caderno de críticas · unha novela gótica, pero no só. aproveitando un molde xenéri-co...

8
Trece badaladas de Suso de Toro caderno de críticas XERAIS «Trece badaladas é un libro entretido e profundo, a cuadratura do círculo» Rexina Vega, A Nosa Terra «Unha novela de acción cativadora, onde a vertixe na sucesión dos acontecementos atrapa ó lector dende as primeiras páxinas nun narrar polifónico, harmónico e fluente. Unha historia contada con soli- dez, con pulcra resolución e con inmellorable estilo» Armando Requeixo, Tempos

Upload: nguyenkien

Post on 04-May-2018

216 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Trece badaladasde Suso de Toro

cadernode críticas

X E R A I S

«Trece badaladas é un libro entretido e profundo,

a cuadratura do círculo»

RReexxiinnaa VVeeggaa,, AA NNoossaa TTeerrrraa

«Unha novela de acción cativadora, onde a vertixe

na sucesión dos acontecementos atrapa ó lector

dende as primeiras páxinas nun narrar polifónico,

harmónico e fluente. Unha historia contada con soli-

dez, con pulcra resolución e con inmellorable estilo»

AArrmmaannddoo RReeqquueeiixxoo,, TTeemmppooss

2 Trece badaladas

REXINA VEGA, A Nosa Terra, 23 ao 29 de maio de 2002

Poucas veces un lectorpode presentir con tantaxusteza o mundo que

encerra un libro como ante acapa da nova novela de Suso deToro editada por Xerais.Primeiro o título, ó meu vermagnífico, a cifra mesma daintriga, da traxedia, e ó seu pé omonstro medieval que convocao mundo do escuro e do esoté-rico. Estas trece badaladasretumban como un signo queemite a terra a través do ceo, sonlatexos cheos de misterio perotamén de transcendencia, deespiritualidade.

Porque esta é unha historiade terror, un relato de misterio,unha novela gótica, pero no só.Aproveitando un molde xenéri-co atractivo, moi próximo dosgustos do cine actual, non envan a adaptación cinematográfi-ca da novela está xa en procesode rodaxe, Suso de Toro buscatamén ofrecer unha reflexiónseria sobre o sentido transcen-dente na sociedade contempo-ránea. Así ó carón da liña narra-tiva, ó carón do mero pracer dosuspense, atopamos unha pes-cuda na vivencia relixiosa nosentido máis amplo.

O paso da narración gótica

á novela de ideas dáse aquí connaturalidade. De feito, o senti-do do terror, o abraio ante osobrenatural ten moito que vercoa metafísica. Quen expresa oseu medo aprende a coñecerse eCelia, a protagonista de Trecebadaladas emprende, a travésdunha estructura de Requiemque marca a división en capítu-los (Introitus, Agnus Dei,Liberame), unha viaxe iniciáticacara ó coñecemento e á salva-ción. Suso de Toro parte dunsubxénero do que retoma todosos elementos máis claramenterecoñecibles, a técnica domanuscrito atopado (que nestecaso, por mor dos tempos, é undisquete que Celia, a escritoraprotagonista, lle fai chegar a unautor que se presenta como edi-tor); a presencia sobrenatural, amaldición, a violencia, os sacri-ficios humanos, a atmosferamedieval oprimente… para,nunha rara finta, transcendelobuscando dar resposta ós inte-rrogantes máis profundos dasociedade actual.

O argumento de Trece bada-ladas desenvólvese desde o pre-sente por personaxes que her-dan unha maldición do pasado.Unha forza demoníaca está aexercer o seu poder sobre

Xacobe, o director dunha pro-ductora de cine. Celia presénta-lle un guión onde el cre ver asclaves do que lle está a aconte-cer. A partir dese momentoenfrontarán xuntos o maléficonunha aventura dun final tráxi-co e, ó tempo, esperanzado.O misteriodo Santiago medievalA maldición váisenos desvelan-do paseniñamente a través daspescudas dos protagonistas edo monólogo dun personaxefantasmal, o Mestre Mateo,transformado aquí en Fausto,no anxo caído. Mágoa que nodesenvolvemento da historia arelación entre o meigo quedesafía o poder do apóstolo, opauto demoníaco de Mateo, eo sacrificio de meniños no PicoSagro resulte un algo forzada,confusa, sen acabar de ligarplenamente. Sexa como for,todo remite a Santiago.Santiago como grande sepul-cro, como cidade nacida dunhanecrópole. A cidade como unlabirinto, a súa historia profun-da aparece nesta novela comoparte fundamental da ficción.Así Trece badaladas engádese álonga nómina de novelas conSantiago como escenario ecomo protagonista. Hai erudi-

