a facer mentres escribía sen repasar o escrito.Hai razóns para pensar que non nos primeiros capítulosda primeira parte, pero do que non hai dúbida é de queera plenamente consciente do que estaba a facer segun-do a narración medraba e do que viña de facer, cando olibro estivo rematado. Pouco antes de morrer escribiu oprólogo do Persiles y Sigismunda, obra que non chegoua ver impresa. Nese prólogo conta o seu encontro cunestudante que o saúda dicíndolle:

¡Sí, sí; este es el manco sano, el famoso todo, el escritor alegre,y, finalmente, el regocijo de las musas.

E Cervantes respóndelle:

Ese es un error donde han caído muchos aficionados igno-rantes. Yo, señor, soy Cervantes, pero no el regocijo de lasmusas, ni ninguna de las demás baratijas que ha dichovuesa merced; (...)

74

28 Celestino Fernández de la Vega, op. cit.

Page 75: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

75

No Quixote hai moita comicidade e moito humoris-mo. Son tantas e tan acertadas as páxinas que, polo queteñen de cómicas, provocan a risa intelixente, e tantasas de delicado humorismo que conseguen o equilibrioentre a risa e o sentimento, que non podemos deixar delamentar certas concesións á risa do lector pouco esi-xente. Pero sobre todo estorba á sensibilidade do lectoractual a violencia que sofre Don Quixote na primeiraparte da obra. Son tantas as malleiras, as agresións, ásveces varias no mesmo capítulo, que causan arrepío ecosta crer que fixesen rir en calquera outro tempo.Porén, Turguénev xustificou esa crueldade nun discursodo ano 1860:

Moito se lle reprochou a Cervantes as innumerábeis tundasque recibe Don Quixote (...) Na segunda parte xa non é mal-tratado, pero case ao remate, despois da derrota definitiva amans do Cabaleiro da Branca Lúa, que é o bacharel SansónCarrasco, despois que xa renunciou ao exercicio da cabalería,pouco antes da súa morte, pasaralle por riba unha manda decochos. Moitas veces se lle reprochou a Cervantes esta esce-na; pero tamén aquí Cervantes foi guiado polo xenio, pois esahorrenda aventura encerra un significado profundo: os DonQuixote sempre son esmagados, especialmente ao remate dasúa vida; é o derradeiro tributo que deben pagar ao rudo azar,á indiferenza e á cruel incomprensión. É a labazada do fari-seo. Despois de recibila xa poden morrer. Pasaron por todo ofogo da forxa e conquistaron a inmortalidade.29

Outro ruso, Dostoievski, tiña o Quixote polo libromáis triste do mundo. Coidamos que non é de tristura,senón de melancolía, do que está embebida toda a

29 Turguénev: Discurso a beneficio da Sociedade de axuda aos escri-tores e sabios necesitados, 1860.

Page 76: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

narración e moi especialmente estes capítulos finais,nos que o xenio de Cervantes aínda nos fará rir, peronunca a risa estará tan chea de emoción como nestaspáxinas, cando a Don Quixote só lle queda morrer, emorre despois de recuperar o xuízo.

Dicía Cervantes no Persiles que no intre de mortehai quen se despide con gran serenidade e quen o fai congran disparate. Alonso Quijano el bueno é dos primeiros.Morre como sempre vivira, cristianamente, e se ao longoda fábula cremos descubrir moitas veces en Don Quixoteao seu creador, agora, no remate do libro, a identifica-ción resulta inevitábel.

