cabeza de manzaneda · as dificltades, cando menos, por un tempiño. un anaquiño de bica, ao son...

20
I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS e 31 X U L L O 2 1 1 A G O S T O CABEZA de MANZANEDA CONCELLO DE MANZANEDA CONCELLO DE TRIVES O RGANIZAN: “MEMORIAL GABINO GARCÍA”

Upload: others

Post on 11-Jun-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

I CAMPIONATO CELTIBÉRICODE BANDAS DE GAITAS

e31XULLO2 1

1AGOSTO

CABEZA de MANZANEDA

CONCELLO DEMANZANEDA

CONCELLO DETRIVES

O R G A N I Z A N :

“MEMORIAL GABINO GARCÍA”

Page 2: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

Izado de Bandeiras(Banda de Gaitas de Manzaneda)

Os Trintas de Trives

Page 3: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

Programa 2010

* As Bandas de Gaitas participantes poderán acampar nas zonas acotadas pola organización

Sábado, 31 de JULIO22,00 h. Noite Celta I Campionato Celtibérico de Gaiteiros solistas. I Campionato Celtibérico de Redobrantes solistas. I Campionato Celtibérico de Corpos de Percusión. I Campionato Celtibérico de Cuartetos I Campionato Celtibérico de Pandereteiras Entrega de Premios

00,00 h. Gran Concerto folk do Grupo Quempallou

09,55 h. Ceremonia de izado de bandeiras

10,00 h.I Campionato Celtibérico de Bandas de Gaitas

14,10 h.Entrega de Diplomas e Trofeos

Domingo, 1 de AGOSTO

CONCELLO DE

MANZANEDA

CONCELLO DE

TRIVES

I CAMPIONATO CELTIBÉRICODE BANDAS DE GAITAS“MEMORIAL GABINO GARCÍA”

Page 4: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

Capela de Prada

Bidueira

Page 5: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA

Alberto Núñez FeijóoPresidente da Xunta de Galicia

Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

É unha honra poder saudar a todos os participantes neste I Campionato Celtibérico de Bandas de Gaitas que se celebra en Man-zaneda así como a todos os que, atraídos polo singular bruído deste instrumento se achegan ata este lugar da xeografía galega para disfru-tar dun son que tanto caracteriza e define ao noso pobo.

A gaita é, sen dúbida, un instrumento propio da nosa cultura e tradición. Ela forma parte xa do noso ser e do noso sentir, da nosa idiosincrasia e incluso poderiamos dicir, da

nosa alma. Moitos teñen sido os escritores e intelectuais que contribuíron á universalización deste noso instrumento. Tamén en parte grazas a el, Gali-cia é coñecida alén das nosas fronteiras.

A forza lírica da gaita queda reflectida en poemas como o famoso alegato patriótico da nosa máis sonada poetisa, A gaita gallega de Rosalía de Castro, onde, en resposta ao ‘eminente poeta D. Ventura Ruiz de Aguilera’ afirmaba: “Non canta, que chora”.

Espero que este certame de gaitas que comeza en Manzaneda sexa un claro expoñente da riqueza e da calidade dos gaiteiros cos que conta Galicia e un tributo á nosa música máis tradicional.

Esta celebración, xunto coa XXXVIII edición da festa da Bica, unha das festas gastronómicas máis antigas de Galicia, contribuirán a que as te-rras de Trives e Manzaneda se convertan neste fin de semana en epicentro cultural.

Non me queda máis que animar a todos os galegos e tamén aos tu-ristas que visiten Galicia a achegarse ata Manzaneda e disfrutar, ao mes-mo tempo, da bica, ese exquisito biscoito, caracterizado pola súa textura consistente, a súa capa azucrada e o sabor inconfundible que lle confire a manteiga, e a lírica do son das nosas gaitas.

Page 6: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

Pombal de San Miguel

Cruceiro de Santa María de Trives

Page 7: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA

Queridos amigos, gaiteiras e gaiteiros:

Un ano máis teño o pracer de escribir unhas palabras adicadas ao gran evento da gaita e da bica que, ano tras ano, se ven celebrando nos campos de competición de Cabeza de Manzaneda, únicos no mundo; precisamente na memoria do insigne alcal-de de Manzaneda, o doctor Don Gabino García. É de xusticia e hónrome de pres-tarlle todo o meu apoio

O campionato de Bandas de Gaitas vai asociado a esas fermosas e outas terras como algo que as caracteri-za. En diante Campionato Celtibérico de Bandas de Gaitas, denomi-nación que conleva unha apertura ás demáis comunidades da Penín-sula que manteñen a gaita como símbolo diferencial da súa cultura. Neste senso desexo facer especial mención ás bandas procedentes de Portugal as que anualmente acuden a Manzaneda como punto de refe-rencia no seu Currículum.