Terror e metafísicaSuso de Toro, entre a novela gótica e a novela de ideas

ción e historia, ás veces escoradacara a un certo didactismo (quetal vez resulte moi útil ó lectorde fóra de Galicia na súa edi-ción en Castelán) pero o queofrece maior rendemento litera-rio é a pescuda no potencialmítico da cidade. Como diCelia: «Santiago é mito, todo oque escribas sobre a cidade éliteratura. Só podes escribir sete tiras a fondo por ese camiño,pola literatura que nace domito». Suso de Toro tírase afondo e aproveita para a súanarración gótica a suxestión darelixión mistérica e do esoteris-mo probablemente existentenun centro espiritual do rangoen que o foi a Compostelamedieval.

Á marxe da peripecia nestanovela enfróntanse, como dixe-mos, diversos camiños da espiri-tualidade. A figura de Ramírezsérvelle ó autor para afondar navía máis ortodoxa, a dun católi-co tipo. Como membro da con-fraría do sepulcro, na que solici-ta entrar o posuído Xacobe, estepersonaxe marxinal, atormenta-do e escravizado polas sesións dediálise, vai mesturando nunestupendo monólogo narrativoas súas investigacións sobre opostulante cos pensamentossobre o mundo actual e o papelda relixión. É este un personaxeda xine do Nano de Tic-Tac,

unha voz grotesca e esperpénticaque move á hilaridade perotamén á reflexión. A súa olladatópica e inxenua, descobre así afaciana máis obsoleta do catoli-cismo, esa que rexeita toda novi-dade introducida na sociedade.É un home desnortado que sabeque o seu mundo se derruba eque, mesmo desde as súas deli-rantes posturas conservadoras,amosa a realidade do baldeirocontemporáneo: «Confirmo oruxe ruxe de que son unha anti-galla, un trasto doutro tempoque non comprende cara ondevai a nosa sociedade, ebria deconsumismo, que non respectacousa ningunha e que non prac-tica a relixión. E precisamenteporque non practica a relixiónnon ten valores profundos».Revalorizar a literaturaDesde outra épica completa-mente distinta Celia, a través dasúa condición de escritora (quesemella actuar en certa medidacomo o alter ego de Suso deToro, poñendo no ámbito daficción as ideas que este defendepublicamente), presenta a arte, aliteratura, a música, como as víasmáis eficaces de revelación domisterio, da dimensión trans-cendente da existencia.

Trala defunción certificadada novela, logo dun século XXmarcado pola reflexión sobre alinguaxe, que no último extre-

mo leva a imposibilidademesma de dicir, lembremos aBeckett e a súa poética do silen-cio, reivindicar agora a literatu-ra como forma de verdadeirocoñecemento semella algo anti-go, estraño. Sen embargo Susode Toro amósase convencido deque crer no poder universal,intemporal, da literatura é aúnica vía de saída nun panora-ma cultural esgotado e confuso.

A literatuta revalorízase asíen función da súa capacidadepara atinxir a intensidade, oextraordinario, o misterio, unhasorte de esencia fondamenteconectada coa vivencia relixiosa.

Unha ten a impresión deque na cabeza de Suso de Toroconviven dous autores, dúaspoéticas. Porque quen defendeesta dimensión máxica e trans-cendente conectada co mito étamén quen asina novelas carac-terizadas pola fragmentación, adesintegración, a deconstruc-ción, tan propias do discruso daposmodernidade. Teríamos asídúas liñas contradictorias, a deCaixón desastre, Polaroid, FM,Tic-Tac ou Círculo fronte a míti-ca-épica de Land-Rover, ASombra Cazadora, Calzados Lolaou Non Volvas. Unha tendenciaque afonda na escisión da iden-tidade contemporánea e outraque reacciona buscando de novoa religazón, o sentido.