Tamén agora, en momento tan duro, Cervantesdinos que non é cousa de rir nin chorar, senón de com-prender e sorrir. Velaí como, para mitigar a tristura, Cer-vantes, o escritor humorista, aínda nos fará sorrir coaspalabras de Sancho, non curado da tolería que lle conta-xiara o amo; faranos rir coa derradeira descualificaciónque o moribundo fai do Quixote de Avellaneda e coa deter-minación de que a sobriña perda a facenda se casa cun lec-tor de libros de cabalería; e faranos pensar cando di:

Andaba la casa alborotada; pero, con todo, comía la sobrina,brindaba el ama, y se regocijaba Sancho Panza; que esto delheredar algo borra o templa en los herederos la memoria de lapena que es razón que deje el muerto.30

Xa que a extensión deste traballo non permite aanálise demorada das distintas formas de humor noQuixote, imos comparar brevemente o humor deCervantes e o de Avellaneda, a través das súas obras,

76

30 Cervantes: Quijote, II, cap. LXXIV.

Page 77: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

tan sorprendentemente semellantes no argumento, perotan diferentes no estilo.

Xa Alain-René Lesage advertira na edición fran-cesa da novela de Avellaneda, das coincidencias entreesta e a segunda parte de Cervantes, e, con razón, subli-ñou que, atendendo ás datas das edicións, estaba claroquen tiña copiado a quen. Compréndese a dedución, peroneste caso, como en tantos outros, as aparencias enga-nan. Cervantes coñecía o manuscrito do Quixote de Ave-llaneda e quixo adiantarse á súa publicación cunhasegunda parte que o superase, capítulo a capítulo. Nonforon só os cambios que Cervantes experimentara nosdez anos decorridos desde a publicación da primeiraparte, senón tamén, e sobre todo, esta vontade de demos-trarlle ao autor que non lle pagaba a pena editalo des-pois que el publicara unha segunda parte, semellante emoito mellor. Cervantes non plaxiou, nin copiou, nin imi-tou a Avellaneda, e nin sequera procurou nel motivos deinspiración. Cervantes para crear non precisaba a refe-rencia de Avellaneda, e, se «seguiu os seus pasos», se tra-tou os mesmos temas e reproduciu situacións que estecreara, foi para melloralos e demostrarlle a súa superio-ridade como escritor.

Vexamos algúns capítulos nos que Cervantes faievidente a superioridade de seu talento creativo ante oautor que «no osa parecer a campo abierto y al cieloclaro».31

No capítulo II do Quixote apócrifo Sancho aceptaser escudeiro se leva soldada, e volverá tratar o mesmo

77

31 Cervantes: Quijote, II, Prólogo.

Page 78: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

asunto no capítulo VII. Cervantes segue os pasos deAvellaneda e dunha conversa intranscendente crea oespléndido capítulo VII, absolutamente humorístico.

No VII de Avellaneda hai un diálogo divertido entreSancho e Mosén Valentín, no que o escudeiro rematadicindo: «Yo, señor Valentín, entiendo la lengua asnunamuy lindamente». Este comentario de Sancho inspiraráa Cervantes o capítulo XXV, coa aventura dos rexedoreshabilidosos na arte do orneo, pleno de comicidade ehumorismo.

No XXIII Avellaneda, nun dos seus longuísimos ehistoriados discursos, fai dicir a Don Quixote:

(…) y quedando en aquellos valles malferido Durandarte, sesaldrá de la batalla, y por el rastro de la sangre que dejará,irá caminando Montesinos por una áspera montaña, aconte-ciéndole mil varios sucesos, hasta que, topando con él, lesaque por sus manos, a instancia suya, el corazón, y se le llevea Belerma, la cual en vida fue la mira de sus cuidados.

Este sinxelo parágrafo inspirou a Cervantes ofascinante capítulo XXIII, que trata da aventura na covade Montesinos, lección maxistral de creatividade ehumorismo.

No XXXIII Avellaneda acerta de cheo nun diálogo domáis cómico entre Sancho e o escudeiro negro do xiganteBramidán de Tajayunque, rei de Chipre. Sancho está dis-posto a loitar con el e móstrase feroz no desafío, perocando o rival propón enfrontarse coas espadas, recúa e di:

¡Oxte, puto, eso no, porque el diablo es sutil, y donde no sepiensa, puede suceder fácilmente una desgracia, podría ser

78

Page 79: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

79

darnos con la punta de alguna espada en el ojo, sin quererlohacer, y tener qué curar para muchos días!