A Deputación de Ourense, co seu presidente ao frente, desexa mostrar o seu decidido apoio a tan importante acontecemento nas Terras de Trives e Manzaneda, tamén importante para a súa dinamiza-ción turística e por suposto cultural.

Polo tanto desexo animar aos concellos e á Estación de Montaña para que redobren os esforzos para manter coa dignidade que se me-rece esta actividade, especialmente cando as axudas da administración non son as desexadas.

Para gaiteiros e percusionistas que un ano máis acuden a Man-zaneda desexo mostrar o meu sinceiro recoñecemento, xa que eles fan que estas Terras sexan un referente, e Manzaneda se convirta por un fin de semana na capital mundial da gaita.

José Luis Baltar PumarPresidente da Deputación de Ourense

Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

Page 8: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA

Dende o goberno local, que me honra presidir, quero expresar a miña satisfacción pola posta en marcha desta edición do I Campionato Celtibérico de Bandas de Gaitas e da Festa da Bica, que nos permitirá dar a coñecer ao mundo o mellor das Terras de Trives e Manzaneda.

Cabeza de Manzaneda é unha fiestra aberta ao mundo; unha canle pola que podemos amosar a nosa bela e singular xeografía, a nosa singularidade arqueolóxica e histórica; o noso rico patrimonio cultural, natural e paisaxístico.

O noso labor continuo dende o goberno local para lograr que se celebrara o evento (non sen poucos atrancos), quedará reflectido nesta festa, para a xente que desexen visitarnos.

O camiño do I Campionato Celtibérico de Bandas de Gai-tas e da XXXVIII edición da Festa da Bica é un camiño que todos emprendemos, un camiño que non ten volta atrás e non debemos esquecer que temos que facelo entre todos, e que só a convivencia en harmonía nos pode conducir cara a un futuro mellor.

Benvidos ao teito da Galiza.

David Rodríguez EstévezALCALDE de MANZANEDA

Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

Page 9: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA

Celebra A Pobra de Trives (Ourense) a súa Festa da Bica xunto co I Campionato Celtibérico de Bandas de Gaitas, un ano máis, en Cabeza Grande de Manzaneda.

Nestes tempos difíciles compre buscar alivio, e ningún sitio mellor que a Terra de Trives, e ningún producto mellor que a Bica, feita con amor e segredo que enche o ceo da boca de doce sabor e que axuda a esquecer as dificltades, cando menos, por un tempiño.

Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas estan máis perto e lucen máis.

Nos queremos que esta Festa, xa tradicional no calendario galego de festexos gastronómicos abundantes, ocupe o primeiro lugar, polo pro-ducto: A BICA, polo contorno: As imponentes terras da montaña, polo acompañamento: Centos de gaitas, que neste ano, de xeito moi especial, cobran protagonismo novo, para os-as gaiteiros-as que nos visitan.

Non se precisan excusas para vir a Terra de Trives, mais neste ano revolto e complicado nada mellor que unha fin de semana disfrutando de paisaxes únicos, gastronomía excelsa, cultura e tradición, e como non das xentes de Trives sempre hospitalarias, boas e xenerosas.

Para as nosas xentes traballamos e cremos que a Festa da Bica e o I Campionato Celtibérico de Gaitas son un motivo máis para compartir a beleza dunhas terras, escoitar moi boa música intemporal e disfrutar dun producto único feito coas mans amorosas da nosa xente: A Bica.

Grazas tamén aos que coa vosa contribución e apoio facedes posible esta Festa.

Benvidos a Trives. Saudos agarimosos aos que aquí estades. Para as xentes que veñen e que nos van acompañar nestes días os mellores desexos e que sexan moi felices nesta terrra máxica e xenerosa.