Trece badaladas 3

REXINA VEGA, A Nosa Terra, 23 ao 29 de maio de 2002

☞ continúa na páxina seguinte

4 Trece badaladas

REXINA VEGA, A Nosa Terra, 23 ao 29 de maio de 2002

☞ vén da páxina anterior

A reivindicación da literaturacomo palabra escrita portadorade verdade e coñecemento con-vive en Trece badaladas cunhahistoria trepidante onde se deixaver para ben e para mal, o guióncinematográfico. E é que inicial-mente esta historia naceu comounha serie de televisión de trececapítulos que logo foi adaptadaó formato de longametraxe polopropio Suso, Xavier Villaverde,Curro Royo e Juan VicentePozuelo. Como apuntamosmáis enriba estes días, cadrandoxusto coa saída do libro, a pelí-cula estase a rodar en Santiago,producida por Continental,dirixida por Xavier Villaverde eprotagonizada por Juan DiegoBotto, Luís Tosar e Marta Etura.Ademais de poder asistir endirecto á rodaxe mediante apáxina web http://www.trece-campanadas.com están previstasactividades, ó meu xuízo dunhaextraordinaria importanciapedagóxica, sobre a literaturalevada ó cine cos alumnos dosinstitutos de Galicia.

A adaptación cinematográfi-ca de novelas galegas semellaunha tendencia moi recente queaparece ligada, malia ser sendúbida unha boa noticia para a

divulgación da literatura e dopaís, á posición consolidada enMadrid de a penas dous autores:Manolo Rivas con A lingua dasbolboretas e a aínda inédita Olapis do carpinteiro e Suso deToro que desembarca con cinconovelas en proceso de produc-ción: Trece badaladas, Non vol-vas, Conta saldada, A sombracazadora e Calzados Lola.

O cine actual parace precisarcada vez máis a literatura comofornecedora de historias. EnTrece badaladas que presenta opercorrido inverso ó habitual(non é unha novela convertidaen guión, é un guión convertidoen novela), a liña de reflexiónmetapoética de Celia ofrécenosideas suxestivas verbo da actualrelación entre estas dúas lingua-xes creativas. «…desde que haicine, a novela ten un lector quelle pide ao libro algo distinto(…). O cine ten que satisfacer ogusto común, máis a novela nondebe, debe satisfacer á xente debo gusto. E o bo gusto para esaxente pide que non haxa senti-mentos nin estremecementos,pide frialdade e ironía, e a poderser un toque de cinismo. Poucaacción e personaxes neutros. Aacción e as paixóns non son de

bo gusto». O cine como territo-rio da emoción irracional, e anovela como ámbito dunhareflexión anémica. Porque,como segue a dicir Celia «Naliteratura xa non se escribe así,con parágrafos longos e benenfiados tratando de temas cul-turais e reflexións hard. Así fala-ban os personaxes de antes dasnovelas alemanas agora nonexiste o público para ese tipo deliteratura. Se escribo hoxe oDoutor Fausto non ma publicaninguén».

Trece badaladas é unhanovela estraña porque queresolucionar precisamente estadisxuntiva. É unha novelaarcaica, un relato mítico e trá-xico, e é unha novela modernacunha seria reflexión sobre acontemporaneidade e unmaxistral emprego do monó-logo e a focalización selectiva.É tamén unha novela cinema-tográfica, cun terror que beireaos tópicos de serie B, e unhanovela densa cun importantepouso de alta cultura. Unhaencrucillada que pretende darresposta ós camiños futuros daficción literaria.

Un libro entretido e pro-fundo, a cuadratura do círculo.

Emoción e reflexión ou cine e literatura

Trece badaladas 5

ARMANDO REQUEIXO, Tempos, xullo de 2002

A trecena badalada

En Trece badaladas (Vigo, Xerais, 2002), a máis recente entreganarrativa de Suso de Toro, aparece a personaxe dunha escritora eguionista que, ubicada plenamente no metaliterario de xenealo-

