cabazas, calacus e outras
TRANSCRIPT
Cabazas, calacús,
colondros e outras cucurbitáceas
As cucurbitáceas (Cucurbitaceae) son plantas orixinarias, na súa maior parte, de América que se cultivan polos seu froitos, que presentan unha gran
variedade de formas e tamaños.
Coñecense unhas 850 especies
Son plantas herbáceas, rastreiras ou trepadoras de follas simples, alternas, lobuladas e con pelos.
As FLORES son unisexuais, regulares con cinco pétalos soldados.
As masculinas teñen tres grupos de estames.
As femininas teñen un só pistilo e o ovario ínfero.
Flor masculina
Flor feminina
Os FROITOS son case sempre bagas, ás veces modificadas (pepónides) ou cápsulas.
CABAZACucurbita maxima
Existen numerosas variedades con froitos de formas, tamaños e cores diferentes.Algúns acadan máis de 100 kg.Son ricos en vitaminas A e conteñen tamén vitaminas C e B e minerais (potasio, ferro, cobalto, boro, cinc e calcio).
turbante de moro
totanera
de espullas
colondro
cabaza xigante
calacús
Algunhas das cabazas máis grandes do mundo.O récord mundial está en 821, 02 kg.
USOS-Alimento: froito e sementes-Decoración-Recipientes-Elaboración de aceites-Elaboración de alcohol
CABAZACucurbita ficifoliaO froito, que ten unha gran concentración de azucre, emprégase para a facer dóces e bebidas e, en especial para elaborar o “cabelo de anxo”.
cabelo de anxo
CABAZACucurbita moschata
Os froitos consómense verdes ou maduros.
CABACIÑOCucurbita pepo
O froito consúmese en ensaladas, cremas, frituras, guisos...
algunhas variedades de cabaciño
MELÓNCucumis meloCultivado no Antigo Exipto no III milenio AC
COGOMBROCucumis sativusOrixinario da IndiaConsómese en ensaladas, encurtido...Emprégase en tratamentos cosméticos
KIWANOCucumis metuliferusOrixinario de África.O froito, de sabor agridóce consúmese en ensaladas ou como froita
SANDÍACitrullus lanatusOrixinaria de África
variedade “melchora”
CHAIOTE Sechium edule Moi empregada en sudamérica.Consómense os froitos, as sementes, as ponlas tenras e as raíces.
raíz
PORONGOCABAZA DE PELEGRÍNXÍCARA Lagenaria siceraria
O froito consómese tenro pero cultívase, sobre todo, para empregar como recipiente, para facer instrumentos musicais ou en decoración.
Existen moitas variedades de porongo cos froitos de formas e tamaños moi diversos que se cultivan en todo o mundo desde tempos antigos.
variedades de froitos do porongo
lámpada
instrumento musical recipiente para mate
caixa
ESTROPALLOSESPONXAS VEXETAISLuffa ...Os froitos empréganse como alimento e secos como esponxa.
Luffa aegyptiaca
TUERA
MAZÁ DE ADÁNCitrullus colocynthis
É unha planta silvestreorixinaria de África e presente no Mediterráneo.É tóxica e emprégase como pranta mediciñal.
COGOMBRO DO DEMOEcballium elateriumPlanta silvestre moi tóxica que se empregou en medicina tradicional.
NABO CAÍÑOBryonia dioicaPlanta silvestre tóxica empregada en mediciña tradicional.
Miniaturas de “Tacuinum Sanitatis” (1390), un manual medieval sobre saúde
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro,
Mon Daporta, Internet
Novembro 2011