A Pobra de Trives, xullo de 2010

O ALCALDE

Luis Álvarez González

Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

Page 10: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

Estación e pistasCabeza de Manzaneda

Page 11: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA

Son vinte anos xa que as bandas de gaitas se xuntan nos cumios de Manza-neda, 20 anos de duro traballo de moita xente para acadar uns logros importantes na promoción da música e instrumentos tradicionais de Galicia.

Quixeron enmudecer a montaña, pero non, alí resonaran outra vez polos vales abaixo ata os pobos da bisbarra os ritmos das muiñeiras, das pandeiradas…

Os punteiros ben afinados (hai que mollar a palleta, que algúns se lle esque-

ce), danlle son a melodía; os roncos enchen o espacio co seu doce soar, e xuntos toda a Iberia gaiteira os lobos han de espantar, que habelos hainos, e son ben capaces de cambiar tradición por traición e atacan as agachadas, pero co ánimo de romería, coas gaitas, tamboriles e pandei-retas, hemos de espantalos, hemos.

Farémonos fortes nos outos, co ventiño fresco do Nordés, ben ali-mentados con BICA DE TRIVES que tras 38 anos de festa de exalta-ción de iste manxar de deuses ben coñecemos e sabemos apreciar.

E nesta ocasión, e máis que nunca, lembramos os versos de Eduardo Pondal no Hino Galego:

Os bós e xenerososA nosa voz entendenE con arroubo atendenO noso ronco son, Máis sóo os iñorantesE féridos e duros

Imbéciles e escurosNon nos entenden, non.

Luís M. GurriaránPresidente de Meisa

Xullo 2010

Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

Page 12: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

Pasadas no río de Requeixo

Curro de Requeixo

Ponte Navea

Cruceiro de Santa Maríade Trives

Page 13: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDACabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

I Campionato Celtibéricode Bandas de Gaitas

“Memorial Gabino García”

A Estación de Montaña de Manzaneda convértese novamente en punto de encontro para todos os amantes do son máis tradicional da nosa música, o das gaitas, grazas á celebra-

ción do I Campionato Celtibérico de Bandas de Gaitas os días 31 de xullo e 1 de agosto. Dúas xornadas festivas nas que a música compartirá protagonismo coa gastronomía local, representada por un dos doces máis exquisitos da zona, a bica.

A estreita colaboración entre dous concellos, Manzaneda e Trives, aos que desexo trasladar a miña máis sincera felicitación, foi sen dúbida un elemento clave para manter viva durante 20 anos esta cita que contribúe a difundir dous elementos diferenciadores da nosa cultura. Desde Caixanova non podíamos deixar de mostrar o noso apoio a esta iniciativa, que se axusta á perfección aos nosos obxectivos de promoción de Galicia a todos os niveis, especialmente nos ámbitos cultural e turís-tico, dous sectores estratéxicos para o desenvolvemento da nosa economía.

Tamén é coñecida a estreita vinculación que nos une á provincia de Ourense, como demostra o noso firme apoio ao empresariado e ás familias e o noso compro-miso no ámbito social e cultural. Unha implicación que podemos estender ao resto da xeografía galega, onde cada ano se benefician das actividades que organiza a Obra Social Caixanova máis de tres millóns e medio de persoas.

Por este motivo, é un orgullo para a nosa entidade apoiar aos concellos de Manzaneda e Trives neste evento, que configura unha oportunidade única para difundir o noso patrimonio cultural e gastronómico máis alá das nosas fronteiras. Estamos seguros de que a cita será, unha vez máis, un auténtico éxito de organiza-ción e de público.

Luis Aldemira RequejoDirector territorial de Caixanova en Ourense

Page 14: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDACampos de Competición. Cabeza Grande (Manzaneda) - Domingo, 1 de Agosto de 2010

GRAO HORA N.º BANDA Int. Afi . Per. Est. TOT

3º 11:17 1 CARDIELOS3º 11:24 2 OS TRABAZOS DE CASTRO CALDELAS

3º 11:31 3 CONCELLO DE VILAMARTÍN DE VALDEORRAS3º 11:38 4 CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO3º 11:45 5 CONCELLO DE LOBEIRA3º 11:52 6 CONCELLO DE VILAMARÍN