xía hamletiana, reflexiona nos seguintes termos: «Mira, no cine acéptaseiso, unha historia retorcida, terrorífica, que poña medo, ou que faga cho-rar… ou mesmo que faga rir, unha comedia. Se fas unha ópera taméncho aceptan. Mais ti non podes pór iso nun libro […] Non podes non.Iso quedou para o cine, desde que hai cine a novela ten un lector que llepide ao libro algo distinto. Quen le literatura hoxe quere cousas de bogusto, non é broma. Cousas que non sexan vulgares, ou mellor comúns.O cine pode satisfacer o gusto común, mais a literatura non debe, debesatisfacer á xente de bo gusto. E o bo gusto para esa xente pide que nonhaxa sentimentos nin estremecementos, pide frialdade e ironía, e a poderser, un toque de cinismo. Pouca acción e personaxes neutros. A acción eas paixóns non son «bo gusto». Ademais, as novelas deben tratar de per-sonaxes con psicoloxía, situados nun ambiente social e todo iso, e a miñahistoria trata dunha especie de monstro que vive fóra do tempo… A esahistoria non lle acae ben a forma da novela» (p. 114).

A cita é longa, pero paga a pena, pois dá a clave constructiva daobra. Unha obra na que toda a armazón compositiva procura delibera-damente demostrar pola vía práctica que aquilo que para a personaxe deCelia resulta inadecuado na novela actual é, precisamente, a argamasa coaque ergue o seu edificio narrativo Suso de Toro.

De resultas do anterior xorde unha apaixonante novela de misterioe terror, unha novela de intriga sobre a que gravitan influxos cinemato-gráficos e literarios varios e que acaba por tracexar unha estimulantetrama na que os universais do Ben e o Mal encarnan unha titánica loitaentre os devotos do Apóstolo e as víctimas seducidas por un satánicoMestre Mateo, que se mantén no tempo por un oculto pacto diabólicoque o converte nunha especie de deidade herdeira dos cultos pagáns pre-cristiáns.

É esta unha historia na que Suso de Toro avanza, con paso firme, porvieiros narrativos ata o de agora inexplorados na súa obra, por máis quecertos simbolismos como o da serpe uruboros oou as teorías da existenciacíclica nos lembren Eterno retorno (1996) ou Círculo (1998), ou que aimportancia dada ó audiovisual e ó tecnolóxico en certas pasaxes recordende fondo A sombra cazadora (1994), mesmo que a continua procura iden-titaria entre o real e o fantasmagórico poidan retrotraernos puntualmentea sucesos e motivos de Calzados Lola (1997) ou Non volvas (2000).

É evidente, con todo, que en Trece badaladas Suso de Toro recupe-ra o pulso do narrador que sabe e persegue contar unha historia de acciónben relatada, como en Land Rover (1988) ou Ambulancia (1990), unhahistoria de acción cativadora, onde a vertixe na sucesión dos acontece-mentos atrapa o lector dende as primeiras páxinas, nun narrar polifóni-co, harmónico e fluente. Amais, o fondo simbolismo subxacente na escu-sa argumental universaliza as situacións e os personaxes e consegue, habe-lenciosamente, erixir todo un mundo autoconsistente que orbita ó redorde Santiago de Compostela, a súa Catedral e o Santo Sepulcro, verda-deiros protagonistas últimos da novela.

Trece badaladas intérnase no neboento espacio das hierofanías, con-firmando por vía literaria que «as cousas extraordinarias son a verdade domundo, o rostro verdadeiros oculto pola cotianidade laboriosa e banal»(p. 257). E todo presentado mediante o recurso do manuscrito atopado,pois o propio Suso de Toro confésase –nunha brincadeira estructural–depositario da historia, simple «editor» da mesma, pois a súa autora «nonquixo figurar como tal» e pídelle a el que publique o libro baixo o seunome, pois «ela renunciaba á autoría e aos seus dereitos, sen embargoquería velo publicado» (p. 7).

Este e outros extremos estructurantes da obra foron sumamente coi-dados por Suso de Toro, que orquestrou con oficio unha novela longaabondo, de máis de tres centos e medio de páxinas. Deste xeito, tódolosdespistes e saltos de racord observables na obra (como a información quea personaxe de Celia do saber na p. 218 por unha chamada telefónicaque, en realidade, obtén gracias a unha carta, tal como coñecemos xadende a p. 194 e volve repetírsenos na p. 247; como o feito de que na p.247 a Berenguela dea a unha e, logo de transcorreren diversas accións esituacións, volva dar a mesma hora na p. 262; (…)todos estes desaxustes,digo, non restan brillantez a unha historia contada con solidez, con pul-cra resolución e con inmellorable estilo. Se acaso son imprecisións que asegunda edición (ou a primeira traducción) da obra debería eliminar,pois son doadamente enmendables e nada sufriría a narración con talvisión calibradora.