Cervantes daralle a réplica no capítulo XIV, candoo escudeiro do Cabaleiro do Bosque di a Sancho que«mientras nuestros dueños riñen, nosotros tambiénhemos de pelear y hacernos astillas». Sancho proponlleloitar a “talegazos”, e o outro acepta se cada “talego”leva dentro media ducia de croios. A inxenuidade deSancho e a malicia do seu rival déronlle ocasión a Cer-vantes de crear varios capítulos propios do seu talentode humorista.

No capítulo XXXIII Avellaneda narra unha situaciónmoi cómica cando na cea en casa dos ArchipámpanosSancho ocupa unha mesa diminuta. Síntese ferido e, moidigno, di que se é por cartos aí van tres reais para pagara súa, e ponos no pano de mesa da Archipámpana; mais,antes que esta poida collelos, bótalles man e dille que nonos tocará ata que el estea ben ceado. Avellaneda pásasecando Sancho compara a Archipámpana coa moza galegaque coñeceran nunha venta:

Por Dios, no les dará golpe su merced, que no haya yo muy biencenado; a fe que habían ya hinchido el ojo, como a la otra gor-dona moza gallega de la venta, a quien mi señor llamaba prin-cesa; y si no fuera porque no traía ella tan buenos vestidos comovuestra merced, ni esa rueda de molino que trae al gaznate,jurara a Dios y a esta cruz que era vuestra merced ella propia.

Non é críbel. Por divertidos que fosen aquelesnobres e por moito sentido do humor que tivese aArchipampanesa, a torpeza de Sancho non podería dei-xar de ser unha afronta. Cervantes daralle unha lec-ción de bo facer humorístico cando, no capítulo XXXI, ao

Page 80: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

80

chegar Sancho invitado co seu amo ao pazo dos duques,teña unha liorta con dona Rodríguez de Grijalba, aquen pedirá que se ocupe de atender ao seu burro.Diálogo hilarante de principio a fin, e perfectamenteverosímil.

Naturalmente, a relación de Don Quixote e Sanchocoa nobreza, representada no texto apócrifo por donÁlvaro de Tarfe, don Carlos, o Archipámpano e demaisamigos, tería a réplica cervantina na estadía do cabalei-ro e escudeiro no pazo dos Duques, primeiro, e na casade don Antonio Moreno, en Barcelona, despois.

Que Avellaneda non era humorista e que nonentendeu o humorismo de Cervantes demóstrao capítu-lo a capítulo, estragando as posibilidades de Bárbara, aanti Dulcinea mondongueira, prostituta e algo bruxaque Don Quixote convertera na raíña Cenobia. É o únicopersonaxe que podería enriquecer a obra coa complexi-dade do seu ser, ao se mostrar lercha e pudorosa; tram-pulleira e leal; inxenua, sincera e agradecida sempre.Pero Avellaneda non ten sensibilidade para conmoverseante ela, como non se conmovera ante o Don Quixotecervantino, e preferiu facer mofa dos dous. Velaí a gran-de diferenza entre Cervantes e Avellaneda: o humoristanon toma posición ante as burlas noxentas que osDuques fan ao bo cabaleiro; descríbenos a escena e deixaque sexamos nós quen sintamos carraxe ante uns e sim-patía ante o outro. Avellaneda non actúa así; el é tanbrután e insensíbel como os aristócratas que se divirtenante aquela muller humillada, que lles roga compren-sión. Alíñase con eles, ri con eles facendo da coitada deBárbara, coa cara cortada e co vestido vermello, un serridículo, un monicreque.