3 GRAO

GRAO HORA N.º BANDA Int. Afi . Per. Est. TOT

4º 10:35 1 MATO VIZOSO DE VILALBA4º 10:41 2 CONCELLO DE LEIRO4º 10:47 3 OS TRINTAS DE TRIVES4º 10:53 4 CONCELLO DE COLES4º 10:59 5 PREPARATORIO4º 11:05 6 TERRAS DO CIGARRÓN4º 11:11 7 CENTRO GALEGO DE PONFERRADA

4 GRAO

GRAO HORA N.º BANDA Int. Afi . Per. Est. TOT

5º 10:00 1 CONCELLO DE RIÓS5º 10:05 2 CONCELLO DE BALTAR5º 10:10 3 CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO - B5º 10:15 4 CONCELLO DE A VEIGA5º 10:20 5 A TARAZANA5º 10:25 6 CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA5º 10:30 7 AS PORTELAS

5 GRAO

Page 15: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDACampos de Competición. Cabeza Grande (Manzaneda) - Domingo, 1 de Agosto de 2010

GRAO HORA N.º BANDA Int. Afi . Per. Est. TOT

1º 12:57 1 CONCELLO DE VERÍN1º 13:06 2 CONCELLO DE MANZANEDA1º 13:15 3 REAL XUVENIL1º 13:24 4 CONCELLO DE ESGOS1º 13:33 5 A CARBALLEIRA1º 13:42 6 CONCELLO DE VIANA DO BOLO1º 13:51 7 L’HOSPITALET & CORNELLÁ

1 GRAO

2 GRAOGRAO HORA N.º BANDA Int. Afi . Per. Est. TOT

2º 12:00 1 AGARIMO DE CATABOIS2º 12:08 2 AMIGOS DO MOSTEIRO DE MELÓN2º 12:16 3 SAO BERNARDO DE AVEIRO2º 12:24 4 CONCELLO DE A GUDIÑA2º 12:32 5 CONCELLO DE VEREA2º 12:40 6 CONCELLO DE BEARIZ2º 12:48 7 CONCELLO DE MURAS

I CAMPIONATO CELTIBÉRICODE BANDAS DE GAITAS

MEMORIAL«GABINO GARCÍA»

MANZANEZA (Ourense)01-08-2010

Page 16: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA

PREMIOS BANDAS DE GAITAS1º GRAO

CAMPIÓN 1.000 € + TROFEO + DIPLOMASUBCAMPIÓN 750 € + DIPLOMA

3º CLASIFICADO 500 €+ DIPLOMA2º GRAO

CAMPIÓN 750 € + TROFEO + DIPLOMASUBCAMPIÓN 500 € + DIPLOMA

3º CLASIFICADO 350 € + DIPLOMA3º GRAO

CAMPIÓN 600 € + TROFEO + DIPLOMASUBCAMPIÓN 450 € + DIPLOMA

3º CLASIFICADO 300 € + DIPLOMA4º GRAO

CAMPIÓN 500 € + TROFEO + DIPLOMASUBCAMPIÓN 350 € + DIPLOMA

3º CLASIFICADO 200 € + DIPLOMA5º GRAO

CAMPIÓN 400 € + TROFEO + DIPLOMASUBCAMPIÓN 250 € + DIPLOMA

3º CLASIFICADO 150 € + DIPLOMA

PREMIOS CANMORE PIPE BAGS LTD.CAMPIÓN 1º GRAO 480 € + DIPLOMACAMPIÓN 2º GRAO 400 € + DIPLOMACAMPIÓN 3º GRAO 320 € + DIPLOMACAMPIÓN 4º GRAO 240 € + DIPLOMACAMPIÓN 5º GRAO 160 € + DIPLOMA

BANDAS DE GAITAS DO EXTERIOR 120 € + DIPLOMAArtesanía “OS ALEGRES”

CAMPIÓN 1º GRAO 1 PANDEIRETACAMPIÓN 2º GRAO 1 PANDEIRETACAMPIÓN 3º GRAO 1 PANDEIRETACAMPIÓN 4º GRAO 1 PANDEIRETACAMPIÓN 5º GRAO 1 PANDEIRETA