Hai que celebrar o acerto de Suso de Toro en Trece badaladas, quendemostra con este libro que a narración de cobregueante acción mistéri-ca non está rifada coa prosa estilizada digna de lectores sibaritas. Narrarhistorias que poidan «conectar» argumentalmente co grande público efacelo, ademais, coa solvencia e a calidade que aquí se amosan é privile-xio de moi poucos, e Suso de Toro, sen dúbida, está entre eles.

6 Trece badaladas

CARME VIDAL, A Nosa Terra, 5 ao 11 de setembro de 2002

Despois do primeiro pase enSitges, Trece badaladas pasará poroutros festivais internacionais

antes da súa estrea en Compostela o día 17de xaneiro. O filme dirixido por XavierVillaverde e protagonizado por Juan DiegoBotto, Luís Tosar e Marta Etura rematousede rodar na capital galega en maio e estábaseado nunha historia orixinal de Suso deToro, que logo publicaría unha novela comesmo título que neste mes sairá traducidaao castelán.

Históricos son xa os enfrontamentosentre escritores e directores polo resultadodunha película baseada nunha novela. Nonserá este o caso de Suso de Toro e XavierVillaverde. O autor literario defende aautoría do director no filme, do que el sedesvencellou despois da preparación dunprimeiro guión. «Despois entraron a traba-llar os guionistas Juan Vicente Pozuelo eCurro Royo e eu descolgueime. Chegou unmomento onde non sabía onde iría dar ahistoria. A lóxica do cine é distinta, eles

O cine réndese a Suso de Toro

A película «Trece badaladas» estrearase opróximo 12 de outubro no Festival deSitges pero a páxina electrónica da pro-ductora Continental xa anuncia en fasede preparación os filmes «Conta saldada»

e «A sombra cazadora», dous novos títu-los do escritor Suso de Toro, que xa tencomprometidas con outras dúas produc-toras as novelas «Calzados Lola» e «Nonvolvas»

Trece badaladas 7

CARME VIDAL, A Nosa Terra, 5 ao 11 de setembro de 2002

traballan con outras leis e, neste caso,Xavier apoderouse da historia», comentaDe Toro. A tal altura, o escritor só coñece oresultado de vinte minutos da película e ninsabe como vai rematar na pantalla.«Quedoume a idea dunha boa factura erecoñecín unha película de XavierVillaverde. Ten os interiores fantasmagóri-cos que estaban na historia, unha presenciaobsesiva da cidade, o protagonismo dunhome novo cun pasado que volve e as trecebadaladas do fondo pero Xavier transfor-mou a historia e mesmo construíu a súavisión de Santiago» explica o escritor, satis-feito tamén porque a súa cidade tome pro-tagonismo cinematográfico.

A guionista Verónica Fernández –de ElBola– colleu de man xa Conta saldada e Asombra cazadora é xa un proxecto que ambi-ciona o director Xavier Villaverde que denovo volverá a toparse coas historias deSuso de Toro. Neste caso, desde a produc-tora anuncia que queren que sexa este unproducto de grande presuposto. Os dereitosde Calzados Lola están na mesa de NTRmentras que Filmax mercou os de Non vol-vas, datos que indican o interese que nomundo do cine está a espertar a obra doescritor. «O autor de ficción debe ter histo-ria, personaxes, sentido do ritmo narrativoe dramático. Coido que é ese ritmo o quelle dá vida», sinala Suso de Toro.

FICHA TÉCNICA

Título: Trece badaladasAutor: Suso de Toro Xénero: NarrativaISBN: 84-8302-788-7360 páxinas

SINOPSE

Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora decine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmen-te o consegue, averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao productor,quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lleresulta moi próxima á súa vida. A investigación dese enigma inquedante unirá aosmozos nun abrazo dramático, nunha historia de dous amantes sen esperanza.Trece badaladas é un relato que arrinca dun antigo acto de rebelión, moi afasta-do no tempo. Unha indagación sobre a memoria dunha cidade que é un labirin-to hermético sobre un mar de pedra. Un paseo polos dilemas e as procuras daespiritualidade. Unha narración concibida como forma de coñecemento. Unhainmensa novela abovedada de misterio, construída como unha rexa catedralrománica.

X E R A I S