Page 81: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

81

A pesar da cautela coa que Cervantes se moveu nomundo das letras, a súa arela de liberdade, a súa moder-nidade, convertérono nun autor solitario, incomprendi-do non só no seu tempo, senón tamén no século seguin-te. Francisco Márquez Villanueva di que a plenitude dasúa colleita non se recolleu no mundo ata despois de1789, e recorda que no XVIII Cervantes contaba só comomodelo de linguaxe, pero que solemnes académicos comoBlas Antonio Nasarre e Agustín de Montiano preferíano Quixote de Avellaneda.32

Non nos debe estrañar. A novela de Cervantes é aobra de alguén que está so, que se sabe so e que fai unexercicio de interiorización para crear a realidade desdedentro de si mesmo e desde dentro dos seus personaxes.Pouco importa o mundo exterior. Os cervantistas do XIX

pretenderon trazar o itinerario seguido por Don Quixotee Sancho en cada aventura, medilas cronoloxicamente,fixar a estación do ano… Labor inútil porque nada disose somete á realidade. A Cervantes os itinerarios, ostempos, a situación das pousadas tanto lle tiñan porqueo que requiría a súa atención eran os seres humanos, osindividuos, e, especialmente, Don Quixote.

A subxectividade creadora de Cervantes, ou mellor,o seu subxectivismo, foi garante dunha orixinalidade quenon entenderon os contemporáneos. Avellaneda acertoua imitar o estilo arcaico da expresión en Don Quixote,pero non puido imitar a personalidade do personaxe equedou no máis evidente: a paranoia.

O subxectivismo de Don Quixote non é menor queo de Cervantes, pero mentres o autor tivo presente en32 Francisco Márquez Villanueva, op. cit.

Page 82: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

82

todo momento os lindes da ficción e da realidade, o caba-leiro converteu en realidade a súa fantasía e caeu naloucura.

Ese personaxe ridículo tería que ser o antiheroe naparodia contra os libros de cabalería, pero a xenialidadede Cervantes consistiu en non facelo portador unicamen-te de valores épicos dos míticos protagonistas, senón dosvalores morais do ser humano, dos principios máis valio-sos do individuo, empezando polo da liberdade.

Don Quixote, que fora concibido como personaxecómico, podería converterse en personaxe tráxico ou tra-xicómico, pero Cervantes deseñouno perfectamente noesencial desde o comezo da narración e perfeccionounona segunda parte para crear o primeiro personaxehumorístico da literatura.

O personaxe tráxico é o heroe asisado e nobre, quenon pode co destino, que sucumbe ante o fado. Todospodemos ser el e todos nos identificamos con el. Sufrimose choramos con el.

O personaxe cómico móstrase torpe, ridículo e pro-vocador de situacións absurdas. Todos nos sentimosalleos e superiores a el, e rimos del.

O personaxe traxicómico alterna os momentos trá-xicos cos cómicos, como se tivese dobre personalidade.Resúltanos estraño, aínda que, alternativamente, sinta-mos mágoa e riamos del.

O personaxe humorístico é o antiheroe, inxenuo,que semella ridículo na primeira ollada, pero que descu-

Page 83: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

83

brimos de contado como un ser nobre, idealista e xene-roso. Non somos el, non podemos ser el, non queremosser el, pero non somos totalmente alleos a el, nin nossentimos totalmente superiores a el. Mesmo chegamos aadmiralo porque, no fondo, sabémolo mellor ca nós. Nonpodemos chorar nin rir coas consecuencias das súasinxenuidades, pero conmovémonos con elas e sorrimoscomprensivos.

Así creou Cervantes a Don Quixote, como necesi-dade da súa sensibilidade e intuición do seu xenio. Otolo cordo deulle a oportunidade de dicir o que pensaba,sentía e cría sobre o divino e o humano. Non semprequeda claro, nin falta que fai, se quen fala é Don Quixoteou Cervantes. O tolo cordo vai poñer a todos os persona-xes no seu sitio. Todos van xirar arredor del e, en rela-ción con el, imos coñecer a catadura moral de cadaquén;desde a nobreza do cabaleiro do Verde Gabán á mes-quindade do venteiro Palomeque, pasando polo templede Camacho, a frivolidade dos duques, etc.