CAMPIÓN CONCURSO PANDERETEIRAS 1 PANDEIRETA

Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

Page 17: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA

PREMIOS CONCURSOGAITEIROS SOLISTAS

CAMPIÓN 150 € + TROFEO + DIPLOMASUBCAMPIÓN 100 € + DIPLOMA

3º CLASIFICADO 75 € + DIPLOMAPREMIO MENORES DE 10 ANOS 50 € + DIPLOMA

CORPOS DE PERCUSIÓNCAMPIÓN 200 € + TROFEO + DIPLOMA

SUBCAMPIÓN DIPLOMA3º CLASIFICADO DIPLOMA

REDOBRANTES SOLISTASCAMPIÓN 100 € + TROFEO + DIPLOMA

SUBCAMPIÓN DIPLOMA3º CLASIFICADO DIPLOMA

PANDERETEIRASCAMPIÓN 200 € + TROFEO + DIPLOMA

SUBCAMPIÓN 150 € + DIPLOMA3º CLASIFICADO 100 € + DIPLOMA

CUARTETOSCAMPIÓN 200 € + TROFEO + DIPLOMA

SUBCAMPIÓN 150 € + DIPLOMA3º CLASIFICADO 100 € + DIPLOMA

PARA AS BANDAS DE GAITAS DA PROVINCIA DE OURENSEPARA AS 6 PRIMEIRAS CLASIFICADAS DE CADA GRAO 21.000 Km. ( A repartir)

1º GRAO 2º GRAO 3º GRAO 4º GRAO 5º GRAO

CAMPIÓN 1.300 Km. 1.100 Km. 1.000 Km. 800 Km. 700 Km.

SUBCAMPIÓN 1.200 Km 900 Km. 850 Km. 700 Km. 600 Km.

3º CLASIFICADO 1.100 Km. 800 Km. 750 Km. 600 Km. 500 Km.

4º CLASIFICADO 1.000 Km. 700 Km. 600 Km. 500 Km. 400 Km.

5º CLASIFICADO 900 Km. 600 Km. 500 Km. 400 Km. 300 Km.

6º CLASIFICADO 800 Km. 500 Km. 400 Km. 300 Km. 200 Km.

Os premios da Deputación de Ourense non se poderán duplicar en ningún outro campionato

Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

Page 18: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA

RELACIÓN DE XUICES

InterpretaciónAfinaciónPercusión

EstéticaMesaMesa

Carpa

Roberto Quintillán RialBegoña Louzao FilgueiraVíctor Cortizo FontánJesús María AntúnezDionisio Aboal BermúdezJosé Laureano Muñoz QuintasElena Tobio Castro

Fulión de Manzaneda.Festa de Interese Turístico de Galicia

Mázcaras do Fulión de Manzaneda

Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

Page 19: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA

AREA

ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS

COLEXIADO N.ºA POBRA DE TRIVES

Mesón Camping “A MASÍA”Tlf.: 988 33 08 98Hotel “A VIUDA”Tlf.: 988 33 01 01

Hostal “CASANOVA”Tlf.: 988 33 23 02

Hostal “VIA NOVA”Tlf.: 988 33 08 49Hotel “ESPAÑA”Tlf.: 988 33 00 15

Hotel “AS MACEIRAS”Tlf.: 988 33 00 34

“A LASTRIÑA”Tlf.: 988 33 24 74

Pensión“O PAIÑO”Tlf.: 988 33 21 32

Turismo RuralPazo de “SAN LORENZO”

Tlf.: 988 33 07 12“CASA GRANDE”Tlf.: 988 32 20 66

Pazo de “PARADELA”Tlf.: 988 33 07 14

Pazo da “FREIRÍA”Tlf.: 988 33 70 86

CHANDREXA DE QUEIXAHostal “GERARDO”Tlf.: 988 33 40 19

Albergue “MONECAU”Tlf.: 988 33 40 44

“CASAL DE DRADOS”Tlf.: 988 33 42 35

PLANO SITUACIÓN

Hostal “O PENDÓN”Tlf.: 988 33 30 01MANZANEDAEstación de MontañaTlf.: 988 30 90 90Fax. 988 31 08 75

ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS

MANZANEDA

Fulión de Manzaneda.Festa de Interese Turístico de Galicia

Mázcaras do Fulión de Manzaneda

Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

Page 20: CABEZA de MANZANEDA · as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai-tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas

P A T R O C I N A :

C O L A B O R A N :

CONSELLERÍA DE CULTURAE TURISMODirección Xeral de Promoción e Difusión da CulturaSecretaría Xeral para o Turismo

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNE ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

LU-231-2010