Non todo é claro no Quixote. Tense subliñado moi-tas veces a súa ambigüidade e outras moitas tense con-siderado un libro misterioso. Certamente hai razónsabondo para cualificalo así, e quizais non sexa o menordos misterios o da quixotización de Sancho, sabedor datolería do seu señor, e que, non obstante, o segue easume o ideal cabaleiresco cando xa Alonso Quijanorecuperou a cordura para morrer. Porén, o que lle pasaa Sancho, pásanos tamén a nós. Non somos simplescomo Sancho e non nos quixotizamos ata o punto deseguir ao cabaleiro, pero querémolo e admiramos nel aentrega a ideais superiores aos dos míticos protagonis-tas da novela cabaleiresca. Don Quixote non pensa en

Page 84: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

si, non o move unha arela de realización persoal, nonprocura un camiño de perfección individual; el loita pordefender un sistema de valores irrenunciábeis, por des-facer os moitos tortos e agravios dunha sociedade inxus-ta. Que quen ten esa grandeza de espírito sexa un tolo,ademais de ser o maior misterio da novela, desacóuga-nos e entenrécenos.

Don Quixote é unha proxección máxica de Cervan-tes, por iso detrás ou diante de Don Quijote podemos des-cubrir a sombra alongada ou encollida de Cervantes;pero, como afirmara Aranguren, Cervantes non é DonQuixote, aínda que poida parecelo.

Cervantes non é Don Quixote e por iso, valéndose daironía, puido identificarse con el, mostrándonos canto tende sublime, e, valéndose da mesma ironía, puido afastarsedel, mostrándonos canto ten de patético e ridículo.

Hoxe hai acordo unánime en afirmar que o Quixoteé a primeira novela moderna, pero non o hai en sinalara novidade esencial da obra, e cada critico defende a súa.Para nós está claro que a novidade esencial da novela foiatopar un xeito de humor distinto á comicidade e ásátira; unha maneira máis fonda e transcendente defacer humor. Unha forma de humor, o humorismo, pre-sente nos máis dos capítulos e que cualifica o conxuntoda obra.

Cervantes inventou o humorismo, dando formaliteraria ao seu pensamento

Una de las definiciones del ser humano es decir que es animalque ríe, porque sólo la persona ríe y no otro ningún animal;

84

Page 85: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

pero yo digo que también se puede decir que es animal quellora; y así como por la mucha risa se descubre el poco enten-dimiento, por el mucho llorar descúbrese el poco discurso.33

Velaí a clave, o significado profundo do humoris-mo, expresado nun sinxelo aforismo; velaí a lecciónsobranceira do humorista: non hai que rir, nin chorarindebidamente, senón comprender e sorrir.

Cervantes creou, pois, o humorismo por necesida-de da súa sensibilidade, condicionado polas circunstan-cias sociais que viviu, desde a orixinalidade do subxecti-vismo creador, con ironía obxectivadora e con talento. Oresultado foi unha obra xenial.

85

33 Cervantes: Persiles, libro II, cap. V.

Page 86: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,
Page 87: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

VI. Humorismo e caricatura

Page 88: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,
Page 89: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

89

Pódese afirmar que o humorismo de Cervantesestaba na súa personalidade, que agromou nel comodefensa na indefensión, que se consolidou como terapiacontra a adversa fortuna, e que se converteu en filosofíade vida coa formación humanista nun tempo de crisesocial e económica polo próximo esfarelamento do impe-rio, e a represión ideolóxica imposta pola Contrarre-forma. Só unha persoa coma el, en circunstancias seme-llantes ás súas, podía crear o humorismo.

Hai un feito no que os antropólogos da cultura nonteñen reparado: a coincidencia no tempo do nacementodo humorismo en España e da caricatura en Italia. Noné unha coincidencia casual. Humorismo e caricatura sondous produtos dun tempo histórico condicionado polorigor da Contrarreforma e dun tempo artístico en queconviviron o clasicismo renacentista, o Manierismo e oBarroco. Humorismo e caricatura son dous fenómenosmodernos que para agromar precisaron da maduracióndo subxectivismo nos artistas e dunha nova estéticasuperadora do clasicismo renacentista. Humorismo ecaricatura son dous produtos manieristas.

Durante séculos os historiadores da arte non vironno Manierismo máis que unha desviación decadente doclasicismo; a frivolidade duns artistas extravagantesentre dous movementos tan auténticos como o Renace-mento e o Barroco. Hoxe sabemos que non foi así en abso-

Page 90: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

luto e que o Manierismo sinala o comezo dunha etapanova, que chega aos nosos días e que supuxo o trunfo doespiritualismo na arte moderna; o trunfo do subxecti-vismo sobre o obxectivismo e sobre a concepción cientí-fica da arte renacentista.

Tendo en conta que as obras manieristas foronrealizadas entre o 1520 e o 1600, compréndese que haxacaracterísticas distintas nos artistas, pero, por distintasque sexan as realizacións, todos eles tentaron levar áarte a espiritualidade da Idade Media e o realismo doRenacemento. Para isto recorreron á estilización, ao arti-ficio, á excentricidade con temas e motivos extraordina-rios, pero tamén procuraron a elegancia no debuxo, des-cubriron outra visión do espazo, arrequeceron a paletacon cores máis vivas, crearon novas harmonías de cor,valoraron a abstracción e arriscáronse con pinceladasaudaces e suxestivas. O Manierismo foi unha arte cunprograma teórico referido tanto aos métodos artísticoscomo á fin da arte, e os manieristas coidaron as súascomposicións, aparentemente arbitrarias, para romper oequilibrio espacial, tanto como os renacentistas clásicoscoidaran as súas para obtelo. Os manieristas estudaronas deformacións dos seus personaxes e a técnica pictó-rica para representalos, por moi deformes e inacabadosque aparenten, tanto como os renacentistas clásicosestudaran os seus para conseguir o realismo. Os manie-ristas percibiron a perfección renacentista, pero sabíanque a imperfección pode ser igualmente estética e máisemotiva. Por todas estas razóns puido dicir Arnold Hau-ser que

O Manierismo é a primeira orientación estilística moderna, aprimeira que está ligada a un problema cultural e que enten-

90

Page 91: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

91

de que a relación entre a tradición e a innovación ten queresolverse coa intelixencia.34

Dúas foron as correntes que agromaron noManierismo: a espiritualista, que acadaría o cumio darealización co Greco, e a naturalista, da que Bruegel é omáximo expoñente. Aínda que Cervantes, por ser unautor de transición entre o Renacemento e o Barroco, e,sobre todo, pola súa orixinalidade sexa difícil de situarestilisticamente, pensamos que acerta Arnold Hausercando di que na literatura, o manierista por excelencia éo Cervantes autor do Quixote. Don Quixote representa oespiritualismo do Greco, como Sancho é unha versiónliteraria do naturalismo de Bruegel. Entre ambos estántodos os outros personaxes da novela, próximos a DonQuijote algúns como o Cabaleiro do Verde Gabán e fami-lia; próximos a Sancho outros como, Maritornes e osalcaldes do orneo; uns dignos de figurar entre os señoresretratados polo Greco, e os máis deles posíbeis invitadosda voda aldeá que Bruegel pintara en 1568.

Hauser é consciente de que a caracterización esti-lística do Manierismo que el manexa está construídasobre a súa experiencia nas artes plásticas e recoñeceque unha análise estilística na literatura requiriría tra-ballar con criterios específicos, pero insiste en que quenqueira facela terá que partir de Cervantes. Nel poderí-anse estudar as esvaídas fronteiras entre o real e o irre-al; o grotesco e caprichoso da representación; o arbitra-rio, informe e desmesurado da estrutura; o despropor-cionado –agora virtuoso e delicado, agora descoidado ecru– da execución; o facerse e medrar da obra, con cons-

34 Arnold Hauser: Historia social de la literatura y el arte. 2004

Page 92: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

92

tantes cambios de dirección; ese saír os personaxes danovela da propia esfera a pasear polo mundo do lector; aidea fixa da que está posuído Don Quixote, e a constri-ción baixo a cal se move; a insaciabilidade do narrador,sempre disposto a ofrecer algo novo e a sorprender…

O manierismo de Cervantes estudouno EnriqueMoreno Báez en Reflexiones sobre el Quixote, onde afirmaque o escritor se formara no Manierismo, que manieristaé a Galatea e algunha das Novelas exemplares e que,aínda aceptando na súa madurez a visión de mundo pro-pia do Barroco, co que iso supón de integración de todo osensíbel na obra de arte, non faltan no Quixote riscosmanieristas. O primeiro é a concepción do louco que causaadmiración polo seu bo entendemento cando non fala dssúas quimeras, e que responde á inclinación polo excep-cional, sorprendente e insólito do Manierismo. De queCervantes era consciente da singularidade do seu perso-naxe hai constancia no capítulo XXX da primeira parte,cando Cardenio comenta a estraña loucura do fidalgo, e ocura responde: «Y tan rara y nunca vista que yo no sé si,queriendo inventarla y fabricarla mentirosamente,hubiera tan agudo ingenio que pudiera dar con ella».Aínda no capítulo XXXVII insistiría Cervantes en subliñara orixinalidade da súa invención cando di a través donarrador que a todos parecía «ser el más extraño génerode locura que podía caber en pensamiento disparatado».Da satisfacción de Cervantes polo orixinal das súas crea-cións, dá idea o feito de que na Viaje al Parnaso se chamea si mesmo, por boca de Mercurio, «raro inventor».

Moreno Báez recorda que na primeira conversa deDon Quixote co bacharel Sansón Carrasco, no capítuloIII da segunda parte, opón o ideal manierista do poema

Page 93: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

93

épico, que pinta as cousas non como foron, senón comodeberían ser, ao ideal barroco da novela, que conta, nono que sucedeu nin o que debería suceder, senón o queverosimilmente puido suceder nas circunstanciassupostas polo narrador. Manieristas son os ecos deobras literarias anteriores, como consecuencia do aban-dono polo Manierismo do ideal renacentista da imita-ción depuradora da natureza, para evocar o realizadopor outros artistas, que en Cervantes se reflicte no inte-rese polo bucolismo e os libros de cabalería, coa imita-ción do estilo e do léxico arcaizante. Ademais da lin-guaxe cabaleiresca, hai no Quixote unha linguaxemanierista que responde aos gustos dun tempo, no quefrei Luis de León recomenda que ao escoller as palabrasse atenda ao seu son e número de letras, e pesalas emedilas, para escribir con harmonía e dozura; no queHerrera postula unha linguaxe poética que non rexeitea afectación e se arrequeza con neoloxismos que lledean gravidade e decoro. Moreno Báez analiza a lin-guaxe manierista do Quixote,35 e o seu traballo resultaesclarecedor e un aval para Hauser.

No entanto, é Hauser quen sinala outra caracte-rística fortemente manierista en Cervantes, que nosinteresa especialmente neste traballo: a transparenciado cómico a través do tráxico e a presenza do tráxico nocómico, como tamén a dobre natureza do heroe, ás vecesridículo, ás veces sublime. O que Hauser está dicindo éque o humorismo é unha forma literaria propia doManierismo; unha creación que só podía ser realizadacando o subxectivismo se instalara como valor sobran-ceiro na arte.

35 Moreno Báez: Reflexiones sobre el Quijote. Prensa Española, 1977.

Page 94: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

94

Tamén a caricatura é froito do Manierismo.Coñecemos as circunstancias artísticas que propiciarona súa aparición en Italia a comezos do do século XVII, enBoloña, no estudio de Annibale e Agostino Carracci,como unha nova forma de arte que nada tiña coas defor-macións fisionómicas feitas por outros artistas. Asdeformacións, as esaxeracións por exceso ou por defectodo caricaturista, teñen como finalidade salientar aexpresión do modelo para obter outra semellanza dis-tinta á que se consegue co retrato convencional.

O resultado vai ser cómico en aparencia, pois for-zosamente fará rir pola sorpresa de ver a semellanza narepresentación non real, pero a pouco que se observe odeseño, a pouco que se analice, percibirase a subtilitasda que falara Cardano, e gozarase dun xénero artísticoque semella máxico pero é tan racional como calqueracomposición clásica ou manierista.

A caricatura acadaría a plenitude ao longo doséculo XVII co Barroco, despois da conquista da liberda-de íntima polos manieristas, nun tempo en que a liber-dade de pensamento estaba limitada en España e enItalia. Cómpre recordar que Giordano Bruno foi conde-nado á fogueira no ano 1600.

Erns Kris afirma que o nacemento da caricaturacomo institución sinala a conquista dunha nova dimen-sión de liberdade da mente humana; non máis, pero qui-zais non menos, da que marca o nacemento da cienciaracional na obra de Galileo Galilei, o grande contempo-ráneo dos Carracci.36

36 Erns Kris, op. cit.

Page 95: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

Queda unha cuestión por responder. Quédanossaber por que a caricatura non deixou de practicarse,espallándose por Europa, mentres o humorismo litera-rio desapareceu durante moito tempo en España.

Cómpre ter en conta que o nacemento do humo-rismo e a caricatura coinciden co agromar da economíade mercado, as filosofías críticas e a ciencia experimen-tal; fenómenos propios dunha modernidade que seríacoutada no século XVII co espírito inquisitorial e as fór-mulas xerárquicas dun Antigo Réxime, moito máis rigo-roso en España que en ningures, como recorda MárquezVillanueva. O discurso do Cervantes humorista nonpodía ter continuadores porque aquela sociedade dog-mática non o entendía e non o demandaba. España nonestaba para humorismos, nin sequera para novelas aoxeito cervantino. Pouco importa que o Quixote sexa a pri-meira novela moderna porque o importante é que naEspaña das seguintes centurias tampouco a novela cer-vantina tivo continuidade, e serían Francia e Inglaterraquen desenvolverían as súas posibilidades. En Franciacoa novela psicolóxica sentimental de Prévost e a novelaepistolar de Rousseau e Laclos, en Inglaterra coa novelahumorística de Fielding e Sterne.

A caricatura tívoo máis fácil. Naceu nun ambienteque apreciaba o virtuosismo artístico, e sobreviviu e flo-receu porque a variedade de formas, especialmente ascómicas e satíricas, lle deron valor «xornalístico» e popu-laridade na industria cultural de masas. Trátase dunxénero artístico que se axeita ás cambiantes demandas,polo que a caricatura humorística perviviu e pervivehoxe, ao abeiro das irmás cómica e satírica, que son asverdadeiramente demandadas, aínda que sexan máis

95

Page 96: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

celebrados e recoñecidos artisticamente aqueles «carica-turistas líricos» de risco humorístico.

Así pois, os Carracci crearon a caricatura cando ademanda social en Italia garantía o seu futuro; Cervan-tes creou o humorismo en España cando a sociedadedemandaba outra literatura de evasión, como a novelapicaresca ou a prosa e poesía satíricas. A falta dedemanda social fixo que en España, berce do humorismobenévolo, Cervantes ficase incomprendido. Nin sequeraos nosos pensadores viron no humorismo de Cervantesunha actitude ante a vida, unha boa terapéutica do fra-caso, unha leda e resignada aceptación dos límiteshumanos, que fai perder o medo; todos os medos.

96

Page 97: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,
Page 98: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,
Page 99: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,

Este número IX dos Cadernos Ramón

Piñeiro rematouse de imprentar no

obradoiro de Gráficas ATV, en

Santiago de Compostela, o día 4 de

abril de 2006, festividade

de San Bieito.

Page 100: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, IX2 Henri Bergson: La risa. Espasa-Calpe, 1973. Aquí non nos interesan os procesos psicolóxicos das respostas aos distintos xeitos da creación humorísti-ca,